Np el ii congreso nacional de formación de oferta y demanda será gratuito
incoruña no disquecool
1. 0
Últimas novas
22.5.13, 16:52 Incoruña, todas as cousas que che interesan nunha única cidade
22.5.13, 09:43 Porno para mulleres ou porno de mulleres
21.5.13, 16:41 O gran Gatsby, decadencia e glamour nos anos 20
21.5.13, 09:50 Disquecool invita: Aaron Thomas o 24 de maio en Vigo
21.5.13, 08:39 Ponte…na escena: teatro galego-portugués
Últimos comentarios
Tera: Yo me iría a vivir a la Isla de Man porque un lugar que tiene como emblema
Brian Habana: Eu iria a Ouagadougou, não deve ser o melhor sítio do mundo, mas tem um n
Tamara: Se tivese que elexir agora mesmo, un lugar para pasar unha temporada longa,
Horacio: Pois se non se pode elixir Galicia, eu digo a Lúa, así xa somos dous
Milagros Pérez Arias: A un paraiso fiscal!
Destacados, Estilos de Vida — 22/05/2013 16:52
Incoruña, todas as cousas que che interesan nunha única cidade
Escrito por Raquel
Gústame A 2 persoas gústalles isto. Sé o primeiro/a dos teus amigos.
Imaxina que durante uns días unha cidade se converta no
epicentro de todas as cousas que che poden interesar, tanto dende o punto de vista máis de negocio como dende o da moda ou do arte. Iso é o que vai pasar nunha semana
na Coruña, que acollerá Incoruña. E que é Incoruña?, preguntarédesvos. Pois Incoruña é case todo! O seu lema é ‘aprender, emprender’ e moito diso se poderá facer
do 24 de maio ao 9 de xuño. Haberá un congreso de liderazgo, unhas xornadas de ecommerce, un encontro de gastronomía, una charla de David Delfín ou un fleamarket,
só por poñer uns exemplos.
“Incoruña quere chegar ata o maior número de persoas posibles con diferentes inquedanzas, gustos e intereses”, explica por correo electrónico Rocío Vázquez, que é
a responsable de moda e do fleamarket. “Abrindo o abano de actividades e propostas conseguimos chegar a todos eses que talvez non estean tan interesados nas materias a
tratar nos congresos pero si queren formar parte de algo creativo”. “Todos precisamos conciliar nas nosas vidas a parte profesional coas inquedanzas persoais”,
engade pola súa banda Beatriz Álvarez, corresponsable da área de arte. “O feito de que veñan moitos visitantes á cidade por motivo dos congresos, non quere dicir que
estes non teñan outros intereses no mundo da moda, da música ou da arte, que é a parte que me toca”, apunta, lembrando todos eses congresos aos que foi na súa vida
profesional e nos que non puido gozar da oferta cultural das cidades ás que ía.
No que respecta á parte de tendencias e estilos de vida, Incoruña contará con espazos para moda, arte, rock ou gastronomía. No tocante á moda, “hai actividades moi
variadas en emprazamentos distintos”, apunta Rocío. “Comezarán o xoves 30 de maio coa conferencia de David Delfín que servirá de inauguración para o fleamarket e
de pistoletazo de saída para 3 días de moda e deseño”. Delfín falará sobre a súa vida e obra. “Pareceunos a persoa idónea por ser un deseñador que opta por saír do
establecido, a quen lle gusta arriscar e manterse fiel a si mesmo, compartindo o mesmo espírito (para algúns irreverente) que temos en Incoruña”, engade Rocío. Ademais
da conferencia, haberá talleres ou unha pop up store na Fundación Caixa Galicia con doce firmas galegas que se adican de xeito exclusivo á moda. “Todos eles son
galegos e teñen as súas firmas en Galicia, a excepción de Swinging Chicks que veñen dende Holanda inda que son galegas tamén”, explica Rocío.
Ademais, entre o 31 de maio e o 2 de xuño haberá un fleamarket no mercado de San Agustín, un incrible espazo dos anos 30 que segue a ser mercado municipal. “É
unha homenaxe á vida de mercado e queremos que a tradición das praceiras se mesture coa innovación dos 19 integrantes de esta edición do Incoruña”, apuntan dende a
Incoruña, todas as cousas que che interesan nunha única cidade... http://www.disquecool.com/2013/05/22/incoruna-todas-as-co...
2 de 3 22/05/13 17:13
2. Bonecas Blythe: de
fracaso comercial a
obxecto artístico
Sabe a literatura
galega do libro
electrónico?
Un método
perigoso:
psicanálise
resumida
Exploración urbana
de paisaxes
abandonadas
Foodspotting, a app
para os fanáticos
do food porn
organización. Por certo que alí estaremos nós cun posto (xa vos contaremos que poderedes atopar). Alí tamén estará a parte gastronómica, con showcooking diario.
E durante estes días tamén se poderá visitar nos Xardíns de Méndez Núñez unha mostra de arte especial, repartida en contedores marítimos reciclados. “Non é unha
exposición de obras de arte, é unha proposta actual, diferente, de xente que ten algo que dicir no panorama cultural de hoxe”, dinos Beatriz Álvarez. “Abandonamos o
concepto de mostra de exposición en pro da intervención, da instalación e da creatividade nas diferentes propostas que nos fan os colectivos participantes”. A organización
cederá aos artistas un contedor e manterá algúns con instalacións cambiantes, polo que se xerará movemento. “Ademais dos contedores, o espazo estará activo a través de
obradoiros, conferencias e actividades”, apunta Beatriz.
Podes atopar os logos de Disquecool e de Zmart.co na web do Incoruña, do que somos medios colaboradores
0020
Etiquetas: A Coruña arte cociña Fleamarket Incoruña moda
Autor(a): Raquel Podes contactar comigo en raquel@disquecool.com ou seguirme en @disquecool e en @raquelpico. Tamén escribo sobre empresas creativas e
innovadoras en Zmart.co.
Tamén che pode interesar
LinkWithin
Deixa un comentario
Nome: — obrigatorio *
Email: — obrigatorio *
Website:
Comentario:
Enviar
Esta obra está baixo unha licencia Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual.
Aviso legal e privacidade.
Disquecool: Quen somos?
Deseñado por Simbolóxico e Vertixe
Baseado no tema Magazinum de WPZOOM
Incoruña, todas as cousas que che interesan nunha única cidade... http://www.disquecool.com/2013/05/22/incoruna-todas-as-co...
3 de 3 22/05/13 17:13