Os equinodermos soninvertebrados
mariños co corpo brando, sen segmentar,
de simetría radial (pentámera) e cuberto por
un exoesqueleto de pezas calcárias.
Reprodúcense por ovos e desenvólvense
con metamorfose.
Coñécense unhas 7.000 especies das que en
Galicia hai catalogadas 140.
CRINOIDEOS
Corpo en formade copa
con cinco brazos
ramificados e flexibles.
Teñen a boca e o ano na
mesma cara do disco.
(625 especies)
Comátula (Antenon bifida). Vive enriba
das rochas e algas, desde a costa ata
500 m de profundidade.
5.
ASTEROIDEOS
Corpo de formaestrela e exoesqueleto formado por placas articuladas.
(Unhas 1.500 especies).
6.
Estrela de capitán(Asterina gibbosa).
Unha das poucas estrelas de mar
hermafroditas. Comeza sendo macho
e transfórmase en femia máis tarde.
Vive debaixo as pedras, desde a liña
de marea ata os 20 m.
7.
Estrela de mar,gradicela
(Marthasterias glacialis). Un
equinodermo que vive nos
fondos rochosos ata os 50 m.
É carnívora e depredadora
moi voraz.
9.
Gradicela (Asteria rubens).Atópase
desde o litoral ata os 200 m de
profundidade. É un activo depredador
nos parques de cultivo de moluscos.
10.
OFIUROIDEOS
Corpo de formaestrelada
cun disco central ben
diferenciado, brazos
finos e sistema dixestivo
sen ano. Unhas 2.000
especies.
Ophiothrix fragilis
Ourizo de mar(Paracentrotus lividus).
Equinodermo que vive nos fondos rochosos
costeiros ata 50 m de profundidade,
xeralmente formando grupos.
17.
Ourizo de area(Echinocardium cordatum).
Vive enterrado na area nas praias de costas
expostas ata os 200 m de profundidade.
19.
HOLOTUROIDEOS
Corpo cilíndrico desección pentagonal cuberto con placas
pequenas e dispersas, e boca rodeada de tentáculos filtradores.
Unhas 1.150 especies.
aparato dixestivo
gónadas
órgano de Cuvier
cloaca
aparato respiratorio
boca
sistema nervoso
sistema
ambulacral
20.
Cacahuete (Cucumaria normani).
Atópaseentre as rochas ou sobre as
cordas das bateas ata 20 m de
profundidade. Aliméntase filtrando
partículas cos tentáculos que rodean
a boca.