Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Esquemas. Prosa 1916 - 1936

339 views

Published on

Esquemas

Published in: Education
  • Wall Street business magnate Stephen Chu, winner of the Strathmore’s Who’s Who Registry honoring the most successful business tycoons in the world, says the "Demolisher" Betting System lived up exactly to its billing! ◆◆◆ http://t.cn/A6zP2wH9
       Reply 
    Are you sure you want to  Yes  No
    Your message goes here
  • Be the first to like this

Esquemas. Prosa 1916 - 1936

  1. 1. A PROSA DA 1º TERZO DO XX ESQUEMA PARA IMPRIMIR A XERACIÓN NÓS - Nace en 1920 ao redor da revista Nós, que lle deu nome, e foi o principal referente cultural até 1936 - O grupo fundamental é o núcleo de Ourense: Vicente Risco, Otero Pedrayo e López Cuevillas. Con eles colaboran activamente na revista Castelao e Losada Diéguez - Son os creadores da prosa galega contemporánea presentando unha importante renovación temática e formal - Características: ► Procedencia social acomodada ► Rigorosa formación intelectual ► Ideoloxía nacionalista ► Inadaptación e rebeldía ► Vocación universalista ► Modernización da cultura galega - Posúe unha ampla formación intelectual. O seu interese céntrase tanto na tradición etnográfica galega como nas novidades estéticas do seu tempo e no coñecemento e divulgación das culturas alleas e o esoterismo - Na época previa ao ingreso nas Irmandades, dirixe La Centuria e mostra unha actitude cosmopolita e individualis- ta. Despois,convértese nun dos principais teóricos do nacionalismo e desenvolve un intenso labor literario e político -A novela O porco de pé é a obra máis importante da súa narrativa. Narra a historia do inexplicábel ascenso de don Celidonio, personaxe materialista e vulgar, até a alcaldía da cidade. Supón unha crítica feroz da degradación da so- ciedade burguesa da época VICENTE RISCO - De familia fidalga, culta e liberal, toma conciencia da problemática do país e ingresa nas filas do galeguismo. É membro das Irmandades, no SEG e no PG. Posteriormente participará na fundación da editorial Galaxia - É un dos autores máis prolíficos da literatura galega: cultiva todos os xéneros e destaca polo seu saber enciclopé- dico e a súa oratoria privilexiada. É especialmente importante a súa obra narrativa,con títulos como Os camiños da vida e Arredor de si. - Os camiños da vida narra, cunha certa visión nostálxica, a decadencia da fidalguía rural do século XIX fronte á nacente burguesía urbana. Arredor de si constitúe o retrato do proceso de concienciación galeguista experimenta- do por el mesmo e polos seus compañeiros de xeración OTERO PEDRAYO
  2. 2. CASTELAO - POLÍTICO: é fundamental na organización do nacionalismo galego ao redor do Partido Galeguista, polo que é elixi- do deputado. Redacta e promove o Estatuto de Autonomía para Galiza e defende desde o exilio a causa republicana - ARTISTA: figura principal da arte galega, como pintor e caricaturista: Álbum Nós, Cousas da vida, Galicia mártir - OBRA NARRATIVA: Un ollo de vidro, Cousas, Os dous de sempre, Retrincos ► Cousas: relatos breves acompañadas dun debuxo, narrados con estilo sintético, humor, lirismo e voación de compromiso. Temática variada: emigración, miseria do campesiñado, crenzas populares, traxedias humanas... ► Os dous de sempre: Novela estruturada ao redor de dous personaxes antitéticos: Pedro (movido unicamente por instintos primarios, materialista, conformista, falto de talento) e Rañolas (eivado e de orixe miserábel, é xeneroso e idealista e loita desesperadamente por mellorar como ser humano) O ENSAIO - É de contido eminentemente político e cultural; defende as teses do nacionalismo galego e procura a divulgación e análise dos distintos sectores da cultura galega, así como das novidades da cultura europea - Teoría do nacionalismo galego (Risco), Ensaio histórico sobre a cultura galega (Otero), Sempre en Galiza (Cas- telao). Esta última obra supón o fundamento teórico principal do nacionalismo galego. Realiza unha defensa radical da identidade nacional de Galiza, baseada na súa realidade histórica, xeográfica, económica, lingüística, cultural... O XORNALISMO - Publicacións de orientación política, como A nosa terra (voceiro das Irmandades) ou cultural, como Nós (a máis destacada deste período, que moderniza o discurso cultural galego) e revistas de perfil vangardista RAFAEL DIESTE - Escribe un importante libro de relatos breves, Dos arquivos do trasno: combina o popular (argumentos ás veces próximos ás lendas, emprego de recursos propios da narrativa oral) co culto (artificios técnicos de ruptura do dis- curso narrativo) e o cotián (temáticas da realidade próxima) co fantástico (gusto polo misterio)

×