1. ENTREVISTA COA COMPAÑÍA DE TEATRO FALCATRÚA
Fixemos unha pequena entrevista ó grupo que representou a obra.
Que aceptou e colaborou de boa gana.
-Moi bos días, somos da revista Xesteira, o xornal escolar. Poderían
vostedes concedernos unha entrevista?
- Claro, como non. Comezade cando queirades.
* * *
Pregunta: Canto tempo levades facendo espectáculos con monicreques?
Resposta: 23 anos.
P: De que soen tratar as vosas obras?
R: De temas moi variados. Facémolo para diversas idades, incluso xente
adolescente, normalmente, rapaces de pequena idade.
P: Como se chama o grupo?
R: Falcatrúa.
P: De onde sodes?
R: Da Coruña.
P: Cal é o título da obra?
R: O espírito do bosque.
P: De que vai tratar?
R: É ecoloxista. Tratará sobre os bosques e o seu estado.
P: Querédesnos deixar algún enderezo de Internet ou algo así?
R: Claro que sí, temos unha páxina web que todos os nenos poden visitar e
saber máis acerca das obras de monicreques e dos temas que aluden; é esta:
www.falcatrúa.com – sinopse da obra: ecoloxista.
Ben moitas gracias pola entrevista, ata a próxima.
2AL_97