SlideShare a Scribd company logo
1 of 3
SEMANA BLANCA EN ANDORRA
                             CPI “Virxe da Cela”

                            Crónica de Antonio González López




       Ao igual que hai dous anos, o Departamento de Educación Física organizou a
Semana Branca de deporte na neve, en concreto, fomos esquiar. O sábado, 14 de
xaneiro de 2012, dezaoito alumnos e alumnas de toda a ESO do CPI “Virxe da Cela”
marchamos nun autobús, con ganas de ver mundo, cara ó Principado de Andorra.
Saímos do Xestal (do lado do polideportivo), ás nove da noite, cara a Ferrol, a recoller
ós do CIFP “Rodolfo Ucha Piñeiro”, que tamén ían esquiar. A viaxe, aínda que algo
pesada, foi moi amena, pois houbo música e contos “a todo gas”. Pasamos por Valcarce,
por unha estación de servizo da provincia de Burgos, etc. Pola mañá cedo chegamos a
Aragón, á provincia de Zaragoza, onde almorzamos. Logo disto, proseguimos a nosa
viaxe por Lleida, por unha estrada na que cada vez subíamos máis, ata chegar a
Andorra, nos Pirineos.

        Así que chegamos a Andorra, fomos ata El Tarter, onde estaba a parte baixa da
estación de esquí Soldeu – El Tarter, de Grandvalira. Alí alugámolo material de esquí
(botas, esquís e bastóns). Había pouca neve, a maior parte era artificial, producida por
uns grandes canóns, pero foi suficiente para disfrutar dunha semana excepcional.
Despois de alugar o material, fomos ó Hotel Siracusa, onde nos hospedamos, e fomos
xantar e coñecer a cidade de Andorra la Vella. Os que imos por segunda vez, pois hai
dous anos tamén fomos, coincidimos en que este ano disfrutamos moito máis, pois estar
unha tempada fóra da casa sempre vén ben, á parte, con coñecementos previos de esquí,
aínda que fosen poucos, disfrutamos máis que da primeira vez (e debemos caer algo
menos).
As monitoras de esquí eran moi agradables e correxíannos os erros que
cometiamos. A estación de esquí tamén estaba moi ben. Madrugabamos, pero faciámolo
de boa gana (había ansia). Ás oito da mañá estábamos almorzando, e a redor das nove e
media – dez menos cuarto da mañá xa estábamos esquiando. Aínda que houbo algún
accidentado e algunhas indisposicións, en xeral pasámolo tod@s moi ben. Alí facíase
noite moi cedo, polo que ás cinco da tarde marchabamos da estación, pero no hotel
había festa, feira e todo o que se poida imaxinar, en definitiva, unha viaxe inesquecible.
Espero, persoalmente, que aqueles que foron a Andorra, de 1.º e 2.º da ESO, e os
próximos que virán, volvan a unha viaxe tan fantástica como foi esta, pois se volvemos
os que estamos en 3.º, non será moi bo sinal… Excepcional, inesquecible… Non se
poden definir as experiencias que alí tivemos, o ben que o pasamos nas pistas, no hotel,
no balneario, no bus, o moito que nos rimos e o que aprendimos… Penso que xamais
nos esqueceremos da Semana Branca do 2012, do 14 ó 21 de xaneiro de 2012.

       As anécdotas son moitas, e lembrarémolas cos vídeos e as fotos. A espectacular
caída de Adrián Allegue e Cintia, o fallo de tracción da Kawasaki (algo que só
entendemos os que fomos), o ataque de bólas de neve ós profesores, as gargalladas no
comedor do hotel e no corredor, o balneario, o que nos rimos cos reloxos, o que nos
rimos do sono dos demais no autobús (na viaxe de ida, os que nos rimos
maioritariamente fomos Adrián Carballeira, Óscar Vidal e mais Antón, porque non
durmimos) pois algún tiña o sono moi profundo.

       Seguramente, os do hotel quedaron descansados de nós, que aínda que non
teñamos reputación de caladiños e formais, o caso é pasalo ben. O aragonés da tenda de
recordos e o dependente do supermercado debéronnos botar de menos. De boa gana
quedaríamos outra semana aló, pero voltar á rutina foi a nosa única posibilidade.

O que faciamos tódolos días en Andorra, era o seguinte:

   •   7:00 – 7:30 Erguiámonos e poñíamo-lo traxe de esquí.
   •   8:00 Almorzo.
   •   8:30 Iamos cos de Ferrol á estación.
   •   Poñíamo-las botas, colliamos o telecabina (a partir do terceiro día iamos en
       telesillas) e comezábamos a esquiar libremente.
   •   Ás 12:00 comezaban as leccións de esquí alpino coas monitoras da “Escola de
       esqui i snowboard de Grandvalira”.
   •   14:15 Xantar na estación.
   •   15:00-16:30 Esqui libre.
FOMOS A ESQUIAR A ANDORRA EN XANEIRO DO 2012

Alumnas e alumnos de 1.º da ESO:
    • Cintia Grueiro Buján.
    • Sofía Pena Freire.
    • Iván Miño.
    • Adrián Filgueiras.
    • Manuel Santamariña Ruiz de León.
    • Álex
    • Pablo
Alumnos de 2.º da ESO:
    • Adrián Allegue García.
    • Adrián Carballeira Maroño.
    • Iago Vázquez Cagiao.
    • Miguel García Martín.
Alumna e alumnos de 3.º da ESO:
    • Elisa Fernández Martínez.
    • Óscar Vidal Couceiro.
    • Antonio González López.
Alumno e alumnas de 4.º da ESO:
    • Iván Torrado Morado.
    • Alba Gómez Seijo.
    • María Santamariña Ruiz de León.
    • Marta Vidal Martínez.
Profesores e acompañantes:
    • Pilar Castro Arias, profesora de E.F.
    • Manuel Antonio Sánchez García, profesor de TEC.


    Estes todos fomos esquiar a Andorra, e tamén nos lembramos de Manolo, de Jesús e
de Jose. Cativ@s do Xestal que fostes a Andorra, non vos esquezades das que foron as
cancións da viaxe por excelencia, que foron as de “Eu como un bisté” e a de “Ai s’eu lle
tenso”. Temos que preparar un videoclip con Xesteira Films!!!!!

Monfero, a 4 de febreiro de 2012.

More Related Content

Viewers also liked (17)

Spelling l20
Spelling l20Spelling l20
Spelling l20
 
あのペットは今?
あのペットは今?あのペットは今?
あのペットは今?
 
Energia nuclear
Energia nuclearEnergia nuclear
Energia nuclear
 
Orignal middle pics
Orignal middle picsOrignal middle pics
Orignal middle pics
 
Alvest 01-instalação e testes
Alvest 01-instalação e testesAlvest 01-instalação e testes
Alvest 01-instalação e testes
 
Matk1 f4at2007trg
Matk1 f4at2007trgMatk1 f4at2007trg
Matk1 f4at2007trg
 
Angothay Chomnay Ka Masla Shariat Ki Nazar Me
Angothay Chomnay Ka Masla Shariat Ki Nazar MeAngothay Chomnay Ka Masla Shariat Ki Nazar Me
Angothay Chomnay Ka Masla Shariat Ki Nazar Me
 
Sessió1 online
Sessió1 onlineSessió1 online
Sessió1 online
 
Presentació google maps
Presentació google mapsPresentació google maps
Presentació google maps
 
PUEBLOS DEL ECUADOR
PUEBLOS DEL ECUADORPUEBLOS DEL ECUADOR
PUEBLOS DEL ECUADOR
 
Examen
ExamenExamen
Examen
 
Filming Preparations
Filming Preparations Filming Preparations
Filming Preparations
 
L vida t da 1oportunidad
L vida t da 1oportunidadL vida t da 1oportunidad
L vida t da 1oportunidad
 
Ambrosio i
Ambrosio iAmbrosio i
Ambrosio i
 
Geografia españa y aragon
Geografia españa y aragonGeografia españa y aragon
Geografia españa y aragon
 
It’s my photos
It’s my photosIt’s my photos
It’s my photos
 
พนักงาน สังคม 18-02-2556
พนักงาน สังคม 18-02-2556พนักงาน สังคม 18-02-2556
พนักงาน สังคม 18-02-2556
 

Similar to Crónica semana branca andorra 2012

Retallos. nº 2. 2009
Retallos. nº 2. 2009Retallos. nº 2. 2009
Retallos. nº 2. 2009
A Solaina
 
Circular marzo2015web
Circular marzo2015webCircular marzo2015web
Circular marzo2015web
ClubTrevinca
 
Presentacion fin curso
Presentacion fin cursoPresentacion fin curso
Presentacion fin curso
biblionova
 

Similar to Crónica semana branca andorra 2012 (20)

Retallos. nº 2. 2009
Retallos. nº 2. 2009Retallos. nº 2. 2009
Retallos. nº 2. 2009
 
Circular marzo2015web
Circular marzo2015webCircular marzo2015web
Circular marzo2015web
 
Circular Club Peña Trevinca Marzo 2015
Circular Club Peña Trevinca Marzo 2015Circular Club Peña Trevinca Marzo 2015
Circular Club Peña Trevinca Marzo 2015
 
Revista web
Revista webRevista web
Revista web
 
Piramide0708b
Piramide0708bPiramide0708b
Piramide0708b
 
Cabo udra lucia vázquez 2ºb 1
Cabo udra lucia vázquez 2ºb 1Cabo udra lucia vázquez 2ºb 1
Cabo udra lucia vázquez 2ºb 1
 
Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017
 
Kendra Rodríguez
Kendra RodríguezKendra Rodríguez
Kendra Rodríguez
 
La voz de la barcia
La voz de la barciaLa voz de la barcia
La voz de la barcia
 
Excursión a asturias (1)
Excursión a asturias (1)Excursión a asturias (1)
Excursión a asturias (1)
 
Pedroníamisericordia2016
Pedroníamisericordia2016Pedroníamisericordia2016
Pedroníamisericordia2016
 
Revista comprimida
Revista comprimidaRevista comprimida
Revista comprimida
 
Intercambio lingüístico
Intercambio lingüísticoIntercambio lingüístico
Intercambio lingüístico
 
Erick rey
Erick reyErick rey
Erick rey
 
Presentacion fin curso
Presentacion fin cursoPresentacion fin curso
Presentacion fin curso
 
FIN DE CURSO/ 6º DE PRIMARIA
FIN DE CURSO/ 6º DE PRIMARIAFIN DE CURSO/ 6º DE PRIMARIA
FIN DE CURSO/ 6º DE PRIMARIA
 
Viaxe neve
Viaxe neveViaxe neve
Viaxe neve
 
Faladurías
FaladuríasFaladurías
Faladurías
 
Laura Sánchez
Laura SánchezLaura Sánchez
Laura Sánchez
 
Reunión páis viaxe � neve 2016
Reunión páis viaxe � neve 2016Reunión páis viaxe � neve 2016
Reunión páis viaxe � neve 2016
 

More from satelite1

More from satelite1 (20)

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimido
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidario
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xa
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cg
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestal
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020
 

Crónica semana branca andorra 2012

  • 1. SEMANA BLANCA EN ANDORRA CPI “Virxe da Cela” Crónica de Antonio González López Ao igual que hai dous anos, o Departamento de Educación Física organizou a Semana Branca de deporte na neve, en concreto, fomos esquiar. O sábado, 14 de xaneiro de 2012, dezaoito alumnos e alumnas de toda a ESO do CPI “Virxe da Cela” marchamos nun autobús, con ganas de ver mundo, cara ó Principado de Andorra. Saímos do Xestal (do lado do polideportivo), ás nove da noite, cara a Ferrol, a recoller ós do CIFP “Rodolfo Ucha Piñeiro”, que tamén ían esquiar. A viaxe, aínda que algo pesada, foi moi amena, pois houbo música e contos “a todo gas”. Pasamos por Valcarce, por unha estación de servizo da provincia de Burgos, etc. Pola mañá cedo chegamos a Aragón, á provincia de Zaragoza, onde almorzamos. Logo disto, proseguimos a nosa viaxe por Lleida, por unha estrada na que cada vez subíamos máis, ata chegar a Andorra, nos Pirineos. Así que chegamos a Andorra, fomos ata El Tarter, onde estaba a parte baixa da estación de esquí Soldeu – El Tarter, de Grandvalira. Alí alugámolo material de esquí (botas, esquís e bastóns). Había pouca neve, a maior parte era artificial, producida por uns grandes canóns, pero foi suficiente para disfrutar dunha semana excepcional. Despois de alugar o material, fomos ó Hotel Siracusa, onde nos hospedamos, e fomos xantar e coñecer a cidade de Andorra la Vella. Os que imos por segunda vez, pois hai dous anos tamén fomos, coincidimos en que este ano disfrutamos moito máis, pois estar unha tempada fóra da casa sempre vén ben, á parte, con coñecementos previos de esquí, aínda que fosen poucos, disfrutamos máis que da primeira vez (e debemos caer algo menos).
  • 2. As monitoras de esquí eran moi agradables e correxíannos os erros que cometiamos. A estación de esquí tamén estaba moi ben. Madrugabamos, pero faciámolo de boa gana (había ansia). Ás oito da mañá estábamos almorzando, e a redor das nove e media – dez menos cuarto da mañá xa estábamos esquiando. Aínda que houbo algún accidentado e algunhas indisposicións, en xeral pasámolo tod@s moi ben. Alí facíase noite moi cedo, polo que ás cinco da tarde marchabamos da estación, pero no hotel había festa, feira e todo o que se poida imaxinar, en definitiva, unha viaxe inesquecible. Espero, persoalmente, que aqueles que foron a Andorra, de 1.º e 2.º da ESO, e os próximos que virán, volvan a unha viaxe tan fantástica como foi esta, pois se volvemos os que estamos en 3.º, non será moi bo sinal… Excepcional, inesquecible… Non se poden definir as experiencias que alí tivemos, o ben que o pasamos nas pistas, no hotel, no balneario, no bus, o moito que nos rimos e o que aprendimos… Penso que xamais nos esqueceremos da Semana Branca do 2012, do 14 ó 21 de xaneiro de 2012. As anécdotas son moitas, e lembrarémolas cos vídeos e as fotos. A espectacular caída de Adrián Allegue e Cintia, o fallo de tracción da Kawasaki (algo que só entendemos os que fomos), o ataque de bólas de neve ós profesores, as gargalladas no comedor do hotel e no corredor, o balneario, o que nos rimos cos reloxos, o que nos rimos do sono dos demais no autobús (na viaxe de ida, os que nos rimos maioritariamente fomos Adrián Carballeira, Óscar Vidal e mais Antón, porque non durmimos) pois algún tiña o sono moi profundo. Seguramente, os do hotel quedaron descansados de nós, que aínda que non teñamos reputación de caladiños e formais, o caso é pasalo ben. O aragonés da tenda de recordos e o dependente do supermercado debéronnos botar de menos. De boa gana quedaríamos outra semana aló, pero voltar á rutina foi a nosa única posibilidade. O que faciamos tódolos días en Andorra, era o seguinte: • 7:00 – 7:30 Erguiámonos e poñíamo-lo traxe de esquí. • 8:00 Almorzo. • 8:30 Iamos cos de Ferrol á estación. • Poñíamo-las botas, colliamos o telecabina (a partir do terceiro día iamos en telesillas) e comezábamos a esquiar libremente. • Ás 12:00 comezaban as leccións de esquí alpino coas monitoras da “Escola de esqui i snowboard de Grandvalira”. • 14:15 Xantar na estación. • 15:00-16:30 Esqui libre.
  • 3. FOMOS A ESQUIAR A ANDORRA EN XANEIRO DO 2012 Alumnas e alumnos de 1.º da ESO: • Cintia Grueiro Buján. • Sofía Pena Freire. • Iván Miño. • Adrián Filgueiras. • Manuel Santamariña Ruiz de León. • Álex • Pablo Alumnos de 2.º da ESO: • Adrián Allegue García. • Adrián Carballeira Maroño. • Iago Vázquez Cagiao. • Miguel García Martín. Alumna e alumnos de 3.º da ESO: • Elisa Fernández Martínez. • Óscar Vidal Couceiro. • Antonio González López. Alumno e alumnas de 4.º da ESO: • Iván Torrado Morado. • Alba Gómez Seijo. • María Santamariña Ruiz de León. • Marta Vidal Martínez. Profesores e acompañantes: • Pilar Castro Arias, profesora de E.F. • Manuel Antonio Sánchez García, profesor de TEC. Estes todos fomos esquiar a Andorra, e tamén nos lembramos de Manolo, de Jesús e de Jose. Cativ@s do Xestal que fostes a Andorra, non vos esquezades das que foron as cancións da viaxe por excelencia, que foron as de “Eu como un bisté” e a de “Ai s’eu lle tenso”. Temos que preparar un videoclip con Xesteira Films!!!!! Monfero, a 4 de febreiro de 2012.