SlideShare a Scribd company logo
1 of 2
Download to read offline
REFLEXIÓN CARA UN COMPROMISO

             Texto elaborado polo alumnado de 2º de Educación Infantil
                      Universidade de Vigo Campus de Ourense

É terrible que se siga ensinando igual que fai case 35 anos...
Como se pode entender que en Finlandia, por exemplo, leven 40 anos coa mesmo lei de
educación e nós nos mesmos anos levemos cinco?
Os nenos pouco despois de nacer interésanse por coñecer o mundo que lles rodea, son
curiosos, creativos, teñen a capacidade de pensar de forma diversas, é dicir, teñen a
mente aberta. É triste que isto se perda a medida que o neno vaia crecendo... isto é unha
mostra de que, por un motivo ou outro, o sistema non funciona.
Na escola téndese a dar respostas preestablecidas e pérdese a capacidade de preguntar e
de querer saber. Ensínaselles unha soa verdade e limítaselles ao alumnado a
oportunidade de cuestionar de reflexionar e de converterse en persoas e cidadáns
críticos. A escola actual tende a homoxeneizar. Pretende crear “un neno estándar social”
e iso é imposible. Todos somos diferentes e cada alumno ten que coñecer e participar
desa diversidade. Ser libres na escola, non só ao saír dela. A escola debe ensinar a elixir,
a probar opcións para que ao final do camiño atopen a súa meta.
É preocupante que algúns nenos póñanse de mal humor porque é luns e teñen ir a
escola, cando tería que ser todo o contrario, os cativos deberían gozar indo ao colexio.
Isto lévanos a pensar que os métodos utilizados non son os correctos.
Se un neno desde os tres anos é considerado como “un desastre” diariamente acabarase
convencendo de que realmente o é, non saberá nin sequera o por que, pero cando lle
pregunten como se definiría esa será a súa resposta. Non é correcto que a educación
dedíquese a destruír soños e fomente nos nenos un pensamento negativo.
Na escola os obxectivos a superar están medidos por notas pero non se paran a pensar
que cada suxeito é único, singular e irrepetible.
Ao sistema educativo non lle preocupa a persoa, promove a competencia, o
individualismo, a discriminación, o condicionamento, a violencia emocional e o
materialismo, a pesar de que di defender todo o contrario.
A educación actual non ensina aos nenos a apreciar o que teñen, xa non só as cousas
materiais, se non as persoas que os rodean. O clima de competencia que se crea,
provoca que sempre queiramos ser mellores que os demais, sen importar infravalorar a
outros cara conseguilo.
Todas as afirmacións expresadas anteriormente son un excelente punto de partida para
abrir espazos de reflexión, análise e debate sobre a misión da escola no mundo de hoxe.
Cambiar, cambiar e cambiar pero, en que dirección?.
A educación avanza, pero o sistema educativo se estanca... ata diriamos máis,
retrocede. Dámoslle máis valor á meta que ao traxecto. Non tratamos de probar cousas
novas. Deste xeito impedimos que a educación creza, cambie, evolucione.
Para ser bos docentes de educación infantil debemos saber mirar na mirada dun neno.
Estudar non é un acto de consumir ideas, senón de crealas e de recrealas. Non importa
se os alumnos se equivocan, porque están na escola para aprender.
Debemos ser conscientes que unha das claves do éxito en educación é a motivación
tanto do alumnado como dos docentes.
Necesitamos unha educación na que non se lle faga a un neno seguir un camiño único,
unha liña recta no cal só aprendan o que lle ven imposto. Por que non lle deixamos aos
cativos que pensen?, que descubra cousas por se mesmo?
Desde a escola hai que preparar aos estudantes para a vida, e para iso hai que deixar que
se desenvolvan, que preguntan, que investiguen, que manipulen, que proben, que falen,
que se equivoquen e sobre todo que sentan importantes. Que se sentan a gusto por
aprender e por vivir.
Lograr o cambio é un reto co que debemos enfrontarnos todos. Ser conscientes como
docentes que é necesaria a nosa capacitación, o uso das novas tecnoloxías a
interrelación con grupos e persoas para reflexionar e perfeccionar a noso traballo.
Temos que reivindicar que todas as persoas que se dediquen á educación estean
preparadas, recíclense e non deixen nunca de ampliar os seus coñecementos e de
aprender. Ë necesario esixir que as persoas que toman as decisións sobre educación
estean en contacto cos alumnos e coas escolas.
Para que se produza un cambio na educación necesítase un cambio colectivo. Entre
todos temos que decidir o que queremos ser, sentir e pensar e que así a escola, por fin,
reencóntrese coa educación. Non se trata de ir a contra corrente non só por ir, nin de
desbarrar a estrutura total; trátase de ser capaz de recoñecer o que está mal feito, o que
se pode mellorar e construír sobre o construído, utilizando o bo que temos como base
para a creación dun futuro mellor. Porque nada se mellora destruíndo o que había antes,
o progreso tamén implica manter o bo que xa existe.
Como docentes debemos descubrir “novos horizontes educativos” perfeccionándonos
cada día para ofrecer aos alumnado a mellor educación posible respectando sempre
aquilo que lles fai, a cada un deles, diferentes e especiais.
Pais, nais, profesores e profesoras somos responsables da tarefa de educar. Debemos
loitar unidos por unha educación de calidade na que se teñen en conta as opinións de
todos; na que se transmitan valores democráticos; unha educación que promova a
adquisición de coñecementos e a consecución de obxectivos pero respectando a
diversidade; na que os métodos de ensino sexan dinámicos e flexibles e na que se
eduque para a formación de persoas comprometidas coa paz e a solidariedade.
Como futuros docentes debemos ser axentes de cambio no ambiente que se vive nas
aulas; empeñarnos en que o alumnado entenda que o aprendizaxe non é aburrido, sen
sentido e que se fai por obrigación. Non podemos estar esperando a que outros o fagan,
temos que comprometernos, cando nos toque, a marcar a diferenza na nosa aula
ensinándolle ao alumno que el como persoa importa e brindándolle oportunidades para
desenvolver a súa creatividade e as súas capacidades persoais.

More Related Content

Similar to Reflexion cara un compromiso

Os valores agóchanse detrás da conduta
Os valores agóchanse detrás da condutaOs valores agóchanse detrás da conduta
Os valores agóchanse detrás da condutaEva Moreira
 
Na familia aprendemos a convivir a partir de pautas educativas
Na familia aprendemos a convivir a partir de pautas educativasNa familia aprendemos a convivir a partir de pautas educativas
Na familia aprendemos a convivir a partir de pautas educativasEva Moreira
 
O método de proxectos segundo William H. Kilpatrick
O método de proxectos segundo William H. KilpatrickO método de proxectos segundo William H. Kilpatrick
O método de proxectos segundo William H. KilpatrickAlberto Sacido Romero
 
Proxecto Educativo
Proxecto EducativoProxecto Educativo
Proxecto Educativocmariacoruna
 
protocolo_down_galicia_12_04_2018-definitivo.pdf
protocolo_down_galicia_12_04_2018-definitivo.pdfprotocolo_down_galicia_12_04_2018-definitivo.pdf
protocolo_down_galicia_12_04_2018-definitivo.pdfDavidMSeoane
 
O xogo non ten xénero
O xogo non ten xéneroO xogo non ten xénero
O xogo non ten xénerosatelite1
 
Proposta didactica-para-secundaria
Proposta didactica-para-secundariaProposta didactica-para-secundaria
Proposta didactica-para-secundariasatelite1
 
Monferosolidario Ponencia
Monferosolidario PonenciaMonferosolidario Ponencia
Monferosolidario Ponenciasatelite1
 
Sen profes non hai escola primaria
Sen profes non hai escola primariaSen profes non hai escola primaria
Sen profes non hai escola primariasatelite1
 
Aprender a quererse feito
Aprender a quererse feitoAprender a quererse feito
Aprender a quererse feitoUbaldo
 
OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS
OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAISOBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS
OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAISCarmen165
 
"A escola tiña que ser o espazo para desmontar toda esa arquitectura da exclu...
"A escola tiña que ser o espazo para desmontar toda esa arquitectura da exclu..."A escola tiña que ser o espazo para desmontar toda esa arquitectura da exclu...
"A escola tiña que ser o espazo para desmontar toda esa arquitectura da exclu...Jurjo Torres Santomé
 
Escola de Familias: Sexualidade e adolescencia (Quérote +)
Escola de Familias: Sexualidade e adolescencia (Quérote +)Escola de Familias: Sexualidade e adolescencia (Quérote +)
Escola de Familias: Sexualidade e adolescencia (Quérote +)lunas_lunas
 

Similar to Reflexion cara un compromiso (20)

Discapacidade intelectual
Discapacidade intelectualDiscapacidade intelectual
Discapacidade intelectual
 
Discapacidade intelectual
Discapacidade intelectualDiscapacidade intelectual
Discapacidade intelectual
 
Os valores agóchanse detrás da conduta
Os valores agóchanse detrás da condutaOs valores agóchanse detrás da conduta
Os valores agóchanse detrás da conduta
 
Na familia aprendemos a convivir a partir de pautas educativas
Na familia aprendemos a convivir a partir de pautas educativasNa familia aprendemos a convivir a partir de pautas educativas
Na familia aprendemos a convivir a partir de pautas educativas
 
Dúbidas
DúbidasDúbidas
Dúbidas
 
O método de proxectos segundo William H. Kilpatrick
O método de proxectos segundo William H. KilpatrickO método de proxectos segundo William H. Kilpatrick
O método de proxectos segundo William H. Kilpatrick
 
Educar en tempos de desigualdade.pptx
Educar en tempos de desigualdade.pptxEducar en tempos de desigualdade.pptx
Educar en tempos de desigualdade.pptx
 
Mapa conceptual
Mapa conceptualMapa conceptual
Mapa conceptual
 
Proxecto Educativo
Proxecto EducativoProxecto Educativo
Proxecto Educativo
 
protocolo_down_galicia_12_04_2018-definitivo.pdf
protocolo_down_galicia_12_04_2018-definitivo.pdfprotocolo_down_galicia_12_04_2018-definitivo.pdf
protocolo_down_galicia_12_04_2018-definitivo.pdf
 
O xogo non ten xénero
O xogo non ten xéneroO xogo non ten xénero
O xogo non ten xénero
 
Ollos de aula (nº 1, outubro 2012)
Ollos de aula (nº 1, outubro 2012)Ollos de aula (nº 1, outubro 2012)
Ollos de aula (nº 1, outubro 2012)
 
Ollos de aula. nº 1
Ollos de aula. nº 1Ollos de aula. nº 1
Ollos de aula. nº 1
 
Proposta didactica-para-secundaria
Proposta didactica-para-secundariaProposta didactica-para-secundaria
Proposta didactica-para-secundaria
 
Monferosolidario Ponencia
Monferosolidario PonenciaMonferosolidario Ponencia
Monferosolidario Ponencia
 
Sen profes non hai escola primaria
Sen profes non hai escola primariaSen profes non hai escola primaria
Sen profes non hai escola primaria
 
Aprender a quererse feito
Aprender a quererse feitoAprender a quererse feito
Aprender a quererse feito
 
OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS
OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAISOBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS
OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS
 
"A escola tiña que ser o espazo para desmontar toda esa arquitectura da exclu...
"A escola tiña que ser o espazo para desmontar toda esa arquitectura da exclu..."A escola tiña que ser o espazo para desmontar toda esa arquitectura da exclu...
"A escola tiña que ser o espazo para desmontar toda esa arquitectura da exclu...
 
Escola de Familias: Sexualidade e adolescencia (Quérote +)
Escola de Familias: Sexualidade e adolescencia (Quérote +)Escola de Familias: Sexualidade e adolescencia (Quérote +)
Escola de Familias: Sexualidade e adolescencia (Quérote +)
 

More from Carmen Cid Manzano (20)

Transporte animais
Transporte animaisTransporte animais
Transporte animais
 
24 intercambio gases
24  intercambio gases24  intercambio gases
24 intercambio gases
 
Dixestion
DixestionDixestion
Dixestion
 
Sexualidade e reproducción
Sexualidade e reproducciónSexualidade e reproducción
Sexualidade e reproducción
 
Reproducción animais2013
Reproducción animais2013Reproducción animais2013
Reproducción animais2013
 
O sangue
O sangueO sangue
O sangue
 
Biotecnoloxia
BiotecnoloxiaBiotecnoloxia
Biotecnoloxia
 
3 erres
3 erres3 erres
3 erres
 
3 erres
3 erres3 erres
3 erres
 
Tecidos animais
Tecidos animaisTecidos animais
Tecidos animais
 
Cuestións
CuestiónsCuestións
Cuestións
 
Reproducción vexetais
Reproducción vexetaisReproducción vexetais
Reproducción vexetais
 
7 función de relación vexetal
7 función de relación vexetal7 función de relación vexetal
7 función de relación vexetal
 
El misterio del hombre de pilltdown 2012
El misterio del hombre de pilltdown 2012El misterio del hombre de pilltdown 2012
El misterio del hombre de pilltdown 2012
 
6.funcion nutricion reino vexetal
6.funcion nutricion reino vexetal6.funcion nutricion reino vexetal
6.funcion nutricion reino vexetal
 
Naturaleza sorprendente
Naturaleza sorprendenteNaturaleza sorprendente
Naturaleza sorprendente
 
Actividades tema 5
Actividades tema 5Actividades tema 5
Actividades tema 5
 
La boveda del fin del mundo
La boveda del fin del mundoLa boveda del fin del mundo
La boveda del fin del mundo
 
Tecidos vexetais
Tecidos vexetaisTecidos vexetais
Tecidos vexetais
 
Ao redor do maior descubrimento do ano segundo a revista science
Ao redor do maior descubrimento do ano segundo a revista scienceAo redor do maior descubrimento do ano segundo a revista science
Ao redor do maior descubrimento do ano segundo a revista science
 

Reflexion cara un compromiso

  • 1. REFLEXIÓN CARA UN COMPROMISO Texto elaborado polo alumnado de 2º de Educación Infantil Universidade de Vigo Campus de Ourense É terrible que se siga ensinando igual que fai case 35 anos... Como se pode entender que en Finlandia, por exemplo, leven 40 anos coa mesmo lei de educación e nós nos mesmos anos levemos cinco? Os nenos pouco despois de nacer interésanse por coñecer o mundo que lles rodea, son curiosos, creativos, teñen a capacidade de pensar de forma diversas, é dicir, teñen a mente aberta. É triste que isto se perda a medida que o neno vaia crecendo... isto é unha mostra de que, por un motivo ou outro, o sistema non funciona. Na escola téndese a dar respostas preestablecidas e pérdese a capacidade de preguntar e de querer saber. Ensínaselles unha soa verdade e limítaselles ao alumnado a oportunidade de cuestionar de reflexionar e de converterse en persoas e cidadáns críticos. A escola actual tende a homoxeneizar. Pretende crear “un neno estándar social” e iso é imposible. Todos somos diferentes e cada alumno ten que coñecer e participar desa diversidade. Ser libres na escola, non só ao saír dela. A escola debe ensinar a elixir, a probar opcións para que ao final do camiño atopen a súa meta. É preocupante que algúns nenos póñanse de mal humor porque é luns e teñen ir a escola, cando tería que ser todo o contrario, os cativos deberían gozar indo ao colexio. Isto lévanos a pensar que os métodos utilizados non son os correctos. Se un neno desde os tres anos é considerado como “un desastre” diariamente acabarase convencendo de que realmente o é, non saberá nin sequera o por que, pero cando lle pregunten como se definiría esa será a súa resposta. Non é correcto que a educación dedíquese a destruír soños e fomente nos nenos un pensamento negativo. Na escola os obxectivos a superar están medidos por notas pero non se paran a pensar que cada suxeito é único, singular e irrepetible. Ao sistema educativo non lle preocupa a persoa, promove a competencia, o individualismo, a discriminación, o condicionamento, a violencia emocional e o materialismo, a pesar de que di defender todo o contrario. A educación actual non ensina aos nenos a apreciar o que teñen, xa non só as cousas materiais, se non as persoas que os rodean. O clima de competencia que se crea, provoca que sempre queiramos ser mellores que os demais, sen importar infravalorar a outros cara conseguilo. Todas as afirmacións expresadas anteriormente son un excelente punto de partida para abrir espazos de reflexión, análise e debate sobre a misión da escola no mundo de hoxe. Cambiar, cambiar e cambiar pero, en que dirección?. A educación avanza, pero o sistema educativo se estanca... ata diriamos máis, retrocede. Dámoslle máis valor á meta que ao traxecto. Non tratamos de probar cousas novas. Deste xeito impedimos que a educación creza, cambie, evolucione. Para ser bos docentes de educación infantil debemos saber mirar na mirada dun neno. Estudar non é un acto de consumir ideas, senón de crealas e de recrealas. Non importa se os alumnos se equivocan, porque están na escola para aprender. Debemos ser conscientes que unha das claves do éxito en educación é a motivación tanto do alumnado como dos docentes. Necesitamos unha educación na que non se lle faga a un neno seguir un camiño único, unha liña recta no cal só aprendan o que lle ven imposto. Por que non lle deixamos aos cativos que pensen?, que descubra cousas por se mesmo?
  • 2. Desde a escola hai que preparar aos estudantes para a vida, e para iso hai que deixar que se desenvolvan, que preguntan, que investiguen, que manipulen, que proben, que falen, que se equivoquen e sobre todo que sentan importantes. Que se sentan a gusto por aprender e por vivir. Lograr o cambio é un reto co que debemos enfrontarnos todos. Ser conscientes como docentes que é necesaria a nosa capacitación, o uso das novas tecnoloxías a interrelación con grupos e persoas para reflexionar e perfeccionar a noso traballo. Temos que reivindicar que todas as persoas que se dediquen á educación estean preparadas, recíclense e non deixen nunca de ampliar os seus coñecementos e de aprender. Ë necesario esixir que as persoas que toman as decisións sobre educación estean en contacto cos alumnos e coas escolas. Para que se produza un cambio na educación necesítase un cambio colectivo. Entre todos temos que decidir o que queremos ser, sentir e pensar e que así a escola, por fin, reencóntrese coa educación. Non se trata de ir a contra corrente non só por ir, nin de desbarrar a estrutura total; trátase de ser capaz de recoñecer o que está mal feito, o que se pode mellorar e construír sobre o construído, utilizando o bo que temos como base para a creación dun futuro mellor. Porque nada se mellora destruíndo o que había antes, o progreso tamén implica manter o bo que xa existe. Como docentes debemos descubrir “novos horizontes educativos” perfeccionándonos cada día para ofrecer aos alumnado a mellor educación posible respectando sempre aquilo que lles fai, a cada un deles, diferentes e especiais. Pais, nais, profesores e profesoras somos responsables da tarefa de educar. Debemos loitar unidos por unha educación de calidade na que se teñen en conta as opinións de todos; na que se transmitan valores democráticos; unha educación que promova a adquisición de coñecementos e a consecución de obxectivos pero respectando a diversidade; na que os métodos de ensino sexan dinámicos e flexibles e na que se eduque para a formación de persoas comprometidas coa paz e a solidariedade. Como futuros docentes debemos ser axentes de cambio no ambiente que se vive nas aulas; empeñarnos en que o alumnado entenda que o aprendizaxe non é aburrido, sen sentido e que se fai por obrigación. Non podemos estar esperando a que outros o fagan, temos que comprometernos, cando nos toque, a marcar a diferenza na nosa aula ensinándolle ao alumno que el como persoa importa e brindándolle oportunidades para desenvolver a súa creatividade e as súas capacidades persoais.