SlideShare a Scribd company logo
1 of 17
Download to read offline
Obradoiro do Medo Samain Cadreche 2015
Medo para ler:
1º CICLO 2º CICLO 3º CICLO
Os tres bandidos (Kalandraka) A pantasma da torre (Xerais) Dicionario dos seres míticos galegos (Xerais)
Gato Guille e os monstros (Kalandraka) A noite do Samaín (Toxosoutos) Sobre a morte do Bieito (Rafael Dieste)
O monstro de Ricardo (Kalandraka) O cuarto prohibido (OQO) O caso do estraño empregado (A. Fdez. Paz)
Tío Lobo (Kalandraka) A pousada encantada (A Nosa Terra) O neno suicida (Rafael Dieste)
Os Bolechas teñen medo (A Nosa Terra) A bruxa regañadentes (OQO)
O gran libro dos medos do rato pequeno (Ed. Patas de
peixe)
Onde viven os monstros (OQO) Munia dorme baixo a cama (Xerais) As bruxas (Ed. Xerais)
Os Bolechas van á festa dos calacús
(A Nosa Terra)
A miña veciña éche unha bruxa (Rodeira) O cuarto prohibido (OQO)
A bruxa regañadentes (OQO) A figueira de pelostortos (OQO) A noite dos pesadelos (Ed. Tambre)
Fiz, o coleccionista de medos (OQO) Unha pantasma no colexio (Ed. Rodeira)
O baúl dos monstros (Baía Edicións) Un pesadelo no meu armario (Ed. Xerais)
A casa da miña avoa (OQO) Fantasmas no corredor (Xerais)
Tento e mailo medo (Ed. Tambre) Indo para o samaín (Ed. Everest)
Os tres bandidos (Ed. Kalandraka)
Obradoiro do Medo Samain Cadreche 2015
Medo para falar:
-Personaxes que che dan medo a ti ou a outros.
-Situacións que che dan medo (estar só, a noite, ver películas de medo,…)
-Que lle pasa ao noso corpo cando temos medo? (ollos, boca, corazón, pel,…)
-Mestres dicirlle o que nos daba medo de pequenos.
-Buscar solucións para vencer o medo: que lles funciona a eles?
Medo para ver:
1º CICLO
Fiz, o coleccionista de medos https://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=M8PohQv_iBk#!
Os sete cabritos https://www.youtube.com/watch?v=W4xay3-msWQ&feature=relmfu
A Pota que trota https://www.youtube.com/watch?v=i-7tNY-AayQ
2º CICLO
A bruxa regañadentes https://www.youtube.com/watch?v=-oWj0igPIMI&feature=related
Os esqueletos xoguetóns http://www.youtube.com/watch?v=vXkQSiJG7fk&feature=related
O baile dos esqueletos http://www.youtube.com/watch?v=h03QBNVwX8Q
3º CICLO
Sobre a morte do Bieito http://vimeo.com/24162774#
Os difuntos falan castelao https://www.youtube.com/watch?v=zrRv5rbeuPw
Vídeo información sobre o Samaín http://vimeo.com/31461269
Obradoiro do Medo Samain Cadreche 2015
Medo para facer:
http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/Samain_Calacus.pdf
http://esoslocosbajitosdeinfantil.blogspot.com.es/2012/10/aranas.html
http://un-mundo-manualidades.blogspot.com.es/2012/10/fantasmas-colgantes-manualidades-para.html
http://esoslocosbajitosdeinfantil.blogspot.com.es/2012/10/el-murcielago-de-las-chuches.html
http://www.craftjr.com/simple-paper-pumpkin-craft-for-kids/
http://esoslocosbajitosdeinfantil.blogspot.com.es/2012/09/manualidad-de-aranas.html
http://www.pinterest.com/nlg4/celebracionessama%C3%ADn/
Medo para xogar:
http://es.yupis.org/juegos/trick-or-toad/
http://es.yupis.org/juegos/memory2/
http://www.topejuegos.net/juego/261/Calabaza.html
http://learnenglishkids.britishcouncil.org/sites/kids/files/make-your-own-monster.swf
http://www.abcya.com/pumpkin_carving.htm
http://www.pequenet.com/habitantes/juegos/images/741.swf
http://madenglishouse.eu/bitacora/?p=1008#comment-2106
http://www.billybear4kids.com/holidays/halowen/TicTacToe/Online/index.html
http://revistas.educa.jcyl.es/divergaceta/images/stories/flash/juego39_puzzle.swf
Obradoiro do Medo Samain Cadreche 2015
Medo para facer en liña:
1º ciclo: http://actividadeslim.blogspot.com.es/2011/11/castaneira.html
http://coledecolores.blogspot.com.es/2010/10/actividad-lim-del-otono.html
http://centros.edu.xunta.es/ceipdepazos/Ana/LIM/SAMAIN/samain.html
http://www.chiscos.net/f1/samain/samain.html
https://dl.dropboxusercontent.com/u/14722558/SAMAIN/medo.html
http://duendesjuguetones.blogspot.com.es/2009/12/corre-corre-cabacina-lim.html
http://aulatic-terradeferrol.blogspot.com.es/2011/10/mais-samain.html
2º ciclo: http://chiscos.net/almacen/lim/samai_n4/lim.swf?libro=samai_n.lim
http://cadrechegalego.blogspot.com.es/2010/10/caza-do-tesouro-o-samain.html
3º ciclo: http://cadrechegalego.blogspot.com.es/2010/10/caza-do-tesouro-o-samain.html
Medo para saber:
http://centros.edu.xunta.es/ceppilarmaestu/webantiga/samain.htm
http://centros.edu.xunta.es/ceipdepalmeira/norma_sama02.htm
http://vello.vieiros.com/vieirosdaescola/index_10.html
http://issuu.com/bibliotecaceipsada/docs/texto_samain_blogue?e=6145106/3057769
Obradoiro do Medo Samain Cadreche 2015
Obradoiro do Medo Samain Cadreche 2015
Ponte a proba. Que sabes?
http://centros.edu.xunta.es/ceip.manuel.fraga/unidades/samain/xogosamain.html
Medo para colorear, recortar,...
Medo para Cantar:
https://www.youtube.com/watch?v=2x3puRGW7f8#t=61
https://www.youtube.com/watch?v=3Im2AZDcKvc
https://www.youtube.com/watch?v=V04O4elu-tg
https://www.youtube.com/watch?v=mStAARe1ims
https://www.youtube.com/watch?v=_oMloEPg-ws
http://www.youtube.com/watch?hl=es&v=mStAARe1ims&gl=ES
Obradoiro do Medo Samain Cadreche 2015
Marina era unha nena que tiña moito medo da escuridade. Ao apagarse a luz,
todas as cousas e sombras lle parecían os mais temibles monstros. E aínda que os
seus pais lle explicaban cada día con moita paciencia que aquilo non eran monstros,
e ela o entendía, non deixaba de sentir un medo tremendo.
Un día recibiron na casa a visita da tía Valeria. Era unha muller incrible,
famosísima pola súa valentía e por haber feito miles de viaxes e vivido centos de
aventuras, das que incluso fixeran libros e películas. Marina, con gañas de vencer o
medo, preguntoulle á su tía como era tan valente, e se algunha vez se asustara.
- Moitísimas veces, Marina. Recordo cando era pequena e tiña un medo terrible á
escuridade. Non podía quedarme a escuras nin un momento.
A nena emocionouse moitísimo; como era posible que alguén tan valente puidera
haber tido medo á escuridade?
- Contareiche un segredo, Marina. Quen me ensinaron a ser valente foron uns
nenos cegos. Eles non poden ver, así que se non houbesen descuberto o segredo de non
ter medo á escuridade, estarían sempre asustadísimos.
-É verdade! -dixo Marina, moi interesada- cóntasme ese segredo?
- Claro! O seu segredo é cambiar de ollos. Como eles non poden ver, os seus ollos
son as súas mans. O único que tes que facer para vencer o medo á escuridade é facer
coma eles, pechar os ollos da cara e usar os das mans. Propóñoche un trato: esta
noite, cando vaias a durmir e apagues a luz, se hai algo que che dea medo, cerra os
ollos, levántete con coidado, e trata de ver que é lo que che daba medo cos ollos das
túas maos... e mañá cóntasme como é o medo.
Marina aceptou, algo preocupada. Sabía que tería que ser valente para pechar
os ollos e tocar aquilo que a asustaba, pero estaba disposta a probalo, porque xa
era moi maior, así que non protestou nin cando os seus pais a deitaron, e ela mesma
apagou a luz. Ao pouco, notou medo dunha das sombras da habitación, e facendo
caso do consello da tía Valeria, pechou os ollos da cara e abriu os das mans, e con
moito valor foi a tocar aquela sombra misteriosa...
Á mañá seguinte, Marina chegou correndo á cociña, con un gran sorriso, e
cantando. "O medo é brandiño e suave!... É o meu osiño de peluche!"
Pedro Pablo Sacristán
Obradoiro do Medo Samain Cadreche 2015
-...
Boas noites, don Pedro. Perdoe que o moleste a estas horas, pero é para dicirlle que
hoxe pasei todo o día facéndolles as entrevistas aos candidatos que se presentaron para o
posto de representante. Mañá a primeira hora heille mandar por mensaxeiros un informe
co resumo de todas elas.
-...
-Aínda houbo ben deles. Presentáronse doce. Só hai uns minutos que acabei co
último.
-...
-Pois se quere que llo adiante xa, na miña opinión hai un candidato que merece o
posto moi por riba dos outros. Paréceme que encaixa á perfección co que necesitamos.
-...
-Si, xa me alegrei eu tamén. Neste oficio non é nada doado atopar as persoas
idóneas.
-...
-É que algún problema si que hai. Por iso o chamaba, para lle consultar.
-...
-Verá, non sei como dicirlle. Pero é que me atopei un pouco estraño mentres falaba co
derradeiro candidato.
-...
-Mire, a cousa xa non empezou dun xeito normal. Díxenlle por teléfono que o recibiría
ás catro, e el insistiu en que o pasase para o final, para as oito, cando xa vai vencido o
día.
-...
-Si, xa sei que iso non ten nada de raro. Mesmo podería ser que teña agora outro
emprego e non quixese faltar unha tarde a el.
-...
-Pero é que logo, xa no despacho, pediume que pechase as persianas, que lle
molestaba a pouca luz que entraba. E abofé que debe ser certo que lle molesta, porque
estaba pálido, dispensando, coma calquera dos nosos clientes.
-...
-Claro que hai de todo entre os nosos clientes, don Pedro! É que non me expliquei
ben. Referíame aos pobres finados, aos que ocupan os nosos ataúdes.
Obradoiro do Medo Samain Cadreche 2015
-...
-Ai, amable si que era, e máis ben. Notábaselle que vén de boa xente. Mesmo me
falou dun conde que houbera na súa familia, ou algo así.
-...
-Non, que va! El dicía que o soldo era cousa secundaria. Que estaba disposto a cobrar
algo menos, coa condición de que lle deixásemos pasar as noites no almacén noso. Que
seica está afeito a durmir en sitios así.
-...
-E logo por que me pregunta pola roupa, don Pedro? Pois mire, viña todo de negro,
agás o forro da capa, que era vermello. Porque lle traía unha capa, sabe, desas tan
elegantes que aínda levan algúns deses personaxes que saen nas revistas.
-...
-Siii! Pero, como sabe todo iso, don Pedro? Xusto como vostede di! Tiña dous dentes
algo máis longos, que ben se lle vían cando sorría. Xa me chamaron a min a atención, non
vaia pensar.
-...
-Acento estranxeiro? Pois agora que o di... Falaba ben a nosa lingua, pero é verdade
que tiña un aquel... Díxome que pasara unha longa tempada en... xa non me lembro ben.
Un país deses que andan agora tan revoltos, co da perestroika. Checoslovaquia ou
Romanía... A miña memoria non ten remedio, xa sabe que para isto dos nomes son un
desastre.
-...
-Si, anda polo almacén. Díxome que quería ver os ataúdes que fabricabamos. Eu, por
min, a verdade é que xa apalabraba hoxe o emprego con el.
-...
-Non me chame esas cousas, don Pedro! Eu xa sei que moi listo non son, pero
tampouco non é para que se poña así comigo.
-...
-Un vampiro!! E di que atacan pola noite? Que cravan os dentes na garganta e logo
zugan o sangue da vítima? Por iso miraba tanto para o meu pescozo, que ata mo gabou!
-...
-Don Pedro! Que se foi a luz! Non vexo nada... Segue vostede aí, don Pedro?... Están
abrindo a porta! Hai unha sombra, agora vexo o vermello da capa!... Don Pedr...!!
-...
-CLICK. Contos por palabras (Ed. Xerais) Agustín Fernández Paz
Obradoiro do Medo Samain Cadreche 2015
SOBRE DA MORTE DO BIEITO
Foi preto do camposanto cando eu sentín bulir dentro da caixa ó pobre Bieito. (Dos catro
levadores do cadaleito eu era un). ¿Sentino ou soñeino? Entón no podería aseguralo. ¡Foi un
rebulir tan maino! Como a teimosa puvulla que rila, rila na noite, rila de entón no meu maxín
afervoado aquel maino rebulir.Pero é que eu, meus amigos, non tiña seguranza, e polo
tanto” comprendede, escoitade” polo tanto non podía, non debía dicir nada.
Imaxinade nun intre que eu dixese:
- O Bieito vai vivo.
Tódalas testas dos velliños que portaban cirios ergueríanse nun babeco aglaio. Tódolos
pícaros que viñan estendendo a palma da man baixo o pingar da cera virían en remuíño
arredor meu. Xuntaríanse as mulleres a carón do cadaleito. Escorregaría por tódolos
beizos un murmurar insólito:
- O Bieito vai vivo, o Bieito vai vivo!
Calaría o lamento da nai e das irmáns. E eu sería o gran revelador, o salvador, eixo de
tódolos asombros e de tódalas gratitudes. E o sol na miña face cobraría unha importancia
imprevista.
¡Ah ! ¿E se entón, ó ser aberto o cadaleito, a miña sospeita resultara falsa? Todo aquel
magno asombro viríase inconmensurable e macabro ridículo. Toda a gratitude da nai e das
irmán, tornaríase despeito. O martelo espetando de novo a caixa un son sinistro e único na
tarde. ¿Comprendedes? Por iso non dixen nada.
Houbo un intre no que pola face dun dos compañeiros de fúnebre carga pasou a insinuación
livián dun sobresalto, coma se el estivese a sentir tamén o rabuñar. Mais non foi máis que
un lampo. De seguida ficou sereno. Eu non dixen nada.
Houbo un intre en que case me decidín. Dirixinme ó da miña banda e, deitando a pregunta
nun sorriso, deslicei:
- ¿E se o Bieito fose vivo?
O outro riu coma quen di: “Que ocorrencias temos”, e eu amplifiquei o meu falso sorriso de
retrouso.
Tamén me vin a rentes de dicilo no camposanto cando xa pousarámo-la caixa e o crego
rezaba.
- “Cando o crego remate” pensei. Mais o crego acabou e a caixa baixou á cova se que eu
puidese dicir nada.
Obradoiro do Medo Samain Cadreche 2015
Cando o primeiro cadullo de terra, bicado por un neno, petou dentro da cova nas táboas do
ataúde, rubíronme ata a gorxa as verbas salvadoras!. Estiveron a punto de xurdiren. Mais
entón acudiu novamente o meu maxín e case seguranza do arrepiante ridículo, da rabia da
familia defraudada, se o Bieito se topaba morto e ben morto. Ademais o dicilo tan tarde
medraba o absurdo. ¿Cómo xustificar non o ter dito ante? ¡Xa sei, xa sei, sempre se pode
un explicar!¡Si, si, si todo o que queirades! Pois ben... ¿e se tivese morto despois, despois
de o sentir eu remexerse, como quizais puidese adiviñase por algún sinal? ¡Un crime, si, un
crime o me ter calado. Oíde xa o rebumbio da xente!.
- ¡Pediu auxilio e non llo deron, malpocado!
-El sentía chorar, quíxose erguer e non puido!
-Morreu de espanto, saltoulle o corazón o se sentir na cova!
-¡Velaí o tendes, coa cara torta do esforzo!
-¡E ese que o sabía, tan campante, aí a sorrir coma un pallaso!
-¿E parvo ou qué?
Todo o día, meus amigos, andei tolo de remorsos. Vía ó probe Bieito rabuñando nas táboas
nese espanto absoluto, máis alá de todo consolo e de toda conformidades, dos enterrados
en vida. Chegoume a parecer que todos lían nos meus ollos adormentados a obsesión do
delito.
E alá pola noite – non o puiden evitar – funme camiño do camposanto, coa solapa erguida, ó
arrimo dos muros.
Cheguei. O cerco por unha banda era baixiño: unha pedras mal postas, apreixadas por
hedras e silveiras. Paseino e fun dereito ó sitio. Deiteime no cha, apliquei a orella, e axiña
o que oín xeoume o sangue. No seo da terra unha unllas desesperadas rabuñaban nas
táboas.
¿Rabuñaban? Non o sei, non o sei. Alí preto había un sacho! ía xa cara a el cando fiquei
suspenso. Polo camiño que pasa a rentes do camposanto sentíanse pasadas e rumor de fala.
Viña xente. Entón si que sería absurda, tola, a miña presenza alí, daquelas horas e cun
sacho na man.
¿ía a dicir que o deixara enterrar sabendo que estaba vivo? E fuxín coa solapa erguida,
pegándome ós muros. A lúa era chea e os cans latricaban lonxe.
Rafael Dieste
Dos arquivos do trasno
Obradoiro do Medo Samain Cadreche 2015
Cando o taberneiro rematou de ler aquela nova inquietante –un neno suicidárase
pegándose un tiro na sen dereita– falou o vagabundo descoñecido que acababa de xantar
moi pobremente nun curruncho da tasca mariñeira, e dixo:
–Eu sei a historia dese neno.
Pronunciou a palabra neno dun xeito moi particular. Así foi que os catro bebedores
de augardente, os cinco de albariño e o taberneiro calaron e escoitaron con xesto
inquiridor e atento.
–Eu sei a historia dese neno –repetiu o vagabundo–. E, tras dunha pequena e ben
medida pausa, comezou:
–Alá polo mil oitocentos trinta, unha beata que despois morreu de medo viu saír do
camposanto florido e recendente da súa aldea a un vello moi vello en coiro. Aquel vello
era un recén nacido. Antes de saír do ventre da terra nai escollera el mesmo ese xeito de
nacencia. ¡Canto mellor ir de vello para mozo que de mozo para vello!, pensou sendo
espírito puro. A Noso Señor chocoulle a idea. ¿Por que non face-la proba? Así foi que, co
seu consentimento, formouse no seo da terra un esqueleto. E despois, con carne de
verme, fíxose a carne do home. E a carne do home aformigou a caloriña do sangue. E
como todo estaba listo,a terra-nai pariu. Pariu un vello en coiro.
De como despois o vello topou roupa e mantenza é cousa de moita risa. Chegou ás
portas da cidade e como aínda non sabía falar, os ministros, despois de lle botaren unha
capa enriba, levárono a diante do xuíz coma se tivesen sido testemuñas: aquí lle traemos
a este pobre vello que perdeu a fala coa tunda que lle deron uns ladróns entrañados. Nin
roupa lle deixaron.
O xuíz deu ordes e o vello foi levado a un hospital. Cando saíu, xa ben vestido e
mantido, dicíanlle as monxiñas: Vai feito un bo mozo. Ata parece que perdeu anos.
Obradoiro do Medo Samain Cadreche 2015
Daquela xa aprendera a falar algo e fíxose esmoleiro. Así andou moitas terras. Alá
en Lourdes estivo dúas veces; da segunda tan anovado que, os que o coñeceran da
primeira, coidaron fora milagre da Virxe.
Cando adquiriu experiencia de abondo pensou que o mellor era manter secreta
aquela estraña condición que o facía mías mozo cantos máis anos corresen. Así, non o
sabendo ninguén –non sendo un ou dous amigos fieis– podería vivir mellor a súa
verdadeira vida.
Traballou de vello e fíxose rico para folgar de mozo. Dos cincuenta ós quince anos a
súa vida foi a máis feliz que se pode imaxinar. Cada día gustaba máis ás mozas e andou
enleado con moitas e coas máis bonitas. E ata disque unha princesa... Pero diso non estou
certo.
Cando chegou a neno comezou a vida a se lle ensarillar. Dáballe medo a sorpresa
con que o vían entrar tan ceibe nas tendas a mercar lambetadas e xoguetes. Algún rateiro
de viseira calada teno seguido ó longo de moitas rúas tortas. E algunha vez ten comido as
súas lambetadas a tremer de anguria, coas bágoas nos ollos e o doce nos beizos. A
derradeira vez que o topei –tiña el oito anos– andaba moi triste. ¡Pesaban, ademais, tanto
no seu espírito de neno os recordos da súa vellez!
Logo comezou a lle escaravellar día e noite unha obsesión tremenda. Cando
pasasen algúns anos recolleríano en calquera calexa extraviada. Quizais algunha señora
rica e sen fillos. Despois… ¡Quen sabe o que pasaría despois! A lactancia, os paseos nun
carriño, con axóuxeres na manciña tenra. E ó remate... ¡Ou! O remate poñía espanto.
Cumpri-lo seu sino de home que vive ó revés e refuxiarse no seo da señora rica –poida
que cando ela durmise– para ir alí devecendo ata se trocar primeiro nunha sambesuga e
despois en pequenísima semente...
O vagabundo ergueuse moi pensativo, coas mans nos petos, e deu algúns paseíños
todo amargado. Ó cabo dixo:
–Explícome, si, explícome que se chimpase un tiro na sen o pobre rapaz.
Os catro bebedores de augardente crían. Os cinco de albariño sorrían e dubidaban.
O taberneiro negaba. Cando todos discutían máis afervoadamente, o taberneiro ergueuse
de súpeto nas puntas dos pés e púxose a mirar todo arredor cos ollos moi abertos. O
vagabundo desaparecera sen pagar.
Dos arquivos do trasno, RAFAEL DIESTE.
Obradoiro do Medo Samain Cadreche 2015
Busca na antiga páxina web do noso centro, e
contesta:
http://centros.edu.xunta.es/ceppilarmaestu/webantiga/samain.htm
1.- Que comezaba o 31 de outubro para os celtas?
2.- En honor de quen era a festa?
3.- Que preparaban esa noite para os defuntos?
4.- Que podían facer esa noite os defuntos?
Vai ao seguinte enderezo web
http://www.topejuegos.net/juego/261/Calabaza.html
Debuxa a cabaza que acabas de cortar:
Samain ciclo 1
Obradoiro do Medo Samain Cadreche 2015
Busca na antiga páxina web do noso centro, e contesta:
http://centros.edu.xunta.es/ceppilarmaestu/webantiga/samain.htm
1.- Que comezaba o 31 de outubro para os celtas?
2.- En honor de quen era a festa?
3.- Que preparaban esa noite para os defuntos?
4.- Que podían facer esa noite os defuntos?
5.- Os celtas colocaban candeas dentro de caveiras dos inimigos mortos nos
cruces dos camiños para…
…segundo uns
…segundo outros
6.- Que celebrou, séculos máis tarde, o cristianismo nestas datas?
7.-Vai ao seguinte enderezo web e corta a túa cabaza
http://www.topejuegos.net/juego/261/Calabaza.html
Samain ciclo 2
Obradoiro do Medo Samain Cadreche 2015
Busca en Google galipedia samaín. Entra na páxina, e contesta:
http://gl.wikipedia.org/wiki/Samaín
1.- Que orixe ten esta festividade?
2.- Antigamente era concebida como unha comuñón …
3.- En que datas tiña lugar?
4.- Para que tiñan autorización os defuntos nesas datas?
5.- Que portas se abrían eses días?
6.- Para os celtas, era o comezo…
7.- Que era tradición facer nestas datas?
Pulsa no enlace que aparece abaixo
8.- Que significa en gaélico samaín?
9.- A decoración de cabazas recibe en Galicia distintos nomes. Escribe 4 que
figuran nesa páxina.
7.-Vai ao seguinte enderezo web e corta a túa cabaza
http://www.topejuegos.net/juego/261/Calabaza.html
Samain ciclo 3
Obradoiro do Medo Samain Cadreche 2015
____________________________________________________________________________________________
____________________________________________________________________________________________
____________________________________________________________________________________________
____________________________________________________________________________________________
____________________________________________________________________________________________
____________________________________________________________________________________________
____________________________________________________________________________________________
____________________________________________________________________________________________
____________________________________________________________________________________________
____________________________________________________________________________________________
____________________________________________________________________________________________
____________________________________________________________________________________________
____________________________________________________________________________________________
____________________________________________________________________________________________
____________________________________________________________________________________________
____________________________________________________________________________________________
_________________________________________________________________________________

More Related Content

Viewers also liked (12)

Ollos de aula. (nº 2, novembro 2012)
Ollos de aula. (nº 2, novembro 2012)Ollos de aula. (nº 2, novembro 2012)
Ollos de aula. (nº 2, novembro 2012)
 
Obradoiro do medo 2014
Obradoiro do medo 2014Obradoiro do medo 2014
Obradoiro do medo 2014
 
Poesia
PoesiaPoesia
Poesia
 
Samain 2-ciclo
Samain 2-cicloSamain 2-ciclo
Samain 2-ciclo
 
Candeloria 16 manuel_maria
Candeloria 16 manuel_mariaCandeloria 16 manuel_maria
Candeloria 16 manuel_maria
 
Samain 1-ciclo
Samain 1-cicloSamain 1-ciclo
Samain 1-ciclo
 
Ollos de aula. nº 4 (versión para imprimir en a4 a dobre cara)
Ollos de aula. nº 4 (versión para imprimir en a4 a dobre cara)Ollos de aula. nº 4 (versión para imprimir en a4 a dobre cara)
Ollos de aula. nº 4 (versión para imprimir en a4 a dobre cara)
 
Samain 3-ciclo
Samain 3-cicloSamain 3-ciclo
Samain 3-ciclo
 
Ollos de aula. nº 1. Outubro de 2012 (versión para imprimir en a4 a dobre cara)
Ollos de aula. nº 1. Outubro de 2012  (versión para imprimir en a4 a dobre cara)Ollos de aula. nº 1. Outubro de 2012  (versión para imprimir en a4 a dobre cara)
Ollos de aula. nº 1. Outubro de 2012 (versión para imprimir en a4 a dobre cara)
 
OBRADOIRO DO MEDO
OBRADOIRO DO MEDOOBRADOIRO DO MEDO
OBRADOIRO DO MEDO
 
Comic invitacion
Comic invitacionComic invitacion
Comic invitacion
 
Papagaio
PapagaioPapagaio
Papagaio
 

Similar to Obradoiro do medo 2015 (7)

Obradoiro do medo
Obradoiro do medoObradoiro do medo
Obradoiro do medo
 
Bruxas E Fantasmas
Bruxas E FantasmasBruxas E Fantasmas
Bruxas E Fantasmas
 
Revista Infantil e Xuvenil ABRACADABRA n. 31
Revista Infantil e Xuvenil ABRACADABRA n. 31Revista Infantil e Xuvenil ABRACADABRA n. 31
Revista Infantil e Xuvenil ABRACADABRA n. 31
 
Escarlatina, a cociñeira defunta
Escarlatina, a cociñeira defuntaEscarlatina, a cociñeira defunta
Escarlatina, a cociñeira defunta
 
Recomendacións de Raticonto para ler neste verán do 2013
Recomendacións de Raticonto para ler neste verán do 2013Recomendacións de Raticonto para ler neste verán do 2013
Recomendacións de Raticonto para ler neste verán do 2013
 
Estilos educativos
Estilos educativosEstilos educativos
Estilos educativos
 
Personaxes de medo
Personaxes de medoPersonaxes de medo
Personaxes de medo
 

More from Fiz

Resumo t10 lengua_6
Resumo t10 lengua_6Resumo t10 lengua_6
Resumo t10 lengua_6
Fiz
 

More from Fiz (20)

LISTA DE COTEXO.pdf
LISTA DE COTEXO.pdfLISTA DE COTEXO.pdf
LISTA DE COTEXO.pdf
 
PARIS.pdf
PARIS.pdfPARIS.pdf
PARIS.pdf
 
Tarefa_1_módulo3-ref.pdf
Tarefa_1_módulo3-ref.pdfTarefa_1_módulo3-ref.pdf
Tarefa_1_módulo3-ref.pdf
 
Situacion_aprendizaxe.pdf
Situacion_aprendizaxe.pdfSituacion_aprendizaxe.pdf
Situacion_aprendizaxe.pdf
 
RUBRICA-VIDEOS.pdf
RUBRICA-VIDEOS.pdfRUBRICA-VIDEOS.pdf
RUBRICA-VIDEOS.pdf
 
Artropodos
ArtropodosArtropodos
Artropodos
 
Dinosauros
DinosaurosDinosauros
Dinosauros
 
CIENTÍFICAS/OS
CIENTÍFICAS/OSCIENTÍFICAS/OS
CIENTÍFICAS/OS
 
Castelao hoxe en_dia
Castelao hoxe en_diaCastelao hoxe en_dia
Castelao hoxe en_dia
 
Comic invitacion
Comic invitacionComic invitacion
Comic invitacion
 
Agustín Fernández Paz
Agustín Fernández PazAgustín Fernández Paz
Agustín Fernández Paz
 
Revista "Caramiñas"
Revista "Caramiñas"Revista "Caramiñas"
Revista "Caramiñas"
 
R10 lingua sexto
R10 lingua sextoR10 lingua sexto
R10 lingua sexto
 
Resumo t11 lengua_6
Resumo t11 lengua_6Resumo t11 lengua_6
Resumo t11 lengua_6
 
Repaso tema 10_cast_sexto
Repaso tema 10_cast_sextoRepaso tema 10_cast_sexto
Repaso tema 10_cast_sexto
 
Resumo t10 lengua_6
Resumo t10 lengua_6Resumo t10 lengua_6
Resumo t10 lengua_6
 
R8 sociais 6
R8 sociais 6R8 sociais 6
R8 sociais 6
 
Resumo t7 naturais_6
Resumo t7 naturais_6Resumo t7 naturais_6
Resumo t7 naturais_6
 
Resumo t9 lengua_6
Resumo t9 lengua_6Resumo t9 lengua_6
Resumo t9 lengua_6
 
Resumo t8 lengua_6
Resumo t8 lengua_6Resumo t8 lengua_6
Resumo t8 lengua_6
 

Recently uploaded

IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 

Recently uploaded (11)

IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 

Obradoiro do medo 2015

  • 1. Obradoiro do Medo Samain Cadreche 2015 Medo para ler: 1º CICLO 2º CICLO 3º CICLO Os tres bandidos (Kalandraka) A pantasma da torre (Xerais) Dicionario dos seres míticos galegos (Xerais) Gato Guille e os monstros (Kalandraka) A noite do Samaín (Toxosoutos) Sobre a morte do Bieito (Rafael Dieste) O monstro de Ricardo (Kalandraka) O cuarto prohibido (OQO) O caso do estraño empregado (A. Fdez. Paz) Tío Lobo (Kalandraka) A pousada encantada (A Nosa Terra) O neno suicida (Rafael Dieste) Os Bolechas teñen medo (A Nosa Terra) A bruxa regañadentes (OQO) O gran libro dos medos do rato pequeno (Ed. Patas de peixe) Onde viven os monstros (OQO) Munia dorme baixo a cama (Xerais) As bruxas (Ed. Xerais) Os Bolechas van á festa dos calacús (A Nosa Terra) A miña veciña éche unha bruxa (Rodeira) O cuarto prohibido (OQO) A bruxa regañadentes (OQO) A figueira de pelostortos (OQO) A noite dos pesadelos (Ed. Tambre) Fiz, o coleccionista de medos (OQO) Unha pantasma no colexio (Ed. Rodeira) O baúl dos monstros (Baía Edicións) Un pesadelo no meu armario (Ed. Xerais) A casa da miña avoa (OQO) Fantasmas no corredor (Xerais) Tento e mailo medo (Ed. Tambre) Indo para o samaín (Ed. Everest) Os tres bandidos (Ed. Kalandraka)
  • 2. Obradoiro do Medo Samain Cadreche 2015 Medo para falar: -Personaxes que che dan medo a ti ou a outros. -Situacións que che dan medo (estar só, a noite, ver películas de medo,…) -Que lle pasa ao noso corpo cando temos medo? (ollos, boca, corazón, pel,…) -Mestres dicirlle o que nos daba medo de pequenos. -Buscar solucións para vencer o medo: que lles funciona a eles? Medo para ver: 1º CICLO Fiz, o coleccionista de medos https://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=M8PohQv_iBk#! Os sete cabritos https://www.youtube.com/watch?v=W4xay3-msWQ&feature=relmfu A Pota que trota https://www.youtube.com/watch?v=i-7tNY-AayQ 2º CICLO A bruxa regañadentes https://www.youtube.com/watch?v=-oWj0igPIMI&feature=related Os esqueletos xoguetóns http://www.youtube.com/watch?v=vXkQSiJG7fk&feature=related O baile dos esqueletos http://www.youtube.com/watch?v=h03QBNVwX8Q 3º CICLO Sobre a morte do Bieito http://vimeo.com/24162774# Os difuntos falan castelao https://www.youtube.com/watch?v=zrRv5rbeuPw Vídeo información sobre o Samaín http://vimeo.com/31461269
  • 3. Obradoiro do Medo Samain Cadreche 2015 Medo para facer: http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/Samain_Calacus.pdf http://esoslocosbajitosdeinfantil.blogspot.com.es/2012/10/aranas.html http://un-mundo-manualidades.blogspot.com.es/2012/10/fantasmas-colgantes-manualidades-para.html http://esoslocosbajitosdeinfantil.blogspot.com.es/2012/10/el-murcielago-de-las-chuches.html http://www.craftjr.com/simple-paper-pumpkin-craft-for-kids/ http://esoslocosbajitosdeinfantil.blogspot.com.es/2012/09/manualidad-de-aranas.html http://www.pinterest.com/nlg4/celebracionessama%C3%ADn/ Medo para xogar: http://es.yupis.org/juegos/trick-or-toad/ http://es.yupis.org/juegos/memory2/ http://www.topejuegos.net/juego/261/Calabaza.html http://learnenglishkids.britishcouncil.org/sites/kids/files/make-your-own-monster.swf http://www.abcya.com/pumpkin_carving.htm http://www.pequenet.com/habitantes/juegos/images/741.swf http://madenglishouse.eu/bitacora/?p=1008#comment-2106 http://www.billybear4kids.com/holidays/halowen/TicTacToe/Online/index.html http://revistas.educa.jcyl.es/divergaceta/images/stories/flash/juego39_puzzle.swf
  • 4. Obradoiro do Medo Samain Cadreche 2015 Medo para facer en liña: 1º ciclo: http://actividadeslim.blogspot.com.es/2011/11/castaneira.html http://coledecolores.blogspot.com.es/2010/10/actividad-lim-del-otono.html http://centros.edu.xunta.es/ceipdepazos/Ana/LIM/SAMAIN/samain.html http://www.chiscos.net/f1/samain/samain.html https://dl.dropboxusercontent.com/u/14722558/SAMAIN/medo.html http://duendesjuguetones.blogspot.com.es/2009/12/corre-corre-cabacina-lim.html http://aulatic-terradeferrol.blogspot.com.es/2011/10/mais-samain.html 2º ciclo: http://chiscos.net/almacen/lim/samai_n4/lim.swf?libro=samai_n.lim http://cadrechegalego.blogspot.com.es/2010/10/caza-do-tesouro-o-samain.html 3º ciclo: http://cadrechegalego.blogspot.com.es/2010/10/caza-do-tesouro-o-samain.html Medo para saber: http://centros.edu.xunta.es/ceppilarmaestu/webantiga/samain.htm http://centros.edu.xunta.es/ceipdepalmeira/norma_sama02.htm http://vello.vieiros.com/vieirosdaescola/index_10.html http://issuu.com/bibliotecaceipsada/docs/texto_samain_blogue?e=6145106/3057769
  • 5. Obradoiro do Medo Samain Cadreche 2015
  • 6. Obradoiro do Medo Samain Cadreche 2015 Ponte a proba. Que sabes? http://centros.edu.xunta.es/ceip.manuel.fraga/unidades/samain/xogosamain.html Medo para colorear, recortar,... Medo para Cantar: https://www.youtube.com/watch?v=2x3puRGW7f8#t=61 https://www.youtube.com/watch?v=3Im2AZDcKvc https://www.youtube.com/watch?v=V04O4elu-tg https://www.youtube.com/watch?v=mStAARe1ims https://www.youtube.com/watch?v=_oMloEPg-ws http://www.youtube.com/watch?hl=es&v=mStAARe1ims&gl=ES
  • 7. Obradoiro do Medo Samain Cadreche 2015 Marina era unha nena que tiña moito medo da escuridade. Ao apagarse a luz, todas as cousas e sombras lle parecían os mais temibles monstros. E aínda que os seus pais lle explicaban cada día con moita paciencia que aquilo non eran monstros, e ela o entendía, non deixaba de sentir un medo tremendo. Un día recibiron na casa a visita da tía Valeria. Era unha muller incrible, famosísima pola súa valentía e por haber feito miles de viaxes e vivido centos de aventuras, das que incluso fixeran libros e películas. Marina, con gañas de vencer o medo, preguntoulle á su tía como era tan valente, e se algunha vez se asustara. - Moitísimas veces, Marina. Recordo cando era pequena e tiña un medo terrible á escuridade. Non podía quedarme a escuras nin un momento. A nena emocionouse moitísimo; como era posible que alguén tan valente puidera haber tido medo á escuridade? - Contareiche un segredo, Marina. Quen me ensinaron a ser valente foron uns nenos cegos. Eles non poden ver, así que se non houbesen descuberto o segredo de non ter medo á escuridade, estarían sempre asustadísimos. -É verdade! -dixo Marina, moi interesada- cóntasme ese segredo? - Claro! O seu segredo é cambiar de ollos. Como eles non poden ver, os seus ollos son as súas mans. O único que tes que facer para vencer o medo á escuridade é facer coma eles, pechar os ollos da cara e usar os das mans. Propóñoche un trato: esta noite, cando vaias a durmir e apagues a luz, se hai algo que che dea medo, cerra os ollos, levántete con coidado, e trata de ver que é lo que che daba medo cos ollos das túas maos... e mañá cóntasme como é o medo. Marina aceptou, algo preocupada. Sabía que tería que ser valente para pechar os ollos e tocar aquilo que a asustaba, pero estaba disposta a probalo, porque xa era moi maior, así que non protestou nin cando os seus pais a deitaron, e ela mesma apagou a luz. Ao pouco, notou medo dunha das sombras da habitación, e facendo caso do consello da tía Valeria, pechou os ollos da cara e abriu os das mans, e con moito valor foi a tocar aquela sombra misteriosa... Á mañá seguinte, Marina chegou correndo á cociña, con un gran sorriso, e cantando. "O medo é brandiño e suave!... É o meu osiño de peluche!" Pedro Pablo Sacristán
  • 8. Obradoiro do Medo Samain Cadreche 2015 -... Boas noites, don Pedro. Perdoe que o moleste a estas horas, pero é para dicirlle que hoxe pasei todo o día facéndolles as entrevistas aos candidatos que se presentaron para o posto de representante. Mañá a primeira hora heille mandar por mensaxeiros un informe co resumo de todas elas. -... -Aínda houbo ben deles. Presentáronse doce. Só hai uns minutos que acabei co último. -... -Pois se quere que llo adiante xa, na miña opinión hai un candidato que merece o posto moi por riba dos outros. Paréceme que encaixa á perfección co que necesitamos. -... -Si, xa me alegrei eu tamén. Neste oficio non é nada doado atopar as persoas idóneas. -... -É que algún problema si que hai. Por iso o chamaba, para lle consultar. -... -Verá, non sei como dicirlle. Pero é que me atopei un pouco estraño mentres falaba co derradeiro candidato. -... -Mire, a cousa xa non empezou dun xeito normal. Díxenlle por teléfono que o recibiría ás catro, e el insistiu en que o pasase para o final, para as oito, cando xa vai vencido o día. -... -Si, xa sei que iso non ten nada de raro. Mesmo podería ser que teña agora outro emprego e non quixese faltar unha tarde a el. -... -Pero é que logo, xa no despacho, pediume que pechase as persianas, que lle molestaba a pouca luz que entraba. E abofé que debe ser certo que lle molesta, porque estaba pálido, dispensando, coma calquera dos nosos clientes. -... -Claro que hai de todo entre os nosos clientes, don Pedro! É que non me expliquei ben. Referíame aos pobres finados, aos que ocupan os nosos ataúdes.
  • 9. Obradoiro do Medo Samain Cadreche 2015 -... -Ai, amable si que era, e máis ben. Notábaselle que vén de boa xente. Mesmo me falou dun conde que houbera na súa familia, ou algo así. -... -Non, que va! El dicía que o soldo era cousa secundaria. Que estaba disposto a cobrar algo menos, coa condición de que lle deixásemos pasar as noites no almacén noso. Que seica está afeito a durmir en sitios así. -... -E logo por que me pregunta pola roupa, don Pedro? Pois mire, viña todo de negro, agás o forro da capa, que era vermello. Porque lle traía unha capa, sabe, desas tan elegantes que aínda levan algúns deses personaxes que saen nas revistas. -... -Siii! Pero, como sabe todo iso, don Pedro? Xusto como vostede di! Tiña dous dentes algo máis longos, que ben se lle vían cando sorría. Xa me chamaron a min a atención, non vaia pensar. -... -Acento estranxeiro? Pois agora que o di... Falaba ben a nosa lingua, pero é verdade que tiña un aquel... Díxome que pasara unha longa tempada en... xa non me lembro ben. Un país deses que andan agora tan revoltos, co da perestroika. Checoslovaquia ou Romanía... A miña memoria non ten remedio, xa sabe que para isto dos nomes son un desastre. -... -Si, anda polo almacén. Díxome que quería ver os ataúdes que fabricabamos. Eu, por min, a verdade é que xa apalabraba hoxe o emprego con el. -... -Non me chame esas cousas, don Pedro! Eu xa sei que moi listo non son, pero tampouco non é para que se poña así comigo. -... -Un vampiro!! E di que atacan pola noite? Que cravan os dentes na garganta e logo zugan o sangue da vítima? Por iso miraba tanto para o meu pescozo, que ata mo gabou! -... -Don Pedro! Que se foi a luz! Non vexo nada... Segue vostede aí, don Pedro?... Están abrindo a porta! Hai unha sombra, agora vexo o vermello da capa!... Don Pedr...!! -... -CLICK. Contos por palabras (Ed. Xerais) Agustín Fernández Paz
  • 10. Obradoiro do Medo Samain Cadreche 2015 SOBRE DA MORTE DO BIEITO Foi preto do camposanto cando eu sentín bulir dentro da caixa ó pobre Bieito. (Dos catro levadores do cadaleito eu era un). ¿Sentino ou soñeino? Entón no podería aseguralo. ¡Foi un rebulir tan maino! Como a teimosa puvulla que rila, rila na noite, rila de entón no meu maxín afervoado aquel maino rebulir.Pero é que eu, meus amigos, non tiña seguranza, e polo tanto” comprendede, escoitade” polo tanto non podía, non debía dicir nada. Imaxinade nun intre que eu dixese: - O Bieito vai vivo. Tódalas testas dos velliños que portaban cirios ergueríanse nun babeco aglaio. Tódolos pícaros que viñan estendendo a palma da man baixo o pingar da cera virían en remuíño arredor meu. Xuntaríanse as mulleres a carón do cadaleito. Escorregaría por tódolos beizos un murmurar insólito: - O Bieito vai vivo, o Bieito vai vivo! Calaría o lamento da nai e das irmáns. E eu sería o gran revelador, o salvador, eixo de tódolos asombros e de tódalas gratitudes. E o sol na miña face cobraría unha importancia imprevista. ¡Ah ! ¿E se entón, ó ser aberto o cadaleito, a miña sospeita resultara falsa? Todo aquel magno asombro viríase inconmensurable e macabro ridículo. Toda a gratitude da nai e das irmán, tornaríase despeito. O martelo espetando de novo a caixa un son sinistro e único na tarde. ¿Comprendedes? Por iso non dixen nada. Houbo un intre no que pola face dun dos compañeiros de fúnebre carga pasou a insinuación livián dun sobresalto, coma se el estivese a sentir tamén o rabuñar. Mais non foi máis que un lampo. De seguida ficou sereno. Eu non dixen nada. Houbo un intre en que case me decidín. Dirixinme ó da miña banda e, deitando a pregunta nun sorriso, deslicei: - ¿E se o Bieito fose vivo? O outro riu coma quen di: “Que ocorrencias temos”, e eu amplifiquei o meu falso sorriso de retrouso. Tamén me vin a rentes de dicilo no camposanto cando xa pousarámo-la caixa e o crego rezaba. - “Cando o crego remate” pensei. Mais o crego acabou e a caixa baixou á cova se que eu puidese dicir nada.
  • 11. Obradoiro do Medo Samain Cadreche 2015 Cando o primeiro cadullo de terra, bicado por un neno, petou dentro da cova nas táboas do ataúde, rubíronme ata a gorxa as verbas salvadoras!. Estiveron a punto de xurdiren. Mais entón acudiu novamente o meu maxín e case seguranza do arrepiante ridículo, da rabia da familia defraudada, se o Bieito se topaba morto e ben morto. Ademais o dicilo tan tarde medraba o absurdo. ¿Cómo xustificar non o ter dito ante? ¡Xa sei, xa sei, sempre se pode un explicar!¡Si, si, si todo o que queirades! Pois ben... ¿e se tivese morto despois, despois de o sentir eu remexerse, como quizais puidese adiviñase por algún sinal? ¡Un crime, si, un crime o me ter calado. Oíde xa o rebumbio da xente!. - ¡Pediu auxilio e non llo deron, malpocado! -El sentía chorar, quíxose erguer e non puido! -Morreu de espanto, saltoulle o corazón o se sentir na cova! -¡Velaí o tendes, coa cara torta do esforzo! -¡E ese que o sabía, tan campante, aí a sorrir coma un pallaso! -¿E parvo ou qué? Todo o día, meus amigos, andei tolo de remorsos. Vía ó probe Bieito rabuñando nas táboas nese espanto absoluto, máis alá de todo consolo e de toda conformidades, dos enterrados en vida. Chegoume a parecer que todos lían nos meus ollos adormentados a obsesión do delito. E alá pola noite – non o puiden evitar – funme camiño do camposanto, coa solapa erguida, ó arrimo dos muros. Cheguei. O cerco por unha banda era baixiño: unha pedras mal postas, apreixadas por hedras e silveiras. Paseino e fun dereito ó sitio. Deiteime no cha, apliquei a orella, e axiña o que oín xeoume o sangue. No seo da terra unha unllas desesperadas rabuñaban nas táboas. ¿Rabuñaban? Non o sei, non o sei. Alí preto había un sacho! ía xa cara a el cando fiquei suspenso. Polo camiño que pasa a rentes do camposanto sentíanse pasadas e rumor de fala. Viña xente. Entón si que sería absurda, tola, a miña presenza alí, daquelas horas e cun sacho na man. ¿ía a dicir que o deixara enterrar sabendo que estaba vivo? E fuxín coa solapa erguida, pegándome ós muros. A lúa era chea e os cans latricaban lonxe. Rafael Dieste Dos arquivos do trasno
  • 12. Obradoiro do Medo Samain Cadreche 2015 Cando o taberneiro rematou de ler aquela nova inquietante –un neno suicidárase pegándose un tiro na sen dereita– falou o vagabundo descoñecido que acababa de xantar moi pobremente nun curruncho da tasca mariñeira, e dixo: –Eu sei a historia dese neno. Pronunciou a palabra neno dun xeito moi particular. Así foi que os catro bebedores de augardente, os cinco de albariño e o taberneiro calaron e escoitaron con xesto inquiridor e atento. –Eu sei a historia dese neno –repetiu o vagabundo–. E, tras dunha pequena e ben medida pausa, comezou: –Alá polo mil oitocentos trinta, unha beata que despois morreu de medo viu saír do camposanto florido e recendente da súa aldea a un vello moi vello en coiro. Aquel vello era un recén nacido. Antes de saír do ventre da terra nai escollera el mesmo ese xeito de nacencia. ¡Canto mellor ir de vello para mozo que de mozo para vello!, pensou sendo espírito puro. A Noso Señor chocoulle a idea. ¿Por que non face-la proba? Así foi que, co seu consentimento, formouse no seo da terra un esqueleto. E despois, con carne de verme, fíxose a carne do home. E a carne do home aformigou a caloriña do sangue. E como todo estaba listo,a terra-nai pariu. Pariu un vello en coiro. De como despois o vello topou roupa e mantenza é cousa de moita risa. Chegou ás portas da cidade e como aínda non sabía falar, os ministros, despois de lle botaren unha capa enriba, levárono a diante do xuíz coma se tivesen sido testemuñas: aquí lle traemos a este pobre vello que perdeu a fala coa tunda que lle deron uns ladróns entrañados. Nin roupa lle deixaron. O xuíz deu ordes e o vello foi levado a un hospital. Cando saíu, xa ben vestido e mantido, dicíanlle as monxiñas: Vai feito un bo mozo. Ata parece que perdeu anos.
  • 13. Obradoiro do Medo Samain Cadreche 2015 Daquela xa aprendera a falar algo e fíxose esmoleiro. Así andou moitas terras. Alá en Lourdes estivo dúas veces; da segunda tan anovado que, os que o coñeceran da primeira, coidaron fora milagre da Virxe. Cando adquiriu experiencia de abondo pensou que o mellor era manter secreta aquela estraña condición que o facía mías mozo cantos máis anos corresen. Así, non o sabendo ninguén –non sendo un ou dous amigos fieis– podería vivir mellor a súa verdadeira vida. Traballou de vello e fíxose rico para folgar de mozo. Dos cincuenta ós quince anos a súa vida foi a máis feliz que se pode imaxinar. Cada día gustaba máis ás mozas e andou enleado con moitas e coas máis bonitas. E ata disque unha princesa... Pero diso non estou certo. Cando chegou a neno comezou a vida a se lle ensarillar. Dáballe medo a sorpresa con que o vían entrar tan ceibe nas tendas a mercar lambetadas e xoguetes. Algún rateiro de viseira calada teno seguido ó longo de moitas rúas tortas. E algunha vez ten comido as súas lambetadas a tremer de anguria, coas bágoas nos ollos e o doce nos beizos. A derradeira vez que o topei –tiña el oito anos– andaba moi triste. ¡Pesaban, ademais, tanto no seu espírito de neno os recordos da súa vellez! Logo comezou a lle escaravellar día e noite unha obsesión tremenda. Cando pasasen algúns anos recolleríano en calquera calexa extraviada. Quizais algunha señora rica e sen fillos. Despois… ¡Quen sabe o que pasaría despois! A lactancia, os paseos nun carriño, con axóuxeres na manciña tenra. E ó remate... ¡Ou! O remate poñía espanto. Cumpri-lo seu sino de home que vive ó revés e refuxiarse no seo da señora rica –poida que cando ela durmise– para ir alí devecendo ata se trocar primeiro nunha sambesuga e despois en pequenísima semente... O vagabundo ergueuse moi pensativo, coas mans nos petos, e deu algúns paseíños todo amargado. Ó cabo dixo: –Explícome, si, explícome que se chimpase un tiro na sen o pobre rapaz. Os catro bebedores de augardente crían. Os cinco de albariño sorrían e dubidaban. O taberneiro negaba. Cando todos discutían máis afervoadamente, o taberneiro ergueuse de súpeto nas puntas dos pés e púxose a mirar todo arredor cos ollos moi abertos. O vagabundo desaparecera sen pagar. Dos arquivos do trasno, RAFAEL DIESTE.
  • 14. Obradoiro do Medo Samain Cadreche 2015 Busca na antiga páxina web do noso centro, e contesta: http://centros.edu.xunta.es/ceppilarmaestu/webantiga/samain.htm 1.- Que comezaba o 31 de outubro para os celtas? 2.- En honor de quen era a festa? 3.- Que preparaban esa noite para os defuntos? 4.- Que podían facer esa noite os defuntos? Vai ao seguinte enderezo web http://www.topejuegos.net/juego/261/Calabaza.html Debuxa a cabaza que acabas de cortar: Samain ciclo 1
  • 15. Obradoiro do Medo Samain Cadreche 2015 Busca na antiga páxina web do noso centro, e contesta: http://centros.edu.xunta.es/ceppilarmaestu/webantiga/samain.htm 1.- Que comezaba o 31 de outubro para os celtas? 2.- En honor de quen era a festa? 3.- Que preparaban esa noite para os defuntos? 4.- Que podían facer esa noite os defuntos? 5.- Os celtas colocaban candeas dentro de caveiras dos inimigos mortos nos cruces dos camiños para… …segundo uns …segundo outros 6.- Que celebrou, séculos máis tarde, o cristianismo nestas datas? 7.-Vai ao seguinte enderezo web e corta a túa cabaza http://www.topejuegos.net/juego/261/Calabaza.html Samain ciclo 2
  • 16. Obradoiro do Medo Samain Cadreche 2015 Busca en Google galipedia samaín. Entra na páxina, e contesta: http://gl.wikipedia.org/wiki/Samaín 1.- Que orixe ten esta festividade? 2.- Antigamente era concebida como unha comuñón … 3.- En que datas tiña lugar? 4.- Para que tiñan autorización os defuntos nesas datas? 5.- Que portas se abrían eses días? 6.- Para os celtas, era o comezo… 7.- Que era tradición facer nestas datas? Pulsa no enlace que aparece abaixo 8.- Que significa en gaélico samaín? 9.- A decoración de cabazas recibe en Galicia distintos nomes. Escribe 4 que figuran nesa páxina. 7.-Vai ao seguinte enderezo web e corta a túa cabaza http://www.topejuegos.net/juego/261/Calabaza.html Samain ciclo 3
  • 17. Obradoiro do Medo Samain Cadreche 2015 ____________________________________________________________________________________________ ____________________________________________________________________________________________ ____________________________________________________________________________________________ ____________________________________________________________________________________________ ____________________________________________________________________________________________ ____________________________________________________________________________________________ ____________________________________________________________________________________________ ____________________________________________________________________________________________ ____________________________________________________________________________________________ ____________________________________________________________________________________________ ____________________________________________________________________________________________ ____________________________________________________________________________________________ ____________________________________________________________________________________________ ____________________________________________________________________________________________ ____________________________________________________________________________________________ ____________________________________________________________________________________________ _________________________________________________________________________________