SlideShare a Scribd company logo
CPI Ponte Carreira - Curso 2018/2019 3
EDICIÓN: Equipo de Dinamización da Lingua Galega
COORDINACIÓN e DESEÑO: Diana Sánchez
COLABORACIÓN: Equipo docente e Alumn@s do CPI
Ponte Carreira
MAQUETADO: Fran López
IMPRESIÓN: Artes Gráficas LUGAMI (Betanzos)
Caras novas
Xornada de benvida
Outono
Nadal
3º e 4º
Entroido
Música
Somos solidarios
Paz
Taller literario
Robótica
Carreira solidaria
EDLG
Concursos
Letras Galegas
Visitáronnos
Estes somos nós
Etnografía
Deportes
Banda deseñada
Dende a biblio
Visitas culturais
Vagalumes
ANPA
Ata sempre
Brauliotuber
Os que nos deixan
4
5
6
8
9
11, 23, 47 e 61
14
15
16
17, 51
27
28
29
31
33
35
36
39
40
41
43
45
56
63
64
69
70
NACE RETALLOS DO PONTE
O tempo voa e este curso que parece que co-
mezou onte xa tocou a súa fin.
Nas vosas mans tedes a revista do cole. Como
veredes mudou de nome, quixemos darlle ou-
tro que a fixese máis nosa, que se identificase
máis con nós e que no seu nome se puidera re-
coñecer o que somos: O CPI PONTE CARREIRA.
As posibilidades foron infinitas pero decantá-
monos por RETALLOS DO PONTE, porque con-
sideramos que expresa cercanía e identidade.
O que se recolle nesta revista son RETALLOS,
unha escolma do noso e voso día a día, da con-
vivencia, das aportacións comúns e enrique-
cedoras, vivencias, saberes, ilusións,... que se
dan NO PONTE.
Permítome a licenza de, no nome de todos
os que formamos parte do cole, adicar este
número 1 de Retallos a unha persoa que logo
de 30 anos entre nós e vós decidiu emprender
unha nova e merecida viaxe lonxe das aulas.
Sobran as palabras, simplemente “moitas gra-
zas por todo FEFA. Este sempre será o teu cole,
“e sábelo”.
Tamén a GEMA, que logo de 18 anos muda de
destino. Moita sorte compañeira.
Toca tamén dar as grazas a todas aquelas per-
soas que colaboran para que saia á luz esta
revista. E a aqueles mestres que só estiveron
connosco uns días ou mesmo este curso e que,
sei, deron o mellor de sí: Fanny, Patricia, Mar-
cos e Nuria. E por suposto non me esquezo do
alumnado que nos deixa, sorte moz@s!!!.
Feliz verán a todos, ben merecido o tedes/te-
mos. Disfrutade todo o que poidades e deica
setembro.
Diana, coordinadora do EDLG
CPI Ponte Carreira - Curso 2018/20194
CPI Ponte Carreira - Curso 2018/2019 5
CPI Ponte Carreira - Curso 2018/20196
CPI Ponte Carreira - Curso 2018/2019 7
CPI Ponte Carreira - Curso 2018/20198
CPI Ponte Carreira - Curso 2018/2019 9
	 Un día o noso profe falounos da obsolescencia programada, que palabras máis raras uti-
liza este home!
	 Como non tiñamos nin idea do que era puxémonos a investigar e organizando todo o que
atopamos conseguimos facer un tríptico.
3º e 4º de PRIMARIA
CPI Ponte Carreira - Curso 2018/201910
	 E como o que máis nos gusta é contar todo o que aprende-
mos decidimos contalo a todos aqueles que nos quixeron escoitar.
Xuntamos as clases de 5º e 6º de Primaria, e nos recreos fixemos
un punto de información para contarllo aos demais.
	 Cando se nos acabou a xente do cole á que contarllo, de-
cidimos levalo a fóra do cole, así que nos aventuramos aos coles
da contorna: en Ordes ao Ceip Castelao e ao Campomaior, e en
Xanceda ao CPI de Xanceda. Foron amabilísimos con nós e es-
coitáronnos atentísimos. Lástima que ao noso profe se lle olvidara de sacar fotos. Ás veces é un
desastriño...(pero querémolo igual).
	 E diredes vós, pararían aí! Pois que saibades que non. Aínda fomos a un sitio máis. Na
Universidade de Santiago de Compostela tamén nos querían escoitar, así que na compaña das
nosas nais e pais que tamén tiñan algo que contar, aventurámonos a contarlle aos estudantes de
Maxisterio todo o que sabiamos, aínda o pasamos ben! E que gusto ver alí á profe Kika!
	 Entre aventura e aventura por aí en diante tamén traballamos no cole e con Fran en Tics
preparamos unhas pelis en stop motion que quedaron xenial.
	 E unha chea de exposicións, maquetas, murais, mandalas e ata un Guernica propio ao que
lle puxemos cor para engadir un elemento esperanzador máis aos que lle puxo Picasso.
	 O que acontece neste cole non é normal,
e senón me credes preguntádelle aos rapaces de
3º e 4º de Primaria!! Se non fora pola preocupa-
ción e amizade dos seus compañeiros pasarían
mooooooooooooito tempo.... CASTIGADOS
3º e 4º de PRIMARIA
Agora para evitar os castigos
traballamos moito.
CPI Ponte Carreira - Curso 2018/2019 11
CPI Ponte Carreira - Curso 2018/201912
CPI Ponte Carreira - Curso 2018/2019 13
CPI Ponte Carreira - Curso 2018/201914
@s alumn@s de Ed. infantil sempre gustamos de probar novos instrumentos. Este curso disfruta-
mos moito coa...
CPI Ponte Carreira - Curso 2018/2019 15
SOMOS SOLIDARI@S
	 No CPI Ponte Carreira queremos concienciar aos nosos nenos e nenas da necesidade de desenvolver
actitudes solidarias. O alumnado de 3º e 4º de educación primaria traballou este curso o coidado do
medioambiente da man da obsolescencia programada. Reflexionando e investigando sobre esta temática
o alumnado identificou o traballo infantil como unha das principais problemáticas derivadas das situacións
de consumo excesivo. Con este marco de fondo propúxeselle a lectura “Lía e as zapatillas de deporte”,
libro que aborda varios destes temas. Vendo, da man deste marabilloso libro, as problemáticas dos países
subdesenvolvidos e o labor das ONGs decidimos levar a cabo un rastro solidario co cal recadar fondos para
facer unha doazón. Primeiro na clase de valores investigamos sobre que é unha ONG, buscamos as que
actuaban en Galicia e escollemos aquela cuxos obxectivos máis nos chamaron a atención. Educo foi a ONG
escollida debido a súa vinculación coa educación.
	 Puxémonos mans a obra sobre cal sería a mellor forma de recadar fondos e chegamos a conclusión
que un rastro solidario sería unha boa opción. Para iso solicitamos ás familias que doaran xogos, xoguetes
e libros que se puxeron a venda con prezos simbólicos inferiores a 5€. Con esta actividade perseguimos
ademais un dobre obxectivo:
1.	 Recadar fondos para a ONG
2.	 Promover o intercambio de xogos, xoguetes e libros dando valor aos produtos de 2ª man
	 Recollidos, analizados e taxados os obxectos recibidos puxémolos a venda en dous días. Previamente
a iso, traballouse cos nenos de 3º e 4º de Primaria o concepto de moeda e fixéronse diversas actividades
para aprender sobre como “dar o cambio”. Foron eles os que actuaron como dependentes do rastro. Os
compradores foron as alumnas e alumnos do centro (os nenos debían traer os cartos e os profesores axudaron
aos máis pequenos nas compras) e as súas familias, ás cales se lles invitou a que acudiran ao cole ambos días.
	 A actividade foi un éxito en todos os sentidos. O alumnado do centro quedou moi contento por
poder comprar xoguetes e libros novos para eles; o alumnado de 3º e 4º traballaron conceptos moi diversos
e desenvolveron a actividade con organización e disciplina; vendéronse todos os produtos e conseguimos
recadar un total de 436.35 € (tendo en conta que os prezos era simbólicos é unha moi boa cantidade).
CPI Ponte Carreira - Curso 2018/201916
CPI Ponte Carreira - Curso 2018/2019 17
O amor é o silencio
O silencio do corazón baixo chave
É o mar batendo contra o mar
O mar revolto de temporal
Son pomba ao vento
Ao vento do amencer
Coma unha pomba branca
Volando libre sen presión
Sen inxustizas nin maldades
Soamente co teu amor
Porque non nos ven falar
Din que nos queremos
Eu dígoche que é verdade
O amor á familia
O amor aos amigos
O amor ao amor
O amor ao silencio
Non hai que berralo
XOEL 3º ESO
O arco da vella era a aza fráxil das súas cantigas.
A nena empezaba a sentir e medrar.
No camiño entristecía , golpeabana coas verbas
da nenez que foxe como o leito dun longo,
fermoso e ancho río.
O amor pola paisaxe, polos sentimentos florecendo,
pola natureza verde de Galicia,
renacía cada día.
A fiestra abríase á vida
onde cantaba aventura.
A súa imaxinación multiplicábase,
como semente en terra arada.
O arco da vella parecese a ela ,
colorido e súbito
sempre na casa agardandoo
ata que sae o arco da vella,
que lle permite enxergar o camiño.
OLALLA 3º ESO
El tiña ollos afeitos a tronzar a hostilidade . El tiña ollos. Todo lle entraba pola mirada . Reclamábao
o movemente das polas das árbores, a luz nas súas follas , o palpexar da auga no verdor das pra-
deiras e o voo dos pardais .
Logo, mirou o andar delas, a súa beleza rompendo o aire e quedou extasiado.
ALBERTO 3º ESO
CPI Ponte Carreira - Curso 2018/201918
Recórdote aquel 20 de xaneiro
collida da túa man escrava
paseando por aqueles camiños
cos teus zapatos novos
Recordo a túa frase de
“ Ai, que demo de rapaza”
cando facía algunha trasnada
nas que ti moitas veces participabas
Recordo aquelas charlas
nas que me falabas da
túa dura infancia e do
tanto que che gustaba María, naqueles tempos
Recordo eses abrazos
que tanta calor me daban
tamén eses bicos
que tanto enmarquei , e aínda gardo
Recordo a túa maior preocupación
de que eu estivese ben,
de non ter os pés mollados
de tantos saltos en pozas
Cortábasme o pan
ofrecíasme froita
sempre arroupándome
sorrindo lento.
SONIA 3º ESO
Ortograma:
Amizade que abastece o teu amor.
Berros que bican os teus beizos.
Cabelo que caladiña cacheo.
Divertido dedo que desperta o día.
Eclipsa o ecuador do teu ego.
Fermosa faciana de fantasía.
Garimosa gaivota de goma.
Habitas na hedra do herbario.
Idade ideal para os ignorantes.
Ladras na lagoa luminosa.
Madrugas na mañá malferida.
Nacida da nada nun nadal.
Ocupas o oco do ozono.
Palabras perigosas que publican.
Quero quebrantar a quietude.
Reaccionar á rabia na ruada.
Serenar cunha serenata satinada.
Tambores que tinxen de tristura.
Unicornio que ule a usura.
Vento no vacío da vía.
Xenio que xubila a un Xudas.
Zafaste nun zig zag de zona zen.
ENMA 2º ESO
Namentras o silencio inventaba unha pequena
canción de amor
Un silencio escuro coma as noites estreladas
Un silencio frío intentando tocar zonas abstractas
Unha canción de verbas inmóbiles
Verbas escritas baixo as estelas
baixo as constelacións.
Ela andaba a escribir unha gran canción
con moitos versos
con moitas palabras
palabras con calor
de saber que sempre haberá quen as lea,
quen as cante.
Ou simplemente que se esforce por seren vistas.
Deitados arroupados baixo as estrelas
sós
na escuridade
escoitando os múltiplos ruídos existentes
sentindo como as nosas mans frías
se unían, buscando o calor
como xa hai tempo non o tiveran.
Oías os berros antes de chegar á casa
as broncas da “familia” por chegar a deshora
pero agora iso non importaba
O que importaba de verdade
era poder saber que nacemos
para alcanzar o horizonte,
chegar ao máis alá
escribindo os segredos xamáis ditos,
os pensamentos nunca pensados
as palabras nunca afirmadas
e os sentimentos por ninguén.
PAULA 3º ESO
VIDA
Vela aí aura estresada
iglú de hospitalidade perdida
dúbida derradeira do narval
alegría, fenda branca en Frades
2º ESO
CPI Ponte Carreira - Curso 2018/2019 19
Ela andaba a namorar. Curiosa como era, fixérase un pozo infinito de preguntas e poucos chanzos seguros.
Esvaraba cada día e erguíase sorrindo. Cada tarde desafiaba o caos e organizaba a vida, xuntando soños
con soños e sorrisos con sorrisos.
Cada noite mira á lúa para darlle as boas noites, ela ,a única que a escoita, a única que a mira,a única que
a entende... I ela non tiña tampouco fixamente un beizo enriba do outro, pero a lúa axudáballe a aceptar a
mudanza . Regresaba ao día seguinte e nunca era o mesmo. Estaba a descubrir a perspectiva da vida en
espiral.
A pesar de todo aínda tiña un pé no sorriso verosímil da infancia esperando a que todo volvese a ser igual,
algo que nunca ocorría. Agora está comenzando a andar os seus primeiros pasos en corredores sen nome,-
deseñando un novo camiño do aire, os seus primeiros días grises, responsabilidades grandes a súa medida.
Vai con ela o calor dos primeiros pasos, as voces que a acollían, a esperanza feita abrazos.
Afirmábase ao carón de cada esquina e de cada man aloumiñada entre aquel encontro de paredes coa olla-
da cara ao sur, falando o necesario e mirando o reloxo para cando sexa hora de marchar.
Gustáballe navegar sobre todo o que empeza, o que avanza, o que flúe. Fuxía de todo o estancado. Salta-
ba sobre todas as realidades inmodificables de puntillas e avanzaba cara un norte que, presentía benéfico,
acolledor e distante. Desacougábaa a présa do tempo, as agullas do reloxo facendo tic-tac. Cada día novo
para ela era unha aventura, un soño para realizar,un motivo polo que levantarse e loitar, outra folla nova
escrita como ela quería.
Os seus oídos pídenlle escoitar música 24/7 para loitar contra palabras non desexadas, voces non acepta-
das. A súa ollada pechábase cando vía cousas que non eran respetables, homes levantando as mans que
non eran mans senón armas. As mans sempre se encontraban frías e pedían a berros algo quente e suave
no que poder acomodarse. A súa boca só quería degustar amor e felicidade. A cova da súa cara soamente
quería respirar positividade e respecto. Ela só quería ter brazos rexos, que saben dicir un quérote, un bo día,
boa noite e que tal estás sen verbas ?
SONIA 3º ESO
El matinaba unha luz anónima , sempre cun sorriso no rostro, sempre cun xesto de alegría e luminosidade.
Amaba o imposible e perseguía o que estaba a trasmán do horizonte, o que aínda non se fora e resistía.
Atraíalle o que non tiña nome, o que aínda non vira, a luz máis fermosa, unha luz dourada que sorría desde
o outro.
Vivía despistado no presente e os astros non o entendían. El quedouse coas mans naquela despedida. El
sabía que as máns eran súas. Estaban cheas de baleiro, de saudade , de cor, de vida , de ternura que es-
vara.
Nas festras das fervenzas mudáranse os ollos distantes dos menceres…, levaba na cara fiestras que rom-
pían tabiques, abertas de par en par á luz.
A cortinaxe blanca non impedía a visibilidade desde fóra . Deixábase ver , cada mañá , ollando o verdor
calado das árbores . Fascinábao a forza das súas follas , o seu temblor no vento.
DAVID 3º ESO
El tiña ollos afeitos a tronzar a hostilidade . El tiña ollos. Todo lle entraba pola mirada . Reclamábao
o movemente das polas das árbores, a luz nas súas follas , o palpexar da auga no verdor das pra-
deiras e o voo dos pardais .
Logo, mirou o andar delas, a súa beleza rompendo o aire e quedou extasiado.
ALBERTO 3º ESO
CPI Ponte Carreira - Curso 2018/201920
Aldea ou cidade?
Eu prefiro vivir nunha aldea porque hai menos contaminación, estou en contacto coa natureza, percibo sons
agradables, podo moverme en liberdade…
Eso non significa que non se poida ir a cidade a disfrutar de actividades como o teatro, concertos, cine…
aínda que no rural tamén hai moitas actividades relacionadas co deporte (senderismo), os encoros (piragüis-
mo), os ríos (pesca)…
Nas cidades, a maioría da xente vive en pisos, que a diferenza das casas teñen espazos reducidos e o peor,
veciños, a quen escoitas cando queres estar en silencio ou incluso ules as comidas que están a cociñar.
Nunha aldea non pasaría iso, porque as vivendas son unifamiliares e case todas teñen unha horta onde se
pode cultivar un horto ecolóxico para comer máis san.
Se che gustan as plantas, podes ter un espazo para plantar flores, que é unha actividade moi desestresante,
como coller as froitas das túas árbores para facer marmelada. Tamén é divertido recoller no bosque moras,
en outono, cogomelos…
As noites frías de inverno ou as noites de verán son do máis interesante. Mirar cara o ceo e máxico, buscar
a estrela polar, as constelacións, os planetas ou cun pouco de sorte en agosto ver algunha estrela fugaz.
Esto nunca o poderías facer nunha cidade pola contaminación lumínica.
Nas aldeas podes vivir dos produtos que che dá a terra e traballar nas granxas, queixarías, viveiros de planta
ornamental como a camelia, que a nosa terra reúne condicións moi favorables para o seu crecemento...
En Galiza, que é unha comunidades pequena, hai moitas aldeas abandonadas, que están preto das cidades
e é unha mágoa non aproveitalas para evitar a despoboación.
Animo a todos a vivir na aldea!
ENMA 2º ESO
OS ANCIÁNS EN GALICIA
A porcentaxe de poboación de 65 ou máis, co respeto aos 2,7 millóns de persoas é dun 24,6% e aumenta
ano tras ano.
O colectivo entre as persoas da avanzada idade está moi presente en Galicia, e moitas delas atópanse sen
vida no domicilio despois duns días. En Santiago de Compostela, os médicos de familia, atenden a unhas
60 persoas que viven soas. Os sanitarios piden que cando detecten unha situación vulnerable, osea débil
de un maior se poida incluir nalgún programa de algunha axuda domiciliaria para realizar un seguemento.
Estas persoas, teñen habitualmente problemas de saúde do corazón, bronquitis (respirar mal), artrose (dolor
aos ósos), dificultade para moverse... O peor, é que moitos deles viven nunha aldea semiabandonada ou
nunhas vivendas con problemas de accesibilidade, por exemplo:un anciá con obesidade e artrose, cal, vive
só, e xa non pode levantarse.
Tanto nas áreas urbanas como nas áreas rurais, moitas persoas maiores, quedan rodeadas de soedade
porque os veciños morreron ou marcharon. Máis de 100.000 persoas con 65 anos ou máis residen sen com-
pañía na súa vivenda!!!
O HULA, foi o primeiro hospital en Galicia en incorporar un servizo de xerontoloxía, para os anciáns, que
só hai en Lugo e en Vigo . Manuel Melero, xerontólogo, recorda que cando ocorre unha de estas situacións
“significa que algo a nivel social está fracasando, non só os servizos sociosanitarios, senón a sociedade”
Os anciáns teñen unha pensión de 500 euros ao mes, que na miña opinión, é moi pouco diñeiro, con esto,
non chegan a fin de mes. As persoas sen recursos non aportan nada, e en todo caso debe reservarse sem-
pre o 25% dos ingresos para os seus gastos persoais.
DIANA 2º ESO
MALTRATO ANIMAL
O maltrato animal doméstico existe e revela unha das peores paixóns do seres humanos: a covardia.
Este maltrato dáse en case todo o mundo,atopámolo en España-Japón-Bulgaria-Grecia-China-Dinamar-
ca-Rumanía-Venezuela. Os animais mais maltratados son os cans-gatos-baleas-toros-cabalos.Estamos a
falar de maltrato físico, emocional ou maltrato por neglixencia. Os animais viven mal neste mundo , non son
felices ; os animais son fieis aos humanos , dannos moitas satisfacións e forman parte da riqueza da vida.
Esta actitude de falta de empatía cara a eles demostra falta de sensibilidade, e é un sintoma de carencias
CPI Ponte Carreira - Curso 2018/2019 21
A música de hoxe en día
A música impórtanos. Hai moitos estilos, hai públicos para moitos tipos distintos de música. Obxectivamente
penso que o ritmo e a melodía importan, así coma a experiencia suxerente audiovisual que envolve o seu
formato. Para min personifica a oferta dunha experiencia total.
No século XXI parece que as mulleres conseguen despuntar no mundo da música, así o aseguran estudos
que analizan éxitos musicais dende o ano 2000 ata hoxe, chegando a conclusión de que o papel da muller
é esencial para entender o son do noso tempo.
Figuras como Rihanna, Lady Gaga, Dua Lipa, no pop. No rap, Cardi B ou Mr. Lauryn Hill. No rock, Courtney
Barnett ou cancións das superventas de Adele e Taylor Swift que aínda que pertenzan a distintos xéneros
musicais levan a reflexionar que as compositoras negras e latinas reformulan a música pop dende diferentes
estilos.
Algunhas exploran xéneros como o reguetón, que parecía un territorio exclusivo dos homes.
Hai que destacar o poder sobre o escenario de Beyoncé que xunto a Lady Gaga teñen o récord de audiencia
con máis de 150 millóns de espectadores no medio tempo da Súper Bowl.
No panorama musical español ocorre o mesmo. O último gran fenómeno e Rosalía, quen da unha visión
máis moderna do flamenco.
Sobre a música que escoitan os xóvenes españois, os seus gustos están relacionados co comercial, éxitos
creados por produtores discográficos que lle dan a cantantes-intérpretes atendendo só a criterios económi-
cos.
Aínda que o anglosaxón ten moita influencia, tamén triunfa o produto nacional como cantantes que saen dos
talent shows, como Aitana, Ana Guerra, Lola Índigo... de Operación Triunfo.
A influencia latina é clara, ritmos que concentran fusións electrónicas, dance e ritmos latinos.
O electropop, un xénero orientado a música electrónica bailable esta moi de moda, en cambio o reguetón
parece que xa non esta tanto.
En conclusión, con respecto a muller, no mundo musical, hai moito que mellorar porque é dificil vela noutro
papel que non sexa a de vocalista.
Con respecto a música que se pode escoitar nas distintas plataformas, a maioría e comercial e so se busca
gañar diñeiro sen importar a calidade.
ENMA 2º ESO
habituais do noso presente onde non sempre se pratican as pautas adecuadas cos neno, mulleres, anciáns,
animais e a propia natureza. E hora xa de intentar colocar a defensa da vida no centro das nosa vida cotiá.
CRISTINA 2º ESO
Véxome en ti con 12 anos nun corpo fermoso que estrañas, que esqueces que medrou, que non
sabe nin quere responder as olladas inoportunas, intrusas, que violentan a túa memoria de nena.
Son outras as dimensións, unha alma máis grande nun corpo dilatado que segue engaiolado nas
fantasías infantís nas que segue a habitar. Cada mañá érgueste sorprendida do corpo que habitas
co que aínda non estás familiarizada. Gustaríache ser invisible fóra da casa un tempo ata que te-
ñas o dominio do xesto e da palabra exacta para defenderte. Gustaríache ser voz, arrecendo leve,
tacto breve e controlar só a resposta da xente que che interesa. Ser maior quédache lonxe e non
sabes como dar o primeiro paso, pero a vida guiarache os pasos e chegarás a ser xunco, rocha da
intermarea envolta en uña de gato, en humidade cálida nutricia e abrollarán na túa pel a memoria
de moitos segundos máxicos, risos compartidos, proxectos de moitas mans ao teu carón; nos meus
ombros o teu corpo inestable. Xa está: arquitectura xigante que mira o futuro. Ergue os brazos, non
hai présa, algún día saltarás desde min.
Nerea 1º ESO
CPI Ponte Carreira - Curso 2018/201922
Anxo da noite profunda
ler o libro da vida
explicar que foi o que che pasou
xeo que nunca se derrete nas maos do demo
Humus de canción familiar no futuro
Urro do lusco fusco en novembro no Caurel liberado
Galego telúrico de clorofila invasiva
Onda de paz no campo do Olimpo
Camiñar pola música
Ler o ceo esvelto
Abrazar as distancias da lua
Únicos somos todos
De sorrisos están feitos os bos momentos
Ir e descubrir sitios novos
Alegría son os amigos
Cando escoito musica
Levito nunha nube
Abstracta que me leva a
Un país máxico
De liberdade verde azul con tranquilidade
Inquietamente inquietante busco
Algo marabilloso
Namorar a lua e o sol espléndidas despois do
eclipse
E describir os meus soños
Río que canta no relanzo
E río que decora as montañas e a miña calma
Ansia da canción azul que empeza
1º ESO
Valentía é ese xesto cabal nese instante oportuno
Unión de diferenzas a unificar antíteses
Lonxana da sempre transgresora lúa
No namorar da choiva exhausta
Eclipse que descarreira ao adolescente vagabundo
Rumor en colo de río do fuminar primeiro
Aloumiño de verdade incandescente
Burbulla ateigada de medo a ser quen es
Ilusión desvaida no inframundo non presentido
Lume incendiario en lira desafinada
Identidade de seiva a salvo de teimas alleas
Dramas cambiantes de relampos de lavanda
Aura dourada nos poros da ausencia
Deidade en delirio de daioivo a escoar soños
Enigma de solpor de afastado outono.
Dende o alto dunha escaleira estou observando
Observo o horizonte
Observo o que acontece
Unha árbore está medrando no alto dun monte
É unha árbore aínda nova
É unha árbore que aída lle queda por medrar
Unha árbore con follas verdes e grandes
Cun tronco liso e abrancuxado
Cun tronco alto e fraco
Na árbore vive un paxaro
Un paxaro novo e pequeniño
O paxaro quere voar e ser libre
Aínda lle queda tempo para marchar
As súas plumas brancas e brillantes
As súas patas amarradas á pola da árbore
Intenta voar, pero non o consegue
Aínda lle queda por intentar
Dentro duns anos sairá do seu niño
Voará durante días
Descubrirá mil lugares para soñar
Mil lugares para descubrir
Mil lugares para coñecer
Mil lugares para vivir
Sempre terá o seu niño
Sempre terá a súa árbore
Sempre terá o seu fogar
Como muelle que non quebra
XOEL 3º ESO
CPI Ponte Carreira - Curso 2018/2019 23
Entroido típico da comarca da Ulla dende mediados do século
XlX.
Os xenerais van a cabalo recorrendo as parroquias dando as
vivas ós veciños, acompañados de coros e comparsas. Terminan
poñendo en escena un atranque ou alto, enfrontamento dialécti-
co por parellas onde fan burla sobre asuntos sociais, de actua-
lidade e políticos sucedidos durante o ano.
A súa vestimenta recorda os uniformes militares. Na cabeza
levan un tricornio terminado con plumas normalmente de pavo
real. Chaqueta guerreira con flocos e charreteiras douradas. Ca-
misa branca e garavata. Banda coa bandeira galega. Pantalón
branco e faixa. Ademais levan botas de montar e unha espada.
Montan a cabalo engalanados tamén con plumas de cores.
CPI Ponte Carreira - Curso 2018/201924
As madamas e galáns son mulleres e homes que se visten de
cor branco con atuendos chamativos e suntuosos sombreiros.
Ocupan a posición social máis elevada.
Percorren as rúas de Cobres e nós percorremos as rúas da
Ponte Carreira
Os traxes teñen un gran valor sentimental na tradición. Os máis
sorprendente son os sombreiros realizados con flores, follas,
cintas, abalorios, colares,... Sempre coloridos e acompañados de
vestimenta igualmente chamativa.
As madamas chicas atrevidas con vistosas faldras de encaixe, blusa branca cun peto con cadeas
e outros adornos metálicos. A cara descuberta baixo un sobreiro chamativo e multicolor que pode
chegar a pesar ata 7 kg. Logo as mellores xoias de outro sobre o gorro e o peto. Os antebrazos
cheos de reloxos. No caso dos Galáns resalta a similitude de cores cos da Madama, destaca a a
gravata vermello e o pano de seda que cobre ata os xeonllos, pantalón branco con línea lateral de
cor vivo, zapato negro e tamén o sombreiro que non pesa tanto.
E nós como somos moi presumidos, xa á volta das vacacións de Nadal, puxémonos a facer os nosos
sobreiros e traxes para lucir así de guapos.
CPI Ponte Carreira - Curso 2018/2019 25
Como os peques de 5 anos somos tan algareiros decidimos
disfrazarnos de Pantallas de Xinzo, que son típicas dun pobo
chamado Xinzo de Limia na provincia de Ourense.
As Pantallas dedícanse a facer soar as vexigas que levan na
man e as campaíñas dos seus cintos para avisar de que todo
o mundo debe disfrazarse, á xente que está sen disfrazar có-
llenas polo aire e lévanas á taberna para que inviten a todas.
As Pantallas levan unhas máscaras que parecen diaños e uns
gorros nos que teñen debuxados motivos relacionados co uni-
verso. Nós fixemos só os puchos e pintámoslles soles e lúas.
As capas fixémolas con bolsas vermellas e tamén elaboramos
as polainas, a faixa e o cinto coas campaíñas.
As nosas vexigas eran globos que non facían tanto ruído coma
as de verdade pero pasámolo pipa con eles.
Ser Pantallas foi moi divertido porque puidemos brincar e
brincar todo o día.
“As Pantallas coas vexigas
a todos queren asustar
corre, corre que te pillo
non te deixes atrapar.”
CPI Ponte Carreira - Curso 2018/201926
Os alumnos e alumnas de 1º de primaria, foron dis-
frazados de “Labardeiros” e “Señoritas”. Este disfraz é
típico de Toén, na provincia de Ourense.
O disfraz dos “labardeiros” consiste nun pantalón e ca-
misa brancos, adornados con moitas flores de diferentes
cores. Na cintura levan unha faixa negra e nos pés bo-
tas negras. Na cabeza levan un sombreiro con forma de
cono cheo de flores e cintas de cores no máis alto. Na
man levan unha labarda, de ahí o seu nome, un aparello
que se utilizaba para mallar o trigo.
As “señoritas” levan unha saia longa e camisa brancas,
na saia levan cosidas flores, sobre os hombros un man-
tón de colores vivos, na cabeza un sombreiro con flores
e na man unha cesta na que soen levar papeles de co-
res, flores ou caramelos para repartir.
Velaquí unha foto dos alumnos e alumnas de 1º de pri-
maria co seu disfraz e outra foto do disfraz da xente
de Toén.
CPI Ponte Carreira - Curso 2018/2019 27
Dende o Nadal @s alumn@s de 4º de
Primaria continuamos coa robótica. E como
o que máis nos gusta e complicar as cousas
(para aprender máis, por suposto), creamos
unha cidade interactiva.
Cada robot ten a súa función:
unha ambulancia, un coche
que aparca no garaxe, un taxi
que recolle clientes, semáfo-
ros, barreiras... Coordinalos
todos non e nada doado!
CPI Ponte Carreira - Curso 2018/201928
CPI Ponte Carreira - Curso 2018/2019 29
CPI Ponte Carreira - Curso 2018/201930
CPI Ponte Carreira - Curso 2018/2019 31
CPI Ponte Carreira - Curso 2018/201932
CPI Ponte Carreira - Curso 2018/2019 33
CPI Ponte Carreira - Curso 2018/201934
CPI Ponte Carreira - Curso 2018/2019 35
ALDAOLADO
Lucía Aldao e María Lado amosáronnos o lado
máis rebelde de dúas ovellas poetas, aventurei-
ras, divertidas e inconformistas. Humor, poesía e
música, un tándem perfecto!!
CIENCIA EN RUTA
O prestixioso científico Juan ensinounos a
fabricar foguetes. Despois de xantar puide-
mos facer uns lanzamentos espectacula-
res. Da Terra á Lúaaa!!!!
ENTROIDO DE SAMEDE
Emi e Jenaro visitáronnos para falarnos de como recuperaron o Entroido de Samede (Paderne) e
trouxéronnos unha mostra do seu marabilloso traballo. Tamén nos transmitiron as súas gañas de
pelexar por recuperar o noso! Moitas grazas por visitarnos e ensinarnos o voso traballazo!!
PÍSCORE
Os artistazos de Píscore ensináronnos cantas
cousas se poden facer xogando coa percusión,
sempre con moito humor!
VISITÁRONNOS
A BANDA DO MEU POBO
Os máis pequenos pasámolo moi ben formando
una banda coa Asociación socio-educativa An-
tonio Gandoy.
CPI Ponte Carreira - Curso 2018/201936
CPI Ponte Carreira - Curso 2018/2019 37
CPI Ponte Carreira - Curso 2018/201938
CPI Ponte Carreira - Curso 2018/2019 39
O Entroido Na Nosa Comarca
“Cóntame a miña nai que cando ela era unha nena, disfrazábase con trapos vellos e ían pola aldea
meténdolles medo aos veciños.” AINARA
“A miña avoa tamén se xuntaba con outros rapaces para ir “Correr o Entroido” pola súa parroquia.
Non sempre eran ben recibidos, aínda que , na maioría das casas alegrábanse de velos e ofrecían-
lles filloas, chulas e ata viño!! Algún neno tense emborrachado por beber de mais !.” ANTÓN
“O meu pai ía a casa dos avós e tamén se disfrazaba de “ Fulicheiros” . No cole facían unha festa
moi chula e ao final queimaban o “Meco” ou unha “Sardiña” de cartón. Pasábano xenial!!!.” ICÍA
											 Alumn@s 2º EP
Neste curso, os alumn@s de Infantil e Primaria celebramos a festa dos MAIOS
Os MAIOS é unha festa tradicional galega de orixe prerromana que simboliza a exaltación da natu-
reza e a chegada da primavera.
Coa axuda das nosas familias recolectamos flores e prantas silvestres coas que elaboramos entre
tod@s os MAIOS (Unhas estructuras con forma de árbore) Pasámolo xenial!!
Os alumn@s de 2º de primaria quixemos saber máis sobre esta festa popular preguntándolle aos
nosos avós e avoas.
Contáronnos que non é tradicional desta zona pero lembran que cando este cole comezou a fun-
cionar, os nenos e nenas traían flores durante todo o mes de maio para ofrecerllas á virxe á que lle
rezaban antes de entrar todos os días dese mes. Moitos deles tamén a relacionaron co San Xoán,
na que se adornaban as vivendas con flores e prantas como protección fronte aos meigallos.
ETNOGRAFÍA
Rapaces no entroido de
Frades, anos 80
CPI Ponte Carreira - Curso 2018/201940
O departamento de Educación Física, segue a colaborar co Proxecto Deportivo de Centro desde varios
ámbitos:
-	 Inscribindo e acompañando ao alumnado na actividade deportiva Campo a través celebrado no Pino.
Debemos destacar que varios equipos e atletas individuais quedaron clasificados para a seguinte fase
que se celebrou en Santiago de Compostela. Dúas nenas posteriormente chegaron o campionato
provincial en Ferrol e ademais, a nosa alumna Enma (3º ESO) clasificouse para o campionato galego
da Pereiro de Aguiar en Ourense. A todos os que participaron os nosos parabéns!!!
-	 Incentivando a participación do noso alumnado en probas, competicións e campionatos como a VI
CARREIRA POPULAR DE FRADES na que moitos dos nosos alumnos e alumnas tamén tiveron uns re-
sultados moi bos.
-	 Promocionando e divulgando xogos populares, tradicionais e autóctonos, con actividades vinculadas
con este tipo de xogos nos tempos de lecer e ofrecendo materiais variados ao alumnado para a súa
práctica.
-	 Organizando campionatos deportivos nos recreos en distintos deportes, como bádminton,ping pong,
fútbol, baloncesto, atletismo e floorball.
-	 Participando na Carreira Solidaria e no Día do Peón.
-	 Promovendo a participación do alumnado en actividades físicas e deportivas extraescolares, organi-
zadas pola ANPA ou polos Concellos.
-	 Informando ao alumnado de novas da actualidade relacionadas coa actividade física, co fin de dar a
coñecer os valores que se promoven coa práctica física e deportiva.
-	 Este ano participamos tamén en DAFIS e valoramos a saúde de todo o alumnado do centro de 8 anos
ou máis.
Parabéns pola vosa participación en todas estas actividades e continuade practicando moito deporte!!!!
SEGUÍDENOS NO BLOGUE DEPORTE NA PONTE!!!
http://deportenaponte.blogspot.com.es
CPI Ponte Carreira - Curso 2018/2019 41
CPI Ponte Carreira - Curso 2018/201942
Natalia 5º EP
CPI Ponte Carreira - Curso 2018/2019 43
CPI Ponte Carreira - Curso 2018/201944
CPI Ponte Carreira - Curso 2018/2019 45
VISITAS CULTURAIS
ROMA (4º ESO)
	 Todos nós, nun pasado que xa parece máis lonxincuo do que en verdade é, soñamos con ver mundo, coñecer
culturas novas, cultivarnos de historia que non nos pertence e facela propia.
	 Un día de outubro vén Chus, como cada mércores, cun sorriso que indicaba novas e concédenos o desexo
de liberdade tan ansiado. Roma-Nápoles-Pompeia son as súas primeiras palabras e nós só podemos expresar abraio,
alegría e un profundo agradecemento. Fomos conscientes da oportunidade que iamos ter e quixemos detalles que
foron vindo pouco a pouco, co tempo. Ese tempo que recordamos pasar lento, sentindo que os días non avanzaban e
que aínda faltaba para voar.
	 Esperamos e chega. Estamos no aeroporto da Coruña, maleta facturada e pasaporte en man. Embarcamos. É
aí cando nos decatamos de que está ocorrendo de verdade, de que marchamos para medrar un pouco máis.
	 Tras unha horas aterramos en Italia, “buongiorno” aventura. A pesar de estar cansos do voo, sacamos forzas
e vamos ao noso primeiro destino, a Piazza di Spagna, comemos e comeza o tour. Pasamos pola Fontanna di Trevi
para pedir novos desexos e observamos unha fantasía, unha obra de tal magnitude ao noso carón non se ten sempre,
e vén o asombro que nunca nos chegará a abandoar. Rematamos a xornada indo ao Panteón. Desfrutamos da noite
xuntos, imaxinando o que nos deparará a estancia no estranxeiro e vamos para o hotel. Risos, contos, historias e soa o
espertador, comeza o segundo día.
	 Toca visitar as tres basílicas romanas máis importantes durante toda a mañá. Aínda non probamos a pasta e a
curiosidade pódenos, o que non esperabamos era o gusto polo picante. Por fin podemos ver en persoa do que tanto
escoitamos e oímos falar, o Coliseo, onde, tras nos perder, paseamos intentando ver pegadas que nos describiran
mundos. O Foro Romano non se queda atrás e a súa beleza histórica cautívanos. Fin da xornada, a durmir ente sorrisos.
	 Terceiro día xa e nós sen nos decatar. O Vaticano é o único que compón o noso itinerario. Arte por cada
recuncho, crenzas incribles, esencias propias e á vez de todos, relixión.
	 A tarde témola libre, a cidade é nosa e xunto con novas amizades exploramos ata atopar onde cear e conversar
de algo tan superfluo como esencial. Voltamos xuntos, vínculos creados que quedarán para sempre en Termini.
	 Último día, espéranos un longo camiño ata Nápoles e Pompeia que merecerá a pena, pois ámbalas dúas
forman parte xa de nós. Recordaremos isto como o mellor da viaxe. Camiñar por primeira vez sobre un trozo de pasado
en presente e descubrir cada un dos porqués é algo irrepetible que tivemos a sorte de experimentar en primeira
persoa.
	 Cansadísimos ceamos e volta ao hotel, derradeira noite, hai que deixar todo preparado, a fin chegou e
espérannos cos brazos abertos e mil bicos que teñen o noso nome en Galicia, sempre en Galicia.
	 10 de abril, imos ao aeroporto, despedímonos de Italia, “arrivederci” dicimos con pena de que esta experiencia
acabe.
	 Ás oito e media da tarde xa nos fundimos nun abrazo con cada familia.
Cada un vai nun coche, fala cos seus cun sorriso e todos contamos a mesma historia, a nosa historia.
CPI Ponte Carreira - Curso 2018/201946
VISITAS CULTURAIS
Vai de excursións
	 Remata o curso. Na memoria tamén todas as moitas excursións, obradoiros, actividades
organizadas polos distintos seminarios, orientación e clube de lectura. Todos axudaron a sobrele-
var o curriculum e aprendizaxe de contidos funcionais de cada materia. Saír fóra ou que nos visite
alguén, rompe a monotonía, fai parecer que algo sucede e agradécese. Crúzase mellor o inverno.
As saídas teñen o encanto da viaxe, de soñalas mentres preparamos a roupa para o día seguinte,
saber que non hai que preparar a mochila é un subidón.
	 Este ano tocou teatro en Santiago (Principal e Auditorio); visitas culturais ( Universidade,
Exposición do Gaiás); encontro con creadores (En Santiago Diego Ameixeiras, aquí, Aldaolado e
Paula Guimaraes); visita ao museo natural (paseo pola xeografía e fauna de todo o planeta); non
faltou de nada; das saídas culturais o que máis nos gusta é a posibilidade de poder compartírmolas
con outros centros. Gustamos de ver caras novas. Houbo tamén excursión de dia enteiro ao mar,
como experiencia vivencial do natural. Este ano fumos a Carballo e aproveitamos o que nos ofrecía
a zona: a propia vila e o seu muralismo, a súa columna vertebral -río Anllóns- e a zona de Verdes,
Buño e a súa cerámica, o Atlántico que bordea a comarca -Razo e Baldaio-.
	 Fomos un mércores, non tocaba mercado nin era hora de copas, a vila era para nós. Fóinola
descubrindo a guía que nos agardaba. Presentounos prazas e murais. Arte urbano, reclamo de
presenza de intervencións plásticas que desautomatizan a ollada, que humanizan a vila, que fan
pararse a transeúntes, que acollen a recén chegados, que invitan a autoexpresión, que son reclamo
para saír a rúa, para ficar na vila, para querer deixar pegada.
	 Carballo é hoxe obxecto de visita polos seus murais onde se mostra o máis xenuíno e están
abertos á intervención de artistas novos, sexan de onde foren. Hainas curiosas. Unha artista pola-
ca, namorada ela, pinta en Carballo unha parella abrazándose baixo a choiva para consolarse da
morriña. Os de Carballo chámanlle O Bico, ela puxéralle Morriña. Un artista palestino pinta a súa
noiva, hoxe está preso en Israel. Unha artista arxentina, reivindica o liño e o téxtil artesán nunha
imaxe de muller sen rostro só mans e teas facéndolle o corpo. A caperuchiña vermella leva antifaz
de lobo e cruza os bosques: as nenas aprenden. Había 75 intervencións non imos falar de todas,
pero non podemos esquecer a pataca de Fina de Carballo. A modelo é de alí, a pataca tamén.
Verdes é unha caricia de humidade e sombra fresca, alento adánico. O tempo desaparece. Xogo
de sombras, pozas de auga, invitación a vida. Houbo comida, risos e baño.
	 No Ecomuseo de Forno do Forte, en Buño, tivemos a ocasión de coñecer a arquitectura po-
pular do XIX, visitando este complexo de vivendas de Oleiros de dúas alturas: hoxe, taberna, recep-
ción e tenda. Tamén, claro, forno e hórreo. Tivemos obradoiro con torno, fixemos tazas, saímos con
elas nas mans aínda sen cocer, fráxiles. Houbo drama. A Paula rompéronlle a súa, malia cuidala
con esmero. Reparouna Rubén, o barro permitiuno. Na casa esnaquizóuna Lorena. Non estaba de
existir. Paula superará o trauma, tivo as condolencias e solidariedade de todxs.
Acabou o día en Baldaio, area, entrada de mar en terra, lagoa, soedade. Algún paseante de cans e
nós. Nós sós sen pagar entrada no paraíso. Regresamos. Nós todxs.
CPI Ponte Carreira - Curso 2018/2019 47
Este ano os alumnos de segundo decidimos disfrazarnos de TROTEI-
ROS.
Este disfrace típico do Concello de Bande (Ourense) debe o seu nome
a que antigamente saían de diferentes parroquias e “trotaban” polas
aldeas levando “ O Entroido”. O traxe consistía nunha camisa branca
adornada con hedras ( na actualidade usan cintas de varias cores) ,
unha capa de gancho branca, que eran fundas de almofadas ou co-
xíns, colocada nas costas, un calzón de lenzo branco longo (cirolas)
con cintas iguais ás da camisa, unhas polainas de coiro e uns zapatos
negros.
Como accesorio levaba unhas crocas na cintura e un sombreiro de
palla engalanado cun espello na fronte contra o mal de ollo e as mei-
gas e postais antigas que os noivos enviaban ás súas noivas dende o
servizo militar. Ademais levaban un pau co que os troteiros intentaban
levantar as saias das rapazas.
Con este disfrace pasámolo xenial ademais de aprender un montón
de cousas sobre distintas tradicións de Galicia, cousa que sería unha
pena perder pois son as vivencias dos nosos antepasados.
CPI Ponte Carreira - Curso 2018/201948
Como aos de 3º e 4º non nos gustan as liortas decidimos escoller o
disfrace de boteiro de Viana do Bolo para manter a raia a todo aquel
que se pasara de listillo. Confeccionamos o disfrace con todas as cores
que puidemos tanto para a camiseta como para a pantalla que levaba-
mos na cabeza, que, por certo, que incomodidade!!!! Apoiados nunha
vara fomos dando brincos polo desfile adiante e, de vez en cando, pe-
gabamos algunha vareada que nos fixo esbozar un sorriso burlón que
non se nos quitou da cara en todo o desfile.
O peor foi facer o disfrace. Pasamos meses cortando e pegando pa-
pel machè. Ao aplaudir cando acabamos o disfrace quedaronnos as
mans pegadas por culpa da cola e a silicona que usamos, pero pagou a
pena.
CPI Ponte Carreira - Curso 2018/2019 49
Á aula de 5º chegaron: sombreiros de palla, moitos moitos
rolos de papel de cores, bolsas de plástico, panos bor-
dados e cintos con chocas. Medimos, recortamos, pega-
mos, decoramos,...e fixemos o disfrace dos VOLANTES DE
CHANTADA. Este disfrace ancestral, diverso, emocionante,
recuperouse na pequena aldea de Santiago de Arriba no
municipio de Chantada. Neste entroido ribeirao hai tres
personaxes: volantes, maragatos e puchos. As alumnas e
os alumnos de 5º combinamos dous personaxes no mes-
mo disfrace: por un lado, o volante que representaba aos
señores feudais que cobraban impostos; e, por outro, o
pucho que é un elemento decorativo impresionante que
fai alusión á fertilidade (campos, gando e mulleres) e á
primavera. Os maragatos ían vestidos con peles e cranios
de animais e abrían o paso e afastaban ás persoas que
interrompían a chegada do pucho e os volantes.
CPI Ponte Carreira - Curso 2018/201950
Os felos son máscaras emblemáticas do Entroido de Maceda (Ou-
rense). A súa orixe pode acharse na Sª de San Mamede e no Val do
Medo.
O felo emprega un caxato como arma intimidadora e unha máscara
que imprime autoridade.
Vestirse de felo dá carácter e só poden facelo os homes solteiros.
Son por definición espíritus rebeldes e anárquicos pero en tempo de
Entroido eles son a lei.
Os nenos de 6º de primaria, neste entroido decidimos disfrazarnos
de felos.
Como era moi traballoso, xa empezamos polo Nadal a facer os pom-
póns, que levaba o pantalón, e os nosos pais axudáronnos a coselos.
A nosa mestra coseu a fartar, nos adornos das chaquetas.
Como levábamos a máscara na cabeza, e ninguén nos coñecía, iamos
co caxato guerreando coa xente que nos miraba no desfile que fixe-
mos polo pobo.
Uns días despóis con este disfraz, participamos no concurso do con-
cello. Gañamos o primeiro premio na categoría de ``grupo infantil´´.
Pasámolo moi ben !!!!
CPI Ponte Carreira - Curso 2018/2019 51
Os alumn@s de 2º escribimos un conto para participar no concurso “Un
juguete una Ilusión” de RNE. Con el quedamos finalistas entre 29.000
contos de toda España. Aquí volo deixamos.
A Invasión do Emperador Colesterol
Ano 2019. Aquel día María, a cociñeira do noso cole, quería preparar
peixe. Foi a cociña pero non quedaba.
- Que raro! - pensou- se veu o peixe pola mañá.
Un estraño ruído veu da ventá. María mirou e
veu un OVNI na casa de enfronte. Alí estaba
absorbendo toda a comida.
De repente un estraño ser de tres cabezas e moi moi
gordo apareceu na cociña. María berrou asustada.
-Ola, son o Emperador Colesterol e veño do Pla-
neta Sedentario para levarme toda a comida da Terra.
-Pois aquí xa non queda nada – dixo María – Que lle vou dar aos nenos?
O Emperador quitou da súa mochila máxica un montón de comida empaquetada:
salchichas, patacas fritas, pasteliños, refrescos...todo encheu as andeis da nosa cociña,
aínda que a María non lle parecía moi san.
Chegou o recreo, as nosa mochilas estaban cheas de comida pouco saudable. Elba
xa non tiña o seu iogur, a Sara desa-
parecéralle o plátano, Icía non atopa-
ba as súas cirolas e Ainara as fresas.
Todos cousas diferentes das que meteramos na casa. Agora
tiñamos: boliños, pasteis, refrescos...
Estabamos contentos porque nos gustaba esa comida.
Ao volver á casa, os nosos pais estaban totalmente hipnoti-
zados e preparaban bocadillos de crema de cacao, chocolate,
manteiga, nata...
Non o podiamos crer! Pero estaban todos hipnotizados polo Emperador Colesterol.
Pasaron varios meses e xa estabamos cansos de comer sempre esas comidas tan pouco saudables. Esta-
bamos gordos e atopabámonos mal.
A Aitor sempre lle doía a barriga, Xoel tiña ganas de vomitar, Noelia tiña que ir a miúdo á pediatra
porque se atopaba mareada. Todos tiñamos problemas. Xa non eramos capaces de correr, nin de xogar.
O patio volveuse aburrido.
Entón dixo José: - e se imos a casa de Rik e Rok para ver se saben o
que podemos facer?-
Puxémonos en camiño. Como estabamos tan gordos, tivemos que andar
toda a tarde.
Por fn chegamos e Rik dixo: - Tedes que conseguir vencer ao Emperador
Colesterol con imaxinación-.
Rok regalounos uns traxes de superheroes e uns reloxos especiais por se
nos perdiamos..
Volvemos para ver como podiamos facer.
- Podemos vencelo con garfos- dixo Fabián
- E con coitelos- dixeron algúns nenos máis.
- Non – dixo Brais- temos que facelo cos traxes de superheroes que nos fan ser máis áxiles.
- Quizais se atrapamos ao Emperador Colesterol e facemos que leve unha vida sa, se faga bo.
- Ao mellor os nosos avós teñen a solución. Eles son moi sabios.
- A miña avoa sempre ten sementes agochadas na casa – dixo Elba- seguro que Colesterol non as ato-
pou. Ademais non saberá para que serven.
- Vale, preguntaremos todos aos nosos avós e avoas.
Ao día seguinte todos conseguiramos sementes. Tiñamos sementes de froitas e verduras.
CPI Ponte Carreira - Curso 2018/201952
Xoel trouxo unha mazá podre que tiña sementes, Icía atopou unha pera, a Elba deulle a súa avoa se-
mentes de xirasol, Brais tiña no seu peto segredo sementes de rabaniños, José atopou sementes de tomates
nun caixón, Fabián sementes de melón debaixo do sofá, Noelia tiña sementes de pemento nun armario, a
avoa de Lola deulle sementes de verzas, Sara trouxo un sobre de leituga que tiña na súa caixa segreda,
Ainara tiña uvas e Fabián sementes que lle quedaran na cabaza do Samaín. O avó de Aitor tiña aga-
chada unha becerriña, a avoa de Antón unha galiña e a de Cloe unha coella.
Decidimos plantar todas as sementes no horto do cole e coidar ben dos animais que tiñamos.
As sementes logo comezaron a medrar e axiña tivemos froitas e verduras.
- Seguramente o Emperador Colesterol aparecerá por aquí para levar outra vez toda a nosa comida-
dixo Sara.
- Temos que idear un plan para atrapalo cando veña- respondeu Elba.
- Podemos coller as cordas de saltar e cando veña o Emperador Colesterol, atalo con elas-propuxo Icía.
Todos tivemos de acordo.
Ao día seguinte apareceu o Emperador Colesterol para levar todo o que tiñamos no horto.
Nós estabamos agochados e conseguimos atrapalo coas cordas.
Antón propuxo obrigalo a facer deporte. Así que, ensinámoslle a xogar a pillada, a goma, ás agachadas,
ao peón, á pelota...
Gustáronlle tanto os noso xogos que todos os días quería xogar.
Desa maneira, todos comezamos a adelgazar. Mentres tanto, as nosas plantas xa estaban listas para
recoller e comer. Decidimos levarllas a María, a nosa cociñeira, para que nolas preparara.
María fixo unha comida deliciosa e convidamos ao Emperador Colesterol.
O Emperador chupaba os dedos do rica que estaba aquela comida.
Dende aquel día, todos os días á hora de comer aparecía no noso comedor para comer connosco.
Ao solpor, cando tiña que marchar, dabámoslle un pouco daquela comida.
Os nosos animaliños xa medraran e agora tiñamos ovos e leite e xa estaban a piques de parir.
Con esta vida tan saudable o Emperador fíxose bo e ata de puxo guapo. Como xa eramos grandes
amigos, démoslle algunhas sementes das nosas para que as levara ao seu planeta e así non tería que
volver a roubar.
Todos estabamos moi ledos. Os nosos pais xa estaban ben, os avós xa non tiñan o colesterol alto, nós
estabamos sans e delgados e volvíamos a xogar e divertirnos no patio. O Emperador era noso amigo
e vivía no seu planeta, un planeta que agora se chamaba o Planeta Saudable, posto que todos os seus
habitantes comían san e facían exercicio.
De cando en vez o Emperador Colesterol vennos visitar para xogar e comer a deliciosa comida de María.
FIN
CPI Ponte Carreira - Curso 2018/2019 53
Pensaron que o mellor sería concienciar ás persoas para non contaminar a auga:
- Elaboraron anuncios que se podían visualizar na televisión...
- Daban charlas nos colexios para concienciar desde pequenos.
- Inventaron videoxogos onde a finalidade era o aforro de auga.
- Programaron robots para que limpasen a auga dos ríos e dos mares que xa estivera contaminada.
E foi así como a pequena Analía e o profesor Bártulo concienciaron ao mundo da importancia que ten a auga para a vida.
Se se che ocorre algunha idea máis non dubides en ... poñela en práctica!
	 Nun pequeno pobo de montaña vivía unha nena chamada Analía. O pobo non
tiña máis de trinta casas; nunha delas vivía o despistado profesor Bártulo.
	 Un día, Analïa foi visitar ao profesor porque tiña unha petición moi especial que
facerlle: viaxar ao futuro. O profesor díxolle que era unha petición moi difícil de conseguir
pero que o intentaría. Entón colleu todo o material e púxose mans á obra. Ao día sequin-
te, xa tiña unha gran idea! Sería o mellor invento! Primeiro tiñan que probala, así que...
metéronse dentro. Desde fóra parecía unha papeleira do tamaño dunha persoa pero ao
meterse dentro era enorme.
	 Analía preguntoulle ao profesor a que ano ían e o profesor díxolle ao 3.626. Mon-
taron Analía e Bártulo. Logo encenderon a máquina e apareceron nun lugar parecido ao noso planeta, pero non había
calzadas por onde foran os coches. A xente desprazábase nuns patíns moi estranos: non emitían ruído e parecían non
contaminar.
	 No medio da cidade había unha gran fonte de pedra da que a
xente collía auga. Tamén había un edificio parecido a un centro comer-
cial e unha biblioteca ao seu lado. Arredor da cidade había unha muralla
para que non entrase auga salgada. Nun lado da muralla había unha
fábrica que convertía a auga salgada en auga doce. As fábricas tiñan
dentro máquinas moi avanzadas e as persoas so tiñan que meter auga
salgada e cun proceso bastante corto saía auga doce. Algunhas persoas
levaban uns zapatos que facían que voaran e unhas camisetas que eran
impermeables.
	 Mentras miraban a cidade Analía e Bártulo déronse conta de que non
tiñan unha máquina para volver ao presente. Aínda que tardaron moito fixeron
unha e volveron ao presente. Construíron no seu pobo o museo do futuro e
colocaron alí a máquina e todo o material. Todos querían probala! Saíu nos
xornais e nalgunhas revistas.
Pero aínda así Analía non estaba contenta. Deuse conta dos desperdicios de
auga do presente. Entón foi a ver ao profesor Bártulo e díxolle:
	 - Se no ano 3.626 o mundo está así, será porque estamos desperdiciando auga?
	 - Si. Hai que concienciar á xente porque se non imos acabar co mundo -respondeu o profesor.
	 Volveron e dixéronlle a todos o que pasaría se non coidamos o planeta.
5º PRIMARIA
CPI Ponte Carreira - Curso 2018/201954
CPI Ponte Carreira - Curso 2018/2019 55
	
MANIFESTO POLA LINGUA
	 Chegou a hora. Galicia, ese barco barado no epicentro do océano. Esa punta de Europa
que interroga ao Atlántico, con costumes, falares, formas de vivir e visión da vida propias ten unha
traxectoria existencial e histórica, que se traduce nun saber, que hoxe a humanidade precisa que
sexa audible.
	 Somos un país migrante, rural, periférico, telúrico, agrario e mariñeiro, comunidade que re-
siste despois de tantos proxectos colectivos truncados, despois de tanto traballo de xigantes invisi-
bilizado.
	 Chegou a hora de empezar a sabérmonos valiosos, de tomar conciencia da nosa singulari-
dade e expresar con dignidade a nosa “alteridade” en diálogo con todas as outras.
	 Soubemos resistir porque nunca esquecemos o auténtico, a verdade das pequenas cousas
que medran a ras do chan; porque soubemos crear espazos de goce e de traballo, onde a existen-
cia era o centro, onde os lugares e a paisaxe formaban parte de nós e nos traían o eco das persoas,
a súa música, a memoria do seu movemento, dos seus dicires, dos seus xestos e ían facendo a
nosa memoria onde o vivido convocaba a vida.
	 De sempre asumimos a finitude, integrando a morte na vida, sabendo da fraxilidade da mes-
ma e do necesario do seu cuidado. Somos esencia agraria.
	 Somos o país da auga que escoa e se move sen permiso, á marxe da lei que nunca o escoi-
ta; somos esencia libre que desencarcera o porvir.
	 Vimos de lonxe, vimos do futuro, encarnamos o pequeno portador do valor infinito; seguimos
a ser africanos en tránsito, homo viator que fai camiño.
	 Neste presente de muros na intelixencia, na alma, na casa, na sociedade, nos Estados, toca
pór en valor a condición de ser home e muller, de ser pobo colocado sempre como o outro na marxe
e soster a dignidade no precario equilibrio da inestabilidade.
	 Somos un pobo de mencer que agardou séculos polo recoñecemento do sentido do seu
saber, da súa cultura, da súa forma de ser.
	 O noso saber agrario e mariñeiro, a nosa capacidade de reflexión, escepticismo, humor e
resistencia son hoxe valores e habilidades incuestionables para cruzar este presente singular de
posibilidades e ameazas contrastadas. Somos un pobo que avanza cando as mans traballadoras
son guiadas polos mellores espíritos, eses ombros xigantes que se lle ofrecen para poder alzarse.	
	 Saber e saber facer xuntos valores universais.
	 Somos un pobo de práctica de resiliencia continuada. Dez anos sen protección no sector do
libro fixeron nacer máis autores, dez anos favorecendo a non transmisión do galego na escola non
ceifou os beizos dos nosos nenos. Preferimos entoar a canción de redención; 87% da nosa poboa-
ción emprega habitualmente o galego e o 97% segue a entendelo. Seguides a ser uns imperialistas
fracasados.
	 A Europa que nacera como espazo de defensa da paz, dos dereitos humanos, da solida-
riedade, como espazo multicultural, onde a variedade lingüística e as diferenzas dos pobos eran
riqueza, hoxe está en entredito.
	 Pero a humanidade móvese, no noso movernos empregando todas as nosas capacidades
creadoras poñemos en camiño ese mundo que ten que vir. A dignidade cambia a música, xa se oe
outro eco, vén dunha orquestra coral de matices inauditos onde harmonizan todas as voces, todas
as linguas, todos os pobos. A liña abisal xa está cruzada, a loita dos heroes illados móvese en pre-
sente.
4º ESO
CPI Ponte Carreira - Curso 2018/201956
CPI Ponte Carreira - Curso 2018/2019 57
CPI Ponte Carreira - Curso 2018/201958
CPI Ponte Carreira - Curso 2018/2019 59
CPI Ponte Carreira - Curso 2018/201960
CPI Ponte Carreira - Curso 2018/2019 61
As bonitas son as máscaras centrais de Sande. O seu nome
venlles porque empregaron, nos seus orixes, prendas da
vestimenta que trouxeran as xentes que foran á guerra de
Filipinas e as pezas eran moi “bonitas”.
Un sombreiro de madeira adornado con plumas de aves,
normalmente galiñas. Unha máscara de arame de peneira no que se pintan con cores as partes
da cara. A súa vestimenta consta de camisa branca e corbata vermella, dous panos de seda
con flocos (mantóns de manila) cruzados polo peito e polo lombo, pantalón branco de algodón
axustado, unha colcha envolta na cintura facendo de saia e uns chancos de calzado (zapatos
negros) con polainas negras.
Desfilan portando n aman un vergallo (látigo de vimbio) que lles axuda a por orde durante a
celebración.
CPI Ponte Carreira - Curso 2018/201962
Un grupo de veciñ@s de Samede (Paderne-A Coruña) veñen de recuperar nestes últimos anos o
seu Entroido tradicional. No 2017 recuperaron a Muiñeira Cruzada, bailada polos “bonitos e másca-
ras” e que levaba medio século sen bailar, correndo o risco de desaparecer. En 2018 recuperan os
Vixigueiros (ou contrarios), unha figura vernácula desaparecida que emprega vixigas para azoutar
aos que non se disfrazan e molestar aos bonitos, usada asemade noutros lugares de Galicia. Tamén
representan o seu entroido en diferentes mascaradas da península ibérica.
O seu obxectivo é recuperar un Entroido Tradicional Rural e Participativo, servindo de alicerce
para outros Entroidos Tradicionais esquecidos ou semiesquecidos.
Os profes a alumnos de ESO tratamos de reproducir os vixigueiros e queremos rendir homenaxe a
tod@s os veciñ@s de Samede polo seu tesón en recuperar o propio, animando a que se traten de
recuperar esas tradicións esquecidas e que tan ben definen a nosa idiosincrasia, o feito diferencial
que nos enriquece.
Os vixigueiros de Samede Muiñeira cruzada de Samede
CPI Ponte Carreira - Curso 2018/2019 63
	 Remata outro curso escolar, o 2018/2019, un curso, que de seguro quedará na
memoria de todos/as os que formamos parte desta comunidade educativa como o
curso da xubilación de Fefa. Vaia dende aquí a nosa pequena homenaxe por tantos
anos de bo facer.
	 Dende a ANPA, tentamos sempre de ofrecer as actividades que máis apropia-
das nos parecen para o alumnado do noso centro. Este curso a oferta era atractiva e
variada, mais as cousas, non sempre veñen ben dadas e o final non se poden levar
a cabo todas, podendo impartirse unicamente a actividade de iniciación e perfeccio-
namento a natación na piscina de Arzúa.
	 As preocupacións dunha ANPA son moitas, e cremos que unha das maiores
inquedanzas da ANPA “O Fopo”, xa dende fai moitos anos, é que o colexio dispoña
da maior cantidade posible de material didáctico e lúdico. Neste eido, fomos quen
de conseguir unha doazón por valor de 910€ a través da Obra Social da Fundación
“La Caixa”, para dotar de material o alumnado con necesidades específicas de apoio
educativo.
	 E por último, desfrutamos dunha gran festa de fin de curso.
	 Dende a ANPA, tentamos colaborar sempre co colexio, co concello ou con cal-
quera outro organismo público que demande a nosa axuda. Temos a firme convicción
de que a educación é o piar máis importante para conseguir un futuro sólido, de ahí
o noso interese por colaborar con todos aqueles organismos que dun xeito ou outro
interveñen na educación dos nosos fillos/as.
	 Finalmente, queremos expresar o noso máis sincero agradecemento a todas
aquelas persoas que, sendo parte ou non da comunidade educativa, colaboraron dun
xeito totalmente desintiresado e altruísta coa ANPA.
Grazas por seguir contando connosco.
CPI Ponte Carreira - Curso 2018/201964
ATA SEMPRE!
Ceo azul/ferida blanca
	 Miles de casualidades, que non sabemos nomear e descoñecemos, lévannos aos lugares
que logo son en nós destino e biografía. Sábese si que cando as persoas se atopan, resulta inevi-
table unha reacción que transforma a todos, aínda que no momento non se faga visible. A comuni-
cación é inevitable e ninguén marcha como entrou. As estruturas van acusando sombras e golpean
anque non se nomeen. Falo de pegadas, pegadas indelebles que fican nos centros. Peculiar cociña
das aulas, a dos centros de ensino, onde se actúa de urxencia, onde todo muda sen tregua, onde
os nenos mudan de pel e nós con eles. Digo “nós“ e abarco a toda a comunidade educativa.
	 As sombras de ausencia van apousando e traen rostros, voces, nomes. Hoxe, aquí, traio
un que foi especial para todos. Digo Sr. Manolo. Quedounos unha entrevista pendente. Houbo
preguntas que respondeu en encontros sen citas que acaían ao final e ao comezo do curso cando
coincidiamos no bar do fillo de Antonio en horas de café. Seguía a chamar a atención a súa elegan-
cia natural, o seu corte de traxe de perfecto patronaxe - non sabiamos que era el mesmo o que os
facía-.
	 Fóisenos. El que nos cuidou a todos, pequenos e grandes, alumnos e profesores, repartido-
res e traballadores do centro. Foi aquí alma. Os rapaces maiores recordan os seus desvelos. Todos
as súas atencións. Sempre estaba pendente de que o día seguise azul, de que ningún imprevisto
enturbiase as horas; como os heroes gustáballe ter todo previsto. As cousas facíanse ben, el o pri-
meiro; fose ao pé do autobús para que os nenos estivesen a salvo, fose no achegamento puntual
e seguro de toda a materia prima da cociña, fose para avisarnos algún profesor de que non apaga-
ramos as luces do coche. El estaba en todo, como un anxo protector. Seguimos a velo habitando o
seu sorriso, tocando a pandereta, sempre coa mellor disposición. Desta vez queremos citalo no bar
do fillo de Antonio, ímonos xuntar todos os que o coñecemos, pero desta vez si estaremos todos alí
e pagamos nós, quedaron moitos cafés por tomar. Ata sempre Sr. Manolo.
Só unha bágoa, estraña simetría
	 Pechou a presentación como suspendido nunha soa bágoa que lle sulcaba o rostro. Fórase
xa. Tratábase de resumir, en pouco tempo, toda unha vida para rapaces de 12-16 anos, nenos da
Ponte Carreira que interrogaban curiosos a un home dos seus, que deixara Albixoi a súa idade, e
que era hoxe lenda viva no mundo do libro en Santiago.
	 Ese día, saíramos do Teatro Principal para ir a librería Couceiro, onde tiñamos cita con Diego
Ameixeiras. Unha semana antes, deixaramos dito que nos gustaría ter ao Sr. Couceiro por poñente
de honra. Non tivemos resposta. Cabía a sorpresa. Estando á porta, pasou por entre nós, raudo e
silandeiro; sen idade. Entramos, recibiunos o escritor, rematou o acto e descendeu, ao fin, o señor
Couceiro do andar superior.
	 Había na súa voz emoción e íntima satisfación de estar a falarlles, incluso de si e da súa
traxectoria vital. Desgranou o seu percorrido para chegar ao mundo do libro. El que tantos libros
deu a coñecer, tiña ben gardado o da súa vida. Deixaba entrever a reflexión moi peneirada de cada
chanzo, mostrou como home tímido da súa quinta só eso que lles puidese servir como xeración
vindeira, como fan os avós.
	 Era o segundo de seis irmáns, marchou moi novo; moi novo foi xerente de ventas nunha
tenda de electrodomésticos, coincidíndolle o éxito coa expansión do televisor entrou en todas as
casas. Desafiuzar un televisor era un drama, un trauma familiar para o que el non tiña valor. Non
quería ser a voz desa mala nova e deixou o traballo. “Primeiro, choraba a nena; despois, choraba
toda a familia”.
	 Ignoraba, cecais, canto de literario había no seu proceder. Ou non. Facía casa en piso de
estudantes que logo serían mestres e futuros clientes. Xa daquela estaba cerca do caldo onde se
fermenta e coce a sustancia do libro; memoria e saber.
	 El que viña do traballo e sabía traballar non lle tiña medo ao futuro. O futuro foino conducin-
CPI Ponte Carreira - Curso 2018/2019 65
ATA SEMPRE!
do cara a librería. Acabaría abrindo a librería Couceiro espazo do libro galego e portugués durante
moitos anos, lugar de encontro de visitantes curiosos e galegos desexantes de atopar aquelo que
lles fora substraído, a súa cultura. Abriuna xusto no momento en que había un público para este
libro. Durante anos ía comprar libros a Portugal, acababan de entrar na universidade os estudos de
Galego-Portugués. “Hoxe, xa non se le” confesa con nostalxia. El que afirma ter sido feliz cada día
neste quefacer, el que ama escoitar, aprender dos que saben e que nunca quixo ter vacacións.
	 Falou sempre en tono baixo, confidencial. Houbo un intre en que ficou a soas, xusto no
momento en que se impuxeron as distancias, os soños e foi quen sabe, o rapaz de Albixoi que
marchou a Santiago cheo de soños e disposto a triunfar. Das dificultades non falou, todo ten dúas
caras. Para os nosos nenos ofreceu a mellor. A outra, a da bágoa e o seu misterio, ficou con el.
	 Mais foi nese preciso instante en que todos os rapaces xa non se querían ir sen el. Moitas
grazas por tódolos agasallos deses anacos de vida, de loita, de valores do porvir. Un pracer estar
con vostede, veciño de Frades e embaixador das nosas letras en Santiago.
Acrosport en esencia
	 Neste ano 2019 onde todas as estruturas se moven, as sociais, as económicas, as medioambientais,
as xeopolíticas, as locais e persoais; onde a incertidume se agudiza; onde a inocencia claudica; onde tocou
cruzar os meses como destemplados, brillou con luz propia a presenza de Nuria, a nosa profe de E.F. neste
curso.
	 Ela sabía de cada parte do corpo como principio creador. A través do corpo somos voz, materia de
son. Na pulsión do tono calamos ou mostramos emocións. Cos corpos en movemento somos átomos, molé-
culas de luz que se moven por forzas gravitatorias sen desintegrarse no éter. O corpo en repouso constrúe
simetrías perfectas; triángulos de armonía, triángulos na circunferencia, hexágonos máxicos.
	 Somos brazos, pernas, columnas resorte, corpos que debuxan arquitecturas perennes no aire, im-
prontas visuais súbitas, ateigadas de gracia, de maxia, constatadoras do poder de cada suxeito. Unha
concreción de luz, de forma única con nome, identidade, historia, proxección de futuro, esencia de potencial
único.
	 O corpo como territorio de conciencia, o baile como expresión festiva e artística do mesmo, posicio-
namento valente nun presente concreto, nun espazo a crear, posibilidade de ser transformado en libro de
intres e lugares vividos. Vínculos de enerxía viva.
	 Nuria sabía do artificio da maxia, viña do futuro onde os lindes do privado-público non existen, onde
os escenarios son dinámicos e unha aula e un corredor poden tamén ser outra cousa. Trátase de pór lentes
azuis como o Simbad de Cunqueiro ou cortina branca que invita a poder ser, a confiarse sen ollo de gran
irmán que te mide, que te avalía ao redor dun número.
	 Ela traía a frescura dos andares primeiros dos manaciais senlleiros destinada a seguir o seu curso.
Ela nacera para andar e sabía deterse para celebrar o movemento e a quietude dos outros. Subíase ás
palabras de puntillas e nacían novas e riseiras; sabía pór ao lado vellos medos, crenzas limitantes e dar un
paso para esconxurar o baleiro e derrotar a antiutopía que nos mutila.
	 Non deixes nunca de nadar co que se move. Sempre a vida.
								Grazas, Nuria Castelao
						 pola túa pegada de alegría
CPI Ponte Carreira - Curso 2018/201966
ATA SEMPRE!
Non hai despedida
	 Soñáronte cando xullo estreaba a noite máis
alta, en horas de tempo lento e ritmos intactos de ras
a construír sonatas, a confirmar eternidades. Dixeches
“sí” e respondiches á chamada de abril.
	 En forxa de estraña alquimia, naceu o teu nome
e creoute. De diamante a diamante, en preciso roce,
abroias centro que irradia o sentido do necesario, o
sublime do imprescindible, o brillo dourado do ”sí” ro-
tundo que vén dun saber antigo, dun demorado crista-
lizar transido en luz.
	 Pedra es “branca” que espalla tódalas cores;
conciencia silente que emerxe sinuosa, entrevendo a
oportunidade do afago; soedade esmeralda de osíxe-
no nutricio a desoír palabras incautas; paradigma im-
posible, punto firme central, equilibrio de balanza onde aflora o sorriso cálido da xusta decisión. Un
saber paciente que subxuga as horas, que afianza a fe no poder transformador das mans. Sempre
as mans.
	 Para falar de ti naceron as flores. Escollemos a flor de Lis que non existe dicimos “lirio
branco”. Damos nome ás tres follas entrelazadas e facemos pedra angular dun edificio a construír.
Plástica, biblioteca, titoría. Forma, memoria, semente. Tres follas, arquitectura da flor do Lis. Pedra
angular, Gema a casar círculos, a ensamblar paradoxas, a equilibrar desidencias. Árbore da vida,
raíces cara ao ceo a crear nova cúpula , sólida e crebadiza como basalto de lúa.
	 Como flor de Loto repeles o pó; na flor azul do liño celeste, celebras o miragre do ser distinto;
da chorima bebes as augas do vento e faste terra, comuñón de flor espiña; saudade e alma.
	 Branco, azul, amarelo. A ausencia, ceo, azul, e renaces galega, porque somos a única terra
que se nutre da flor do toxo, semente que agarda setenta anos para xermolar, que se multiplica en
cento vinte mil unidades. Prodixio de vida en expansión.
	 Amor e mar movéronte de Ge-
tafe e ríos subterráneos de abraio de
alba, que nos unen, trouxéronte aquí;
son esas fendas graníticas que negan
fronteiras por onde abroia a esencia
malva-azul da diminuta flor arrecenden-
te da “uz” que en ofrenda, che ofrece-
mos para desmentir despedidas.
Sabe o péndulo do equilibrio no logro
da idéntica oscilación, do ritmo que
compensa. Medra e mingua. Eterno
bombeo. Como a lúa, como a lúa.
	 Basta unha palabra para mudar
todo. Dicimos: “para sempre, Gema”.
Grazas, moitas grazas.
CPI Ponte Carreira - Curso 2018/2019 67
ATA SEMPRE!
SINCRONÍAS
Na retagarda que apuntala,
na memoria do logro,
convócase á transformación.
Ser da mesma provincia, tratándose de Lugo, marca; nacer na mesma década, arredor dos 60, sendo
muller, tamén. Ter coincidido en etapa de formación nun colexio singular é, simplemente, estigma.
Foi o “Santísimo” en Lugo, casa para nós, dos 10 aos 17. Centro de monxas e alumnas becarias de
toda a provincia. Monxas de formación universitaria, horarios de estudos obrigatorios de 2 a 4 horas
diarias. Orgullo de centro por resultados curriculares e actividades extraescolares.
Alí naceu “Fuxen os ventos”, a letra da súa primeira canción fíxoa Don Xesús Mato, o cura do noso
colexio, o primeiro cura que dixo misa en galego desde a Cope. Paradoxos da historia. Neste mesmo
colexio de monxas despertabamos cada día con música de Victor Jara, Paco Ibáñez e Silvio Rodríguez.
Tiñamos tamén o equipo gañador de balonmán feminino. Representabamos na cidade como
profesionais, “Prisioneiro a forza” de Carballo Calero.
Algo se tiña salvado alí da pedagoxía da República. Ao lado estaba Fingoi, colexio privado que
ensaiaba unha educación libertaria distinta, coa memoria a salvo de Pouso Antelo e os seus métodos
de ensino, fundador que fora das escolas-granxa da postguerra. Aínda non morrera Franco.
Responsabilidade e eficacia eran hábitos permanentes a inculcar, tamén formación integral; música,
teatro e deporte eran sinais de identidade así como a excelencia académica. A maioría de nós fumos
co tempo mulleres autónomas e preservamos unha confianza cega na memoria do logro. Quizáis foi
o legado daqueles anos.
Hoxe fálase de medios de comunicación na UCI, de ascensores sociais onde non entran becarios, de
sistema educativo case que sitiado polo mercado.
Cando parecía termos saído as mulleres do soto da historia, case que entrou a humanidade enteira;
polos corredoiros da sombra foxe a vida e non hai xa tempo para chorar as dores nos cuartos
pechados.
Fúcheste Fefa coa satisfacción do traballo feito, da alegría como pago. Deseguida estaremos aí parte
de nós. A tarefa non remata. Sermos felices ha ser a nosa maior vinganza. Ver oportunidades nas
fendas será simplemente utilizar a memoria da infancia.
Foi aquí o teu quefacer un calado sendeiro áureo
Estilo singular de paso exacto no fluír do cambio
Fiabilidade matemática na arquitectura de cada hora
Aura en aloumiño de océano sempre contido
Voz de marusía sabedora da alga rizada no mediodía
Ilusión na luz renovada con folgos de abril
Llama es coa ollada no horizonte sorteando a travesía
Afago de avelaiña viaxeira e mar que ancora
Rego fecundo en alicerce de auga
	 lento sementar de anos
		 a medrar no futuro.
CPI Ponte Carreira - Curso 2018/201968
ATA SEMPRE!
	 Último ano. Unha porta que se pecha, outra que se abre. Derradeiro adeus, xa non hai máis escaleiras
que subir nesta escola. Mil recordos, un sorriso. Sempre un se decata do que tiña cando xa o perdeu, e con
isto non quero dicir que nunca máis poida acudir ao lugar que se converteu no meu outro fogar, pero sí que
endexamais as emocións e sentimentos serán os mesmos. Os reais, os vividos unha vez, quedarán aquí, nun
susurro, para acompañar a todas as almas que se sintan rotas neste proceso de existencia chamado vida.
	 Cada aula, cada rincón, gardan miles de historias. Eles, testemuñas caladas da nosa evolución , con
marcas do noso paso, son os únicos sabedores do que os nosos rostros ocultaban, tanto para ben como para
mal.
	 Neste ambiente coñecín miles de futuros alternativos , descubrinme a min mesma, formei a miña perso-
nalidade, destruín demos, cultiveime como persoa humana e creei comunidade. Unha comunidade que estivo
aí en cada momento, sacando sorrisos con trucos excepcionais como os que teñen os mellores magos. Unha
comunidade que aportou vida e que será recordada con anécdotas do íntimo.
	 Estes trece anos son acompañados por cada unha das historias das letras, polo desexo de tocar a
frauta, por un “abra cadabra” que abría todas as portas, polos títeres bilingües, polas persoas que nos guiaron
paso tras paso, por un olor a café, por cada chiste no laboratorio, pola literatura na pel, polo amor ao noso, polo
sentimentalista máis oculto, pola man alzada que nos guiou en cada trazo, pola emoción á historia contaxiada,
polos problemas de xenética tan ben explicados, polo anticipo do mapa de encrucilladas, por cada risa numéri-
ca, polo capacidade de resistencia, pola segunda nai deste curso, polo cariño ao país veciño, pola descubridora
da liberdade nunha semana como tamén por cada unha das pezas que axudaron a facer este puzzle. Non fai
falta citar nomes cando as experiencias se asentan no máis profundo e a identidade é descrita.
	 Sei que os cambios son necesarios, que mudar nos fai crecer, pero hai tanto que queda atrás que por
moito que ansies unha alteración do monótono doe que a maior etapa da túa vida acabe.
	 Pasar por Ponte Carreira foi, é e será un soño e un privilexio, grazas a esto SON.
	 Espero de corazón que aquí se siga amando por moito máis tempo.
	 Por favor, non olvidemos o inolvidable.
Nuria Núñez 4º ESO
RESINEFABLE
Raíces imantadas nun raio sen remorsos
Emblema de “eus” harmónicos de comunal estigma
Simulado silencio, seitura de vello ruído
Iridiscencia mimética de peixes libres
Neve en néboa que desnortea olladas opacas
Estaca derrotada, nosa victoria
Filme en branco e negro no futuro sen data
Abraio de abrazo de amorodo en sombra
Balada que anaina o vento no berce imsomne
Lenzo en leve luz que prefigura sons de vento-folk
Etapa cerrada, bágoas e sorrisos ubicuos
					 Cara adentro,
				 Cara adentro.	 Auladecuarto2019@frades.gal
CPI Ponte Carreira - Curso 2018/2019 69
Braulio Tuber na Ponte Carreira!!
Braulio veunos visitar e falamos das matemáticas. Contámoslle que serven para xogar, para cons-
truír cousas, para comprar e para moito máis. Ás veces soltaba unha risa falsa que nos contaxiaba
a todos. Foi unha visita divertida. Pasámolo pipa! E ademais saímos na tele!!
Se queres vernos entra na páxina da TVG
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/braulio-tuber-ii-46-4075966.
												Alumn@s 2º EP
CPI Ponte Carreira - Curso 2018/201970
Retallos do Ponte. Curso 2018-2019
Retallos do Ponte. Curso 2018-2019

More Related Content

What's hot

Revista completa
Revista completaRevista completa
Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019
vilabarreiro
 
Carta de puca 3
Carta de puca 3Carta de puca 3
Carta de puca 3
maria
 
Ollos de aula. Nº 21
Ollos de aula. Nº 21Ollos de aula. Nº 21
Ollos de aula. Nº 21
Coordinadora Galega ENDL
 
Argalladas 2014 2015
Argalladas 2014  2015Argalladas 2014  2015
Argalladas 2014 2015
radiorasca
 
Ollos de aula. nº 15. versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 15. versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. nº 15. versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 15. versión para imprimir en A4 a dobre cara
Coordinadora Galega ENDL
 
Actividades 2º ciclo primaria filgueira valverde
Actividades 2º ciclo primaria filgueira valverdeActividades 2º ciclo primaria filgueira valverde
Actividades 2º ciclo primaria filgueira valverdesatelite1
 
Actividades 3º ciclo primaria filgueira valverde
Actividades 3º ciclo primaria filgueira valverdeActividades 3º ciclo primaria filgueira valverde
Actividades 3º ciclo primaria filgueira valverdesatelite1
 
Actividades 1º ciclo primaria filgueira valverde
Actividades 1º ciclo primaria filgueira valverdeActividades 1º ciclo primaria filgueira valverde
Actividades 1º ciclo primaria filgueira valverdesatelite1
 
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Coordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. Nº 14
Ollos de aula. Nº 14Ollos de aula. Nº 14
Ollos de aula. Nº 14
Coordinadora Galega ENDL
 
Actividades dia das letras galegas
Actividades dia das letras galegasActividades dia das letras galegas
Actividades dia das letras galegas
ticceeabarcia
 
Chorimas nº 14- 2020
Chorimas nº 14- 2020Chorimas nº 14- 2020
Chorimas nº 14- 2020
endlmarcosdaportela
 
Ollos de aula. Nº 8
Ollos de aula. Nº 8Ollos de aula. Nº 8
Ollos de aula. Nº 8
Coordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula, nº 12. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula, nº 12. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula, nº 12. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula, nº 12. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Coordinadora Galega ENDL
 
Discurso de graduación definitivo (1)
Discurso de graduación definitivo (1)Discurso de graduación definitivo (1)
Discurso de graduación definitivo (1)satelite1
 
Ollos de aula. nº 13. versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 13. versión para imprimir en a4 a dobre caraOllos de aula. nº 13. versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 13. versión para imprimir en a4 a dobre cara
Coordinadora Galega ENDL
 

What's hot (20)

REVISTA CUMES
REVISTA CUMESREVISTA CUMES
REVISTA CUMES
 
Revista completa
Revista completaRevista completa
Revista completa
 
Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019
 
Revista web
Revista webRevista web
Revista web
 
Revista junta
Revista juntaRevista junta
Revista junta
 
Carta de puca 3
Carta de puca 3Carta de puca 3
Carta de puca 3
 
Ollos de aula. Nº 21
Ollos de aula. Nº 21Ollos de aula. Nº 21
Ollos de aula. Nº 21
 
Argalladas 2014 2015
Argalladas 2014  2015Argalladas 2014  2015
Argalladas 2014 2015
 
Ollos de aula. nº 15. versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 15. versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. nº 15. versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 15. versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Actividades 2º ciclo primaria filgueira valverde
Actividades 2º ciclo primaria filgueira valverdeActividades 2º ciclo primaria filgueira valverde
Actividades 2º ciclo primaria filgueira valverde
 
Actividades 3º ciclo primaria filgueira valverde
Actividades 3º ciclo primaria filgueira valverdeActividades 3º ciclo primaria filgueira valverde
Actividades 3º ciclo primaria filgueira valverde
 
Actividades 1º ciclo primaria filgueira valverde
Actividades 1º ciclo primaria filgueira valverdeActividades 1º ciclo primaria filgueira valverde
Actividades 1º ciclo primaria filgueira valverde
 
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 14
Ollos de aula. Nº 14Ollos de aula. Nº 14
Ollos de aula. Nº 14
 
Actividades dia das letras galegas
Actividades dia das letras galegasActividades dia das letras galegas
Actividades dia das letras galegas
 
Chorimas nº 14- 2020
Chorimas nº 14- 2020Chorimas nº 14- 2020
Chorimas nº 14- 2020
 
Ollos de aula. Nº 8
Ollos de aula. Nº 8Ollos de aula. Nº 8
Ollos de aula. Nº 8
 
Ollos de aula, nº 12. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula, nº 12. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula, nº 12. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula, nº 12. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Discurso de graduación definitivo (1)
Discurso de graduación definitivo (1)Discurso de graduación definitivo (1)
Discurso de graduación definitivo (1)
 
Ollos de aula. nº 13. versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 13. versión para imprimir en a4 a dobre caraOllos de aula. nº 13. versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 13. versión para imprimir en a4 a dobre cara
 

Similar to Retallos do Ponte. Curso 2018-2019

Asubios na-fraga-trotacontos-2018
Asubios na-fraga-trotacontos-2018Asubios na-fraga-trotacontos-2018
Asubios na-fraga-trotacontos-2018
Consellería de Educación Xunta de Galicia
 
O TANGARAÑO
O TANGARAÑOO TANGARAÑO
O TANGARAÑO
ME PP
 
La voz de la barcia
La voz de la barciaLa voz de la barcia
La voz de la barcia
ticceeabarcia
 
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLO
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLOREVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLO
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLOguest530951
 
Retallos 2010
Retallos 2010Retallos 2010
Retallos 2010A Solaina
 
La voz de la barcia
La voz de la barciaLa voz de la barcia
La voz de la barcia
ceeabarcia
 
REVISTA ALBORADA 2020
REVISTA ALBORADA 2020REVISTA ALBORADA 2020
REVISTA ALBORADA 2020
anxovila
 
A VOZ DO SAN LUIS 2018
A VOZ DO SAN LUIS 2018A VOZ DO SAN LUIS 2018
A VOZ DO SAN LUIS 2018
Chelo Alvarez Veira
 
Sofan News xaneiro
Sofan News xaneiroSofan News xaneiro
Sofan News xaneiro
Prensasofan
 
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2018-19
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2018-19REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2018-19
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2018-19
Cid22
 
La voz de la barcia
La voz de la barciaLa voz de la barcia
La voz de la barcia
ceeabarcia
 
A voz da escola. Curso 2015 2016
A voz da escola. Curso 2015 2016A voz da escola. Curso 2015 2016
A voz da escola. Curso 2015 2016
Diana Sánchez
 
Fiadeiro Letras Galegas 2019
Fiadeiro Letras Galegas 2019Fiadeiro Letras Galegas 2019
Fiadeiro Letras Galegas 2019
ceipmontemogos
 
Novas fichaxes monferosolidario
Novas fichaxes monferosolidarioNovas fichaxes monferosolidario
Novas fichaxes monferosolidariosatelite1
 
La voz de la barcia
La voz de la barciaLa voz de la barcia
La voz de la barcia
ticceeabarcia
 
Anduriña
AnduriñaAnduriña
Anduriña
Ana Jato Rodriguez
 
Cataplasma Nº11 - 2006 - 40 páxinas
Cataplasma Nº11 - 2006 - 40 páxinasCataplasma Nº11 - 2006 - 40 páxinas
Cataplasma Nº11 - 2006 - 40 páxinas
ceipabanqueiro
 

Similar to Retallos do Ponte. Curso 2018-2019 (20)

Asubios na-fraga-trotacontos-2018
Asubios na-fraga-trotacontos-2018Asubios na-fraga-trotacontos-2018
Asubios na-fraga-trotacontos-2018
 
REVISTA ESCOLAR 2011-12
REVISTA ESCOLAR 2011-12REVISTA ESCOLAR 2011-12
REVISTA ESCOLAR 2011-12
 
O TANGARAÑO
O TANGARAÑOO TANGARAÑO
O TANGARAÑO
 
Revista anduriña. pdf
Revista anduriña. pdfRevista anduriña. pdf
Revista anduriña. pdf
 
La voz de la barcia
La voz de la barciaLa voz de la barcia
La voz de la barcia
 
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLO
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLOREVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLO
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLO
 
Retallos 2010
Retallos 2010Retallos 2010
Retallos 2010
 
La voz de la barcia
La voz de la barciaLa voz de la barcia
La voz de la barcia
 
REVISTA ALBORADA 2020
REVISTA ALBORADA 2020REVISTA ALBORADA 2020
REVISTA ALBORADA 2020
 
A VOZ DO SAN LUIS 2018
A VOZ DO SAN LUIS 2018A VOZ DO SAN LUIS 2018
A VOZ DO SAN LUIS 2018
 
Sofan News xaneiro
Sofan News xaneiroSofan News xaneiro
Sofan News xaneiro
 
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2018-19
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2018-19REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2018-19
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2018-19
 
La voz de la barcia
La voz de la barciaLa voz de la barcia
La voz de la barcia
 
A voz da escola. Curso 2015 2016
A voz da escola. Curso 2015 2016A voz da escola. Curso 2015 2016
A voz da escola. Curso 2015 2016
 
Fiadeiro Letras Galegas 2019
Fiadeiro Letras Galegas 2019Fiadeiro Letras Galegas 2019
Fiadeiro Letras Galegas 2019
 
Novas fichaxes monferosolidario
Novas fichaxes monferosolidarioNovas fichaxes monferosolidario
Novas fichaxes monferosolidario
 
La voz de la barcia
La voz de la barciaLa voz de la barcia
La voz de la barcia
 
Díptico mochilas viaxeiras
Díptico mochilas viaxeirasDíptico mochilas viaxeiras
Díptico mochilas viaxeiras
 
Anduriña
AnduriñaAnduriña
Anduriña
 
Cataplasma Nº11 - 2006 - 40 páxinas
Cataplasma Nº11 - 2006 - 40 páxinasCataplasma Nº11 - 2006 - 40 páxinas
Cataplasma Nº11 - 2006 - 40 páxinas
 

More from Diana Sánchez

Retallos do Ponte, nº 5.pdf
Retallos do Ponte, nº 5.pdfRetallos do Ponte, nº 5.pdf
Retallos do Ponte, nº 5.pdf
Diana Sánchez
 
PROXECTO LINGÜÍSTICO 22-26. CPI PONTE CARREIRA.pdf
PROXECTO LINGÜÍSTICO 22-26. CPI PONTE CARREIRA.pdfPROXECTO LINGÜÍSTICO 22-26. CPI PONTE CARREIRA.pdf
PROXECTO LINGÜÍSTICO 22-26. CPI PONTE CARREIRA.pdf
Diana Sánchez
 
BENVIDOS Á ESCOLA 22-23.pdf
BENVIDOS Á ESCOLA  22-23.pdfBENVIDOS Á ESCOLA  22-23.pdf
BENVIDOS Á ESCOLA 22-23.pdf
Diana Sánchez
 
Benvidos á escola.
Benvidos á escola.Benvidos á escola.
Benvidos á escola.
Diana Sánchez
 
PROTOCOLO BIBLIOTECA ESCOLAR MILFOLLAS 2020-2021
PROTOCOLO BIBLIOTECA ESCOLAR MILFOLLAS 2020-2021PROTOCOLO BIBLIOTECA ESCOLAR MILFOLLAS 2020-2021
PROTOCOLO BIBLIOTECA ESCOLAR MILFOLLAS 2020-2021
Diana Sánchez
 
A voz da escola. Curso 2011 2012
A voz da escola. Curso  2011 2012A voz da escola. Curso  2011 2012
A voz da escola. Curso 2011 2012
Diana Sánchez
 
RECOMENDACIÓNS ACTIVIDADES
RECOMENDACIÓNS ACTIVIDADESRECOMENDACIÓNS ACTIVIDADES
RECOMENDACIÓNS ACTIVIDADES
Diana Sánchez
 
CATARINA, PEDRO E O OSO
CATARINA, PEDRO E O OSOCATARINA, PEDRO E O OSO
CATARINA, PEDRO E O OSO
Diana Sánchez
 
SCAPE ROOM Letras Galegas 2019
SCAPE ROOM Letras Galegas 2019SCAPE ROOM Letras Galegas 2019
SCAPE ROOM Letras Galegas 2019
Diana Sánchez
 
A voz da escola. Curso 2014-2015
A voz da escola. Curso 2014-2015A voz da escola. Curso 2014-2015
A voz da escola. Curso 2014-2015
Diana Sánchez
 
A voz da escola. Curso 2016 2017
A voz da escola. Curso 2016 2017A voz da escola. Curso 2016 2017
A voz da escola. Curso 2016 2017
Diana Sánchez
 
A voz da escola. Curso 2017 2018
A voz da escola. Curso 2017 2018A voz da escola. Curso 2017 2018
A voz da escola. Curso 2017 2018
Diana Sánchez
 
Proxecto o nome. 4 anos
Proxecto o nome. 4 anosProxecto o nome. 4 anos
Proxecto o nome. 4 anos
Diana Sánchez
 
POR QUE ME CHAMO ASÍ?
POR QUE ME CHAMO ASÍ?POR QUE ME CHAMO ASÍ?
POR QUE ME CHAMO ASÍ?
Diana Sánchez
 

More from Diana Sánchez (14)

Retallos do Ponte, nº 5.pdf
Retallos do Ponte, nº 5.pdfRetallos do Ponte, nº 5.pdf
Retallos do Ponte, nº 5.pdf
 
PROXECTO LINGÜÍSTICO 22-26. CPI PONTE CARREIRA.pdf
PROXECTO LINGÜÍSTICO 22-26. CPI PONTE CARREIRA.pdfPROXECTO LINGÜÍSTICO 22-26. CPI PONTE CARREIRA.pdf
PROXECTO LINGÜÍSTICO 22-26. CPI PONTE CARREIRA.pdf
 
BENVIDOS Á ESCOLA 22-23.pdf
BENVIDOS Á ESCOLA  22-23.pdfBENVIDOS Á ESCOLA  22-23.pdf
BENVIDOS Á ESCOLA 22-23.pdf
 
Benvidos á escola.
Benvidos á escola.Benvidos á escola.
Benvidos á escola.
 
PROTOCOLO BIBLIOTECA ESCOLAR MILFOLLAS 2020-2021
PROTOCOLO BIBLIOTECA ESCOLAR MILFOLLAS 2020-2021PROTOCOLO BIBLIOTECA ESCOLAR MILFOLLAS 2020-2021
PROTOCOLO BIBLIOTECA ESCOLAR MILFOLLAS 2020-2021
 
A voz da escola. Curso 2011 2012
A voz da escola. Curso  2011 2012A voz da escola. Curso  2011 2012
A voz da escola. Curso 2011 2012
 
RECOMENDACIÓNS ACTIVIDADES
RECOMENDACIÓNS ACTIVIDADESRECOMENDACIÓNS ACTIVIDADES
RECOMENDACIÓNS ACTIVIDADES
 
CATARINA, PEDRO E O OSO
CATARINA, PEDRO E O OSOCATARINA, PEDRO E O OSO
CATARINA, PEDRO E O OSO
 
SCAPE ROOM Letras Galegas 2019
SCAPE ROOM Letras Galegas 2019SCAPE ROOM Letras Galegas 2019
SCAPE ROOM Letras Galegas 2019
 
A voz da escola. Curso 2014-2015
A voz da escola. Curso 2014-2015A voz da escola. Curso 2014-2015
A voz da escola. Curso 2014-2015
 
A voz da escola. Curso 2016 2017
A voz da escola. Curso 2016 2017A voz da escola. Curso 2016 2017
A voz da escola. Curso 2016 2017
 
A voz da escola. Curso 2017 2018
A voz da escola. Curso 2017 2018A voz da escola. Curso 2017 2018
A voz da escola. Curso 2017 2018
 
Proxecto o nome. 4 anos
Proxecto o nome. 4 anosProxecto o nome. 4 anos
Proxecto o nome. 4 anos
 
POR QUE ME CHAMO ASÍ?
POR QUE ME CHAMO ASÍ?POR QUE ME CHAMO ASÍ?
POR QUE ME CHAMO ASÍ?
 

Retallos do Ponte. Curso 2018-2019

  • 1.
  • 2.
  • 3. CPI Ponte Carreira - Curso 2018/2019 3 EDICIÓN: Equipo de Dinamización da Lingua Galega COORDINACIÓN e DESEÑO: Diana Sánchez COLABORACIÓN: Equipo docente e Alumn@s do CPI Ponte Carreira MAQUETADO: Fran López IMPRESIÓN: Artes Gráficas LUGAMI (Betanzos) Caras novas Xornada de benvida Outono Nadal 3º e 4º Entroido Música Somos solidarios Paz Taller literario Robótica Carreira solidaria EDLG Concursos Letras Galegas Visitáronnos Estes somos nós Etnografía Deportes Banda deseñada Dende a biblio Visitas culturais Vagalumes ANPA Ata sempre Brauliotuber Os que nos deixan 4 5 6 8 9 11, 23, 47 e 61 14 15 16 17, 51 27 28 29 31 33 35 36 39 40 41 43 45 56 63 64 69 70 NACE RETALLOS DO PONTE O tempo voa e este curso que parece que co- mezou onte xa tocou a súa fin. Nas vosas mans tedes a revista do cole. Como veredes mudou de nome, quixemos darlle ou- tro que a fixese máis nosa, que se identificase máis con nós e que no seu nome se puidera re- coñecer o que somos: O CPI PONTE CARREIRA. As posibilidades foron infinitas pero decantá- monos por RETALLOS DO PONTE, porque con- sideramos que expresa cercanía e identidade. O que se recolle nesta revista son RETALLOS, unha escolma do noso e voso día a día, da con- vivencia, das aportacións comúns e enrique- cedoras, vivencias, saberes, ilusións,... que se dan NO PONTE. Permítome a licenza de, no nome de todos os que formamos parte do cole, adicar este número 1 de Retallos a unha persoa que logo de 30 anos entre nós e vós decidiu emprender unha nova e merecida viaxe lonxe das aulas. Sobran as palabras, simplemente “moitas gra- zas por todo FEFA. Este sempre será o teu cole, “e sábelo”. Tamén a GEMA, que logo de 18 anos muda de destino. Moita sorte compañeira. Toca tamén dar as grazas a todas aquelas per- soas que colaboran para que saia á luz esta revista. E a aqueles mestres que só estiveron connosco uns días ou mesmo este curso e que, sei, deron o mellor de sí: Fanny, Patricia, Mar- cos e Nuria. E por suposto non me esquezo do alumnado que nos deixa, sorte moz@s!!!. Feliz verán a todos, ben merecido o tedes/te- mos. Disfrutade todo o que poidades e deica setembro. Diana, coordinadora do EDLG
  • 4. CPI Ponte Carreira - Curso 2018/20194
  • 5. CPI Ponte Carreira - Curso 2018/2019 5
  • 6. CPI Ponte Carreira - Curso 2018/20196
  • 7. CPI Ponte Carreira - Curso 2018/2019 7
  • 8. CPI Ponte Carreira - Curso 2018/20198
  • 9. CPI Ponte Carreira - Curso 2018/2019 9 Un día o noso profe falounos da obsolescencia programada, que palabras máis raras uti- liza este home! Como non tiñamos nin idea do que era puxémonos a investigar e organizando todo o que atopamos conseguimos facer un tríptico. 3º e 4º de PRIMARIA
  • 10. CPI Ponte Carreira - Curso 2018/201910 E como o que máis nos gusta é contar todo o que aprende- mos decidimos contalo a todos aqueles que nos quixeron escoitar. Xuntamos as clases de 5º e 6º de Primaria, e nos recreos fixemos un punto de información para contarllo aos demais. Cando se nos acabou a xente do cole á que contarllo, de- cidimos levalo a fóra do cole, así que nos aventuramos aos coles da contorna: en Ordes ao Ceip Castelao e ao Campomaior, e en Xanceda ao CPI de Xanceda. Foron amabilísimos con nós e es- coitáronnos atentísimos. Lástima que ao noso profe se lle olvidara de sacar fotos. Ás veces é un desastriño...(pero querémolo igual). E diredes vós, pararían aí! Pois que saibades que non. Aínda fomos a un sitio máis. Na Universidade de Santiago de Compostela tamén nos querían escoitar, así que na compaña das nosas nais e pais que tamén tiñan algo que contar, aventurámonos a contarlle aos estudantes de Maxisterio todo o que sabiamos, aínda o pasamos ben! E que gusto ver alí á profe Kika! Entre aventura e aventura por aí en diante tamén traballamos no cole e con Fran en Tics preparamos unhas pelis en stop motion que quedaron xenial. E unha chea de exposicións, maquetas, murais, mandalas e ata un Guernica propio ao que lle puxemos cor para engadir un elemento esperanzador máis aos que lle puxo Picasso. O que acontece neste cole non é normal, e senón me credes preguntádelle aos rapaces de 3º e 4º de Primaria!! Se non fora pola preocupa- ción e amizade dos seus compañeiros pasarían mooooooooooooito tempo.... CASTIGADOS 3º e 4º de PRIMARIA Agora para evitar os castigos traballamos moito.
  • 11. CPI Ponte Carreira - Curso 2018/2019 11
  • 12. CPI Ponte Carreira - Curso 2018/201912
  • 13. CPI Ponte Carreira - Curso 2018/2019 13
  • 14. CPI Ponte Carreira - Curso 2018/201914 @s alumn@s de Ed. infantil sempre gustamos de probar novos instrumentos. Este curso disfruta- mos moito coa...
  • 15. CPI Ponte Carreira - Curso 2018/2019 15 SOMOS SOLIDARI@S No CPI Ponte Carreira queremos concienciar aos nosos nenos e nenas da necesidade de desenvolver actitudes solidarias. O alumnado de 3º e 4º de educación primaria traballou este curso o coidado do medioambiente da man da obsolescencia programada. Reflexionando e investigando sobre esta temática o alumnado identificou o traballo infantil como unha das principais problemáticas derivadas das situacións de consumo excesivo. Con este marco de fondo propúxeselle a lectura “Lía e as zapatillas de deporte”, libro que aborda varios destes temas. Vendo, da man deste marabilloso libro, as problemáticas dos países subdesenvolvidos e o labor das ONGs decidimos levar a cabo un rastro solidario co cal recadar fondos para facer unha doazón. Primeiro na clase de valores investigamos sobre que é unha ONG, buscamos as que actuaban en Galicia e escollemos aquela cuxos obxectivos máis nos chamaron a atención. Educo foi a ONG escollida debido a súa vinculación coa educación. Puxémonos mans a obra sobre cal sería a mellor forma de recadar fondos e chegamos a conclusión que un rastro solidario sería unha boa opción. Para iso solicitamos ás familias que doaran xogos, xoguetes e libros que se puxeron a venda con prezos simbólicos inferiores a 5€. Con esta actividade perseguimos ademais un dobre obxectivo: 1. Recadar fondos para a ONG 2. Promover o intercambio de xogos, xoguetes e libros dando valor aos produtos de 2ª man Recollidos, analizados e taxados os obxectos recibidos puxémolos a venda en dous días. Previamente a iso, traballouse cos nenos de 3º e 4º de Primaria o concepto de moeda e fixéronse diversas actividades para aprender sobre como “dar o cambio”. Foron eles os que actuaron como dependentes do rastro. Os compradores foron as alumnas e alumnos do centro (os nenos debían traer os cartos e os profesores axudaron aos máis pequenos nas compras) e as súas familias, ás cales se lles invitou a que acudiran ao cole ambos días. A actividade foi un éxito en todos os sentidos. O alumnado do centro quedou moi contento por poder comprar xoguetes e libros novos para eles; o alumnado de 3º e 4º traballaron conceptos moi diversos e desenvolveron a actividade con organización e disciplina; vendéronse todos os produtos e conseguimos recadar un total de 436.35 € (tendo en conta que os prezos era simbólicos é unha moi boa cantidade).
  • 16. CPI Ponte Carreira - Curso 2018/201916
  • 17. CPI Ponte Carreira - Curso 2018/2019 17 O amor é o silencio O silencio do corazón baixo chave É o mar batendo contra o mar O mar revolto de temporal Son pomba ao vento Ao vento do amencer Coma unha pomba branca Volando libre sen presión Sen inxustizas nin maldades Soamente co teu amor Porque non nos ven falar Din que nos queremos Eu dígoche que é verdade O amor á familia O amor aos amigos O amor ao amor O amor ao silencio Non hai que berralo XOEL 3º ESO O arco da vella era a aza fráxil das súas cantigas. A nena empezaba a sentir e medrar. No camiño entristecía , golpeabana coas verbas da nenez que foxe como o leito dun longo, fermoso e ancho río. O amor pola paisaxe, polos sentimentos florecendo, pola natureza verde de Galicia, renacía cada día. A fiestra abríase á vida onde cantaba aventura. A súa imaxinación multiplicábase, como semente en terra arada. O arco da vella parecese a ela , colorido e súbito sempre na casa agardandoo ata que sae o arco da vella, que lle permite enxergar o camiño. OLALLA 3º ESO El tiña ollos afeitos a tronzar a hostilidade . El tiña ollos. Todo lle entraba pola mirada . Reclamábao o movemente das polas das árbores, a luz nas súas follas , o palpexar da auga no verdor das pra- deiras e o voo dos pardais . Logo, mirou o andar delas, a súa beleza rompendo o aire e quedou extasiado. ALBERTO 3º ESO
  • 18. CPI Ponte Carreira - Curso 2018/201918 Recórdote aquel 20 de xaneiro collida da túa man escrava paseando por aqueles camiños cos teus zapatos novos Recordo a túa frase de “ Ai, que demo de rapaza” cando facía algunha trasnada nas que ti moitas veces participabas Recordo aquelas charlas nas que me falabas da túa dura infancia e do tanto que che gustaba María, naqueles tempos Recordo eses abrazos que tanta calor me daban tamén eses bicos que tanto enmarquei , e aínda gardo Recordo a túa maior preocupación de que eu estivese ben, de non ter os pés mollados de tantos saltos en pozas Cortábasme o pan ofrecíasme froita sempre arroupándome sorrindo lento. SONIA 3º ESO Ortograma: Amizade que abastece o teu amor. Berros que bican os teus beizos. Cabelo que caladiña cacheo. Divertido dedo que desperta o día. Eclipsa o ecuador do teu ego. Fermosa faciana de fantasía. Garimosa gaivota de goma. Habitas na hedra do herbario. Idade ideal para os ignorantes. Ladras na lagoa luminosa. Madrugas na mañá malferida. Nacida da nada nun nadal. Ocupas o oco do ozono. Palabras perigosas que publican. Quero quebrantar a quietude. Reaccionar á rabia na ruada. Serenar cunha serenata satinada. Tambores que tinxen de tristura. Unicornio que ule a usura. Vento no vacío da vía. Xenio que xubila a un Xudas. Zafaste nun zig zag de zona zen. ENMA 2º ESO Namentras o silencio inventaba unha pequena canción de amor Un silencio escuro coma as noites estreladas Un silencio frío intentando tocar zonas abstractas Unha canción de verbas inmóbiles Verbas escritas baixo as estelas baixo as constelacións. Ela andaba a escribir unha gran canción con moitos versos con moitas palabras palabras con calor de saber que sempre haberá quen as lea, quen as cante. Ou simplemente que se esforce por seren vistas. Deitados arroupados baixo as estrelas sós na escuridade escoitando os múltiplos ruídos existentes sentindo como as nosas mans frías se unían, buscando o calor como xa hai tempo non o tiveran. Oías os berros antes de chegar á casa as broncas da “familia” por chegar a deshora pero agora iso non importaba O que importaba de verdade era poder saber que nacemos para alcanzar o horizonte, chegar ao máis alá escribindo os segredos xamáis ditos, os pensamentos nunca pensados as palabras nunca afirmadas e os sentimentos por ninguén. PAULA 3º ESO VIDA Vela aí aura estresada iglú de hospitalidade perdida dúbida derradeira do narval alegría, fenda branca en Frades 2º ESO
  • 19. CPI Ponte Carreira - Curso 2018/2019 19 Ela andaba a namorar. Curiosa como era, fixérase un pozo infinito de preguntas e poucos chanzos seguros. Esvaraba cada día e erguíase sorrindo. Cada tarde desafiaba o caos e organizaba a vida, xuntando soños con soños e sorrisos con sorrisos. Cada noite mira á lúa para darlle as boas noites, ela ,a única que a escoita, a única que a mira,a única que a entende... I ela non tiña tampouco fixamente un beizo enriba do outro, pero a lúa axudáballe a aceptar a mudanza . Regresaba ao día seguinte e nunca era o mesmo. Estaba a descubrir a perspectiva da vida en espiral. A pesar de todo aínda tiña un pé no sorriso verosímil da infancia esperando a que todo volvese a ser igual, algo que nunca ocorría. Agora está comenzando a andar os seus primeiros pasos en corredores sen nome,- deseñando un novo camiño do aire, os seus primeiros días grises, responsabilidades grandes a súa medida. Vai con ela o calor dos primeiros pasos, as voces que a acollían, a esperanza feita abrazos. Afirmábase ao carón de cada esquina e de cada man aloumiñada entre aquel encontro de paredes coa olla- da cara ao sur, falando o necesario e mirando o reloxo para cando sexa hora de marchar. Gustáballe navegar sobre todo o que empeza, o que avanza, o que flúe. Fuxía de todo o estancado. Salta- ba sobre todas as realidades inmodificables de puntillas e avanzaba cara un norte que, presentía benéfico, acolledor e distante. Desacougábaa a présa do tempo, as agullas do reloxo facendo tic-tac. Cada día novo para ela era unha aventura, un soño para realizar,un motivo polo que levantarse e loitar, outra folla nova escrita como ela quería. Os seus oídos pídenlle escoitar música 24/7 para loitar contra palabras non desexadas, voces non acepta- das. A súa ollada pechábase cando vía cousas que non eran respetables, homes levantando as mans que non eran mans senón armas. As mans sempre se encontraban frías e pedían a berros algo quente e suave no que poder acomodarse. A súa boca só quería degustar amor e felicidade. A cova da súa cara soamente quería respirar positividade e respecto. Ela só quería ter brazos rexos, que saben dicir un quérote, un bo día, boa noite e que tal estás sen verbas ? SONIA 3º ESO El matinaba unha luz anónima , sempre cun sorriso no rostro, sempre cun xesto de alegría e luminosidade. Amaba o imposible e perseguía o que estaba a trasmán do horizonte, o que aínda non se fora e resistía. Atraíalle o que non tiña nome, o que aínda non vira, a luz máis fermosa, unha luz dourada que sorría desde o outro. Vivía despistado no presente e os astros non o entendían. El quedouse coas mans naquela despedida. El sabía que as máns eran súas. Estaban cheas de baleiro, de saudade , de cor, de vida , de ternura que es- vara. Nas festras das fervenzas mudáranse os ollos distantes dos menceres…, levaba na cara fiestras que rom- pían tabiques, abertas de par en par á luz. A cortinaxe blanca non impedía a visibilidade desde fóra . Deixábase ver , cada mañá , ollando o verdor calado das árbores . Fascinábao a forza das súas follas , o seu temblor no vento. DAVID 3º ESO El tiña ollos afeitos a tronzar a hostilidade . El tiña ollos. Todo lle entraba pola mirada . Reclamábao o movemente das polas das árbores, a luz nas súas follas , o palpexar da auga no verdor das pra- deiras e o voo dos pardais . Logo, mirou o andar delas, a súa beleza rompendo o aire e quedou extasiado. ALBERTO 3º ESO
  • 20. CPI Ponte Carreira - Curso 2018/201920 Aldea ou cidade? Eu prefiro vivir nunha aldea porque hai menos contaminación, estou en contacto coa natureza, percibo sons agradables, podo moverme en liberdade… Eso non significa que non se poida ir a cidade a disfrutar de actividades como o teatro, concertos, cine… aínda que no rural tamén hai moitas actividades relacionadas co deporte (senderismo), os encoros (piragüis- mo), os ríos (pesca)… Nas cidades, a maioría da xente vive en pisos, que a diferenza das casas teñen espazos reducidos e o peor, veciños, a quen escoitas cando queres estar en silencio ou incluso ules as comidas que están a cociñar. Nunha aldea non pasaría iso, porque as vivendas son unifamiliares e case todas teñen unha horta onde se pode cultivar un horto ecolóxico para comer máis san. Se che gustan as plantas, podes ter un espazo para plantar flores, que é unha actividade moi desestresante, como coller as froitas das túas árbores para facer marmelada. Tamén é divertido recoller no bosque moras, en outono, cogomelos… As noites frías de inverno ou as noites de verán son do máis interesante. Mirar cara o ceo e máxico, buscar a estrela polar, as constelacións, os planetas ou cun pouco de sorte en agosto ver algunha estrela fugaz. Esto nunca o poderías facer nunha cidade pola contaminación lumínica. Nas aldeas podes vivir dos produtos que che dá a terra e traballar nas granxas, queixarías, viveiros de planta ornamental como a camelia, que a nosa terra reúne condicións moi favorables para o seu crecemento... En Galiza, que é unha comunidades pequena, hai moitas aldeas abandonadas, que están preto das cidades e é unha mágoa non aproveitalas para evitar a despoboación. Animo a todos a vivir na aldea! ENMA 2º ESO OS ANCIÁNS EN GALICIA A porcentaxe de poboación de 65 ou máis, co respeto aos 2,7 millóns de persoas é dun 24,6% e aumenta ano tras ano. O colectivo entre as persoas da avanzada idade está moi presente en Galicia, e moitas delas atópanse sen vida no domicilio despois duns días. En Santiago de Compostela, os médicos de familia, atenden a unhas 60 persoas que viven soas. Os sanitarios piden que cando detecten unha situación vulnerable, osea débil de un maior se poida incluir nalgún programa de algunha axuda domiciliaria para realizar un seguemento. Estas persoas, teñen habitualmente problemas de saúde do corazón, bronquitis (respirar mal), artrose (dolor aos ósos), dificultade para moverse... O peor, é que moitos deles viven nunha aldea semiabandonada ou nunhas vivendas con problemas de accesibilidade, por exemplo:un anciá con obesidade e artrose, cal, vive só, e xa non pode levantarse. Tanto nas áreas urbanas como nas áreas rurais, moitas persoas maiores, quedan rodeadas de soedade porque os veciños morreron ou marcharon. Máis de 100.000 persoas con 65 anos ou máis residen sen com- pañía na súa vivenda!!! O HULA, foi o primeiro hospital en Galicia en incorporar un servizo de xerontoloxía, para os anciáns, que só hai en Lugo e en Vigo . Manuel Melero, xerontólogo, recorda que cando ocorre unha de estas situacións “significa que algo a nivel social está fracasando, non só os servizos sociosanitarios, senón a sociedade” Os anciáns teñen unha pensión de 500 euros ao mes, que na miña opinión, é moi pouco diñeiro, con esto, non chegan a fin de mes. As persoas sen recursos non aportan nada, e en todo caso debe reservarse sem- pre o 25% dos ingresos para os seus gastos persoais. DIANA 2º ESO MALTRATO ANIMAL O maltrato animal doméstico existe e revela unha das peores paixóns do seres humanos: a covardia. Este maltrato dáse en case todo o mundo,atopámolo en España-Japón-Bulgaria-Grecia-China-Dinamar- ca-Rumanía-Venezuela. Os animais mais maltratados son os cans-gatos-baleas-toros-cabalos.Estamos a falar de maltrato físico, emocional ou maltrato por neglixencia. Os animais viven mal neste mundo , non son felices ; os animais son fieis aos humanos , dannos moitas satisfacións e forman parte da riqueza da vida. Esta actitude de falta de empatía cara a eles demostra falta de sensibilidade, e é un sintoma de carencias
  • 21. CPI Ponte Carreira - Curso 2018/2019 21 A música de hoxe en día A música impórtanos. Hai moitos estilos, hai públicos para moitos tipos distintos de música. Obxectivamente penso que o ritmo e a melodía importan, así coma a experiencia suxerente audiovisual que envolve o seu formato. Para min personifica a oferta dunha experiencia total. No século XXI parece que as mulleres conseguen despuntar no mundo da música, así o aseguran estudos que analizan éxitos musicais dende o ano 2000 ata hoxe, chegando a conclusión de que o papel da muller é esencial para entender o son do noso tempo. Figuras como Rihanna, Lady Gaga, Dua Lipa, no pop. No rap, Cardi B ou Mr. Lauryn Hill. No rock, Courtney Barnett ou cancións das superventas de Adele e Taylor Swift que aínda que pertenzan a distintos xéneros musicais levan a reflexionar que as compositoras negras e latinas reformulan a música pop dende diferentes estilos. Algunhas exploran xéneros como o reguetón, que parecía un territorio exclusivo dos homes. Hai que destacar o poder sobre o escenario de Beyoncé que xunto a Lady Gaga teñen o récord de audiencia con máis de 150 millóns de espectadores no medio tempo da Súper Bowl. No panorama musical español ocorre o mesmo. O último gran fenómeno e Rosalía, quen da unha visión máis moderna do flamenco. Sobre a música que escoitan os xóvenes españois, os seus gustos están relacionados co comercial, éxitos creados por produtores discográficos que lle dan a cantantes-intérpretes atendendo só a criterios económi- cos. Aínda que o anglosaxón ten moita influencia, tamén triunfa o produto nacional como cantantes que saen dos talent shows, como Aitana, Ana Guerra, Lola Índigo... de Operación Triunfo. A influencia latina é clara, ritmos que concentran fusións electrónicas, dance e ritmos latinos. O electropop, un xénero orientado a música electrónica bailable esta moi de moda, en cambio o reguetón parece que xa non esta tanto. En conclusión, con respecto a muller, no mundo musical, hai moito que mellorar porque é dificil vela noutro papel que non sexa a de vocalista. Con respecto a música que se pode escoitar nas distintas plataformas, a maioría e comercial e so se busca gañar diñeiro sen importar a calidade. ENMA 2º ESO habituais do noso presente onde non sempre se pratican as pautas adecuadas cos neno, mulleres, anciáns, animais e a propia natureza. E hora xa de intentar colocar a defensa da vida no centro das nosa vida cotiá. CRISTINA 2º ESO Véxome en ti con 12 anos nun corpo fermoso que estrañas, que esqueces que medrou, que non sabe nin quere responder as olladas inoportunas, intrusas, que violentan a túa memoria de nena. Son outras as dimensións, unha alma máis grande nun corpo dilatado que segue engaiolado nas fantasías infantís nas que segue a habitar. Cada mañá érgueste sorprendida do corpo que habitas co que aínda non estás familiarizada. Gustaríache ser invisible fóra da casa un tempo ata que te- ñas o dominio do xesto e da palabra exacta para defenderte. Gustaríache ser voz, arrecendo leve, tacto breve e controlar só a resposta da xente que che interesa. Ser maior quédache lonxe e non sabes como dar o primeiro paso, pero a vida guiarache os pasos e chegarás a ser xunco, rocha da intermarea envolta en uña de gato, en humidade cálida nutricia e abrollarán na túa pel a memoria de moitos segundos máxicos, risos compartidos, proxectos de moitas mans ao teu carón; nos meus ombros o teu corpo inestable. Xa está: arquitectura xigante que mira o futuro. Ergue os brazos, non hai présa, algún día saltarás desde min. Nerea 1º ESO
  • 22. CPI Ponte Carreira - Curso 2018/201922 Anxo da noite profunda ler o libro da vida explicar que foi o que che pasou xeo que nunca se derrete nas maos do demo Humus de canción familiar no futuro Urro do lusco fusco en novembro no Caurel liberado Galego telúrico de clorofila invasiva Onda de paz no campo do Olimpo Camiñar pola música Ler o ceo esvelto Abrazar as distancias da lua Únicos somos todos De sorrisos están feitos os bos momentos Ir e descubrir sitios novos Alegría son os amigos Cando escoito musica Levito nunha nube Abstracta que me leva a Un país máxico De liberdade verde azul con tranquilidade Inquietamente inquietante busco Algo marabilloso Namorar a lua e o sol espléndidas despois do eclipse E describir os meus soños Río que canta no relanzo E río que decora as montañas e a miña calma Ansia da canción azul que empeza 1º ESO Valentía é ese xesto cabal nese instante oportuno Unión de diferenzas a unificar antíteses Lonxana da sempre transgresora lúa No namorar da choiva exhausta Eclipse que descarreira ao adolescente vagabundo Rumor en colo de río do fuminar primeiro Aloumiño de verdade incandescente Burbulla ateigada de medo a ser quen es Ilusión desvaida no inframundo non presentido Lume incendiario en lira desafinada Identidade de seiva a salvo de teimas alleas Dramas cambiantes de relampos de lavanda Aura dourada nos poros da ausencia Deidade en delirio de daioivo a escoar soños Enigma de solpor de afastado outono. Dende o alto dunha escaleira estou observando Observo o horizonte Observo o que acontece Unha árbore está medrando no alto dun monte É unha árbore aínda nova É unha árbore que aída lle queda por medrar Unha árbore con follas verdes e grandes Cun tronco liso e abrancuxado Cun tronco alto e fraco Na árbore vive un paxaro Un paxaro novo e pequeniño O paxaro quere voar e ser libre Aínda lle queda tempo para marchar As súas plumas brancas e brillantes As súas patas amarradas á pola da árbore Intenta voar, pero non o consegue Aínda lle queda por intentar Dentro duns anos sairá do seu niño Voará durante días Descubrirá mil lugares para soñar Mil lugares para descubrir Mil lugares para coñecer Mil lugares para vivir Sempre terá o seu niño Sempre terá a súa árbore Sempre terá o seu fogar Como muelle que non quebra XOEL 3º ESO
  • 23. CPI Ponte Carreira - Curso 2018/2019 23 Entroido típico da comarca da Ulla dende mediados do século XlX. Os xenerais van a cabalo recorrendo as parroquias dando as vivas ós veciños, acompañados de coros e comparsas. Terminan poñendo en escena un atranque ou alto, enfrontamento dialécti- co por parellas onde fan burla sobre asuntos sociais, de actua- lidade e políticos sucedidos durante o ano. A súa vestimenta recorda os uniformes militares. Na cabeza levan un tricornio terminado con plumas normalmente de pavo real. Chaqueta guerreira con flocos e charreteiras douradas. Ca- misa branca e garavata. Banda coa bandeira galega. Pantalón branco e faixa. Ademais levan botas de montar e unha espada. Montan a cabalo engalanados tamén con plumas de cores.
  • 24. CPI Ponte Carreira - Curso 2018/201924 As madamas e galáns son mulleres e homes que se visten de cor branco con atuendos chamativos e suntuosos sombreiros. Ocupan a posición social máis elevada. Percorren as rúas de Cobres e nós percorremos as rúas da Ponte Carreira Os traxes teñen un gran valor sentimental na tradición. Os máis sorprendente son os sombreiros realizados con flores, follas, cintas, abalorios, colares,... Sempre coloridos e acompañados de vestimenta igualmente chamativa. As madamas chicas atrevidas con vistosas faldras de encaixe, blusa branca cun peto con cadeas e outros adornos metálicos. A cara descuberta baixo un sobreiro chamativo e multicolor que pode chegar a pesar ata 7 kg. Logo as mellores xoias de outro sobre o gorro e o peto. Os antebrazos cheos de reloxos. No caso dos Galáns resalta a similitude de cores cos da Madama, destaca a a gravata vermello e o pano de seda que cobre ata os xeonllos, pantalón branco con línea lateral de cor vivo, zapato negro e tamén o sombreiro que non pesa tanto. E nós como somos moi presumidos, xa á volta das vacacións de Nadal, puxémonos a facer os nosos sobreiros e traxes para lucir así de guapos.
  • 25. CPI Ponte Carreira - Curso 2018/2019 25 Como os peques de 5 anos somos tan algareiros decidimos disfrazarnos de Pantallas de Xinzo, que son típicas dun pobo chamado Xinzo de Limia na provincia de Ourense. As Pantallas dedícanse a facer soar as vexigas que levan na man e as campaíñas dos seus cintos para avisar de que todo o mundo debe disfrazarse, á xente que está sen disfrazar có- llenas polo aire e lévanas á taberna para que inviten a todas. As Pantallas levan unhas máscaras que parecen diaños e uns gorros nos que teñen debuxados motivos relacionados co uni- verso. Nós fixemos só os puchos e pintámoslles soles e lúas. As capas fixémolas con bolsas vermellas e tamén elaboramos as polainas, a faixa e o cinto coas campaíñas. As nosas vexigas eran globos que non facían tanto ruído coma as de verdade pero pasámolo pipa con eles. Ser Pantallas foi moi divertido porque puidemos brincar e brincar todo o día. “As Pantallas coas vexigas a todos queren asustar corre, corre que te pillo non te deixes atrapar.”
  • 26. CPI Ponte Carreira - Curso 2018/201926 Os alumnos e alumnas de 1º de primaria, foron dis- frazados de “Labardeiros” e “Señoritas”. Este disfraz é típico de Toén, na provincia de Ourense. O disfraz dos “labardeiros” consiste nun pantalón e ca- misa brancos, adornados con moitas flores de diferentes cores. Na cintura levan unha faixa negra e nos pés bo- tas negras. Na cabeza levan un sombreiro con forma de cono cheo de flores e cintas de cores no máis alto. Na man levan unha labarda, de ahí o seu nome, un aparello que se utilizaba para mallar o trigo. As “señoritas” levan unha saia longa e camisa brancas, na saia levan cosidas flores, sobre os hombros un man- tón de colores vivos, na cabeza un sombreiro con flores e na man unha cesta na que soen levar papeles de co- res, flores ou caramelos para repartir. Velaquí unha foto dos alumnos e alumnas de 1º de pri- maria co seu disfraz e outra foto do disfraz da xente de Toén.
  • 27. CPI Ponte Carreira - Curso 2018/2019 27 Dende o Nadal @s alumn@s de 4º de Primaria continuamos coa robótica. E como o que máis nos gusta e complicar as cousas (para aprender máis, por suposto), creamos unha cidade interactiva. Cada robot ten a súa función: unha ambulancia, un coche que aparca no garaxe, un taxi que recolle clientes, semáfo- ros, barreiras... Coordinalos todos non e nada doado!
  • 28. CPI Ponte Carreira - Curso 2018/201928
  • 29. CPI Ponte Carreira - Curso 2018/2019 29
  • 30. CPI Ponte Carreira - Curso 2018/201930
  • 31. CPI Ponte Carreira - Curso 2018/2019 31
  • 32. CPI Ponte Carreira - Curso 2018/201932
  • 33. CPI Ponte Carreira - Curso 2018/2019 33
  • 34. CPI Ponte Carreira - Curso 2018/201934
  • 35. CPI Ponte Carreira - Curso 2018/2019 35 ALDAOLADO Lucía Aldao e María Lado amosáronnos o lado máis rebelde de dúas ovellas poetas, aventurei- ras, divertidas e inconformistas. Humor, poesía e música, un tándem perfecto!! CIENCIA EN RUTA O prestixioso científico Juan ensinounos a fabricar foguetes. Despois de xantar puide- mos facer uns lanzamentos espectacula- res. Da Terra á Lúaaa!!!! ENTROIDO DE SAMEDE Emi e Jenaro visitáronnos para falarnos de como recuperaron o Entroido de Samede (Paderne) e trouxéronnos unha mostra do seu marabilloso traballo. Tamén nos transmitiron as súas gañas de pelexar por recuperar o noso! Moitas grazas por visitarnos e ensinarnos o voso traballazo!! PÍSCORE Os artistazos de Píscore ensináronnos cantas cousas se poden facer xogando coa percusión, sempre con moito humor! VISITÁRONNOS A BANDA DO MEU POBO Os máis pequenos pasámolo moi ben formando una banda coa Asociación socio-educativa An- tonio Gandoy.
  • 36. CPI Ponte Carreira - Curso 2018/201936
  • 37. CPI Ponte Carreira - Curso 2018/2019 37
  • 38. CPI Ponte Carreira - Curso 2018/201938
  • 39. CPI Ponte Carreira - Curso 2018/2019 39 O Entroido Na Nosa Comarca “Cóntame a miña nai que cando ela era unha nena, disfrazábase con trapos vellos e ían pola aldea meténdolles medo aos veciños.” AINARA “A miña avoa tamén se xuntaba con outros rapaces para ir “Correr o Entroido” pola súa parroquia. Non sempre eran ben recibidos, aínda que , na maioría das casas alegrábanse de velos e ofrecían- lles filloas, chulas e ata viño!! Algún neno tense emborrachado por beber de mais !.” ANTÓN “O meu pai ía a casa dos avós e tamén se disfrazaba de “ Fulicheiros” . No cole facían unha festa moi chula e ao final queimaban o “Meco” ou unha “Sardiña” de cartón. Pasábano xenial!!!.” ICÍA Alumn@s 2º EP Neste curso, os alumn@s de Infantil e Primaria celebramos a festa dos MAIOS Os MAIOS é unha festa tradicional galega de orixe prerromana que simboliza a exaltación da natu- reza e a chegada da primavera. Coa axuda das nosas familias recolectamos flores e prantas silvestres coas que elaboramos entre tod@s os MAIOS (Unhas estructuras con forma de árbore) Pasámolo xenial!! Os alumn@s de 2º de primaria quixemos saber máis sobre esta festa popular preguntándolle aos nosos avós e avoas. Contáronnos que non é tradicional desta zona pero lembran que cando este cole comezou a fun- cionar, os nenos e nenas traían flores durante todo o mes de maio para ofrecerllas á virxe á que lle rezaban antes de entrar todos os días dese mes. Moitos deles tamén a relacionaron co San Xoán, na que se adornaban as vivendas con flores e prantas como protección fronte aos meigallos. ETNOGRAFÍA Rapaces no entroido de Frades, anos 80
  • 40. CPI Ponte Carreira - Curso 2018/201940 O departamento de Educación Física, segue a colaborar co Proxecto Deportivo de Centro desde varios ámbitos: - Inscribindo e acompañando ao alumnado na actividade deportiva Campo a través celebrado no Pino. Debemos destacar que varios equipos e atletas individuais quedaron clasificados para a seguinte fase que se celebrou en Santiago de Compostela. Dúas nenas posteriormente chegaron o campionato provincial en Ferrol e ademais, a nosa alumna Enma (3º ESO) clasificouse para o campionato galego da Pereiro de Aguiar en Ourense. A todos os que participaron os nosos parabéns!!! - Incentivando a participación do noso alumnado en probas, competicións e campionatos como a VI CARREIRA POPULAR DE FRADES na que moitos dos nosos alumnos e alumnas tamén tiveron uns re- sultados moi bos. - Promocionando e divulgando xogos populares, tradicionais e autóctonos, con actividades vinculadas con este tipo de xogos nos tempos de lecer e ofrecendo materiais variados ao alumnado para a súa práctica. - Organizando campionatos deportivos nos recreos en distintos deportes, como bádminton,ping pong, fútbol, baloncesto, atletismo e floorball. - Participando na Carreira Solidaria e no Día do Peón. - Promovendo a participación do alumnado en actividades físicas e deportivas extraescolares, organi- zadas pola ANPA ou polos Concellos. - Informando ao alumnado de novas da actualidade relacionadas coa actividade física, co fin de dar a coñecer os valores que se promoven coa práctica física e deportiva. - Este ano participamos tamén en DAFIS e valoramos a saúde de todo o alumnado do centro de 8 anos ou máis. Parabéns pola vosa participación en todas estas actividades e continuade practicando moito deporte!!!! SEGUÍDENOS NO BLOGUE DEPORTE NA PONTE!!! http://deportenaponte.blogspot.com.es
  • 41. CPI Ponte Carreira - Curso 2018/2019 41
  • 42. CPI Ponte Carreira - Curso 2018/201942 Natalia 5º EP
  • 43. CPI Ponte Carreira - Curso 2018/2019 43
  • 44. CPI Ponte Carreira - Curso 2018/201944
  • 45. CPI Ponte Carreira - Curso 2018/2019 45 VISITAS CULTURAIS ROMA (4º ESO) Todos nós, nun pasado que xa parece máis lonxincuo do que en verdade é, soñamos con ver mundo, coñecer culturas novas, cultivarnos de historia que non nos pertence e facela propia. Un día de outubro vén Chus, como cada mércores, cun sorriso que indicaba novas e concédenos o desexo de liberdade tan ansiado. Roma-Nápoles-Pompeia son as súas primeiras palabras e nós só podemos expresar abraio, alegría e un profundo agradecemento. Fomos conscientes da oportunidade que iamos ter e quixemos detalles que foron vindo pouco a pouco, co tempo. Ese tempo que recordamos pasar lento, sentindo que os días non avanzaban e que aínda faltaba para voar. Esperamos e chega. Estamos no aeroporto da Coruña, maleta facturada e pasaporte en man. Embarcamos. É aí cando nos decatamos de que está ocorrendo de verdade, de que marchamos para medrar un pouco máis. Tras unha horas aterramos en Italia, “buongiorno” aventura. A pesar de estar cansos do voo, sacamos forzas e vamos ao noso primeiro destino, a Piazza di Spagna, comemos e comeza o tour. Pasamos pola Fontanna di Trevi para pedir novos desexos e observamos unha fantasía, unha obra de tal magnitude ao noso carón non se ten sempre, e vén o asombro que nunca nos chegará a abandoar. Rematamos a xornada indo ao Panteón. Desfrutamos da noite xuntos, imaxinando o que nos deparará a estancia no estranxeiro e vamos para o hotel. Risos, contos, historias e soa o espertador, comeza o segundo día. Toca visitar as tres basílicas romanas máis importantes durante toda a mañá. Aínda non probamos a pasta e a curiosidade pódenos, o que non esperabamos era o gusto polo picante. Por fin podemos ver en persoa do que tanto escoitamos e oímos falar, o Coliseo, onde, tras nos perder, paseamos intentando ver pegadas que nos describiran mundos. O Foro Romano non se queda atrás e a súa beleza histórica cautívanos. Fin da xornada, a durmir ente sorrisos. Terceiro día xa e nós sen nos decatar. O Vaticano é o único que compón o noso itinerario. Arte por cada recuncho, crenzas incribles, esencias propias e á vez de todos, relixión. A tarde témola libre, a cidade é nosa e xunto con novas amizades exploramos ata atopar onde cear e conversar de algo tan superfluo como esencial. Voltamos xuntos, vínculos creados que quedarán para sempre en Termini. Último día, espéranos un longo camiño ata Nápoles e Pompeia que merecerá a pena, pois ámbalas dúas forman parte xa de nós. Recordaremos isto como o mellor da viaxe. Camiñar por primeira vez sobre un trozo de pasado en presente e descubrir cada un dos porqués é algo irrepetible que tivemos a sorte de experimentar en primeira persoa. Cansadísimos ceamos e volta ao hotel, derradeira noite, hai que deixar todo preparado, a fin chegou e espérannos cos brazos abertos e mil bicos que teñen o noso nome en Galicia, sempre en Galicia. 10 de abril, imos ao aeroporto, despedímonos de Italia, “arrivederci” dicimos con pena de que esta experiencia acabe. Ás oito e media da tarde xa nos fundimos nun abrazo con cada familia. Cada un vai nun coche, fala cos seus cun sorriso e todos contamos a mesma historia, a nosa historia.
  • 46. CPI Ponte Carreira - Curso 2018/201946 VISITAS CULTURAIS Vai de excursións Remata o curso. Na memoria tamén todas as moitas excursións, obradoiros, actividades organizadas polos distintos seminarios, orientación e clube de lectura. Todos axudaron a sobrele- var o curriculum e aprendizaxe de contidos funcionais de cada materia. Saír fóra ou que nos visite alguén, rompe a monotonía, fai parecer que algo sucede e agradécese. Crúzase mellor o inverno. As saídas teñen o encanto da viaxe, de soñalas mentres preparamos a roupa para o día seguinte, saber que non hai que preparar a mochila é un subidón. Este ano tocou teatro en Santiago (Principal e Auditorio); visitas culturais ( Universidade, Exposición do Gaiás); encontro con creadores (En Santiago Diego Ameixeiras, aquí, Aldaolado e Paula Guimaraes); visita ao museo natural (paseo pola xeografía e fauna de todo o planeta); non faltou de nada; das saídas culturais o que máis nos gusta é a posibilidade de poder compartírmolas con outros centros. Gustamos de ver caras novas. Houbo tamén excursión de dia enteiro ao mar, como experiencia vivencial do natural. Este ano fumos a Carballo e aproveitamos o que nos ofrecía a zona: a propia vila e o seu muralismo, a súa columna vertebral -río Anllóns- e a zona de Verdes, Buño e a súa cerámica, o Atlántico que bordea a comarca -Razo e Baldaio-. Fomos un mércores, non tocaba mercado nin era hora de copas, a vila era para nós. Fóinola descubrindo a guía que nos agardaba. Presentounos prazas e murais. Arte urbano, reclamo de presenza de intervencións plásticas que desautomatizan a ollada, que humanizan a vila, que fan pararse a transeúntes, que acollen a recén chegados, que invitan a autoexpresión, que son reclamo para saír a rúa, para ficar na vila, para querer deixar pegada. Carballo é hoxe obxecto de visita polos seus murais onde se mostra o máis xenuíno e están abertos á intervención de artistas novos, sexan de onde foren. Hainas curiosas. Unha artista pola- ca, namorada ela, pinta en Carballo unha parella abrazándose baixo a choiva para consolarse da morriña. Os de Carballo chámanlle O Bico, ela puxéralle Morriña. Un artista palestino pinta a súa noiva, hoxe está preso en Israel. Unha artista arxentina, reivindica o liño e o téxtil artesán nunha imaxe de muller sen rostro só mans e teas facéndolle o corpo. A caperuchiña vermella leva antifaz de lobo e cruza os bosques: as nenas aprenden. Había 75 intervencións non imos falar de todas, pero non podemos esquecer a pataca de Fina de Carballo. A modelo é de alí, a pataca tamén. Verdes é unha caricia de humidade e sombra fresca, alento adánico. O tempo desaparece. Xogo de sombras, pozas de auga, invitación a vida. Houbo comida, risos e baño. No Ecomuseo de Forno do Forte, en Buño, tivemos a ocasión de coñecer a arquitectura po- pular do XIX, visitando este complexo de vivendas de Oleiros de dúas alturas: hoxe, taberna, recep- ción e tenda. Tamén, claro, forno e hórreo. Tivemos obradoiro con torno, fixemos tazas, saímos con elas nas mans aínda sen cocer, fráxiles. Houbo drama. A Paula rompéronlle a súa, malia cuidala con esmero. Reparouna Rubén, o barro permitiuno. Na casa esnaquizóuna Lorena. Non estaba de existir. Paula superará o trauma, tivo as condolencias e solidariedade de todxs. Acabou o día en Baldaio, area, entrada de mar en terra, lagoa, soedade. Algún paseante de cans e nós. Nós sós sen pagar entrada no paraíso. Regresamos. Nós todxs.
  • 47. CPI Ponte Carreira - Curso 2018/2019 47 Este ano os alumnos de segundo decidimos disfrazarnos de TROTEI- ROS. Este disfrace típico do Concello de Bande (Ourense) debe o seu nome a que antigamente saían de diferentes parroquias e “trotaban” polas aldeas levando “ O Entroido”. O traxe consistía nunha camisa branca adornada con hedras ( na actualidade usan cintas de varias cores) , unha capa de gancho branca, que eran fundas de almofadas ou co- xíns, colocada nas costas, un calzón de lenzo branco longo (cirolas) con cintas iguais ás da camisa, unhas polainas de coiro e uns zapatos negros. Como accesorio levaba unhas crocas na cintura e un sombreiro de palla engalanado cun espello na fronte contra o mal de ollo e as mei- gas e postais antigas que os noivos enviaban ás súas noivas dende o servizo militar. Ademais levaban un pau co que os troteiros intentaban levantar as saias das rapazas. Con este disfrace pasámolo xenial ademais de aprender un montón de cousas sobre distintas tradicións de Galicia, cousa que sería unha pena perder pois son as vivencias dos nosos antepasados.
  • 48. CPI Ponte Carreira - Curso 2018/201948 Como aos de 3º e 4º non nos gustan as liortas decidimos escoller o disfrace de boteiro de Viana do Bolo para manter a raia a todo aquel que se pasara de listillo. Confeccionamos o disfrace con todas as cores que puidemos tanto para a camiseta como para a pantalla que levaba- mos na cabeza, que, por certo, que incomodidade!!!! Apoiados nunha vara fomos dando brincos polo desfile adiante e, de vez en cando, pe- gabamos algunha vareada que nos fixo esbozar un sorriso burlón que non se nos quitou da cara en todo o desfile. O peor foi facer o disfrace. Pasamos meses cortando e pegando pa- pel machè. Ao aplaudir cando acabamos o disfrace quedaronnos as mans pegadas por culpa da cola e a silicona que usamos, pero pagou a pena.
  • 49. CPI Ponte Carreira - Curso 2018/2019 49 Á aula de 5º chegaron: sombreiros de palla, moitos moitos rolos de papel de cores, bolsas de plástico, panos bor- dados e cintos con chocas. Medimos, recortamos, pega- mos, decoramos,...e fixemos o disfrace dos VOLANTES DE CHANTADA. Este disfrace ancestral, diverso, emocionante, recuperouse na pequena aldea de Santiago de Arriba no municipio de Chantada. Neste entroido ribeirao hai tres personaxes: volantes, maragatos e puchos. As alumnas e os alumnos de 5º combinamos dous personaxes no mes- mo disfrace: por un lado, o volante que representaba aos señores feudais que cobraban impostos; e, por outro, o pucho que é un elemento decorativo impresionante que fai alusión á fertilidade (campos, gando e mulleres) e á primavera. Os maragatos ían vestidos con peles e cranios de animais e abrían o paso e afastaban ás persoas que interrompían a chegada do pucho e os volantes.
  • 50. CPI Ponte Carreira - Curso 2018/201950 Os felos son máscaras emblemáticas do Entroido de Maceda (Ou- rense). A súa orixe pode acharse na Sª de San Mamede e no Val do Medo. O felo emprega un caxato como arma intimidadora e unha máscara que imprime autoridade. Vestirse de felo dá carácter e só poden facelo os homes solteiros. Son por definición espíritus rebeldes e anárquicos pero en tempo de Entroido eles son a lei. Os nenos de 6º de primaria, neste entroido decidimos disfrazarnos de felos. Como era moi traballoso, xa empezamos polo Nadal a facer os pom- póns, que levaba o pantalón, e os nosos pais axudáronnos a coselos. A nosa mestra coseu a fartar, nos adornos das chaquetas. Como levábamos a máscara na cabeza, e ninguén nos coñecía, iamos co caxato guerreando coa xente que nos miraba no desfile que fixe- mos polo pobo. Uns días despóis con este disfraz, participamos no concurso do con- cello. Gañamos o primeiro premio na categoría de ``grupo infantil´´. Pasámolo moi ben !!!!
  • 51. CPI Ponte Carreira - Curso 2018/2019 51 Os alumn@s de 2º escribimos un conto para participar no concurso “Un juguete una Ilusión” de RNE. Con el quedamos finalistas entre 29.000 contos de toda España. Aquí volo deixamos. A Invasión do Emperador Colesterol Ano 2019. Aquel día María, a cociñeira do noso cole, quería preparar peixe. Foi a cociña pero non quedaba. - Que raro! - pensou- se veu o peixe pola mañá. Un estraño ruído veu da ventá. María mirou e veu un OVNI na casa de enfronte. Alí estaba absorbendo toda a comida. De repente un estraño ser de tres cabezas e moi moi gordo apareceu na cociña. María berrou asustada. -Ola, son o Emperador Colesterol e veño do Pla- neta Sedentario para levarme toda a comida da Terra. -Pois aquí xa non queda nada – dixo María – Que lle vou dar aos nenos? O Emperador quitou da súa mochila máxica un montón de comida empaquetada: salchichas, patacas fritas, pasteliños, refrescos...todo encheu as andeis da nosa cociña, aínda que a María non lle parecía moi san. Chegou o recreo, as nosa mochilas estaban cheas de comida pouco saudable. Elba xa non tiña o seu iogur, a Sara desa- parecéralle o plátano, Icía non atopa- ba as súas cirolas e Ainara as fresas. Todos cousas diferentes das que meteramos na casa. Agora tiñamos: boliños, pasteis, refrescos... Estabamos contentos porque nos gustaba esa comida. Ao volver á casa, os nosos pais estaban totalmente hipnoti- zados e preparaban bocadillos de crema de cacao, chocolate, manteiga, nata... Non o podiamos crer! Pero estaban todos hipnotizados polo Emperador Colesterol. Pasaron varios meses e xa estabamos cansos de comer sempre esas comidas tan pouco saudables. Esta- bamos gordos e atopabámonos mal. A Aitor sempre lle doía a barriga, Xoel tiña ganas de vomitar, Noelia tiña que ir a miúdo á pediatra porque se atopaba mareada. Todos tiñamos problemas. Xa non eramos capaces de correr, nin de xogar. O patio volveuse aburrido. Entón dixo José: - e se imos a casa de Rik e Rok para ver se saben o que podemos facer?- Puxémonos en camiño. Como estabamos tan gordos, tivemos que andar toda a tarde. Por fn chegamos e Rik dixo: - Tedes que conseguir vencer ao Emperador Colesterol con imaxinación-. Rok regalounos uns traxes de superheroes e uns reloxos especiais por se nos perdiamos.. Volvemos para ver como podiamos facer. - Podemos vencelo con garfos- dixo Fabián - E con coitelos- dixeron algúns nenos máis. - Non – dixo Brais- temos que facelo cos traxes de superheroes que nos fan ser máis áxiles. - Quizais se atrapamos ao Emperador Colesterol e facemos que leve unha vida sa, se faga bo. - Ao mellor os nosos avós teñen a solución. Eles son moi sabios. - A miña avoa sempre ten sementes agochadas na casa – dixo Elba- seguro que Colesterol non as ato- pou. Ademais non saberá para que serven. - Vale, preguntaremos todos aos nosos avós e avoas. Ao día seguinte todos conseguiramos sementes. Tiñamos sementes de froitas e verduras.
  • 52. CPI Ponte Carreira - Curso 2018/201952 Xoel trouxo unha mazá podre que tiña sementes, Icía atopou unha pera, a Elba deulle a súa avoa se- mentes de xirasol, Brais tiña no seu peto segredo sementes de rabaniños, José atopou sementes de tomates nun caixón, Fabián sementes de melón debaixo do sofá, Noelia tiña sementes de pemento nun armario, a avoa de Lola deulle sementes de verzas, Sara trouxo un sobre de leituga que tiña na súa caixa segreda, Ainara tiña uvas e Fabián sementes que lle quedaran na cabaza do Samaín. O avó de Aitor tiña aga- chada unha becerriña, a avoa de Antón unha galiña e a de Cloe unha coella. Decidimos plantar todas as sementes no horto do cole e coidar ben dos animais que tiñamos. As sementes logo comezaron a medrar e axiña tivemos froitas e verduras. - Seguramente o Emperador Colesterol aparecerá por aquí para levar outra vez toda a nosa comida- dixo Sara. - Temos que idear un plan para atrapalo cando veña- respondeu Elba. - Podemos coller as cordas de saltar e cando veña o Emperador Colesterol, atalo con elas-propuxo Icía. Todos tivemos de acordo. Ao día seguinte apareceu o Emperador Colesterol para levar todo o que tiñamos no horto. Nós estabamos agochados e conseguimos atrapalo coas cordas. Antón propuxo obrigalo a facer deporte. Así que, ensinámoslle a xogar a pillada, a goma, ás agachadas, ao peón, á pelota... Gustáronlle tanto os noso xogos que todos os días quería xogar. Desa maneira, todos comezamos a adelgazar. Mentres tanto, as nosas plantas xa estaban listas para recoller e comer. Decidimos levarllas a María, a nosa cociñeira, para que nolas preparara. María fixo unha comida deliciosa e convidamos ao Emperador Colesterol. O Emperador chupaba os dedos do rica que estaba aquela comida. Dende aquel día, todos os días á hora de comer aparecía no noso comedor para comer connosco. Ao solpor, cando tiña que marchar, dabámoslle un pouco daquela comida. Os nosos animaliños xa medraran e agora tiñamos ovos e leite e xa estaban a piques de parir. Con esta vida tan saudable o Emperador fíxose bo e ata de puxo guapo. Como xa eramos grandes amigos, démoslle algunhas sementes das nosas para que as levara ao seu planeta e así non tería que volver a roubar. Todos estabamos moi ledos. Os nosos pais xa estaban ben, os avós xa non tiñan o colesterol alto, nós estabamos sans e delgados e volvíamos a xogar e divertirnos no patio. O Emperador era noso amigo e vivía no seu planeta, un planeta que agora se chamaba o Planeta Saudable, posto que todos os seus habitantes comían san e facían exercicio. De cando en vez o Emperador Colesterol vennos visitar para xogar e comer a deliciosa comida de María. FIN
  • 53. CPI Ponte Carreira - Curso 2018/2019 53 Pensaron que o mellor sería concienciar ás persoas para non contaminar a auga: - Elaboraron anuncios que se podían visualizar na televisión... - Daban charlas nos colexios para concienciar desde pequenos. - Inventaron videoxogos onde a finalidade era o aforro de auga. - Programaron robots para que limpasen a auga dos ríos e dos mares que xa estivera contaminada. E foi así como a pequena Analía e o profesor Bártulo concienciaron ao mundo da importancia que ten a auga para a vida. Se se che ocorre algunha idea máis non dubides en ... poñela en práctica! Nun pequeno pobo de montaña vivía unha nena chamada Analía. O pobo non tiña máis de trinta casas; nunha delas vivía o despistado profesor Bártulo. Un día, Analïa foi visitar ao profesor porque tiña unha petición moi especial que facerlle: viaxar ao futuro. O profesor díxolle que era unha petición moi difícil de conseguir pero que o intentaría. Entón colleu todo o material e púxose mans á obra. Ao día sequin- te, xa tiña unha gran idea! Sería o mellor invento! Primeiro tiñan que probala, así que... metéronse dentro. Desde fóra parecía unha papeleira do tamaño dunha persoa pero ao meterse dentro era enorme. Analía preguntoulle ao profesor a que ano ían e o profesor díxolle ao 3.626. Mon- taron Analía e Bártulo. Logo encenderon a máquina e apareceron nun lugar parecido ao noso planeta, pero non había calzadas por onde foran os coches. A xente desprazábase nuns patíns moi estranos: non emitían ruído e parecían non contaminar. No medio da cidade había unha gran fonte de pedra da que a xente collía auga. Tamén había un edificio parecido a un centro comer- cial e unha biblioteca ao seu lado. Arredor da cidade había unha muralla para que non entrase auga salgada. Nun lado da muralla había unha fábrica que convertía a auga salgada en auga doce. As fábricas tiñan dentro máquinas moi avanzadas e as persoas so tiñan que meter auga salgada e cun proceso bastante corto saía auga doce. Algunhas persoas levaban uns zapatos que facían que voaran e unhas camisetas que eran impermeables. Mentras miraban a cidade Analía e Bártulo déronse conta de que non tiñan unha máquina para volver ao presente. Aínda que tardaron moito fixeron unha e volveron ao presente. Construíron no seu pobo o museo do futuro e colocaron alí a máquina e todo o material. Todos querían probala! Saíu nos xornais e nalgunhas revistas. Pero aínda así Analía non estaba contenta. Deuse conta dos desperdicios de auga do presente. Entón foi a ver ao profesor Bártulo e díxolle: - Se no ano 3.626 o mundo está así, será porque estamos desperdiciando auga? - Si. Hai que concienciar á xente porque se non imos acabar co mundo -respondeu o profesor. Volveron e dixéronlle a todos o que pasaría se non coidamos o planeta. 5º PRIMARIA
  • 54. CPI Ponte Carreira - Curso 2018/201954
  • 55. CPI Ponte Carreira - Curso 2018/2019 55 MANIFESTO POLA LINGUA Chegou a hora. Galicia, ese barco barado no epicentro do océano. Esa punta de Europa que interroga ao Atlántico, con costumes, falares, formas de vivir e visión da vida propias ten unha traxectoria existencial e histórica, que se traduce nun saber, que hoxe a humanidade precisa que sexa audible. Somos un país migrante, rural, periférico, telúrico, agrario e mariñeiro, comunidade que re- siste despois de tantos proxectos colectivos truncados, despois de tanto traballo de xigantes invisi- bilizado. Chegou a hora de empezar a sabérmonos valiosos, de tomar conciencia da nosa singulari- dade e expresar con dignidade a nosa “alteridade” en diálogo con todas as outras. Soubemos resistir porque nunca esquecemos o auténtico, a verdade das pequenas cousas que medran a ras do chan; porque soubemos crear espazos de goce e de traballo, onde a existen- cia era o centro, onde os lugares e a paisaxe formaban parte de nós e nos traían o eco das persoas, a súa música, a memoria do seu movemento, dos seus dicires, dos seus xestos e ían facendo a nosa memoria onde o vivido convocaba a vida. De sempre asumimos a finitude, integrando a morte na vida, sabendo da fraxilidade da mes- ma e do necesario do seu cuidado. Somos esencia agraria. Somos o país da auga que escoa e se move sen permiso, á marxe da lei que nunca o escoi- ta; somos esencia libre que desencarcera o porvir. Vimos de lonxe, vimos do futuro, encarnamos o pequeno portador do valor infinito; seguimos a ser africanos en tránsito, homo viator que fai camiño. Neste presente de muros na intelixencia, na alma, na casa, na sociedade, nos Estados, toca pór en valor a condición de ser home e muller, de ser pobo colocado sempre como o outro na marxe e soster a dignidade no precario equilibrio da inestabilidade. Somos un pobo de mencer que agardou séculos polo recoñecemento do sentido do seu saber, da súa cultura, da súa forma de ser. O noso saber agrario e mariñeiro, a nosa capacidade de reflexión, escepticismo, humor e resistencia son hoxe valores e habilidades incuestionables para cruzar este presente singular de posibilidades e ameazas contrastadas. Somos un pobo que avanza cando as mans traballadoras son guiadas polos mellores espíritos, eses ombros xigantes que se lle ofrecen para poder alzarse. Saber e saber facer xuntos valores universais. Somos un pobo de práctica de resiliencia continuada. Dez anos sen protección no sector do libro fixeron nacer máis autores, dez anos favorecendo a non transmisión do galego na escola non ceifou os beizos dos nosos nenos. Preferimos entoar a canción de redención; 87% da nosa poboa- ción emprega habitualmente o galego e o 97% segue a entendelo. Seguides a ser uns imperialistas fracasados. A Europa que nacera como espazo de defensa da paz, dos dereitos humanos, da solida- riedade, como espazo multicultural, onde a variedade lingüística e as diferenzas dos pobos eran riqueza, hoxe está en entredito. Pero a humanidade móvese, no noso movernos empregando todas as nosas capacidades creadoras poñemos en camiño ese mundo que ten que vir. A dignidade cambia a música, xa se oe outro eco, vén dunha orquestra coral de matices inauditos onde harmonizan todas as voces, todas as linguas, todos os pobos. A liña abisal xa está cruzada, a loita dos heroes illados móvese en pre- sente. 4º ESO
  • 56. CPI Ponte Carreira - Curso 2018/201956
  • 57. CPI Ponte Carreira - Curso 2018/2019 57
  • 58. CPI Ponte Carreira - Curso 2018/201958
  • 59. CPI Ponte Carreira - Curso 2018/2019 59
  • 60. CPI Ponte Carreira - Curso 2018/201960
  • 61. CPI Ponte Carreira - Curso 2018/2019 61 As bonitas son as máscaras centrais de Sande. O seu nome venlles porque empregaron, nos seus orixes, prendas da vestimenta que trouxeran as xentes que foran á guerra de Filipinas e as pezas eran moi “bonitas”. Un sombreiro de madeira adornado con plumas de aves, normalmente galiñas. Unha máscara de arame de peneira no que se pintan con cores as partes da cara. A súa vestimenta consta de camisa branca e corbata vermella, dous panos de seda con flocos (mantóns de manila) cruzados polo peito e polo lombo, pantalón branco de algodón axustado, unha colcha envolta na cintura facendo de saia e uns chancos de calzado (zapatos negros) con polainas negras. Desfilan portando n aman un vergallo (látigo de vimbio) que lles axuda a por orde durante a celebración.
  • 62. CPI Ponte Carreira - Curso 2018/201962 Un grupo de veciñ@s de Samede (Paderne-A Coruña) veñen de recuperar nestes últimos anos o seu Entroido tradicional. No 2017 recuperaron a Muiñeira Cruzada, bailada polos “bonitos e másca- ras” e que levaba medio século sen bailar, correndo o risco de desaparecer. En 2018 recuperan os Vixigueiros (ou contrarios), unha figura vernácula desaparecida que emprega vixigas para azoutar aos que non se disfrazan e molestar aos bonitos, usada asemade noutros lugares de Galicia. Tamén representan o seu entroido en diferentes mascaradas da península ibérica. O seu obxectivo é recuperar un Entroido Tradicional Rural e Participativo, servindo de alicerce para outros Entroidos Tradicionais esquecidos ou semiesquecidos. Os profes a alumnos de ESO tratamos de reproducir os vixigueiros e queremos rendir homenaxe a tod@s os veciñ@s de Samede polo seu tesón en recuperar o propio, animando a que se traten de recuperar esas tradicións esquecidas e que tan ben definen a nosa idiosincrasia, o feito diferencial que nos enriquece. Os vixigueiros de Samede Muiñeira cruzada de Samede
  • 63. CPI Ponte Carreira - Curso 2018/2019 63 Remata outro curso escolar, o 2018/2019, un curso, que de seguro quedará na memoria de todos/as os que formamos parte desta comunidade educativa como o curso da xubilación de Fefa. Vaia dende aquí a nosa pequena homenaxe por tantos anos de bo facer. Dende a ANPA, tentamos sempre de ofrecer as actividades que máis apropia- das nos parecen para o alumnado do noso centro. Este curso a oferta era atractiva e variada, mais as cousas, non sempre veñen ben dadas e o final non se poden levar a cabo todas, podendo impartirse unicamente a actividade de iniciación e perfeccio- namento a natación na piscina de Arzúa. As preocupacións dunha ANPA son moitas, e cremos que unha das maiores inquedanzas da ANPA “O Fopo”, xa dende fai moitos anos, é que o colexio dispoña da maior cantidade posible de material didáctico e lúdico. Neste eido, fomos quen de conseguir unha doazón por valor de 910€ a través da Obra Social da Fundación “La Caixa”, para dotar de material o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. E por último, desfrutamos dunha gran festa de fin de curso. Dende a ANPA, tentamos colaborar sempre co colexio, co concello ou con cal- quera outro organismo público que demande a nosa axuda. Temos a firme convicción de que a educación é o piar máis importante para conseguir un futuro sólido, de ahí o noso interese por colaborar con todos aqueles organismos que dun xeito ou outro interveñen na educación dos nosos fillos/as. Finalmente, queremos expresar o noso máis sincero agradecemento a todas aquelas persoas que, sendo parte ou non da comunidade educativa, colaboraron dun xeito totalmente desintiresado e altruísta coa ANPA. Grazas por seguir contando connosco.
  • 64. CPI Ponte Carreira - Curso 2018/201964 ATA SEMPRE! Ceo azul/ferida blanca Miles de casualidades, que non sabemos nomear e descoñecemos, lévannos aos lugares que logo son en nós destino e biografía. Sábese si que cando as persoas se atopan, resulta inevi- table unha reacción que transforma a todos, aínda que no momento non se faga visible. A comuni- cación é inevitable e ninguén marcha como entrou. As estruturas van acusando sombras e golpean anque non se nomeen. Falo de pegadas, pegadas indelebles que fican nos centros. Peculiar cociña das aulas, a dos centros de ensino, onde se actúa de urxencia, onde todo muda sen tregua, onde os nenos mudan de pel e nós con eles. Digo “nós“ e abarco a toda a comunidade educativa. As sombras de ausencia van apousando e traen rostros, voces, nomes. Hoxe, aquí, traio un que foi especial para todos. Digo Sr. Manolo. Quedounos unha entrevista pendente. Houbo preguntas que respondeu en encontros sen citas que acaían ao final e ao comezo do curso cando coincidiamos no bar do fillo de Antonio en horas de café. Seguía a chamar a atención a súa elegan- cia natural, o seu corte de traxe de perfecto patronaxe - non sabiamos que era el mesmo o que os facía-. Fóisenos. El que nos cuidou a todos, pequenos e grandes, alumnos e profesores, repartido- res e traballadores do centro. Foi aquí alma. Os rapaces maiores recordan os seus desvelos. Todos as súas atencións. Sempre estaba pendente de que o día seguise azul, de que ningún imprevisto enturbiase as horas; como os heroes gustáballe ter todo previsto. As cousas facíanse ben, el o pri- meiro; fose ao pé do autobús para que os nenos estivesen a salvo, fose no achegamento puntual e seguro de toda a materia prima da cociña, fose para avisarnos algún profesor de que non apaga- ramos as luces do coche. El estaba en todo, como un anxo protector. Seguimos a velo habitando o seu sorriso, tocando a pandereta, sempre coa mellor disposición. Desta vez queremos citalo no bar do fillo de Antonio, ímonos xuntar todos os que o coñecemos, pero desta vez si estaremos todos alí e pagamos nós, quedaron moitos cafés por tomar. Ata sempre Sr. Manolo. Só unha bágoa, estraña simetría Pechou a presentación como suspendido nunha soa bágoa que lle sulcaba o rostro. Fórase xa. Tratábase de resumir, en pouco tempo, toda unha vida para rapaces de 12-16 anos, nenos da Ponte Carreira que interrogaban curiosos a un home dos seus, que deixara Albixoi a súa idade, e que era hoxe lenda viva no mundo do libro en Santiago. Ese día, saíramos do Teatro Principal para ir a librería Couceiro, onde tiñamos cita con Diego Ameixeiras. Unha semana antes, deixaramos dito que nos gustaría ter ao Sr. Couceiro por poñente de honra. Non tivemos resposta. Cabía a sorpresa. Estando á porta, pasou por entre nós, raudo e silandeiro; sen idade. Entramos, recibiunos o escritor, rematou o acto e descendeu, ao fin, o señor Couceiro do andar superior. Había na súa voz emoción e íntima satisfación de estar a falarlles, incluso de si e da súa traxectoria vital. Desgranou o seu percorrido para chegar ao mundo do libro. El que tantos libros deu a coñecer, tiña ben gardado o da súa vida. Deixaba entrever a reflexión moi peneirada de cada chanzo, mostrou como home tímido da súa quinta só eso que lles puidese servir como xeración vindeira, como fan os avós. Era o segundo de seis irmáns, marchou moi novo; moi novo foi xerente de ventas nunha tenda de electrodomésticos, coincidíndolle o éxito coa expansión do televisor entrou en todas as casas. Desafiuzar un televisor era un drama, un trauma familiar para o que el non tiña valor. Non quería ser a voz desa mala nova e deixou o traballo. “Primeiro, choraba a nena; despois, choraba toda a familia”. Ignoraba, cecais, canto de literario había no seu proceder. Ou non. Facía casa en piso de estudantes que logo serían mestres e futuros clientes. Xa daquela estaba cerca do caldo onde se fermenta e coce a sustancia do libro; memoria e saber. El que viña do traballo e sabía traballar non lle tiña medo ao futuro. O futuro foino conducin-
  • 65. CPI Ponte Carreira - Curso 2018/2019 65 ATA SEMPRE! do cara a librería. Acabaría abrindo a librería Couceiro espazo do libro galego e portugués durante moitos anos, lugar de encontro de visitantes curiosos e galegos desexantes de atopar aquelo que lles fora substraído, a súa cultura. Abriuna xusto no momento en que había un público para este libro. Durante anos ía comprar libros a Portugal, acababan de entrar na universidade os estudos de Galego-Portugués. “Hoxe, xa non se le” confesa con nostalxia. El que afirma ter sido feliz cada día neste quefacer, el que ama escoitar, aprender dos que saben e que nunca quixo ter vacacións. Falou sempre en tono baixo, confidencial. Houbo un intre en que ficou a soas, xusto no momento en que se impuxeron as distancias, os soños e foi quen sabe, o rapaz de Albixoi que marchou a Santiago cheo de soños e disposto a triunfar. Das dificultades non falou, todo ten dúas caras. Para os nosos nenos ofreceu a mellor. A outra, a da bágoa e o seu misterio, ficou con el. Mais foi nese preciso instante en que todos os rapaces xa non se querían ir sen el. Moitas grazas por tódolos agasallos deses anacos de vida, de loita, de valores do porvir. Un pracer estar con vostede, veciño de Frades e embaixador das nosas letras en Santiago. Acrosport en esencia Neste ano 2019 onde todas as estruturas se moven, as sociais, as económicas, as medioambientais, as xeopolíticas, as locais e persoais; onde a incertidume se agudiza; onde a inocencia claudica; onde tocou cruzar os meses como destemplados, brillou con luz propia a presenza de Nuria, a nosa profe de E.F. neste curso. Ela sabía de cada parte do corpo como principio creador. A través do corpo somos voz, materia de son. Na pulsión do tono calamos ou mostramos emocións. Cos corpos en movemento somos átomos, molé- culas de luz que se moven por forzas gravitatorias sen desintegrarse no éter. O corpo en repouso constrúe simetrías perfectas; triángulos de armonía, triángulos na circunferencia, hexágonos máxicos. Somos brazos, pernas, columnas resorte, corpos que debuxan arquitecturas perennes no aire, im- prontas visuais súbitas, ateigadas de gracia, de maxia, constatadoras do poder de cada suxeito. Unha concreción de luz, de forma única con nome, identidade, historia, proxección de futuro, esencia de potencial único. O corpo como territorio de conciencia, o baile como expresión festiva e artística do mesmo, posicio- namento valente nun presente concreto, nun espazo a crear, posibilidade de ser transformado en libro de intres e lugares vividos. Vínculos de enerxía viva. Nuria sabía do artificio da maxia, viña do futuro onde os lindes do privado-público non existen, onde os escenarios son dinámicos e unha aula e un corredor poden tamén ser outra cousa. Trátase de pór lentes azuis como o Simbad de Cunqueiro ou cortina branca que invita a poder ser, a confiarse sen ollo de gran irmán que te mide, que te avalía ao redor dun número. Ela traía a frescura dos andares primeiros dos manaciais senlleiros destinada a seguir o seu curso. Ela nacera para andar e sabía deterse para celebrar o movemento e a quietude dos outros. Subíase ás palabras de puntillas e nacían novas e riseiras; sabía pór ao lado vellos medos, crenzas limitantes e dar un paso para esconxurar o baleiro e derrotar a antiutopía que nos mutila. Non deixes nunca de nadar co que se move. Sempre a vida. Grazas, Nuria Castelao pola túa pegada de alegría
  • 66. CPI Ponte Carreira - Curso 2018/201966 ATA SEMPRE! Non hai despedida Soñáronte cando xullo estreaba a noite máis alta, en horas de tempo lento e ritmos intactos de ras a construír sonatas, a confirmar eternidades. Dixeches “sí” e respondiches á chamada de abril. En forxa de estraña alquimia, naceu o teu nome e creoute. De diamante a diamante, en preciso roce, abroias centro que irradia o sentido do necesario, o sublime do imprescindible, o brillo dourado do ”sí” ro- tundo que vén dun saber antigo, dun demorado crista- lizar transido en luz. Pedra es “branca” que espalla tódalas cores; conciencia silente que emerxe sinuosa, entrevendo a oportunidade do afago; soedade esmeralda de osíxe- no nutricio a desoír palabras incautas; paradigma im- posible, punto firme central, equilibrio de balanza onde aflora o sorriso cálido da xusta decisión. Un saber paciente que subxuga as horas, que afianza a fe no poder transformador das mans. Sempre as mans. Para falar de ti naceron as flores. Escollemos a flor de Lis que non existe dicimos “lirio branco”. Damos nome ás tres follas entrelazadas e facemos pedra angular dun edificio a construír. Plástica, biblioteca, titoría. Forma, memoria, semente. Tres follas, arquitectura da flor do Lis. Pedra angular, Gema a casar círculos, a ensamblar paradoxas, a equilibrar desidencias. Árbore da vida, raíces cara ao ceo a crear nova cúpula , sólida e crebadiza como basalto de lúa. Como flor de Loto repeles o pó; na flor azul do liño celeste, celebras o miragre do ser distinto; da chorima bebes as augas do vento e faste terra, comuñón de flor espiña; saudade e alma. Branco, azul, amarelo. A ausencia, ceo, azul, e renaces galega, porque somos a única terra que se nutre da flor do toxo, semente que agarda setenta anos para xermolar, que se multiplica en cento vinte mil unidades. Prodixio de vida en expansión. Amor e mar movéronte de Ge- tafe e ríos subterráneos de abraio de alba, que nos unen, trouxéronte aquí; son esas fendas graníticas que negan fronteiras por onde abroia a esencia malva-azul da diminuta flor arrecenden- te da “uz” que en ofrenda, che ofrece- mos para desmentir despedidas. Sabe o péndulo do equilibrio no logro da idéntica oscilación, do ritmo que compensa. Medra e mingua. Eterno bombeo. Como a lúa, como a lúa. Basta unha palabra para mudar todo. Dicimos: “para sempre, Gema”. Grazas, moitas grazas.
  • 67. CPI Ponte Carreira - Curso 2018/2019 67 ATA SEMPRE! SINCRONÍAS Na retagarda que apuntala, na memoria do logro, convócase á transformación. Ser da mesma provincia, tratándose de Lugo, marca; nacer na mesma década, arredor dos 60, sendo muller, tamén. Ter coincidido en etapa de formación nun colexio singular é, simplemente, estigma. Foi o “Santísimo” en Lugo, casa para nós, dos 10 aos 17. Centro de monxas e alumnas becarias de toda a provincia. Monxas de formación universitaria, horarios de estudos obrigatorios de 2 a 4 horas diarias. Orgullo de centro por resultados curriculares e actividades extraescolares. Alí naceu “Fuxen os ventos”, a letra da súa primeira canción fíxoa Don Xesús Mato, o cura do noso colexio, o primeiro cura que dixo misa en galego desde a Cope. Paradoxos da historia. Neste mesmo colexio de monxas despertabamos cada día con música de Victor Jara, Paco Ibáñez e Silvio Rodríguez. Tiñamos tamén o equipo gañador de balonmán feminino. Representabamos na cidade como profesionais, “Prisioneiro a forza” de Carballo Calero. Algo se tiña salvado alí da pedagoxía da República. Ao lado estaba Fingoi, colexio privado que ensaiaba unha educación libertaria distinta, coa memoria a salvo de Pouso Antelo e os seus métodos de ensino, fundador que fora das escolas-granxa da postguerra. Aínda non morrera Franco. Responsabilidade e eficacia eran hábitos permanentes a inculcar, tamén formación integral; música, teatro e deporte eran sinais de identidade así como a excelencia académica. A maioría de nós fumos co tempo mulleres autónomas e preservamos unha confianza cega na memoria do logro. Quizáis foi o legado daqueles anos. Hoxe fálase de medios de comunicación na UCI, de ascensores sociais onde non entran becarios, de sistema educativo case que sitiado polo mercado. Cando parecía termos saído as mulleres do soto da historia, case que entrou a humanidade enteira; polos corredoiros da sombra foxe a vida e non hai xa tempo para chorar as dores nos cuartos pechados. Fúcheste Fefa coa satisfacción do traballo feito, da alegría como pago. Deseguida estaremos aí parte de nós. A tarefa non remata. Sermos felices ha ser a nosa maior vinganza. Ver oportunidades nas fendas será simplemente utilizar a memoria da infancia. Foi aquí o teu quefacer un calado sendeiro áureo Estilo singular de paso exacto no fluír do cambio Fiabilidade matemática na arquitectura de cada hora Aura en aloumiño de océano sempre contido Voz de marusía sabedora da alga rizada no mediodía Ilusión na luz renovada con folgos de abril Llama es coa ollada no horizonte sorteando a travesía Afago de avelaiña viaxeira e mar que ancora Rego fecundo en alicerce de auga lento sementar de anos a medrar no futuro.
  • 68. CPI Ponte Carreira - Curso 2018/201968 ATA SEMPRE! Último ano. Unha porta que se pecha, outra que se abre. Derradeiro adeus, xa non hai máis escaleiras que subir nesta escola. Mil recordos, un sorriso. Sempre un se decata do que tiña cando xa o perdeu, e con isto non quero dicir que nunca máis poida acudir ao lugar que se converteu no meu outro fogar, pero sí que endexamais as emocións e sentimentos serán os mesmos. Os reais, os vividos unha vez, quedarán aquí, nun susurro, para acompañar a todas as almas que se sintan rotas neste proceso de existencia chamado vida. Cada aula, cada rincón, gardan miles de historias. Eles, testemuñas caladas da nosa evolución , con marcas do noso paso, son os únicos sabedores do que os nosos rostros ocultaban, tanto para ben como para mal. Neste ambiente coñecín miles de futuros alternativos , descubrinme a min mesma, formei a miña perso- nalidade, destruín demos, cultiveime como persoa humana e creei comunidade. Unha comunidade que estivo aí en cada momento, sacando sorrisos con trucos excepcionais como os que teñen os mellores magos. Unha comunidade que aportou vida e que será recordada con anécdotas do íntimo. Estes trece anos son acompañados por cada unha das historias das letras, polo desexo de tocar a frauta, por un “abra cadabra” que abría todas as portas, polos títeres bilingües, polas persoas que nos guiaron paso tras paso, por un olor a café, por cada chiste no laboratorio, pola literatura na pel, polo amor ao noso, polo sentimentalista máis oculto, pola man alzada que nos guiou en cada trazo, pola emoción á historia contaxiada, polos problemas de xenética tan ben explicados, polo anticipo do mapa de encrucilladas, por cada risa numéri- ca, polo capacidade de resistencia, pola segunda nai deste curso, polo cariño ao país veciño, pola descubridora da liberdade nunha semana como tamén por cada unha das pezas que axudaron a facer este puzzle. Non fai falta citar nomes cando as experiencias se asentan no máis profundo e a identidade é descrita. Sei que os cambios son necesarios, que mudar nos fai crecer, pero hai tanto que queda atrás que por moito que ansies unha alteración do monótono doe que a maior etapa da túa vida acabe. Pasar por Ponte Carreira foi, é e será un soño e un privilexio, grazas a esto SON. Espero de corazón que aquí se siga amando por moito máis tempo. Por favor, non olvidemos o inolvidable. Nuria Núñez 4º ESO RESINEFABLE Raíces imantadas nun raio sen remorsos Emblema de “eus” harmónicos de comunal estigma Simulado silencio, seitura de vello ruído Iridiscencia mimética de peixes libres Neve en néboa que desnortea olladas opacas Estaca derrotada, nosa victoria Filme en branco e negro no futuro sen data Abraio de abrazo de amorodo en sombra Balada que anaina o vento no berce imsomne Lenzo en leve luz que prefigura sons de vento-folk Etapa cerrada, bágoas e sorrisos ubicuos Cara adentro, Cara adentro. Auladecuarto2019@frades.gal
  • 69. CPI Ponte Carreira - Curso 2018/2019 69 Braulio Tuber na Ponte Carreira!! Braulio veunos visitar e falamos das matemáticas. Contámoslle que serven para xogar, para cons- truír cousas, para comprar e para moito máis. Ás veces soltaba unha risa falsa que nos contaxiaba a todos. Foi unha visita divertida. Pasámolo pipa! E ademais saímos na tele!! Se queres vernos entra na páxina da TVG http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/braulio-tuber-ii-46-4075966. Alumn@s 2º EP
  • 70. CPI Ponte Carreira - Curso 2018/201970