Capitulo 1.
Meu Deus,a miña nai chorando.
-Qué pasou?
-Nada, volve a cama.
-Non se chora as seis da madrugada sen pasares nada. Vasmo
contar?
-Morreu...
Nese intre arrepentinme de preguntarlle e máis se eran as seis,
debía ser alguén importante. A miña nai é forte, non chora por
nada, salvo unha vez cando era nena pero non conta. Entón
empecei a ter medo, moito medo. E sen poder case nin falar
preguntei:
-Quen morreu...?
5.
Ela miroume. Nasúa cara víase a dor que lle recorría polas veas,
nos ollos a angustia, e na fala a rabia. E díxome:
-O tío, no mar...
Esvaroume unha gotiña pola cara, logo outra, e comecei a chorar
a mares. Sentín como se me fixeran un burato no peito, e me
afogase. O corazón bateume con tanta forza na gorxa que
puidera haber votado sangue. Non quixen falar máis, e me fun a
durmir.
Capitulo 2.
Non era capaz de durmir. Tiña que estar esperta si ou si. So
levaba media hora durmindo e xa tiven un pesadelo.
Era primavera, nestes días que se pode ir á praia. Tiña postas as
lentes do Sol, e achegueime a veira do mar para mollar os pés.
Dinme conta decontado de que algo me colleu pola perna, era a
man do meu tío e el morto no mar flotando. Virou a cara en
diante, fixa en min, e espertei.
Estaba tan mal que me fun correndo do cuarto.
Fun correndo a xunto miña nai. Quería saber todo.
6.
Capitulo 3.
-Ma, esperta.Quero sabelo todo, que lle pasou e como?
-Paula, filla. Voute contala historia, pero cala, e logo durme.
Miña nai non estaba pola labor, notáballo.
7.
Capitulo 4.
Fai unmeses, embarcou. Cando xa remataran, viña pra aquí,
pero de volta atopáronse cunha tormenta. Eran eles contra o
mar. O seu barco para o mar, era como para unha formiga a
terra.
Ninguén soubo da tormenta pero el viuna e avisou. Todos xa
andaban preparados, cando comezou a tormenta menos uns que
estaban fóra, entón saíu. Chovía moito e ía moito vento. Ao saír
como non o escoitaban arrimouse a un agarrado a unha corda,
así con todos. E cando só quedaba un, este caeu, o chan tan
mollado como andar por enriba do mar. O tío foi ata a varanda e
deulle a corda. Cando todos estaban a salvo, decidiu entrar pero
unha gran onda chocou co barco e el caeu abaixo.
O último en entrar votou a correr, el viu como loitaba pola súa
vida contra o mar. A súa cara de medo. Esta vez, estaba so. O
8.
barco ficou alíata que todo pasou. O seu corpo sen osíxeno,
cheo de auga por dentro, somerxido no fondo do mar; xa era un
corpo sen vida, sen alma, tan só un corpo.
Ninguén puido facer nada para salvalo. Morría un ou morrían
cinco, escolleron a mellor elección.
Cando todo rematou, colleron as redes para sacar o seu corpo
como se fose un pez.
Morreu Martes, e chegaron onte. Mañá é o enterro.
Capitulo 5.
Non mo podía crer. A caso pasaba de veras? Era certo o que me
estaba a contar? Non podía ser, tiña que ser mentira. Tiña que
calar xa ou tería instintos de asasina malia que non podía nin
articular palabra, nin os meus ollos parar de chorar.
Funme de alí ó meu cuarto, preferín estar soa.
Estaba enfadada, co tío, comigo, co mundo. Se era certo, non
cumpriu a súa promesa. Se era broma, non é de bo gusto.
Recordo que me trouxera chocolate, e me dixo: `Antes de que o
acabes estarei aquí xunto a ti, e te darei outro agasallo.’ Fíxome
graza e respondinlle: `Non quero nada, ti ven.’
O certo era que me doía. Perdelo.
9.
Capitulo 6.
Velo alídoeume mais, no tanatorio. Tiven que ir. Mañá sería
Sábado e o enterrarían. O corpo non estaba en moi boas
condicións, hai que ver o que fai o mar en nos. Eran xa as 9 da
mañá e eu non podía estar mais tempo alí, pegada ó tío. De
camiño a casa, cheguei ó porto. Non entendín como tanto mal
podía facer nel, e se o faría en todos nos. Entón espinme e saltei
ó mar. Non sabía nadar, polo que me afundín, pero logo empecei
a flotar e comecei a nadar. Nadei moi lonxe, tanto que nin vía a
terra; tanto que me cansei, tanto, que me afoguei.
10.
Capitulo 7.
Estas sonas cousas do mar. É fermoso pero perigoso. Non é algo
que podes apreixar ou controlar; o mar, como a vida, é algo que
tes que deixar fluír. Ti so déixate levar.