1. CIRCULAR INFORMATIVA
CLUB DE LECTURA “LENDO NA XUNQUEIRA”
Un ano máis, queremos voltar a propoñervos a actividade extraescolar do Club de
Lectura, co obxectivo de favorecer a formación de lectores competentes e a creación e
consolidación do hábito de ler.
Esta actividade ten carácter extraescolar e voluntario. Forma parte do noso Proxecto
lector de centro e desenrolarase durante un recreo cada quince días aproximadamente. Neste
momento un grupo de alumnos e profesores reuniranse para escoller e ler diferentes libros ao
longo do curso. Empezaremos a finais de outubro e remataremos a finais de maio. Nas
reunións acordamos a lectura que imos facer durante ese período de 15 días e comentamos o
lido para a data acordada. Ademais realizaremos actividades complementarias relacionadas co
que estamos a ler: murais, exposicións, asistencia a charlas, presentacións para os festivais do
cole... Ademais organizaremos un roteiro literario cara a finais de curso. Todo o material que
empreguemos: libros, libretas, cartulinas, rotuladores… será gratuito.
Para anotarse compre entregar esta autorización firmada polo pai/nai/titor(a) do
alumno/a. A data límite para anotarse é o 27 de setembro de 2019.
Continuaremos tamén co club de lectura de adultos. As persoas interesadas en
anotarse poden recoller a folla de inscripción en conserxería ou secretaría ou decirlle ao seu
neno ou nena que lla recolla para devolvela asinada.
Esperamos que esta actividade resulte atractiva e motivadora xa que nos permite
COMPARTIR un espazo de LECER e unha afición entre alumnado e profesorado.
¡Animádevos!
Cortar pola liña
AUTORIZACIÓN CLUB DE LECTURA
D/Dª ________________________________________, pai/nai/titor do
alumno/a _____________________________________ do curso _______ , grupo
2. _______ dou a miña autorización á súa participación no Club de lectura do CPI A
Xunqueira e nas actividades organizadas polo club ao longo do curso 2019-20.
Fene, ____ de _______________ de 2019
Asdo.:_____________________________________