SlideShare a Scribd company logo
1 of 44
Download to read offline
Propostas dunha
profe de AL (en corentena)
para a corentena
Paula OteroFreijomil
CEIP de Cervo
Recomendacións
Quen nos diría a comezos deste curso que o día 15 de marzo do 2020 se paralizaría o país? Estamos a vivir
unha situación excepcional que nos supuxo un cambio radical a todas e todos. E persoalmente, falando dende a
perspectiva de docente, síntome perdida, frustrada, adobiada, fatigada, consumida... sentimentos que estou segura que
outros moitos profesionais e, por suposto, familias, comparten. E sentimentos que en moitas ocasións provocan que
naveguemos sen rumbo, que nos centremos no banal e nos esquezamos do realmente importante.
Expreso todo isto porque non quero que este documento se entenda como unha carga máis para as familias,
unha nova tarefa por facer ou un abafo engadido. A miña principal finalidade é dar alento a aquelas familias que o
necesiten, darlles a posibilidade de que se sintan acompañadas, darlles unha oportunidade para compartir tempo coas
súas fillas e fillos. Tamén, e sendo totalmente sincera, elaboro este documento para que a miña conciencia como
mestra, especialista en Audición e Linguaxe, descanse e se sinta un pouco mellor por estar aportando o meu pequeno
gran de area.
Dito isto, só vos recomendo continuar lendo o resto de páxinas do documento se queredes pasar un bo rato e
se queredes engadir a estes días tristes e cheos de preocupacións, un momento de diversión, de evasión e, por suposto,
de aprendizaxe.
As propostas que se amosan a continuación non necesitan dunha explicación determinada, simplemente
botádelles un ollo e se vedes que algunha vos resulta interesante e considerades que aos vosos fillos ou fillas lles
pode motivar, adiante, levádea a cabo e, por favor, gozade, que diso se trata.
Ánimo e saúde!
Receitas de cociña
Fonte:
https://www.instagram.com/estefaniavarela.nutricion/
TORTIÑAS DE AVEA
INGREDIENTES (6 tortiñas):
- 2 ovos
- ½ plátano
- ½ cunca de fariña de avea
PASOS:
1. Bater os ovos xunto ao plátano ata que quede
unha masa uniforme
2. Engadir a fariña (ou copos de avea triturados) e
mesturar ben
3. Poñer unha tixola e cando estea quente ir botando
a masa (pouco a pouco) dándolle forma de tortiña
4. Decorar as tortiñas ao gusto: marmelada, froita,
pebidas de chocolate...
BROWNIE DE CHOCOLATE
INGREDIENTES :
- 1 ovo
- 1 plátano
- 2 culleres de cacao en polvo
- 120gr de abelás
- 1 puñado de noces picadas
PASOS:
1. Picar as abelás ata que quede unha crema
2. Engadir o cacao e mesturar
3. Engadir o plátano e o ovo e mesturar
4. Verte nun recipiente e enfornar a 180º
durante 20min
Unha actividade moi atractiva para adultos e nenas/os son as receitas de cociña, coas que podemos descubrir
novos sabores, novas maneiras de cociñar e algún talento culinario oculto. Aquí aparecen algunhas realmente
deliciosas e moi saudables. Ñam ñam…
Fonte:
https://www.instagram.com/realfooding/
Receitas de cociña
BOMBÓNS DE CHOCOLATE
INGREDIENTES (30 bombóns):
- 450gr chocolate negro
- 250gr améndoa picada
PASOS:
1. Tostar as améndoas no forno.
2. Derreter o chocolate ao “baño María”
3. Engadir as améndoas no chocolate derretido e mesturar
todo
4. Darlle forma aos bombóns con dúas culleres e ir
colocándoos nun papel de forno
5. Deixar arrefriar no frigorífico ata que estean
solidificados
BISCOITO DE CABAZA
INGREDIENTES:
- 200gr de fariña integral de trigo/espelta
- 250gr cabaza asada
- 300gr dátiles sen óso
- 2 ovos
- 150ml auga
- 100ml aceite de coco
- 1 culleriña bicarbonato
- ½ culleriña fermento
- 1 culleriña canela
- ½ culleriña noz moscada
- Chisco de sal
- 60gr noces picadas
- 60gr chocolate negro picado
PASOS:
1. Prequentar o forno a 180º
2. Bater os dátiles, o aceite de coco e a cabaza asada. Despois, engadir os ovos e a
auga e volver a bater
3. Mesturar nun recipiente grande a fariña, as especies, o sal, o bicarbonato e o
fermento. Incorporar o contido antes batido e mesturar todo
4. Engadir as noces e o chocolate
5. Enfornar 45-60 minutos
Fonte:
https://www.instagram.com/avenayaguacate/
Receitas de cociña
PIZZA
INGREDIENTES MASA:
- 250gr fariña de trigo
- 1 vaso leite
- 1 sobre fermento
- 1 culler aceite de oliva
- 1 culleriña sal
PASOS:
1. Mesturar o leite coa fariña, o fermento, o sal e o aceite
2. Amasar ata que non se nos pegue a masa ás mans
3. Deixar fermentar 30min (canto máis tempo fermente
mellor sairá a masa)
4. Estender a masa coa axuda dun rodete
5. Engadirlle á masa ingredientes ao gusto. Ex. Salsa de
tomate, queixo, cogomelos, ovos, olivas, ourego...
6. Enfornar 20-30min a 200º
HAMBURGUESAS DE GARAVANZOS
INGREDIENTES (4 BURGUERS):
- 2 dentes de allo
- ½ cebola
- ½ pemento vermello
- 1 bote de garavanzos cocidos
- 1 culleriña de comino
- 1 culleriña de xenxibre
- 1 culleriña de cúrcuma
- 2 culleres de fariña de avea
- 2 culleres de pan raiado
- 8 culleres de aceite de oliva
PASOS:
1. Lavar os garavanzos, trituralos e botalos nun recipiente
2. Triturar o allo, a cebola e o pemento e botalos xunto aos
garavanzos
3. Engadir as especies e a fariña e mesturar todo ben ata ter unha
masa homoxénea
4. Formar as hamburguesas e metelas no frigorífico durante un ratiño
5. Pasar as hamburguesas polo pan raiado
6. Botar aceite nunha tixola e cando estea quente, dourar as
hamburguesas por ambos lados
Xogos sen material
 Vexo, vexo.
 Da Mariña chega un barco cargado de… Ir engadindo obxectos/persoas/animais á lista e lembrar os
mencionados anteriormente.
 Mímica. Películas, libros, animais, profesións, debuxos animados…
 As agachadas.
 Pedra, papel, tesoiras.
 Palabras encadeadas. Buscando unha palabra que comece pola última letra/sílaba da anterior.
 Limbo.
 Pita cega.
 Carreiras de carretillas, á pata coxa, a catro patas, cara atrás…
 Quentamans.
 Pulso de pulgares.
 Simón di…
 Furor, furor! Cancións que teñan a palabra “azul”, “aire”…
 Estatuas.
 Un, dous, tres, zapatiño quieto é.
 Antón Pirulero.
Xogos con material
 Parchís. Modelo no Anexo I
 Oca. Modelo no Anexo I
 Axedrez-Damas.
 Afundir a flota. Modelo no Anexo I
 TuttiFrutti. Modelo no Anexo I
 Carreiras de culleres. Na culler podemos poñer unha pelotiña, un ovo, unha bola de papel…
 Aforcado. Modelo no Anexo I
 Bolos con botellas. Podemos encher as botellas de auga/area ata a metade.
 3 en raia. Modelo no Anexo I
 Bingo. Modelo no Anexo I
 O xogo dos ceros. Modelo no Anexo I
 O comecocos. Modelo no Anexo I
 Carreira de bolis. Modelo no Anexo I
 Que teño no coco? As palabras poden ser animais, froitas, personaxes famosos, profesións…
 Debuxos a cegas. Pensamos un debuxo, tapamos os ollos, comezamos a debuxar e o resto adiviña.
 Memory. De debuxos-debuxos, debuxos-palabras, cancións-artistas, libros-autores…
 As chapas.
Refraneiro
Auga de agosto…   …xaneiro ventoso.
Nadal chuvioso…   …mel e mosto.
Ceo empedrado…   …buxainas no camiño.
Marzo, marzolo…   …mantén ao seu dono.
Ovella que berra…   …chan mollado.
A horta en outono…   …millo arrendado.
En abril…   …trebón e raiolo.
En boca pechada…   …pon os pés ao braseiro.
Xullo andado…   …bocado que perde.
O que non xogou…   …por vello que por demo.
En San Xoán…   …non entran moscas.
Cando o paxaro a pica…  …verán caloroso.
No mes de xaneiro…   …a froita está rica.
O demo sabe máis…   …a sardiña molla o pan.
En maio…   …augas mil.
Polo San Martiño…   …nin perdeu, nin gañou.
Inverno chuvioso…   …aínda a vella queima o tallo.
Fonte: https://concellodetouro.webnode.es/refrans/ Solucións: Anexo II
Adiviñas
 Unha señorita moi aseñorada, sempre está na casa e sempre está mollada.
 Pequena como unha abella e enche a casa ata a tella.
 Doce señoritas nun balcón, todas teñen medias e zapatos non.
 Cinco paociños son e no medio está o maior.
 Que cousa é, que canto máis grande é menos se ve?
 Cal é a cousa que anda e non se ve?
 Anda e non ten pés e fala e non ten boca.
 Onte oviño, hoxe capulliño, mañá voarei como un paxariño.
 Dous irmanciños van ó compás, cos pés para adiante e os ollos para atrás.
 Na horta son criada, na horta fun nacida, e fago chorar a todos, os que me miran partida.
 Unha vella cun só dente, chama pola súa xente.
 Pelos por fora, pelos por dentro, recacha a perna e métea dentro.
 Pon col cara o revés e o meu nome tes.
 Que cousa de adiviñar é, que canto máis lle sacan menos se ve?
 Nace na fonte, tráena para a casa e baila como unha rapaza.
 Anda e non ten pés, come e non ten boca, canta comida lle dan toda lle parece pouca.
 Aínda que teño patas, non me podo mover, levo ás costas a comida e non a podo comer.
Fonte: https://concellodetouro.webnode.es/adiviñas/ Solucións: Anexo III
Pasatempos
Atopa 8 comidas típicas galegas.
F
Á
C
I
L
M
E
D
I
O
D
I
F
Í
C
I
L
Fonte para crear sopa de letras: https://www.educima.com/wordsearch.php Solucións: ANEXO IV
Pasatempos
Atopa 8 lugares da Mariña Lucense.
F
Á
C
I
L
M
E
D
I
O
D
I
F
Í
C
I
L
Fonte para crear sopa de letras: https://www.educima.com/wordsearch.php Solucións: ANEXO IV
Pasatempos
Atopa 8 árbores autóctonas.
F
Á
C
I
L
M
E
D
I
O
D
I
F
Í
C
I
L
Fonte para crear sopa de letras: https://www.educima.com/wordsearch.php Solucións: ANEXO IV
Pasatempos
Completa os Sudokus.
F
Á
C
I
L
M
E
D
I
O
D
I
F
Í
C
I
L
Solucións: ANEXO VFonte: https://www.sudoku-online.org/imprimir-sudokus.php
https://www.sudoku-online.org/sudokus-ninos.php
Pasatempos
Completa os Sudokus.
F
Á
C
I
L
M
E
D
I
O
D
I
F
Í
C
I
L
Solucións: ANEXO VFonte: https://www.sudoku-online.org/imprimir-sudokus.php
https://www.sudoku-online.org/sudokus-ninos.php
Escritura Creativa
Inventa breves historias que conteñan estes pares de debuxos:
____________________
____________________
____________________
____________________
____________________
____________________
____________________
____________________
____________________
____________________
____________________
____________________
____________________
____________________
____________________
____________________
____________________
____________________
____________________
____________________
____________________
____________________
____________________
____________________
____________________
____________________
____________________
____________________
Fonte imaxes: https://www.flaticon.com/
Escritura Creativa
Lanza os dados e inventa unha historia:
Escritura Creativa
Se puideras ter un súperpoder, cal sería?
_______________________________________________________
_______________________________________________________
______________________________________________________________
Como sería o cole perfecto para ti?
______________________________________________________________
________________________________________________________________
______________________________________________________________________
A onde che gustaría viaxar e por que?
_______________________________________________________
_______________________________________________________
______________________________________________________________
Acabas de atopar na túa habitación unha cría de Tiranosaurio Rex, que farías?
_______________________________________________________
_______________________________________________________
______________________________________________________________
Eres director de cine, cal será a túa próxima película e de que tratará?
_______________________________________________________
_______________________________________________________
______________________________________________________________
Escritura Creativa
Hoxe pola noite veñen os teus primos e primas a cear e ti eres ti o encargado/a de preparar
o menú, pero lembra que as súas receitas favoritas son as noxentas e repugnantes:
PRIMEIRO PRATO:
_________________________________________________
_________________________________________________
_________________________________________________
SEGUNDO PRATO:
_________________________________________________
_________________________________________________
_________________________________________________
SOBREMESA:
_________________________________________________
_________________________________________________
_________________________________________________
Mandalas
Fonte: https://imprimirmandalas.com/
Mandalas
Fonte: https://imprimirmandalas.com/
Mandalas
Fonte: https://imprimirmandalas.com/
Mandalas
Fonte: https://imprimirmandalas.com/
Mandalas
Fonte: https://imprimirmandalas.com/
Mandalas
Fonte: https://imprimirmandalas.com/
Mandalas
Fonte: https://imprimirmandalas.com/
Mandalas
Fonte: https://imprimirmandalas.com/
Recursos Dixitais
APLICACIÓNS DE LINGUAXE:
● myabckit ● early reading ● el sonido de las letras ● name play ● dyseggxia ● nok
silabas ● dic dic ● abc dash! ● domino ● aprender a leer ● lola abc ● juega sílabas ●
sopa sílabas ● ordena las sílabas ● tato palabras ● conciencia fonológica ● prolexyco
APLICACIÓNS DEFALA:
● tate ● hablando con nok ● huff n’puff ● pictosonidos ● moogy speak ● soy visual ●
melody jams ● loopimal ● sock puppets ● touch the sound ● first sounds ● buddy school
APLICACIÓNS DE EXPRESIÓN ORAL:
● toontastic ● book creator ● story cubes ● creappcuentos ● kid in story ● mortimer y
los dinosaurios ● photopuppet hd ● superhero hd
APLICACIÓNS DE EMOCIÓNS:
● ¿que tal estás? ● emoplay ● el monstruo de los colores ● autimo ● expressions ●
boomons ● calm ● rem
Fonte: www.globopediapps.es
ANEXO I
I.I. MODELO PARA PARCHÍS
Fonte: https://www.fotoefectos.com/cat-juegos/juegoParchis
ANEXO I
I.II. MODELO PARA OCA
Fonte: https://www.pinterest.es/pin/199706564705330128/
ANEXO I
I.III. MODELO PARA AFUNDIR AFLOTA
Fonte: https://juegosmontessori.es/wp-content/uploads/2019/07/Hundir-la-flota-imprimible.pdf
ANEXO I
I.IV. MODELO PARA TUTTIFRUTTI
ANEXO I
I.V. MODELO PARA AFORCADO
ANEXO I
I.VI. MODELO PARA 3 EN RAIA
ANEXO I
I.VII. MODELO PARA BINGO
Fonte: https://es.vecteezy.com/arte-vectorial/97089-bingo-tarjetas-vectoriales
ANEXO I
I.VIII. MODELO PARA O XOGO DOS CEROS
ANEXO I
I.IX. MODELO PARA COMECOCOS
Fonte: https://www.pinterest.nz/pin/510384570251780783/
ANEXO I
I.X. MODELO PARA CARREIRAS DE BOLIS
NIVELFÁCIL
NIVEL EXPERTO
ANEXO II
SOLUCIÓNS DOS REFRÁNS
 Auga de agosto → mel e mosto.
 Nadal chuvioso → xaneiro ventoso.
 Ceo empedrado → chan mollado.
 Marzo, marzolo → trebón e raiolo.
 Ovella que berra → bocado que perde.
 A horta en outono → mantén ao seu dono.
 En abril → augas mil.
 En boca pechada → non entras moscas.
 Xullo andado → millo arrendado.
 O que non xogou → nin perdeu, nin gañou.
 En San Xoán → a sardiña molla o pan.
 Cando o paxaro a pica → a froita está rica.
 No mes de xaneiro → pon os pés ao braseiro.
 O demo sabe máis → por vello que por demo.
 En maio → aínda a vella queima o tallo.
 Polo San Martiño → buxainas no camiño.
 Inverno chuvioso → verán caloroso.
ANEXO III
SOLUCIÓNS DAS ADIVIÑAS
 A lingua.
 A luz.
 As horas.
 Os dedos.
 A escuridade.
 O vento.
 A carta.
 A bolboreta.
 As tesoiras.
 A cebola.
 A campá.
 A media.
 O caracol.
 O pozo.
 A auga.
 O muíño.
 A mesa.
ANEXO IV
IV.I. SOLUCIÓNS 8 COMIDAS TÍPICAS GALEGAS
F
Á
C
I
L
M
E
D
I
O
D
I
F
Í
C
I
L
ANEXO IV
IV.II. SOLUCIÓNS 8 LUGARES DA MARIÑA LUCENSE
F
Á
C
I
L
M
E
D
I
O
D
I
F
Í
C
I
L
ANEXO IV
IV.III. SOLUCIÓNS 8 ÁRBORES AUTÓCTONAS
F
Á
C
I
L
M
E
D
I
O
D
I
F
Í
C
I
L
Fonte para crear sopa de letras: https://www.educima.com/wordsearch.php Solucións: ANEXO IV
ANEXO V
V.I. SOLUCIÓNS SUDOKUS
F
Á
C
I
L
M
E
D
I
O
D
I
F
Í
C
I
L
ANEXO V
V.II. SOLUCIÓNS SUDOKUS
F
Á
C
I
L
M
E
D
I
O
D
I
F
Í
C
I
L

More Related Content

Similar to Propostas corentena al

Revista escolar 2013- 14
Revista escolar 2013- 14Revista escolar 2013- 14
Revista escolar 2013- 14albinonunez
 
Revista o formigueiro curso 2016 versión final
Revista o formigueiro curso 2016 versión finalRevista o formigueiro curso 2016 versión final
Revista o formigueiro curso 2016 versión finalalbinonunez
 
Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019vilabarreiro
 
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLO
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLOREVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLO
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLOguest530951
 
Escarlatina, a cociñeira defunta
Escarlatina, a cociñeira defuntaEscarlatina, a cociñeira defunta
Escarlatina, a cociñeira defuntaFiz
 
REVISTA ALBORADA 2023
REVISTA ALBORADA 2023REVISTA ALBORADA 2023
REVISTA ALBORADA 2023anxovila
 
Libro receitas eso e infantil
Libro receitas eso e infantilLibro receitas eso e infantil
Libro receitas eso e infantilsatelite1
 
Libro receitas eso e infantil
Libro receitas eso e infantilLibro receitas eso e infantil
Libro receitas eso e infantilsatelite1
 
REVISTA ORBALLO 22-23.pdf
REVISTA ORBALLO 22-23.pdfREVISTA ORBALLO 22-23.pdf
REVISTA ORBALLO 22-23.pdfceeabarcia
 
Unha idade... uns logros...unha atención diferente.
Unha idade... uns logros...unha atención diferente.Unha idade... uns logros...unha atención diferente.
Unha idade... uns logros...unha atención diferente.silvia folgueira
 
Experimento plástico biodegradable
Experimento plástico biodegradableExperimento plástico biodegradable
Experimento plástico biodegradableMARÍA RODRIGUEZ
 

Similar to Propostas corentena al (20)

Revista escolar 2013- 14
Revista escolar 2013- 14Revista escolar 2013- 14
Revista escolar 2013- 14
 
A trastenda nº 2
A trastenda nº 2A trastenda nº 2
A trastenda nº 2
 
Revista o formigueiro curso 2016 versión final
Revista o formigueiro curso 2016 versión finalRevista o formigueiro curso 2016 versión final
Revista o formigueiro curso 2016 versión final
 
Revista 2013
Revista 2013Revista 2013
Revista 2013
 
Estilos educativos
Estilos educativosEstilos educativos
Estilos educativos
 
Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019
 
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLO
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLOREVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLO
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLO
 
Escarlatina, a cociñeira defunta
Escarlatina, a cociñeira defuntaEscarlatina, a cociñeira defunta
Escarlatina, a cociñeira defunta
 
REVISTA ESCOLAR 2011-12
REVISTA ESCOLAR 2011-12REVISTA ESCOLAR 2011-12
REVISTA ESCOLAR 2011-12
 
REVISTA ALBORADA 2023
REVISTA ALBORADA 2023REVISTA ALBORADA 2023
REVISTA ALBORADA 2023
 
Periodico 08
Periodico 08Periodico 08
Periodico 08
 
Primeira sesión
Primeira sesiónPrimeira sesión
Primeira sesión
 
Libro receitas eso e infantil
Libro receitas eso e infantilLibro receitas eso e infantil
Libro receitas eso e infantil
 
Libro receitas eso e infantil
Libro receitas eso e infantilLibro receitas eso e infantil
Libro receitas eso e infantil
 
REVISTA ORBALLO 22-23.pdf
REVISTA ORBALLO 22-23.pdfREVISTA ORBALLO 22-23.pdf
REVISTA ORBALLO 22-23.pdf
 
Unha idade... uns logros...unha atención diferente.
Unha idade... uns logros...unha atención diferente.Unha idade... uns logros...unha atención diferente.
Unha idade... uns logros...unha atención diferente.
 
Tríptico filloas
Tríptico filloasTríptico filloas
Tríptico filloas
 
Fiadeiro 2020
Fiadeiro 2020Fiadeiro 2020
Fiadeiro 2020
 
Abracadabra nº 32
Abracadabra nº 32Abracadabra nº 32
Abracadabra nº 32
 
Experimento plástico biodegradable
Experimento plástico biodegradableExperimento plástico biodegradable
Experimento plástico biodegradable
 

More from María Fernandez García (8)

Imos de viaxe virtual
Imos de viaxe virtualImos de viaxe virtual
Imos de viaxe virtual
 
Non historia piratas
Non historia piratasNon historia piratas
Non historia piratas
 
A princesa q bocexaba
A princesa q bocexabaA princesa q bocexaba
A princesa q bocexaba
 
Libro especial hugo s
Libro especial hugo sLibro especial hugo s
Libro especial hugo s
 
Libro especial irene
Libro especial ireneLibro especial irene
Libro especial irene
 
Elmer
ElmerElmer
Elmer
 
Libro colaborativo dun equipo en illamento
Libro colaborativo dun equipo en illamentoLibro colaborativo dun equipo en illamento
Libro colaborativo dun equipo en illamento
 
Marcapaxinas diadolibro2019 final.
Marcapaxinas diadolibro2019 final.Marcapaxinas diadolibro2019 final.
Marcapaxinas diadolibro2019 final.
 

Propostas corentena al

  • 1. Propostas dunha profe de AL (en corentena) para a corentena Paula OteroFreijomil CEIP de Cervo
  • 2. Recomendacións Quen nos diría a comezos deste curso que o día 15 de marzo do 2020 se paralizaría o país? Estamos a vivir unha situación excepcional que nos supuxo un cambio radical a todas e todos. E persoalmente, falando dende a perspectiva de docente, síntome perdida, frustrada, adobiada, fatigada, consumida... sentimentos que estou segura que outros moitos profesionais e, por suposto, familias, comparten. E sentimentos que en moitas ocasións provocan que naveguemos sen rumbo, que nos centremos no banal e nos esquezamos do realmente importante. Expreso todo isto porque non quero que este documento se entenda como unha carga máis para as familias, unha nova tarefa por facer ou un abafo engadido. A miña principal finalidade é dar alento a aquelas familias que o necesiten, darlles a posibilidade de que se sintan acompañadas, darlles unha oportunidade para compartir tempo coas súas fillas e fillos. Tamén, e sendo totalmente sincera, elaboro este documento para que a miña conciencia como mestra, especialista en Audición e Linguaxe, descanse e se sinta un pouco mellor por estar aportando o meu pequeno gran de area. Dito isto, só vos recomendo continuar lendo o resto de páxinas do documento se queredes pasar un bo rato e se queredes engadir a estes días tristes e cheos de preocupacións, un momento de diversión, de evasión e, por suposto, de aprendizaxe. As propostas que se amosan a continuación non necesitan dunha explicación determinada, simplemente botádelles un ollo e se vedes que algunha vos resulta interesante e considerades que aos vosos fillos ou fillas lles pode motivar, adiante, levádea a cabo e, por favor, gozade, que diso se trata. Ánimo e saúde!
  • 3. Receitas de cociña Fonte: https://www.instagram.com/estefaniavarela.nutricion/ TORTIÑAS DE AVEA INGREDIENTES (6 tortiñas): - 2 ovos - ½ plátano - ½ cunca de fariña de avea PASOS: 1. Bater os ovos xunto ao plátano ata que quede unha masa uniforme 2. Engadir a fariña (ou copos de avea triturados) e mesturar ben 3. Poñer unha tixola e cando estea quente ir botando a masa (pouco a pouco) dándolle forma de tortiña 4. Decorar as tortiñas ao gusto: marmelada, froita, pebidas de chocolate... BROWNIE DE CHOCOLATE INGREDIENTES : - 1 ovo - 1 plátano - 2 culleres de cacao en polvo - 120gr de abelás - 1 puñado de noces picadas PASOS: 1. Picar as abelás ata que quede unha crema 2. Engadir o cacao e mesturar 3. Engadir o plátano e o ovo e mesturar 4. Verte nun recipiente e enfornar a 180º durante 20min Unha actividade moi atractiva para adultos e nenas/os son as receitas de cociña, coas que podemos descubrir novos sabores, novas maneiras de cociñar e algún talento culinario oculto. Aquí aparecen algunhas realmente deliciosas e moi saudables. Ñam ñam… Fonte: https://www.instagram.com/realfooding/
  • 4. Receitas de cociña BOMBÓNS DE CHOCOLATE INGREDIENTES (30 bombóns): - 450gr chocolate negro - 250gr améndoa picada PASOS: 1. Tostar as améndoas no forno. 2. Derreter o chocolate ao “baño María” 3. Engadir as améndoas no chocolate derretido e mesturar todo 4. Darlle forma aos bombóns con dúas culleres e ir colocándoos nun papel de forno 5. Deixar arrefriar no frigorífico ata que estean solidificados BISCOITO DE CABAZA INGREDIENTES: - 200gr de fariña integral de trigo/espelta - 250gr cabaza asada - 300gr dátiles sen óso - 2 ovos - 150ml auga - 100ml aceite de coco - 1 culleriña bicarbonato - ½ culleriña fermento - 1 culleriña canela - ½ culleriña noz moscada - Chisco de sal - 60gr noces picadas - 60gr chocolate negro picado PASOS: 1. Prequentar o forno a 180º 2. Bater os dátiles, o aceite de coco e a cabaza asada. Despois, engadir os ovos e a auga e volver a bater 3. Mesturar nun recipiente grande a fariña, as especies, o sal, o bicarbonato e o fermento. Incorporar o contido antes batido e mesturar todo 4. Engadir as noces e o chocolate 5. Enfornar 45-60 minutos Fonte: https://www.instagram.com/avenayaguacate/
  • 5. Receitas de cociña PIZZA INGREDIENTES MASA: - 250gr fariña de trigo - 1 vaso leite - 1 sobre fermento - 1 culler aceite de oliva - 1 culleriña sal PASOS: 1. Mesturar o leite coa fariña, o fermento, o sal e o aceite 2. Amasar ata que non se nos pegue a masa ás mans 3. Deixar fermentar 30min (canto máis tempo fermente mellor sairá a masa) 4. Estender a masa coa axuda dun rodete 5. Engadirlle á masa ingredientes ao gusto. Ex. Salsa de tomate, queixo, cogomelos, ovos, olivas, ourego... 6. Enfornar 20-30min a 200º HAMBURGUESAS DE GARAVANZOS INGREDIENTES (4 BURGUERS): - 2 dentes de allo - ½ cebola - ½ pemento vermello - 1 bote de garavanzos cocidos - 1 culleriña de comino - 1 culleriña de xenxibre - 1 culleriña de cúrcuma - 2 culleres de fariña de avea - 2 culleres de pan raiado - 8 culleres de aceite de oliva PASOS: 1. Lavar os garavanzos, trituralos e botalos nun recipiente 2. Triturar o allo, a cebola e o pemento e botalos xunto aos garavanzos 3. Engadir as especies e a fariña e mesturar todo ben ata ter unha masa homoxénea 4. Formar as hamburguesas e metelas no frigorífico durante un ratiño 5. Pasar as hamburguesas polo pan raiado 6. Botar aceite nunha tixola e cando estea quente, dourar as hamburguesas por ambos lados
  • 6. Xogos sen material  Vexo, vexo.  Da Mariña chega un barco cargado de… Ir engadindo obxectos/persoas/animais á lista e lembrar os mencionados anteriormente.  Mímica. Películas, libros, animais, profesións, debuxos animados…  As agachadas.  Pedra, papel, tesoiras.  Palabras encadeadas. Buscando unha palabra que comece pola última letra/sílaba da anterior.  Limbo.  Pita cega.  Carreiras de carretillas, á pata coxa, a catro patas, cara atrás…  Quentamans.  Pulso de pulgares.  Simón di…  Furor, furor! Cancións que teñan a palabra “azul”, “aire”…  Estatuas.  Un, dous, tres, zapatiño quieto é.  Antón Pirulero.
  • 7. Xogos con material  Parchís. Modelo no Anexo I  Oca. Modelo no Anexo I  Axedrez-Damas.  Afundir a flota. Modelo no Anexo I  TuttiFrutti. Modelo no Anexo I  Carreiras de culleres. Na culler podemos poñer unha pelotiña, un ovo, unha bola de papel…  Aforcado. Modelo no Anexo I  Bolos con botellas. Podemos encher as botellas de auga/area ata a metade.  3 en raia. Modelo no Anexo I  Bingo. Modelo no Anexo I  O xogo dos ceros. Modelo no Anexo I  O comecocos. Modelo no Anexo I  Carreira de bolis. Modelo no Anexo I  Que teño no coco? As palabras poden ser animais, froitas, personaxes famosos, profesións…  Debuxos a cegas. Pensamos un debuxo, tapamos os ollos, comezamos a debuxar e o resto adiviña.  Memory. De debuxos-debuxos, debuxos-palabras, cancións-artistas, libros-autores…  As chapas.
  • 8. Refraneiro Auga de agosto…   …xaneiro ventoso. Nadal chuvioso…   …mel e mosto. Ceo empedrado…   …buxainas no camiño. Marzo, marzolo…   …mantén ao seu dono. Ovella que berra…   …chan mollado. A horta en outono…   …millo arrendado. En abril…   …trebón e raiolo. En boca pechada…   …pon os pés ao braseiro. Xullo andado…   …bocado que perde. O que non xogou…   …por vello que por demo. En San Xoán…   …non entran moscas. Cando o paxaro a pica…  …verán caloroso. No mes de xaneiro…   …a froita está rica. O demo sabe máis…   …a sardiña molla o pan. En maio…   …augas mil. Polo San Martiño…   …nin perdeu, nin gañou. Inverno chuvioso…   …aínda a vella queima o tallo. Fonte: https://concellodetouro.webnode.es/refrans/ Solucións: Anexo II
  • 9. Adiviñas  Unha señorita moi aseñorada, sempre está na casa e sempre está mollada.  Pequena como unha abella e enche a casa ata a tella.  Doce señoritas nun balcón, todas teñen medias e zapatos non.  Cinco paociños son e no medio está o maior.  Que cousa é, que canto máis grande é menos se ve?  Cal é a cousa que anda e non se ve?  Anda e non ten pés e fala e non ten boca.  Onte oviño, hoxe capulliño, mañá voarei como un paxariño.  Dous irmanciños van ó compás, cos pés para adiante e os ollos para atrás.  Na horta son criada, na horta fun nacida, e fago chorar a todos, os que me miran partida.  Unha vella cun só dente, chama pola súa xente.  Pelos por fora, pelos por dentro, recacha a perna e métea dentro.  Pon col cara o revés e o meu nome tes.  Que cousa de adiviñar é, que canto máis lle sacan menos se ve?  Nace na fonte, tráena para a casa e baila como unha rapaza.  Anda e non ten pés, come e non ten boca, canta comida lle dan toda lle parece pouca.  Aínda que teño patas, non me podo mover, levo ás costas a comida e non a podo comer. Fonte: https://concellodetouro.webnode.es/adiviñas/ Solucións: Anexo III
  • 10. Pasatempos Atopa 8 comidas típicas galegas. F Á C I L M E D I O D I F Í C I L Fonte para crear sopa de letras: https://www.educima.com/wordsearch.php Solucións: ANEXO IV
  • 11. Pasatempos Atopa 8 lugares da Mariña Lucense. F Á C I L M E D I O D I F Í C I L Fonte para crear sopa de letras: https://www.educima.com/wordsearch.php Solucións: ANEXO IV
  • 12. Pasatempos Atopa 8 árbores autóctonas. F Á C I L M E D I O D I F Í C I L Fonte para crear sopa de letras: https://www.educima.com/wordsearch.php Solucións: ANEXO IV
  • 13. Pasatempos Completa os Sudokus. F Á C I L M E D I O D I F Í C I L Solucións: ANEXO VFonte: https://www.sudoku-online.org/imprimir-sudokus.php https://www.sudoku-online.org/sudokus-ninos.php
  • 14. Pasatempos Completa os Sudokus. F Á C I L M E D I O D I F Í C I L Solucións: ANEXO VFonte: https://www.sudoku-online.org/imprimir-sudokus.php https://www.sudoku-online.org/sudokus-ninos.php
  • 15. Escritura Creativa Inventa breves historias que conteñan estes pares de debuxos: ____________________ ____________________ ____________________ ____________________ ____________________ ____________________ ____________________ ____________________ ____________________ ____________________ ____________________ ____________________ ____________________ ____________________ ____________________ ____________________ ____________________ ____________________ ____________________ ____________________ ____________________ ____________________ ____________________ ____________________ ____________________ ____________________ ____________________ ____________________ Fonte imaxes: https://www.flaticon.com/
  • 16. Escritura Creativa Lanza os dados e inventa unha historia:
  • 17. Escritura Creativa Se puideras ter un súperpoder, cal sería? _______________________________________________________ _______________________________________________________ ______________________________________________________________ Como sería o cole perfecto para ti? ______________________________________________________________ ________________________________________________________________ ______________________________________________________________________ A onde che gustaría viaxar e por que? _______________________________________________________ _______________________________________________________ ______________________________________________________________ Acabas de atopar na túa habitación unha cría de Tiranosaurio Rex, que farías? _______________________________________________________ _______________________________________________________ ______________________________________________________________ Eres director de cine, cal será a túa próxima película e de que tratará? _______________________________________________________ _______________________________________________________ ______________________________________________________________
  • 18. Escritura Creativa Hoxe pola noite veñen os teus primos e primas a cear e ti eres ti o encargado/a de preparar o menú, pero lembra que as súas receitas favoritas son as noxentas e repugnantes: PRIMEIRO PRATO: _________________________________________________ _________________________________________________ _________________________________________________ SEGUNDO PRATO: _________________________________________________ _________________________________________________ _________________________________________________ SOBREMESA: _________________________________________________ _________________________________________________ _________________________________________________
  • 27. Recursos Dixitais APLICACIÓNS DE LINGUAXE: ● myabckit ● early reading ● el sonido de las letras ● name play ● dyseggxia ● nok silabas ● dic dic ● abc dash! ● domino ● aprender a leer ● lola abc ● juega sílabas ● sopa sílabas ● ordena las sílabas ● tato palabras ● conciencia fonológica ● prolexyco APLICACIÓNS DEFALA: ● tate ● hablando con nok ● huff n’puff ● pictosonidos ● moogy speak ● soy visual ● melody jams ● loopimal ● sock puppets ● touch the sound ● first sounds ● buddy school APLICACIÓNS DE EXPRESIÓN ORAL: ● toontastic ● book creator ● story cubes ● creappcuentos ● kid in story ● mortimer y los dinosaurios ● photopuppet hd ● superhero hd APLICACIÓNS DE EMOCIÓNS: ● ¿que tal estás? ● emoplay ● el monstruo de los colores ● autimo ● expressions ● boomons ● calm ● rem Fonte: www.globopediapps.es
  • 28. ANEXO I I.I. MODELO PARA PARCHÍS Fonte: https://www.fotoefectos.com/cat-juegos/juegoParchis
  • 29. ANEXO I I.II. MODELO PARA OCA Fonte: https://www.pinterest.es/pin/199706564705330128/
  • 30. ANEXO I I.III. MODELO PARA AFUNDIR AFLOTA Fonte: https://juegosmontessori.es/wp-content/uploads/2019/07/Hundir-la-flota-imprimible.pdf
  • 31. ANEXO I I.IV. MODELO PARA TUTTIFRUTTI
  • 32. ANEXO I I.V. MODELO PARA AFORCADO
  • 33. ANEXO I I.VI. MODELO PARA 3 EN RAIA
  • 34. ANEXO I I.VII. MODELO PARA BINGO Fonte: https://es.vecteezy.com/arte-vectorial/97089-bingo-tarjetas-vectoriales
  • 35. ANEXO I I.VIII. MODELO PARA O XOGO DOS CEROS
  • 36. ANEXO I I.IX. MODELO PARA COMECOCOS Fonte: https://www.pinterest.nz/pin/510384570251780783/
  • 37. ANEXO I I.X. MODELO PARA CARREIRAS DE BOLIS NIVELFÁCIL NIVEL EXPERTO
  • 38. ANEXO II SOLUCIÓNS DOS REFRÁNS  Auga de agosto → mel e mosto.  Nadal chuvioso → xaneiro ventoso.  Ceo empedrado → chan mollado.  Marzo, marzolo → trebón e raiolo.  Ovella que berra → bocado que perde.  A horta en outono → mantén ao seu dono.  En abril → augas mil.  En boca pechada → non entras moscas.  Xullo andado → millo arrendado.  O que non xogou → nin perdeu, nin gañou.  En San Xoán → a sardiña molla o pan.  Cando o paxaro a pica → a froita está rica.  No mes de xaneiro → pon os pés ao braseiro.  O demo sabe máis → por vello que por demo.  En maio → aínda a vella queima o tallo.  Polo San Martiño → buxainas no camiño.  Inverno chuvioso → verán caloroso.
  • 39. ANEXO III SOLUCIÓNS DAS ADIVIÑAS  A lingua.  A luz.  As horas.  Os dedos.  A escuridade.  O vento.  A carta.  A bolboreta.  As tesoiras.  A cebola.  A campá.  A media.  O caracol.  O pozo.  A auga.  O muíño.  A mesa.
  • 40. ANEXO IV IV.I. SOLUCIÓNS 8 COMIDAS TÍPICAS GALEGAS F Á C I L M E D I O D I F Í C I L
  • 41. ANEXO IV IV.II. SOLUCIÓNS 8 LUGARES DA MARIÑA LUCENSE F Á C I L M E D I O D I F Í C I L
  • 42. ANEXO IV IV.III. SOLUCIÓNS 8 ÁRBORES AUTÓCTONAS F Á C I L M E D I O D I F Í C I L Fonte para crear sopa de letras: https://www.educima.com/wordsearch.php Solucións: ANEXO IV
  • 43. ANEXO V V.I. SOLUCIÓNS SUDOKUS F Á C I L M E D I O D I F Í C I L
  • 44. ANEXO V V.II. SOLUCIÓNS SUDOKUS F Á C I L M E D I O D I F Í C I L