SlideShare a Scribd company logo
1 of 13
Download to read offline
ÍNDICE
I. INTRODUCIÓN
1. Datos xerais
2. Que se pretende con esta unidade
II. OBXECTIVOS XERAIS (Selección e priorización)
1. Obxectivos específicos da unidade.
III. CONTIDOS.
1. Conceptuais.
2. Procedimentais.
3. Actitudinais.
IV. ACTIVIDADES DE ENSINANZA APRENDIZAXE.
(Secuenciación).
1. Actividades de comprensión.
2. Actividades de aplicación.
3. Actividades Complementarias/Extraescolares.
4. Actividades ordinarias de aula
V. PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN
1. Criterios xerais.
2. Criterios específicos desta unidade.
3. Criterios cualitativos.
4. Criterios formais.
VI. ANEXO. (TÁBOA DE AVALIACIÓN)
Ciencia
por petiska
I. INTRODUCIÓN
1.- DATOS XERAIS
Curso: Primeiro de Bacharelato.
Centro: EPA BERBÉS
Trimestre: Primeiro.
Número de sesións: catro
Data de inicio: Unha vez rematado o primeiro núcleo temático adicado Ó saber
filosófico (catro sesións). Iníciase o segundo núcleo adicado ó Coñecemento. Unidade
nº 2: O coñecemento científico. Orixes, método e límites.
O desenvolvemento desta unidade aparece vencellado ó resto de unidades que
compoñen este núcleo temático, a lóxica, o problema da verdade e a linguaxe.
Séguese o currículo prescritivo para esta etapa educativa. Obxectivos, contidos
criteros de avaliación, establecidos no Decreto 275/94 do 29 de Xullo (Dog.31de Agosto)
modificado polo Decreto 231/2002, do seis de xuño (dog 15 de xullo) e na orde do 2 de
maio de 1996 (dog do 30).
2.- QUE SE PRETENDE CON ESTA UNIDADE.
En función do método elixido pódense establecer diferentes tipos de coñecementos
en base ós obxectivos que se persigan, atendendo ó obxecto, ós suxeitos que coñecen
ou os fins perseguidos. Entre eses tipos hai un de especial importancia: a ciencia.
A ciencia é un modo de coñecemento baseado nunha metodoloxía que, malia ser variada
e múltiple, posúe certas características comúns, como pode ser o intento de explica-los
fenómenos mediante observacións facendo inferenzas con rigor, buscando regularidades
que permitan preve-los acontecementos.
Tanto a filosofia como a ciencia dende unha perspectiva materalista que é a que
defendemos na exposición da asiganatura, aparecen relacionadas ata o punto que a
filosofia como saber de segundo grao, presupón outros saberes previos que son
precisamente as ciencias. Ademáis a ciencia dalle que pensar ó filósofo, por canto pode
analiza-los presupostos ontolóxicos cos que traballa a investigación científica. Por outra
banda á filosofia interésalle o científico, tamén polo que lle aporta cada campo categorial
como material de traballo para o desenvolvemento das Ideas filosóficas e a súa relación
dialéctica.
Coñece-las claves do método científico, as súas características e a reflexión que a
filosofía fai ó respecto é un dos obxectivos fundamentais desta unidade.
II. OBXECTIVOS XERAIS (Selección e priorización)
Consolidar unha madurez persoal, social, intelectual e moral que lles permita
actuar de forma responsable e autónoma.
Dominar a linguaxe filosófica e os coñecementos científicos e tecnolóxicos
fundamentais.
Participar de forma solidaria no desenvolvemento e mellora de seu entorno
social.
Comprender os problemas filosóficos e empregar con propiedade os conceptos
e términos utilizados na súa análise e discusión.
Adoptar unha actitude crítica ante todo intento de xustificación de
desigualdades sociais.
1. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS DA UNIDADE
Introducir no marco do coñecemento en xeral a noción de coñecemento
científico.
Distinguir os diversos tipos de ciencias no ámbito do saber científico: as
formais e as empíricas (naturais e sociais).
Coñece-los principais métodos científicos, usando adecuadamente os términos
empregados.
Coñece-las reflexións que se levan feito dende a filosofia da ciencia para
enfocar e resolve-los problemas que xiran sobor o coñecemento científico.
Diferenciar o saber científico e o técnico.
Analiza-los problemas que plantexa hoxe a tecnoloxía á humanidade, e
amosar como o saber filosófico (a ética) os enfoca dende a responsabilidade e a
emancipación.
III. CONTIDOS
Haberán de ser o suficientemente claros e a ser posible deberán relacionarse cos
doutras asignaturas, especialmente coas de contidos científicos. É necesario combinar os
conceptuais e os actitudinais
1.- Conceptuais.
Conceptos básicos: definición, demostración, inducción, deducción,
axiomático, contrastación, falsación, explicación, compensión, hermenéutica.
Evolución que se producíu no concepto de “ciencia”.
Características dos principais métodos do saber científico: método axiomático,
método hipotético-deductivo ou experimental, método das ciencias empírico-
sociais.
Discusións que, dende a filosofía da ciencia, contribuíron a modificar a forma
de comprender a ciencia.
Relacións entre ciencia, técnica e tecnoloxía.
Límites do coñecemento científico.
2.- Procedimentais.
Búsqueda de información sobre os conceptos básicos que se estudan na
unidade.
Elaboración de mapas conceptuais que permitan relacionar as ideas
traballadas.
Utilización de exemplos prácticos que amosen as diferenzas existentes entre
os diversos métodos científicos.
Análise das condicións históricas, sociais, económicas, etc, que fan posible en
cada momento o desenvolvemento do coñecemento científico.
Comentarios de textos seleccionados para a unidade.
3.- Actitudinais.
Interese por coñece-la evolución e a situación actual do coñecemento
científico.
Actitude crítica para plantexar unha reflexión sobre os problemas que encerra o
coñecemento científico.
Recoñecemento das grandes posibilidades que a ciencia e a tecnoloxía abren
ó progreso e futuro da humanidade.
Respecto da dignidade do ser humán como límite para as pretensións do saber
científico.
Aceptación de que a ciencia non é o único saber valioso nin pode respostar a
tódalas cuestións que a existencia humana plantexa.
IV. ACTIVIDADES DE ENSINANZA APRENDIZAXE (Secuenciación)
Os procedementos metodolóxicos son destrezas, estratexias, técnicas que se
aprenden, onde o docente cumpre a función de guía e axuda.
As actividades deben ser motivadoras para que se leve a cabo unha aprendizaxe
construtiva e significativa co fin de que se poidan acadar os obxectivos e contidos
plantexados na unidade. Desenvolveranse as seguintes:
Como actividade inicial; na primeira sesión establecerase un plan de diálogo
respondendo a preguntas iniciais que consigan ligar o aprendido na primeira unidade en
relación ó saber filosófico, coa ciencia. Presentarase un esquema xeral que englobe a
clasificación das ciencias e realizarase un test de coñecementos previos. Daremos lectura
ó caso histórico (febre puerperal) que describe Hempel no seu libro “Filosofía da ciencia
natural”
Cuestións:
a) Afinidades e diferenzas entre mito, filosofía e ciencia.
b) Que tipos de coñecementos se fan pasar por científicos.
c) Cres que o coñecemento científico é superior a outras formas de
coñecemento?
Como actividades de desenvolvemento na segunda sesión presentaremos varios
textos onde introduciremos o concepto de “ciencia” tratando de amosar a súa evolución ó
longo da historia, así como a función dos seus métodos. Mediante un comentario-guión
analizaremos tres textos; o primeiro de A. Eddington, “A natureza do mundo físico”
(diferente maneira de entende-la realidade por parte dos científicos) o segundo texto para
introducir as fases do método científico-experimental (Hempel, op,cit) e un terceiro que
destaque problemas de socioloxía da ciencia (Sánchez Ron, J.M. “A ciencia, súa
estrutura, seu futuro.ed. Debate) que remarquen os retos ós que hoxe se enfrontan os
científicos, e trataremos de que os alumnos aprecien a importancia da ciencia na súa vida
cotiá. Para elo ligaremos as ideas fundamentais con temas que estan presentes na
actualidade, (contaminación, capa de ozono, conservación do espazo natural, etc).
Na terceira sesión plantexaremos unha serie de cuestións que faciliten unha boa
comprensión dos contidos:
a) Hai algún punto de partida común entre a filosofía e a ciencia?.
b) De onde xorde a necesidade dun método na ciencia?
c) Definir os seguintes termos: experiencia, símbolo, formal, paradigma, hipótese,
observación...
Estas cuestións irán acompañadas de actividades de aplicación:
Búsqueda de noticias no xornal, e nas revistas (Mundo científico, Investigación
científica e Moi interesante) terán que relaciona-las coas cuestións plantexadas
anteriormente. Poderán utilizar en internet a wikipedia en galego.
Na cuarta sesión proxectaremos o documental de Al Gore “ A verdade incómoda”,
e estableceremos un debate intentando relacionar a ciencia a técnica e a ética aplicada.
Na quinta sesión realizaranse actividades de síntese. Nas que se comprobará se
o alumno asimilou os contidos da unidade didáctica e logrou os obxectivos propostos.
Deberán elaborar un mapa conceptual que englobe e relacione os contidos fundamentais
e intentarán buscar pontes de interdisciplinariedade coas asignaturas de Física (método
hipotético-deductivo), coa Bioloxía (teoría da evolución), etc.
Contémplanse actividades de reforzo e ampliación para aqueles alumnos que
estean por enriba da media e que xa acadaran os obxectivos propostos para as
actividades anteriores.(comentar algún programa de Redes e debatir o seu contido
relacionándoo co explicado) para os que teñen dificultade de aprendizaxe dos contidos ou
que por calquera outra causa non acaden os mínimos esixidos, deberán elaborar unha
actividade de reforzo que consistirá en desenvolver esquemas simples e ordenadores cos
conceptos fundamentais. Traballo cada dous sobre algunha biografía de científicos
ilustres, Galileo, Newton, Einstein, etc
Teremos en conta a diversidade do alumnado, prestándolle especial atención ós
inmigrantes (bastante presentes neste instituto da mariña) que amosen problemas de
aprendizaxe ou de integración cos compañeiros .
Está programada como actividade complementaria a visita á Feira da Ciencia e
Tecnoloxía de Ribadeo. ( Realizaremos un debate tratando de relacionar ciencia e
tecnoloxía en base ó material exposto na feira).
Como actividades ordinarias de aula os alumnos teñen que elaborar un
diccionario con todos aqueles términos e ideas que vaian aparecendo ó longo do curso e
que deben aparecer na súa libreta de actividades.
V. PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN
A avaliación terá que ser continua e formativa. Aplicámola para coñecer se os
alumnos acadaron os obxectivos previstos, é dicir os cambios desexados e esperados ó
retomar o proceso de aprendizaxe. Debe implicar as posibilidades de recuperación dos
alumnos así como subsanar as deficiencias básicas que teñan para consegui-la cohesión
do grupo.
•€€€€€€€€Avaliación inicial; na actividade inicial de coñecementos previos.
•€€€€€€€€Avaliación continua e procesual: nos exercicios recollidos ós alumnos
para súa correción; escalas de observación directa (si se realizan as actividades,
se se presta atención).
•€€€€€€€€Avaliación sumativa: valórase a evolución dos alumnos, tendo en conta
o resultado global das probas e traballos desta unidade e das que completan o
bloque relativo ó coñecemento.
1. Criterios xerais:
Na cualificación do alumno terase en conta:
•€€€€€€€€Proba obxectiva .Exame escrito (60% da nota). Repartirase nunha proba que consistirá
nunha serie de cuestións sobre os contidos explicados (50%) e nun test de control que constará de
dez items que relacionan a filosofia coa ciencia.(10%).
•€€€€€€€€Comentario crítico sobre unha noticia vencellada coa ciencia/técnica
(10%)
•€€€€€€€€Revisión dos cadernos(10%)
•€€€€€€€€Actitude e interese pola asignatura(20%)
2. Criterios específicos desta unidade
•€€€€€€€€Comprende-la importancia da ciencia como modo de coñecemento.
•€€€€€€€€Coñece-las carácterísticas da ciencia e do seu método.
•€€€€€€€€Defini-los termos fundamentais relacionados co coñecemento científico.
•€€€€€€€€Cuestionar e resolve-los posibles problemas do diálogo entre ciencia e
filosofia
•€€€€€€€€Valora-la importancia do rigor metodolóxico na tarefa do pensamento.
3. Criterios cualitativos
•€€€€€€€€Esíxese unha definición clara e precisa dos conceptos máis salientables
que aparezan na unidade.
•€€€€€€€€Elaboración dun esquema no que apareza unha vertebración coherente
dos termos máis relevantes..
•€€€€€€€€Valorarase a proxección dos problemas plantexados en relación co
desenvolvemento da ciencia na actualidade.
4. Criterios formais
Dada a importancia que a expresión escrita ten nun uso axeitado da linguaxe:
ortografía, acentuación, ausencia de erros gramaticais, argumentación, caligrafía, etc
Valoraranse negativamente ata un 15% da puntuación global os erros que a
continuaciòn se expoñen:
•€€€€€€€€Máis de catro faltas nas probas escritas. (acentuación)
•€€€€€€€€Uso de letra ilexible, de abreviaturas de calquera símbolo persoal.
•€€€€€€€€Para todos aqueles alumnos que teñan perdido o dereito a avaliación
continua nesta asignatura non se examinarán dos exames parciais pero accederán
a un exame final que se baseará nos contidos mínimos programados na
asignatura.
•€€€€€€€€Finalmente, realizarase tamén unha avaliación do proceso ensinanza-
aprendizaxe e da propia labor docente para verificar o traballo desenvolvido e
mellorar súa calidade. (ver ANEXO)
INTERDISCIPLINARIEDADE E TRANSVERSALIDADE
O método científico é aplicable de maneira matizada nas materias de contido
científico; por iso, os alumnos poden observa-lo seu uso nas materias propias do
bacharelato de ciencias da natureza ( Física e Química, Bioloxía e Xeoloxía) e no
bacharelato de humanidades e ciencias sociais (Economía, Historia).
Na medida en que o diálogo entre as “dúas culturas” (científica e humanística)
propicia o entendemento entre modos distintos de enfoca-lo coñecemento da realidade,
esta unidade garda relación co contido transversal educación moral e cívica.
•€€€€€€€€Educación para a convivencia,
•€€€€€€€€Educación para a conservación do medio ambente.
Epadidactica

More Related Content

Similar to Epadidactica

09 10 prog. bioloxía e xeoloxía 3ºeso modif
09 10 prog. bioloxía e xeoloxía 3ºeso modif09 10 prog. bioloxía e xeoloxía 3ºeso modif
09 10 prog. bioloxía e xeoloxía 3ºeso modifCristina
 
Guia curso Didáctica de la filosofía en catellano
Guia curso Didáctica de la filosofía en catellanoGuia curso Didáctica de la filosofía en catellano
Guia curso Didáctica de la filosofía en catellanonexosfilosofia
 
Guía curso Didáctica da filosofía e TIC
Guía curso Didáctica da filosofía e TICGuía curso Didáctica da filosofía e TIC
Guía curso Didáctica da filosofía e TICnexosfilosofia
 
Unidade 1: O saber filosófico
Unidade 1: O saber filosóficoUnidade 1: O saber filosófico
Unidade 1: O saber filosóficoEva Garea
 
Filonexos2014
Filonexos2014Filonexos2014
Filonexos2014Eva Garea
 
Ensaiosubversivo
EnsaiosubversivoEnsaiosubversivo
Ensaiosubversivopremiogd
 
curso Didáctica da Filosofía e TIC. boletin informativo
curso Didáctica da Filosofía e TIC. boletin informativocurso Didáctica da Filosofía e TIC. boletin informativo
curso Didáctica da Filosofía e TIC. boletin informativonexosfilosofia
 
Investigando cos alumnos
Investigando cos alumnosInvestigando cos alumnos
Investigando cos alumnosAgremon
 
Unidade4: Seres Pensantes
Unidade4: Seres PensantesUnidade4: Seres Pensantes
Unidade4: Seres PensantesEva Garea
 
1a sesion.un proxecto_de_traballo_sobre_
1a sesion.un proxecto_de_traballo_sobre_1a sesion.un proxecto_de_traballo_sobre_
1a sesion.un proxecto_de_traballo_sobre_Encarna
 
Innovación e investigación en ciencias sociais ii
Innovación e investigación en ciencias sociais iiInnovación e investigación en ciencias sociais ii
Innovación e investigación en ciencias sociais iigrande2222
 
TÂCHÉ 2: Comment s´y prendre
TÂCHÉ 2: Comment s´y prendreTÂCHÉ 2: Comment s´y prendre
TÂCHÉ 2: Comment s´y prendreFran Argibay
 

Similar to Epadidactica (20)

Ideas tema 1
Ideas tema 1Ideas tema 1
Ideas tema 1
 
09 10 prog. bioloxía e xeoloxía 3ºeso modif
09 10 prog. bioloxía e xeoloxía 3ºeso modif09 10 prog. bioloxía e xeoloxía 3ºeso modif
09 10 prog. bioloxía e xeoloxía 3ºeso modif
 
Guia curso Didáctica de la filosofía en catellano
Guia curso Didáctica de la filosofía en catellanoGuia curso Didáctica de la filosofía en catellano
Guia curso Didáctica de la filosofía en catellano
 
Guía curso Didáctica da filosofía e TIC
Guía curso Didáctica da filosofía e TICGuía curso Didáctica da filosofía e TIC
Guía curso Didáctica da filosofía e TIC
 
Guia curso nexos
Guia curso nexosGuia curso nexos
Guia curso nexos
 
Unidade 1: O saber filosófico
Unidade 1: O saber filosóficoUnidade 1: O saber filosófico
Unidade 1: O saber filosófico
 
Pau 2012 h_filosofia
Pau 2012 h_filosofiaPau 2012 h_filosofia
Pau 2012 h_filosofia
 
3ºESO 16 17
3ºESO 16 173ºESO 16 17
3ºESO 16 17
 
Filonexos2014
Filonexos2014Filonexos2014
Filonexos2014
 
Ensaiosubversivo
EnsaiosubversivoEnsaiosubversivo
Ensaiosubversivo
 
curso Didáctica da Filosofía e TIC. boletin informativo
curso Didáctica da Filosofía e TIC. boletin informativocurso Didáctica da Filosofía e TIC. boletin informativo
curso Didáctica da Filosofía e TIC. boletin informativo
 
Descubrindo a Prehistoria
Descubrindo a PrehistoriaDescubrindo a Prehistoria
Descubrindo a Prehistoria
 
Investigando cos alumnos
Investigando cos alumnosInvestigando cos alumnos
Investigando cos alumnos
 
Proxecto de traballo Eureka
Proxecto de traballo EurekaProxecto de traballo Eureka
Proxecto de traballo Eureka
 
Unidade4: Seres Pensantes
Unidade4: Seres PensantesUnidade4: Seres Pensantes
Unidade4: Seres Pensantes
 
1a sesion.un proxecto_de_traballo_sobre_
1a sesion.un proxecto_de_traballo_sobre_1a sesion.un proxecto_de_traballo_sobre_
1a sesion.un proxecto_de_traballo_sobre_
 
Innovación e investigación en ciencias sociais ii
Innovación e investigación en ciencias sociais iiInnovación e investigación en ciencias sociais ii
Innovación e investigación en ciencias sociais ii
 
Historia da filosofia presentación da materia
Historia da filosofia   presentación da materiaHistoria da filosofia   presentación da materia
Historia da filosofia presentación da materia
 
Proxectos e dinamización
Proxectos e dinamizaciónProxectos e dinamización
Proxectos e dinamización
 
TÂCHÉ 2: Comment s´y prendre
TÂCHÉ 2: Comment s´y prendreTÂCHÉ 2: Comment s´y prendre
TÂCHÉ 2: Comment s´y prendre
 

Epadidactica

  • 1. ÍNDICE I. INTRODUCIÓN 1. Datos xerais 2. Que se pretende con esta unidade II. OBXECTIVOS XERAIS (Selección e priorización) 1. Obxectivos específicos da unidade. III. CONTIDOS. 1. Conceptuais. 2. Procedimentais. 3. Actitudinais. IV. ACTIVIDADES DE ENSINANZA APRENDIZAXE. (Secuenciación). 1. Actividades de comprensión. 2. Actividades de aplicación. 3. Actividades Complementarias/Extraescolares. 4. Actividades ordinarias de aula V. PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN 1. Criterios xerais. 2. Criterios específicos desta unidade. 3. Criterios cualitativos. 4. Criterios formais. VI. ANEXO. (TÁBOA DE AVALIACIÓN)
  • 3.
  • 4. I. INTRODUCIÓN 1.- DATOS XERAIS Curso: Primeiro de Bacharelato. Centro: EPA BERBÉS Trimestre: Primeiro. Número de sesións: catro Data de inicio: Unha vez rematado o primeiro núcleo temático adicado Ó saber filosófico (catro sesións). Iníciase o segundo núcleo adicado ó Coñecemento. Unidade nº 2: O coñecemento científico. Orixes, método e límites. O desenvolvemento desta unidade aparece vencellado ó resto de unidades que compoñen este núcleo temático, a lóxica, o problema da verdade e a linguaxe. Séguese o currículo prescritivo para esta etapa educativa. Obxectivos, contidos criteros de avaliación, establecidos no Decreto 275/94 do 29 de Xullo (Dog.31de Agosto) modificado polo Decreto 231/2002, do seis de xuño (dog 15 de xullo) e na orde do 2 de maio de 1996 (dog do 30). 2.- QUE SE PRETENDE CON ESTA UNIDADE. En función do método elixido pódense establecer diferentes tipos de coñecementos en base ós obxectivos que se persigan, atendendo ó obxecto, ós suxeitos que coñecen ou os fins perseguidos. Entre eses tipos hai un de especial importancia: a ciencia. A ciencia é un modo de coñecemento baseado nunha metodoloxía que, malia ser variada e múltiple, posúe certas características comúns, como pode ser o intento de explica-los fenómenos mediante observacións facendo inferenzas con rigor, buscando regularidades que permitan preve-los acontecementos.
  • 5. Tanto a filosofia como a ciencia dende unha perspectiva materalista que é a que defendemos na exposición da asiganatura, aparecen relacionadas ata o punto que a filosofia como saber de segundo grao, presupón outros saberes previos que son precisamente as ciencias. Ademáis a ciencia dalle que pensar ó filósofo, por canto pode analiza-los presupostos ontolóxicos cos que traballa a investigación científica. Por outra banda á filosofia interésalle o científico, tamén polo que lle aporta cada campo categorial como material de traballo para o desenvolvemento das Ideas filosóficas e a súa relación dialéctica. Coñece-las claves do método científico, as súas características e a reflexión que a filosofía fai ó respecto é un dos obxectivos fundamentais desta unidade. II. OBXECTIVOS XERAIS (Selección e priorización) Consolidar unha madurez persoal, social, intelectual e moral que lles permita actuar de forma responsable e autónoma. Dominar a linguaxe filosófica e os coñecementos científicos e tecnolóxicos fundamentais. Participar de forma solidaria no desenvolvemento e mellora de seu entorno social. Comprender os problemas filosóficos e empregar con propiedade os conceptos e términos utilizados na súa análise e discusión. Adoptar unha actitude crítica ante todo intento de xustificación de desigualdades sociais. 1. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS DA UNIDADE Introducir no marco do coñecemento en xeral a noción de coñecemento científico.
  • 6. Distinguir os diversos tipos de ciencias no ámbito do saber científico: as formais e as empíricas (naturais e sociais). Coñece-los principais métodos científicos, usando adecuadamente os términos empregados. Coñece-las reflexións que se levan feito dende a filosofia da ciencia para enfocar e resolve-los problemas que xiran sobor o coñecemento científico. Diferenciar o saber científico e o técnico. Analiza-los problemas que plantexa hoxe a tecnoloxía á humanidade, e amosar como o saber filosófico (a ética) os enfoca dende a responsabilidade e a emancipación. III. CONTIDOS Haberán de ser o suficientemente claros e a ser posible deberán relacionarse cos doutras asignaturas, especialmente coas de contidos científicos. É necesario combinar os conceptuais e os actitudinais 1.- Conceptuais. Conceptos básicos: definición, demostración, inducción, deducción, axiomático, contrastación, falsación, explicación, compensión, hermenéutica. Evolución que se producíu no concepto de “ciencia”. Características dos principais métodos do saber científico: método axiomático, método hipotético-deductivo ou experimental, método das ciencias empírico- sociais. Discusións que, dende a filosofía da ciencia, contribuíron a modificar a forma de comprender a ciencia. Relacións entre ciencia, técnica e tecnoloxía.
  • 7. Límites do coñecemento científico. 2.- Procedimentais. Búsqueda de información sobre os conceptos básicos que se estudan na unidade. Elaboración de mapas conceptuais que permitan relacionar as ideas traballadas. Utilización de exemplos prácticos que amosen as diferenzas existentes entre os diversos métodos científicos. Análise das condicións históricas, sociais, económicas, etc, que fan posible en cada momento o desenvolvemento do coñecemento científico. Comentarios de textos seleccionados para a unidade. 3.- Actitudinais. Interese por coñece-la evolución e a situación actual do coñecemento científico. Actitude crítica para plantexar unha reflexión sobre os problemas que encerra o coñecemento científico. Recoñecemento das grandes posibilidades que a ciencia e a tecnoloxía abren ó progreso e futuro da humanidade. Respecto da dignidade do ser humán como límite para as pretensións do saber científico. Aceptación de que a ciencia non é o único saber valioso nin pode respostar a tódalas cuestións que a existencia humana plantexa. IV. ACTIVIDADES DE ENSINANZA APRENDIZAXE (Secuenciación)
  • 8. Os procedementos metodolóxicos son destrezas, estratexias, técnicas que se aprenden, onde o docente cumpre a función de guía e axuda. As actividades deben ser motivadoras para que se leve a cabo unha aprendizaxe construtiva e significativa co fin de que se poidan acadar os obxectivos e contidos plantexados na unidade. Desenvolveranse as seguintes: Como actividade inicial; na primeira sesión establecerase un plan de diálogo respondendo a preguntas iniciais que consigan ligar o aprendido na primeira unidade en relación ó saber filosófico, coa ciencia. Presentarase un esquema xeral que englobe a clasificación das ciencias e realizarase un test de coñecementos previos. Daremos lectura ó caso histórico (febre puerperal) que describe Hempel no seu libro “Filosofía da ciencia natural” Cuestións: a) Afinidades e diferenzas entre mito, filosofía e ciencia. b) Que tipos de coñecementos se fan pasar por científicos. c) Cres que o coñecemento científico é superior a outras formas de coñecemento? Como actividades de desenvolvemento na segunda sesión presentaremos varios textos onde introduciremos o concepto de “ciencia” tratando de amosar a súa evolución ó longo da historia, así como a función dos seus métodos. Mediante un comentario-guión analizaremos tres textos; o primeiro de A. Eddington, “A natureza do mundo físico” (diferente maneira de entende-la realidade por parte dos científicos) o segundo texto para introducir as fases do método científico-experimental (Hempel, op,cit) e un terceiro que destaque problemas de socioloxía da ciencia (Sánchez Ron, J.M. “A ciencia, súa estrutura, seu futuro.ed. Debate) que remarquen os retos ós que hoxe se enfrontan os científicos, e trataremos de que os alumnos aprecien a importancia da ciencia na súa vida
  • 9. cotiá. Para elo ligaremos as ideas fundamentais con temas que estan presentes na actualidade, (contaminación, capa de ozono, conservación do espazo natural, etc). Na terceira sesión plantexaremos unha serie de cuestións que faciliten unha boa comprensión dos contidos: a) Hai algún punto de partida común entre a filosofía e a ciencia?. b) De onde xorde a necesidade dun método na ciencia? c) Definir os seguintes termos: experiencia, símbolo, formal, paradigma, hipótese, observación... Estas cuestións irán acompañadas de actividades de aplicación: Búsqueda de noticias no xornal, e nas revistas (Mundo científico, Investigación científica e Moi interesante) terán que relaciona-las coas cuestións plantexadas anteriormente. Poderán utilizar en internet a wikipedia en galego. Na cuarta sesión proxectaremos o documental de Al Gore “ A verdade incómoda”, e estableceremos un debate intentando relacionar a ciencia a técnica e a ética aplicada. Na quinta sesión realizaranse actividades de síntese. Nas que se comprobará se o alumno asimilou os contidos da unidade didáctica e logrou os obxectivos propostos. Deberán elaborar un mapa conceptual que englobe e relacione os contidos fundamentais e intentarán buscar pontes de interdisciplinariedade coas asignaturas de Física (método hipotético-deductivo), coa Bioloxía (teoría da evolución), etc. Contémplanse actividades de reforzo e ampliación para aqueles alumnos que estean por enriba da media e que xa acadaran os obxectivos propostos para as actividades anteriores.(comentar algún programa de Redes e debatir o seu contido relacionándoo co explicado) para os que teñen dificultade de aprendizaxe dos contidos ou que por calquera outra causa non acaden os mínimos esixidos, deberán elaborar unha
  • 10. actividade de reforzo que consistirá en desenvolver esquemas simples e ordenadores cos conceptos fundamentais. Traballo cada dous sobre algunha biografía de científicos ilustres, Galileo, Newton, Einstein, etc Teremos en conta a diversidade do alumnado, prestándolle especial atención ós inmigrantes (bastante presentes neste instituto da mariña) que amosen problemas de aprendizaxe ou de integración cos compañeiros . Está programada como actividade complementaria a visita á Feira da Ciencia e Tecnoloxía de Ribadeo. ( Realizaremos un debate tratando de relacionar ciencia e tecnoloxía en base ó material exposto na feira). Como actividades ordinarias de aula os alumnos teñen que elaborar un diccionario con todos aqueles términos e ideas que vaian aparecendo ó longo do curso e que deben aparecer na súa libreta de actividades. V. PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN A avaliación terá que ser continua e formativa. Aplicámola para coñecer se os alumnos acadaron os obxectivos previstos, é dicir os cambios desexados e esperados ó retomar o proceso de aprendizaxe. Debe implicar as posibilidades de recuperación dos alumnos así como subsanar as deficiencias básicas que teñan para consegui-la cohesión do grupo. •€€€€€€€€Avaliación inicial; na actividade inicial de coñecementos previos. •€€€€€€€€Avaliación continua e procesual: nos exercicios recollidos ós alumnos para súa correción; escalas de observación directa (si se realizan as actividades, se se presta atención). •€€€€€€€€Avaliación sumativa: valórase a evolución dos alumnos, tendo en conta o resultado global das probas e traballos desta unidade e das que completan o
  • 11. bloque relativo ó coñecemento. 1. Criterios xerais: Na cualificación do alumno terase en conta: •€€€€€€€€Proba obxectiva .Exame escrito (60% da nota). Repartirase nunha proba que consistirá nunha serie de cuestións sobre os contidos explicados (50%) e nun test de control que constará de dez items que relacionan a filosofia coa ciencia.(10%). •€€€€€€€€Comentario crítico sobre unha noticia vencellada coa ciencia/técnica (10%) •€€€€€€€€Revisión dos cadernos(10%) •€€€€€€€€Actitude e interese pola asignatura(20%) 2. Criterios específicos desta unidade •€€€€€€€€Comprende-la importancia da ciencia como modo de coñecemento. •€€€€€€€€Coñece-las carácterísticas da ciencia e do seu método. •€€€€€€€€Defini-los termos fundamentais relacionados co coñecemento científico. •€€€€€€€€Cuestionar e resolve-los posibles problemas do diálogo entre ciencia e filosofia •€€€€€€€€Valora-la importancia do rigor metodolóxico na tarefa do pensamento. 3. Criterios cualitativos •€€€€€€€€Esíxese unha definición clara e precisa dos conceptos máis salientables que aparezan na unidade. •€€€€€€€€Elaboración dun esquema no que apareza unha vertebración coherente dos termos máis relevantes.. •€€€€€€€€Valorarase a proxección dos problemas plantexados en relación co desenvolvemento da ciencia na actualidade.
  • 12. 4. Criterios formais Dada a importancia que a expresión escrita ten nun uso axeitado da linguaxe: ortografía, acentuación, ausencia de erros gramaticais, argumentación, caligrafía, etc Valoraranse negativamente ata un 15% da puntuación global os erros que a continuaciòn se expoñen: •€€€€€€€€Máis de catro faltas nas probas escritas. (acentuación) •€€€€€€€€Uso de letra ilexible, de abreviaturas de calquera símbolo persoal. •€€€€€€€€Para todos aqueles alumnos que teñan perdido o dereito a avaliación continua nesta asignatura non se examinarán dos exames parciais pero accederán a un exame final que se baseará nos contidos mínimos programados na asignatura. •€€€€€€€€Finalmente, realizarase tamén unha avaliación do proceso ensinanza- aprendizaxe e da propia labor docente para verificar o traballo desenvolvido e mellorar súa calidade. (ver ANEXO) INTERDISCIPLINARIEDADE E TRANSVERSALIDADE O método científico é aplicable de maneira matizada nas materias de contido científico; por iso, os alumnos poden observa-lo seu uso nas materias propias do bacharelato de ciencias da natureza ( Física e Química, Bioloxía e Xeoloxía) e no bacharelato de humanidades e ciencias sociais (Economía, Historia). Na medida en que o diálogo entre as “dúas culturas” (científica e humanística) propicia o entendemento entre modos distintos de enfoca-lo coñecemento da realidade, esta unidade garda relación co contido transversal educación moral e cívica. •€€€€€€€€Educación para a convivencia, •€€€€€€€€Educación para a conservación do medio ambente.