Día
1
Luns 3.8.2020
8:00 H – Saída da Praza de Cabana en autobús.
9:30 H – Chegada á cidade da Coruña.
Aloxamento na Pensión Santa Clara, Arquitecto Rey
Pedreira, 19 – A Coruña.
10:30 – 13:00: tempo libre.
13:00 – 14:30: xantar na pensión.
15:00 – 19:00: Visita a Praza de María Pita, Porto de
da Coruña e Paseo Marítimo.
20:00 – Cea na pensión.
Día
2
Martes 4.8.2020
9:00 - Almorzo
10:30 – 13:00: Visita do Castelo San Antón (entrada
2€), paseo polo Casco Antigo (Igrexa de Santiago,
praza de Azcárraga, Colexiata de Santa María e
praza e convento de Santa Bárbara) e Xardín de San
Carlos.
13:30 – 14:30: xantar na pensión.
15:00 – 19:00: Visita a Torre de Hércules e Aquarium
Finisterre (Casa dos Peixes)
20:00: Cea na pensión.
Día
3
Mércores 5.8.2020
9:00 - Almorzo
10:30 – 13:00: Visita do mercado da praza de Lugo,
Cantóns de Méndez Núñez e exposición da
Fundación Barrié de la Maza.
13:30 – 14:30: xantar na pensión.
15:00 – 19:00: Visita do Miradoiro de San Pedro e
paseo pola praia de Riazor.
20:00: Cea na pensión.
Día
4
Xoves 6.8.2020
9:00 – Almorzo
Festas de María Pita. Día libre para o goce da festa.
20:00: Cea na pensión.
Viaxe á Coruña
Día
5
Venres 7.8.2020
9:00 – Almorzo
10:00 – Saída para Santiago de Compostela.
11:30 – Chegada a Santiago.
11:30 – 15:00: Visita á Catedral e Praza do
Obradoiro.
15:00 – 20:00: libre. Paseo polo casco histórico de
Santiago.
20:00 – Volta a Cabana de Bergantiños
21:30 – Chegada á Praza de Cabana de Bergantiños
Praza de María Pita (1º día)
Trátase da principal praza da cidade e na que se atopa situado o concello nun precioso edificio de
estilo modernista.
Aproveitaremos a tarde para visitala.
Porto da Coruña
Como cidade de tradición pesqueira que é A Coruña, o seu porto é un dos enclaves máis
característicos.
Adoitan chegar enormes buques escola que amarran nel para que toda a cidade poida visitalos
gratuitamente.
Se coincide a nosa estancia coa presenza dun destes buques non dubidaremos en ir visitalo.
Castelo de San Antón (2º día, mañá)
Este castelo do século XVI usouse para defender a cidade
dos ataques dos invasores que a asediaron durante varios
séculos. Tamén foi empregada como cárcere. Visitaremos
o castelo o martes 4 pola mañá. A entrada ten un custo
de 2 euros.
Cidade vella e casco histórico
Desde a praza de María Pita iremos á cidade vella e
percorreremos o casco antigo que é un lugar
perfecto para perderse polas súas rúas.
Iremos ao Xardín de San Carlos o cal ten un precioso
miradoiro sobre a cidade.
Torre de Hércules (2º día, tarde)
Faro de época romana ( s.II d. C.) é o faro máis antigo do
mundo aínda en funcionamento. Declarado Patrimonio
de Humanidade no 2009.
Visitarémola o martes á tarde.
Aquarium Finisterre (Casa dos peixes)
O Aquarium Finisterrae, coñecido polos coruñeses como a Casa dos
Peixes, foi inaugurado o 5 de xuño de 1999, pretende promover o
coñecemento do océano así como contribuír ao coñecemento
científico da vida mariña.
Visitarémolo o martes pola tarde.
Mercado Praza de Lugo (3º día, maña)
O mercado da praza de Lugo é o máis impresionante da
cidade, ten moito movemento, ritmo e vida.
É un gran mercado de dúas plantas, onde a parte baixa
está dedicada unicamente a produtos de mar e a planta
alta a carnes e verduras.
O mércores 5 á mañá iremos dar unha volta polo
mercado.
Miradoiro de San Pedro (tarde)
Sempre que visitamos unha cidade gústanos coñecer os
miradoiros desde onde poder gozar de vistas en altura.
O Miradoiro de San Pedro está situado no extremo leste
da praia de Riazor e cremos que o máis bonito de
Coruña.
É un espazo verde onde se sitúa un restaurante con
cristaleiras enormes, e onde merece a pena sentar un
intre para gozar das vistas panorámicas da cidade.
Praia de Riazor (tarde)
A cidade da Coruña non sería a mesma sen a praia de
Riazor punto de referencia para a cidade.
É unha praia con moitísimo encanto, xa que se atopa
no centro da cidade.
Ten un paseo marítimo precioso polo que daremos
unha volta e gozaremos das súas vistas.
Iremos o mércores 5 á tarde.
Festas de María Pita (4º día)
As festas de María Pita celébranse practicamente todo
o mes de agosto. Polo que aproveitaremos o xoves 6
para gozar da festa. Podemos visitar a feira da
Artesanía, situada nos xardíns de Méndez Núñez, o
festival das Habaneiras e moitas máis actividades.
Catedral de Santiago de Compostela
(5º día)
A catedral foi declarada Ben de Interese Cultural en
1896 e a cidade vella de Santiago de Compostela, que
se concentra ao redor da catedral, foi declarada ben
cultural Patrimonio da Humanidade pola Unesco en
1985. Visitarémola o venres 7 de agosto e despois
percorreremos o casco antigo da cidade de Santiago
antes de voltar para Cabana de Bergantiños.

Marta pose

  • 1.
    Día 1 Luns 3.8.2020 8:00 H– Saída da Praza de Cabana en autobús. 9:30 H – Chegada á cidade da Coruña. Aloxamento na Pensión Santa Clara, Arquitecto Rey Pedreira, 19 – A Coruña. 10:30 – 13:00: tempo libre. 13:00 – 14:30: xantar na pensión. 15:00 – 19:00: Visita a Praza de María Pita, Porto de da Coruña e Paseo Marítimo. 20:00 – Cea na pensión. Día 2 Martes 4.8.2020 9:00 - Almorzo 10:30 – 13:00: Visita do Castelo San Antón (entrada 2€), paseo polo Casco Antigo (Igrexa de Santiago, praza de Azcárraga, Colexiata de Santa María e praza e convento de Santa Bárbara) e Xardín de San Carlos. 13:30 – 14:30: xantar na pensión. 15:00 – 19:00: Visita a Torre de Hércules e Aquarium Finisterre (Casa dos Peixes) 20:00: Cea na pensión. Día 3 Mércores 5.8.2020 9:00 - Almorzo 10:30 – 13:00: Visita do mercado da praza de Lugo, Cantóns de Méndez Núñez e exposición da Fundación Barrié de la Maza. 13:30 – 14:30: xantar na pensión. 15:00 – 19:00: Visita do Miradoiro de San Pedro e paseo pola praia de Riazor. 20:00: Cea na pensión. Día 4 Xoves 6.8.2020 9:00 – Almorzo Festas de María Pita. Día libre para o goce da festa. 20:00: Cea na pensión. Viaxe á Coruña
  • 2.
    Día 5 Venres 7.8.2020 9:00 –Almorzo 10:00 – Saída para Santiago de Compostela. 11:30 – Chegada a Santiago. 11:30 – 15:00: Visita á Catedral e Praza do Obradoiro. 15:00 – 20:00: libre. Paseo polo casco histórico de Santiago. 20:00 – Volta a Cabana de Bergantiños 21:30 – Chegada á Praza de Cabana de Bergantiños
  • 3.
    Praza de MaríaPita (1º día) Trátase da principal praza da cidade e na que se atopa situado o concello nun precioso edificio de estilo modernista. Aproveitaremos a tarde para visitala. Porto da Coruña Como cidade de tradición pesqueira que é A Coruña, o seu porto é un dos enclaves máis característicos. Adoitan chegar enormes buques escola que amarran nel para que toda a cidade poida visitalos gratuitamente. Se coincide a nosa estancia coa presenza dun destes buques non dubidaremos en ir visitalo.
  • 4.
    Castelo de SanAntón (2º día, mañá) Este castelo do século XVI usouse para defender a cidade dos ataques dos invasores que a asediaron durante varios séculos. Tamén foi empregada como cárcere. Visitaremos o castelo o martes 4 pola mañá. A entrada ten un custo de 2 euros. Cidade vella e casco histórico Desde a praza de María Pita iremos á cidade vella e percorreremos o casco antigo que é un lugar perfecto para perderse polas súas rúas. Iremos ao Xardín de San Carlos o cal ten un precioso miradoiro sobre a cidade. Torre de Hércules (2º día, tarde) Faro de época romana ( s.II d. C.) é o faro máis antigo do mundo aínda en funcionamento. Declarado Patrimonio de Humanidade no 2009. Visitarémola o martes á tarde. Aquarium Finisterre (Casa dos peixes) O Aquarium Finisterrae, coñecido polos coruñeses como a Casa dos Peixes, foi inaugurado o 5 de xuño de 1999, pretende promover o coñecemento do océano así como contribuír ao coñecemento científico da vida mariña. Visitarémolo o martes pola tarde.
  • 5.
    Mercado Praza deLugo (3º día, maña) O mercado da praza de Lugo é o máis impresionante da cidade, ten moito movemento, ritmo e vida. É un gran mercado de dúas plantas, onde a parte baixa está dedicada unicamente a produtos de mar e a planta alta a carnes e verduras. O mércores 5 á mañá iremos dar unha volta polo mercado. Miradoiro de San Pedro (tarde) Sempre que visitamos unha cidade gústanos coñecer os miradoiros desde onde poder gozar de vistas en altura. O Miradoiro de San Pedro está situado no extremo leste da praia de Riazor e cremos que o máis bonito de Coruña. É un espazo verde onde se sitúa un restaurante con cristaleiras enormes, e onde merece a pena sentar un intre para gozar das vistas panorámicas da cidade. Praia de Riazor (tarde) A cidade da Coruña non sería a mesma sen a praia de Riazor punto de referencia para a cidade. É unha praia con moitísimo encanto, xa que se atopa no centro da cidade. Ten un paseo marítimo precioso polo que daremos unha volta e gozaremos das súas vistas. Iremos o mércores 5 á tarde.
  • 6.
    Festas de MaríaPita (4º día) As festas de María Pita celébranse practicamente todo o mes de agosto. Polo que aproveitaremos o xoves 6 para gozar da festa. Podemos visitar a feira da Artesanía, situada nos xardíns de Méndez Núñez, o festival das Habaneiras e moitas máis actividades. Catedral de Santiago de Compostela (5º día) A catedral foi declarada Ben de Interese Cultural en 1896 e a cidade vella de Santiago de Compostela, que se concentra ao redor da catedral, foi declarada ben cultural Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1985. Visitarémola o venres 7 de agosto e despois percorreremos o casco antigo da cidade de Santiago antes de voltar para Cabana de Bergantiños.