SlideShare a Scribd company logo
1 of 5
Nana do Apalpador 
xaime da guarda 
Dorme meu neno, dorme carabeliño 
que sae o Apalpador, do seu acochiño 
e baixa dos montes, cheiño de frio 
e quere atoparte, no leito dormido. 
Dorme meu anxo, que o Apalpador 
quentará ben a lareira 
co seu mouro carbon 
dorme dozura, que e carboeiro 
e quenta as mantiñas 
e amornache o leito.. 
Dorme que ben, a apalparche 
e aloumiñarche a barriguiña 
e a deixarche para o almorzo 
castañas ben quentiñas... 
Dorme que fora, caen folerpas frias 
e o Apalpador fai o seu traballo 
para encher as barriguiñas 
dos meniños rebuldeiros 
e das fermosas neniñas 
dorme..dorme meu ben 
dorme miña rosiña...
A NOITE DO APALPADOR 
Xurxo Valcarlcel 
Esta noite feiticeira, 
loguiño de te durmir, 
entre a neve silandeira 
o Apalpador ha de vir. 
Baixará dende a Rogueira, 
devesa moi misteriosa, 
onde habitan a bidueira 
e a faia máis preciosa. 
Por Campelo pasará, 
por Mostaz e por Moreda, 
en Esperante estará, 
e tamén irá a Noceda. 
Por Pacios, por Mercurín, 
por Folgoso e A Seara... 
como non, Ferramulín, 
igual verá a súa cara. 
Cubrirao a nevarada, 
a boina branca terá, 
e a toda casa abrigada 
a sorpresa levará. 
O carboeiro imponente 
moitos traballiños ten,
palpar barrigas da xente 
e facer carbón moi ben. 
Os rueiros serán seus 
na xeada escuridade, 
entrará en casa dos teus 
coa súa inmensa bondade. 
Irá polo corredor 
sen facer ningún ruído, 
retirará o cobertor 
por ver quen está durmido. 
Sexas neno ou rapariga, 
durante a noite cumprida, 
tocarache na barriga 
e verá que está mantida. 
E con agarimo fondo, 
dende o seu corazón puro, 
pedirá con falar dondo 
que non teñas porvir duro. 
E ó acordares co abrente 
sentirás un arrecendo, 
de castañas, seu presente, 
que poderás ir comendo. 
Non busques logo a compaña 
de quen che quere mantenza,
pois xa estará na montaña 
na cabana da fervenza. 
Sempre alí con Novoneyra, 
o cantor dos tesos cumes, 
sentados xunto a lareira 
quecendo con moi bos lumes. 
MARUXA DE BAIO 
(alcume de Sofía de Labañou) 
Xa o sabemos, para visitar a Papá Noel tedes 
que ir cos vosos pais a un centro 
comercial...para saber do “Apalpador” só 
tedes que ir pasear, cando escampe, ben 
abrigadiños, polos soutos, polo montes, e 
sentir a súa presenza detrás dalgunha 
árbore, como vemos e sentimos as pegadas 
das lebres,do corzo, do lobo ou do xabarín... 
Aí o vén o apalpador 
pra facerche a revisión 
se medraches ou minguaches 
en talla e en musculación 
Aí vén o apalpador 
non é mestre nin doutor 
é un vello das montañas, 
onde crían as castañas
pra che dar a boa mantenza 
da señora natureza. 
Vén do Courel...que ben ! 
Vén dos Ancares...que grande ! 
Vén do Souto máis retorto 
onde aínda moucha o moucho.

More Related Content

Viewers also liked

Viewers also liked (6)

Apalpador
ApalpadorApalpador
Apalpador
 
Nadal en Galicia
Nadal en GaliciaNadal en Galicia
Nadal en Galicia
 
Melodías do noso para o Nadal
Melodías do noso para o NadalMelodías do noso para o Nadal
Melodías do noso para o Nadal
 
O Apalpador
O ApalpadorO Apalpador
O Apalpador
 
Nadal no mundo
Nadal no mundo Nadal no mundo
Nadal no mundo
 
Unidade didactica nadal
Unidade didactica nadalUnidade didactica nadal
Unidade didactica nadal
 

Similar to Cantigas do apalpador

Teatro de monicreques
Teatro de monicrequesTeatro de monicreques
Teatro de monicrequesmarixgv
 
XVII Certame "En galego, sen filtro". Poemas
XVII Certame "En galego, sen filtro". PoemasXVII Certame "En galego, sen filtro". Poemas
XVII Certame "En galego, sen filtro". Poemascenlf
 
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIASCREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIASFlorenotero
 
O lobo que quería comer a Papá Noel
O lobo que quería comer a Papá NoelO lobo que quería comer a Papá Noel
O lobo que quería comer a Papá Noelmariapousa
 
Conto de nadal
Conto de nadalConto de nadal
Conto de nadalhome
 
Bruxas E Fantasmas
Bruxas E FantasmasBruxas E Fantasmas
Bruxas E Fantasmasaldeatotal
 
Meigas Galegas .
Meigas Galegas .Meigas Galegas .
Meigas Galegas .arilogar
 
Presentación1
Presentación1Presentación1
Presentación1arilogar
 
Bloque ii. tarefa 2.
Bloque ii. tarefa 2.Bloque ii. tarefa 2.
Bloque ii. tarefa 2.Aluapgomez
 
Presentación lecturas nadal
Presentación lecturas nadalPresentación lecturas nadal
Presentación lecturas nadalloboagualada
 

Similar to Cantigas do apalpador (20)

Personaxes de medo
Personaxes de medoPersonaxes de medo
Personaxes de medo
 
Teatro de monicreques
Teatro de monicrequesTeatro de monicreques
Teatro de monicreques
 
XVII Certame "En galego, sen filtro". Poemas
XVII Certame "En galego, sen filtro". PoemasXVII Certame "En galego, sen filtro". Poemas
XVII Certame "En galego, sen filtro". Poemas
 
Con sabor a monte
Con sabor a monteCon sabor a monte
Con sabor a monte
 
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIASCREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
 
Apalpador
ApalpadorApalpador
Apalpador
 
O lobo que quería comer a Papá Noel
O lobo que quería comer a Papá NoelO lobo que quería comer a Papá Noel
O lobo que quería comer a Papá Noel
 
Conto de nadal
Conto de nadalConto de nadal
Conto de nadal
 
Bruxas E Fantasmas
Bruxas E FantasmasBruxas E Fantasmas
Bruxas E Fantasmas
 
Meigas Galegas .
Meigas Galegas .Meigas Galegas .
Meigas Galegas .
 
Presentación1
Presentación1Presentación1
Presentación1
 
Sorpresa en nadal
Sorpresa en nadalSorpresa en nadal
Sorpresa en nadal
 
Bloque ii. tarefa 2.
Bloque ii. tarefa 2.Bloque ii. tarefa 2.
Bloque ii. tarefa 2.
 
Prelectores
PrelectoresPrelectores
Prelectores
 
Poemas: xogos e arrolos
Poemas: xogos e arrolosPoemas: xogos e arrolos
Poemas: xogos e arrolos
 
O apalpador
O apalpadorO apalpador
O apalpador
 
Especial sobre o Nadal
Especial sobre o Nadal Especial sobre o Nadal
Especial sobre o Nadal
 
Escolma Rosalía de Castro
Escolma Rosalía de CastroEscolma Rosalía de Castro
Escolma Rosalía de Castro
 
Presentación lecturas nadal
Presentación lecturas nadalPresentación lecturas nadal
Presentación lecturas nadal
 
A que lle temos medo
A que lle temos medoA que lle temos medo
A que lle temos medo
 

More from CPI Uxío Novoneira, Pedrafita do Cebreiro

More from CPI Uxío Novoneira, Pedrafita do Cebreiro (20)

Revista uxio novoneira 2021
Revista uxio novoneira 2021Revista uxio novoneira 2021
Revista uxio novoneira 2021
 
Programa congreso
Programa congresoPrograma congreso
Programa congreso
 
Carta familias libros 2021
Carta familias libros 2021Carta familias libros 2021
Carta familias libros 2021
 
Carta familias libros 2021
Carta familias libros 2021Carta familias libros 2021
Carta familias libros 2021
 
Pintores na minna casa
Pintores na minna casaPintores na minna casa
Pintores na minna casa
 
comezo das ligas internas de ping pong e badminton
comezo das ligas internas de ping pong e badmintoncomezo das ligas internas de ping pong e badminton
comezo das ligas internas de ping pong e badminton
 
Plan de continxencia
Plan de continxenciaPlan de continxencia
Plan de continxencia
 
Horario curso 20 21
Horario curso 20 21Horario curso 20 21
Horario curso 20 21
 
Plan adaptacion covid substitucions
Plan adaptacion covid substitucionsPlan adaptacion covid substitucions
Plan adaptacion covid substitucions
 
Informacion sorteo mesa xunta electoral
Informacion sorteo mesa xunta electoralInformacion sorteo mesa xunta electoral
Informacion sorteo mesa xunta electoral
 
Pxa 20 21
Pxa 20 21Pxa 20 21
Pxa 20 21
 
Declaracion responsable covid
Declaracion responsable covidDeclaracion responsable covid
Declaracion responsable covid
 
Plan de continxencia
Plan de continxenciaPlan de continxencia
Plan de continxencia
 
Plan adaptacion covid web e familias
Plan adaptacion covid web e familiasPlan adaptacion covid web e familias
Plan adaptacion covid web e familias
 
Plan de acollida tras covid
Plan de acollida tras covidPlan de acollida tras covid
Plan de acollida tras covid
 
Plan adaptacion covid web e familias
Plan adaptacion covid web e familiasPlan adaptacion covid web e familias
Plan adaptacion covid web e familias
 
Plan de acollida tras covid
Plan de acollida tras covidPlan de acollida tras covid
Plan de acollida tras covid
 
Plan de acollida tras covid2
Plan de acollida tras covid2Plan de acollida tras covid2
Plan de acollida tras covid2
 
Plan adaptacion covid web
Plan adaptacion covid webPlan adaptacion covid web
Plan adaptacion covid web
 
Plan de continxencia
Plan de continxenciaPlan de continxencia
Plan de continxencia
 

Cantigas do apalpador

  • 1. Nana do Apalpador xaime da guarda Dorme meu neno, dorme carabeliño que sae o Apalpador, do seu acochiño e baixa dos montes, cheiño de frio e quere atoparte, no leito dormido. Dorme meu anxo, que o Apalpador quentará ben a lareira co seu mouro carbon dorme dozura, que e carboeiro e quenta as mantiñas e amornache o leito.. Dorme que ben, a apalparche e aloumiñarche a barriguiña e a deixarche para o almorzo castañas ben quentiñas... Dorme que fora, caen folerpas frias e o Apalpador fai o seu traballo para encher as barriguiñas dos meniños rebuldeiros e das fermosas neniñas dorme..dorme meu ben dorme miña rosiña...
  • 2. A NOITE DO APALPADOR Xurxo Valcarlcel Esta noite feiticeira, loguiño de te durmir, entre a neve silandeira o Apalpador ha de vir. Baixará dende a Rogueira, devesa moi misteriosa, onde habitan a bidueira e a faia máis preciosa. Por Campelo pasará, por Mostaz e por Moreda, en Esperante estará, e tamén irá a Noceda. Por Pacios, por Mercurín, por Folgoso e A Seara... como non, Ferramulín, igual verá a súa cara. Cubrirao a nevarada, a boina branca terá, e a toda casa abrigada a sorpresa levará. O carboeiro imponente moitos traballiños ten,
  • 3. palpar barrigas da xente e facer carbón moi ben. Os rueiros serán seus na xeada escuridade, entrará en casa dos teus coa súa inmensa bondade. Irá polo corredor sen facer ningún ruído, retirará o cobertor por ver quen está durmido. Sexas neno ou rapariga, durante a noite cumprida, tocarache na barriga e verá que está mantida. E con agarimo fondo, dende o seu corazón puro, pedirá con falar dondo que non teñas porvir duro. E ó acordares co abrente sentirás un arrecendo, de castañas, seu presente, que poderás ir comendo. Non busques logo a compaña de quen che quere mantenza,
  • 4. pois xa estará na montaña na cabana da fervenza. Sempre alí con Novoneyra, o cantor dos tesos cumes, sentados xunto a lareira quecendo con moi bos lumes. MARUXA DE BAIO (alcume de Sofía de Labañou) Xa o sabemos, para visitar a Papá Noel tedes que ir cos vosos pais a un centro comercial...para saber do “Apalpador” só tedes que ir pasear, cando escampe, ben abrigadiños, polos soutos, polo montes, e sentir a súa presenza detrás dalgunha árbore, como vemos e sentimos as pegadas das lebres,do corzo, do lobo ou do xabarín... Aí o vén o apalpador pra facerche a revisión se medraches ou minguaches en talla e en musculación Aí vén o apalpador non é mestre nin doutor é un vello das montañas, onde crían as castañas
  • 5. pra che dar a boa mantenza da señora natureza. Vén do Courel...que ben ! Vén dos Ancares...que grande ! Vén do Souto máis retorto onde aínda moucha o moucho.