SlideShare a Scribd company logo
1 of 96
EUME
A NATUREZA
Canón do Eume
A comarca do Eume esténdese desde as serras da Dorsal Galega, ao leste ata a ría de Ares ao
oeste, nun territorio moi diverso onde se dan grandes diferenzas de altitude, de formas de
releve e litolóxicas no que o río Eume é o principal protagonista.
É unha comarca con numerosos espazos naturais e cunha paisaxe moi rica en matices.
SUPERFICIE:
538,8 km2
POBOACIÓN: 25.337
habitantes (2014).
CONCELLOS:
A Capela, Cabanas,
Monfero, Pontedeume
e As Pontes de García
Rodríguez.
ESPAZOS PROTEXIDOS:
-Parque Natural
“Fragas do Eume”
-LICs “Xuvia-Castro-
Forgoselo”,
“Ortigueira-Mera” e
“Serra do Xistral”.
CLIMA
Na costa é oceánico húmido con temperaturas suaves (unha media de 14 ºC). A medida que
se avanza cara ao interior faise máis contrastado, con invernos máis frios.
ACTIVIDADES
As principais actividades son os servizos (49%), a industria (28%), a construción (13 %) e a
agricultura (9%).
Porto de Pontedeume
Central Térmica das Pontes de García Rodríguez
Antiga mina de lignitos está
actualmente esgotada e
convertida nun lago.
PATRIMONIO
O patrimonio cultural é moi importante. Consérvanse numerosos restos de mámoas e castros,
os mosteiros de Monfero e Caaveiro, torres, igrexas, pazos, pontes, muíños...
Torre de Andrade en Pontedeume
Antgos almacéns do porto de Pontedeume
CONCELLOS
Vista parcial de Cabanas coa praia da Madalena
CABANAS
Está situado ao noroeste da comarca, na marxe dereita da ría de Ares. O territorio repártese
entre unha área costeira de escasa altura e formas suaves e as penichairas do interior que
acadan unha altitude de 200 a 400 m no leste do concello. Os cumes máis destacados son o
Daxea (475 m) e o Mariña (454 m), no linde co concello de A Capela.
O río Eume fai de linde polo sur e o Belelle, nun pequeno tramo polo norte.
SUPERFICIE: 29,74 km2
POBOACIÓN: 3.294 (2015)
habitantes
PARROQUIAS: Cabanas, Irís,
Laraxe, Regoela, San Martiño
de Porto, Santa Cruz do Salto
e Soaserra.
O Eume en Cabanas
As principais actividades son os servizos, a
agricultura e a pesca. Unha grande parte
dos habitantes traballan nas industrias
dos concellos limítrofes.
Os espazos de maior interese natural
atópanse no río Eume e na costa. Parte do
concello forma parte do Parque Natural
“Fragas do Eume”.
O patrimonio cultural está representado,
por castros, pazos, hórreos...
Restos do muíño de marea na
desembocadura do río Castro, no
linde con Fene.
SUPERFICIE:
56,96 km2
POBOACIÓN:
1.334 habitantes (2014)
PARROQUIAS: Caaveiro,
Cabalar e A Capela.
Paisaxe agrario da Capela
A CAPELA
Está situado no centro-norte da comarca. A maior parte do territorio forma parte do macizo
granítico do Forgoselo con cumes achairados cunha altitude media de 400 m. Os cumes máis
destacados son o Fontardión (667 m) e a Pena das Camposas (607 m).
O río Eume percorre o linde sur do cencello nun val encaixado e recibe varios afluentes
(Rebordille, Cadabás, Teixido, Sesín e Brea). O Belelle, no seu curso alto, atravesa de leste a
oeste e recibe o rego da Graña.
Mosteiro de Caaveiro no interior das Fragas do Eume.
Foi fundado no século X por San Rosendo sobre un
anterior e ampliado posteriormente. A igrexa románica
é do século XII.
A Capela é un concello eminentemente rural que se dedica sobre todo a agrogandaría (gando
vacún de leite).
Ten espazos naturais de excepcional valor, sobre todo na contorna do río Eume. Parte do
concello está protexidos no parque Natural “Fragas do Eume” e no LIC “Xuvia-Castro-
Forgoselo”.
Acolle un importante patrimonio etnográfico (muíños, ferrerías) e histórico-artístico (pontes,
igrexas románicas, mosteiros...).
Ponte romana sobre o río Sesín,
entre Gunxel e Paces
SUPERFICIE:
172,48 km2
POBOACIÓN:
2.089 habitantes (2014)
PARROQUIAS:
O Alto de Xestoso,
Queixeiro, San Fiz de
Monfero, Santa Xiá de
Monfero, Taboada, O
Val de Xestoso e Vilachá.
Paisaxe de Monfero
MONFERO
Está situado no sur da comarca. O releve do concello é unha grande suferficie de erosión
antiga na que destacan varios cumes. Ao leste está a serra da Loba, coa máxima altitude na
Pena Verde, con 709 m. No centro a serra do Queixeiro (Pena da Uz, con 705 m) e no sur a
serra da Pena (Pico dos Vales, con 702 m).
O río Eume percorre o linde polo norte e recibe pola esquerda o Frei Bermuz e o San
Bartolomeu.
Mosteiro de Monfero. Fundado no século X e
ampliado posteriormente. A fachada da igrexa é
barroca e combina pezas de lousa e granito.
As principais actividades son agrogandaría (especialmente gando vacún de leite) e o sector
forestal.
Ten un destacado patrimonio natural protexido no Parque Natural “Fragas do Eume”.
Conserva tamén importantes mostras histórico-artísticas e etnográficas, entre as que destaca
o mosteiro de Monfero.
Río Lambruxo,
afluente do Lambre,
en Monfero
SUPERFICIE:
29,41 km2
POBOACIÓN:
8.117 habitantes (2014)
PARROQUIAS:
Andrade, Boebre,
Bréamo, Centroña,
Nogueirosa, Ombre,
Pontedeume e Vilar.
Pontedeume, coa torre dos
Andrade dominando o
conxunto. Esta vila, situada no
esteiro do Eume conserva un
bo casco antigo con casas
tradicionais e monumentos de
grandde interese.
É un importante centro
turístico e porta de entrada ao
parque Natural das Fragas do
Eume.
PONTEDEUME
O territorio é irregular. Na zona costeira e no curso baixo do Eume é de pouca altitude. No sur
está limitado por unha serie de cumes que se estenden de leste a oeste (Queimado, con 410
m e Castrelo, con 316 m).
O río Eume fai de linde polo norte e recibe ao Vilariño. A costa forma parte da banda sur da
ría de Ares, desde a desembocadura do Eume até a punta Carboeira.
Igrexa de San Miguel de Bréamo, románica, do século XII,
monumento histórico-artístico desde 1931
As principais actividades son os servizos, a industria e a pesca.
Os valores naturais máis destacados atópanse na costa e no val do Eume, protexido no
Parque Natural “Fragas do Eume”.
Acolle un rico patrimonio histórico-artístico; casco antigo de Pontedeume, castelos dos
Andrade, igrexa románica de Bréamo, ponte medieval de Pontedeume...
Castelo dos Andrade, situado no monte
Leboreiro, un cume con fermosas vistas
SUPERFICIE:
250,39 km2
POBOACIÓN:
10.503 habitantes (2015)
PARROQUIAS:
O Aparral, Bermui, O
Deveso, Espiñaredo, A
Faeira, O Freixo, Goente,
As Pontes de García
Rodríguez, Ribadeume,
San Pedro de Eume,
Seoane, Somede e
Vilavella.
Vista xeral das Pontes de García Rodríguez no centro da
depresión, desde os montes do Couce Ancho
AS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ
Está situado no nordeste da comarca. Ten un releve moi accidentado e fracturado. A
depresión de As Pontes, unha cunca do Terciario de 14 km2
, ocupa o centro do concello e está
rodeada de serras. Ao norte e leste a Faladoira, co cume máis alto no Caxado, con 756 m. Ao
leste as estribacións da Carba, co cume máis alto na Carballeira (657 m). Ao sur o Serrón da
Pena Boa e ao leste o macizo do Forgoselo co cume máis destacado no Fontardión (667 m).
O río Eume atravesa o concello describindo unha curva, primeiro leste-oeste, despois norte-
sur, e finalmente fai de linde polo sur co concello de Monfero. Recibe numerosos afluentes
entre os que destacan o Ponte de Pedra, Medelo, Chamoselo e Lavadoiro. O Mera percorre un
tramo polo linde noroeste.
Furado da mina de lignito das Pontes, na
actualidade esgotada e convertida en lago.
As principais actividades son a industria, a agrogandaría e os servizos.
Os espazos de maior interese natural está asociados ás serras e ao río Eume. Parte do concello
está protexido nos LICs “Serra do Xistral” e “Ortigueira-Mera” e no Parque Natural “Fragas do
Eume”.
O patrimonio cultural está representado por numerosos castros e mámoas, igrexas e pontes
medievais.
O Eume nas Pontes de García Rodríguez
RELEVO
O territorio da comarca do Eume é moi irregular e accidentado e está atravesado por varias
fallas. De leste a oeste aparecen varios niveis que van descendendo en altitude ata a ría de
Ares. Facendo linde polo leste, de norte a sur, atópanse as serras da Dorsal Galega: a
Faladoira (co cume máis alto da comarca no Monte Caxado, con 752 m), as estribacións da
Carba cara ao oeste (Couce Ancho, Carballeira e Campo de Meda) e a serra da Loba. A
continuación a Depresión das Pontes, unha cubeta tectónica de 400 m de altitude media; os
macizos do Forgoselo e O Queixeiro de cumes achairadas, atravesados polo Eume e os seus
afluentes; e as terras máis baixas ao pé da costa.
Serra da Pena, situada ao sur da comarca
Canón do Eume, a formación xeolóxica máis
importante da comarcca, entre os granitos
do Forgoselo, á esquerda, e os xistos do
Queixeiro, á dereita.
A composición das rochas é moi variada. Ao norte, na área do Forgoselo, dominan os granitos.
No resto atopamos lousas, xistos, cuarcitas…
A vexetación é moi variada. Nos cumes mato de toxos e uces e pasteiros. Nas abas de menor
desnivel plantacións de piñeiros e eucaliptos e nos vales máis escarpados grandes áreas de
bosque atlántico nos que se refuxia unha importante variedade de animais.
O Queixeiro e a Dorsal (Serra da Loba); cumes chairos e vales
profundos nos que se conservan fragas atlánticas.
Rhinathus minor, planta semiparásita que florece de
maio a xuño nos prados de media montaña da
metade leste de Galiza.
As partes altas da serra, chans e co fondo rochoso,
almacenan auga en numerosas brañas e lagoas
temporais nas que abondan os brións, os xunos, as
violetas…
Piorno (Adenocarpus complicatus). Un arbusto
pouco común nestas zonas.
Breixos en flor
Laberca común (Alauda arvensis). Un paxaro común en toda Galiza que se pode ver en campos abertos.
Aliméntase de sementes, froitos e pequenos invertebrados.
Panorámica desde o alto do Caxado
SERRA DA FALADOIRA
Esténdese con dirección NNE-SSO polo leste da comarca e pecha polo norte a Depresión das
Pontes. É unha superficie plana con ondulacións suaves cunha media de 500 m de altura. Os
montes máis altos son o Caxado, con 756 m e a Faladoira, con 605 m.
Está formada maiormente por bandas de lousas negras xunto con gneis “ollo de sapo”, xistos
cristalinos e areíscas das que sobresaen cristas de granitos e cuarcitas.
As augas da vertente leste van aos ríos Sor e Eume, e as da oeste ao Mera, Rola, Valeo e
Esteiro da Loiba.
Nalguns vales conserva pequenas carballeiras, pero unha grande parte está ocupada por
eucaliptos. Na parte alta hai mato e pasteiros aproveitados por vacas e cabalos.
Accedese pola estrada de As Pontes A Ortigueira e Mañón.
En Cabalar hai unha aula da Natureza.
Monte Caxado
Cuarcitas nos cumes da Faladoira
Gando nos cumes achairados da Faladoira
Prados, mato e bosques autóctonos
nos vales das cabeceiras dos ríos.
MONTES DA SERRA
Pódense considerar unha plolongación polo oeste da serra da Faladoira. Esténdense polo
oeste da comarca, nos lindes entre os concellos de As Pontes de García Rodríguez e As
Somozas.
O cume máis alto é Pena do Mosqueiro (554 m).
Están formados maiormente por bandas de lousas negras xunto con gneis, xistos cristalinos e
areíscas das que sobresaen cristas de cuarcitas. As augas da vertente sur van ao Eume e as do
norte ao Mera. Nalguns vales conserva carballeiras, pero unha gran departe está ocupada por
eucaliptos. Unha parte (as cabeceiras do río Soutochao) está incluída no LIC “Ortigueira-
Mera”.
Accedese desde o alto do Caxado pola estrada que vai ás Somozas.
O Eume represado no encoro de Ribeira, visto desde a
Faladoira. Ao fondo os montes Carballeira, Campo da
Meda e Couce que forman o estremo occidental da serra
da Carba e do espazo protexido Serra do Xistral.
SERRA DA CARBA
Esténdese con dirección leste-oeste desde a serra do Xistral ata o val do Eume. Nesta comarca
entran as últimas estribacións cara ao oeste no concello de As Pontes de García Rodríguez:
Couce Ancho (654 m), Carballeira (677 m) e Campo de Meda (592)
Está formada esencialmente por lousas e cuarcitas do Cámbrico.
Fprma parte do LIC “Serra do Xistral”. Accedese desde As Pontes de García Rodríguez, desde a
estrada que vai a Vilalba no desvío que vai á área recreativa do Caneiro.
Vista do Couce Ancho desde As Pontes de García Rodríguez
Serra da Loba desde o monte Fesa
SERRA DA LOBA
Esténdese con dirección N-S, facendo de fronteira entre as provincias de Lugo e A Coruña,
desde a Depresión das Pontes ata as cabeceiras dos ríos Mandeo (oeste) e Labrada (leste) que
a separan da Cordal de Montouto. É unha serra de relevo suave modelado sobre granito de
dúas micas, gneis “ollo de sapo”, xistos migmatíticos e granito intrusivo.
Fai de divisoria de augas entre a conca do Miño e as do Lambre e Mandeo.
O punto mái alto é a Pena Verde, con 709 m.
Accedese desde Monfero. Ten unhas excelentes vistas sobre a depresión das Pontes.
Parque eólico experimental de Sotavento,
no Serrón do Lobo
SERRA DO QUEIXEIRO
Ten orientación O-E. Está situada ao sur do canón do Eume, no concello de Monfero e
limitada ao leste polo río Frei Bermúdez, afluente do Eume. Cara ao sur nacen varios afluentes
do Lambre. As rochas dominantes son xistos e lousas, con algúns tramos de cuarcitas. O punto
máis alto é Pena da Uz, con 705 m.
Unha grande parte está incluído no Parque Natural Fragas do Eume. O val do río Frei
Bermúdez e o Canón son Reservas Integrais.
Accedese desde Monfero.
Panorámica desde o monte Fexa sobre a
comarca e a costa da ría de Ares e Betanzos
Montes de Queixeiro desde o encoro do Eume
Xistos
Fraga do Eume na serra do Queixeiro
O Forgoselo desde o Queixeiro
MACIZO DO FORGOSELO
É un extenso aplanamento situado entre a Depresión das Pontes e a costa, ao norte do río
Eume, en terreos dos concellos de A Capela, As Pontes, As Somozas e San Sadurniño.
Aséntase sobre un afloramento circular de granito intrusivo de dúas micas que contrasta coas
rochas xistosas da contorna. O relevo é suave e o punto máis alto é o Monte Forgoselo ou
Racamonde con 542 m. É frecuente atopar bolos, pías e cacholas.
A parte norte está incluída no LIC “Xuvia-Castro-Forgoselo” e a zona sur no Parque Natural
Fragas do Eume. Nos cumes hai un parque eólico.
Accedese desde Calzados ou Goente (As Neves), ou polas pistas do parque eólico.
Lagoas e turbeiras nos cumes do Forgoselo
A vexetación dominante é o monte baixo con uces de pequena talla, toxos e abrótegas. Nas
zonas altas hai brañas asolagadas temporalmente , turbeiras e pasteiros que aproveitan vacas
e cabalos. Hai zonas repoboadas con piñeiro bravo, piñeiro de Monterrei e eucalipto. Nas
partes baixas consérvanse áreas de bosque autóctono.
Penedo dos tres pés, linde entre os concellos
de A Capela e San Sadurniño.
Pena de Sueira
Gando nos cumes do Forgoselo
Pena da Lama (A Capela), un enorme penedo granítico nas estribacións do Forgoselo cara ao suroeste
OS RÍOS
O Eume en Caveiro
A maior parte da comarca forma parte da
cunca do Eume que percorre o territorio
de leste a oeste, desde as serras da Dorsal
ata a ría de Ares e recibe numerosos
afluentes.
Na zona norte, en terreos de A Capela,
atópase o curso alto do río Belelle, que
desemboca na ría de Ferrol, e na zona sur,
en Monfero, unha pequena parte dos
cursos altos do Baxoi e o Mero, que
desaugan na ría de Betanzos. En xeral os
cursos dos ríos son encaixados e salvan
grandes desniveis nos que son frecuentes
as fervenzas, os rápidos e as pozas.
A humidade e a sombra que reinan dentro dos
bosques de ribeira fan que os brións ocupen
todos os espazos
Na contorna dos ríos, en especial do Eume e os seus afluentes, atópanse amplas áreas de
bosques atlánticos e bosques de ribeira cunha grande biodiversidade. Moitos tramos están
afectados por presas de centrais eléctricas.
Fento Woodwardia radicans.
As Fragas do Eume acollen unha grande
diversidade de especies entre as que destacan
varias de fentos pouco comúns.
Na sombra dos bosques de ribeira medra
unha grande diversidade de brións
Herba de San Xoán
(Hypericum perforatum)
Limenitis camilla, unha bolboreta que vive en zonas de
arboredo e ribeiras dos ríos. A eiruga aliméntase de
Loniceras (herbas salgueiras ou chuchameles).
Garza real (Ardea cinerea)
Ponte medieval sobre o
Chamoselo, nas Pontes de García
Rodríguez.
O Chamoselo é un afluente do
Eume que baixa da serra da Loba
e, por veces, ten as augas
tinguidas de óxidos de ferro.
Arredor dos cursos fluviais consérvase
tamén un rico patrimonio cultural: muíños,
pontes, lavadoiros...
O Machuco.
Restos dunha ferrería
no concello da Capela.
O Eume na área de lecer do Caneiro, nas
Pontes, ao pouco de entrar na comarca.
RÍO EUME
Nace no Seixobranco (Serra do Xistral),
recolle as augas dos concellos de Muras,
Xermade, As Pontes, Capela, Monfero,
Pontedeume e Cabana e vérteas na Ría de
Ares, despois de 80 km de percorrido.
Corre rápido e encaixado no seu tramo
superior onde é represado no encoro de
Ribeira. Ábrese logo na depresión das Pontes
e é de novo remansado polo encoro da
Capela. Atravesa encaixado e rápido a Fraga
de Caaveiro para abrirse preto da súa
desembocadura. É un río caudaloso polas
abundantes precipitacións da súa cunca e
presenta unha importante estiaxe entre
xullo e setembro.
Recibe pola dereita o Pieles, Montouto,
Ferreiras, Sesín e Maciñeira, e pola esquerda
o Reboiras, Mosqueiros, Sarrón, Carracedo,
Chamoselo, Frei Bermuz e San Bartolomeo.
O Eume nas Pontes de
García Rodríguez
Á riqueza e diversidade biolóxica deste
río hai que engadirlle a beleza da
paisaxe con boas vistas panorámicas
sobre a fraga e o río, vales encaixados e
fervenzas.
A parte baixa do val do Eume e algúns
dos seus afluentes (Parrote, Frei
Bermuz, Sesín) forman parte do Parque
Natural “Fragas do Eume” Creado en
agosto de 1997. Asímesmo está
proposto para Reserva da Biosfera.
Encoro de Ribeira. Nas súas proximidades atópase
unha aula da natureza e un clube fluvial.
Encoro do Eume desde Monfero
Encoro do Eume entre o granitos do Forgoselo e a Serra do Queixeiro
Canón do Eume, entre os concellos de A Capela e Monfero.
O Eume xusto debaixo o encoro forma unha gorxa innacesible con interesantes saltos, nunha zona declarada Reserva
Integral dentro do Parque natural Fragas do Eume.
Accedese desde As Neves pola estrada que baixa á central do Eume e despois de cruzar a ponte desde a outra beira da
estrada vese o canón. Tamén se pode acceder pola estrada que vai á presa desde Goente. Unha ruta permite percorrer
unha parte con bosques frondosos e vistas espectaculares.
Fragas do Eume
Outono nas fragas do Eume
O Eume entre A Capela e Cabanas, no interior das fragas
Esteiro do Eume e Pontedeume
Ponte na desembocadura do Eume, entre Pontedeume e Cabanas, construída entre 1864 e 1870. A primeira ponte foi
mandada construír en pedra na Idade Media por Fernández de Andrade e tivo 79 arcos apuntados, dúas torres e un
hospital para os peregrinos.
FEVENZAS DE SOMEDE
En Aldea de Arriba, parroquia de Somede
(As Pontes).
O río de Somede, afluente do Eume,
discorre entre xistos formando numerosos
rápidos e varios saltos. O máis alto ten
arredor de 10 m . Na zona hai varios muíños
e unha pequena minicentral eléctrica.
COMO CHEGAR: na estrada de As PonteS a
Ortigueira no km 7 cóllese un cruce que
indica Somede. Séguese a estrada durante
3,5 km e ao pasar ás ultimas casas de Aldea
de Arriba hai un camiño á dereita e na
mesma entrada nace un carreiro que baixa
ao río.
FEVENZAS DE BERMUI
Na parroquia de Bermui (As Pontes).
O río Bermui ou das Foxas desemboca no Eume
nunha zona moi encaixada. No último tramo
salva un grande desnivel en xistos formando
dúas fervenzas de 10 e 12 m de altura. A
segunda fervenza é de moi difícil acceso e só se
pode ver desde a parte alta. Na zona hai varios
muíños.
COMO CHEGAR: na estrada de As Pontes a
Ferrol cóllese un desvío a Ribadeume e logo
outro desvío a Bermui e despois a Campo
Verde e Cabo da Igrexa. Despois de pasar o
cimeterio cóllese unha pista á esquerda e máis
adiante outra vez á esquerda (fronte á
chimenea da central das Pontes), despois pola
primeira pista á dereita e e outra vez á dereita
unha pista que baixa de fronte e uns 200 m
déixase o coche e cóllese un carreiro á
esquerda que baixa aos muíños e ás fervenzas.
REGO REBARDILLE
Nace no Pico Montouto e discorre
polo concello das Pontes.
Val do río Frei Bermuz
RÍO FREI BERMUZ
Nace entre os montes de Pena e Serra da Loba e discorre cara ao norte a xuntarse co Eume formando un
profundo canón no que se conservan unhas excelentes fragas atlánticas. Unha gran e parte do seu curso
forma parte do Parque Natural “Fragas do Eume” e está protexido como Reserva Inegral.
FERVENZA NO REGO DE MORIXOSO
Atópase nunha antiga canteira nas proximidades
da presa do Eume, na Capela
FEVENZA DE TEIXIDO
Parroquia e concello de A Capela.
O río Teixido, afluente do Eume que desemboca
ao pé da antiga central Ventureira, forma varios
rápidos e fervenzas de pouca altura antes de
xuntarse co Eume.
COMO CHEGAR:
Desde As Neves cóllese a estrada que baixa á
central do Eume.
FERVENZA NO REGO DE VILARIÑO
Un afluente do Teixido
FERVENZAS DA MAZOCA
Na parroquia e concello de A Capela.
No río Sesín, un afluente do Eume que
desemboca ao pé do mosteiro de Caaveiro.
Antes de xuntarse co Eume o Sesín
encáixase en granitos nunha zona con
rápidos e varias fervenzas de distintas
alturas. A máis grande ten uns 10 m. Todo
este tramo do río está aproveitado con
muíños, algúns rehabilitados como aula
etnográfica.
Os arredores están ocupados por unha fraga
ben conservada.
COMO CHEGAR: desde o centro da capital
municipal (As Neves) cóllese a estrada que
baixa á central do Eume. Despois de pasado
Gunxel (aproximadamente 2 km) crúzase a
ponte de Mazoca e pásanse un recinto
pechado onde están os muíños. Ao rematar
a sebe hai un pequeno entrante e un
carreiro que baixa ao muíño de Pedro e á
fervenza principal atravesando unha fraga.
Desde a ponte da Mazoca hai tamén un
carreiro á dereita polo que se pode seguir o
río e ver outras fervenzas.
Ponte medieval sobre o río Sesín, en Caaveiro
Restos do muíño do Mosteiro de
Caaveiro, no río Sesín.
O río Sesín en Caaveiro
Rego da Vaca
RÍO BELELLE
Baixa desde o Forgoselo por terras da Capela e Neda e desauga na ría de Ferrol, en Neda. Ten
o seu curso alto nesta comarca no concello de A Capela.
Recibe pola dereita o Filgueira, Sande de Vilar, Carboeiro, Sabugueiro, Graña, Ameneiro e
Regadoiros; e pola esquerda o Piñeiro e Fornelos.
Na comarca forma un val no que se conservan excelentes fragas.
Ríocuberto, unha zona onde o río discorre oculto por grandes penedos
que se acumularon por un derrube en tempos antigos.
Fervenza no Belelle, nas
proximidades de Riocuberto.
Unha ruta permite seguir o seu
curso, desde a área de lecer de
Riocuberto (Formariz) ata
(Cabalar).
Fervenza nun afluente do Belelle
a carón de Riocuberto
Atranco nun rápido do río Belelle nas proximidades da área recreativa de Riocuberto, en Formariz
A COSTA
Praia de Cabanas
A comarca do Eume ten un pequeno tramo costeiro dentro da Ría de Ares, desde a Pena do
Frade ata a punta Carboeira. Neste espazo altérnanse cantís de pequena altura con areais e
esteiros.
Os ecosistemas costeiros máis destacados son os rochedos, os areais e as marismas nos que
aparecen especies adaptadas aos diferentes hábitats terrestres ou acuáticos.
marismas no esteiro do Eume
Rabo de lebre (Lagurus ovatus), unha
gramínea típica das beiras da praia.
Halimione portulacoides, unha planta
típica de marismas e esteiros
Gaivota patiamarela (Larus cachinans), a máis comúns das gaivotas da costa galega
Ría de Ares, entre a costa de Cabanas e Pontedeume
RÍA DE ARES
É a ría do Golfo Ártabro formada polo río máis longo e caudaloso da zona, o Eume. O fondo,
entre o final das Fragas do Eume e a frecha de Cabanas está ocupado por sedimentos entre
os que o río forma amplos meandros. Desde Cabanas ata a punta de Camouco é
relativamente estreita e logo ábrese entre a enseada de Ares e a punta da Cruz, no norte e
Ber no sur, para xuntarse e compartir a boca coa de Betanzos. As rochas dominantes son os
xistos e nas puntas, pedra de gran.
Praia de Chamoso e punta da Illa, na banda norte da ría de Areas (Cabanas)
Praia de Cabanas, de 1.400 m de lonxitude.
Está asentada sobre a frecha que pecha parcialmente o esteiro do Eume.
Pontedeume, no esteiro do Eume
Praia de Ber desde a punta Camancelo
Pena Roiba e punta e illa Carboeira
AS ÁRBORES
Fragas no Queixeiro, nos vales do Eume e os seus afluentes
A comarca do Eume conserva grandes áreas de bosques naturais, en especial nas serras
orientais e no val do Eume onde se atopan unhas das fragas atlánticas mellor conservadas de
Galiza. As árbores dominantes son os carballos (Quercus robur) acompañados de bidueiros,
pradairos, castiñeiros, acivros, teixos, avelairas, sanguiños, estripos... e na beira da auga
freixos, amieiras e salgueiros.
Castiñeiros nas fragas do Eume
Carballo (Quercus robur) á beira do río Chamoselo, nas Pontes de García Rodríguez. Mide 5,10 m de perímetro e ten
unha grande parte do toro oco. Moi preto atópase un exemplar monumental de 6,40 m de perímetro.
Piñeiros (Pinus radiata) na praia de CabanasPiñeiro (Pinus pinaster) de Leiro (Pontedeume).
-35 m de alto e 4 m de perímetro no toro.
Metrosideiro do xardín da Torre de
Andrade. (Pontedeume).
-22 m de altura e 5 m de perímetro.
Nos parques e xardíns das vilas e dos pazos atópanse algúns exemplares monumentais de
interese. Destaca Pontedeume, co xardín da Torre de Andrade onde se atopan exemplares de
metrosideiro e árbores do amor e o teixo da casa de Tenreiro.
Árbores do amor (Cercis siliquastrum) nos
xardíns da Torre de Andrade, en
Pontedeume. Cinco exemplares de
bastante idade, o máis groso acada 3 m
de perímetro.
Teixo (Taxus baccata) da Casa de Tenreiro
Actualmente incluído no paseo do río Cobés, en Pontedeume
Araucaria excelsa (Araucaria heterophylla)
da Casa Tenrreiro en Pontedeume.
Teixo (Taxus baccata) da Madalena
(Pontedeume)
ESPAZOS PROTEXIDOS
Cumes do Couce ancho cara ao alto do Peñote, o pico máis alto da Carba
LIC SERRA DO XISTRAL
Espazo de 22.964 ha que inclúe as Serras da Carba, do Xistral e A Toxiza. Nesta comarca colle
unha pequena parte nas últimas estribacións cara ao oeste da serra da Carba, no concello de
As Pontes de García Rodríguez. Nas súas abas consérvanse fragas atlánticas.
LIC E PARQUE NATURAL FRAGAS DO EUME
A área protexida abrangue unha superficie de 9.125 ha nos vales do Eume e algúns dos seus
afluentes, entre o linde das provincias de A Coruña e Lugo (concello de Xermade) e o límite
da influencia das mareas na parroquia de Ombre en Pontedeume, a Serra do Queixeiro e
parte da vertente coruñesa da Serra da Loba; nos concellos de Pontedeume, Cabanas, A
Capela, Monfero e As Pontes.
O río Eume, é o eixo do parque natural. Xunto cos seus afluentes forma vales profundos nos
que se conservan áreas de bosque atlántico de gran pureza cunha grande diversidade de
especies de animais, vexetais e fungos, algunhas moi raras ou únicas.
Na área do parque podemos atopar diversidade de ecosistemas: bosques de ribeira, fraga
atlántica caducifolia, monte baixo e algunha zona repoboada con piñeiros e eucaliptos.
Á riqueza e diversidade biolóxica hai que engadirlle a beleza da paisaxe con boas vistas
panorámicas sobre a fraga e o río, vales encaixados e fervenzas.
Na parte alta do espazo atópase o encoro do Eume ou da Capela e máis abaixo os restos das
antigas centrais Ventureira e O Parrote.
No interior do parque natural está o Mosteiro de Caaveiro.
As fragas do Eume son uns dos bosques atlánticos mellor conservados de Galiza e un dos máis
importantes de Europa pola riqueza e variedade de especies. Hai catalogadas 25 especies de árbores,
entre elas os teixos –que teñen aquí o límite occidental da súa distribución en Galiza- e as sobreiras –que
teñen no parque o límite norte de distribución da especie.
Culcita Macrocarpa, unha especie de fento de interese
mundial en perigo de extinción que precisa dunha
elevada humidade no solo e na atmosfera e umbría
permanente. É un endemismo íbero-macaronésico que
na Península so se atopa nas Fragas do Eume, no río do
Seixo, na serra de Alxeciras e nalgunhas localidades
asturianas.
Woodwardia radicans, un fento
pouco común presente nas Fragas do
Eume. A súas frondes poden acadar
os 2,5 m de lonxitude.
As especiais condicións
microclimáticas das Fragas do Eume
favorecen a supervivencia de varias
especies relictas do Terciario, fentos
catalogados como vulnerables pola
UICN e moi raros na Península:
Culcita macrocarpa (especie de
interese mundial en perigo de
extinción), Hymenophyllum
tunbrigense, Vandenboschia
speciosa, Woodwardia radicans...
Fento Dryopteris aemula, unha das 21
especies de fentos das Fragas do Eume
A fauna das fragas do Eume combina
as especies típicas do bosque atlántico
caducifolio, do mato e especies
acuáticas, entre as que destaca a
presenza de varias especies únicas ou
moi raras de invertebrados como a
lesma manchada (Geomalacus
maculosus) a caracola plana Elona
quimperiana, o escarabello Pyrochroa
coccinea, o lepidóptero Endromis
versicolora (moi raro na Península
Ibérica) e a albariña
galega(Ctenocarabus galaicus), un
carábido visto por primeira vez nestas
fragas.
Cubrindo o solo e as rochas e sobre
os toros das árbores podemos
atopar máis da metade das especies
dos brións presentes en Galiza (hai
catalogadas 220 especies de brións e
hepáticas).
Saramaganta (Chioglossa lusitanica) un endemismo do
noroeste da Península Ibérica que ten nas fragas do
Eume a poboación máis importante de Galiza.
LIC XUBIA-CASTRO
Espazo de 1.986 ha que nesta comarca inclúe inclúe parte da Serra do Forgoselo, no concello
de A Capela e As Pontes de García Rodríguez.
O maior interese reside nas formacións de bolos e penedos da serra e nos ecosistemas que se
asentan nela: brañas nas zonas húmidas e pequenas masas de fragas atlánticas nas ladeiras.
A vexetación dominante é o monte baixo con uces de pequena talla, toxos e abrótegas e as
plantas adaptadas á humidade das brañas e turbeitas.
Bosque nas cabeceiras do Soutochao
LIC ORTIGUEIRA-MERA
Un grande espazo de 3.795 ha que inclúe a Ría de Ortigueira e o río Mera. Nesta comarca un
pequeno tramo no concello de As Pontes de García Rodríguez, nos lindes coas Somozas,
seguindo o curso do río Mera e o seu afluente, o Soutochao. Os ríos conservan nas súas augas
e nas súas beiras ricos ecosistemas nos que hai unha variada flora e fauna acuáticas e de
ribeira. Nos bosques artópanse amieiras, salgueiros, freixos, bidueiros, pradairos, loureiros,
carballos... e unha grande variedade de plantas de sotobosque e de beirais.
Rego de Soutochao, entre as
parroquias de Deveso (As Pontes)
e Seixas (As Somozas).
MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta
Abril 2017

More Related Content

Similar to Comarca Eume

Comarca Noia
Comarca NoiaComarca Noia
Comarca Noiamonadela
 
Comarca Ordes
Comarca OrdesComarca Ordes
Comarca Ordesmonadela
 
Comarca Verín
Comarca VerínComarca Verín
Comarca Verínmonadela
 
Comarca Baixa Limia
Comarca Baixa LimiaComarca Baixa Limia
Comarca Baixa Limiamonadela
 
Comarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña OrientalComarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña Orientalmonadela
 
Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)monadela
 
Comarca Arzúa
Comarca ArzúaComarca Arzúa
Comarca Arzúamonadela
 
Comarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña OccidentalComarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña Occidentalmonadela
 
Comarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña OccidentalComarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña Occidentalmonadela
 
Comarca Vigo
Comarca  VigoComarca  Vigo
Comarca Vigomonadela
 
Comarca Terra de Lemos
Comarca Terra de LemosComarca Terra de Lemos
Comarca Terra de Lemosmonadela
 
Comarca Ferrol
Comarca FerrolComarca Ferrol
Comarca Ferrolmonadela
 
Comarca A Coruña pps
Comarca A Coruña ppsComarca A Coruña pps
Comarca A Coruña ppsmonadela
 
Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
Parque Natural Baixa Limia Serra do XurésParque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurésmonadela
 
Comarca Mariña Central
Comarca Mariña CentralComarca Mariña Central
Comarca Mariña Centralmonadela
 
Comarca de Betanzos
Comarca de BetanzosComarca de Betanzos
Comarca de Betanzosmonadela
 
Comarca Ourense
Comarca OurenseComarca Ourense
Comarca Ourensemonadela
 
LIC Serra do Careón
LIC Serra do CareónLIC Serra do Careón
LIC Serra do Careónmonadela
 
Parque Natural/LIC Fragas do Eume
Parque Natural/LIC Fragas do EumeParque Natural/LIC Fragas do Eume
Parque Natural/LIC Fragas do Eumemonadela
 
Comarca A Fonsagrada
Comarca A FonsagradaComarca A Fonsagrada
Comarca A Fonsagradamonadela
 

Similar to Comarca Eume (20)

Comarca Noia
Comarca NoiaComarca Noia
Comarca Noia
 
Comarca Ordes
Comarca OrdesComarca Ordes
Comarca Ordes
 
Comarca Verín
Comarca VerínComarca Verín
Comarca Verín
 
Comarca Baixa Limia
Comarca Baixa LimiaComarca Baixa Limia
Comarca Baixa Limia
 
Comarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña OrientalComarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña Oriental
 
Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)Comarca Quiroga (O Courel)
Comarca Quiroga (O Courel)
 
Comarca Arzúa
Comarca ArzúaComarca Arzúa
Comarca Arzúa
 
Comarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña OccidentalComarca,Aa Mariña Occidental
Comarca,Aa Mariña Occidental
 
Comarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña OccidentalComarca A Mariña Occidental
Comarca A Mariña Occidental
 
Comarca Vigo
Comarca  VigoComarca  Vigo
Comarca Vigo
 
Comarca Terra de Lemos
Comarca Terra de LemosComarca Terra de Lemos
Comarca Terra de Lemos
 
Comarca Ferrol
Comarca FerrolComarca Ferrol
Comarca Ferrol
 
Comarca A Coruña pps
Comarca A Coruña ppsComarca A Coruña pps
Comarca A Coruña pps
 
Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
Parque Natural Baixa Limia Serra do XurésParque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
 
Comarca Mariña Central
Comarca Mariña CentralComarca Mariña Central
Comarca Mariña Central
 
Comarca de Betanzos
Comarca de BetanzosComarca de Betanzos
Comarca de Betanzos
 
Comarca Ourense
Comarca OurenseComarca Ourense
Comarca Ourense
 
LIC Serra do Careón
LIC Serra do CareónLIC Serra do Careón
LIC Serra do Careón
 
Parque Natural/LIC Fragas do Eume
Parque Natural/LIC Fragas do EumeParque Natural/LIC Fragas do Eume
Parque Natural/LIC Fragas do Eume
 
Comarca A Fonsagrada
Comarca A FonsagradaComarca A Fonsagrada
Comarca A Fonsagrada
 

More from monadela

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxmonadela
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxmonadela
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptmonadela
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptmonadela
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxmonadela
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costamonadela
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxemonadela
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costamonadela
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costamonadela
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costamonadela
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costamonadela
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costamonadela
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costamonadela
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costamonadela
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costamonadela
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexomonadela
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruñamonadela
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costamonadela
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costamonadela
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costamonadela
 

More from monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 

Comarca Eume

  • 2. Canón do Eume A comarca do Eume esténdese desde as serras da Dorsal Galega, ao leste ata a ría de Ares ao oeste, nun territorio moi diverso onde se dan grandes diferenzas de altitude, de formas de releve e litolóxicas no que o río Eume é o principal protagonista. É unha comarca con numerosos espazos naturais e cunha paisaxe moi rica en matices.
  • 3. SUPERFICIE: 538,8 km2 POBOACIÓN: 25.337 habitantes (2014). CONCELLOS: A Capela, Cabanas, Monfero, Pontedeume e As Pontes de García Rodríguez. ESPAZOS PROTEXIDOS: -Parque Natural “Fragas do Eume” -LICs “Xuvia-Castro- Forgoselo”, “Ortigueira-Mera” e “Serra do Xistral”.
  • 4. CLIMA Na costa é oceánico húmido con temperaturas suaves (unha media de 14 ºC). A medida que se avanza cara ao interior faise máis contrastado, con invernos máis frios.
  • 5. ACTIVIDADES As principais actividades son os servizos (49%), a industria (28%), a construción (13 %) e a agricultura (9%). Porto de Pontedeume
  • 6. Central Térmica das Pontes de García Rodríguez
  • 7. Antiga mina de lignitos está actualmente esgotada e convertida nun lago.
  • 8. PATRIMONIO O patrimonio cultural é moi importante. Consérvanse numerosos restos de mámoas e castros, os mosteiros de Monfero e Caaveiro, torres, igrexas, pazos, pontes, muíños... Torre de Andrade en Pontedeume
  • 9. Antgos almacéns do porto de Pontedeume
  • 10. CONCELLOS Vista parcial de Cabanas coa praia da Madalena CABANAS Está situado ao noroeste da comarca, na marxe dereita da ría de Ares. O territorio repártese entre unha área costeira de escasa altura e formas suaves e as penichairas do interior que acadan unha altitude de 200 a 400 m no leste do concello. Os cumes máis destacados son o Daxea (475 m) e o Mariña (454 m), no linde co concello de A Capela. O río Eume fai de linde polo sur e o Belelle, nun pequeno tramo polo norte. SUPERFICIE: 29,74 km2 POBOACIÓN: 3.294 (2015) habitantes PARROQUIAS: Cabanas, Irís, Laraxe, Regoela, San Martiño de Porto, Santa Cruz do Salto e Soaserra.
  • 11. O Eume en Cabanas As principais actividades son os servizos, a agricultura e a pesca. Unha grande parte dos habitantes traballan nas industrias dos concellos limítrofes. Os espazos de maior interese natural atópanse no río Eume e na costa. Parte do concello forma parte do Parque Natural “Fragas do Eume”. O patrimonio cultural está representado, por castros, pazos, hórreos... Restos do muíño de marea na desembocadura do río Castro, no linde con Fene.
  • 12. SUPERFICIE: 56,96 km2 POBOACIÓN: 1.334 habitantes (2014) PARROQUIAS: Caaveiro, Cabalar e A Capela. Paisaxe agrario da Capela A CAPELA Está situado no centro-norte da comarca. A maior parte do territorio forma parte do macizo granítico do Forgoselo con cumes achairados cunha altitude media de 400 m. Os cumes máis destacados son o Fontardión (667 m) e a Pena das Camposas (607 m). O río Eume percorre o linde sur do cencello nun val encaixado e recibe varios afluentes (Rebordille, Cadabás, Teixido, Sesín e Brea). O Belelle, no seu curso alto, atravesa de leste a oeste e recibe o rego da Graña.
  • 13. Mosteiro de Caaveiro no interior das Fragas do Eume. Foi fundado no século X por San Rosendo sobre un anterior e ampliado posteriormente. A igrexa románica é do século XII. A Capela é un concello eminentemente rural que se dedica sobre todo a agrogandaría (gando vacún de leite). Ten espazos naturais de excepcional valor, sobre todo na contorna do río Eume. Parte do concello está protexidos no parque Natural “Fragas do Eume” e no LIC “Xuvia-Castro- Forgoselo”. Acolle un importante patrimonio etnográfico (muíños, ferrerías) e histórico-artístico (pontes, igrexas románicas, mosteiros...). Ponte romana sobre o río Sesín, entre Gunxel e Paces
  • 14. SUPERFICIE: 172,48 km2 POBOACIÓN: 2.089 habitantes (2014) PARROQUIAS: O Alto de Xestoso, Queixeiro, San Fiz de Monfero, Santa Xiá de Monfero, Taboada, O Val de Xestoso e Vilachá. Paisaxe de Monfero MONFERO Está situado no sur da comarca. O releve do concello é unha grande suferficie de erosión antiga na que destacan varios cumes. Ao leste está a serra da Loba, coa máxima altitude na Pena Verde, con 709 m. No centro a serra do Queixeiro (Pena da Uz, con 705 m) e no sur a serra da Pena (Pico dos Vales, con 702 m). O río Eume percorre o linde polo norte e recibe pola esquerda o Frei Bermuz e o San Bartolomeu.
  • 15. Mosteiro de Monfero. Fundado no século X e ampliado posteriormente. A fachada da igrexa é barroca e combina pezas de lousa e granito. As principais actividades son agrogandaría (especialmente gando vacún de leite) e o sector forestal. Ten un destacado patrimonio natural protexido no Parque Natural “Fragas do Eume”. Conserva tamén importantes mostras histórico-artísticas e etnográficas, entre as que destaca o mosteiro de Monfero. Río Lambruxo, afluente do Lambre, en Monfero
  • 16. SUPERFICIE: 29,41 km2 POBOACIÓN: 8.117 habitantes (2014) PARROQUIAS: Andrade, Boebre, Bréamo, Centroña, Nogueirosa, Ombre, Pontedeume e Vilar. Pontedeume, coa torre dos Andrade dominando o conxunto. Esta vila, situada no esteiro do Eume conserva un bo casco antigo con casas tradicionais e monumentos de grandde interese. É un importante centro turístico e porta de entrada ao parque Natural das Fragas do Eume. PONTEDEUME O territorio é irregular. Na zona costeira e no curso baixo do Eume é de pouca altitude. No sur está limitado por unha serie de cumes que se estenden de leste a oeste (Queimado, con 410 m e Castrelo, con 316 m). O río Eume fai de linde polo norte e recibe ao Vilariño. A costa forma parte da banda sur da ría de Ares, desde a desembocadura do Eume até a punta Carboeira.
  • 17. Igrexa de San Miguel de Bréamo, románica, do século XII, monumento histórico-artístico desde 1931 As principais actividades son os servizos, a industria e a pesca. Os valores naturais máis destacados atópanse na costa e no val do Eume, protexido no Parque Natural “Fragas do Eume”. Acolle un rico patrimonio histórico-artístico; casco antigo de Pontedeume, castelos dos Andrade, igrexa románica de Bréamo, ponte medieval de Pontedeume... Castelo dos Andrade, situado no monte Leboreiro, un cume con fermosas vistas
  • 18. SUPERFICIE: 250,39 km2 POBOACIÓN: 10.503 habitantes (2015) PARROQUIAS: O Aparral, Bermui, O Deveso, Espiñaredo, A Faeira, O Freixo, Goente, As Pontes de García Rodríguez, Ribadeume, San Pedro de Eume, Seoane, Somede e Vilavella. Vista xeral das Pontes de García Rodríguez no centro da depresión, desde os montes do Couce Ancho AS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ Está situado no nordeste da comarca. Ten un releve moi accidentado e fracturado. A depresión de As Pontes, unha cunca do Terciario de 14 km2 , ocupa o centro do concello e está rodeada de serras. Ao norte e leste a Faladoira, co cume máis alto no Caxado, con 756 m. Ao leste as estribacións da Carba, co cume máis alto na Carballeira (657 m). Ao sur o Serrón da Pena Boa e ao leste o macizo do Forgoselo co cume máis destacado no Fontardión (667 m). O río Eume atravesa o concello describindo unha curva, primeiro leste-oeste, despois norte- sur, e finalmente fai de linde polo sur co concello de Monfero. Recibe numerosos afluentes entre os que destacan o Ponte de Pedra, Medelo, Chamoselo e Lavadoiro. O Mera percorre un tramo polo linde noroeste.
  • 19. Furado da mina de lignito das Pontes, na actualidade esgotada e convertida en lago. As principais actividades son a industria, a agrogandaría e os servizos. Os espazos de maior interese natural está asociados ás serras e ao río Eume. Parte do concello está protexido nos LICs “Serra do Xistral” e “Ortigueira-Mera” e no Parque Natural “Fragas do Eume”. O patrimonio cultural está representado por numerosos castros e mámoas, igrexas e pontes medievais. O Eume nas Pontes de García Rodríguez
  • 20. RELEVO O territorio da comarca do Eume é moi irregular e accidentado e está atravesado por varias fallas. De leste a oeste aparecen varios niveis que van descendendo en altitude ata a ría de Ares. Facendo linde polo leste, de norte a sur, atópanse as serras da Dorsal Galega: a Faladoira (co cume máis alto da comarca no Monte Caxado, con 752 m), as estribacións da Carba cara ao oeste (Couce Ancho, Carballeira e Campo de Meda) e a serra da Loba. A continuación a Depresión das Pontes, unha cubeta tectónica de 400 m de altitude media; os macizos do Forgoselo e O Queixeiro de cumes achairadas, atravesados polo Eume e os seus afluentes; e as terras máis baixas ao pé da costa. Serra da Pena, situada ao sur da comarca
  • 21. Canón do Eume, a formación xeolóxica máis importante da comarcca, entre os granitos do Forgoselo, á esquerda, e os xistos do Queixeiro, á dereita. A composición das rochas é moi variada. Ao norte, na área do Forgoselo, dominan os granitos. No resto atopamos lousas, xistos, cuarcitas…
  • 22. A vexetación é moi variada. Nos cumes mato de toxos e uces e pasteiros. Nas abas de menor desnivel plantacións de piñeiros e eucaliptos e nos vales máis escarpados grandes áreas de bosque atlántico nos que se refuxia unha importante variedade de animais. O Queixeiro e a Dorsal (Serra da Loba); cumes chairos e vales profundos nos que se conservan fragas atlánticas.
  • 23. Rhinathus minor, planta semiparásita que florece de maio a xuño nos prados de media montaña da metade leste de Galiza. As partes altas da serra, chans e co fondo rochoso, almacenan auga en numerosas brañas e lagoas temporais nas que abondan os brións, os xunos, as violetas…
  • 24. Piorno (Adenocarpus complicatus). Un arbusto pouco común nestas zonas. Breixos en flor
  • 25. Laberca común (Alauda arvensis). Un paxaro común en toda Galiza que se pode ver en campos abertos. Aliméntase de sementes, froitos e pequenos invertebrados.
  • 26. Panorámica desde o alto do Caxado SERRA DA FALADOIRA Esténdese con dirección NNE-SSO polo leste da comarca e pecha polo norte a Depresión das Pontes. É unha superficie plana con ondulacións suaves cunha media de 500 m de altura. Os montes máis altos son o Caxado, con 756 m e a Faladoira, con 605 m. Está formada maiormente por bandas de lousas negras xunto con gneis “ollo de sapo”, xistos cristalinos e areíscas das que sobresaen cristas de granitos e cuarcitas. As augas da vertente leste van aos ríos Sor e Eume, e as da oeste ao Mera, Rola, Valeo e Esteiro da Loiba. Nalguns vales conserva pequenas carballeiras, pero unha grande parte está ocupada por eucaliptos. Na parte alta hai mato e pasteiros aproveitados por vacas e cabalos. Accedese pola estrada de As Pontes A Ortigueira e Mañón. En Cabalar hai unha aula da Natureza.
  • 28. Cuarcitas nos cumes da Faladoira
  • 29. Gando nos cumes achairados da Faladoira
  • 30. Prados, mato e bosques autóctonos nos vales das cabeceiras dos ríos. MONTES DA SERRA Pódense considerar unha plolongación polo oeste da serra da Faladoira. Esténdense polo oeste da comarca, nos lindes entre os concellos de As Pontes de García Rodríguez e As Somozas. O cume máis alto é Pena do Mosqueiro (554 m). Están formados maiormente por bandas de lousas negras xunto con gneis, xistos cristalinos e areíscas das que sobresaen cristas de cuarcitas. As augas da vertente sur van ao Eume e as do norte ao Mera. Nalguns vales conserva carballeiras, pero unha gran departe está ocupada por eucaliptos. Unha parte (as cabeceiras do río Soutochao) está incluída no LIC “Ortigueira- Mera”. Accedese desde o alto do Caxado pola estrada que vai ás Somozas.
  • 31. O Eume represado no encoro de Ribeira, visto desde a Faladoira. Ao fondo os montes Carballeira, Campo da Meda e Couce que forman o estremo occidental da serra da Carba e do espazo protexido Serra do Xistral. SERRA DA CARBA Esténdese con dirección leste-oeste desde a serra do Xistral ata o val do Eume. Nesta comarca entran as últimas estribacións cara ao oeste no concello de As Pontes de García Rodríguez: Couce Ancho (654 m), Carballeira (677 m) e Campo de Meda (592) Está formada esencialmente por lousas e cuarcitas do Cámbrico. Fprma parte do LIC “Serra do Xistral”. Accedese desde As Pontes de García Rodríguez, desde a estrada que vai a Vilalba no desvío que vai á área recreativa do Caneiro.
  • 32. Vista do Couce Ancho desde As Pontes de García Rodríguez
  • 33. Serra da Loba desde o monte Fesa SERRA DA LOBA Esténdese con dirección N-S, facendo de fronteira entre as provincias de Lugo e A Coruña, desde a Depresión das Pontes ata as cabeceiras dos ríos Mandeo (oeste) e Labrada (leste) que a separan da Cordal de Montouto. É unha serra de relevo suave modelado sobre granito de dúas micas, gneis “ollo de sapo”, xistos migmatíticos e granito intrusivo. Fai de divisoria de augas entre a conca do Miño e as do Lambre e Mandeo. O punto mái alto é a Pena Verde, con 709 m. Accedese desde Monfero. Ten unhas excelentes vistas sobre a depresión das Pontes.
  • 34. Parque eólico experimental de Sotavento, no Serrón do Lobo
  • 35. SERRA DO QUEIXEIRO Ten orientación O-E. Está situada ao sur do canón do Eume, no concello de Monfero e limitada ao leste polo río Frei Bermúdez, afluente do Eume. Cara ao sur nacen varios afluentes do Lambre. As rochas dominantes son xistos e lousas, con algúns tramos de cuarcitas. O punto máis alto é Pena da Uz, con 705 m. Unha grande parte está incluído no Parque Natural Fragas do Eume. O val do río Frei Bermúdez e o Canón son Reservas Integrais. Accedese desde Monfero. Panorámica desde o monte Fexa sobre a comarca e a costa da ría de Ares e Betanzos
  • 36. Montes de Queixeiro desde o encoro do Eume
  • 37. Xistos Fraga do Eume na serra do Queixeiro
  • 38. O Forgoselo desde o Queixeiro MACIZO DO FORGOSELO É un extenso aplanamento situado entre a Depresión das Pontes e a costa, ao norte do río Eume, en terreos dos concellos de A Capela, As Pontes, As Somozas e San Sadurniño. Aséntase sobre un afloramento circular de granito intrusivo de dúas micas que contrasta coas rochas xistosas da contorna. O relevo é suave e o punto máis alto é o Monte Forgoselo ou Racamonde con 542 m. É frecuente atopar bolos, pías e cacholas. A parte norte está incluída no LIC “Xuvia-Castro-Forgoselo” e a zona sur no Parque Natural Fragas do Eume. Nos cumes hai un parque eólico. Accedese desde Calzados ou Goente (As Neves), ou polas pistas do parque eólico.
  • 39. Lagoas e turbeiras nos cumes do Forgoselo A vexetación dominante é o monte baixo con uces de pequena talla, toxos e abrótegas. Nas zonas altas hai brañas asolagadas temporalmente , turbeiras e pasteiros que aproveitan vacas e cabalos. Hai zonas repoboadas con piñeiro bravo, piñeiro de Monterrei e eucalipto. Nas partes baixas consérvanse áreas de bosque autóctono.
  • 40. Penedo dos tres pés, linde entre os concellos de A Capela e San Sadurniño. Pena de Sueira
  • 41. Gando nos cumes do Forgoselo
  • 42. Pena da Lama (A Capela), un enorme penedo granítico nas estribacións do Forgoselo cara ao suroeste
  • 43. OS RÍOS O Eume en Caveiro A maior parte da comarca forma parte da cunca do Eume que percorre o territorio de leste a oeste, desde as serras da Dorsal ata a ría de Ares e recibe numerosos afluentes. Na zona norte, en terreos de A Capela, atópase o curso alto do río Belelle, que desemboca na ría de Ferrol, e na zona sur, en Monfero, unha pequena parte dos cursos altos do Baxoi e o Mero, que desaugan na ría de Betanzos. En xeral os cursos dos ríos son encaixados e salvan grandes desniveis nos que son frecuentes as fervenzas, os rápidos e as pozas.
  • 44. A humidade e a sombra que reinan dentro dos bosques de ribeira fan que os brións ocupen todos os espazos Na contorna dos ríos, en especial do Eume e os seus afluentes, atópanse amplas áreas de bosques atlánticos e bosques de ribeira cunha grande biodiversidade. Moitos tramos están afectados por presas de centrais eléctricas. Fento Woodwardia radicans. As Fragas do Eume acollen unha grande diversidade de especies entre as que destacan varias de fentos pouco comúns.
  • 45. Na sombra dos bosques de ribeira medra unha grande diversidade de brións Herba de San Xoán (Hypericum perforatum)
  • 46. Limenitis camilla, unha bolboreta que vive en zonas de arboredo e ribeiras dos ríos. A eiruga aliméntase de Loniceras (herbas salgueiras ou chuchameles). Garza real (Ardea cinerea)
  • 47. Ponte medieval sobre o Chamoselo, nas Pontes de García Rodríguez. O Chamoselo é un afluente do Eume que baixa da serra da Loba e, por veces, ten as augas tinguidas de óxidos de ferro. Arredor dos cursos fluviais consérvase tamén un rico patrimonio cultural: muíños, pontes, lavadoiros... O Machuco. Restos dunha ferrería no concello da Capela.
  • 48. O Eume na área de lecer do Caneiro, nas Pontes, ao pouco de entrar na comarca. RÍO EUME Nace no Seixobranco (Serra do Xistral), recolle as augas dos concellos de Muras, Xermade, As Pontes, Capela, Monfero, Pontedeume e Cabana e vérteas na Ría de Ares, despois de 80 km de percorrido. Corre rápido e encaixado no seu tramo superior onde é represado no encoro de Ribeira. Ábrese logo na depresión das Pontes e é de novo remansado polo encoro da Capela. Atravesa encaixado e rápido a Fraga de Caaveiro para abrirse preto da súa desembocadura. É un río caudaloso polas abundantes precipitacións da súa cunca e presenta unha importante estiaxe entre xullo e setembro. Recibe pola dereita o Pieles, Montouto, Ferreiras, Sesín e Maciñeira, e pola esquerda o Reboiras, Mosqueiros, Sarrón, Carracedo, Chamoselo, Frei Bermuz e San Bartolomeo.
  • 49. O Eume nas Pontes de García Rodríguez Á riqueza e diversidade biolóxica deste río hai que engadirlle a beleza da paisaxe con boas vistas panorámicas sobre a fraga e o río, vales encaixados e fervenzas. A parte baixa do val do Eume e algúns dos seus afluentes (Parrote, Frei Bermuz, Sesín) forman parte do Parque Natural “Fragas do Eume” Creado en agosto de 1997. Asímesmo está proposto para Reserva da Biosfera.
  • 50. Encoro de Ribeira. Nas súas proximidades atópase unha aula da natureza e un clube fluvial.
  • 51. Encoro do Eume desde Monfero
  • 52. Encoro do Eume entre o granitos do Forgoselo e a Serra do Queixeiro
  • 53. Canón do Eume, entre os concellos de A Capela e Monfero. O Eume xusto debaixo o encoro forma unha gorxa innacesible con interesantes saltos, nunha zona declarada Reserva Integral dentro do Parque natural Fragas do Eume. Accedese desde As Neves pola estrada que baixa á central do Eume e despois de cruzar a ponte desde a outra beira da estrada vese o canón. Tamén se pode acceder pola estrada que vai á presa desde Goente. Unha ruta permite percorrer unha parte con bosques frondosos e vistas espectaculares.
  • 55. Outono nas fragas do Eume
  • 56. O Eume entre A Capela e Cabanas, no interior das fragas
  • 57. Esteiro do Eume e Pontedeume
  • 58. Ponte na desembocadura do Eume, entre Pontedeume e Cabanas, construída entre 1864 e 1870. A primeira ponte foi mandada construír en pedra na Idade Media por Fernández de Andrade e tivo 79 arcos apuntados, dúas torres e un hospital para os peregrinos.
  • 59. FEVENZAS DE SOMEDE En Aldea de Arriba, parroquia de Somede (As Pontes). O río de Somede, afluente do Eume, discorre entre xistos formando numerosos rápidos e varios saltos. O máis alto ten arredor de 10 m . Na zona hai varios muíños e unha pequena minicentral eléctrica. COMO CHEGAR: na estrada de As PonteS a Ortigueira no km 7 cóllese un cruce que indica Somede. Séguese a estrada durante 3,5 km e ao pasar ás ultimas casas de Aldea de Arriba hai un camiño á dereita e na mesma entrada nace un carreiro que baixa ao río.
  • 60. FEVENZAS DE BERMUI Na parroquia de Bermui (As Pontes). O río Bermui ou das Foxas desemboca no Eume nunha zona moi encaixada. No último tramo salva un grande desnivel en xistos formando dúas fervenzas de 10 e 12 m de altura. A segunda fervenza é de moi difícil acceso e só se pode ver desde a parte alta. Na zona hai varios muíños. COMO CHEGAR: na estrada de As Pontes a Ferrol cóllese un desvío a Ribadeume e logo outro desvío a Bermui e despois a Campo Verde e Cabo da Igrexa. Despois de pasar o cimeterio cóllese unha pista á esquerda e máis adiante outra vez á esquerda (fronte á chimenea da central das Pontes), despois pola primeira pista á dereita e e outra vez á dereita unha pista que baixa de fronte e uns 200 m déixase o coche e cóllese un carreiro á esquerda que baixa aos muíños e ás fervenzas.
  • 61. REGO REBARDILLE Nace no Pico Montouto e discorre polo concello das Pontes.
  • 62. Val do río Frei Bermuz RÍO FREI BERMUZ Nace entre os montes de Pena e Serra da Loba e discorre cara ao norte a xuntarse co Eume formando un profundo canón no que se conservan unhas excelentes fragas atlánticas. Unha gran e parte do seu curso forma parte do Parque Natural “Fragas do Eume” e está protexido como Reserva Inegral.
  • 63. FERVENZA NO REGO DE MORIXOSO Atópase nunha antiga canteira nas proximidades da presa do Eume, na Capela
  • 64. FEVENZA DE TEIXIDO Parroquia e concello de A Capela. O río Teixido, afluente do Eume que desemboca ao pé da antiga central Ventureira, forma varios rápidos e fervenzas de pouca altura antes de xuntarse co Eume. COMO CHEGAR: Desde As Neves cóllese a estrada que baixa á central do Eume.
  • 65. FERVENZA NO REGO DE VILARIÑO Un afluente do Teixido
  • 66. FERVENZAS DA MAZOCA Na parroquia e concello de A Capela. No río Sesín, un afluente do Eume que desemboca ao pé do mosteiro de Caaveiro. Antes de xuntarse co Eume o Sesín encáixase en granitos nunha zona con rápidos e varias fervenzas de distintas alturas. A máis grande ten uns 10 m. Todo este tramo do río está aproveitado con muíños, algúns rehabilitados como aula etnográfica. Os arredores están ocupados por unha fraga ben conservada. COMO CHEGAR: desde o centro da capital municipal (As Neves) cóllese a estrada que baixa á central do Eume. Despois de pasado Gunxel (aproximadamente 2 km) crúzase a ponte de Mazoca e pásanse un recinto pechado onde están os muíños. Ao rematar a sebe hai un pequeno entrante e un carreiro que baixa ao muíño de Pedro e á fervenza principal atravesando unha fraga. Desde a ponte da Mazoca hai tamén un carreiro á dereita polo que se pode seguir o río e ver outras fervenzas.
  • 67. Ponte medieval sobre o río Sesín, en Caaveiro Restos do muíño do Mosteiro de Caaveiro, no río Sesín. O río Sesín en Caaveiro
  • 69. RÍO BELELLE Baixa desde o Forgoselo por terras da Capela e Neda e desauga na ría de Ferrol, en Neda. Ten o seu curso alto nesta comarca no concello de A Capela. Recibe pola dereita o Filgueira, Sande de Vilar, Carboeiro, Sabugueiro, Graña, Ameneiro e Regadoiros; e pola esquerda o Piñeiro e Fornelos. Na comarca forma un val no que se conservan excelentes fragas. Ríocuberto, unha zona onde o río discorre oculto por grandes penedos que se acumularon por un derrube en tempos antigos.
  • 70. Fervenza no Belelle, nas proximidades de Riocuberto. Unha ruta permite seguir o seu curso, desde a área de lecer de Riocuberto (Formariz) ata (Cabalar). Fervenza nun afluente do Belelle a carón de Riocuberto
  • 71. Atranco nun rápido do río Belelle nas proximidades da área recreativa de Riocuberto, en Formariz
  • 72. A COSTA Praia de Cabanas A comarca do Eume ten un pequeno tramo costeiro dentro da Ría de Ares, desde a Pena do Frade ata a punta Carboeira. Neste espazo altérnanse cantís de pequena altura con areais e esteiros.
  • 73. Os ecosistemas costeiros máis destacados son os rochedos, os areais e as marismas nos que aparecen especies adaptadas aos diferentes hábitats terrestres ou acuáticos. marismas no esteiro do Eume
  • 74. Rabo de lebre (Lagurus ovatus), unha gramínea típica das beiras da praia. Halimione portulacoides, unha planta típica de marismas e esteiros
  • 75. Gaivota patiamarela (Larus cachinans), a máis comúns das gaivotas da costa galega
  • 76. Ría de Ares, entre a costa de Cabanas e Pontedeume RÍA DE ARES É a ría do Golfo Ártabro formada polo río máis longo e caudaloso da zona, o Eume. O fondo, entre o final das Fragas do Eume e a frecha de Cabanas está ocupado por sedimentos entre os que o río forma amplos meandros. Desde Cabanas ata a punta de Camouco é relativamente estreita e logo ábrese entre a enseada de Ares e a punta da Cruz, no norte e Ber no sur, para xuntarse e compartir a boca coa de Betanzos. As rochas dominantes son os xistos e nas puntas, pedra de gran.
  • 77. Praia de Chamoso e punta da Illa, na banda norte da ría de Areas (Cabanas)
  • 78. Praia de Cabanas, de 1.400 m de lonxitude. Está asentada sobre a frecha que pecha parcialmente o esteiro do Eume.
  • 80. Praia de Ber desde a punta Camancelo
  • 81. Pena Roiba e punta e illa Carboeira
  • 82. AS ÁRBORES Fragas no Queixeiro, nos vales do Eume e os seus afluentes A comarca do Eume conserva grandes áreas de bosques naturais, en especial nas serras orientais e no val do Eume onde se atopan unhas das fragas atlánticas mellor conservadas de Galiza. As árbores dominantes son os carballos (Quercus robur) acompañados de bidueiros, pradairos, castiñeiros, acivros, teixos, avelairas, sanguiños, estripos... e na beira da auga freixos, amieiras e salgueiros.
  • 84. Carballo (Quercus robur) á beira do río Chamoselo, nas Pontes de García Rodríguez. Mide 5,10 m de perímetro e ten unha grande parte do toro oco. Moi preto atópase un exemplar monumental de 6,40 m de perímetro.
  • 85. Piñeiros (Pinus radiata) na praia de CabanasPiñeiro (Pinus pinaster) de Leiro (Pontedeume). -35 m de alto e 4 m de perímetro no toro.
  • 86. Metrosideiro do xardín da Torre de Andrade. (Pontedeume). -22 m de altura e 5 m de perímetro. Nos parques e xardíns das vilas e dos pazos atópanse algúns exemplares monumentais de interese. Destaca Pontedeume, co xardín da Torre de Andrade onde se atopan exemplares de metrosideiro e árbores do amor e o teixo da casa de Tenreiro. Árbores do amor (Cercis siliquastrum) nos xardíns da Torre de Andrade, en Pontedeume. Cinco exemplares de bastante idade, o máis groso acada 3 m de perímetro.
  • 87. Teixo (Taxus baccata) da Casa de Tenreiro Actualmente incluído no paseo do río Cobés, en Pontedeume
  • 88. Araucaria excelsa (Araucaria heterophylla) da Casa Tenrreiro en Pontedeume. Teixo (Taxus baccata) da Madalena (Pontedeume)
  • 89. ESPAZOS PROTEXIDOS Cumes do Couce ancho cara ao alto do Peñote, o pico máis alto da Carba LIC SERRA DO XISTRAL Espazo de 22.964 ha que inclúe as Serras da Carba, do Xistral e A Toxiza. Nesta comarca colle unha pequena parte nas últimas estribacións cara ao oeste da serra da Carba, no concello de As Pontes de García Rodríguez. Nas súas abas consérvanse fragas atlánticas.
  • 90. LIC E PARQUE NATURAL FRAGAS DO EUME A área protexida abrangue unha superficie de 9.125 ha nos vales do Eume e algúns dos seus afluentes, entre o linde das provincias de A Coruña e Lugo (concello de Xermade) e o límite da influencia das mareas na parroquia de Ombre en Pontedeume, a Serra do Queixeiro e parte da vertente coruñesa da Serra da Loba; nos concellos de Pontedeume, Cabanas, A Capela, Monfero e As Pontes. O río Eume, é o eixo do parque natural. Xunto cos seus afluentes forma vales profundos nos que se conservan áreas de bosque atlántico de gran pureza cunha grande diversidade de especies de animais, vexetais e fungos, algunhas moi raras ou únicas. Na área do parque podemos atopar diversidade de ecosistemas: bosques de ribeira, fraga atlántica caducifolia, monte baixo e algunha zona repoboada con piñeiros e eucaliptos. Á riqueza e diversidade biolóxica hai que engadirlle a beleza da paisaxe con boas vistas panorámicas sobre a fraga e o río, vales encaixados e fervenzas. Na parte alta do espazo atópase o encoro do Eume ou da Capela e máis abaixo os restos das antigas centrais Ventureira e O Parrote. No interior do parque natural está o Mosteiro de Caaveiro.
  • 91. As fragas do Eume son uns dos bosques atlánticos mellor conservados de Galiza e un dos máis importantes de Europa pola riqueza e variedade de especies. Hai catalogadas 25 especies de árbores, entre elas os teixos –que teñen aquí o límite occidental da súa distribución en Galiza- e as sobreiras –que teñen no parque o límite norte de distribución da especie.
  • 92. Culcita Macrocarpa, unha especie de fento de interese mundial en perigo de extinción que precisa dunha elevada humidade no solo e na atmosfera e umbría permanente. É un endemismo íbero-macaronésico que na Península so se atopa nas Fragas do Eume, no río do Seixo, na serra de Alxeciras e nalgunhas localidades asturianas. Woodwardia radicans, un fento pouco común presente nas Fragas do Eume. A súas frondes poden acadar os 2,5 m de lonxitude. As especiais condicións microclimáticas das Fragas do Eume favorecen a supervivencia de varias especies relictas do Terciario, fentos catalogados como vulnerables pola UICN e moi raros na Península: Culcita macrocarpa (especie de interese mundial en perigo de extinción), Hymenophyllum tunbrigense, Vandenboschia speciosa, Woodwardia radicans... Fento Dryopteris aemula, unha das 21 especies de fentos das Fragas do Eume
  • 93. A fauna das fragas do Eume combina as especies típicas do bosque atlántico caducifolio, do mato e especies acuáticas, entre as que destaca a presenza de varias especies únicas ou moi raras de invertebrados como a lesma manchada (Geomalacus maculosus) a caracola plana Elona quimperiana, o escarabello Pyrochroa coccinea, o lepidóptero Endromis versicolora (moi raro na Península Ibérica) e a albariña galega(Ctenocarabus galaicus), un carábido visto por primeira vez nestas fragas. Cubrindo o solo e as rochas e sobre os toros das árbores podemos atopar máis da metade das especies dos brións presentes en Galiza (hai catalogadas 220 especies de brións e hepáticas). Saramaganta (Chioglossa lusitanica) un endemismo do noroeste da Península Ibérica que ten nas fragas do Eume a poboación máis importante de Galiza.
  • 94. LIC XUBIA-CASTRO Espazo de 1.986 ha que nesta comarca inclúe inclúe parte da Serra do Forgoselo, no concello de A Capela e As Pontes de García Rodríguez. O maior interese reside nas formacións de bolos e penedos da serra e nos ecosistemas que se asentan nela: brañas nas zonas húmidas e pequenas masas de fragas atlánticas nas ladeiras. A vexetación dominante é o monte baixo con uces de pequena talla, toxos e abrótegas e as plantas adaptadas á humidade das brañas e turbeitas.
  • 95. Bosque nas cabeceiras do Soutochao LIC ORTIGUEIRA-MERA Un grande espazo de 3.795 ha que inclúe a Ría de Ortigueira e o río Mera. Nesta comarca un pequeno tramo no concello de As Pontes de García Rodríguez, nos lindes coas Somozas, seguindo o curso do río Mera e o seu afluente, o Soutochao. Os ríos conservan nas súas augas e nas súas beiras ricos ecosistemas nos que hai unha variada flora e fauna acuáticas e de ribeira. Nos bosques artópanse amieiras, salgueiros, freixos, bidueiros, pradairos, loureiros, carballos... e unha grande variedade de plantas de sotobosque e de beirais. Rego de Soutochao, entre as parroquias de Deveso (As Pontes) e Seixas (As Somozas).
  • 96. MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta Abril 2017