SlideShare a Scribd company logo
1 of 1
Download to read offline
En PrOFunDIDaDE

as redes sociais no ensino

A

doitamos dicir que as redes sociais xa
existían. O feito de que un primo meu
tivera un coñecido que fora o mellor
procurando troitas no río favorecía que
eu puidera acadar esa habilidade, e aínda que así non fora, o potencial como oportunidade
existía. Esta foi unha das chamas que sostivo a nosa
aprendizaxe até o de agora. Esta relación tiña unha estraña característica, non estaba guiada por un
único responsable, simplemente as oportunidades
comunicativas aparecían e eu podía aproveitalas ou
non, entrarían aí en xogo os intereses propios de cada un. Este é un comportamento típico da estrutura
en rede onde cada un pode aprender e compartir co
outro. Pensar na comunicación como unha estrutura centralizada é limitar o acceso a un enorme
campo de saberes, de destrezas e de habilidades que
só son posibles se temos acceso a elas.
Internet nace no ámbito militar, e pasando polo
ámbito universitario aterra coa web 1.0 nos usuarios. Neste primeiro modelo ou tipo, a organización
social era centralizada, algúns nodos eran emisores
pero na súa maioría simples receptores. A súa evolución cara ao que se coñece como web 2.0 foi dando
maior protagonismo aos usuarios como emisores
de información, o que está a multiplicar exponencialmente o potencial comunicativo para os nosos
alumnos, aumentando así o número de oportunidades para acadar boas aprendizaxes, ou non tan
boas. Xa que ben puiden ser amigo dun que tiña
un primo que presumía moito por ser o mellor escachando cristais a pedradas.

aprendiZaXe uBicua
Falamos de redes distribuídas de aprendizaxe, existentes antes da chegada de internet e recomendadas polos diferentes movementos de renovación pedagóxica. A súa dixitalización fai que agora sexan
máis numerosas e maiores xeográficamente. Hoxe
é máis doado preguntar algo ao outro lado do mundo, que atravesar unha leira de millo. As redes sociais permiten que a cultura de fóra poida entrar
directamente na escola, que os muros inicialmente
creados para separar por sexos, e logo por idade,
desaparezan nun plano virtual que nos impulse
non só a aprender dos demais, senón tamén a que
os demais aprendan de nós.
Tamén permiten que a aprendizaxe sexa ubicua:
calquera cousa, en calquera momento e en calquera lugar. Isto é posible grazas ao aproveitamento da
tecnoloxía móbil, recurso con grandes posibilidades no ensino. E aínda que hoxe supoñen o maior
número de accesos a internet, non deben converterse nun uso carente de reflexión que poida estar
excesivamente exposto ao voraz mundo do consumo e da publicidade.
Fóra da escola estas redes xa se están a utilizar de xeito habitual; que rapaz non ten Tuenti,
Twitter, Facebook, Whatsapp ou Line? Xa comentan sobre as clases e resólvense dúbidas. Outras
veces os seus usos representan graves riscos para a súa privacidade xa que en internet non temos
“dereito ao esquecemento”, algo que até o de agora
era incuestionable. Manuel Castells comenta que
“pode que haxa manipulacións da identidade, pero
en xeral estas non van a prosperar. O que si é que
se te mostras como gato es un gato e non un can”.
Pero seguen a ser grandes os seus beneficios, así
que estas xeracións precisan coñecer que é “identidade dixital proxectada” como concepto, discutir
e consensuar pequenas liñas para a toma de deci-

Imaxe: Ángel abril ruiz

<< As RR SS ás
veces representan
graves riscos para
a privacidade,
xa que en
internet "non
temos dereito ao
esquecemento">>
sións conscientes, que os axudarán a viaxar cara
aos seus propios soños coa seguridade de atravesar firmes pontes.

onde situar o docente?
Introducilas na aula require de reflexión, os usos
das redes non están dados, dependen da concepción metodolóxica de cada un. Onde situar o docente é unha das preguntas chave. Vimos de perder de
xeito manifesto a autoridade como responsables
na transmisión do contido, polo que traballar coas

redes sociais na educación implica abandonar ese
papel central na experiencia da súa aprendizaxe, e
pasar a ser un elemento máis na estrutura de rede distribuída. Esta adquire unha dinámica propia
moito máis alá da pechada dirección que nos poden
ofrecer os libros de texto, aínda que estes sexan dixitais. Pasamos de docentes que “controlan” a docentes que “inflúen”. Somos mestres facilitadores que
axudan a identificar, seleccionar, eliminar, construír
e reconstruír; en definitiva, trátase de permitir que
os nosos alumnos decidan sobre o que eles queren
aprender. Existen múltiples formas de concreción
na práctica, a exposición ás mesmas implica que teñamos que aprender do diálogo na aula e da posta
en común das experiencias que, sendo relevantes,
constituirán a base das aprendizaxes. O desenvolvemento dun entorno persoal de aprendizaxe (PLE,
nas súas siglas en inglés), ou a súa síntese nun cartafol dixital, son dúas prácticas dixitais xerais para acadar coñecemento sobre calquera disciplina.
O movemento do software libre ten moito que ensinarnos sobre isto.
Son, en definitiva, un acelerante da comunicación.
O profesorado xa as está a utilizar para compartir e xerar coñecemento sobre a práctica educativa.
O grupo “Mestres de Galicia en facebook” ou Redeiras, a rede social do profesorado galego, poden ser
unha pequena mostra.

Por Pablo Nimo Liboreiro (@pablonimo)
Mestre de primaria e asesor educativo na Amtega

5

More Related Content

Viewers also liked

Eduworks kick-off presentation: CEU
Eduworks kick-off presentation: CEUEduworks kick-off presentation: CEU
Eduworks kick-off presentation: CEUEduworks Network
 
Al país de las montañas azules de blavatsky
Al país de las montañas azules de blavatskyAl país de las montañas azules de blavatsky
Al país de las montañas azules de blavatskyOriana Andrade
 
Hinjewadi Investment Options
Hinjewadi Investment OptionsHinjewadi Investment Options
Hinjewadi Investment Optionseasy2ownestate
 
Infografía: 6 cosas que no sabias que podias mejorar con Comunicación Interna
Infografía: 6 cosas que no sabias que podias mejorar con Comunicación InternaInfografía: 6 cosas que no sabias que podias mejorar con Comunicación Interna
Infografía: 6 cosas que no sabias que podias mejorar con Comunicación InternaZyncro
 
Synthèse Evaluation - Capitalisation / Accord de Développement des emplois et...
Synthèse Evaluation - Capitalisation / Accord de Développement des emplois et...Synthèse Evaluation - Capitalisation / Accord de Développement des emplois et...
Synthèse Evaluation - Capitalisation / Accord de Développement des emplois et...BPI group
 
Medieval Literature in Modern Times: Visualization Methods
Medieval Literature in Modern Times: Visualization MethodsMedieval Literature in Modern Times: Visualization Methods
Medieval Literature in Modern Times: Visualization MethodsOlga Scrivner
 
JESS3 x Power to Fly Meet Neil Branding Presentation
JESS3 x Power to Fly Meet Neil Branding PresentationJESS3 x Power to Fly Meet Neil Branding Presentation
JESS3 x Power to Fly Meet Neil Branding PresentationJESS3
 

Viewers also liked (14)

Eduworks kick-off presentation: CEU
Eduworks kick-off presentation: CEUEduworks kick-off presentation: CEU
Eduworks kick-off presentation: CEU
 
Al país de las montañas azules de blavatsky
Al país de las montañas azules de blavatskyAl país de las montañas azules de blavatsky
Al país de las montañas azules de blavatsky
 
Mapa m
Mapa mMapa m
Mapa m
 
Vamos Demitir!!!!
Vamos Demitir!!!!Vamos Demitir!!!!
Vamos Demitir!!!!
 
c boyd resume
c boyd resumec boyd resume
c boyd resume
 
Subjective Well-Being and Social Policy
Subjective Well-Being and Social PolicySubjective Well-Being and Social Policy
Subjective Well-Being and Social Policy
 
Hinjewadi Investment Options
Hinjewadi Investment OptionsHinjewadi Investment Options
Hinjewadi Investment Options
 
Child Poverty in the UK
Child Poverty in the UKChild Poverty in the UK
Child Poverty in the UK
 
Trasparenza e Innovazione - Regione Sardegna
Trasparenza e Innovazione - Regione SardegnaTrasparenza e Innovazione - Regione Sardegna
Trasparenza e Innovazione - Regione Sardegna
 
V 22 slides
V 22 slidesV 22 slides
V 22 slides
 
Infografía: 6 cosas que no sabias que podias mejorar con Comunicación Interna
Infografía: 6 cosas que no sabias que podias mejorar con Comunicación InternaInfografía: 6 cosas que no sabias que podias mejorar con Comunicación Interna
Infografía: 6 cosas que no sabias que podias mejorar con Comunicación Interna
 
Synthèse Evaluation - Capitalisation / Accord de Développement des emplois et...
Synthèse Evaluation - Capitalisation / Accord de Développement des emplois et...Synthèse Evaluation - Capitalisation / Accord de Développement des emplois et...
Synthèse Evaluation - Capitalisation / Accord de Développement des emplois et...
 
Medieval Literature in Modern Times: Visualization Methods
Medieval Literature in Modern Times: Visualization MethodsMedieval Literature in Modern Times: Visualization Methods
Medieval Literature in Modern Times: Visualization Methods
 
JESS3 x Power to Fly Meet Neil Branding Presentation
JESS3 x Power to Fly Meet Neil Branding PresentationJESS3 x Power to Fly Meet Neil Branding Presentation
JESS3 x Power to Fly Meet Neil Branding Presentation
 

Similar to SermosGaliza: A fondo - Redes sociais, tempos de cambios. As rede sociais no ensino

Similar to SermosGaliza: A fondo - Redes sociais, tempos de cambios. As rede sociais no ensino (20)

Presentación non
Presentación nonPresentación non
Presentación non
 
Presentación
PresentaciónPresentación
Presentación
 
Redes sociais
Redes sociaisRedes sociais
Redes sociais
 
A web como recurso didáctico
A web como recurso didácticoA web como recurso didáctico
A web como recurso didáctico
 
A web como recurso didáctico
A web como recurso didácticoA web como recurso didáctico
A web como recurso didáctico
 
A web como recurso didáctico
A web como recurso didácticoA web como recurso didáctico
A web como recurso didáctico
 
Relatorio Soutomaior 2012, 1 de 3
Relatorio Soutomaior 2012, 1 de 3Relatorio Soutomaior 2012, 1 de 3
Relatorio Soutomaior 2012, 1 de 3
 
Educ.adul.dist.outubro.07
Educ.adul.dist.outubro.07Educ.adul.dist.outubro.07
Educ.adul.dist.outubro.07
 
Conclusión polo si
Conclusión polo siConclusión polo si
Conclusión polo si
 
Refutacións a favor
Refutacións a favorRefutacións a favor
Refutacións a favor
 
Practica 2 apartado 3 e 4
Practica 2 apartado 3 e 4Practica 2 apartado 3 e 4
Practica 2 apartado 3 e 4
 
e-Learning
e-Learninge-Learning
e-Learning
 
A integración das TIC na Área de Lingua e Literatura
A integración das TIC na Área de Lingua e LiteraturaA integración das TIC na Área de Lingua e Literatura
A integración das TIC na Área de Lingua e Literatura
 
As Redes Sociais
As Redes SociaisAs Redes Sociais
As Redes Sociais
 
Power Point novas tecnoloxías
Power Point novas tecnoloxíasPower Point novas tecnoloxías
Power Point novas tecnoloxías
 
A integración das TIC na area de lingua e literatura
A integración das TIC na area de lingua e literaturaA integración das TIC na area de lingua e literatura
A integración das TIC na area de lingua e literatura
 
Competencia Dixital
Competencia DixitalCompetencia Dixital
Competencia Dixital
 
Competencia Dixital
Competencia DixitalCompetencia Dixital
Competencia Dixital
 
Proxectar Investigar Comunicar
Proxectar Investigar ComunicarProxectar Investigar Comunicar
Proxectar Investigar Comunicar
 
Evolución históricaa
Evolución históricaaEvolución históricaa
Evolución históricaa
 

SermosGaliza: A fondo - Redes sociais, tempos de cambios. As rede sociais no ensino

  • 1. En PrOFunDIDaDE as redes sociais no ensino A doitamos dicir que as redes sociais xa existían. O feito de que un primo meu tivera un coñecido que fora o mellor procurando troitas no río favorecía que eu puidera acadar esa habilidade, e aínda que así non fora, o potencial como oportunidade existía. Esta foi unha das chamas que sostivo a nosa aprendizaxe até o de agora. Esta relación tiña unha estraña característica, non estaba guiada por un único responsable, simplemente as oportunidades comunicativas aparecían e eu podía aproveitalas ou non, entrarían aí en xogo os intereses propios de cada un. Este é un comportamento típico da estrutura en rede onde cada un pode aprender e compartir co outro. Pensar na comunicación como unha estrutura centralizada é limitar o acceso a un enorme campo de saberes, de destrezas e de habilidades que só son posibles se temos acceso a elas. Internet nace no ámbito militar, e pasando polo ámbito universitario aterra coa web 1.0 nos usuarios. Neste primeiro modelo ou tipo, a organización social era centralizada, algúns nodos eran emisores pero na súa maioría simples receptores. A súa evolución cara ao que se coñece como web 2.0 foi dando maior protagonismo aos usuarios como emisores de información, o que está a multiplicar exponencialmente o potencial comunicativo para os nosos alumnos, aumentando así o número de oportunidades para acadar boas aprendizaxes, ou non tan boas. Xa que ben puiden ser amigo dun que tiña un primo que presumía moito por ser o mellor escachando cristais a pedradas. aprendiZaXe uBicua Falamos de redes distribuídas de aprendizaxe, existentes antes da chegada de internet e recomendadas polos diferentes movementos de renovación pedagóxica. A súa dixitalización fai que agora sexan máis numerosas e maiores xeográficamente. Hoxe é máis doado preguntar algo ao outro lado do mundo, que atravesar unha leira de millo. As redes sociais permiten que a cultura de fóra poida entrar directamente na escola, que os muros inicialmente creados para separar por sexos, e logo por idade, desaparezan nun plano virtual que nos impulse non só a aprender dos demais, senón tamén a que os demais aprendan de nós. Tamén permiten que a aprendizaxe sexa ubicua: calquera cousa, en calquera momento e en calquera lugar. Isto é posible grazas ao aproveitamento da tecnoloxía móbil, recurso con grandes posibilidades no ensino. E aínda que hoxe supoñen o maior número de accesos a internet, non deben converterse nun uso carente de reflexión que poida estar excesivamente exposto ao voraz mundo do consumo e da publicidade. Fóra da escola estas redes xa se están a utilizar de xeito habitual; que rapaz non ten Tuenti, Twitter, Facebook, Whatsapp ou Line? Xa comentan sobre as clases e resólvense dúbidas. Outras veces os seus usos representan graves riscos para a súa privacidade xa que en internet non temos “dereito ao esquecemento”, algo que até o de agora era incuestionable. Manuel Castells comenta que “pode que haxa manipulacións da identidade, pero en xeral estas non van a prosperar. O que si é que se te mostras como gato es un gato e non un can”. Pero seguen a ser grandes os seus beneficios, así que estas xeracións precisan coñecer que é “identidade dixital proxectada” como concepto, discutir e consensuar pequenas liñas para a toma de deci- Imaxe: Ángel abril ruiz << As RR SS ás veces representan graves riscos para a privacidade, xa que en internet "non temos dereito ao esquecemento">> sións conscientes, que os axudarán a viaxar cara aos seus propios soños coa seguridade de atravesar firmes pontes. onde situar o docente? Introducilas na aula require de reflexión, os usos das redes non están dados, dependen da concepción metodolóxica de cada un. Onde situar o docente é unha das preguntas chave. Vimos de perder de xeito manifesto a autoridade como responsables na transmisión do contido, polo que traballar coas redes sociais na educación implica abandonar ese papel central na experiencia da súa aprendizaxe, e pasar a ser un elemento máis na estrutura de rede distribuída. Esta adquire unha dinámica propia moito máis alá da pechada dirección que nos poden ofrecer os libros de texto, aínda que estes sexan dixitais. Pasamos de docentes que “controlan” a docentes que “inflúen”. Somos mestres facilitadores que axudan a identificar, seleccionar, eliminar, construír e reconstruír; en definitiva, trátase de permitir que os nosos alumnos decidan sobre o que eles queren aprender. Existen múltiples formas de concreción na práctica, a exposición ás mesmas implica que teñamos que aprender do diálogo na aula e da posta en común das experiencias que, sendo relevantes, constituirán a base das aprendizaxes. O desenvolvemento dun entorno persoal de aprendizaxe (PLE, nas súas siglas en inglés), ou a súa síntese nun cartafol dixital, son dúas prácticas dixitais xerais para acadar coñecemento sobre calquera disciplina. O movemento do software libre ten moito que ensinarnos sobre isto. Son, en definitiva, un acelerante da comunicación. O profesorado xa as está a utilizar para compartir e xerar coñecemento sobre a práctica educativa. O grupo “Mestres de Galicia en facebook” ou Redeiras, a rede social do profesorado galego, poden ser unha pequena mostra. Por Pablo Nimo Liboreiro (@pablonimo) Mestre de primaria e asesor educativo na Amtega 5