Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

of

estratexias de comprensión lectora Slide 1 estratexias de comprensión lectora Slide 2 estratexias de comprensión lectora Slide 3 estratexias de comprensión lectora Slide 4 estratexias de comprensión lectora Slide 5 estratexias de comprensión lectora Slide 6 estratexias de comprensión lectora Slide 7 estratexias de comprensión lectora Slide 8 estratexias de comprensión lectora Slide 9 estratexias de comprensión lectora Slide 10
Upcoming SlideShare
Análise de distintas ferramentas de creación de contidos educativos na rede (introdución)
Next
Download to read offline and view in fullscreen.

4 Likes

Share

Download to read offline

estratexias de comprensión lectora

Download to read offline

baseado nas propostas de T. H. Cairney, Enseñanza de la comprensión lectora

Related Books

Free with a 30 day trial from Scribd

See all

estratexias de comprensión lectora

1. 1. Estratexias para desenvolver a comprensión de textos literarios (con aplicacións a outras áreas) baseadas nas propostas de T. H. Cairney (1992, Ensinanza da comprensión lectora )
2. 2. Estratexias para desenvolver a comprensión de textos literarios (con aplicacións a outras áreas)

Narracións en colaboración .

Baralla de textos .

Tramas narrativas .

Transformación da narración .

Fichas de personaxes .

Conversa escrita cunha personaxe .

Historia inacabada .

Sociograma literario .

3. 3. Narracións en colaboración.

Introdución : o alumnado crea os seus propios relatos como resposta a un versión non textual dun libro ilustrado.

Procedemento : creamos unha versión non textual dun libro ilustrado (tapamos o texto). Dependendo do grupo o rol do docente ou da persoa mediadora variará: escribir o texto que xurda, dar a versión real do conto e que o alumnado o recree.

Ao final compártense os textos (re)creados.

[ volver ]

4. 4. Baralla de textos

Introdución : implica cortar un texto en anacos (empregando divisións baseadas no significado) e presentar un segmento textual a cada neno e a cada nenas ou pequenos grupos. A estratexia require que quen le cree o significado no nivel do texto.

Procedemento :

Seleccionamos textos de 200 a 500 palabras, literarios ou non (serven presentacións de temas).

Preparamos o texto mecanografado ou a man en follas mecanografadas, entregándoas a cada alumno ou alumna (podemos traballar en grupos).

Intentamos reconstruír o texto en grupo ou entre toda a clase (se o facemos entre toda a clase debemos poñer subtítulos ou capítulos á unidade).

A persoa que exerza de dinamizadora (profesor ou profesora / alumnos e alumnas que se encargan de presentar un contido) pode facer preguntas para ir orientando a ordenación dos textos.

Variación: podemos entregar ao alumnado cartolinas en branco ás que teñan que engadir a secuencia anterior e/ou posterior.

[ volver ]

5. 5. A trama narrativa

Introdución : é un esquema ou armazón do texto. O obxectivo fundamental é axudar á persoa que leu o texto a construír unha representación coherente da narración. Non busca a lembranza exacta do texto.

Procedemento :

Presentación do texto orixinal: lectura en voz alta, dramatizada, en grupo (traballando xa a estrutura do texto) etc.

Presentación da trama nunha ficha de traballo: con nomes propios de personaxes ou lugares, coa representación das diferentes acción, centrándonos no nó da historia, presentando as accións de diferentes personaxes, estabelecendo un remate ou conclusión.

Elaboración de tramas por parte do alumnado: pedirémoslle que reflictan do xeito máis detallado posíbel o seu recordo do texto narrado.

Variación :

Entregamos a trama dividida en cartolinas para que o alumnado a compoña en grupos.

Podemos deseñar a trama en relación cun argumento, co episodio dun relato, a descrición dunha personaxe ou o panorama dunha paixase.

Podemos elaborar unha trama para os contidos dun tema escolar onde a orde do que e de como contamos os contidos sexa pertinente.

[ volver ]

6. 6. Transformación da narración

Introdución : consiste na presentación en púbico dun texto por parte de dúas persoas (alumnado) axudadas de accesorios visuais. Buscamos unha forma alternativa de crear significados.

Procedemento : poden botar man de debuxos, imaxes de revistas, xornais etc. Podemos suxerir as presentacións visuais a través de murais, proxectores ou presentacións dixitais.

Variacións : podemos suxerir a construción de presentacións dialogadas sobre o un texto, elaboración de graffitis, bandas deseñadas etc.

[ volver ]

7. 7. Fichas de personaxes

Introdución : estratexia deseñada para centrar a tención do alumnado nas personalidades de protagonistas específicos dun texto (interesante para traballar personalidades de diferentes ámbitos ou conceptos de calquera materia).

Procedemento :

Traballamos sobre unha ficha na que indicamos os datos que nos interesan (nome, apodo, idade, lugar onde vive, descrición, características especiais, principais obxectivos na vida, relacións con outras personaxes, costumes interesantes etc.)

O alumnado pode crear as súas propias fichas e intercambialas con compañeiros e compañeiras.

Facemos presentacións da visión que o alumnado ten sobre unha mesma ficha.

Debemos presentar a información coa maior claridade posíbel.

Variacións : podemos cambiar o formato do modelo de ficha (deixar un oco para que peguen unha personaxe da vida real, crear máis categorías. Serve para desagregar contidos de calquera tema do currículo.

[ volver ]

8. 8. Conversa escrita cunha personaxe

Introdución : pedímoslle ao alumnado que manteña un diálogo cunha personaxe do libro que leron ou da narración que veñan de escoitar. O obxectivo é centrar a atención nunha personaxe específica e tratar de comprender a súa forma de pensar, falar e escribir (podemos traballar sobre fichas de personaxes ).

Esta proposta é interesante para traballar períodos históricos con personaxes reais, visitas a museos etc.

Procedemento :

Nós presentamos unha conversa cunha personaxe coñecida por todo o alumnado. Estabelecemos un diálogo escrito que despois dramatizamos. Presentamos o diálogo a través de textos, presentacións dixitais ou outro tipo de soporte que permita o seguimento colectivo da lectura.

Cando o alumnado faga a súa presentación pedirémoslle que prepare unha copia para o resto de compañeiros e compañeiras.

Podemos comezar o texto cun enunciado seguido dunha pregunta. Esta pregunta debe ser respondida pola personaxe coa que traballemos. Podemos seguir o diálogo de xeito colaborativo: que alguén faga unha pregunta e outra persoa a responda.

Despois de facer a nosa presentación dividimos a clase por parellas e solicitamos ao alumnado que creen as súas conversas.

Variacións : podemos facer encontros entre personaxes de dous libros diferentes, ou de dúas épocas históricas.

[ volver ]

9. 9. Historia inacabada

Introdución : esta técnica constitúe unha estratexia integrada de lectura e escritura. Proporcionámoslle ao alumnado o principio dunha historia que deben continuar até que a pasen a outro compañeiro ou a outra compañeira. Cada vez que un alumno ou unha alumna colle a historia deber ler o texto escrito até ese momento e prever o que o autor trataba de crear e planificar o xeito de contalo.

Procedemento :

Nós iniciamos a actividade relatando o comezo dunha historia. O inicio do relato non debe ocupar máis de dúas ou tres oración.

Podemos facer circular varias fichas con diferentes historias ou que cada alumno e alumna teña o comezo do texto e aos tres minutos o pase ao compañeiro ou compañeira da súa esquerda (damos nós os tempos).

Para o remate do relato debemos dar máis tempo.

Cando rematamos todos os textos volven á persoa que comezou e comentamos en voz alta os textos.

[ volver ]

10. 10. Sociograma literario

Introdución : require que a persoa que le o texto constrúa un sociograma que mostre todas as personaxes dun relato e as relacións existentes entre elas. Cando construímos o sociograma comprendemos mellor o texto xa que temos que reflexionar sobre a personalidade de cada personaxe, o tipo de relacións etc.

Procedemento :

Escríbese o nome de cada personaxe nun círculo e represéntanse as interacción entre elas con frechas. A natureza da interacción indícase escribindo unhas palabras que a resuman brevemente. Cada relación represéntase mediante unha liña que une as dúas personaxes.

Require unha presentación coidadosa. É probábel que se precise máis dun sociograma. Debemos indicar que non é preciso que o sociograma quede perfecto.

Funciona como actividade de grupo ou individual.

O interesante é o proceso e os puntos de vista que xorden despois da lectura.

Variacións :

Podemos facer diferentes sociogramas desde diferentes puntos de vista do argumento.

Podemos facer grupos para a elaboración de sociogramas e que o alumnado compare e comente os resultados.

[ volver ]

• loliromasanta

Aug. 25, 2015
• a_profa

Sep. 12, 2010
• carmemromero

Sep. 23, 2009
• FloraS

Mar. 14, 2008

baseado nas propostas de T. H. Cairney, Enseñanza de la comprensión lectora

Views

Total views

7,166

On Slideshare

0

From embeds

0

Number of embeds

1,840

Actions

Downloads

123

Shares

0

Comments

0

Likes

4