SlideShare a Scribd company logo
1 of 5
Download to read offline
PAU
XUÑO 2015
Código: 04
HISTORIA DA FILOSOFÍA
OPCIÓN A
Lea atentamente o seguinte texto de PLATÓN e a partir del responda as cuestións que se
formulan.
▪ Teña en conta que se trata de cuestións interrelacionadas. Procure integrar as
respostas nunha composición redactada de maneira unitaria.
▪ Na avaliación da proba teranse en conta non só os contidos do exposto
(coñecemento da materia), senón tamén as calidades formais da exposición, tanto nos
aspectos relativos ao uso dun vocabulario axeitado coma no referente á corrección
sintáctica, ortográfica e estilística.
TEXTO
—E que a xustiza consiste en facer o que é propio dun, sen meterse nas cousas alleas, é
algo que xa oímos a outros moitos e que nós dixemos repetidamente.
—En efecto, afirmámolo frecuentemente.
—Nese caso, amigo meu, a xustiza parece que consiste en facer cada un o seu, sabes de
onde o deduzo?
—Non, pero dimo ti.
—Ao meu parecer do que temos examinado, a moderación, a valentía e a sabedoría, o
que resta por ver na cidade é o que dá a todas aquelas calidades a capacidade de nacer e, unha
vez nacidas, permítelles conservarse, mentres permaneza nelas. E xa dixemos que, se
encontrabamos as tres, a xustiza sería a que restase.
(…)
—Entón, segundo parece, en relación á excelencia da cidade, a capacidade de facer cada
un o seu nela pode rivalizar coa súa sabedoría, coa súa moderación e a súa valentía.
(…)
—Pois un home xusto non diferirá en nada da cidade xusta en canto á idea da xustiza
mesma, senón que será semellante.
PLATÓN, República, IV, 433a-c, 433d e 435a-b (trad. de M. Teresa Miñambres Gómez)
CUESTIÓNS PRINCIPAIS ÁS QUE DEBE DAR RESPOSTA A COMPOSICIÓN
I) Marco histórico e conceptual (avaliación: de 0 a 2,5 puntos):
— Situar o autor do texto no marco histórico-cultural e filosófico da súa época.
— Cuestión contextual: Os sofistas e Sócrates.
II) Comprensión temática (avaliación: de 0 a 6 puntos):
— Lea atentamente o texto e a partir del responda a seguinte cuestión temática: A
concepción política de Platón: antropoloxía platónica e vinculación da alma á
cidade.
III) Cuestión transversal (avaliación: de 0 a 1,5 puntos):
— Atendendo á problemática do texto e á cuestión temática expoña, con claridade e
rigor conceptual, as relacións (de semellanza ou diferenza) con outros autores,
correntes filosóficas ou épocas da Historia da Filosofía.
— Comentario persoal.
PAU
XUÑO 2015
Código: 04
HISTORIA DA FILOSOFÍA
OPCIÓN B
Lea atentamente o seguinte texto de KANT e a partir del responda as cuestións que se
formulan.
▪ Teña en conta que se trata de cuestións interrelacionadas. Procure integrar as
respostas nunha composición redactada de maneira unitaria.
▪ Na avaliación da proba teranse en conta non só os contidos do exposto
(coñecemento da materia), senón tamén as calidades formais da exposición, tanto nos
aspectos relativos ao uso dun vocabulario axeitado coma no referente á corrección
sintáctica, ortográfica e estilística.
TEXTO
Ilustración é a saída do home da súa minoría de idade, da cal el mesmo é o culpable. Minoría de
idade é a incapacidade de servirse do seu entendemento sen a dirección doutro. Un mesmo é o culpable
desta minoría de idade cando a causa dela non reside na carencia de entendemento, senón de decisión e
valor para servirse del sen a dirección doutro. Sapere aude! Ten o valor de servirte do teu propio
entendemento!, velaí a divisa de ilustración.
Preguiza e cobardía son a causa pola que unha tan grande parte de homes moito despois de que a
natureza os ceibara da dirección allea (naturaliter maiorennes), sigan emporiso a ser con gusto toda a
vida menores de idade; e é por iso que lles resulta tan doado ós outros erixirse nos seus titores. É tan
cómodo ser menor de idade! Se teño un libro que pensa por min, un director espiritual que ten unha
conciencia moral para min, un médico que me prescribe unha dieta, etc., daquela non preciso molestarme.
Se podo pagar, non teño necesidade de pensar; xa haberá outros que asuman por min tan amoladora
tarefa. (…)
De aí que só uns poucos conseguisen co propio esforzo do seu espírito zafarse da minoría de
idade e, con todo, manter o paso firme.
Ben máis posible é, pola contra, que o público se ilustre por si mesmo; así será, de certo, case
inevitablemente con só que se deixe en liberdade.
I. KANT, “Resposta á pregunta: Que é ilustración?” (trad. de R. Martínez Castro)
CUESTIÓNS PRINCIPAIS ÁS QUE DEBE DAR RESPOSTA A COMPOSICIÓN
I) Marco histórico e conceptual (avaliación: de 0 a 2,5 puntos):
— Situar o autor do texto no marco histórico-cultural e filosófico da súa época.
— Cuestión contextual: Factores políticos, sociais e culturais que no século XVIII
conducen á Ilustración.
II) Comprensión temática (avaliación: de 0 a 6 puntos):
— Lea atentamente o texto e a partir del responda a seguinte cuestión temática: A idea
kantiana de Ilustración.
III) Cuestión transversal (avaliación: de 0 a 1,5 puntos):
— Atendendo á problemática do texto e á cuestión temática expoña, con claridade e
rigor conceptual, as relacións (de semellanza ou diferenza) con outros autores,
correntes filosóficas ou épocas da Historia da Filosofía.
— Comentario persoal.
PAU
SETEMBRO 2015
Código: 04
HISTORIA DA FILOSOFÍA
OPCIÓN A
Lea atentamente o seguinte texto de ARISTÓTELES e a partir del responda as cuestións
que se formulan.
▪ Teña en conta que se trata de cuestións interrelacionadas. Procure integrar as
respostas nunha composición redactada de maneira unitaria.
▪ Na avaliación da proba teranse en conta non só os contidos do exposto
(coñecemento da materia), senón tamén as calidades formais da exposición, tanto nos
aspectos relativos ao uso dun vocabulario axeitado coma no referente á corrección
sintáctica, ortográfica e estilística.
TEXTO
A entidade dise, se non en moitos, fundamentalmente en catro sentidos: a entidade de cada cousa
parece ser a esencia, o universal, o xénero e, en cuarto lugar, o suxeito.
O suxeito é aquilo do que todas as demais cousas son atributo, e ó mesmo tempo el non é atributo
de ningunha outra. Por iso cómpre facer primeiro unhas precisións sobre el. Pois parece que entidade é
ante todo o suxeito primeiro. E o suxeito é, nun sentido, a materia, noutro sentido a forma, en nun terceiro
sentido o conxunto das dúas (chámolle materia, coma tal, ao bronce, forma á figura ideal e conxunto das
dúas á estatua), de xeito que a forma, se é anterior á materia e ten o carácter do ser con máis intensidade,
pola mesma razón será tamén anterior ó conxunto das dúas.
Así queda feita a definición de entidade: aquilo que non é atributo dun suxeito, e aquilo do que
todo o demais é atributo.
ARISTÓTELES, Metafísica, 1028b 33-1029a 9 (trad. de T. Amado Rodríguez)
CUESTIÓNS PRINCIPAIS ÁS QUE DEBE DAR RESPOSTA A COMPOSICIÓN
IV) Marco histórico e conceptual (avaliación: de 0 a 2,5 puntos):
— Situar o autor do texto no marco histórico-cultural e filosófico da súa época.
— Cuestión contextual: Antecedentes presocráticos.
V) Comprensión temática (avaliación: de 0 a 6 puntos):
— Lea atentamente o texto e a partir del responda a seguinte cuestión temática: Física e
Metafísica en Aristóteles: hilemorfismo, cambio e causalidade.
VI) Cuestión transversal (avaliación: de 0 a 1,5 puntos):
— Atendendo á problemática do texto e á cuestión temática expoña, con claridade e
rigor conceptual, as relacións (de semellanza ou diferenza) con outros autores,
correntes filosóficas ou épocas da Historia da Filosofía.
— Comentario persoal.
PAU
SETEMBRO 2015
Código: 04
HISTORIA DA FILOSOFÍA
OPCIÓN B
Lea atentamente o seguinte texto de LOCKE e a partir del responda as cuestións que se
formulan.
▪ Teña en conta que se trata de cuestións interrelacionadas. Procure integrar as
respostas nunha composición redactada de maneira unitaria.
▪ Na avaliación da proba teranse en conta non só os contidos do exposto
(coñecemento da materia), senón tamén as calidades formais da exposición, tanto nos
aspectos relativos ao uso dun vocabulario axeitado coma no referente á corrección
sintáctica, ortográfica e estilística.
TEXTO
Pero, aínda que este sexa un estado de liberdade, non é, porén, un estado licencioso; aínda que o
home neste estado teña unha incontrolada liberdade para dispor da súa persoa e propiedades, con todo,
non ten liberdade para destruírse a si mesmo, ou menos aínda a calquera criatura que estea no seu poder,
excepto no caso en que algunha razón máis nobre que a súa preservación o guiase. O estado de Natureza
ten unha lei da Natureza para gobernarse, a cal obriga a todo o mundo, e esta é a razón, a cal ensina a
todos os homes, só con que queiran consultala, que, sendo todos iguais e independentes, ninguén debe
danar a outro na súa vida, saúde, liberdade ou posesións; xa que, sendo todas as persoas a obra dun
Creador omnipotente e infinito; todos serventes dun xefe soberano, enviados ó mundo baixo a súa orde e
negocio, eles son a súa propiedade, a súa obra, e foron feitos para durar mentres el o queira, e non
mentres a outro lle praza. E sendo creados con tales facultades, compartindo todos a mesma comunidade
de natureza, non pode ser suposta ningunha subordinación entre nós que nos autorice a destruírnos uns a
outros como se foramos feitos para outros usos, como as criaturas de inferior rango o foron con respecto a
nós.
J. LOCKE, Segundo tratado sobre o goberno, § 6 (trad. de Mª E. González Escudero)
CUESTIÓNS PRINCIPAIS ÁS QUE DEBE DAR RESPOSTA A COMPOSICIÓN
I) Marco histórico e conceptual (avaliación: de 0 a 2,5 puntos):
— Situar o autor do texto no marco histórico-cultural e filosófico da súa época.
— Cuestión contextual: Renacemento e Reforma.
II) Comprensión temática (avaliación: de 0 a 6 puntos):
— Lea atentamente o texto e a partir del responda a seguinte cuestión temática: A idea
de “estado de natureza” como fundamento ideolóxico do novo Estado burgués: a
teoría do contrato social en Locke.
III) Cuestión transversal (avaliación: de 0 a 1,5 puntos):
— Atendendo á problemática do texto e á cuestión temática expoña, con claridade e
rigor conceptual, as relacións (de semellanza ou diferenza) con outros autores,
correntes filosóficas ou épocas da Historia da Filosofía.
— Comentario persoal.
CONVOCATORIAS DE XUÑO E SETEMBRO
A cualificación máxima (10 ptos.) distribuirase do seguinte xeito:
1ª parte: MARCO HISTÓRICO E CONCEPTUAL 2,5
Distribuídos consonte aos seguintes criterios e proporcións:
— Contextualización xeral ………………………………… 1,25
— Cuestión específica de contextualización ………………. 1,25
(Trátase de avaliar os coñecementos sobre a época na que se sitúa o autor, tendo principalmente en conta a
relevancia filosófica dos trazos que se mencionen. Isto non inclúe a mera mención de anécdotas.)
2ª parte: COMPRENSIÓN TEMÁTICA 6
(Trátase de avaliar os coñecementos sobre o autor centrándose na temática formulada e, en relación con
esta, na comprensión do texto.)
3ª parte: CUESTIÓN TRANSVERSAL 1,5
Distribuídos consonte aos seguintes criterios e proporcións:
— Cuestión transversal …………………………………… 1,5
— Comentario persoal ……………………………………. [0,5]
(Trátase de avaliar a capacidade do alumno/a para situar a cuestión temática no horizonte global da
Historia da Filosofía.
Hai que contar coa posibilidade de que un/unha alumno/a poida introducir algún comentario persoal atinado
que poña en evidencia a súa comprensión. Os comentarios persoais que o/a alumno/a poida eventualmente facer, se
son pertinentes e atinados, poden ser avaliados ata 0,5 ptos. Isto é: o/a alumno/a que introduce comentarios
pertinentes e atinados outorgaríanselle 0,5 ptos., que se sumarían á cualificación parcial que merecese a resposta á
cuestión transversal.)
Todas estas cualificacións presupoñen que estamos diante dunha composición unitaria, ben estruturada,
correcta desde o punto de vista sintáctico, escrita con pulcritude, respectando escrupulosamente a normativa
ortográfica, usando o léxico axeitado e poñendo en evidencia unha boa comprensión dos conceptos concernidos. Así
pois, a corrección deberá tomar en conta os seguintes aspectos:
1. Orde e articulación da composición
2. Corrección ortográfica e gramatical
3. Riqueza léxica
4. Precisión conceptual
— Entre os “defectos de composición” débese penalizar o recurso abusivo a esquemas e cadros que claramente
pretendan substituír a exposición verbal, respectando, claro está, aqueles esquemas ou cadros que, sen eludir a
redacción, estean oportunamente introducidos como complementos da mesma.
— O carácter unitario da exposición non se desprende da mera ausencia de compartimentación, senón que se refire á
efectiva estruturación unitaria.
— No tocante á corrección ortográfica e gramatical debemos ser tolerantes cos erros eventuais achacables ás
circunstancias propias dun exame. Tamén podemos interpretar con lasitude erros particulares e reiterativos
(incorreccións ortográficas limitadas en tal ou cal expresión, construción defectuosa de tal ou cal estrutura
gramatical). Temos, iso si, que prestar atención ao teor xeral do exercicio, sobre todo á combinación de reiteración e
diversidade nas incorreccións ortográficas, revelando grave descoñecemento e/ou desidia, así como á incapacidade
para manter un nivel xeral de corrección gramatical.
— No que atinxe ao uso do léxico e máis á comprensión conceptual tense que ser rigoroso con aqueles termos e
conceptos que resulten esenciais para a comprensión do texto e das cuestións formuladas, así como para a correcta
elaboración das respostas. Debemos penalizar os defectos expresivos que denoten carencias discursivas graves
dentro do nivel esixible para unha persoa que aspire a acceder á Universidade.

More Related Content

Viewers also liked

السيرة الذاتية
السيرة الذاتيةالسيرة الذاتية
السيرة الذاتيةahmad nassar
 
Projecte pel premi corre per compromís, inclusió ètnica. Genís López Artiga
Projecte pel premi corre per compromís, inclusió ètnica. Genís López ArtigaProjecte pel premi corre per compromís, inclusió ètnica. Genís López Artiga
Projecte pel premi corre per compromís, inclusió ètnica. Genís López ArtigaSociologiainefc
 
Resumotodoproxcom
ResumotodoproxcomResumotodoproxcom
Resumotodoproxcommicnet100
 
"Córrer per compromís" - Eloy Blanco, Joan Martí, Marc Prat i Pere Pons
"Córrer per compromís" - Eloy Blanco, Joan Martí, Marc Prat i Pere Pons"Córrer per compromís" - Eloy Blanco, Joan Martí, Marc Prat i Pere Pons
"Córrer per compromís" - Eloy Blanco, Joan Martí, Marc Prat i Pere PonsSociologiainefc
 
Projecte discapacitat i vela
Projecte discapacitat i vela Projecte discapacitat i vela
Projecte discapacitat i vela Sociologiainefc
 

Viewers also liked (9)

Letter of rec - dustin
Letter of rec - dustinLetter of rec - dustin
Letter of rec - dustin
 
GlobalGayPoster
GlobalGayPosterGlobalGayPoster
GlobalGayPoster
 
Pau 2013 h_filosofia
Pau 2013 h_filosofia Pau 2013 h_filosofia
Pau 2013 h_filosofia
 
السيرة الذاتية
السيرة الذاتيةالسيرة الذاتية
السيرة الذاتية
 
Projecte pel premi corre per compromís, inclusió ètnica. Genís López Artiga
Projecte pel premi corre per compromís, inclusió ètnica. Genís López ArtigaProjecte pel premi corre per compromís, inclusió ètnica. Genís López Artiga
Projecte pel premi corre per compromís, inclusió ètnica. Genís López Artiga
 
Fase3 formato entrega
Fase3 formato entregaFase3 formato entrega
Fase3 formato entrega
 
Resumotodoproxcom
ResumotodoproxcomResumotodoproxcom
Resumotodoproxcom
 
"Córrer per compromís" - Eloy Blanco, Joan Martí, Marc Prat i Pere Pons
"Córrer per compromís" - Eloy Blanco, Joan Martí, Marc Prat i Pere Pons"Córrer per compromís" - Eloy Blanco, Joan Martí, Marc Prat i Pere Pons
"Córrer per compromís" - Eloy Blanco, Joan Martí, Marc Prat i Pere Pons
 
Projecte discapacitat i vela
Projecte discapacitat i vela Projecte discapacitat i vela
Projecte discapacitat i vela
 

Similar to Pau 2015 h_filosofia

Modelo Exame Filosofía
Modelo Exame  FilosofíaModelo Exame  Filosofía
Modelo Exame Filosofíanieveslopez
 
Ensaiosubversivo
EnsaiosubversivoEnsaiosubversivo
Ensaiosubversivopremiogd
 
Unidade 1: O saber filosófico
Unidade 1: O saber filosóficoUnidade 1: O saber filosófico
Unidade 1: O saber filosóficoEva Garea
 
Programación Historia da Filosofía
Programación Historia da FilosofíaProgramación Historia da Filosofía
Programación Historia da FilosofíaEva Garea
 
Xeral corenta anos de escola rematado antonio
Xeral corenta anos de escola rematado antonioXeral corenta anos de escola rematado antonio
Xeral corenta anos de escola rematado antoniosatelite1
 
Outra educación ten que ser posíbel. Jurjo Torres Santomé (2007)
Outra educación ten que ser posíbel.   Jurjo Torres Santomé (2007)Outra educación ten que ser posíbel.   Jurjo Torres Santomé (2007)
Outra educación ten que ser posíbel. Jurjo Torres Santomé (2007)Jurjo Torres Santomé
 
Que es filosofia2
Que es filosofia2Que es filosofia2
Que es filosofia2Eva Garea
 
Memoria Matrix Decodificado
Memoria Matrix DecodificadoMemoria Matrix Decodificado
Memoria Matrix DecodificadoEva Garea
 
Disertacion2019
Disertacion2019Disertacion2019
Disertacion2019Eva Garea
 
1. O saber filosófico
1. O saber filosófico1. O saber filosófico
1. O saber filosóficoAfrica Lopez
 
Comentario de Textos Históricos
Comentario de Textos HistóricosComentario de Textos Históricos
Comentario de Textos HistóricosDudas-Historia
 

Similar to Pau 2015 h_filosofia (16)

Modelo Exame Filosofía
Modelo Exame  FilosofíaModelo Exame  Filosofía
Modelo Exame Filosofía
 
Ensaiosubversivo
EnsaiosubversivoEnsaiosubversivo
Ensaiosubversivo
 
Pau 2014 h_filosofia
Pau 2014 h_filosofiaPau 2014 h_filosofia
Pau 2014 h_filosofia
 
Unidade 1: O saber filosófico
Unidade 1: O saber filosóficoUnidade 1: O saber filosófico
Unidade 1: O saber filosófico
 
Historia da filosofia presentación da materia
Historia da filosofia   presentación da materiaHistoria da filosofia   presentación da materia
Historia da filosofia presentación da materia
 
Kant 10-11-t1
Kant 10-11-t1Kant 10-11-t1
Kant 10-11-t1
 
Programación Historia da Filosofía
Programación Historia da FilosofíaProgramación Historia da Filosofía
Programación Historia da Filosofía
 
Historia da filosofia presentación da materia
Historia da filosofia   presentación da materiaHistoria da filosofia   presentación da materia
Historia da filosofia presentación da materia
 
Léxico
LéxicoLéxico
Léxico
 
Xeral corenta anos de escola rematado antonio
Xeral corenta anos de escola rematado antonioXeral corenta anos de escola rematado antonio
Xeral corenta anos de escola rematado antonio
 
Outra educación ten que ser posíbel. Jurjo Torres Santomé (2007)
Outra educación ten que ser posíbel.   Jurjo Torres Santomé (2007)Outra educación ten que ser posíbel.   Jurjo Torres Santomé (2007)
Outra educación ten que ser posíbel. Jurjo Torres Santomé (2007)
 
Que es filosofia2
Que es filosofia2Que es filosofia2
Que es filosofia2
 
Memoria Matrix Decodificado
Memoria Matrix DecodificadoMemoria Matrix Decodificado
Memoria Matrix Decodificado
 
Disertacion2019
Disertacion2019Disertacion2019
Disertacion2019
 
1. O saber filosófico
1. O saber filosófico1. O saber filosófico
1. O saber filosófico
 
Comentario de Textos Históricos
Comentario de Textos HistóricosComentario de Textos Históricos
Comentario de Textos Históricos
 

More from Filosofia Ies A Pinguela

Modelo2 programacion-unidad-didactica-clil-template 1
Modelo2 programacion-unidad-didactica-clil-template 1Modelo2 programacion-unidad-didactica-clil-template 1
Modelo2 programacion-unidad-didactica-clil-template 1Filosofia Ies A Pinguela
 
Modelo programacion-unidad-didactica-clil-template 1
Modelo programacion-unidad-didactica-clil-template 1Modelo programacion-unidad-didactica-clil-template 1
Modelo programacion-unidad-didactica-clil-template 1Filosofia Ies A Pinguela
 
Cm 2008 - xuño - xeografía, historia e sociedade
Cm   2008 - xuño - xeografía, historia e sociedadeCm   2008 - xuño - xeografía, historia e sociedade
Cm 2008 - xuño - xeografía, historia e sociedadeFilosofia Ies A Pinguela
 
Cm 2007 - xuño - xeografía, historia e sociedade
Cm   2007 - xuño - xeografía, historia e sociedadeCm   2007 - xuño - xeografía, historia e sociedade
Cm 2007 - xuño - xeografía, historia e sociedadeFilosofia Ies A Pinguela
 

More from Filosofia Ies A Pinguela (20)

Glosario4 video
Glosario4 videoGlosario4 video
Glosario4 video
 
Glosario3 audio
Glosario3 audioGlosario3 audio
Glosario3 audio
 
Glosario1 blogs
Glosario1 blogsGlosario1 blogs
Glosario1 blogs
 
Filosofía antigua y medieval
Filosofía antigua y medievalFilosofía antigua y medieval
Filosofía antigua y medieval
 
01 blogs[1]
01 blogs[1]01 blogs[1]
01 blogs[1]
 
Moodle manual del_usuario_ulpgc
Moodle manual del_usuario_ulpgcMoodle manual del_usuario_ulpgc
Moodle manual del_usuario_ulpgc
 
Principios y aspectos básicos de aicle
Principios y aspectos básicos de aiclePrincipios y aspectos básicos de aicle
Principios y aspectos básicos de aicle
 
Modelo2 programacion-unidad-didactica-clil-template 1
Modelo2 programacion-unidad-didactica-clil-template 1Modelo2 programacion-unidad-didactica-clil-template 1
Modelo2 programacion-unidad-didactica-clil-template 1
 
Modelo programacion-unidad-didactica-clil-template 1
Modelo programacion-unidad-didactica-clil-template 1Modelo programacion-unidad-didactica-clil-template 1
Modelo programacion-unidad-didactica-clil-template 1
 
Cm 2009 - amarelo - ciencias sociais
Cm   2009 - amarelo - ciencias sociaisCm   2009 - amarelo - ciencias sociais
Cm 2009 - amarelo - ciencias sociais
 
Cm 2008 - xuño - xeografía, historia e sociedade
Cm   2008 - xuño - xeografía, historia e sociedadeCm   2008 - xuño - xeografía, historia e sociedade
Cm 2008 - xuño - xeografía, historia e sociedade
 
Cm 2007 - xuño - xeografía, historia e sociedade
Cm   2007 - xuño - xeografía, historia e sociedadeCm   2007 - xuño - xeografía, historia e sociedade
Cm 2007 - xuño - xeografía, historia e sociedade
 
Sol gm ciencias_sociais_maio2012_amarelo
Sol gm ciencias_sociais_maio2012_amareloSol gm ciencias_sociais_maio2012_amarelo
Sol gm ciencias_sociais_maio2012_amarelo
 
Sol gm ciencias_sociais_maio2012_azul
Sol gm ciencias_sociais_maio2012_azulSol gm ciencias_sociais_maio2012_azul
Sol gm ciencias_sociais_maio2012_azul
 
Sol gm-ciencias_sociais_xuno2011_amarelo
 Sol gm-ciencias_sociais_xuno2011_amarelo Sol gm-ciencias_sociais_xuno2011_amarelo
Sol gm-ciencias_sociais_xuno2011_amarelo
 
Sol gm-ciencias_sociais_xuno2011_azul
 Sol gm-ciencias_sociais_xuno2011_azul Sol gm-ciencias_sociais_xuno2011_azul
Sol gm-ciencias_sociais_xuno2011_azul
 
Apuntes historia-filosofia-boulesis-2013
Apuntes historia-filosofia-boulesis-2013Apuntes historia-filosofia-boulesis-2013
Apuntes historia-filosofia-boulesis-2013
 
Workbook i tae2
Workbook i tae2Workbook i tae2
Workbook i tae2
 
Tome 08-09-t2
Tome 08-09-t2Tome 08-09-t2
Tome 08-09-t2
 
Tome 08-09-t1
Tome 08-09-t1Tome 08-09-t1
Tome 08-09-t1
 

Pau 2015 h_filosofia

  • 1. PAU XUÑO 2015 Código: 04 HISTORIA DA FILOSOFÍA OPCIÓN A Lea atentamente o seguinte texto de PLATÓN e a partir del responda as cuestións que se formulan. ▪ Teña en conta que se trata de cuestións interrelacionadas. Procure integrar as respostas nunha composición redactada de maneira unitaria. ▪ Na avaliación da proba teranse en conta non só os contidos do exposto (coñecemento da materia), senón tamén as calidades formais da exposición, tanto nos aspectos relativos ao uso dun vocabulario axeitado coma no referente á corrección sintáctica, ortográfica e estilística. TEXTO —E que a xustiza consiste en facer o que é propio dun, sen meterse nas cousas alleas, é algo que xa oímos a outros moitos e que nós dixemos repetidamente. —En efecto, afirmámolo frecuentemente. —Nese caso, amigo meu, a xustiza parece que consiste en facer cada un o seu, sabes de onde o deduzo? —Non, pero dimo ti. —Ao meu parecer do que temos examinado, a moderación, a valentía e a sabedoría, o que resta por ver na cidade é o que dá a todas aquelas calidades a capacidade de nacer e, unha vez nacidas, permítelles conservarse, mentres permaneza nelas. E xa dixemos que, se encontrabamos as tres, a xustiza sería a que restase. (…) —Entón, segundo parece, en relación á excelencia da cidade, a capacidade de facer cada un o seu nela pode rivalizar coa súa sabedoría, coa súa moderación e a súa valentía. (…) —Pois un home xusto non diferirá en nada da cidade xusta en canto á idea da xustiza mesma, senón que será semellante. PLATÓN, República, IV, 433a-c, 433d e 435a-b (trad. de M. Teresa Miñambres Gómez) CUESTIÓNS PRINCIPAIS ÁS QUE DEBE DAR RESPOSTA A COMPOSICIÓN I) Marco histórico e conceptual (avaliación: de 0 a 2,5 puntos): — Situar o autor do texto no marco histórico-cultural e filosófico da súa época. — Cuestión contextual: Os sofistas e Sócrates. II) Comprensión temática (avaliación: de 0 a 6 puntos): — Lea atentamente o texto e a partir del responda a seguinte cuestión temática: A concepción política de Platón: antropoloxía platónica e vinculación da alma á cidade. III) Cuestión transversal (avaliación: de 0 a 1,5 puntos): — Atendendo á problemática do texto e á cuestión temática expoña, con claridade e rigor conceptual, as relacións (de semellanza ou diferenza) con outros autores, correntes filosóficas ou épocas da Historia da Filosofía. — Comentario persoal.
  • 2. PAU XUÑO 2015 Código: 04 HISTORIA DA FILOSOFÍA OPCIÓN B Lea atentamente o seguinte texto de KANT e a partir del responda as cuestións que se formulan. ▪ Teña en conta que se trata de cuestións interrelacionadas. Procure integrar as respostas nunha composición redactada de maneira unitaria. ▪ Na avaliación da proba teranse en conta non só os contidos do exposto (coñecemento da materia), senón tamén as calidades formais da exposición, tanto nos aspectos relativos ao uso dun vocabulario axeitado coma no referente á corrección sintáctica, ortográfica e estilística. TEXTO Ilustración é a saída do home da súa minoría de idade, da cal el mesmo é o culpable. Minoría de idade é a incapacidade de servirse do seu entendemento sen a dirección doutro. Un mesmo é o culpable desta minoría de idade cando a causa dela non reside na carencia de entendemento, senón de decisión e valor para servirse del sen a dirección doutro. Sapere aude! Ten o valor de servirte do teu propio entendemento!, velaí a divisa de ilustración. Preguiza e cobardía son a causa pola que unha tan grande parte de homes moito despois de que a natureza os ceibara da dirección allea (naturaliter maiorennes), sigan emporiso a ser con gusto toda a vida menores de idade; e é por iso que lles resulta tan doado ós outros erixirse nos seus titores. É tan cómodo ser menor de idade! Se teño un libro que pensa por min, un director espiritual que ten unha conciencia moral para min, un médico que me prescribe unha dieta, etc., daquela non preciso molestarme. Se podo pagar, non teño necesidade de pensar; xa haberá outros que asuman por min tan amoladora tarefa. (…) De aí que só uns poucos conseguisen co propio esforzo do seu espírito zafarse da minoría de idade e, con todo, manter o paso firme. Ben máis posible é, pola contra, que o público se ilustre por si mesmo; así será, de certo, case inevitablemente con só que se deixe en liberdade. I. KANT, “Resposta á pregunta: Que é ilustración?” (trad. de R. Martínez Castro) CUESTIÓNS PRINCIPAIS ÁS QUE DEBE DAR RESPOSTA A COMPOSICIÓN I) Marco histórico e conceptual (avaliación: de 0 a 2,5 puntos): — Situar o autor do texto no marco histórico-cultural e filosófico da súa época. — Cuestión contextual: Factores políticos, sociais e culturais que no século XVIII conducen á Ilustración. II) Comprensión temática (avaliación: de 0 a 6 puntos): — Lea atentamente o texto e a partir del responda a seguinte cuestión temática: A idea kantiana de Ilustración. III) Cuestión transversal (avaliación: de 0 a 1,5 puntos): — Atendendo á problemática do texto e á cuestión temática expoña, con claridade e rigor conceptual, as relacións (de semellanza ou diferenza) con outros autores, correntes filosóficas ou épocas da Historia da Filosofía. — Comentario persoal.
  • 3. PAU SETEMBRO 2015 Código: 04 HISTORIA DA FILOSOFÍA OPCIÓN A Lea atentamente o seguinte texto de ARISTÓTELES e a partir del responda as cuestións que se formulan. ▪ Teña en conta que se trata de cuestións interrelacionadas. Procure integrar as respostas nunha composición redactada de maneira unitaria. ▪ Na avaliación da proba teranse en conta non só os contidos do exposto (coñecemento da materia), senón tamén as calidades formais da exposición, tanto nos aspectos relativos ao uso dun vocabulario axeitado coma no referente á corrección sintáctica, ortográfica e estilística. TEXTO A entidade dise, se non en moitos, fundamentalmente en catro sentidos: a entidade de cada cousa parece ser a esencia, o universal, o xénero e, en cuarto lugar, o suxeito. O suxeito é aquilo do que todas as demais cousas son atributo, e ó mesmo tempo el non é atributo de ningunha outra. Por iso cómpre facer primeiro unhas precisións sobre el. Pois parece que entidade é ante todo o suxeito primeiro. E o suxeito é, nun sentido, a materia, noutro sentido a forma, en nun terceiro sentido o conxunto das dúas (chámolle materia, coma tal, ao bronce, forma á figura ideal e conxunto das dúas á estatua), de xeito que a forma, se é anterior á materia e ten o carácter do ser con máis intensidade, pola mesma razón será tamén anterior ó conxunto das dúas. Así queda feita a definición de entidade: aquilo que non é atributo dun suxeito, e aquilo do que todo o demais é atributo. ARISTÓTELES, Metafísica, 1028b 33-1029a 9 (trad. de T. Amado Rodríguez) CUESTIÓNS PRINCIPAIS ÁS QUE DEBE DAR RESPOSTA A COMPOSICIÓN IV) Marco histórico e conceptual (avaliación: de 0 a 2,5 puntos): — Situar o autor do texto no marco histórico-cultural e filosófico da súa época. — Cuestión contextual: Antecedentes presocráticos. V) Comprensión temática (avaliación: de 0 a 6 puntos): — Lea atentamente o texto e a partir del responda a seguinte cuestión temática: Física e Metafísica en Aristóteles: hilemorfismo, cambio e causalidade. VI) Cuestión transversal (avaliación: de 0 a 1,5 puntos): — Atendendo á problemática do texto e á cuestión temática expoña, con claridade e rigor conceptual, as relacións (de semellanza ou diferenza) con outros autores, correntes filosóficas ou épocas da Historia da Filosofía. — Comentario persoal.
  • 4. PAU SETEMBRO 2015 Código: 04 HISTORIA DA FILOSOFÍA OPCIÓN B Lea atentamente o seguinte texto de LOCKE e a partir del responda as cuestións que se formulan. ▪ Teña en conta que se trata de cuestións interrelacionadas. Procure integrar as respostas nunha composición redactada de maneira unitaria. ▪ Na avaliación da proba teranse en conta non só os contidos do exposto (coñecemento da materia), senón tamén as calidades formais da exposición, tanto nos aspectos relativos ao uso dun vocabulario axeitado coma no referente á corrección sintáctica, ortográfica e estilística. TEXTO Pero, aínda que este sexa un estado de liberdade, non é, porén, un estado licencioso; aínda que o home neste estado teña unha incontrolada liberdade para dispor da súa persoa e propiedades, con todo, non ten liberdade para destruírse a si mesmo, ou menos aínda a calquera criatura que estea no seu poder, excepto no caso en que algunha razón máis nobre que a súa preservación o guiase. O estado de Natureza ten unha lei da Natureza para gobernarse, a cal obriga a todo o mundo, e esta é a razón, a cal ensina a todos os homes, só con que queiran consultala, que, sendo todos iguais e independentes, ninguén debe danar a outro na súa vida, saúde, liberdade ou posesións; xa que, sendo todas as persoas a obra dun Creador omnipotente e infinito; todos serventes dun xefe soberano, enviados ó mundo baixo a súa orde e negocio, eles son a súa propiedade, a súa obra, e foron feitos para durar mentres el o queira, e non mentres a outro lle praza. E sendo creados con tales facultades, compartindo todos a mesma comunidade de natureza, non pode ser suposta ningunha subordinación entre nós que nos autorice a destruírnos uns a outros como se foramos feitos para outros usos, como as criaturas de inferior rango o foron con respecto a nós. J. LOCKE, Segundo tratado sobre o goberno, § 6 (trad. de Mª E. González Escudero) CUESTIÓNS PRINCIPAIS ÁS QUE DEBE DAR RESPOSTA A COMPOSICIÓN I) Marco histórico e conceptual (avaliación: de 0 a 2,5 puntos): — Situar o autor do texto no marco histórico-cultural e filosófico da súa época. — Cuestión contextual: Renacemento e Reforma. II) Comprensión temática (avaliación: de 0 a 6 puntos): — Lea atentamente o texto e a partir del responda a seguinte cuestión temática: A idea de “estado de natureza” como fundamento ideolóxico do novo Estado burgués: a teoría do contrato social en Locke. III) Cuestión transversal (avaliación: de 0 a 1,5 puntos): — Atendendo á problemática do texto e á cuestión temática expoña, con claridade e rigor conceptual, as relacións (de semellanza ou diferenza) con outros autores, correntes filosóficas ou épocas da Historia da Filosofía. — Comentario persoal.
  • 5. CONVOCATORIAS DE XUÑO E SETEMBRO A cualificación máxima (10 ptos.) distribuirase do seguinte xeito: 1ª parte: MARCO HISTÓRICO E CONCEPTUAL 2,5 Distribuídos consonte aos seguintes criterios e proporcións: — Contextualización xeral ………………………………… 1,25 — Cuestión específica de contextualización ………………. 1,25 (Trátase de avaliar os coñecementos sobre a época na que se sitúa o autor, tendo principalmente en conta a relevancia filosófica dos trazos que se mencionen. Isto non inclúe a mera mención de anécdotas.) 2ª parte: COMPRENSIÓN TEMÁTICA 6 (Trátase de avaliar os coñecementos sobre o autor centrándose na temática formulada e, en relación con esta, na comprensión do texto.) 3ª parte: CUESTIÓN TRANSVERSAL 1,5 Distribuídos consonte aos seguintes criterios e proporcións: — Cuestión transversal …………………………………… 1,5 — Comentario persoal ……………………………………. [0,5] (Trátase de avaliar a capacidade do alumno/a para situar a cuestión temática no horizonte global da Historia da Filosofía. Hai que contar coa posibilidade de que un/unha alumno/a poida introducir algún comentario persoal atinado que poña en evidencia a súa comprensión. Os comentarios persoais que o/a alumno/a poida eventualmente facer, se son pertinentes e atinados, poden ser avaliados ata 0,5 ptos. Isto é: o/a alumno/a que introduce comentarios pertinentes e atinados outorgaríanselle 0,5 ptos., que se sumarían á cualificación parcial que merecese a resposta á cuestión transversal.) Todas estas cualificacións presupoñen que estamos diante dunha composición unitaria, ben estruturada, correcta desde o punto de vista sintáctico, escrita con pulcritude, respectando escrupulosamente a normativa ortográfica, usando o léxico axeitado e poñendo en evidencia unha boa comprensión dos conceptos concernidos. Así pois, a corrección deberá tomar en conta os seguintes aspectos: 1. Orde e articulación da composición 2. Corrección ortográfica e gramatical 3. Riqueza léxica 4. Precisión conceptual — Entre os “defectos de composición” débese penalizar o recurso abusivo a esquemas e cadros que claramente pretendan substituír a exposición verbal, respectando, claro está, aqueles esquemas ou cadros que, sen eludir a redacción, estean oportunamente introducidos como complementos da mesma. — O carácter unitario da exposición non se desprende da mera ausencia de compartimentación, senón que se refire á efectiva estruturación unitaria. — No tocante á corrección ortográfica e gramatical debemos ser tolerantes cos erros eventuais achacables ás circunstancias propias dun exame. Tamén podemos interpretar con lasitude erros particulares e reiterativos (incorreccións ortográficas limitadas en tal ou cal expresión, construción defectuosa de tal ou cal estrutura gramatical). Temos, iso si, que prestar atención ao teor xeral do exercicio, sobre todo á combinación de reiteración e diversidade nas incorreccións ortográficas, revelando grave descoñecemento e/ou desidia, así como á incapacidade para manter un nivel xeral de corrección gramatical. — No que atinxe ao uso do léxico e máis á comprensión conceptual tense que ser rigoroso con aqueles termos e conceptos que resulten esenciais para a comprensión do texto e das cuestións formuladas, así como para a correcta elaboración das respostas. Debemos penalizar os defectos expresivos que denoten carencias discursivas graves dentro do nivel esixible para unha persoa que aspire a acceder á Universidade.