1. As redes sociais
As redes sociais son espazos de relacións persoais nos que persoas con intereses
común establecen grupos de comunicación e intercambio.
As redes sociais, atendendo a súa temática, poden ser moi variadas: xeneralistas,
especializadas, profesionais, de contactos, etc. Para os e as docentes, interésannos
as comunidades virtuais de aprendizaxe ou de práctica, que orientan a interacción ao
afondamento en aspectos didácticos e á mellora do labor docente, e permiten
compartir experiencias, coñecemento e práctica. De feito, a participación en
comunidades profesionais é unha das orientacións que aparecen nos estándares da
UNESCO de competencias en TIC para docentes.
Para que esa comunicación e intercambio sexa posíbel, cómpre dispoñer dunha
plataforma que permita a creación dunha rede. Entre elas están Facebook, Myspace,
Tuenti, Hi5, fotologs e moitas outras.
A plataforma básica de comunicación e intercambio que imos utilizar neste curso é
Ning, pero tamén utilizaremos outras redes sociais especializadas, como Delicious
para compartir ligazóns,
Flickr para compartir fotografías, ou Youtube para vídeos.