1. PROGRAMA RADIOFÓNICO HIDROMUXÍA (31/1/2014)
DECÁLOGO PARA REDUCIR A CONTAMINACIÓN DA AUGA
SINTONÍA (15 segundos: Son de ar, interpretada polo alumnado de 1º de ESO)
Ola, bo día !!!. Para todos vós, o programa radiofónico HidroMuxía.
Controlando o son está o meu compañeiro José Luis Vilela e, ao micro, a
que vos fala, Vanesa Graíño.
SINTONÍA (15 segundos)
Acabamos de escoitar a sintonía do programa, “O son do ar” de Luar na
Lubre, fantasticamente interpretada polos nosos compañeiros de 1º da ESO:
Adriana, Alberto, Darío, Martín, Raúl e Rodrigo.
SINTONÍA (15 segundos)
Sabías que cada ano morren 25 millóns de persoas no mundo por beber
auga contaminada?
Sabías que case a metade da poboación mundial carece de auga potable?.
Sabías que cada ano se producen 443 millóns de ausencias ás escolas por
enfermidades relacionadas coa falta de auga ou cos problemas pola súa
contaminación?.
Hoxe presentámosvos o noso decálogo para reducir a contaminación
da auga:
- É importante desbotar as pilas e baterías usadas no colector
específico.
- Debemos levar o aceite usado ao punto limpo.
- Evitemos tirar os medicamentos no lixo.
- As pinturas e os disolventes non se deben verter polo desaugadoiro.
- Procurar empregar só as doses necesarias de deterxente e lavalouzas.
SINTONÍA (10 segundos)
2. PROGRAMA RADIOFÓNICO HIDROMUXÍA (31/1/2014)
Continuamos o decálogo con outros cinco consellos:
- Sempre é mellor utilizar fertilizante orgánico na horta.
- Coida de non botar toalliñas, compresas ou tampóns no inodoro.
- Procura empregar produtos naturais na loita contra as pragas.
- Despois de lavar os aparellos de fumigar debemos desbotar a auga
polo sumidoiro.
- Conta aos demais estes útiles consellos e ponos en práctica. ¡Coidar
a nosa auga é importante!.
SINTONÍA (15 segundos)
Ten en conta...
Só unha pila tirada na natureza contamina 167 litros de auga.
Cada
litro de aceite usado que botamos polo desaugadoiro
contamina 1000 litros de auga e, só en España, cada ano tiramos
350 millóns de litros de aceite usado.
SINTONÍA (15 segundos)
E aquí, en HidroMuxía, coidamos a nosa auga día a día.
Despedimos esta emisión coa canción “Agua “ interpretada por varios artistas.