SlideShare a Scribd company logo
1 of 25
Download to read offline
A QUE LLE TEMOS
    MEDO?????




c.e.i.p. “xesús san luís romero”
           curso 2011-12
En todas as culturas atopamos a tradición
de asustar aos máis pequenos cunha serie de
persoeiros, mitos, lendas, co obxecto de
persuadilos a cumprir rutinas de aseo, comida ou
sono, así como mantelos lonxe de lugares,
persoas ou accións que os adultos consideran
perigosos para os nenos.

   Neste tempo de Samaín decidimos recoller
do noso alumnado, procedente de lugares tan
diversos, os distintos seres lendarios que lles
puxeron medo a eles ou aos seus pais e avós,
descubrindo o moito que se parecen os uns aos
outros e o moito que contan sobre o tipo de
vida, crenzas, etc de cada lugar.

   Velaquí os temos, moito coidadiño con eles,
non se vaian colar nas nosas casas e nos nosos
soños…..
HOME DO SACO             GALICIA




Home alto, feo, fosco, desastrado, cun saco ao
lombo. Rouba nenos para facerlles quen sabe
que maldades.
O home do saco           e cando sentía
   vivía no monte           un neno chorar
   e só tiña un ollo         bailáballe o ollo
  no medio da fronte,         a todo bailar.
    dormía de día            O home do saco
   deitado no chan,        levaba os meniños
de noite saía co saco na   que eran de veras
          man.
                            maliños maliños,
    O home do saco
                           baixaba do monte
  no monte escoitaba
                            co saco grandón
   a ver se no pobo
                           petaba nas portas
   un neno choraba
                           pon pon e pon pon.
                            Xosé Rodríguez Ferrer
O TRASNO


                                              GALICIA




O trasno ou trasgo é unha especie de demo invisible,
coñecido tamén como diaño pero distintio ao demo, e
nunca tan maligno. Acostuma a andar de noite polos
   bosques
   bosques e camiños de Galiza que é cando pon en
 práctica as trasnadas argalladas polo día. Existe un
truco para librarse del que consiste en deixarlle unha
 boa presa de grans de millo; como non sabe contar
     máis de cen, cando chega a esta cifra ten que
     encomezar de novo, e así mantense ocupado.
A SANTA COMPAÑA
                                                   GALICIA




 A SANTA COMPAÑA é unha procesión de mortos ou ánimas que percorren
os camiños dunha parroquia. A procesión adoita ir encabezada pola persoa
viva que porta nas súas mans unha cruz e máis un caldeiro de auga
bendita; tras el varias ánimas con cirios acesos, que ás veces son ósos.
 A súa presenza faise notar no cheiro a cera queimada e no vento que se
ergue ao seu paso.
                                   procesión
   A persoa viva que precede esta procesión pode ser un home ou unha
muller, segundo sexa o patrón da parroquia santo ou santa.
     O portador da cruz non pode en ningún momento volver a cabeza
 nin renunciar ao seu traballo precedendo á Santa Compaña. Só será
 ceibado cando atope a outra persoa no camiño a quen entregarlle a cruz
 e mailo caldeiro, momento no que estoutro pasara a substituílo.
   Para zafarse desta obriga, a persoa que vexa pasar a Santa Compaña
 debe trazar un círculo no chan e deitarse boca abaixo sen mirarlle á
 cara a ningún espírito. Mentres tanto, a persoa que leva a cruz e o balde
                                          persoa
 vólvese máis branco e vai adelgazando a cada paso que dá, ata que
 consegue darlle o caldeiro a outro.
      É comunmente aceptado que a Santa Compaña bota medo, xa que é
 considerada como sinal de morte, xa que visita as casas nas que axiña
                                                             que
 haberá un pasamento
A


                                 meigas
                              As meigas
                                                  A palabra meiga significa
                                                 persoa con poderes
                                                 extraordinarios ou máxicos e
                                                 que pode pactar co demo.
                                                   Diferenciase das bruxas que
                                                 estas sempre actúan con
                                                 maldade, mentres que as
                                                 meigas mesmo poden ter
                                                 poderes curativos ou ser
                                                 videntes.
                                                              voan
                                                 Xeralmente voan a cabalo
                                                 dunha estaca.
                                                 Hai de moitos tipos, pero as
                                                 máis temibles para os nenos
                                                 son as MEIGAS CHUCHONAS, que
                                                 chupan a sangue aos nenos e
                                                 róubanlles os untos para facer
                                                 pomadas.
                                                 As MEIGAS FEITICEIRAS viven
                                                 preto dos ríos e regatos. Ten
                                                                 voz
                                                 unha fermosa voz coa que
                                                 hipnotiza aos rapaces que se
                                                 achegan ao río e fai que se
                                                 vaian metendo nel, onde
                                                 afogarán.
    A MEIGA VEDOIRA é agradable no trato, posúe facultades adivinatorias e
    son expertas en conectar co alén para dicir se os falecidos están no ceo
              penan       purgatorio.
    ou aínda penan no purgatorio.
    A CARTUXEIRA son botadoras de cartas, que sempre acertan.
    Para protexerse delas hai amuletos para colocar nas casas ou no pescozo.
    Nas casas pódense colgar ferraduras de cabalo, morcegos, espolóns de
    galo ou colas de lobo.
                 un
    Pódese levar un dente de allo, unha castaña pilonga ou cunchas.
    Tamén protexe ter na casa terra bendita dos cemiterios, tesoiras abertas
    aos pés da cama. . . . e tamén axuda dicir:
                              “San Silvestre, meigas fóra”
"¡San Silvestre, Meigas fora!"


                     o vello do saco


                                       BRASIL




     É un vello que anda
polas rúas cargando cun saco
cheo con nenos desobedientes.
       asustar
Para asustar aos nenos os
               os
pais din que os van dar ao
home do saco se non se
comportan       ben.  Tamén
        ao
recolle aos que quedan nas
      sós.
rúas sós.
     O home do saco lévaas
para a casa e despois fai
xabón con elas, que vende
para se sustentar. Outra
                os
lenda di que os mata para
comelos.
comelos.
O bicho papau

Portugal                                         Brasil




     Agóchase debaixo da cama dos nenos para “papalos”.
Realmente terrible, come o fígado e o corazón dos pequenos. Moi
popular en Brasil e tamén en Portugal.
A cuca

                                  Cuca       ou    Coco,
                              represéntase        cunha
                              cabaza      baleira   con
                              buracos representativos
                              dos ollos e da boca cunha
                              luz dentro para meter
                              medo á noite.


                                          vella
    Coñecida popularmente coma unha vella fea en
forma de crocodilo que rouba aos nenos desobedientes. A
orixe desta lenda está no dragón, a coca en terras
portuguesas, que foi levada ao Brasil.
     No Brasil descríbese a “CUCA” coma un crocodilo
 con longos cabelos loiros e uñas longas coma as
 dunha aguia.
 dunha
Corpo seco

                                                     Brasil


                                     Conta a lenda que era
                                     un home que se pasou a
                                     vida levantándolle a
                                     man á súa nai. Debido
                                     a este acto de crueldade,
                                     cando     morreu,     foi
                                     rexeitado por Deus e
                                     polo Demo, incluso pola
                                     terra, que moi enfadada
                                     botouno fóra dela.


  Foi por iso que tivo que erguerse da
súa tumba, podre por completo, e vive
agarrado ás árbores despois de que se
secan.
  En Sao Paulo cóntase que se unha
persoa pasa preto del, este salta sobre
a persoa e chúchalle todo o sangue,
               alimenta
porque se alimenta de sangue
humana (similar a un vampiro)


  Aínda hoxe hai un dito popular que di:
“O que á nai golpea, coa man
seca se queda”
O lobizón
Portugal                    Arxentina        Brasil




     Tamén coñecido como lobisón, lubisonte e luísón,
equivale ao home lobo europeo.
     Di a lenda que é o séptimo fillo varón dunha familia,
sobre o que cae unha maldición. É un home alto, delgado
e con moito pelo . Antes de volverse lobo anda moi
nervioso e enfádase moito, pode transformarse nos
            ou
cemiterios ou preto deles, e sobre todo cando está a lúa
chea. Aliméntase con carroña e cando anda polo monte
pode morder aos que atopa. Cando morde ou salpica co
sangue ou saliva ás súas víctimas, estas poden tamén
volverse lobisóns.
AS ÁNIMAS
                                             COLOMBIA



                                  Son as ánimas dos
                              que están no Purgatorio,
                              A elas rézaselles o día
                              dous de novembro.



     Pídeselles favores ou miragres, e se unha vez
cumpridos
cumpridos o beneficiario non cumpre coas promesas
feitas, as Ánimas comezan a facerlle maldades na
casa .
     Maldades como as de remover as cousas,
desordear os armarios, botarlle azucre á sopa, romper
os pratos e outras trasnadas.
     Tamén se di que se nunha noite de ánimas se as
escoita facendo ruído no cemiterio e se quen as escoita
da a volta para velas, convérsese en estatua, queda
petrificado.
     Tampouco se lles debe facer caso cando a media
noite van pola rúa dicindo: “  “Alerta…. Alerta…. Ábreme
la puerta…. Alerta….. alerta”.
     As ánimas son seres vestidos de branco, cunha
túnica que as cubre dende a cabeza e levan un gorro gorro
en forma de cono.
A chorona
Venezuela                                            Colombia




       A Chorona é un espectro que percorre vales e
  montañas, preto dos ríos e lagoas, cunha túnica ata os
  talóns. Ten o pelo longo e rizado, de cor prateado, negro e
  dourado no que se pousan grilos, lucecús, bolboretas. O seu
  rostro é unha caveira aterradora e nos ollos xiran dúas
        brill
  bólas brillantes. Leva un neno morto nos brazos e chora
  bágoas sangue.
  bágoas de sangue.
       Dise que nunca se lle ve a cara e chora de vergonza e
  arrepentimento por ter matado aos seus fillos.
       Conta a tradición que a Chorona reclama das persoas
                                Chorona
  axuda para cargar ao fillo e quen o recibe líbraa do castigo
                      Chorona.
  pero convértese na Chorona.
O silbón
    Venezuela                                                            Colombia



                                                     Contan que O Silbón ou o
                                               Silbador
                                               Silbador     é     un      home
                                               desproporcionado, moi alto,
                                               duns 6 metros, que camiña
                                               véndose
                                               véndose por riba da copa dás
                                               árbores , emite un asubio
                                               espeluznante e leva un saco
                                               cheo de ósos que fai soar.




             Dise que é a ánima en pena dun fillo que matou ao pai e lle comeu o
      fígado
      fígado e o corazón. A súa nai maldiciuno para toda a vida.
             En Colombia dise que é a ánima sen rumbo dun home parrandeiro
                        abandon
      que morreu so e abandonado e busca a compaña de quen cabalgue pola noite
      polos sendeiros.
                                                               penetra
             Cóntase que emite un asubío longo e agudo que penetra polos oídos e
      ao mesmo tempo séntese un frío intenso que conxela ás persoas. Hai a
                                                       muller
      crenza de que cando asubía ben agudo é unha muller a que vai morrer, e se
      o asubío é máis grave é un home o que morre. Ataca aos homes
      parrandeiros
      parrandeiros e bébedos, aos que chucha o embigo para tomarlles o   tomarlles
      augardente. Ao chegar o Silbón a unha casa pola noite descolga o saco e
                                  Silbón
      conta un a un os ósos, se non hai quen poida escoitalo, un membro da
      familia morre ao amencer.
                                                                  pero
             Se se sinte o asubío moi forte é que está moi lonxe, pero se é ao revés,
      está xusto detrás de ti. Para salvarse hai que lembrarlle a súa historia.
                               Para

.
A ánima soa
Venezuela




                               A Ánima Soa preséntase
                          en forma de muller de
                          longos cabelos e belo rostro
                          e ten a finalidade de cobrar
                                velas
                          as velas das Ánimas
                          Benditas, pois a xente
                          acostuma a pedir favores ás
                                     estas
                          Ánimas e estas case sempre
                          lle conceden os favores a
                          cambio de que se teñan
                          prendidas certa cantidade de
                                  durante
                          velas durante un tempo
                          antes prometido.
       De non cumprir con esta prestación dos devotos,
       De      cumprir                         devotos,
 fai a súa entrada a Ánima Soa, para lembrar a débeda
 dun xeito tenebroso..
            tenebroso
O home da bolsa
    Arxentina

                                     Personaxe duns 50
                                anos,      de      estatura
                                normal e vestido con
                                farrapos           escuros,
                                encorvado e cun saco
                                ao lombo.
                                     Utilízase         para
                                infundir medo nos
                                nenos, para que se
                                porten      ben,     vaian
                                durmir, ou ben non
                                vaian a algún lugar
                                que      se      considera
                                perigoso.


     Na zona norte do país esta
función tena Miquilo, unha
especie de trasno cun poncho e
un gran sombreiro negro que
ten unha man de ferro e outra
de la.
     Contan que se lle aparece aos homes do pobo e lles
pregunta con que man queren que lles pegue. Se escolle
a de la dálle un forte golpe, e moito máis suave se
escolle a de ferro.
Fata padurii
     Romanía

                         Fata Padurii ou “a nena do
                     bosque”
                     bosque” é un demo que atrae á
                     xente nova para o bosque onde
                     os mata. Ten dúas caras, cando
                     se amosa a un home é unha
                                          guapa,
                     muller nova e moi guapa, alta,
                     delgada, con grandes ollos
                     negros brillantes e cabelos
                     longos e escuros. Despois que
                     fascina á vítima coa súa beleza
                     transfórmase nun monstromonstro
                     terrible, mata ao neno/home e
                                        neno/home
                     come o seu corazón.
     Ela so aparece á noite e nunca sae do bosque de
modo que non ataca poboados humanos.
                    poboados

                       Non se debe asubiar ou
                   cantar no bosque durante a noite,
                   e non se debe durmir preto dun
                                           que
                   lume que queima, xa que estes
                   sinais poden atraer ao monstro.
Muma bosque
             Romanía

    Bruxa considerada unha muller mala, que asusta á
xente e vive no bosque profundo. Tamén se lle chama
nalgunhas zonas CLOANTA BABA.
                          BABA.
    Vive solitaria no corazón dos bosques profundos e
caracterízase
caracterízase por unha apariencia grotesca, con malicia.




     Din que en moitos lugares pola noite chora, e que ás
 veces vai ás cabanas dos que viven preto do bosque
 para pedirlles un peite e aceite para poñer o cabelo
             brill              di
 fermoso e brillante. A lenda di que se che visita non
                          palabras.
 podes dicir máis de tres palabras.
Nosferat
          Romanía




      É un vampiro. Prodúcese ao nacer morto un fillo
                         ilexítimos
ilexítimo de pais tamén ilexítimos (que se tiveron fóra do
matrimonio). Cando o enterraron saíu da tumba, xa en
forma adulta para non volver a entrar máis nela, e
importuna aos seres do sexo oposto ao seu tomando a
forma dun gato, dun can negro ou dun insecto. Gústalle
esgotar á vítima ata a morte.
vampiros
           Romanía




     Hai distintos nomes para os vampiros, STRIGOI é o
                                      vampiros,
nome máis común, pero tamén se lles chama Moroii,
            Pricolici,
Varcolaci e Pricolici, que son vampiros nacidos de cadáveres
revividos ou animais nocturnos que buscan alimento
cando sae a lúa.
     Os strigoi viventes son bruxas con dous corazóns e
      almas.
dúas almas. Posúen a habilidade de enviar as súas almas á
noite para encontrarse con outros strigois ou succionar o
sangue dos seres vivos.
     Os strigoi mortos son cadáveres viventes que tamén
beben sangue e atacan á súa familia.
                                 converterse
     Hai distintas maneiras de converterse en vampiros: se
naces con rabo, con pelo extra, se es o sétimo fillo de
calquera familia se os anteriores irmáns eran do mesmo
sexo, ou un bebé prematuro, ou o fillo dunha nai que se tiña
cruzado cun gato negro no camiño.
     Ser mordido por un vampiro tamén tiña o mesmo
resultado.
drácula
                Rumanía


     Realmente       Drácula
existiu, foi un nobre
romanés,, de Valaquia, que
romanés        Valaquia,
deixaría o recordo dos
sufrimentos      que     fixo
padecer ao seu propio pobo,
xa que tiña a toda a
poboación       aterrorizada,
              estranxeiros.
igual que aos estranxeiros.
     Chamábase Vlad IV e
gozaba sometendo a tortura
a moitos dos seus súbditos.
     Era coñecido como
Vlad O Empalador, xa que
cravaba ás súas vítimas
nun pau ata que morrían.
     Pero tamén ten matado a miles de persoas de moi distintas
maneiras, moitas delas moi crueis.
                              crueis.
     Conta a historia que botaba nunha cunca sangue das súas
vítimas e mollaba nela o pan mentres comía. A palabra Drácula
                  dráculea,
ven do romanés dráculea, que significa “fillo de Drácul” nome co que
se coñecía ao seu pai, que formaba parte da Orde do Dragón, que se
vestía cunha capa negra.
     En Rumanía, o castelo de Bran,
onde viviu Vlad O Empalador é
hoxe en día un importante destino
turístico.
A siguanaba
                                              El Salvador




                            muller,
     A lenda di que é unha muller, mala nai que deixaba so ao
seu fillo e foi maldita polo seu home, o deus Tlaloc.
                maldita
     O seu nome significa “muller horrible”, ela é fermosa pero
cando os homes se lle achegan da volta e convértese nunha
muller horrenda.
     Ten que vagar polo campo, aparecéndoselle aos homes que
                             que
viaxan sos pola noite. Din que é vista no Salvador, lavando
roupa e sempre busca ao seu fillo Cipitio.
     Todos os que trasnoitan están propensos a atopala, e o
home que a ve vólvese tolo por ela. Entón ela chámao e vaino
levando levando, ensínalle a cara cando xa non pode volver.
     Para non perder a súa alma o home debe morder unha
cruz ou medalla e encomendarse a Deus.
     Outra maneira de librarse dela consiste en facer un
esforzo supremo e achegarse a ela o máis posible, tirarse ao
                                                          tirarlle
chan cara ao ceo, estirar a man ata tocarlle o pelo e tirarlle
del. Daquela a Siguanaba asústase e tírase a un barranco.
O cipitio
                                         El Salvador




    Fillo de Siguanaba, foi castigado por serlle ela infiel
ao deus Tlaloc. A Cipitio castigouno a non medrar
nunca e quedar con once anos.
    Ten os pés do revés e unha enorme barriga, co poder
de teletransportarse. Come cinza e bananas. Anda moito
pola beira dos ríos e anda atrás das rapazas ás que
espía, asubía e tíralle pedriñas e flores.
    Non é malo, pero si fastidioso, fai bromas ríndose da
xente.
xente.
O basilisco
                                   El Salvador




    De cando en vez as galiñas poñen un ovo
pequeniño. Este ovo debe ser destruído e queimado
para evitar que naza o basilisco, un enxendro en
forma de serpe.
                                          busca
   Este animal trae a desgracia. Ao nacer busca un
rincón da casa, e mata coa mirada ás persoas que
o ven.
   Para conxurar o mal é preciso ter espellos en
todas as habitacións, pois cando o monstro ve a
                            inmediato.
súa propia imaxe morre de inmediato

More Related Content

What's hot

Cadáveres exquisitos II
Cadáveres exquisitos IICadáveres exquisitos II
Cadáveres exquisitos IImentirosasoy
 
As mulleres das lendas galegas.gabriela
As mulleres das lendas galegas.gabrielaAs mulleres das lendas galegas.gabriela
As mulleres das lendas galegas.gabrielabibliomoas
 
Novidades
Novidades Novidades
Novidades soigca
 
O meu libro favorito
O meu libro favoritoO meu libro favorito
O meu libro favoritosoigca
 
Contos de medo
Contos de medoContos de medo
Contos de medoChispazos
 
Lendas Da Guarda Definitivo
Lendas Da Guarda DefinitivoLendas Da Guarda Definitivo
Lendas Da Guarda Definitivoosnososavos
 
Animais lendas crenzas-Galicia
Animais lendas crenzas-GaliciaAnimais lendas crenzas-Galicia
Animais lendas crenzas-Galiciaiesasorey
 

What's hot (11)

Personaxes de medo
Personaxes de medoPersonaxes de medo
Personaxes de medo
 
Mitoloxia galega
Mitoloxia galegaMitoloxia galega
Mitoloxia galega
 
Cadáveres exquisitos II
Cadáveres exquisitos IICadáveres exquisitos II
Cadáveres exquisitos II
 
Mitoloxía en feminino
Mitoloxía en femininoMitoloxía en feminino
Mitoloxía en feminino
 
As mulleres das lendas galegas.gabriela
As mulleres das lendas galegas.gabrielaAs mulleres das lendas galegas.gabriela
As mulleres das lendas galegas.gabriela
 
Novidades
Novidades Novidades
Novidades
 
O meu libro favorito
O meu libro favoritoO meu libro favorito
O meu libro favorito
 
Contos de medo
Contos de medoContos de medo
Contos de medo
 
Lendas
Lendas Lendas
Lendas
 
Lendas Da Guarda Definitivo
Lendas Da Guarda DefinitivoLendas Da Guarda Definitivo
Lendas Da Guarda Definitivo
 
Animais lendas crenzas-Galicia
Animais lendas crenzas-GaliciaAnimais lendas crenzas-Galicia
Animais lendas crenzas-Galicia
 

Similar to A que lle temos medo

N 79 maio 2019 en galego,...mais e mellor
N 79 maio 2019  en galego,...mais e mellorN 79 maio 2019  en galego,...mais e mellor
N 79 maio 2019 en galego,...mais e mellorceiprandufe
 
Prelectores
PrelectoresPrelectores
Prelectorestexnani
 
Prelectores
PrelectoresPrelectores
Prelectorestexnani
 
Habitantes do bosque
Habitantes do bosqueHabitantes do bosque
Habitantes do bosqueCarmen165
 
Meigas Galegas .
Meigas Galegas .Meigas Galegas .
Meigas Galegas .arilogar
 
Presentación1
Presentación1Presentación1
Presentación1arilogar
 
Lendas galegas
Lendas galegasLendas galegas
Lendas galegasagarridog
 
Lendas galegas
Lendas galegasLendas galegas
Lendas galegasagarridog
 
Lecturas que están de medo!!
Lecturas que están de medo!!Lecturas que están de medo!!
Lecturas que están de medo!!loboagualada
 
Guia Nadal 09
Guia Nadal 09Guia Nadal 09
Guia Nadal 09luis425
 
Animais fantásticos Galicia
Animais fantásticos GaliciaAnimais fantásticos Galicia
Animais fantásticos Galiciaiesasorey
 
Bruxas E Fantasmas
Bruxas E FantasmasBruxas E Fantasmas
Bruxas E Fantasmasaldeatotal
 
Boletin Nadal 2021
Boletin Nadal 2021Boletin Nadal 2021
Boletin Nadal 2021PapacontosE
 
Auga en Galicia lendas, contos, crenzas
Auga en Galicia lendas, contos, crenzasAuga en Galicia lendas, contos, crenzas
Auga en Galicia lendas, contos, crenzasiesasorey
 
O Samaín
O    SamaínO    Samaín
O Samaínpadiola
 
Recomendacións Nadal 2017
Recomendacións Nadal 2017Recomendacións Nadal 2017
Recomendacións Nadal 2017bibliobrozos
 
Recomendacións libros Nadal 2016
Recomendacións libros Nadal 2016Recomendacións libros Nadal 2016
Recomendacións libros Nadal 2016bibliobrozos
 
[Homes lobo en galicia]
[Homes lobo en galicia][Homes lobo en galicia]
[Homes lobo en galicia]eunfalar
 

Similar to A que lle temos medo (20)

N 79 maio 2019 en galego,...mais e mellor
N 79 maio 2019  en galego,...mais e mellorN 79 maio 2019  en galego,...mais e mellor
N 79 maio 2019 en galego,...mais e mellor
 
Prelectores
PrelectoresPrelectores
Prelectores
 
Prelectores
PrelectoresPrelectores
Prelectores
 
Habitantes do bosque
Habitantes do bosqueHabitantes do bosque
Habitantes do bosque
 
Meigas Galegas .
Meigas Galegas .Meigas Galegas .
Meigas Galegas .
 
Presentación1
Presentación1Presentación1
Presentación1
 
A que lle temos medo
A que lle temos medo A que lle temos medo
A que lle temos medo
 
Lendas galegas
Lendas galegasLendas galegas
Lendas galegas
 
Lendas galegas
Lendas galegasLendas galegas
Lendas galegas
 
Lecturas que están de medo!!
Lecturas que están de medo!!Lecturas que están de medo!!
Lecturas que están de medo!!
 
Guia Nadal 09
Guia Nadal 09Guia Nadal 09
Guia Nadal 09
 
Seres mitoloxicos final
Seres mitoloxicos finalSeres mitoloxicos final
Seres mitoloxicos final
 
Animais fantásticos Galicia
Animais fantásticos GaliciaAnimais fantásticos Galicia
Animais fantásticos Galicia
 
Bruxas E Fantasmas
Bruxas E FantasmasBruxas E Fantasmas
Bruxas E Fantasmas
 
Boletin Nadal 2021
Boletin Nadal 2021Boletin Nadal 2021
Boletin Nadal 2021
 
Auga en Galicia lendas, contos, crenzas
Auga en Galicia lendas, contos, crenzasAuga en Galicia lendas, contos, crenzas
Auga en Galicia lendas, contos, crenzas
 
O Samaín
O    SamaínO    Samaín
O Samaín
 
Recomendacións Nadal 2017
Recomendacións Nadal 2017Recomendacións Nadal 2017
Recomendacións Nadal 2017
 
Recomendacións libros Nadal 2016
Recomendacións libros Nadal 2016Recomendacións libros Nadal 2016
Recomendacións libros Nadal 2016
 
[Homes lobo en galicia]
[Homes lobo en galicia][Homes lobo en galicia]
[Homes lobo en galicia]
 

More from Chelo Alvarez Veira (20)

Guia primaria-2020
Guia primaria-2020Guia primaria-2020
Guia primaria-2020
 
Carteis primaria-2020
Carteis primaria-2020Carteis primaria-2020
Carteis primaria-2020
 
As pitas baixo a choiv a para blog
As pitas baixo a choiv a para blogAs pitas baixo a choiv a para blog
As pitas baixo a choiv a para blog
 
O traxe novo do emperador
O traxe novo do emperadorO traxe novo do emperador
O traxe novo do emperador
 
Revista xslr 2019
Revista xslr 2019Revista xslr 2019
Revista xslr 2019
 
Debuxos da paz
Debuxos da pazDebuxos da paz
Debuxos da paz
 
Contos da paz
Contos da pazContos da paz
Contos da paz
 
Concurso relatos de terror
Concurso relatos de terrorConcurso relatos de terror
Concurso relatos de terror
 
ZOQUEANDO POR CARBALLO. BOSQUE DO AÑÓN
ZOQUEANDO POR CARBALLO. BOSQUE DO AÑÓNZOQUEANDO POR CARBALLO. BOSQUE DO AÑÓN
ZOQUEANDO POR CARBALLO. BOSQUE DO AÑÓN
 
A VOZ DO SAN LUIS 2018
A VOZ DO SAN LUIS 2018A VOZ DO SAN LUIS 2018
A VOZ DO SAN LUIS 2018
 
MARIA VICTORIA MORENO
MARIA VICTORIA MORENOMARIA VICTORIA MORENO
MARIA VICTORIA MORENO
 
Traballo cooperativo
Traballo cooperativoTraballo cooperativo
Traballo cooperativo
 
Rosalind Franklin
Rosalind FranklinRosalind Franklin
Rosalind Franklin
 
MARUXA MALLO
MARUXA MALLOMARUXA MALLO
MARUXA MALLO
 
Maruxa Mallo
Maruxa MalloMaruxa Mallo
Maruxa Mallo
 
Programación plambe
Programación plambeProgramación plambe
Programación plambe
 
Triptico nadal
Triptico nadalTriptico nadal
Triptico nadal
 
Guia xogos e xoguetes para a igualdade
Guia xogos e xoguetes para a igualdadeGuia xogos e xoguetes para a igualdade
Guia xogos e xoguetes para a igualdade
 
Relatos terror samaín
Relatos terror samaínRelatos terror samaín
Relatos terror samaín
 
Lectores autónomos
Lectores autónomosLectores autónomos
Lectores autónomos
 

A que lle temos medo

  • 1. A QUE LLE TEMOS MEDO????? c.e.i.p. “xesús san luís romero” curso 2011-12
  • 2. En todas as culturas atopamos a tradición de asustar aos máis pequenos cunha serie de persoeiros, mitos, lendas, co obxecto de persuadilos a cumprir rutinas de aseo, comida ou sono, así como mantelos lonxe de lugares, persoas ou accións que os adultos consideran perigosos para os nenos. Neste tempo de Samaín decidimos recoller do noso alumnado, procedente de lugares tan diversos, os distintos seres lendarios que lles puxeron medo a eles ou aos seus pais e avós, descubrindo o moito que se parecen os uns aos outros e o moito que contan sobre o tipo de vida, crenzas, etc de cada lugar. Velaquí os temos, moito coidadiño con eles, non se vaian colar nas nosas casas e nos nosos soños…..
  • 3. HOME DO SACO GALICIA Home alto, feo, fosco, desastrado, cun saco ao lombo. Rouba nenos para facerlles quen sabe que maldades.
  • 4. O home do saco e cando sentía vivía no monte un neno chorar e só tiña un ollo bailáballe o ollo no medio da fronte, a todo bailar. dormía de día O home do saco deitado no chan, levaba os meniños de noite saía co saco na que eran de veras man. maliños maliños, O home do saco baixaba do monte no monte escoitaba co saco grandón a ver se no pobo petaba nas portas un neno choraba pon pon e pon pon. Xosé Rodríguez Ferrer
  • 5. O TRASNO GALICIA O trasno ou trasgo é unha especie de demo invisible, coñecido tamén como diaño pero distintio ao demo, e nunca tan maligno. Acostuma a andar de noite polos bosques bosques e camiños de Galiza que é cando pon en práctica as trasnadas argalladas polo día. Existe un truco para librarse del que consiste en deixarlle unha boa presa de grans de millo; como non sabe contar máis de cen, cando chega a esta cifra ten que encomezar de novo, e así mantense ocupado.
  • 6. A SANTA COMPAÑA GALICIA A SANTA COMPAÑA é unha procesión de mortos ou ánimas que percorren os camiños dunha parroquia. A procesión adoita ir encabezada pola persoa viva que porta nas súas mans unha cruz e máis un caldeiro de auga bendita; tras el varias ánimas con cirios acesos, que ás veces son ósos. A súa presenza faise notar no cheiro a cera queimada e no vento que se ergue ao seu paso. procesión A persoa viva que precede esta procesión pode ser un home ou unha muller, segundo sexa o patrón da parroquia santo ou santa. O portador da cruz non pode en ningún momento volver a cabeza nin renunciar ao seu traballo precedendo á Santa Compaña. Só será ceibado cando atope a outra persoa no camiño a quen entregarlle a cruz e mailo caldeiro, momento no que estoutro pasara a substituílo. Para zafarse desta obriga, a persoa que vexa pasar a Santa Compaña debe trazar un círculo no chan e deitarse boca abaixo sen mirarlle á cara a ningún espírito. Mentres tanto, a persoa que leva a cruz e o balde persoa vólvese máis branco e vai adelgazando a cada paso que dá, ata que consegue darlle o caldeiro a outro. É comunmente aceptado que a Santa Compaña bota medo, xa que é considerada como sinal de morte, xa que visita as casas nas que axiña que haberá un pasamento
  • 7. A meigas As meigas A palabra meiga significa persoa con poderes extraordinarios ou máxicos e que pode pactar co demo. Diferenciase das bruxas que estas sempre actúan con maldade, mentres que as meigas mesmo poden ter poderes curativos ou ser videntes. voan Xeralmente voan a cabalo dunha estaca. Hai de moitos tipos, pero as máis temibles para os nenos son as MEIGAS CHUCHONAS, que chupan a sangue aos nenos e róubanlles os untos para facer pomadas. As MEIGAS FEITICEIRAS viven preto dos ríos e regatos. Ten voz unha fermosa voz coa que hipnotiza aos rapaces que se achegan ao río e fai que se vaian metendo nel, onde afogarán. A MEIGA VEDOIRA é agradable no trato, posúe facultades adivinatorias e son expertas en conectar co alén para dicir se os falecidos están no ceo penan purgatorio. ou aínda penan no purgatorio. A CARTUXEIRA son botadoras de cartas, que sempre acertan. Para protexerse delas hai amuletos para colocar nas casas ou no pescozo. Nas casas pódense colgar ferraduras de cabalo, morcegos, espolóns de galo ou colas de lobo. un Pódese levar un dente de allo, unha castaña pilonga ou cunchas. Tamén protexe ter na casa terra bendita dos cemiterios, tesoiras abertas aos pés da cama. . . . e tamén axuda dicir: “San Silvestre, meigas fóra”
  • 8. "¡San Silvestre, Meigas fora!" o vello do saco BRASIL É un vello que anda polas rúas cargando cun saco cheo con nenos desobedientes. asustar Para asustar aos nenos os os pais din que os van dar ao home do saco se non se comportan ben. Tamén ao recolle aos que quedan nas sós. rúas sós. O home do saco lévaas para a casa e despois fai xabón con elas, que vende para se sustentar. Outra os lenda di que os mata para comelos. comelos.
  • 9. O bicho papau Portugal Brasil Agóchase debaixo da cama dos nenos para “papalos”. Realmente terrible, come o fígado e o corazón dos pequenos. Moi popular en Brasil e tamén en Portugal.
  • 10. A cuca Cuca ou Coco, represéntase cunha cabaza baleira con buracos representativos dos ollos e da boca cunha luz dentro para meter medo á noite. vella Coñecida popularmente coma unha vella fea en forma de crocodilo que rouba aos nenos desobedientes. A orixe desta lenda está no dragón, a coca en terras portuguesas, que foi levada ao Brasil. No Brasil descríbese a “CUCA” coma un crocodilo con longos cabelos loiros e uñas longas coma as dunha aguia. dunha
  • 11. Corpo seco Brasil Conta a lenda que era un home que se pasou a vida levantándolle a man á súa nai. Debido a este acto de crueldade, cando morreu, foi rexeitado por Deus e polo Demo, incluso pola terra, que moi enfadada botouno fóra dela. Foi por iso que tivo que erguerse da súa tumba, podre por completo, e vive agarrado ás árbores despois de que se secan. En Sao Paulo cóntase que se unha persoa pasa preto del, este salta sobre a persoa e chúchalle todo o sangue, alimenta porque se alimenta de sangue humana (similar a un vampiro) Aínda hoxe hai un dito popular que di: “O que á nai golpea, coa man seca se queda”
  • 12. O lobizón Portugal Arxentina Brasil Tamén coñecido como lobisón, lubisonte e luísón, equivale ao home lobo europeo. Di a lenda que é o séptimo fillo varón dunha familia, sobre o que cae unha maldición. É un home alto, delgado e con moito pelo . Antes de volverse lobo anda moi nervioso e enfádase moito, pode transformarse nos ou cemiterios ou preto deles, e sobre todo cando está a lúa chea. Aliméntase con carroña e cando anda polo monte pode morder aos que atopa. Cando morde ou salpica co sangue ou saliva ás súas víctimas, estas poden tamén volverse lobisóns.
  • 13. AS ÁNIMAS COLOMBIA Son as ánimas dos que están no Purgatorio, A elas rézaselles o día dous de novembro. Pídeselles favores ou miragres, e se unha vez cumpridos cumpridos o beneficiario non cumpre coas promesas feitas, as Ánimas comezan a facerlle maldades na casa . Maldades como as de remover as cousas, desordear os armarios, botarlle azucre á sopa, romper os pratos e outras trasnadas. Tamén se di que se nunha noite de ánimas se as escoita facendo ruído no cemiterio e se quen as escoita da a volta para velas, convérsese en estatua, queda petrificado. Tampouco se lles debe facer caso cando a media noite van pola rúa dicindo: “ “Alerta…. Alerta…. Ábreme la puerta…. Alerta….. alerta”. As ánimas son seres vestidos de branco, cunha túnica que as cubre dende a cabeza e levan un gorro gorro en forma de cono.
  • 14. A chorona Venezuela Colombia A Chorona é un espectro que percorre vales e montañas, preto dos ríos e lagoas, cunha túnica ata os talóns. Ten o pelo longo e rizado, de cor prateado, negro e dourado no que se pousan grilos, lucecús, bolboretas. O seu rostro é unha caveira aterradora e nos ollos xiran dúas brill bólas brillantes. Leva un neno morto nos brazos e chora bágoas sangue. bágoas de sangue. Dise que nunca se lle ve a cara e chora de vergonza e arrepentimento por ter matado aos seus fillos. Conta a tradición que a Chorona reclama das persoas Chorona axuda para cargar ao fillo e quen o recibe líbraa do castigo Chorona. pero convértese na Chorona.
  • 15. O silbón Venezuela Colombia Contan que O Silbón ou o Silbador Silbador é un home desproporcionado, moi alto, duns 6 metros, que camiña véndose véndose por riba da copa dás árbores , emite un asubio espeluznante e leva un saco cheo de ósos que fai soar. Dise que é a ánima en pena dun fillo que matou ao pai e lle comeu o fígado fígado e o corazón. A súa nai maldiciuno para toda a vida. En Colombia dise que é a ánima sen rumbo dun home parrandeiro abandon que morreu so e abandonado e busca a compaña de quen cabalgue pola noite polos sendeiros. penetra Cóntase que emite un asubío longo e agudo que penetra polos oídos e ao mesmo tempo séntese un frío intenso que conxela ás persoas. Hai a muller crenza de que cando asubía ben agudo é unha muller a que vai morrer, e se o asubío é máis grave é un home o que morre. Ataca aos homes parrandeiros parrandeiros e bébedos, aos que chucha o embigo para tomarlles o tomarlles augardente. Ao chegar o Silbón a unha casa pola noite descolga o saco e Silbón conta un a un os ósos, se non hai quen poida escoitalo, un membro da familia morre ao amencer. pero Se se sinte o asubío moi forte é que está moi lonxe, pero se é ao revés, está xusto detrás de ti. Para salvarse hai que lembrarlle a súa historia. Para .
  • 16. A ánima soa Venezuela A Ánima Soa preséntase en forma de muller de longos cabelos e belo rostro e ten a finalidade de cobrar velas as velas das Ánimas Benditas, pois a xente acostuma a pedir favores ás estas Ánimas e estas case sempre lle conceden os favores a cambio de que se teñan prendidas certa cantidade de durante velas durante un tempo antes prometido. De non cumprir con esta prestación dos devotos, De cumprir devotos, fai a súa entrada a Ánima Soa, para lembrar a débeda dun xeito tenebroso.. tenebroso
  • 17. O home da bolsa Arxentina Personaxe duns 50 anos, de estatura normal e vestido con farrapos escuros, encorvado e cun saco ao lombo. Utilízase para infundir medo nos nenos, para que se porten ben, vaian durmir, ou ben non vaian a algún lugar que se considera perigoso. Na zona norte do país esta función tena Miquilo, unha especie de trasno cun poncho e un gran sombreiro negro que ten unha man de ferro e outra de la. Contan que se lle aparece aos homes do pobo e lles pregunta con que man queren que lles pegue. Se escolle a de la dálle un forte golpe, e moito máis suave se escolle a de ferro.
  • 18. Fata padurii Romanía Fata Padurii ou “a nena do bosque” bosque” é un demo que atrae á xente nova para o bosque onde os mata. Ten dúas caras, cando se amosa a un home é unha guapa, muller nova e moi guapa, alta, delgada, con grandes ollos negros brillantes e cabelos longos e escuros. Despois que fascina á vítima coa súa beleza transfórmase nun monstromonstro terrible, mata ao neno/home e neno/home come o seu corazón. Ela so aparece á noite e nunca sae do bosque de modo que non ataca poboados humanos. poboados Non se debe asubiar ou cantar no bosque durante a noite, e non se debe durmir preto dun que lume que queima, xa que estes sinais poden atraer ao monstro.
  • 19. Muma bosque Romanía Bruxa considerada unha muller mala, que asusta á xente e vive no bosque profundo. Tamén se lle chama nalgunhas zonas CLOANTA BABA. BABA. Vive solitaria no corazón dos bosques profundos e caracterízase caracterízase por unha apariencia grotesca, con malicia. Din que en moitos lugares pola noite chora, e que ás veces vai ás cabanas dos que viven preto do bosque para pedirlles un peite e aceite para poñer o cabelo brill di fermoso e brillante. A lenda di que se che visita non palabras. podes dicir máis de tres palabras.
  • 20. Nosferat Romanía É un vampiro. Prodúcese ao nacer morto un fillo ilexítimos ilexítimo de pais tamén ilexítimos (que se tiveron fóra do matrimonio). Cando o enterraron saíu da tumba, xa en forma adulta para non volver a entrar máis nela, e importuna aos seres do sexo oposto ao seu tomando a forma dun gato, dun can negro ou dun insecto. Gústalle esgotar á vítima ata a morte.
  • 21. vampiros Romanía Hai distintos nomes para os vampiros, STRIGOI é o vampiros, nome máis común, pero tamén se lles chama Moroii, Pricolici, Varcolaci e Pricolici, que son vampiros nacidos de cadáveres revividos ou animais nocturnos que buscan alimento cando sae a lúa. Os strigoi viventes son bruxas con dous corazóns e almas. dúas almas. Posúen a habilidade de enviar as súas almas á noite para encontrarse con outros strigois ou succionar o sangue dos seres vivos. Os strigoi mortos son cadáveres viventes que tamén beben sangue e atacan á súa familia. converterse Hai distintas maneiras de converterse en vampiros: se naces con rabo, con pelo extra, se es o sétimo fillo de calquera familia se os anteriores irmáns eran do mesmo sexo, ou un bebé prematuro, ou o fillo dunha nai que se tiña cruzado cun gato negro no camiño. Ser mordido por un vampiro tamén tiña o mesmo resultado.
  • 22. drácula Rumanía Realmente Drácula existiu, foi un nobre romanés,, de Valaquia, que romanés Valaquia, deixaría o recordo dos sufrimentos que fixo padecer ao seu propio pobo, xa que tiña a toda a poboación aterrorizada, estranxeiros. igual que aos estranxeiros. Chamábase Vlad IV e gozaba sometendo a tortura a moitos dos seus súbditos. Era coñecido como Vlad O Empalador, xa que cravaba ás súas vítimas nun pau ata que morrían. Pero tamén ten matado a miles de persoas de moi distintas maneiras, moitas delas moi crueis. crueis. Conta a historia que botaba nunha cunca sangue das súas vítimas e mollaba nela o pan mentres comía. A palabra Drácula dráculea, ven do romanés dráculea, que significa “fillo de Drácul” nome co que se coñecía ao seu pai, que formaba parte da Orde do Dragón, que se vestía cunha capa negra. En Rumanía, o castelo de Bran, onde viviu Vlad O Empalador é hoxe en día un importante destino turístico.
  • 23. A siguanaba El Salvador muller, A lenda di que é unha muller, mala nai que deixaba so ao seu fillo e foi maldita polo seu home, o deus Tlaloc. maldita O seu nome significa “muller horrible”, ela é fermosa pero cando os homes se lle achegan da volta e convértese nunha muller horrenda. Ten que vagar polo campo, aparecéndoselle aos homes que que viaxan sos pola noite. Din que é vista no Salvador, lavando roupa e sempre busca ao seu fillo Cipitio. Todos os que trasnoitan están propensos a atopala, e o home que a ve vólvese tolo por ela. Entón ela chámao e vaino levando levando, ensínalle a cara cando xa non pode volver. Para non perder a súa alma o home debe morder unha cruz ou medalla e encomendarse a Deus. Outra maneira de librarse dela consiste en facer un esforzo supremo e achegarse a ela o máis posible, tirarse ao tirarlle chan cara ao ceo, estirar a man ata tocarlle o pelo e tirarlle del. Daquela a Siguanaba asústase e tírase a un barranco.
  • 24. O cipitio El Salvador Fillo de Siguanaba, foi castigado por serlle ela infiel ao deus Tlaloc. A Cipitio castigouno a non medrar nunca e quedar con once anos. Ten os pés do revés e unha enorme barriga, co poder de teletransportarse. Come cinza e bananas. Anda moito pola beira dos ríos e anda atrás das rapazas ás que espía, asubía e tíralle pedriñas e flores. Non é malo, pero si fastidioso, fai bromas ríndose da xente. xente.
  • 25. O basilisco El Salvador De cando en vez as galiñas poñen un ovo pequeniño. Este ovo debe ser destruído e queimado para evitar que naza o basilisco, un enxendro en forma de serpe. busca Este animal trae a desgracia. Ao nacer busca un rincón da casa, e mata coa mirada ás persoas que o ven. Para conxurar o mal é preciso ter espellos en todas as habitacións, pois cando o monstro ve a inmediato. súa propia imaxe morre de inmediato