1. Na sociedade actual estamos convivindo coa utilización das novas
tecnoloxías, que se transfiren dunha maneira importante ao ámbito da
educación. A través delas melloraremos a calidade da aprendizaxe, facilitando
tanto ao alumnado como ao profesorado o acceso a diferentes recursos e
servizos. Un dos grupos de comunicación e itercambio que existen son as
redes sociais, moi utilizadas para o diálogo con outras persoas, a participación
en foros de discusión sobre temas de interese común, posibilidade de copartir
fotografías, vídeo, correo interno, ect. Son moitas a posibilidades que nos
ofrecen. Unha delas é integralas na ensinanza, e así poder darlle un carácter
máis tecnolóxico e de calidade e conseguir os obxetivos propostos pola Lei.