SlideShare a Scribd company logo
1 of 3
Download to read offline
Secretaría de Política Social
            Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia



AXUDAS Á CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR E LABORAL COMO MEDIDA DE
FOMENTO DA CORRESPONSABILIDADE PARA OS TRABALLADORES QUE SE
ACOLLAN Á REDUCIÓN DA SÚA XORNADA DE TRABALLO (Resolución do 4 de
xuño de 2012. DOG n.º 111 do 12 de xuño de 2012)
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120612/AnuncioC3C1-070612-0004_gl.pdf

Obxecto
Axudas aos traballadores que, entre o 1 de maio e o 31 de decembro de 2011, se
acolleran a unha redución da súa xornada de traballo para o coidado dun fillo/a menor
de tres anos.

Persoas beneficiarias
 Homes traballadores por conta allea, tanto da empresa privada como das
  Administracións públicas, organismos autónomos, entes de dereito privado e
  empresas públicas dependentes delas, con independencia de que o seu vínculo
  sexa laboral, funcionarial ou estatutario, e os socios das sociedades cooperativas,
  sempre que pertenzan ao réxime xeral da seguridade social, que se acollan á
  redución de xornada.
 Familias monoparentais en que a persoa solicitante (home ou muller) sexa
  traballador/a por conta allea e se acolla á redución de xornada.

Accións subvencionables
1. As axudas concederanse aos traballadores que, entre o 1 de maio e o 31 de
   decembro de 2011, se atoparan en situación de redución da xornada de traballo
   para o coidado dun fillo ou filla menor de 3 anos. Para ser subvencionable, a
   redución deberá ter unha duración mínima de sesenta días naturais
   ininterrompidos e comprendidos no período anteriormente citado.
2. Tamén poderán acollerse a esta axuda os traballadores que, cumprindo os
   requisitos, adopten un/unha menor ou o/a teñan en situación de acollemento
   familiar, nas modalidades de acollemento familiar permanente ou acollemento
   familiar preadoptivo. Neste suposto, non se terá en conta a data de nacemento,
   pero para ter dereito á axuda non puideron transcorrer máis de tres anos dende a
   data da decisión administrativa ou xudicial de acollemento ou da resolución
   xudicial pola que se constitúe a adopción. En calquera caso, a filla ou fillo polo que
   se solicita a axuda terá que ser menor de 12 anos.
3. A idade do fillo ou filla poderá ampliarse ata os 12 anos no suposto de que o/a
   menor padeza unha discapacidade recoñecida de porcentaxe igual ou superior ao
   33%.
4. En ningún caso o período para o que se solicita a subvención pode coincidir co
   permiso por maternidade nin con calquera outro permiso, licenza ou excedencia
   para a mesma finalidade.
Secretaría de Política Social
  Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia




Requisitos
 Estar inscritos nun padrón de Galicia, polo menos con un ano de antelación á
  presentación da solicitude.
 Nas familias non monoparentais, o outro membro deberá ser traballador por conta
  allea ou autónomo e manter esa situación durante todo o período subvencionado.
  Entenderase cumprido este requisito cando, habendo períodos non traballados, a
  suma destes non supere o 5% do período subvencionado.
 Que na data da solicitude o fillo/a conviva coa persoa solicitante.

Contía das axudas
Axudas de pagamento único en función da porcentaxe de redución da xornada laboral,
da súa duración e do número de fillas/os a cargo da persoa solicitante, considerándose
para o seu establecemento os seguintes tramos:
● Redución de ata o 15% da xornada laboral con duración de oito meses:
   1.600 € se é unha filla ou fillo a cargo
   1.900 € se son dúas fillas ou fillos a cargo
   2.200 € se son tres ou máis fillos ou fillas a cargo.
● Redución superior ao 15% ata o 33,33% con duración de oito meses:
   2.700 € se é unha filla/o a cargo
   3.000 € se son dúas fillas/os a cargo
   3.300 € se son tres ou máis fillas/os a cargo
● Redución superior ao 33,33% con duración de oito meses:
   3.000 € se é unha filla/o a cargo
   3.300 € se son dúas fillas/os a cargo
   3.600 € se son tres ou máis fillas/os a cargo
As contías reduciranse se a persoa non está contratada a xornada completa ou cando a
redución de xornada se solicite por un período inferior a oito meses.
Para o cálculo da axuda teranse en conta os fillos/as menores de 12 anos.

Documentación
 Solicitude oficial (anexo I) ou a través da web www.mulleresengalicia.es ou
  https://sede.xunta.es.
 Fotocopia compulsada do DNI ou NIE e do libro de familia.
 Fotocopia compulsada da sentenza de nulidade, separación ou divorcio, se for o
  caso.
 Fotocopia compulsada do auto xudicial de adopción ou tutela, se for o caso.
 No suposto de fillas/os afectadas/os por unha discapacidade igual ou superior ao
  33%, certificación acreditativa de tal condición.
 Declaración xurada no caso de proxenitores solteiros cun fillo ou filla recoñecido
  pero sen convivencia (anexo II).
Secretaría de Política Social
   Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia




 Certificación de empadroamento que acredite a data de empadroamento da
  persoa solicitante dentro do territorio da comunidade autónoma galega.
 No caso de familias monoparentais, volante de empadroamento en que consten as
  persoas que conviven no domicilio coa persoa solicitante.
 Certificación bancaria orixinal da conta da que é titular a persoa solicitante.
 Declaración das axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo fin (anexo III).
 Declaración de que o período de redución solicitado non coincide co permiso de
  maternidade ou outro (anexo II).
 Certificación da empresa ou da Administración pública acreditativa da redución de
  xornada (anexo IV).
 Documento da Tesourería da Seguridade Social no que se reflicta a situación de
  garda legal, se for o caso. De pertencer a sistemas de previsión social distintos ao
  da seguridade social, certificación en que se acredite a referida situación.
 Certificado de vida laboral relativa á persoa solicitante da axuda.
 No caso de familias non monoparentais, certificación da vida laboral relativa ao
  cónxuxe ou parella. No caso de pertencer a sistemas de previsión social distintos ao
  da seguridade social, certificación acreditativa da data dende a cal presta os seus
  servizos, con indicación de que na actualidade está en servizo activo.
 Declaración de non estar incurso/a en ningún procedemento de reintegro ou
  sancionador (anexo III).
 Anexo V relativo á recollida de datos para a análise de resultados.

Lugar e prazo de presentación de solicitudes
As solicitudes presentaranse en calquera rexistro da Xunta de Galicia, nas oficinas de
correos e por vía electrónica, ata o 13 de xullo de 2012.

Resolución
O prazo máximo de resolución e notificación das solicitudes será de catro meses
contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG,
transcorrido o cal se entenderá desestimada a petición de subvención.

More Related Content

Similar to Axudas corresponsabilidade

Axudas para a adquisicion de material escolar
Axudas para a adquisicion de material escolar Axudas para a adquisicion de material escolar
Axudas para a adquisicion de material escolar Anpa Limiar
 
Circular libros 12 13
Circular libros 12 13Circular libros 12 13
Circular libros 12 13Plastilina3
 
Cheque infantil 2012_13
Cheque infantil 2012_13Cheque infantil 2012_13
Cheque infantil 2012_13benestarnoia
 
Díptico muller fina lx
Díptico muller fina lxDíptico muller fina lx
Díptico muller fina lxoscargaliza
 
Procedimiento adjudicacion plazas 2016 2017 xunta
Procedimiento adjudicacion plazas 2016 2017 xuntaProcedimiento adjudicacion plazas 2016 2017 xunta
Procedimiento adjudicacion plazas 2016 2017 xuntaBeatriz Vila Izquierdo
 
Axuda permiso conducir
Axuda permiso conducirAxuda permiso conducir
Axuda permiso conduciroscargaliza
 
Medidas protecc violencia
Medidas protecc violenciaMedidas protecc violencia
Medidas protecc violenciaoscargaliza
 

Similar to Axudas corresponsabilidade (10)

Axudas para a adquisicion de material escolar
Axudas para a adquisicion de material escolar Axudas para a adquisicion de material escolar
Axudas para a adquisicion de material escolar
 
Circular libros 12 13
Circular libros 12 13Circular libros 12 13
Circular libros 12 13
 
Cheque infantil 2012_13
Cheque infantil 2012_13Cheque infantil 2012_13
Cheque infantil 2012_13
 
Díptico muller fina lx
Díptico muller fina lxDíptico muller fina lx
Díptico muller fina lx
 
Análise da Reforma laboral 2012
Análise da Reforma laboral 2012Análise da Reforma laboral 2012
Análise da Reforma laboral 2012
 
Procedimiento adjudicacion plazas 2016 2017 xunta
Procedimiento adjudicacion plazas 2016 2017 xuntaProcedimiento adjudicacion plazas 2016 2017 xunta
Procedimiento adjudicacion plazas 2016 2017 xunta
 
Axuda permiso conducir
Axuda permiso conducirAxuda permiso conducir
Axuda permiso conducir
 
Medidas protecc violencia
Medidas protecc violenciaMedidas protecc violencia
Medidas protecc violencia
 
Borrador texto
Borrador textoBorrador texto
Borrador texto
 
Borrador texto
Borrador textoBorrador texto
Borrador texto
 

More from oscargaliza

Informe sanidade galega sos 2014
Informe sanidade galega sos 2014 Informe sanidade galega sos 2014
Informe sanidade galega sos 2014 oscargaliza
 
Manifesto galicia 28 abril 2014 (2)
Manifesto galicia 28 abril 2014 (2)Manifesto galicia 28 abril 2014 (2)
Manifesto galicia 28 abril 2014 (2)oscargaliza
 
28 de abril 20132gallego (3)diptico normaliza
28 de abril 20132gallego (3)diptico normaliza28 de abril 20132gallego (3)diptico normaliza
28 de abril 20132gallego (3)diptico normalizaoscargaliza
 
Bases bolsa emprego pereiro aguiar (11 04-2014)
Bases bolsa emprego pereiro aguiar (11 04-2014)Bases bolsa emprego pereiro aguiar (11 04-2014)
Bases bolsa emprego pereiro aguiar (11 04-2014)oscargaliza
 
Gran acto sindical 5 abril 2014. primer encuentro secciones sindicales ccoo
Gran acto sindical 5 abril 2014. primer encuentro secciones sindicales ccooGran acto sindical 5 abril 2014. primer encuentro secciones sindicales ccoo
Gran acto sindical 5 abril 2014. primer encuentro secciones sindicales ccoooscargaliza
 
Comunicado materiais construción pont 01
Comunicado materiais construción pont 01Comunicado materiais construción pont 01
Comunicado materiais construción pont 01oscargaliza
 
140307 nota plataforma
140307 nota plataforma140307 nota plataforma
140307 nota plataformaoscargaliza
 
Plataforma ccoo ii plan de de igualdad eci 070314
Plataforma  ccoo ii plan de de igualdad eci  070314Plataforma  ccoo ii plan de de igualdad eci  070314
Plataforma ccoo ii plan de de igualdad eci 070314oscargaliza
 
Estatuto actualizado marzo 2014
Estatuto actualizado marzo 2014Estatuto actualizado marzo 2014
Estatuto actualizado marzo 2014oscargaliza
 
Normas fecoht congreso de fusion Comfia-Fecoht
Normas fecoht congreso de fusion Comfia-FecohtNormas fecoht congreso de fusion Comfia-Fecoht
Normas fecoht congreso de fusion Comfia-Fecohtoscargaliza
 
Que és el Polígono Virtual de Galicia
Que és el Polígono Virtual de Galicia Que és el Polígono Virtual de Galicia
Que és el Polígono Virtual de Galicia oscargaliza
 
Boe ESTATUTO DE LOS TRABAJADORES -ULTIMA VERSIÓN-
Boe ESTATUTO DE LOS TRABAJADORES -ULTIMA VERSIÓN-Boe ESTATUTO DE LOS TRABAJADORES -ULTIMA VERSIÓN-
Boe ESTATUTO DE LOS TRABAJADORES -ULTIMA VERSIÓN-oscargaliza
 
Comunicado a toda a afiliación de fecoht galicia
Comunicado a toda a afiliación de fecoht galiciaComunicado a toda a afiliación de fecoht galicia
Comunicado a toda a afiliación de fecoht galiciaoscargaliza
 
Anexo normas congresuais proceso fusión comfia fecoht (14-02-14)
Anexo normas congresuais proceso fusión comfia fecoht (14-02-14)Anexo normas congresuais proceso fusión comfia fecoht (14-02-14)
Anexo normas congresuais proceso fusión comfia fecoht (14-02-14)oscargaliza
 
Acuerdo Cierre Restaurantes Nostrus
Acuerdo Cierre Restaurantes NostrusAcuerdo Cierre Restaurantes Nostrus
Acuerdo Cierre Restaurantes Nostrusoscargaliza
 
Estatutos fusion comfia fecoht para debate
Estatutos fusion comfia fecoht para debateEstatutos fusion comfia fecoht para debate
Estatutos fusion comfia fecoht para debateoscargaliza
 
Documento integracion sindical comfia fecoht (1)
Documento  integracion sindical comfia fecoht (1)Documento  integracion sindical comfia fecoht (1)
Documento integracion sindical comfia fecoht (1)oscargaliza
 
Anexo normas congresuais de fecoht proceso fusión comfia fecoht
Anexo normas congresuais de fecoht proceso  fusión comfia fecohtAnexo normas congresuais de fecoht proceso  fusión comfia fecoht
Anexo normas congresuais de fecoht proceso fusión comfia fecohtoscargaliza
 
Normas generales aprobadas en el Consejo Confederal 28/01/2014, para los proc...
Normas generales aprobadas en el Consejo Confederal 28/01/2014, para los proc...Normas generales aprobadas en el Consejo Confederal 28/01/2014, para los proc...
Normas generales aprobadas en el Consejo Confederal 28/01/2014, para los proc...oscargaliza
 
Convenio Colectivo Mercadona 2014
Convenio Colectivo Mercadona 2014Convenio Colectivo Mercadona 2014
Convenio Colectivo Mercadona 2014oscargaliza
 

More from oscargaliza (20)

Informe sanidade galega sos 2014
Informe sanidade galega sos 2014 Informe sanidade galega sos 2014
Informe sanidade galega sos 2014
 
Manifesto galicia 28 abril 2014 (2)
Manifesto galicia 28 abril 2014 (2)Manifesto galicia 28 abril 2014 (2)
Manifesto galicia 28 abril 2014 (2)
 
28 de abril 20132gallego (3)diptico normaliza
28 de abril 20132gallego (3)diptico normaliza28 de abril 20132gallego (3)diptico normaliza
28 de abril 20132gallego (3)diptico normaliza
 
Bases bolsa emprego pereiro aguiar (11 04-2014)
Bases bolsa emprego pereiro aguiar (11 04-2014)Bases bolsa emprego pereiro aguiar (11 04-2014)
Bases bolsa emprego pereiro aguiar (11 04-2014)
 
Gran acto sindical 5 abril 2014. primer encuentro secciones sindicales ccoo
Gran acto sindical 5 abril 2014. primer encuentro secciones sindicales ccooGran acto sindical 5 abril 2014. primer encuentro secciones sindicales ccoo
Gran acto sindical 5 abril 2014. primer encuentro secciones sindicales ccoo
 
Comunicado materiais construción pont 01
Comunicado materiais construción pont 01Comunicado materiais construción pont 01
Comunicado materiais construción pont 01
 
140307 nota plataforma
140307 nota plataforma140307 nota plataforma
140307 nota plataforma
 
Plataforma ccoo ii plan de de igualdad eci 070314
Plataforma  ccoo ii plan de de igualdad eci  070314Plataforma  ccoo ii plan de de igualdad eci  070314
Plataforma ccoo ii plan de de igualdad eci 070314
 
Estatuto actualizado marzo 2014
Estatuto actualizado marzo 2014Estatuto actualizado marzo 2014
Estatuto actualizado marzo 2014
 
Normas fecoht congreso de fusion Comfia-Fecoht
Normas fecoht congreso de fusion Comfia-FecohtNormas fecoht congreso de fusion Comfia-Fecoht
Normas fecoht congreso de fusion Comfia-Fecoht
 
Que és el Polígono Virtual de Galicia
Que és el Polígono Virtual de Galicia Que és el Polígono Virtual de Galicia
Que és el Polígono Virtual de Galicia
 
Boe ESTATUTO DE LOS TRABAJADORES -ULTIMA VERSIÓN-
Boe ESTATUTO DE LOS TRABAJADORES -ULTIMA VERSIÓN-Boe ESTATUTO DE LOS TRABAJADORES -ULTIMA VERSIÓN-
Boe ESTATUTO DE LOS TRABAJADORES -ULTIMA VERSIÓN-
 
Comunicado a toda a afiliación de fecoht galicia
Comunicado a toda a afiliación de fecoht galiciaComunicado a toda a afiliación de fecoht galicia
Comunicado a toda a afiliación de fecoht galicia
 
Anexo normas congresuais proceso fusión comfia fecoht (14-02-14)
Anexo normas congresuais proceso fusión comfia fecoht (14-02-14)Anexo normas congresuais proceso fusión comfia fecoht (14-02-14)
Anexo normas congresuais proceso fusión comfia fecoht (14-02-14)
 
Acuerdo Cierre Restaurantes Nostrus
Acuerdo Cierre Restaurantes NostrusAcuerdo Cierre Restaurantes Nostrus
Acuerdo Cierre Restaurantes Nostrus
 
Estatutos fusion comfia fecoht para debate
Estatutos fusion comfia fecoht para debateEstatutos fusion comfia fecoht para debate
Estatutos fusion comfia fecoht para debate
 
Documento integracion sindical comfia fecoht (1)
Documento  integracion sindical comfia fecoht (1)Documento  integracion sindical comfia fecoht (1)
Documento integracion sindical comfia fecoht (1)
 
Anexo normas congresuais de fecoht proceso fusión comfia fecoht
Anexo normas congresuais de fecoht proceso  fusión comfia fecohtAnexo normas congresuais de fecoht proceso  fusión comfia fecoht
Anexo normas congresuais de fecoht proceso fusión comfia fecoht
 
Normas generales aprobadas en el Consejo Confederal 28/01/2014, para los proc...
Normas generales aprobadas en el Consejo Confederal 28/01/2014, para los proc...Normas generales aprobadas en el Consejo Confederal 28/01/2014, para los proc...
Normas generales aprobadas en el Consejo Confederal 28/01/2014, para los proc...
 
Convenio Colectivo Mercadona 2014
Convenio Colectivo Mercadona 2014Convenio Colectivo Mercadona 2014
Convenio Colectivo Mercadona 2014
 

Axudas corresponsabilidade

  • 1. Secretaría de Política Social Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia AXUDAS Á CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR E LABORAL COMO MEDIDA DE FOMENTO DA CORRESPONSABILIDADE PARA OS TRABALLADORES QUE SE ACOLLAN Á REDUCIÓN DA SÚA XORNADA DE TRABALLO (Resolución do 4 de xuño de 2012. DOG n.º 111 do 12 de xuño de 2012) http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120612/AnuncioC3C1-070612-0004_gl.pdf Obxecto Axudas aos traballadores que, entre o 1 de maio e o 31 de decembro de 2011, se acolleran a unha redución da súa xornada de traballo para o coidado dun fillo/a menor de tres anos. Persoas beneficiarias  Homes traballadores por conta allea, tanto da empresa privada como das Administracións públicas, organismos autónomos, entes de dereito privado e empresas públicas dependentes delas, con independencia de que o seu vínculo sexa laboral, funcionarial ou estatutario, e os socios das sociedades cooperativas, sempre que pertenzan ao réxime xeral da seguridade social, que se acollan á redución de xornada.  Familias monoparentais en que a persoa solicitante (home ou muller) sexa traballador/a por conta allea e se acolla á redución de xornada. Accións subvencionables 1. As axudas concederanse aos traballadores que, entre o 1 de maio e o 31 de decembro de 2011, se atoparan en situación de redución da xornada de traballo para o coidado dun fillo ou filla menor de 3 anos. Para ser subvencionable, a redución deberá ter unha duración mínima de sesenta días naturais ininterrompidos e comprendidos no período anteriormente citado. 2. Tamén poderán acollerse a esta axuda os traballadores que, cumprindo os requisitos, adopten un/unha menor ou o/a teñan en situación de acollemento familiar, nas modalidades de acollemento familiar permanente ou acollemento familiar preadoptivo. Neste suposto, non se terá en conta a data de nacemento, pero para ter dereito á axuda non puideron transcorrer máis de tres anos dende a data da decisión administrativa ou xudicial de acollemento ou da resolución xudicial pola que se constitúe a adopción. En calquera caso, a filla ou fillo polo que se solicita a axuda terá que ser menor de 12 anos. 3. A idade do fillo ou filla poderá ampliarse ata os 12 anos no suposto de que o/a menor padeza unha discapacidade recoñecida de porcentaxe igual ou superior ao 33%. 4. En ningún caso o período para o que se solicita a subvención pode coincidir co permiso por maternidade nin con calquera outro permiso, licenza ou excedencia para a mesma finalidade.
  • 2. Secretaría de Política Social Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia Requisitos  Estar inscritos nun padrón de Galicia, polo menos con un ano de antelación á presentación da solicitude.  Nas familias non monoparentais, o outro membro deberá ser traballador por conta allea ou autónomo e manter esa situación durante todo o período subvencionado. Entenderase cumprido este requisito cando, habendo períodos non traballados, a suma destes non supere o 5% do período subvencionado.  Que na data da solicitude o fillo/a conviva coa persoa solicitante. Contía das axudas Axudas de pagamento único en función da porcentaxe de redución da xornada laboral, da súa duración e do número de fillas/os a cargo da persoa solicitante, considerándose para o seu establecemento os seguintes tramos: ● Redución de ata o 15% da xornada laboral con duración de oito meses: 1.600 € se é unha filla ou fillo a cargo 1.900 € se son dúas fillas ou fillos a cargo 2.200 € se son tres ou máis fillos ou fillas a cargo. ● Redución superior ao 15% ata o 33,33% con duración de oito meses: 2.700 € se é unha filla/o a cargo 3.000 € se son dúas fillas/os a cargo 3.300 € se son tres ou máis fillas/os a cargo ● Redución superior ao 33,33% con duración de oito meses: 3.000 € se é unha filla/o a cargo 3.300 € se son dúas fillas/os a cargo 3.600 € se son tres ou máis fillas/os a cargo As contías reduciranse se a persoa non está contratada a xornada completa ou cando a redución de xornada se solicite por un período inferior a oito meses. Para o cálculo da axuda teranse en conta os fillos/as menores de 12 anos. Documentación  Solicitude oficial (anexo I) ou a través da web www.mulleresengalicia.es ou https://sede.xunta.es.  Fotocopia compulsada do DNI ou NIE e do libro de familia.  Fotocopia compulsada da sentenza de nulidade, separación ou divorcio, se for o caso.  Fotocopia compulsada do auto xudicial de adopción ou tutela, se for o caso.  No suposto de fillas/os afectadas/os por unha discapacidade igual ou superior ao 33%, certificación acreditativa de tal condición.  Declaración xurada no caso de proxenitores solteiros cun fillo ou filla recoñecido pero sen convivencia (anexo II).
  • 3. Secretaría de Política Social Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia  Certificación de empadroamento que acredite a data de empadroamento da persoa solicitante dentro do territorio da comunidade autónoma galega.  No caso de familias monoparentais, volante de empadroamento en que consten as persoas que conviven no domicilio coa persoa solicitante.  Certificación bancaria orixinal da conta da que é titular a persoa solicitante.  Declaración das axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo fin (anexo III).  Declaración de que o período de redución solicitado non coincide co permiso de maternidade ou outro (anexo II).  Certificación da empresa ou da Administración pública acreditativa da redución de xornada (anexo IV).  Documento da Tesourería da Seguridade Social no que se reflicta a situación de garda legal, se for o caso. De pertencer a sistemas de previsión social distintos ao da seguridade social, certificación en que se acredite a referida situación.  Certificado de vida laboral relativa á persoa solicitante da axuda.  No caso de familias non monoparentais, certificación da vida laboral relativa ao cónxuxe ou parella. No caso de pertencer a sistemas de previsión social distintos ao da seguridade social, certificación acreditativa da data dende a cal presta os seus servizos, con indicación de que na actualidade está en servizo activo.  Declaración de non estar incurso/a en ningún procedemento de reintegro ou sancionador (anexo III).  Anexo V relativo á recollida de datos para a análise de resultados. Lugar e prazo de presentación de solicitudes As solicitudes presentaranse en calquera rexistro da Xunta de Galicia, nas oficinas de correos e por vía electrónica, ata o 13 de xullo de 2012. Resolución O prazo máximo de resolución e notificación das solicitudes será de catro meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, transcorrido o cal se entenderá desestimada a petición de subvención.