SlideShare a Scribd company logo
1 of 2
Download to read offline
Como xa sabes o próximo día 10 de xaneiro do 2009 un ano despois de ser inaugurada, será clausurada a exposición:Arte lucense do
século XXI: Proxecto Abertal.
A Dirección do Museo Provincial indícame que antes do día 15 de Xaneiro debemos ter valeiras as salas polo que vos pregaría que entre
os días 11 e 15 dese mes tedes que retirar a obra.
Aproveito para facer unhas reflexións sobre o proxecto Abertal e destaco o nivel e calidade de todos os que fostes seleccionados para
formar parte do mesmo, podería falar de moitos críticos que valoraron e se sorprenderon co proxecto por destacar algún serva de
exemplo: D.Antonio Bonet Correa recén nomeado presidente da Academia de Belas Artes de San Fernando o día 24 de abril do 2008
fixo unhas declaracións a distintos medios de comunicación falando do nivel da mostra e entre outras cousas todas positivas dixo: "el
nivel de Abertal tomado en conjunto es medio-alto, cando lle preguntan que opina da exposición de 99 artistas lucenses declara: Lugo
tiene una cantidad de artistas de primer orden y se ve que hay una gran creatividad en esta provincia.A pregunta que lle fai un xorna-
lista sobre si hay algunha característica común en Abertal declara: La característica es la modernidad, el afán de crear formas nuevas,
hay una gran variedad de expresiones que van desde lo figurativo hasta lo más abstracto".
Como responsable de Abertal, síntome moi orgullosa,tanto de poder contar contigo e coa túa obra para o mesmo, como que xuntos
poideramos ver cumpridos algún dos sonos e obxectivos que nos marcáramos para ese espazo fai anos.
 Esta non é unha clausura ao uso e penso que se lle debe dar o valor histórico que ten. Porque dende agora grazas a esta mostra tan
nosa xa non hai necesidade de abrir portas nin de pechalas, non é preciso cortar fitas porque estamos xa nun terreo aberto e comunal,
un eido sen chantos nin valados, un lugar sen lindeiros. Isto foi o PROXECTO ABERTAL: unha agra aberta disposta para o traballo libre
e colectivo, un punto de saída do que abrollan camiños para a creación e para o goce do que foi creado, un proxecto de futuro nun
século que está botando a andar.
Contigo, cos teus compañeiros,todos xuntos coa: ARTE LUCENSE DO SÉCULO XXI: PROXECTO ABERTAL: vivimos un momento histórico
de gran transcendencia: onde os froitos foron a culminación da recuperación real e tamén simbólica dun territorio que estivo acoutado
para un proxecto unipersoal e que decidimos transformar nun proxecto social e comunitario. Un espazo que pasou a representar e a
acoller a inquedanza creativa dun colectivo numeroso e plural: o voso. PROXECTO ABERTAL como cada un de vós, foi un luxo para a
nosa provincia, unha mostra do rico e variado mundo que estades a crear, esta iniciativa que se caracterizaba por ser interxeracional e
multidisciplinar, por acoller a artistas consagrados e a outros que comezan o seu camiño cunha sólida formación e con proxectos que
procuran un asentamento foi o mellor proxecto plástico que se lembra na historia de Lugo.
99 obras e detrás 99 artistas: Aquí estiveron as vosas pinturas, as vosas fotografías, instalacións, esculturas, videoinstalacións, etc. Moitas
delas pensadas por vós para este proxecto. Quixemos con el amosar a Lugo e ao mundo o momento actual da creación plástica
lucense como antes o fixeramos con Ars Moenia en Romanía, Italia, Bruxelas, Chile, México ou en outros museos do Estado Español.
Acolleuvos con orgullo este Museo Provincial de Lugo con 75 anos de historia, que ten vocación e conciencia de ser un espazo dinamizador
da cultura e que debe tender a converterse nunha referencia nese sentido.
Queríamos crear espazos para a apertura, para a crítica, para a dialéctica que permitiran coñecer e avanzar, queríamos espazos sen
reticencias e sen barreiras, estabamos abertos as propostas artísticas máis heteroxéneas e arriscadas queríamos aprender de todos vos
e foi tanto o conseguido...
Debo pedir desculpas e esa miguiña de comprensión, que sempre tivestes comigo, por todos os fallos que houbo. Foi unha montaxe
complexa, que grazas ó esforzo de todos resultou unha gran experiencia para todos os que traballamos nela. Debemos asumir que este
Museo non é un centro de arte contemporánea, que pola súa historia e a súa configuración actual debeu atender a outros eidos e a
outras funcións; polo menos mentres non houbera outro deseño das necesidades de modificar a estrutura museográficas da cidade,
das comarcas e da provincia. Nós asumimos esa reflexión con conciencia e compromiso, a arte contemporánea e, especialmente a
producida polos artistas lucenses, debe ter aquí sempre un territorio e unha presenza consonte coa importancia do que hoxe se esta
a facer nas vosas “factorías creativas”.
E só me queda reafirmar o compromiso de traballo con cada un de vos, xa sabedes debemos seguir o camiño que... trazamos e asumimos
neste eido comunal abrindo entre todos canles para arte e camiños para a comunicación.
Moitas grazas, por todo o que me aportas e axudas dende sempre e por ser unha fonte contaxiadora desas microutopías que me fan
andar. Xa sabes como di Eduardo Galeano na súa definición de utopía: “Ella está en el horizonte me acerco dos pasos,ella se aleja dos
pasos. Camino diez pasos y el horizonte se corre diez pasos más alla.Por mucho que yo camine nunca la alcanzaré. ¿Para qué sirve la
utopía? Para eso sirve: para caminar”. Nese noso camiño da creatividade espero atoparte sempre.


Bicos
Encarna Lago

More Related Content

Similar to Abertal arte lucense para o seculo XXI

Programa Rede Semana Museos 2019
Programa Rede Semana Museos 2019Programa Rede Semana Museos 2019
Programa Rede Semana Museos 2019rmplugo
 
Memoria de prácticas rede museística provincial de lugo. silvia aldariz quintela
Memoria de prácticas rede museística provincial de lugo. silvia aldariz quintelaMemoria de prácticas rede museística provincial de lugo. silvia aldariz quintela
Memoria de prácticas rede museística provincial de lugo. silvia aldariz quintelaEncarna Lago
 
incoruña no disquecool
incoruña no disquecoolincoruña no disquecool
incoruña no disquecoolincoruna
 
Proxecto fin de prácticas cristina
Proxecto fin de prácticas cristinaProxecto fin de prácticas cristina
Proxecto fin de prácticas cristinaEncarna Lago
 
Convite OLLADAS A MIÑA FAMILIA
Convite OLLADAS A MIÑA FAMILIAConvite OLLADAS A MIÑA FAMILIA
Convite OLLADAS A MIÑA FAMILIAEncarna Lago
 
Programa Día Internacional dos museos 2015
Programa Día Internacional dos museos 2015Programa Día Internacional dos museos 2015
Programa Día Internacional dos museos 2015rmplugo
 
367 Programa%20 Xeral%2075%20 Aniversario
367 Programa%20 Xeral%2075%20 Aniversario367 Programa%20 Xeral%2075%20 Aniversario
367 Programa%20 Xeral%2075%20 Aniversarioguest685315df
 
II Congreso de Xénero, Museos, Arte e Migración
II Congreso de Xénero, Museos, Arte e MigraciónII Congreso de Xénero, Museos, Arte e Migración
II Congreso de Xénero, Museos, Arte e Migraciónrmplugo
 
Crea o teu museo/REDEMUSEÍSTICA DE LUGO
Crea o teu museo/REDEMUSEÍSTICA DE LUGOCrea o teu museo/REDEMUSEÍSTICA DE LUGO
Crea o teu museo/REDEMUSEÍSTICA DE LUGOEncarna Lago
 
Revisando 15 anos de percorrido
Revisando 15 anos de percorridoRevisando 15 anos de percorrido
Revisando 15 anos de percorridoEncarna Lago
 
Resumo ano 2016. SEMANA DA ARTE NA MARIÑA
Resumo ano 2016. SEMANA DA ARTE NA MARIÑAResumo ano 2016. SEMANA DA ARTE NA MARIÑA
Resumo ano 2016. SEMANA DA ARTE NA MARIÑAMarta Pérez Lage
 
Novospublicos 2017 NA REDEMUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
Novospublicos 2017 NA REDEMUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGONovospublicos 2017 NA REDEMUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
Novospublicos 2017 NA REDEMUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGOEncarna Lago
 
Programa MIT Ribadavia 2023
Programa MIT Ribadavia 2023Programa MIT Ribadavia 2023
Programa MIT Ribadavia 202320minutos
 
JORNADAS EUROPEAS DEL PATRIMONIO
JORNADAS EUROPEAS DEL PATRIMONIOJORNADAS EUROPEAS DEL PATRIMONIO
JORNADAS EUROPEAS DEL PATRIMONIOEncarna Lago
 
MUSEOS HISTORIAS CONTROVERTIDAS. DICIR O INDICIBLE EN MUSEOS. REDEMUSEÍSTICA ...
MUSEOS HISTORIAS CONTROVERTIDAS. DICIR O INDICIBLE EN MUSEOS. REDEMUSEÍSTICA ...MUSEOS HISTORIAS CONTROVERTIDAS. DICIR O INDICIBLE EN MUSEOS. REDEMUSEÍSTICA ...
MUSEOS HISTORIAS CONTROVERTIDAS. DICIR O INDICIBLE EN MUSEOS. REDEMUSEÍSTICA ...Encarna Lago
 

Similar to Abertal arte lucense para o seculo XXI (20)

Pasaporte rede
Pasaporte redePasaporte rede
Pasaporte rede
 
Pasaporte rede
Pasaporte redePasaporte rede
Pasaporte rede
 
Entolearte
Entolearte Entolearte
Entolearte
 
Programa Rede Semana Museos 2019
Programa Rede Semana Museos 2019Programa Rede Semana Museos 2019
Programa Rede Semana Museos 2019
 
Dia internacional da arte
Dia internacional da arteDia internacional da arte
Dia internacional da arte
 
Memoria de prácticas rede museística provincial de lugo. silvia aldariz quintela
Memoria de prácticas rede museística provincial de lugo. silvia aldariz quintelaMemoria de prácticas rede museística provincial de lugo. silvia aldariz quintela
Memoria de prácticas rede museística provincial de lugo. silvia aldariz quintela
 
incoruña no disquecool
incoruña no disquecoolincoruña no disquecool
incoruña no disquecool
 
Proxecto fin de prácticas cristina
Proxecto fin de prácticas cristinaProxecto fin de prácticas cristina
Proxecto fin de prácticas cristina
 
Convite OLLADAS A MIÑA FAMILIA
Convite OLLADAS A MIÑA FAMILIAConvite OLLADAS A MIÑA FAMILIA
Convite OLLADAS A MIÑA FAMILIA
 
Programa Día Internacional dos museos 2015
Programa Día Internacional dos museos 2015Programa Día Internacional dos museos 2015
Programa Día Internacional dos museos 2015
 
367 Programa%20 Xeral%2075%20 Aniversario
367 Programa%20 Xeral%2075%20 Aniversario367 Programa%20 Xeral%2075%20 Aniversario
367 Programa%20 Xeral%2075%20 Aniversario
 
II Congreso de Xénero, Museos, Arte e Migración
II Congreso de Xénero, Museos, Arte e MigraciónII Congreso de Xénero, Museos, Arte e Migración
II Congreso de Xénero, Museos, Arte e Migración
 
Crea o teu museo
Crea o teu museoCrea o teu museo
Crea o teu museo
 
Crea o teu museo/REDEMUSEÍSTICA DE LUGO
Crea o teu museo/REDEMUSEÍSTICA DE LUGOCrea o teu museo/REDEMUSEÍSTICA DE LUGO
Crea o teu museo/REDEMUSEÍSTICA DE LUGO
 
Revisando 15 anos de percorrido
Revisando 15 anos de percorridoRevisando 15 anos de percorrido
Revisando 15 anos de percorrido
 
Resumo ano 2016. SEMANA DA ARTE NA MARIÑA
Resumo ano 2016. SEMANA DA ARTE NA MARIÑAResumo ano 2016. SEMANA DA ARTE NA MARIÑA
Resumo ano 2016. SEMANA DA ARTE NA MARIÑA
 
Novospublicos 2017 NA REDEMUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
Novospublicos 2017 NA REDEMUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGONovospublicos 2017 NA REDEMUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
Novospublicos 2017 NA REDEMUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
 
Programa MIT Ribadavia 2023
Programa MIT Ribadavia 2023Programa MIT Ribadavia 2023
Programa MIT Ribadavia 2023
 
JORNADAS EUROPEAS DEL PATRIMONIO
JORNADAS EUROPEAS DEL PATRIMONIOJORNADAS EUROPEAS DEL PATRIMONIO
JORNADAS EUROPEAS DEL PATRIMONIO
 
MUSEOS HISTORIAS CONTROVERTIDAS. DICIR O INDICIBLE EN MUSEOS. REDEMUSEÍSTICA ...
MUSEOS HISTORIAS CONTROVERTIDAS. DICIR O INDICIBLE EN MUSEOS. REDEMUSEÍSTICA ...MUSEOS HISTORIAS CONTROVERTIDAS. DICIR O INDICIBLE EN MUSEOS. REDEMUSEÍSTICA ...
MUSEOS HISTORIAS CONTROVERTIDAS. DICIR O INDICIBLE EN MUSEOS. REDEMUSEÍSTICA ...
 

More from Encarna Lago

V4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdf
V4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdfV4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdf
V4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdfEncarna Lago
 
taller Apropa Menorca.pdf
taller Apropa Menorca.pdftaller Apropa Menorca.pdf
taller Apropa Menorca.pdfEncarna Lago
 
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdf
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdfExperiencias proxectos mulleres do rural (3).pdf
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdfEncarna Lago
 
Encontro Médio Tejo VF2.pdf
Encontro Médio Tejo VF2.pdfEncontro Médio Tejo VF2.pdf
Encontro Médio Tejo VF2.pdfEncarna Lago
 
PROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdf
PROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdfPROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdf
PROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdfEncarna Lago
 
20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf
20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf
20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdfEncarna Lago
 
VIII Congreso de Educación, Museos y Patrimonio: Compartir, incluir e integr...
VIII Congreso de Educación, Museos y  Patrimonio: Compartir, incluir e integr...VIII Congreso de Educación, Museos y  Patrimonio: Compartir, incluir e integr...
VIII Congreso de Educación, Museos y Patrimonio: Compartir, incluir e integr...Encarna Lago
 
Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores
Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores
Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores Encarna Lago
 
Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022
Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022
Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022Encarna Lago
 
Traballos de conservacion 2022 Pazo de Tor
Traballos de conservacion 2022 Pazo de TorTraballos de conservacion 2022 Pazo de Tor
Traballos de conservacion 2022 Pazo de TorEncarna Lago
 
ESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
ESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGOESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
ESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGOEncarna Lago
 
ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...
ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA  INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA  INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...
ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...Encarna Lago
 
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdf
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdfPROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdf
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdfEncarna Lago
 
77 Muller e cultura.pdf
77 Muller e cultura.pdf77 Muller e cultura.pdf
77 Muller e cultura.pdfEncarna Lago
 
20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf
20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf
20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdfEncarna Lago
 
3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf
3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf
3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdfEncarna Lago
 
3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf
3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf
3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdfEncarna Lago
 
Dorsales para traballar os ODS con obras da RMPL
Dorsales para traballar os ODS con obras da RMPLDorsales para traballar os ODS con obras da RMPL
Dorsales para traballar os ODS con obras da RMPLEncarna Lago
 
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arte
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arteXornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arte
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arteEncarna Lago
 
xenero_profesorado_7abr.pdf
xenero_profesorado_7abr.pdfxenero_profesorado_7abr.pdf
xenero_profesorado_7abr.pdfEncarna Lago
 

More from Encarna Lago (20)

V4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdf
V4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdfV4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdf
V4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdf
 
taller Apropa Menorca.pdf
taller Apropa Menorca.pdftaller Apropa Menorca.pdf
taller Apropa Menorca.pdf
 
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdf
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdfExperiencias proxectos mulleres do rural (3).pdf
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdf
 
Encontro Médio Tejo VF2.pdf
Encontro Médio Tejo VF2.pdfEncontro Médio Tejo VF2.pdf
Encontro Médio Tejo VF2.pdf
 
PROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdf
PROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdfPROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdf
PROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdf
 
20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf
20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf
20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf
 
VIII Congreso de Educación, Museos y Patrimonio: Compartir, incluir e integr...
VIII Congreso de Educación, Museos y  Patrimonio: Compartir, incluir e integr...VIII Congreso de Educación, Museos y  Patrimonio: Compartir, incluir e integr...
VIII Congreso de Educación, Museos y Patrimonio: Compartir, incluir e integr...
 
Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores
Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores
Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores
 
Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022
Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022
Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022
 
Traballos de conservacion 2022 Pazo de Tor
Traballos de conservacion 2022 Pazo de TorTraballos de conservacion 2022 Pazo de Tor
Traballos de conservacion 2022 Pazo de Tor
 
ESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
ESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGOESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
ESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
 
ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...
ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA  INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA  INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...
ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...
 
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdf
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdfPROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdf
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdf
 
77 Muller e cultura.pdf
77 Muller e cultura.pdf77 Muller e cultura.pdf
77 Muller e cultura.pdf
 
20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf
20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf
20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf
 
3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf
3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf
3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf
 
3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf
3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf
3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf
 
Dorsales para traballar os ODS con obras da RMPL
Dorsales para traballar os ODS con obras da RMPLDorsales para traballar os ODS con obras da RMPL
Dorsales para traballar os ODS con obras da RMPL
 
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arte
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arteXornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arte
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arte
 
xenero_profesorado_7abr.pdf
xenero_profesorado_7abr.pdfxenero_profesorado_7abr.pdf
xenero_profesorado_7abr.pdf
 

Abertal arte lucense para o seculo XXI

  • 1.
  • 2. Como xa sabes o próximo día 10 de xaneiro do 2009 un ano despois de ser inaugurada, será clausurada a exposición:Arte lucense do século XXI: Proxecto Abertal. A Dirección do Museo Provincial indícame que antes do día 15 de Xaneiro debemos ter valeiras as salas polo que vos pregaría que entre os días 11 e 15 dese mes tedes que retirar a obra. Aproveito para facer unhas reflexións sobre o proxecto Abertal e destaco o nivel e calidade de todos os que fostes seleccionados para formar parte do mesmo, podería falar de moitos críticos que valoraron e se sorprenderon co proxecto por destacar algún serva de exemplo: D.Antonio Bonet Correa recén nomeado presidente da Academia de Belas Artes de San Fernando o día 24 de abril do 2008 fixo unhas declaracións a distintos medios de comunicación falando do nivel da mostra e entre outras cousas todas positivas dixo: "el nivel de Abertal tomado en conjunto es medio-alto, cando lle preguntan que opina da exposición de 99 artistas lucenses declara: Lugo tiene una cantidad de artistas de primer orden y se ve que hay una gran creatividad en esta provincia.A pregunta que lle fai un xorna- lista sobre si hay algunha característica común en Abertal declara: La característica es la modernidad, el afán de crear formas nuevas, hay una gran variedad de expresiones que van desde lo figurativo hasta lo más abstracto". Como responsable de Abertal, síntome moi orgullosa,tanto de poder contar contigo e coa túa obra para o mesmo, como que xuntos poideramos ver cumpridos algún dos sonos e obxectivos que nos marcáramos para ese espazo fai anos. Esta non é unha clausura ao uso e penso que se lle debe dar o valor histórico que ten. Porque dende agora grazas a esta mostra tan nosa xa non hai necesidade de abrir portas nin de pechalas, non é preciso cortar fitas porque estamos xa nun terreo aberto e comunal, un eido sen chantos nin valados, un lugar sen lindeiros. Isto foi o PROXECTO ABERTAL: unha agra aberta disposta para o traballo libre e colectivo, un punto de saída do que abrollan camiños para a creación e para o goce do que foi creado, un proxecto de futuro nun século que está botando a andar. Contigo, cos teus compañeiros,todos xuntos coa: ARTE LUCENSE DO SÉCULO XXI: PROXECTO ABERTAL: vivimos un momento histórico de gran transcendencia: onde os froitos foron a culminación da recuperación real e tamén simbólica dun territorio que estivo acoutado para un proxecto unipersoal e que decidimos transformar nun proxecto social e comunitario. Un espazo que pasou a representar e a acoller a inquedanza creativa dun colectivo numeroso e plural: o voso. PROXECTO ABERTAL como cada un de vós, foi un luxo para a nosa provincia, unha mostra do rico e variado mundo que estades a crear, esta iniciativa que se caracterizaba por ser interxeracional e multidisciplinar, por acoller a artistas consagrados e a outros que comezan o seu camiño cunha sólida formación e con proxectos que procuran un asentamento foi o mellor proxecto plástico que se lembra na historia de Lugo. 99 obras e detrás 99 artistas: Aquí estiveron as vosas pinturas, as vosas fotografías, instalacións, esculturas, videoinstalacións, etc. Moitas delas pensadas por vós para este proxecto. Quixemos con el amosar a Lugo e ao mundo o momento actual da creación plástica lucense como antes o fixeramos con Ars Moenia en Romanía, Italia, Bruxelas, Chile, México ou en outros museos do Estado Español. Acolleuvos con orgullo este Museo Provincial de Lugo con 75 anos de historia, que ten vocación e conciencia de ser un espazo dinamizador da cultura e que debe tender a converterse nunha referencia nese sentido. Queríamos crear espazos para a apertura, para a crítica, para a dialéctica que permitiran coñecer e avanzar, queríamos espazos sen reticencias e sen barreiras, estabamos abertos as propostas artísticas máis heteroxéneas e arriscadas queríamos aprender de todos vos e foi tanto o conseguido... Debo pedir desculpas e esa miguiña de comprensión, que sempre tivestes comigo, por todos os fallos que houbo. Foi unha montaxe complexa, que grazas ó esforzo de todos resultou unha gran experiencia para todos os que traballamos nela. Debemos asumir que este Museo non é un centro de arte contemporánea, que pola súa historia e a súa configuración actual debeu atender a outros eidos e a outras funcións; polo menos mentres non houbera outro deseño das necesidades de modificar a estrutura museográficas da cidade, das comarcas e da provincia. Nós asumimos esa reflexión con conciencia e compromiso, a arte contemporánea e, especialmente a producida polos artistas lucenses, debe ter aquí sempre un territorio e unha presenza consonte coa importancia do que hoxe se esta a facer nas vosas “factorías creativas”. E só me queda reafirmar o compromiso de traballo con cada un de vos, xa sabedes debemos seguir o camiño que... trazamos e asumimos neste eido comunal abrindo entre todos canles para arte e camiños para a comunicación. Moitas grazas, por todo o que me aportas e axudas dende sempre e por ser unha fonte contaxiadora desas microutopías que me fan andar. Xa sabes como di Eduardo Galeano na súa definición de utopía: “Ella está en el horizonte me acerco dos pasos,ella se aleja dos pasos. Camino diez pasos y el horizonte se corre diez pasos más alla.Por mucho que yo camine nunca la alcanzaré. ¿Para qué sirve la utopía? Para eso sirve: para caminar”. Nese noso camiño da creatividade espero atoparte sempre. Bicos Encarna Lago