SlideShare a Scribd company logo
1 of 5
O PEIXE DE OURO
Un día un pequeno peixe de ouro caeu na rede dun pobre
pescador. E o peixiño dixo:
— Bo home, devólveme ao mar e dareiche o que me pidas.
Entón o pescador contoulle á súa muller o sucedido, ela
gritou:
— ¿Como é posible? Vivimos na miseria e deixas que se che
escape a fortuna das mans.
O pescador correu a beira do mar e chamou ao peixiño:
— Peixe de ouro, peixe de ouro…! A miña muller quere que
nos saques da miseria en que vivimos.
— Anda, ve para túa casa –díxo o peixe-. Atoparás comida
en abundancia e unha cabana nova. E así foi. Á súa volta, o
pescador atopou unha magnífica cabana na que non faltaba
de nada. Pero a muller do pescador non quedou satisfeita e,
unha e outra vez, ordeou ao seu marido que fose pedir ao
peixe de ouro todo o que ela desexaba: un palacio, luxosos
vestidos… E o peixiño sempre atendía as súas súplicas.
Un día, a codiciosa muller desexou ser a raíña das augas. E o
pescador tivo que comunicar ao peixe o novo capricho da súa
esposa.
— Iso nunca! –dixo o peixe de ouro-. É demasiado mala.
E tras pronunciar estas palabras, o peixe desapareceu baixo
as augas.
Cando o pescador volveu á súa casa, atopou a súa cabana de
outrora e á súa muller vestida con farrapos. Outra vez
volvían vivir na miseria.
O pescador colleu de novo a súa barca e foise a pescar. Pero
nunca caeu na súa rede aquel pequeno e xeneroso peixe de
ouro.
PROBA DE COMPRENSIÓN
1.- ¿De que era o peixe que colleu e pescador?
• De ouro
• De prata
• De bronce
2.- ¿Que fixo o home co peixe?
• Levouno a casa para cociñalo
• Vendeuno no mercado
• Devolveuno á auga
3.- Ao contarllelo a súa muller…
• Alegrouse
• Enfadouse
• Escondeuse en casa
4.- ¿Que lle pediu o home ao peixe?
• Que lle sacase da miseria
• Que lle regalase unha casa
• Que lle dese moito diñeiro
5.- ¿Que atopou cando regresou a casa?
• Unha casa luxosa
• A súa casa de sempre
• Unha magnífica cabana
6.- ¿Que desexaba a muller?
• Un palacio e luxosos vestidos
• Un castelo e roupa nova
• Unha gran mansión
7.-¿Cal foi o desexo que o peixe non quixo compracer?
• Ser a raíña do país
• Ser unha gran raíña
• Ser a raíña dos mares
8.- ¿Que pensa o peixe que é a muller?
• Celosa
• Mala
• Envexosa
9.- ¿Como se atopa ao final do conto o pescador?
• Pobre como ao principio
• Rico
• Contento e feliz
10.- ¿Que refrán reflicte mellor o ocorrido no conto?
• Home precavido vale por dous
• A avaricia rompe o saco
• Nunca é tarde se a @dicha é boa

More Related Content

More from Celso Francisco Gómez Caamaño (20)

Tema7 200324175454
Tema7 200324175454Tema7 200324175454
Tema7 200324175454
 
Tema 7
Tema 7Tema 7
Tema 7
 
B17e2e 4f49889036fe46ce949586d9eb8bd827
B17e2e 4f49889036fe46ce949586d9eb8bd827B17e2e 4f49889036fe46ce949586d9eb8bd827
B17e2e 4f49889036fe46ce949586d9eb8bd827
 
O morcego
O morcegoO morcego
O morcego
 
O morcego
O morcegoO morcego
O morcego
 
Información Parroquial
Información ParroquialInformación Parroquial
Información Parroquial
 
Diciembre
DiciembreDiciembre
Diciembre
 
Hoja parroquial mayo 2019
Hoja parroquial mayo 2019Hoja parroquial mayo 2019
Hoja parroquial mayo 2019
 
Viacrucis
ViacrucisViacrucis
Viacrucis
 
Copia
CopiaCopia
Copia
 
Hoja parroquial marzo 2019
Hoja parroquial marzo 2019Hoja parroquial marzo 2019
Hoja parroquial marzo 2019
 
Pastoral enfermo
Pastoral enfermoPastoral enfermo
Pastoral enfermo
 
Hoja parroquial febrero2019
Hoja parroquial febrero2019Hoja parroquial febrero2019
Hoja parroquial febrero2019
 
Cuaresma 2019
Cuaresma 2019Cuaresma 2019
Cuaresma 2019
 
La voz de la parroquia mayo
La voz de la parroquia mayoLa voz de la parroquia mayo
La voz de la parroquia mayo
 
Coplas maio 2018
Coplas maio 2018Coplas maio 2018
Coplas maio 2018
 
Coplas maio
Coplas maioCoplas maio
Coplas maio
 
Triptico raquel ponferrada
Triptico raquel   ponferradaTriptico raquel   ponferrada
Triptico raquel ponferrada
 
Hoja parroquial correspondiente al mes de Abril
Hoja parroquial correspondiente al mes de AbrilHoja parroquial correspondiente al mes de Abril
Hoja parroquial correspondiente al mes de Abril
 
la voz de la Parroquia
la voz de la Parroquiala voz de la Parroquia
la voz de la Parroquia
 

O peixe de ouro

  • 1. O PEIXE DE OURO Un día un pequeno peixe de ouro caeu na rede dun pobre pescador. E o peixiño dixo: — Bo home, devólveme ao mar e dareiche o que me pidas. Entón o pescador contoulle á súa muller o sucedido, ela gritou: — ¿Como é posible? Vivimos na miseria e deixas que se che escape a fortuna das mans. O pescador correu a beira do mar e chamou ao peixiño: — Peixe de ouro, peixe de ouro…! A miña muller quere que nos saques da miseria en que vivimos. — Anda, ve para túa casa –díxo o peixe-. Atoparás comida en abundancia e unha cabana nova. E así foi. Á súa volta, o pescador atopou unha magnífica cabana na que non faltaba de nada. Pero a muller do pescador non quedou satisfeita e, unha e outra vez, ordeou ao seu marido que fose pedir ao peixe de ouro todo o que ela desexaba: un palacio, luxosos vestidos… E o peixiño sempre atendía as súas súplicas.
  • 2. Un día, a codiciosa muller desexou ser a raíña das augas. E o pescador tivo que comunicar ao peixe o novo capricho da súa esposa. — Iso nunca! –dixo o peixe de ouro-. É demasiado mala. E tras pronunciar estas palabras, o peixe desapareceu baixo as augas. Cando o pescador volveu á súa casa, atopou a súa cabana de outrora e á súa muller vestida con farrapos. Outra vez volvían vivir na miseria. O pescador colleu de novo a súa barca e foise a pescar. Pero nunca caeu na súa rede aquel pequeno e xeneroso peixe de ouro.
  • 3. PROBA DE COMPRENSIÓN 1.- ¿De que era o peixe que colleu e pescador? • De ouro • De prata • De bronce 2.- ¿Que fixo o home co peixe? • Levouno a casa para cociñalo • Vendeuno no mercado • Devolveuno á auga 3.- Ao contarllelo a súa muller… • Alegrouse • Enfadouse • Escondeuse en casa 4.- ¿Que lle pediu o home ao peixe? • Que lle sacase da miseria • Que lle regalase unha casa • Que lle dese moito diñeiro
  • 4. 5.- ¿Que atopou cando regresou a casa? • Unha casa luxosa • A súa casa de sempre • Unha magnífica cabana 6.- ¿Que desexaba a muller? • Un palacio e luxosos vestidos • Un castelo e roupa nova • Unha gran mansión 7.-¿Cal foi o desexo que o peixe non quixo compracer? • Ser a raíña do país • Ser unha gran raíña • Ser a raíña dos mares 8.- ¿Que pensa o peixe que é a muller? • Celosa • Mala • Envexosa
  • 5. 9.- ¿Como se atopa ao final do conto o pescador? • Pobre como ao principio • Rico • Contento e feliz 10.- ¿Que refrán reflicte mellor o ocorrido no conto? • Home precavido vale por dous • A avaricia rompe o saco • Nunca é tarde se a @dicha é boa