Galiza e Rosalía
Galiza era unha brétema mollada,
escuridade pecha, sen estrela:
a lingua estaba murcha, asoballada,
e semellaba morta Compostela!
Galiza era monte e mais terrón,
era un ermo lonxincuo e esquecido:
faltáballe a palabra canción,
faltáballe atopar o seu sentido!
Galiza era fantasma entre silveiras,
era un misterio apenas revelado:
faltábanlle as palabras verdadeiras
para se poder decatar do seu estado!
Galiza era sardiña, o pan centeio,
a pobreza cuberta polo orballo:
faltáballe unha areia e un anceio,
a canción do arado e do trasmallo.
Manuel María (A Rosalía, 1971)

Galiza e rosalía

  • 1.
    Galiza e Rosalía Galizaera unha brétema mollada, escuridade pecha, sen estrela: a lingua estaba murcha, asoballada, e semellaba morta Compostela! Galiza era monte e mais terrón, era un ermo lonxincuo e esquecido: faltáballe a palabra canción, faltáballe atopar o seu sentido! Galiza era fantasma entre silveiras, era un misterio apenas revelado: faltábanlle as palabras verdadeiras para se poder decatar do seu estado! Galiza era sardiña, o pan centeio, a pobreza cuberta polo orballo: faltáballe unha areia e un anceio, a canción do arado e do trasmallo. Manuel María (A Rosalía, 1971)