SlideShare a Scribd company logo
1 of 11
Download to read offline
COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959
UNIDADE 1:
A LINGUAXE AUDIOVISUAL.
PROFESORA: Sara Estarque Moreno
MATERIA: Educación Plástica e Visual
CURSO: 3º da ESO
email: csjoseguia@planalfa.es
www.sanjosedelaguia.com
COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959
OBXECTIVOS DA UNIDADE
• Comprender e coñecer os principais aspectos da historia do cine dende os seus
antecedentes técnicos ata a súa aparición.
• Recoñecer e comprender os elementos básicos da linguaxe audiovisual: plano, ángulo,
secuencia, movementos de cámara e a súa capacidade expresiva.
• Recoñecer e distinguir as diferentes partes dunha película e identificar que transmite a
película e como o fai.
• Expresar emocións, sensacións e historias tendo en conta o plano o ángulo e o que
expresan.
COMPETENCIAS DA UNIDADE
• COMPETENCIA CULTURAL E ARTÍSTICA.
◦ Identificar e coñecer o emprego dos conceptos sobre a comunicación audiovisual en
curtas e películas, así como saber empregalos en producións propias.
◦ Comprender os valores estéticos das manifestacións artísticas doutras épocas.
• AUTONOMÍA E INCIATIVA PERSOAL.
◦ Tomar decisións de xeito autónomo e avaliar os resultados antes e despois da toma
de decisións tanto durante o proceso creativo tanto persoal en grupo.
◦ Establecer estratexias de planificación, previsión de recursos, de anticipación e de
avaliación do resultados
• COMPETENCIA SOCIAL E CIDADÁ.
◦ Traballar en equipo con actitudes de respecto, tolerancia e cooperación, valéndose
das habilidades sociais.
◦ Respectar as quendas de palabra, valorar a opinión do outro, escoitar activamente
aos compañeiros.
• COMPETENCIA DE APRENDER A APRENDER.
◦ Reflexionar sobre os propios procesos de creación.
• TRATAMENTO DA INFORMACIÓN E COMPETENCIA DIXITAL.
◦ Facer uso dos recursos tecnolóxicos para a procura de información sabendo
discriminar, organizar e sintetizar a información relevante.
◦ Empregar as tecnoloxías como medio de comunicación que facilite e proceso de
ensinanza-aprendizaxe.
• COMPETENCIA MATEMÁTICA.
email: csjoseguia@planalfa.es
www.sanjosedelaguia.com
COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959
◦ Desenvolver o gusto pola certeza e a súa busca a través do razoamento mediante a
utilización de elementos e soportes matemáticos como os empregados na resolución
de problemas.
• COMPETENCIA DE COÑECEMENTO E INTERACCIÓN CO MEDIO FÍSICO.
◦ Observar, experimentar e descubrir o emprego dos conceptos relacionados coa
comunicación visual na arte e nas creacións propias.
◦ Facer un bo uso dos materiais de traballo, reciclando sempre que sexa posible e
mantendo o entorno limpo e ordenado.
• COMPETENCIA EN COMUNICACIÓN LINGÜÍSTICA.
◦ Expresarse correctamente incorporando o vocabulario específico sobre a
comunicación audiovisual, explicando as investigacións e traballos feitos aos
compañeiros.
◦ Comunicar sentimentos, ideas ou emocións empregando planos cinematográficos.
SECUENCIACIÓN DO TRABALLO NA UNIDADE
• Do : Conceptos e trazados diédricas: puntos, liñas, planos e figuras sinxelas.
• O : exame.
• O : recuperación se fose preciso.
• Do : proxecto en grupo cooperativo.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN DA UNIDADE
• Recoñecer a función do emisor, a mensaxe, o receptor e o medio.
• Enunciar os recursos visuais identificados en diferentes imaxes e as súas funcións, así
como os efectos sobre o receptor.
• Realizar creacións plásticas en que se demostre o coñecemento de efectos visuais e
principios perceptivos.
• Lograr transmitir en imaxes: ideas, sensacións ou emocións a través de imaxes e
expresións audiovisuais.
email: csjoseguia@planalfa.es
www.sanjosedelaguia.com
COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959
Unidade 1
A LINGUAXE AUDIOVISUAL
Que é a linguaxe audiovisual?
A linguaxe audiovisual é un sistema de comunicación que integra elementos tanto
visuais coma sonoros. O significado de calquera produción audiovisual é o resultado da
interacción dos dous tipos de linguaxes dando como resultado unha nova expresión que expresa
máis que os elementos por separado. Hoxe en día é o medio de comunicación máis empregado
da nosa sociedade, en campos coma a publicidade, o cine, a televisión, o periodismo e, máis
recentemente, na rede. O estudo da linguaxe audiovisual nos permite achegarnos mellor ao
significado real e último das mensaxes coas que nos atopamos a diario en calquera dos campos
antes mencionados.
Antecedentes do cine
O primeiro elemento necesario para a aparición do cine foi a
cámara escura. A cámara escura é un instrumento óptico que permite
obter unha proxección plana dunha imaxe externa no seu interior. É
unha caixa pechada que só permite a entrada da luz por un pequeno
burato nunha das súas paredes que proxecta na parede oposta a
imaxe do que estea fora da caixa e fronte á parede có burato.
Do coñecemento do fenómeno que se produce dentro dunha
cámara escura se ten referencia xa dende os séculos V e IV a. C. , en
escritos de Aristóteles ou Euclides. Pero o nome de cámara escura (do
latín camera obscura) foille posto por Johannes Kepler en
1604 nun dos seus tratados, no que se baseou para a
construción nun dos seus inventos, o telescopio. Aínda que
a orixe do termo e quen formalizou os primeiros sobre este
fenómeno físico foi o físico e matemático Alhacén no 965,
é considerado o seu primeiro inventor. Ao longo dos séculos foi tratado por diferentes estudosos
pero non será ata o século no que comece a facerse un emprego formal deste invento como
máquina auxiliadora para o debuxo. No século XVI o invento será mellorado por Batista della
email: csjoseguia@planalfa.es
www.sanjosedelaguia.com
COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959
Porta, quen lle incorporou unha lente biconvexa na entrada da luz facendo que a imaxe se
volvese máis limpa e definida.
Xa no século XVII apareceu a chamada lanterna máxica que
permite pasar imaxes dun xeito semellante ás proxeccións de
diapositivas do século pasado. Non é máis que unha cámara escura á
que se lle incorporou unha lámpada de aceite para, en troques de ter a
imaxe dentro da caixa, sacala fora e
proxectala sobre unha parede. A
autoría deste invento foi atribuída a
Kircher, quen fala deste artefacto nun
dos seus escritos do 1671, pero recentemente atopáronse
referencias a dito invento nun manuscrito de Huygens no 1659.
No século XIX dous inventos permitirán a aparición da cámara de cine e son a
fotografía e maila lámpada.
A fotografía
A fotografía foi posible cando se combinaron os
coñecementos sobre a cámara escura e máis as
propiedades do nitrato de prata e o cloruro de prata.
Estes preparados químicos teñen a capacidade de
escurecerse cando están expostos á luz. Xa dende o século
XVII existen diferentes referencias de moitos químicos
(Wilhem Homberg descubriu este efecto fotoquímico no
1694) que traballaron deste fenómeno, pero todos eles se
atoparon co atranco de non ser quen de fixar a imaxe
obtida da exposición destes compostos químicos á luz. Non será ata 1820 no que Joseph
Nicéphore Niépce foi quen de fixar a imaxe que se miraba dende a fiestra da súa casa
mesturando o nitrato de prata con betume de xudea. Estas primeiras fotografías precisaban
varias horas de exposición á luz, o que imposibilitaba tomar imaxes doutras cousas que non
foran paisaxes e estas, ademais, tiñan un acabado borroso.
email: csjoseguia@planalfa.es
www.sanjosedelaguia.com
"Vista dende a xanela de Le Gras", Niépce,
1826
COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959
A lámpada incandescente
O descubrimento da lámpada incandescente é
comunmente atribuído a Thomas Edison posto que foi el o
primeiro en patentalo invento no 1880, aínda que, por exemplo,
en Alemaña, Heinrich Goebel rexistrara xa a súa lámpada no
1855.
O cine
Se considera aos irmáns Lumière os pais do cine que proxectaron no 1895 a saída
dunha fábrica francesa, a chegada dun tren e algunhas outras secuencias. Nos anos anteriores a
esta proxección xa apareceran outras proxeccións como as feitas con Edison có kinetoscopio ou
as probas fotográficas tituladas “The atitudes of animals in motion” de Muybridge, nas que
conseguiu tirar imaxes seguidas rexostrando secuencias de movemento. Ao longo do século XIX
foron moitos os inventos que intentaron valerse da recén coñecida persistencia reitniana para
emolar o movemento coma o taumatropo, o zootropo, ou o praxinoscopio entre oitros moitos.
Aínda que os irmáns Lumière foron os pais da máquina, o pai da industria do cine foi
George Méliès, quen abandonou o todo documental destes para comezar a narrar historias.
Unha das súas primeiras películas e máis lembrada é o“Viaxe a Lúa” de 1902.
O son non fará a súa aparición ata 1927 co filme “O cantor de Jazz”, Ata aquí o son das
películas era música tocada en directo nos teatros onde se proxectaba.
O cine é un medio que nos permite narrar historias en movemento, enriquecendo a
imaxe fixa do cadro ou da fotografía cós movementos da cámara, o son, a música.
Cando se grava cunha cámara de cine o que estamos a facer e tirar fotografías a moita
velocidade que logo serán proxectadas, pasadas, á mesma velocidade coa que foron tomadas.
Para que o movemento que vemos na pantalla teña aparencia de realidade os fotogramas pasan
a unha velocidade de 24 fotogramas por segundo.
A persistencia retiniana
O cine basea o seu funcionamento nun “defecto” da visión humana chamado
persistencia retiniana. O ollo humano cando as imaxes pasan con tanta velocidade non é quen
de separalas como imaxes e as mestura, o resultado é que a aparencia de realidade que nos
amosa o cinema.
email: csjoseguia@planalfa.es
www.sanjosedelaguia.com
COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959
O encadramento e o plano
O encadramento, nunha película é o espazo que capta a cámara en cada momento. E
segundo sexa este espazo que abrangue o obxectivo da cámara teremos diferentes tipos de
planos. Cada plano ten un valor expresivo concreto que hai que ter en conta na narración da
película para conseguir que o plano acompañe á expresión do filme. Así temos:
1. Plano xeral: son aqueles planos que nos permiten ver a totalidade do espazo, escenario,
no que ten lugar acción que se nos está narrando. O
plano xeral da contexto e sitúa a acción nun lugar, nun
espazo e nun tempo determinados. Dentro dos planos
xerais podemos distinguir entre:
a) panorámica: é a máis ampla, son aqueles planos nos
que vemos as cidades, barrios, paisaxes.
b) xeral: é aquel plano no que vemos un escenario
concreto pero dentro dun contexto. Por exemplo unha
casa pero coas casas que lle rodean na rúa.
2. Plano medio: o plano medio nos permite ver a un personaxe enteiro ou unha boa parte
do seu corpo. Neste caso ademais de ver a cara e a
expresión do actor/es que estean na pantalla, podemos
ver a súa expresión corporal, a postura, a roupa. pero
tamén como fala cós demais personaxes, o que enriquece
a expresión dándonos máis datos sobre a personaxe.
Dentro dos planos medio temos:
a) plano medio amplo, que abrangue todo o corpo e que nos
permite ver facilmente a varios actores e a súa interacción
b) plano americano, que colle ao personaxe dende os xeonllos. A
orixe deste plano está nas películas do Oeste americano de
mediados do século XX nas que os directores se viron coa
necesidade de amosar as armas dos actores en certas
secuencias. A expresión deste tipo de plano é moi
próxima á do plano medio amplo.
email: csjoseguia@planalfa.es
www.sanjosedelaguia.com
COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959
c) plano medio ou medio curto, que amosa ao personaxe dende o peito, neste caso
non adoita haber máis cá un ou dous actores en pantalla, concentra a atención do
espectador na expresión do actor sen renunciar a parte da súa expresión corporal.
Emprégase en momentos nos que se quere establecer unha relación de proximidade
co espectador, procurando a empatía deste co actor.
3. Primeiro plano. É un plano no que se amosa a cara da personaxe,
son escenas moi emocionais, coas que se busca a identidade do
espectador coa situación do actor. Neste caso temos tres tipos de
planos:
a) primeiro plano, no que vemos á personaxe dende os ombros
b) primeirísimo plano, no que só vemos a cara, a
expresividade destes dous planos é moi semellante, a
diferencia entre o emprego entre un e outro será,
normalmente estética.
c) plano detalle, é un primerísimo plano no que se amosan
obxectos, cousas, partes do corpo. pero non caras. Neste
caso preténdese facer evidente detalles importantes para a
narración.
4. Plano subxectivo, é un caso de plano moi particular que nos amosa o que está a ver o
actor no momento da acción, sitúa ao espectador nos ollos do actor en cuestión pasando
aos ombros do espectador a carga emocional que estea a cargar o actor nun momento
determinado. Unha película na que o plano subxectivo ten un papel fundamental e un
emprego nunca antes empregado é na“Xanela indiscreta” de Alfred Hitchcock.
Os movementos de cámara e as angulacións
Outro mecanismo para enriquecela expresión da narración no cine é o movemento de
cámara e as angulacións da cámara. O movemento da cámara lle da axilidade á narración,
acompaña os desprazamentos que se producen na pantalla e/ou xera efectos subxectivos. Se
distinguen tres movementos básicos de cámara:
email: csjoseguia@planalfa.es
www.sanjosedelaguia.com
COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959
1. Panorámica, que é un movemento que fai un percorrido amosando o espazo no que
acontecen as cousas, a súa expresividade é a mesma, ou moi semellante á do plano
panorámico.
2. Zoom, non é realmente un movemento da cámara senón do obxectivo cando se achega
ou afasta de algo ou alguén. O zoom pretende centrar a atención cando se achega e
cambiar o centro de atención cando se afasta. Pero é un recurso que case non se
emprega porque produce demasiada tensión ocular para o espectador debido ao cambio
de profundidade de campo que se produce.
3. Travelling, é cando se move a cámara sobre raís coma os do tren. Aquelo que nos
moitas veces identificamos coma zoom, é, de feito, un travelling. Os travellings ademáis
de centrar ou descentrar a atención cando funcionan como substitutos do zoom, serve
para acompañar o desprazamento dos personaxes xerando no espectador unha a
sensación de formar parte da acción que está sucedendo.
En canto á angulación é a posición que adopta a cámara con respecto ao actor ou
espazos que se están a filmar. Así temos:
1. Cenital, cando a cámara se sitúa totalmente enriba da personaxe. Emprégase
habitualmente en situacións nas que a personaxe está en dificultades, aflixido, só..
2. Picado, cando a cámara está máis alta que a
personaxe, normalmente se emprega en escenas
semellantes ás do picado pero nas que tamén se
amosa a expresión da cara deste.
3. Normal, é a posición da cámara cando está fronte
ao actor, é a posición máis neutra de todas, neste
caso a expresión depende do tipo de plano
empregado.
4. Contrapicado, é cando a cámara se sitúa dende
debaixo do actor xerando un efecto de
engrandecemento, adoita empregarse en escenas nas
que o actor está nunha actitude triunfal, ou de descubrimento, liberación.
email: csjoseguia@planalfa.es
www.sanjosedelaguia.com
COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959
5. Nadir, sitúa a cámara xusto debaixo do actor, é pouco empregado e a súa expresión e
moi semellante á do contrapicado, só que neste caso non vemos ben a expresión da cara,
ou non tan ben coma no contrapicado.
A estrutura narrativa dunha película
Unha película, coma calquera outro tipo de relato debe ter unha estrutura que organice
todo aquelo que se quere contar. Aínda que como todo na expresión artística, non todas as
películas están exactamente estruturadas do mesmo xeito, si que existe un división xeral común
a todas:
1. arranque, corresponde á primeira parte da película, non é unha parte moi longa,
normalmente dura só os primeiros minutos e serve para presentar aos personaxes
principais, amosar as súas características básicas, e situalos nun espazo tempo máis ou
menos definidos. Tamén nos presenta o problema que lles afecta.
2. nó, é a parte máis ampla da película e na que transcorre a meirande parte da acción,
relacións, coñecemos en maior profundidade ás personaxes e aparecen novas que
enriquecen a narración.
3. Desenlace, comprende os últimos minutos da película, nesta parte se da unha solución
ao problema formulado ao comezo da película.
O xénero cinematográfico
A clasificación das películas se fai, coma no teatro, segundo o tipo de elementos
comúns que abrangue. Dende unha perspectiva máis clásica esta clasificación se fai en función
do ritmo, o estilo, o ton, pero, sobre todo, segundo o sentimento que procuren espertar no
espectador. Atendendo a isto poderíamos distinguir entre:
1. Drama, cando se centran nos conflitos dos protagonistas, do protagonista co entorno o
del consigo mesmo.
2. Comedia, cando a intención é provocar humor, entretemento e/ou risa.
3. Acción, cando o argumento supón unha interacción entre o ben e o mal que se
desenvolve empregando violencia ou forza física.
4. Aventura, cando o argumento é unha aventura que comporta risco e perigo.
5. Terror, cando teñen a intención de provocar tensión, medo, ou sobresaltos.
email: csjoseguia@planalfa.es
www.sanjosedelaguia.com
COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA”
r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO
Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959
6. Ciencia ficción, relata acontecementos posibles dentro dun marco do imaxinario pero
con aparencia de real.
7. Romántico, con temática amorosa e romántica
8. Musical, cuxa narración vese interrompida por fragmentos musicais.
9. Melodrama, cunha forte carga emocional ou cunha moral moi forte.
10. Cine de catástrofe, cando o tema principal é unha grande catástrofe.
11. Suspense, cando a intención principal é provocar tensión no espectador, tamén se lle
adoita chamar thriller aínda que non é exactamente o mesmo, pero enténdense como
dúas manifestacións dun mesmo tipo
12. Fantasía, cando contén feitos, mundos, criaturas fantásticos, imaxinados.
Existen algúns tipos máis e, incluso, máis xeitos de clasificalas películas atendendo a
outras características, pero nos imos centrarnos só nestas.
Análise dunha película
Cando queiramos analizar unha película ou curta, no noso caso centrarémonos en falar
dos seguintes aspectos desta:
1. Título.
2. Xénero.
3. Arranque. Diremos ata onde consideramos que vai o arranque da película
argumentando porque consideramos que esta parte é o arranque.
4. Nó. Neste caso intentaremos identificando cando comeza e cando remara o nó e por que
cremos que esta parte é o nó da película.
5. Desenlace, teremos que explicar cando consideramos que comeza a resolverse o
problema que se trata na película e porque cremos que esta parte é a resolución.
email: csjoseguia@planalfa.es
www.sanjosedelaguia.com

More Related Content

Similar to Unidade 1 linguaxe_audiovisual

Verán 2014 na Rede Museística
Verán 2014 na Rede MuseísticaVerán 2014 na Rede Museística
Verán 2014 na Rede Museísticaredemuseisticalugo
 
Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010
Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010
Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010Encarna Lago
 
Museo Provincial Do Mar Cartel E Programacion
Museo Provincial Do Mar Cartel E ProgramacionMuseo Provincial Do Mar Cartel E Programacion
Museo Provincial Do Mar Cartel E ProgramacionEncarna Lago
 
Programación escolar multicanle da Rede Museistica Provincial de Lugo
Programación escolar  multicanle  da Rede Museistica Provincial de LugoProgramación escolar  multicanle  da Rede Museistica Provincial de Lugo
Programación escolar multicanle da Rede Museistica Provincial de LugoEncarna Lago
 
Museo Pazo De Tor Nadal
Museo Pazo De Tor NadalMuseo Pazo De Tor Nadal
Museo Pazo De Tor NadalEncarna Lago
 
Folleto Museo do mar en galego
Folleto Museo do mar en galego Folleto Museo do mar en galego
Folleto Museo do mar en galego rmplugo
 
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anosA Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anosfilmotecaforum
 
Memoria 2010 Rede Museística Lugo . Museo Pazo de Tor
Memoria 2010 Rede Museística Lugo . Museo Pazo de TorMemoria 2010 Rede Museística Lugo . Museo Pazo de Tor
Memoria 2010 Rede Museística Lugo . Museo Pazo de TorEncarna Lago
 
CCI: Tríptico informativo co calendario das sesións_CCI 2015: Luz en aCCIón
CCI: Tríptico informativo co calendario das sesións_CCI 2015: Luz en aCCIónCCI: Tríptico informativo co calendario das sesións_CCI 2015: Luz en aCCIón
CCI: Tríptico informativo co calendario das sesións_CCI 2015: Luz en aCCIónBibliotecas Municipais de A Coruña
 
Nosoutros. arte, comunicación e integración social
Nosoutros. arte, comunicación e integración socialNosoutros. arte, comunicación e integración social
Nosoutros. arte, comunicación e integración socialEncarna Lago
 
Programa nadal 2011 Museo Provincial de Lugo
Programa nadal 2011 Museo Provincial de LugoPrograma nadal 2011 Museo Provincial de Lugo
Programa nadal 2011 Museo Provincial de LugoAna Ferro Fernández
 
Programación da Rede Museística Provincial de Lugo
Programación da Rede Museística Provincial de LugoProgramación da Rede Museística Provincial de Lugo
Programación da Rede Museística Provincial de LugoEncarna Lago
 

Similar to Unidade 1 linguaxe_audiovisual (20)

Verán 2014 na Rede Museística
Verán 2014 na Rede MuseísticaVerán 2014 na Rede Museística
Verán 2014 na Rede Museística
 
Folleto
FolletoFolleto
Folleto
 
Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010
Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010
Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010
 
Museo Provincial Do Mar Cartel E Programacion
Museo Provincial Do Mar Cartel E ProgramacionMuseo Provincial Do Mar Cartel E Programacion
Museo Provincial Do Mar Cartel E Programacion
 
Cartelistas
CartelistasCartelistas
Cartelistas
 
Aimaxe
AimaxeAimaxe
Aimaxe
 
A imaxe
A imaxeA imaxe
A imaxe
 
Programación escolar multicanle da Rede Museistica Provincial de Lugo
Programación escolar  multicanle  da Rede Museistica Provincial de LugoProgramación escolar  multicanle  da Rede Museistica Provincial de Lugo
Programación escolar multicanle da Rede Museistica Provincial de Lugo
 
Museo Pazo De Tor Nadal
Museo Pazo De Tor NadalMuseo Pazo De Tor Nadal
Museo Pazo De Tor Nadal
 
Folleto Museo do mar en galego
Folleto Museo do mar en galego Folleto Museo do mar en galego
Folleto Museo do mar en galego
 
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anosA Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
A Coruña e o cinema, 1 - Os verdes anos
 
Museo Do Mar
Museo Do MarMuseo Do Mar
Museo Do Mar
 
A historia do cine
A historia do cine A historia do cine
A historia do cine
 
Memoria 2010 Rede Museística Lugo . Museo Pazo de Tor
Memoria 2010 Rede Museística Lugo . Museo Pazo de TorMemoria 2010 Rede Museística Lugo . Museo Pazo de Tor
Memoria 2010 Rede Museística Lugo . Museo Pazo de Tor
 
CCI: Tríptico informativo co calendario das sesións_CCI 2015: Luz en aCCIón
CCI: Tríptico informativo co calendario das sesións_CCI 2015: Luz en aCCIónCCI: Tríptico informativo co calendario das sesións_CCI 2015: Luz en aCCIón
CCI: Tríptico informativo co calendario das sesións_CCI 2015: Luz en aCCIón
 
Nosoutros. arte, comunicación e integración social
Nosoutros. arte, comunicación e integración socialNosoutros. arte, comunicación e integración social
Nosoutros. arte, comunicación e integración social
 
A historia da publicidade
A historia da publicidadeA historia da publicidade
A historia da publicidade
 
Programa nadal 2011 Museo Provincial de Lugo
Programa nadal 2011 Museo Provincial de LugoPrograma nadal 2011 Museo Provincial de Lugo
Programa nadal 2011 Museo Provincial de Lugo
 
Programación da Rede Museística Provincial de Lugo
Programación da Rede Museística Provincial de LugoProgramación da Rede Museística Provincial de Lugo
Programación da Rede Museística Provincial de Lugo
 
Gandarela parte 2
Gandarela parte 2 Gandarela parte 2
Gandarela parte 2
 

More from Sara Estarque

Actualización da LOPD para familias 2018
Actualización da LOPD para familias 2018Actualización da LOPD para familias 2018
Actualización da LOPD para familias 2018Sara Estarque
 
Animais fantásticos, 4º EP
Animais fantásticos, 4º EPAnimais fantásticos, 4º EP
Animais fantásticos, 4º EPSara Estarque
 
Consejos usos internet
Consejos usos internetConsejos usos internet
Consejos usos internetSara Estarque
 
Acuerdo buen uso movil e internet 3jsb
Acuerdo buen uso movil e internet 3jsbAcuerdo buen uso movil e internet 3jsb
Acuerdo buen uso movil e internet 3jsbSara Estarque
 
Convivencia primaria setembro 2017
Convivencia primaria setembro 2017Convivencia primaria setembro 2017
Convivencia primaria setembro 2017Sara Estarque
 
Actividades extraescolares organizadas polo centro 2017 18
Actividades extraescolares organizadas polo centro 2017 18Actividades extraescolares organizadas polo centro 2017 18
Actividades extraescolares organizadas polo centro 2017 18Sara Estarque
 
Inscripcion 2017 18 cbsj.
Inscripcion 2017 18 cbsj.Inscripcion 2017 18 cbsj.
Inscripcion 2017 18 cbsj.Sara Estarque
 
Listaxe grupos periodo de adaptación 2017-18
Listaxe grupos periodo de adaptación 2017-18Listaxe grupos periodo de adaptación 2017-18
Listaxe grupos periodo de adaptación 2017-18Sara Estarque
 
Reunión mércores 6 de setembro para as familias de 4º E.I. onde falaremos da ...
Reunión mércores 6 de setembro para as familias de 4º E.I. onde falaremos da ...Reunión mércores 6 de setembro para as familias de 4º E.I. onde falaremos da ...
Reunión mércores 6 de setembro para as familias de 4º E.I. onde falaremos da ...Sara Estarque
 
Cadro calendario periodo adaptación 2017-18
Cadro calendario periodo adaptación 2017-18Cadro calendario periodo adaptación 2017-18
Cadro calendario periodo adaptación 2017-18Sara Estarque
 
Hábitos a traballar co alumnado de 3 anos
Hábitos a traballar co alumnado de 3 anosHábitos a traballar co alumnado de 3 anos
Hábitos a traballar co alumnado de 3 anosSara Estarque
 
Libros_PRIMARIA_ provisional_excluidos
Libros_PRIMARIA_ provisional_excluidosLibros_PRIMARIA_ provisional_excluidos
Libros_PRIMARIA_ provisional_excluidosSara Estarque
 
Libros_PRIMARIA_provisional_admitidos
Libros_PRIMARIA_provisional_admitidosLibros_PRIMARIA_provisional_admitidos
Libros_PRIMARIA_provisional_admitidosSara Estarque
 
Libros_ESO_ provisional_excluidos
Libros_ESO_ provisional_excluidosLibros_ESO_ provisional_excluidos
Libros_ESO_ provisional_excluidosSara Estarque
 
Libros_ESO_provisional_admitidos
Libros_ESO_provisional_admitidosLibros_ESO_provisional_admitidos
Libros_ESO_provisional_admitidosSara Estarque
 
Axudas para libros e material escolar
Axudas para libros e material escolarAxudas para libros e material escolar
Axudas para libros e material escolarSara Estarque
 
Aula chiriaco2017general
Aula chiriaco2017generalAula chiriaco2017general
Aula chiriaco2017generalSara Estarque
 
CSJG Proxecto con alma.
CSJG Proxecto con alma.CSJG Proxecto con alma.
CSJG Proxecto con alma.Sara Estarque
 
Presentación para darse de alta e iniciarse no uso do EDMODO para PAIS/NAIS
Presentación para darse de alta e iniciarse no uso do EDMODO para PAIS/NAISPresentación para darse de alta e iniciarse no uso do EDMODO para PAIS/NAIS
Presentación para darse de alta e iniciarse no uso do EDMODO para PAIS/NAISSara Estarque
 
Unit 1 audiovisual_language
Unit 1 audiovisual_languageUnit 1 audiovisual_language
Unit 1 audiovisual_languageSara Estarque
 

More from Sara Estarque (20)

Actualización da LOPD para familias 2018
Actualización da LOPD para familias 2018Actualización da LOPD para familias 2018
Actualización da LOPD para familias 2018
 
Animais fantásticos, 4º EP
Animais fantásticos, 4º EPAnimais fantásticos, 4º EP
Animais fantásticos, 4º EP
 
Consejos usos internet
Consejos usos internetConsejos usos internet
Consejos usos internet
 
Acuerdo buen uso movil e internet 3jsb
Acuerdo buen uso movil e internet 3jsbAcuerdo buen uso movil e internet 3jsb
Acuerdo buen uso movil e internet 3jsb
 
Convivencia primaria setembro 2017
Convivencia primaria setembro 2017Convivencia primaria setembro 2017
Convivencia primaria setembro 2017
 
Actividades extraescolares organizadas polo centro 2017 18
Actividades extraescolares organizadas polo centro 2017 18Actividades extraescolares organizadas polo centro 2017 18
Actividades extraescolares organizadas polo centro 2017 18
 
Inscripcion 2017 18 cbsj.
Inscripcion 2017 18 cbsj.Inscripcion 2017 18 cbsj.
Inscripcion 2017 18 cbsj.
 
Listaxe grupos periodo de adaptación 2017-18
Listaxe grupos periodo de adaptación 2017-18Listaxe grupos periodo de adaptación 2017-18
Listaxe grupos periodo de adaptación 2017-18
 
Reunión mércores 6 de setembro para as familias de 4º E.I. onde falaremos da ...
Reunión mércores 6 de setembro para as familias de 4º E.I. onde falaremos da ...Reunión mércores 6 de setembro para as familias de 4º E.I. onde falaremos da ...
Reunión mércores 6 de setembro para as familias de 4º E.I. onde falaremos da ...
 
Cadro calendario periodo adaptación 2017-18
Cadro calendario periodo adaptación 2017-18Cadro calendario periodo adaptación 2017-18
Cadro calendario periodo adaptación 2017-18
 
Hábitos a traballar co alumnado de 3 anos
Hábitos a traballar co alumnado de 3 anosHábitos a traballar co alumnado de 3 anos
Hábitos a traballar co alumnado de 3 anos
 
Libros_PRIMARIA_ provisional_excluidos
Libros_PRIMARIA_ provisional_excluidosLibros_PRIMARIA_ provisional_excluidos
Libros_PRIMARIA_ provisional_excluidos
 
Libros_PRIMARIA_provisional_admitidos
Libros_PRIMARIA_provisional_admitidosLibros_PRIMARIA_provisional_admitidos
Libros_PRIMARIA_provisional_admitidos
 
Libros_ESO_ provisional_excluidos
Libros_ESO_ provisional_excluidosLibros_ESO_ provisional_excluidos
Libros_ESO_ provisional_excluidos
 
Libros_ESO_provisional_admitidos
Libros_ESO_provisional_admitidosLibros_ESO_provisional_admitidos
Libros_ESO_provisional_admitidos
 
Axudas para libros e material escolar
Axudas para libros e material escolarAxudas para libros e material escolar
Axudas para libros e material escolar
 
Aula chiriaco2017general
Aula chiriaco2017generalAula chiriaco2017general
Aula chiriaco2017general
 
CSJG Proxecto con alma.
CSJG Proxecto con alma.CSJG Proxecto con alma.
CSJG Proxecto con alma.
 
Presentación para darse de alta e iniciarse no uso do EDMODO para PAIS/NAIS
Presentación para darse de alta e iniciarse no uso do EDMODO para PAIS/NAISPresentación para darse de alta e iniciarse no uso do EDMODO para PAIS/NAIS
Presentación para darse de alta e iniciarse no uso do EDMODO para PAIS/NAIS
 
Unit 1 audiovisual_language
Unit 1 audiovisual_languageUnit 1 audiovisual_language
Unit 1 audiovisual_language
 

Unidade 1 linguaxe_audiovisual

  • 1. COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA” r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959 UNIDADE 1: A LINGUAXE AUDIOVISUAL. PROFESORA: Sara Estarque Moreno MATERIA: Educación Plástica e Visual CURSO: 3º da ESO email: csjoseguia@planalfa.es www.sanjosedelaguia.com
  • 2. COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA” r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959 OBXECTIVOS DA UNIDADE • Comprender e coñecer os principais aspectos da historia do cine dende os seus antecedentes técnicos ata a súa aparición. • Recoñecer e comprender os elementos básicos da linguaxe audiovisual: plano, ángulo, secuencia, movementos de cámara e a súa capacidade expresiva. • Recoñecer e distinguir as diferentes partes dunha película e identificar que transmite a película e como o fai. • Expresar emocións, sensacións e historias tendo en conta o plano o ángulo e o que expresan. COMPETENCIAS DA UNIDADE • COMPETENCIA CULTURAL E ARTÍSTICA. ◦ Identificar e coñecer o emprego dos conceptos sobre a comunicación audiovisual en curtas e películas, así como saber empregalos en producións propias. ◦ Comprender os valores estéticos das manifestacións artísticas doutras épocas. • AUTONOMÍA E INCIATIVA PERSOAL. ◦ Tomar decisións de xeito autónomo e avaliar os resultados antes e despois da toma de decisións tanto durante o proceso creativo tanto persoal en grupo. ◦ Establecer estratexias de planificación, previsión de recursos, de anticipación e de avaliación do resultados • COMPETENCIA SOCIAL E CIDADÁ. ◦ Traballar en equipo con actitudes de respecto, tolerancia e cooperación, valéndose das habilidades sociais. ◦ Respectar as quendas de palabra, valorar a opinión do outro, escoitar activamente aos compañeiros. • COMPETENCIA DE APRENDER A APRENDER. ◦ Reflexionar sobre os propios procesos de creación. • TRATAMENTO DA INFORMACIÓN E COMPETENCIA DIXITAL. ◦ Facer uso dos recursos tecnolóxicos para a procura de información sabendo discriminar, organizar e sintetizar a información relevante. ◦ Empregar as tecnoloxías como medio de comunicación que facilite e proceso de ensinanza-aprendizaxe. • COMPETENCIA MATEMÁTICA. email: csjoseguia@planalfa.es www.sanjosedelaguia.com
  • 3. COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA” r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959 ◦ Desenvolver o gusto pola certeza e a súa busca a través do razoamento mediante a utilización de elementos e soportes matemáticos como os empregados na resolución de problemas. • COMPETENCIA DE COÑECEMENTO E INTERACCIÓN CO MEDIO FÍSICO. ◦ Observar, experimentar e descubrir o emprego dos conceptos relacionados coa comunicación visual na arte e nas creacións propias. ◦ Facer un bo uso dos materiais de traballo, reciclando sempre que sexa posible e mantendo o entorno limpo e ordenado. • COMPETENCIA EN COMUNICACIÓN LINGÜÍSTICA. ◦ Expresarse correctamente incorporando o vocabulario específico sobre a comunicación audiovisual, explicando as investigacións e traballos feitos aos compañeiros. ◦ Comunicar sentimentos, ideas ou emocións empregando planos cinematográficos. SECUENCIACIÓN DO TRABALLO NA UNIDADE • Do : Conceptos e trazados diédricas: puntos, liñas, planos e figuras sinxelas. • O : exame. • O : recuperación se fose preciso. • Do : proxecto en grupo cooperativo. CRITERIOS DE AVALIACIÓN DA UNIDADE • Recoñecer a función do emisor, a mensaxe, o receptor e o medio. • Enunciar os recursos visuais identificados en diferentes imaxes e as súas funcións, así como os efectos sobre o receptor. • Realizar creacións plásticas en que se demostre o coñecemento de efectos visuais e principios perceptivos. • Lograr transmitir en imaxes: ideas, sensacións ou emocións a través de imaxes e expresións audiovisuais. email: csjoseguia@planalfa.es www.sanjosedelaguia.com
  • 4. COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA” r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959 Unidade 1 A LINGUAXE AUDIOVISUAL Que é a linguaxe audiovisual? A linguaxe audiovisual é un sistema de comunicación que integra elementos tanto visuais coma sonoros. O significado de calquera produción audiovisual é o resultado da interacción dos dous tipos de linguaxes dando como resultado unha nova expresión que expresa máis que os elementos por separado. Hoxe en día é o medio de comunicación máis empregado da nosa sociedade, en campos coma a publicidade, o cine, a televisión, o periodismo e, máis recentemente, na rede. O estudo da linguaxe audiovisual nos permite achegarnos mellor ao significado real e último das mensaxes coas que nos atopamos a diario en calquera dos campos antes mencionados. Antecedentes do cine O primeiro elemento necesario para a aparición do cine foi a cámara escura. A cámara escura é un instrumento óptico que permite obter unha proxección plana dunha imaxe externa no seu interior. É unha caixa pechada que só permite a entrada da luz por un pequeno burato nunha das súas paredes que proxecta na parede oposta a imaxe do que estea fora da caixa e fronte á parede có burato. Do coñecemento do fenómeno que se produce dentro dunha cámara escura se ten referencia xa dende os séculos V e IV a. C. , en escritos de Aristóteles ou Euclides. Pero o nome de cámara escura (do latín camera obscura) foille posto por Johannes Kepler en 1604 nun dos seus tratados, no que se baseou para a construción nun dos seus inventos, o telescopio. Aínda que a orixe do termo e quen formalizou os primeiros sobre este fenómeno físico foi o físico e matemático Alhacén no 965, é considerado o seu primeiro inventor. Ao longo dos séculos foi tratado por diferentes estudosos pero non será ata o século no que comece a facerse un emprego formal deste invento como máquina auxiliadora para o debuxo. No século XVI o invento será mellorado por Batista della email: csjoseguia@planalfa.es www.sanjosedelaguia.com
  • 5. COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA” r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959 Porta, quen lle incorporou unha lente biconvexa na entrada da luz facendo que a imaxe se volvese máis limpa e definida. Xa no século XVII apareceu a chamada lanterna máxica que permite pasar imaxes dun xeito semellante ás proxeccións de diapositivas do século pasado. Non é máis que unha cámara escura á que se lle incorporou unha lámpada de aceite para, en troques de ter a imaxe dentro da caixa, sacala fora e proxectala sobre unha parede. A autoría deste invento foi atribuída a Kircher, quen fala deste artefacto nun dos seus escritos do 1671, pero recentemente atopáronse referencias a dito invento nun manuscrito de Huygens no 1659. No século XIX dous inventos permitirán a aparición da cámara de cine e son a fotografía e maila lámpada. A fotografía A fotografía foi posible cando se combinaron os coñecementos sobre a cámara escura e máis as propiedades do nitrato de prata e o cloruro de prata. Estes preparados químicos teñen a capacidade de escurecerse cando están expostos á luz. Xa dende o século XVII existen diferentes referencias de moitos químicos (Wilhem Homberg descubriu este efecto fotoquímico no 1694) que traballaron deste fenómeno, pero todos eles se atoparon co atranco de non ser quen de fixar a imaxe obtida da exposición destes compostos químicos á luz. Non será ata 1820 no que Joseph Nicéphore Niépce foi quen de fixar a imaxe que se miraba dende a fiestra da súa casa mesturando o nitrato de prata con betume de xudea. Estas primeiras fotografías precisaban varias horas de exposición á luz, o que imposibilitaba tomar imaxes doutras cousas que non foran paisaxes e estas, ademais, tiñan un acabado borroso. email: csjoseguia@planalfa.es www.sanjosedelaguia.com "Vista dende a xanela de Le Gras", Niépce, 1826
  • 6. COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA” r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959 A lámpada incandescente O descubrimento da lámpada incandescente é comunmente atribuído a Thomas Edison posto que foi el o primeiro en patentalo invento no 1880, aínda que, por exemplo, en Alemaña, Heinrich Goebel rexistrara xa a súa lámpada no 1855. O cine Se considera aos irmáns Lumière os pais do cine que proxectaron no 1895 a saída dunha fábrica francesa, a chegada dun tren e algunhas outras secuencias. Nos anos anteriores a esta proxección xa apareceran outras proxeccións como as feitas con Edison có kinetoscopio ou as probas fotográficas tituladas “The atitudes of animals in motion” de Muybridge, nas que conseguiu tirar imaxes seguidas rexostrando secuencias de movemento. Ao longo do século XIX foron moitos os inventos que intentaron valerse da recén coñecida persistencia reitniana para emolar o movemento coma o taumatropo, o zootropo, ou o praxinoscopio entre oitros moitos. Aínda que os irmáns Lumière foron os pais da máquina, o pai da industria do cine foi George Méliès, quen abandonou o todo documental destes para comezar a narrar historias. Unha das súas primeiras películas e máis lembrada é o“Viaxe a Lúa” de 1902. O son non fará a súa aparición ata 1927 co filme “O cantor de Jazz”, Ata aquí o son das películas era música tocada en directo nos teatros onde se proxectaba. O cine é un medio que nos permite narrar historias en movemento, enriquecendo a imaxe fixa do cadro ou da fotografía cós movementos da cámara, o son, a música. Cando se grava cunha cámara de cine o que estamos a facer e tirar fotografías a moita velocidade que logo serán proxectadas, pasadas, á mesma velocidade coa que foron tomadas. Para que o movemento que vemos na pantalla teña aparencia de realidade os fotogramas pasan a unha velocidade de 24 fotogramas por segundo. A persistencia retiniana O cine basea o seu funcionamento nun “defecto” da visión humana chamado persistencia retiniana. O ollo humano cando as imaxes pasan con tanta velocidade non é quen de separalas como imaxes e as mestura, o resultado é que a aparencia de realidade que nos amosa o cinema. email: csjoseguia@planalfa.es www.sanjosedelaguia.com
  • 7. COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA” r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959 O encadramento e o plano O encadramento, nunha película é o espazo que capta a cámara en cada momento. E segundo sexa este espazo que abrangue o obxectivo da cámara teremos diferentes tipos de planos. Cada plano ten un valor expresivo concreto que hai que ter en conta na narración da película para conseguir que o plano acompañe á expresión do filme. Así temos: 1. Plano xeral: son aqueles planos que nos permiten ver a totalidade do espazo, escenario, no que ten lugar acción que se nos está narrando. O plano xeral da contexto e sitúa a acción nun lugar, nun espazo e nun tempo determinados. Dentro dos planos xerais podemos distinguir entre: a) panorámica: é a máis ampla, son aqueles planos nos que vemos as cidades, barrios, paisaxes. b) xeral: é aquel plano no que vemos un escenario concreto pero dentro dun contexto. Por exemplo unha casa pero coas casas que lle rodean na rúa. 2. Plano medio: o plano medio nos permite ver a un personaxe enteiro ou unha boa parte do seu corpo. Neste caso ademais de ver a cara e a expresión do actor/es que estean na pantalla, podemos ver a súa expresión corporal, a postura, a roupa. pero tamén como fala cós demais personaxes, o que enriquece a expresión dándonos máis datos sobre a personaxe. Dentro dos planos medio temos: a) plano medio amplo, que abrangue todo o corpo e que nos permite ver facilmente a varios actores e a súa interacción b) plano americano, que colle ao personaxe dende os xeonllos. A orixe deste plano está nas películas do Oeste americano de mediados do século XX nas que os directores se viron coa necesidade de amosar as armas dos actores en certas secuencias. A expresión deste tipo de plano é moi próxima á do plano medio amplo. email: csjoseguia@planalfa.es www.sanjosedelaguia.com
  • 8. COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA” r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959 c) plano medio ou medio curto, que amosa ao personaxe dende o peito, neste caso non adoita haber máis cá un ou dous actores en pantalla, concentra a atención do espectador na expresión do actor sen renunciar a parte da súa expresión corporal. Emprégase en momentos nos que se quere establecer unha relación de proximidade co espectador, procurando a empatía deste co actor. 3. Primeiro plano. É un plano no que se amosa a cara da personaxe, son escenas moi emocionais, coas que se busca a identidade do espectador coa situación do actor. Neste caso temos tres tipos de planos: a) primeiro plano, no que vemos á personaxe dende os ombros b) primeirísimo plano, no que só vemos a cara, a expresividade destes dous planos é moi semellante, a diferencia entre o emprego entre un e outro será, normalmente estética. c) plano detalle, é un primerísimo plano no que se amosan obxectos, cousas, partes do corpo. pero non caras. Neste caso preténdese facer evidente detalles importantes para a narración. 4. Plano subxectivo, é un caso de plano moi particular que nos amosa o que está a ver o actor no momento da acción, sitúa ao espectador nos ollos do actor en cuestión pasando aos ombros do espectador a carga emocional que estea a cargar o actor nun momento determinado. Unha película na que o plano subxectivo ten un papel fundamental e un emprego nunca antes empregado é na“Xanela indiscreta” de Alfred Hitchcock. Os movementos de cámara e as angulacións Outro mecanismo para enriquecela expresión da narración no cine é o movemento de cámara e as angulacións da cámara. O movemento da cámara lle da axilidade á narración, acompaña os desprazamentos que se producen na pantalla e/ou xera efectos subxectivos. Se distinguen tres movementos básicos de cámara: email: csjoseguia@planalfa.es www.sanjosedelaguia.com
  • 9. COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA” r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959 1. Panorámica, que é un movemento que fai un percorrido amosando o espazo no que acontecen as cousas, a súa expresividade é a mesma, ou moi semellante á do plano panorámico. 2. Zoom, non é realmente un movemento da cámara senón do obxectivo cando se achega ou afasta de algo ou alguén. O zoom pretende centrar a atención cando se achega e cambiar o centro de atención cando se afasta. Pero é un recurso que case non se emprega porque produce demasiada tensión ocular para o espectador debido ao cambio de profundidade de campo que se produce. 3. Travelling, é cando se move a cámara sobre raís coma os do tren. Aquelo que nos moitas veces identificamos coma zoom, é, de feito, un travelling. Os travellings ademáis de centrar ou descentrar a atención cando funcionan como substitutos do zoom, serve para acompañar o desprazamento dos personaxes xerando no espectador unha a sensación de formar parte da acción que está sucedendo. En canto á angulación é a posición que adopta a cámara con respecto ao actor ou espazos que se están a filmar. Así temos: 1. Cenital, cando a cámara se sitúa totalmente enriba da personaxe. Emprégase habitualmente en situacións nas que a personaxe está en dificultades, aflixido, só.. 2. Picado, cando a cámara está máis alta que a personaxe, normalmente se emprega en escenas semellantes ás do picado pero nas que tamén se amosa a expresión da cara deste. 3. Normal, é a posición da cámara cando está fronte ao actor, é a posición máis neutra de todas, neste caso a expresión depende do tipo de plano empregado. 4. Contrapicado, é cando a cámara se sitúa dende debaixo do actor xerando un efecto de engrandecemento, adoita empregarse en escenas nas que o actor está nunha actitude triunfal, ou de descubrimento, liberación. email: csjoseguia@planalfa.es www.sanjosedelaguia.com
  • 10. COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA” r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959 5. Nadir, sitúa a cámara xusto debaixo do actor, é pouco empregado e a súa expresión e moi semellante á do contrapicado, só que neste caso non vemos ben a expresión da cara, ou non tan ben coma no contrapicado. A estrutura narrativa dunha película Unha película, coma calquera outro tipo de relato debe ter unha estrutura que organice todo aquelo que se quere contar. Aínda que como todo na expresión artística, non todas as películas están exactamente estruturadas do mesmo xeito, si que existe un división xeral común a todas: 1. arranque, corresponde á primeira parte da película, non é unha parte moi longa, normalmente dura só os primeiros minutos e serve para presentar aos personaxes principais, amosar as súas características básicas, e situalos nun espazo tempo máis ou menos definidos. Tamén nos presenta o problema que lles afecta. 2. nó, é a parte máis ampla da película e na que transcorre a meirande parte da acción, relacións, coñecemos en maior profundidade ás personaxes e aparecen novas que enriquecen a narración. 3. Desenlace, comprende os últimos minutos da película, nesta parte se da unha solución ao problema formulado ao comezo da película. O xénero cinematográfico A clasificación das películas se fai, coma no teatro, segundo o tipo de elementos comúns que abrangue. Dende unha perspectiva máis clásica esta clasificación se fai en función do ritmo, o estilo, o ton, pero, sobre todo, segundo o sentimento que procuren espertar no espectador. Atendendo a isto poderíamos distinguir entre: 1. Drama, cando se centran nos conflitos dos protagonistas, do protagonista co entorno o del consigo mesmo. 2. Comedia, cando a intención é provocar humor, entretemento e/ou risa. 3. Acción, cando o argumento supón unha interacción entre o ben e o mal que se desenvolve empregando violencia ou forza física. 4. Aventura, cando o argumento é unha aventura que comporta risco e perigo. 5. Terror, cando teñen a intención de provocar tensión, medo, ou sobresaltos. email: csjoseguia@planalfa.es www.sanjosedelaguia.com
  • 11. COLEXIO“SAN JOSÉ DE LA GUÍA” r/ Dr. Corbal, 25.- 36207 VIGO Tlfno. 986 376 153 – FAX 986 264 959 6. Ciencia ficción, relata acontecementos posibles dentro dun marco do imaxinario pero con aparencia de real. 7. Romántico, con temática amorosa e romántica 8. Musical, cuxa narración vese interrompida por fragmentos musicais. 9. Melodrama, cunha forte carga emocional ou cunha moral moi forte. 10. Cine de catástrofe, cando o tema principal é unha grande catástrofe. 11. Suspense, cando a intención principal é provocar tensión no espectador, tamén se lle adoita chamar thriller aínda que non é exactamente o mesmo, pero enténdense como dúas manifestacións dun mesmo tipo 12. Fantasía, cando contén feitos, mundos, criaturas fantásticos, imaxinados. Existen algúns tipos máis e, incluso, máis xeitos de clasificalas películas atendendo a outras características, pero nos imos centrarnos só nestas. Análise dunha película Cando queiramos analizar unha película ou curta, no noso caso centrarémonos en falar dos seguintes aspectos desta: 1. Título. 2. Xénero. 3. Arranque. Diremos ata onde consideramos que vai o arranque da película argumentando porque consideramos que esta parte é o arranque. 4. Nó. Neste caso intentaremos identificando cando comeza e cando remara o nó e por que cremos que esta parte é o nó da película. 5. Desenlace, teremos que explicar cando consideramos que comeza a resolverse o problema que se trata na película e porque cremos que esta parte é a resolución. email: csjoseguia@planalfa.es www.sanjosedelaguia.com