SlideShare a Scribd company logo
A GAITA DE FOL
       Normalmente se di “gaita galega” pero ésto é unha traducción do castelán “gaita gallega”.
A xente das aldeas, sobre todo na provincia de Lugo, no galego propio, di “gaita do fol”. Esta
denominación indica que hai outros tipos de gaita, cousa que se pode observar contemplando o
conxunto de instrumentos populares en España. Unha gaita pode ser unha flauta de tres furados,
unha dulzaina, etc.
        A voz gaita ten unha orixe semítica e semella ter unha difusión no mundo coincidente coa
expansión árabe apartires do século VIII. Pódese comprobar como esta voz denomina instrumentos
afins nas zonas que foron islamizadas nalgún tempo de Europa, Asia e África.


Gaita Muiña do Mazo (1930)
Gaita (gaita de cana, Francia)
Gaita de fuelle (gaita do fol, Asturias)
Gaita de boto (gaita do fol, Aragón)
Gaita de Estella (dulzaina, Navarra)
Gaita serrana (gaita de cana, Serras da
Cabrera en Madrid e do Gastór en Cádiz)
Gaita de foles (gaita do fol, Portugal)
Gaita (gaita de cana, Marrocos)
Gaita (dulzaina, Alxeria)
Gaita de fole (gaita do fol, Bierzo en León
e Sanabria e Aliste en Zamora)
Gaida (gaita do fol, Macedonia, Croacia)
Gajda (gaita do fol, Bulgaria, Eslovenia)
Ghaida (gaita do fol, Turquía)
Gaide (gaita do fol, Hungría)
Gajdy (gaita do fol, Polonia)
Gajde (gaita do fol, Servia)

        Corominas deulle a procedencia sueva de gaits (= cabra) que tal vez queira dicir iso en
suevo pero, con seguridade, non é a razón pola que nós chamamos “gaita” ó noso instrumento. Esta
desafortunada teoría foille moi ben a todo tipo de musicólogos porque enchía un baleiro na
etimoloxía da denominación que, con anterioridade, fora atribuída á palabra árabe gaitetum. Pero a
teoría de Corominas, máis que nada, agradou ós partidarios da ascendencia “céltica”, que atoparon
no filólogo un aliado de peso.
       Derradeiramente hai unha certa tendencia a falar de cornamusa coma unha denominación
xeral do instrumento, mesmo falando en galego ou castelán. Considero que este uso denota algo de
complexo ó darlle a esta palabra, de orixe francesa, un maior valor xenérico cando gaita ten unha
difusión xeográfica, demográfica e tipolóxica moito maior. Aínda que, eso si, a población que a usa
ten menor peso internacional.




http://www.galiciaespallada.com.ar/gaita_fol.htm
Historia

        A gaita é un dos instrumentos de vento máis antigos. Nace hai milleiros de anos baixo a
forma dunha canaveira con furados que organoloxicamente se clasifica coma “clarinete”. Nos seus
inicios viña sendo coma un punteiro pequeño de cana que producía o son por medio dun pallonciño
(lingüeta simple).
        O lugar de nacemento non se pode precisar pero, coma moitas outras cousas que forman
parte da nosa civilización, a zona é o mediterráneo oriental, rico en cana (arundo donax) da que se
sirve o home para infinidade de ferramentas e usos dende os máis remotos tempos.
       Baixo a forma de gaita de cana difúndese polo mundo antigo mentres vai tomando en cada
lugar diferentes características: sinxela, doble, con e sen pabillón sonoro, con e sen embocadura,
etc. O modelo máis típico desta época ten cinco furados; modelo que aínda se conserva en certas
zonas do mundo, entre as que están España co albogue vasco e a gaita serrana.




                     IMAXE: Gaita do Castelo da Bastida (1890)

        En época difícil de precisar a gaita aparece xa coma un instrumento de madeira o que
implica unha certa tecnoloxía que coa anterior gaita non era necesaria. Esta tecnoloxía pasa polo
torno horizontal, que implica a trasmisión do movemento por medio dunha correa. O nacemento
desta gaita europea, que parece nacer como resposta á anterior de cana e vinculada a culturas
orientais, ben podía ter ocorrido en tempos do imperio román debido á difusión tan grande que ten
xa na alta idade media.
       Entre os lugares polos que está difundida a gaita nesta época medieval atópase Galicia cuia
primeira iconografía é o chamado gaiteiro de Melide que data do século XI. Dende entón a gaita
arráigase en Galicia, formando parte dos costumes musicais.




http://www.galiciaespallada.com.ar/gaita_fol.htm
Tipoloxías

       A gaita do fol nunca foi un instrumento unificado. Moi ó contrario, ó longo da historia
denota unha diversidade considerable en canto ás variantes tipolóxicas que produciu coa mesma
base de punteiro, roncón, soprete e fol. As diferencias existentes entre os tipos de gaitas están
motivadas por causas coma as diferentes influencias recibidas do exterior e, tamén, pola escasa
comunicación de certas zonas nas que se foron conservando modelos antigos.

        A clasificación dos tipos de gaita de Galicia nunca
foi estudiada no pasado; so en tempos modernos algúns
estudiosos teñen escrito cousas relacionadas co tema. De
mediados do XIX, procedente de moito máis atrás,
chéganos un tratamento inxusto, máis que dos tipos de
gaita, das sonoridades, coa simplona enumeración das
gaitas redonda, grileira e tumbal, correspondentes coas
afinacións de DO, RE e SI bemol, respectivamente. Cando
se cita ésta clasificación non se di pero trátase de algo
simbólico, orientativo para o que non coñece nada, posto
que a gaita antiga non estaba en absoluto temperada. É
máis real establecer para estas denominacións a
correspondencia entre gaita normal, pequena e grande.             IMAXE: Gaita do Penela (1910)

        Esta maneira de clasifica-las gaitas semella moi antiga porque está moi difundida entre
gaiteiros de todo tipo e condición. A realidade é que os gaiteiros rurais, que non coñecen teoría
musical normalmente, exprésanse con estas denominacións marcando unha tendencia subxetiva, é
dicir, cando creen que unha gaita soa grave ou se ve grande chámanlle tumbal e, no caso contrario,
chámanlle grileira, etc. Por esta razón moita xente en Galicia ten á gaita asturiana coma grileira
incorrectamente, calquera que sexa a súa tonalidade, pola sensación de agudeza que da o seu timbre.

A clasificación razonable das diferentes gaitas galegas haina que facer dende variados puntos de
vista:
              os elementos de que consta,
              a orientación na que se dispoñen,
              o torneado que presentan
              e outras características particulares como a presencia de barquín, de chaves, etc.
       O entrelazado destes parámetros da coma resultado unha cantidade enorme de tipoloxías
diferentes.
       De tódolos tipos posibles vou falar dos que considero históricos posto que non tería moito
valor un traballo que pretendera mexturar os tipos antigos cos actuais, cheos de inventiva afastada
da lóxica tradicional.




http://www.galiciaespallada.com.ar/gaita_fol.htm
A gaita medieval
       É o tipo de gaita máis común, a que ten como elementos sonoros roncón, punteiro, soprete e
fol. Chameina así porque procede polo menos da idade media; é de supoñer que é o seguinte paso
evolutivo despois da gaita de cana prehistórica con fol.
É pena pero non existen datos claros sobre da xúa orixe, a cal préstase a moitas hipóteses e
conxeturas. Unha delas, que lanzo aquí, é que foi unha adaptación europea da gaita de cana con fol,
o resultado de ensamblarlle un oboe (o punteiro); dous oboes, en realidade, se consideramos así o
primitivo roncón, tal e como parecen indica-las iconografías máis antigas. Outra incógnita é a
situación do roncón na parte alta do fol, facendo que apoie no lombo do gaiteiro, configurando o
modelo atlántico ó que pertence a nosa gaita do fol. A outra posibilidade é a súa situación na parte
baixa do fol facendo que penda cara abaixo, tal e como se observa nos modelos mediterráneos que
se tocan en zonas da península italiana, Cataluña e Mallorca.


         Interesante sería analizar con detalle as
 características dos diferentes elementos sonoros desta
 gaita medieval. Explicar, por exemplo, algo da razón
 pola que o roncón cambiou a tipoloxía de oboe pola de
 clarinete ou, tamén, algo das diferencias entre os
 furados do punteiro medieval que debían te-las gaitas
 daquela época e o actual. Pero deixaremos madurar
 todo esto e abordarémo-lo tema máis adiante.

 Gaita de bordón duplo

  É a gaita que ten dous bordóns.
          Esta tipoloxía obsérvase en gaitas europeas
. dende o século XVI. Non se sabe dende qué época
  existe en Galicia pero si se sabe que gaitas con dous
  bordóns eran algo común aínda a finais do XIX na zona        Ilustración das Cantigas de Santa
  sur de Pontevedra (Salvaterra)                               María




http://www.galiciaespallada.com.ar/gaita_fol.htm

More Related Content

Similar to A gaita de_fol

O galego nos SSEE
O galego nos SSEEO galego nos SSEE
O galego nos SSEE
Marlou
 
Lírica medieval galego portuguesa
Lírica medieval galego portuguesaLírica medieval galego portuguesa
Lírica medieval galego portuguesa
Vinseiro
 
A gaita galega. felipe rey castro
A gaita galega. felipe rey castroA gaita galega. felipe rey castro
A gaita galega. felipe rey castro
satelite1
 
VIOLÍN BY SILVIA OTERO OTERO
VIOLÍN BY SILVIA OTERO OTEROVIOLÍN BY SILVIA OTERO OTERO
VIOLÍN BY SILVIA OTERO OTERO
Silvia Otero Otero
 
seculos escuros de la literatura gallega
seculos escuros de la literatura gallegaseculos escuros de la literatura gallega
seculos escuros de la literatura gallega
vomig96891
 
Lite.medieval 3ºeso
Lite.medieval 3ºesoLite.medieval 3ºeso
Lite.medieval 3ºesoMarlou
 
Casa Museo Rosalía de Castro
Casa Museo Rosalía de CastroCasa Museo Rosalía de Castro
Casa Museo Rosalía de Castro
aninha9813
 
lirica medieval
lirica medievallirica medieval
lirica medievalxenevra
 
Compositores galegos do século xix
Compositores galegos do século xixCompositores galegos do século xix
Compositores galegos do século xixmussalmad
 
Séculos escuros
Séculos escurosSéculos escuros
Séculos escurosMarlou
 
As orixes do galego presentacion
As orixes do galego presentacionAs orixes do galego presentacion
As orixes do galego presentacion
Adrián
 
A cultura castrexa
A cultura castrexaA cultura castrexa
A cultura castrexa
maribeliglesias64
 
Friol fósiles
Friol fósilesFriol fósiles
Friol fósiles
No Campo da Feira
 
Xornal 2013
Xornal 2013Xornal 2013
Xornal 2013
bibliotecadochecho
 
Lingua galega s.xvi ó xix (esquemas)
Lingua galega   s.xvi  ó  xix (esquemas)Lingua galega   s.xvi  ó  xix (esquemas)
Lingua galega s.xvi ó xix (esquemas)mati2011
 
O himno galego (por Ramón Veiga)
O himno galego (por Ramón Veiga)O himno galego (por Ramón Veiga)
O himno galego (por Ramón Veiga)
Marlou
 
A Literatura Galega Nos Ssee (Ana BeléN)
A Literatura Galega Nos Ssee (Ana BeléN)A Literatura Galega Nos Ssee (Ana BeléN)
A Literatura Galega Nos Ssee (Ana BeléN)
Ana Moreda
 

Similar to A gaita de_fol (20)

O galego nos SSEE
O galego nos SSEEO galego nos SSEE
O galego nos SSEE
 
Lírica medieval galego portuguesa
Lírica medieval galego portuguesaLírica medieval galego portuguesa
Lírica medieval galego portuguesa
 
Cultura castrexa
Cultura castrexaCultura castrexa
Cultura castrexa
 
A gaita galega. felipe rey castro
A gaita galega. felipe rey castroA gaita galega. felipe rey castro
A gaita galega. felipe rey castro
 
As Gaitas
As GaitasAs Gaitas
As Gaitas
 
VIOLÍN BY SILVIA OTERO OTERO
VIOLÍN BY SILVIA OTERO OTEROVIOLÍN BY SILVIA OTERO OTERO
VIOLÍN BY SILVIA OTERO OTERO
 
seculos escuros de la literatura gallega
seculos escuros de la literatura gallegaseculos escuros de la literatura gallega
seculos escuros de la literatura gallega
 
Lite.medieval 3ºeso
Lite.medieval 3ºesoLite.medieval 3ºeso
Lite.medieval 3ºeso
 
Casa Museo Rosalía de Castro
Casa Museo Rosalía de CastroCasa Museo Rosalía de Castro
Casa Museo Rosalía de Castro
 
lirica medieval
lirica medievallirica medieval
lirica medieval
 
Compositores galegos do século xix
Compositores galegos do século xixCompositores galegos do século xix
Compositores galegos do século xix
 
Séculos escuros
Séculos escurosSéculos escuros
Séculos escuros
 
As orixes do galego presentacion
As orixes do galego presentacionAs orixes do galego presentacion
As orixes do galego presentacion
 
A cultura castrexa
A cultura castrexaA cultura castrexa
A cultura castrexa
 
Tema 2 de 3º eso
Tema 2 de 3º esoTema 2 de 3º eso
Tema 2 de 3º eso
 
Friol fósiles
Friol fósilesFriol fósiles
Friol fósiles
 
Xornal 2013
Xornal 2013Xornal 2013
Xornal 2013
 
Lingua galega s.xvi ó xix (esquemas)
Lingua galega   s.xvi  ó  xix (esquemas)Lingua galega   s.xvi  ó  xix (esquemas)
Lingua galega s.xvi ó xix (esquemas)
 
O himno galego (por Ramón Veiga)
O himno galego (por Ramón Veiga)O himno galego (por Ramón Veiga)
O himno galego (por Ramón Veiga)
 
A Literatura Galega Nos Ssee (Ana BeléN)
A Literatura Galega Nos Ssee (Ana BeléN)A Literatura Galega Nos Ssee (Ana BeléN)
A Literatura Galega Nos Ssee (Ana BeléN)
 

A gaita de_fol

  • 1. A GAITA DE FOL Normalmente se di “gaita galega” pero ésto é unha traducción do castelán “gaita gallega”. A xente das aldeas, sobre todo na provincia de Lugo, no galego propio, di “gaita do fol”. Esta denominación indica que hai outros tipos de gaita, cousa que se pode observar contemplando o conxunto de instrumentos populares en España. Unha gaita pode ser unha flauta de tres furados, unha dulzaina, etc. A voz gaita ten unha orixe semítica e semella ter unha difusión no mundo coincidente coa expansión árabe apartires do século VIII. Pódese comprobar como esta voz denomina instrumentos afins nas zonas que foron islamizadas nalgún tempo de Europa, Asia e África. Gaita Muiña do Mazo (1930) Gaita (gaita de cana, Francia) Gaita de fuelle (gaita do fol, Asturias) Gaita de boto (gaita do fol, Aragón) Gaita de Estella (dulzaina, Navarra) Gaita serrana (gaita de cana, Serras da Cabrera en Madrid e do Gastór en Cádiz) Gaita de foles (gaita do fol, Portugal) Gaita (gaita de cana, Marrocos) Gaita (dulzaina, Alxeria) Gaita de fole (gaita do fol, Bierzo en León e Sanabria e Aliste en Zamora) Gaida (gaita do fol, Macedonia, Croacia) Gajda (gaita do fol, Bulgaria, Eslovenia) Ghaida (gaita do fol, Turquía) Gaide (gaita do fol, Hungría) Gajdy (gaita do fol, Polonia) Gajde (gaita do fol, Servia) Corominas deulle a procedencia sueva de gaits (= cabra) que tal vez queira dicir iso en suevo pero, con seguridade, non é a razón pola que nós chamamos “gaita” ó noso instrumento. Esta desafortunada teoría foille moi ben a todo tipo de musicólogos porque enchía un baleiro na etimoloxía da denominación que, con anterioridade, fora atribuída á palabra árabe gaitetum. Pero a teoría de Corominas, máis que nada, agradou ós partidarios da ascendencia “céltica”, que atoparon no filólogo un aliado de peso. Derradeiramente hai unha certa tendencia a falar de cornamusa coma unha denominación xeral do instrumento, mesmo falando en galego ou castelán. Considero que este uso denota algo de complexo ó darlle a esta palabra, de orixe francesa, un maior valor xenérico cando gaita ten unha difusión xeográfica, demográfica e tipolóxica moito maior. Aínda que, eso si, a población que a usa ten menor peso internacional. http://www.galiciaespallada.com.ar/gaita_fol.htm
  • 2. Historia A gaita é un dos instrumentos de vento máis antigos. Nace hai milleiros de anos baixo a forma dunha canaveira con furados que organoloxicamente se clasifica coma “clarinete”. Nos seus inicios viña sendo coma un punteiro pequeño de cana que producía o son por medio dun pallonciño (lingüeta simple). O lugar de nacemento non se pode precisar pero, coma moitas outras cousas que forman parte da nosa civilización, a zona é o mediterráneo oriental, rico en cana (arundo donax) da que se sirve o home para infinidade de ferramentas e usos dende os máis remotos tempos. Baixo a forma de gaita de cana difúndese polo mundo antigo mentres vai tomando en cada lugar diferentes características: sinxela, doble, con e sen pabillón sonoro, con e sen embocadura, etc. O modelo máis típico desta época ten cinco furados; modelo que aínda se conserva en certas zonas do mundo, entre as que están España co albogue vasco e a gaita serrana. IMAXE: Gaita do Castelo da Bastida (1890) En época difícil de precisar a gaita aparece xa coma un instrumento de madeira o que implica unha certa tecnoloxía que coa anterior gaita non era necesaria. Esta tecnoloxía pasa polo torno horizontal, que implica a trasmisión do movemento por medio dunha correa. O nacemento desta gaita europea, que parece nacer como resposta á anterior de cana e vinculada a culturas orientais, ben podía ter ocorrido en tempos do imperio román debido á difusión tan grande que ten xa na alta idade media. Entre os lugares polos que está difundida a gaita nesta época medieval atópase Galicia cuia primeira iconografía é o chamado gaiteiro de Melide que data do século XI. Dende entón a gaita arráigase en Galicia, formando parte dos costumes musicais. http://www.galiciaespallada.com.ar/gaita_fol.htm
  • 3. Tipoloxías A gaita do fol nunca foi un instrumento unificado. Moi ó contrario, ó longo da historia denota unha diversidade considerable en canto ás variantes tipolóxicas que produciu coa mesma base de punteiro, roncón, soprete e fol. As diferencias existentes entre os tipos de gaitas están motivadas por causas coma as diferentes influencias recibidas do exterior e, tamén, pola escasa comunicación de certas zonas nas que se foron conservando modelos antigos. A clasificación dos tipos de gaita de Galicia nunca foi estudiada no pasado; so en tempos modernos algúns estudiosos teñen escrito cousas relacionadas co tema. De mediados do XIX, procedente de moito máis atrás, chéganos un tratamento inxusto, máis que dos tipos de gaita, das sonoridades, coa simplona enumeración das gaitas redonda, grileira e tumbal, correspondentes coas afinacións de DO, RE e SI bemol, respectivamente. Cando se cita ésta clasificación non se di pero trátase de algo simbólico, orientativo para o que non coñece nada, posto que a gaita antiga non estaba en absoluto temperada. É máis real establecer para estas denominacións a correspondencia entre gaita normal, pequena e grande. IMAXE: Gaita do Penela (1910) Esta maneira de clasifica-las gaitas semella moi antiga porque está moi difundida entre gaiteiros de todo tipo e condición. A realidade é que os gaiteiros rurais, que non coñecen teoría musical normalmente, exprésanse con estas denominacións marcando unha tendencia subxetiva, é dicir, cando creen que unha gaita soa grave ou se ve grande chámanlle tumbal e, no caso contrario, chámanlle grileira, etc. Por esta razón moita xente en Galicia ten á gaita asturiana coma grileira incorrectamente, calquera que sexa a súa tonalidade, pola sensación de agudeza que da o seu timbre. A clasificación razonable das diferentes gaitas galegas haina que facer dende variados puntos de vista: os elementos de que consta, a orientación na que se dispoñen, o torneado que presentan e outras características particulares como a presencia de barquín, de chaves, etc. O entrelazado destes parámetros da coma resultado unha cantidade enorme de tipoloxías diferentes. De tódolos tipos posibles vou falar dos que considero históricos posto que non tería moito valor un traballo que pretendera mexturar os tipos antigos cos actuais, cheos de inventiva afastada da lóxica tradicional. http://www.galiciaespallada.com.ar/gaita_fol.htm
  • 4. A gaita medieval É o tipo de gaita máis común, a que ten como elementos sonoros roncón, punteiro, soprete e fol. Chameina así porque procede polo menos da idade media; é de supoñer que é o seguinte paso evolutivo despois da gaita de cana prehistórica con fol. É pena pero non existen datos claros sobre da xúa orixe, a cal préstase a moitas hipóteses e conxeturas. Unha delas, que lanzo aquí, é que foi unha adaptación europea da gaita de cana con fol, o resultado de ensamblarlle un oboe (o punteiro); dous oboes, en realidade, se consideramos así o primitivo roncón, tal e como parecen indica-las iconografías máis antigas. Outra incógnita é a situación do roncón na parte alta do fol, facendo que apoie no lombo do gaiteiro, configurando o modelo atlántico ó que pertence a nosa gaita do fol. A outra posibilidade é a súa situación na parte baixa do fol facendo que penda cara abaixo, tal e como se observa nos modelos mediterráneos que se tocan en zonas da península italiana, Cataluña e Mallorca. Interesante sería analizar con detalle as características dos diferentes elementos sonoros desta gaita medieval. Explicar, por exemplo, algo da razón pola que o roncón cambiou a tipoloxía de oboe pola de clarinete ou, tamén, algo das diferencias entre os furados do punteiro medieval que debían te-las gaitas daquela época e o actual. Pero deixaremos madurar todo esto e abordarémo-lo tema máis adiante. Gaita de bordón duplo É a gaita que ten dous bordóns. Esta tipoloxía obsérvase en gaitas europeas . dende o século XVI. Non se sabe dende qué época existe en Galicia pero si se sabe que gaitas con dous bordóns eran algo común aínda a finais do XIX na zona Ilustración das Cantigas de Santa sur de Pontevedra (Salvaterra) María http://www.galiciaespallada.com.ar/gaita_fol.htm