1. IDADE ANTIGA
Esta etapa comeza
hai uns 3000 anos
coa aparición da
escritura. Remata
no século V d.C.
cando os visigodos
invaden Hispania.
2. Os celtas
Habitaban na Meseta
e na costa atlántica.
Dedicábanse á
gandaría e á
fabricación de
obxectos
metálicos.
3. Os iberos
Vivían na costa
mediterránea.
Dedicábanse á
agricultura e á
gandaría. Tamén
eran expertos
artesáns.
4. O reino dos Tartessos
Asentábanse no
val do
Guadalquivir, un
territorio rico en
metais.
Os habitantes eran
expertos na
fabricación de
obxectos
metálicos.
5. Os fenicios
Chegaron no
século VII a.C.,
atraídos polas
riquezas de
Tartessos.
Eran grandes
comerciantes que
chegaron desde
Asia para
instalarse na costa
andaluza, onde
fundaron colonias.
6. Os gregos
Chegaron á costa
de Cataluña no
século VI a.C.
Vendían cerámica
e compraban sal,
metais e esparto.
7. Os cartaxineses
Chegaron no
século III a.C.
Desde África e
asentáronse nas
Illas Baleares e no
leste da Península.
Dedicábanse ao
comercio de
metais e tecidos.
Tamén querían
conquistar
territorios.
8. A creación da Hispania
romana
No ano 218 a.C.
desembarcaron os
romanos en
Emporion para
enfrontarse cos
cartaxineses, aos
que expulsaron da
Península.
Despois, decidiron
conquistala. A
conquista rematou
no ano 19 a.C. con
Augusto.
9. A organización hispana
Os romanos
organizaron o
territorio en
provincias, á fronte
de cada unha
había un
gobernador que
era o encargado
de manter a orde e
recadar os
impostos.
10. Os costumes de Hispania
Incorporáronse as
leis romanas ao
territorio e o latín
substituíu as linguas
que se falaban,
excepto o éuskaro.
Respecto á relixión,
primeiro adoraban aos
deuses romanos. Pero
máis tarde, no ano 380, o
cristianismo converteuse
na rellixión oficial de todo
o Imperio Romano.
11. Sociedade hispana
Había homes libres
e escravos.
As mulleres tamén
podían ser libres
ou escravas. Pero
non tiñan os
mesmos dereitos
ca os homes.
12. Arte romana
As cidades tiñan dúas rúas
principais: o cardo e o
decumanus. No cruzamento
destas rúas, estaba o foro. O
foro é unha praza na que se
situaban os edificios principais.
Nas cidades construíanse
templos, basílicas, anfiteatros,
teatros, circos e acuedutos.
Os muros, decorábanse con
pinturas. E o chan, con
mosaicos.
13. Imaxes sacadas de Google con fins
educativos.
Traballo feito por:
Alejandro, Leila, Antón e Lidia.