3. A rede social na que imos traballar neste curso é Ágora Rede , creada na plataforma Ning e que vai poñer á nosa disposición unha serie de recursos útiles de intercambio e comunicación, entre eles: Un foro de discusión, que utilizaremos para comentar o desenvolvemento do curso, resolver dúbidas, intercambiar información, etc. Un blogue persoal, que utilizaremos de xeito paralelo ao que imos crear no segundo módulo deste curso. A posibilidade de compartir fotografías, vídeo, audio, arquivos, etc. Un correo interno para a comunicación persoal entre os membros desta rede.