SlideShare a Scribd company logo
1 of 50
Sector Secundario
As materias primas
A enerxía
A localización industrial
As etapas da industrialización en España
A construcción.
Contidos de apoio para o desenvolvemento
dos prácticos da unidade.

 Mapas ou planos : Factores de localización industrial.
Mapas e gráficos sobre a producción mineira industrial ou enerxética
Mapas ou gráficos da poboación ocupada nas actividades mineiras e
industriais.
AS MATERIAS PRIMAS
Son recursos a partires dos cales se obteñen produtos elaborados ou
semielaborados. Poden ser:
De orixe orgánica: Procedentes das actividades agrarias,
forestais ou gandeira
De orixe mineral: Xacementos.
España é unha zona productora de minerais
tradicionalmente pero se enfronta a problemas como o
esgotamento de recursos, a calidade dos minerais e a
rendibilidade das explotacións.

A producción mineral é insuficiente polo que hai que recorrer ao
comercio exterior. Sí xeran excedente as rochas industriais que
satisfan a demanda interna.
 A cuestión non é a DISPOSICIÓN DE RECURSOS minerais, senón o PREZO
MÁXIMO ao que se poden adquirir.
Os obxectivos da UE con respecto á mineiría son:

Incrementar a
competitividade nacional

Fomentar a
investigación

Mellorar o medio
mineiro

Fomentar o
desenvolvemento
tecnolóxico
Clasifícanse atendendo a:
RENOVABLES
O seu proceso de formación:

NON RENOVABLES

PRIMARIA Necesitan un
proceso de transformación
Grao de aproveitamento:

SECUNDARIA OU FINAL
(obtida da transformación)
Ilustracións: U.Didácticas de Climántica

A enerxía en España
Fonte: Anaya ED.
PRINCIPAIS FONTES DE ENERXÍA:
CARBÓN: A calidade e o poder calorífico dependen da antigüidade (Antracita
e hulla /lignito). Importante papel na Revolución industrial e aumento da
producción ate a postguerra (proteccionismo), despois foise substituindo polo
petróleo, o que ocasionou o peche de minas. Coa crise do petróleo en 1975
volveuse a impulsar o seu consumo para reducir a dependencia do ouro
negro. Dende mediados dos 80 a súa producción foi en descenso, dados os
problemas de explotación.

Cal é a situación?
-Esgotamento dos xacemenos e baixa
calidade.
-Dificultades de explotación (extracción e
custos).
-Minifundismo empresarial: baixa
rendibilidade
-Diminución da demanda doméstica e
industrial.
-Liberalización dos prezos coa entrada na
UE.

Ilustracións: U.Didácticas de Climántica
A producción localízase nas trece grandes concas (zona asturiana, leonesa e
palentina), pero non abastece a demanda, polo que é necesario importar
carbón.

A qué se destina?
- Producción de electricidade en centrais térmicas (80%). A súa
ubicación está determinada pola existencia de carbón e a
disposición de auga para refrigerar ( Contaminación dado o
alto contido en xofre).
- Industria siderúrxica e cemento.
PETRÓLEO: Primeiro lugar no consumo enerxético español. O
desenvolvemento industrial dos 60 adoptouno como fonte principal dado o
seu baixo custo. Nos anos setenta (crise enerxética) diminuiu notablemente
o seu consumo. Nos anos oitenta o custo tivo unha tendencia descendente
dada a liberalización do prezo da OPEP. O seu prezo presenta oscilacións
en base a súa producción. A producción do petróleo é escasa (Costa
mediterránea e algúns puntos do interior, Burgos), polo que non permite o
autoabastecemento. O grande volumen de importación supón unha
dependencia enerxética externa moi forte.
Aplicacións: INDUSTRIA + TRANSPORTE.

 Refinerías: están suxeitas ao
cambio da demanda ( produtos
lixeiros). O sector restructurouse
para adaptarse ao mercado (Plan de
reconversión Refinerías, 1980) e
coordinado por empresas do sector
público (creación de Repsol, que se
privatiza con posterioridade).
GAS NATURAL: mestura de hidrocarburos gaseosos (predominio do
metano) de xacementos suterráneos. Hai que sometelo a un proceso de
licuefacción. O gas natural ten un alto poder calorífico, baixo prezo e é o
combustible fósil que menos contamina.
É unha fonte de consumo recente (a partires dos anos 70) ainda que está a
aumentar notablemente ( ampliáronse as infraestructuras para responder
a un aumento na demanda). A producción española é insuficiente
importase dándose tamén unha dependencia externa.
Obtéñense del o propano, butano e a naftas, con diferentes aplicacións
(industriais, electricidade, consumo doméstico...).
NUCLEAR: Obtense por fisión (separación de átomos pesados de uranio)
ainda que tamén pode obterse por fusión (de isótopos de hidróxeno
produce helio).
A súa aparición en España estivo relacionada coa necesidade de diminuir a
dependencia do petróleo (anos 70). Dende 1985 paralizouse a súa
expansión dada a oposición da opinión pública ante o perigo, riscos e a
cuestión aberta dos residuos radioactivos.
A súa aplicación fundamental é producir electricidade, ainda que pode ter
outros usos (como a menciña nuclear).
Problemas que presenta a enerxía nuclear:
Dependencia externa no enriquecemento do uranio e na tecnoloxía.
Os riscos.
O almacenamento dos residuos.
En 1998 púxose a andar unha instalación experimental de fusión nuclear en
Madrid (concebida para a investigación sobre as formas de obtención de
enerxía).

Ilustracións: U.Didácticas de Climántica
Ilustracións: U.Didácticas de Climántica

ENERXÍA HIDRÁULICA. É unha fonte de enerxía renovable: auga
embalsada. Esta enerxía tivo unha grande importancia entre 1940-1972,
ainda que a partires de mediados dos 70 sufriu un estancamento
(termoelectricidade). A producción céntrase no norte peninsular dadas as
características topográficas e hidrolóxicas (caudais abundantes). Abastece o
100% das necesidades nacionais e a súa aplicación principal é a producción
eléctrica. É renovable, limpa e instantánea, pero presenta cambios
productivos cada ano e conflictos con outros usos da auga.
AS FONTES RENOVABLES:
A producción de enerxía a partires de fontes renovables en España ten
potencialidade pola diversidade do seu medio natural e posuir un nivel
tecnolóxico axeitado. Pero o abastecemento enerxético ainda é escaso, xa
que ainda non houbo un grao de desenvolvemento tecnolóxico para facelas
máis competitivas con respect as fontes de enerxía tradicionais. A súa
aplicación principal é proporcionar enerxía térmica, eléctrica ou mecánica.
MINICENTRAIS
ENERXÍA SOLAR /FOTOVOLTAICA  Ten unha aplicación térmica e fotovoltaica. As
comunidades productoras son Andalucía, Baleares e Canarias.
ENERXÍA EÓLICA  En poucos anos medrou un 40% e reduciu notablemente os seus custo.
Ten un crecemento importante nos últimos anos.
BIOMASA Obtense de residuos biolóxicos agrícolas, gandeiros e forestais. Proporcionan
enerxía por combustión directa ou por transformación (biogás ou tranformación). A rexións
productoras son Andalucía ou as dúas Castelas.
XEOTÉRMICA  Usa o vapor ou a auga quente subterránea. Aplícase para calefacción de
invernadoiros, vivendas ou obtención de electricidade.
Horta solar. Lugo, Galicia
A PRODUCCIÓN DE ELECTRICIDADE:
- Máis da metade da producción eléctrica obtense de centrais

térmicas (utilizan o carbón), gas natural e petróleo. En porcentaxe
dun 57,82% no ano 2004.
- As centrais nucleares de fisión producen un 28,61% (ano 2004)
- As centrais hidroeléctricas producen un 13,57% (no 2004).
A producción eléctrica foi medrando dende os anos 60, co
desenvolvemento económico e o aumento da demanda.
A POLÍTICA ENERXÉTICA
- Trala crise enerxética (1975) constituiuse a AIE
(Axencia internacional da Enerxía) que marca as
directrices principais para as políticas enerxéticas:
Aforro.
Substitución do petróleo por novas fontes de enerxía.
Fomento da investigación.
- A politica enerxética española iníciase tarde con
respecto ao contexto europeo. Tralo franquismo sí se
iniciaron medidas como o Plan Enerxético Nacional, para
reducir a dependencia do petróleo. Programouse o
primeiro desenvolvemento da enerxía nuclear, que se
paralizou máis tarde ante o rexeitamento da opinión
pública. Tempo despois potenciouse o carbón e o gas.
Púxose tamén en marcha o plan de enerxía renovables
(PER) para fomentar estas enerxías.
Actualmente a política enerxética esta marcada polas
directrices da UE, polo novo PEN (2001) e o Plan de
fomento de Enerxías Renovables (1999).
Cales son os obxectivos da Política enerxética da UE:
1.Garantir o abastecemento seguro, diversificando as fontes de
aprovisionamento e diálogo cos proveedores.
2.Incentivar o aforro enerxético e as fontes de enerxía renovables (a previsión
aspira a ter un 12% da producción electrica veña de fontes renovables)
3.Culminar o mercado interior da enerxía. Liberalización do mercado enerxético
europeo. Aspirase a que a libre circulación de enerxía facilite a competencia e
reduza custes.
4.Evitar o impacto ambiental negativo (transporte, comercialización e usos da
enerxía). Poténciase a I+D de tecnoloxías sostibles e compatibles co medio.
5.Novo PEN (ate o 2010) Aumenta o consumo de gas, de enerxías renovables,
mantén a producción nuclear e reduce o carbón. Incide nos obxectivos
ambientais e na optimización enerxética.
6. Plan de fomento de Enerxías Renovables (1999-2006). Propón acadar o
obxectivo do 12% que plantea a UE. Propón a concesión de primas á venta de
Enerxía Verde.
OS FACTORES DE LOCALIZACIÓN INDUSTRIAL:
ENTRE 1855-1975:
Os factores clásicos eran:
Proximidade ás materias primas.
Existencia dun mercado de consumo amplo.
Man de obra abundante e barata.
Sistemas de transporte
Disponibilidade de capital ou capacidade de atracción.

A importancia de cada ún varia segundo o sector. Isto xerou localizacións como:
áreas de base extractiva (próximas e recursos naturais), áreas de base
portuaria e núcleos urbanos.
A política industrial do Estado pode favorecer a implantación industrial a través
de incentivos.
 Tendencia á concentración industrial en grandes aglomeracións
urbano-industrais para beneficiarse dunha acumulación de vantaxes ou
economías externas (abastecemento, transporte, man de obra, servicios de
xestión, equipamentos, etc...).
A LOCALIZACIÓN NA INDUSTRIA ACTUAL
-Os

factores clásicos perderon importancia trala crise (anos 70) e os cambios
da terceira revolución industrial.

-Diminúe a importancia da proximidade aos recursos naturais (polo
abaratamento do transporte de materias primas e fontes de enerxía).
-Ampliación das áreas de venda (menor dependencia dos mercados locais).
-Mellora de transportes e comunicacións (diminúe a importancia da
distancia).
-Man de obra (factor importante. Cualificación e remuneración).
-O factor principal é o acceso á innovación e a información (en directa
relación coas novas tecnoloxías).
 Tendencias:
Difusión industrial cara espazos periféricos.
Cales son os motivos?
Problemas das grandes concentracións industriais e a saturación.
Melloras tecnolóxicas, que permiten separar labouras de dirección e xestión dos
puntos de producción.
Distancia dos centros de decisión.Novas estratexias capitalistas para aumentar
beneficios (=reducir custos).
Desenvolvemento da industrialización endóxena (baseada nos recursos de cada
zona).
Desconcentración en sectores maduros en crise.
É un proceso a escala mundial ( multinacionais), nacional (decadencia das
vellas rexións industrializadas  movemento cara outras rexións) e a escala
interrexional.
1Proceso xeralizado na nova economía. Mantense o tirón dos espazos
centrais. Localización preferida dos sectores de novas tecnoloxías, as sedes
centrais
sociais e de xestión empresarial e dos servizo á producción.
2 Concentración a escala mundial, nacional (nas áreas máis dinámicas) e a
escala interrexional.
A situación actual é complexa dadas as dúas tendencias.
Fonte: Anaya Ed.
ETAPAS DAS INDUSTRIALIZACIÓN ESPAÑOLA.
O INICIO DA INDUSTRIALIZACIÓN 1855-1900
España incorpórase á primeira revolución industrial tarde con respecto ao contexto europeo. As causas que
determinaron isto foron:
- Disposición de recursos minerais, pero tiña unha escaseza doutras materias primas e productos
enerxéticos básicos.
- Non había un espírito emprendedor.
- Escaseza de Capital para a creación de industrias.
- Atraso tecnolóxico notable, as máquinas novas importábanse.
- Demanda de productos industriais baixa dada a situación económica.
- Contexto exterior desfavorable: Guerra da Independencia e a cuestión cubana.
- Política industrial pouco axeitada: Lei de bases da mineiría (1868), establecendo concesións. Na
Restauración imponse o proteccionismo, o que supuxo unha perda de modernización e competitividade.

Na segunda metade do século XIX creáronse algunhas industrias en España, cunha estructura
caracterizada por:
Predominio dos sectores de base (siderometalúrxia) ou de consumo (téxtil) e o déficil de bens de equipo
(maquinaria) dado o atraso tecnolóxico.
Tecnoloxía atrasada, dependencia exterior e escasa capacidade de innovación.
Dependencia do capital extranxeiro.
Minifundismo empresarial: empresas pequenas de baixos investimentos e tecnoloxía simple.
España continuou a ser un país centrado no sector primario, cunha posición mundial periférica e cun
desenvolvemento tardío.
A localización industrial:
- Creación dun foco industrial en Andalucía (riqueza mineral). Os primeiros altos
fornos estaban en Málaga, que despois decaeu por outros foco máis competitivos.
-Predominio de puntos costeiros próximos a materias primas e fontes de enerxía
con portos. Asturias e o País Vasco especialízanse en siderometalúrxia e Cataluña
na industria téxtil.
- Focos industriais aillados no interior. Madrid é o primeiro centro financieiro e
administativo (atrae poboación polo que desenrola a industria de bens de
consumo). Os focos aillados do interior céntranse na producción tradicional
(normalmente de orixe agraria).
- Concentración en cidades, que dotan ó mercado de man de obra e contan con
infraestructuras de transporte (mobilidade e producción).
Anaya Ed.
Anaya Ed.
Anaya Ed.
Anaya Ed.
Anaya Ed.
Anaya Ed.
 O CRECEMENTO NO PRIMEIRO TERCIO DO SÉCULO XX.
Causas do crecemento industrial:
1. Decadencia das exportacións de minerais por esgotamento.
2.Auxe da minería do carbón (Contexto da I Guerra Mundial).
3. Aumento dos investimentos nacionais pola repatriación de capitais tra-la perda
das colonias (1898), e os beneficios das exportacións a Europa coa guerra. Isto
trae parello o nacemento de Bancos e industrias de capital español.
3. Impulso de obras públicas durante a ditadura de Primo de Rivera (actividades
de construcción e materiais).
4. Proteccionismo industrial que elimina a competencia externa.
5. Avances da segunda revolución industrial (A electricidade).
Este período caracterizouse polo asentamento da industria básica (siderurxia na
franxa canábrica e Mediterráneo). Diversificación coa aparición de novos sectores
e crecemento das industrias de consumo, dado o aumento de nivel de vida e a
demanda.
Localización: Hexemonía de Cataluña, País Vasco, Asturias, Valencia e Madrid.
Nestas áreas efectúase un proceso de diversificación productiva. Mentres o foco
andaluz experimenta unha decadencia e as industrias do interior non poden
competir coas da periferia.
 A REGRESIÓN: GUERRA CIVIL E POSTGUERRA (1936-1959)
As causas son a destrucción da guerra e a política autárquica da postguerra.
Cales eran as bases da política autárquica?
Forte intrvención do Estado. Creación do INI (en 1941) que actuaba como substituto
da empresa privada en actividades que requerían fortes investimentos como a
industria básica.
Explotación de recursos propios.
Restriccións de investimentos extranxeiros e as importacións.
Fomentouse a industria por falta de competencia e freo da súa expansión pola
escaseza de capitais, fontes de enerxía, materias primas e maquinaria.
Consolidouse unha estructura industrial caracterizada pola existencia de grandes
empresas controladas polo Estado e pequenas fábricas de localización dispersa.
Os sectores básicos impulsados polo INI (a siderúrxia, a petroquímica e a
construcción naval) concentráronse nas costas cantábrica e mediterránea. Madrid
tamén vai a reforzar a súa posición industrial dada a política centralista do
franquismo.
Na década dos anos 40 continuaba a ser un país fundamentalmente agrario e
acentuou a diferencia co contexto internacional de forma notable. Nos anos 50
deuse un certo aperturismo económico froito dos acordos con Estados Unidos
(contexto da Guerra Fría). Intensificáronse as importacións e isto xerou un aumento
considerable do déficit, o que levou un abandono definitivo da autarquía (1959).
DESENVOLVEMENTO INDUSTRIAL (1960-1975).
Etapa de desenvolvemento industrial debido a:
•Expansión da economía capitalista mundial. As empresas multinacionais
deciden investir en novas áreas: España resultaba unha boa localización polo
crecemento do seu mercado, os baixos custos de producción, disponibilidade de
man de obra, baixa conflictividade laboral, posicionamento político favorable.
•Chegada de capital procedente da actividade turística e divisas procedentes da
emigración.
•Baixo custo da enerxía + liberalización das importacións.
* Fomento da actividade industrial por parte do Estado.
A estructura industrial española experimentou unha melloría importante, pero
ainda contaba con certos inconvintes:
a) Aumentou a fabricación de semielaborados, de bens de equipo e de
artigos de consumo duradeiro con maior valor engadido, pero seguen
dominando os sectores maduros, de tecnoloxía simple e consumidores de
grande cantidade de traballo e enerxía.
b) Mellora do nivel tecnolóxico e modernización de procesos, o que permitiu
aumentar producción, competitividade e calidade, pero tamén hai unha forte
dependencia externa tecnolóxica, financieira e enerxética.
c) Persistencia de pequenas empresas anticuadas, dunha baixa
productividade en comparanza coa de outros países europeas.
d) Forte dependencia comercial dada a necesidade de importar bens de
equipo e tecnoloxía, isto contribúe a unha balanza comercial deficitaria.
España industrializouse, pero consolidou tamén a súa posición periférica dentro
do contexto internacional. Na localización industrial obsérvase unha tendencia á
concentración industrial en grandes aglomeracións urbano-industrais para
beneficiarse dunha acumulación de vantaxes ou economías externas
(abastecemento, transporte, man de obra, servicios de xestión, equipamentos,
etc...).
 A CRISE E A REESTRUCTURACIÓN INDUSTRIAL. (1975-1985)
A crise afectou a todos os países dende 1975, ten fortes consecuencias na
estructura industrial.
Pero cales foron os motivos que levaron a esta situación?
1. Causas externas:
-

Encarecemento da enerxía pola forte suba de prezos de 1973.

-

Esgotamento do ciclo tecnolóxico anterior e comezo dun novo (terceira revolución
industrial), a aparición de novos sectores industriais, as novas tecnoloxías,
aparición de novas demandas, novas esixencias, novos sistemas de producción.

- Mundialización económica e a competencia dos novos NPI (novos países
industrializados), isto altera enormemente a localización industrial (tendencia á
deslocalización empresarial) e a división do traballo.
2. Causas internas:
-Deficiencias estructurais da industria española: especialización en factores maduros
(consumidores de enerxía e traballo) moi afectados pola crise, insuficiente modernización
tecnolóxica, elevada dependencia externa, elevado endebedamento (escaso
autofinanciamento).

-A coxuntura política xerou incerteza e, ó tempo, reduciu o investimento e atrasou política
para afrontar este período.

Moitas empresas pecharon, descendeu a producción, baixaron moito os beneficios e
aumentaron o paro e o endebedamento. Consolidouse a posición periférica española a nivel
mundial.
A REESTRUCTURACIÓN:
Os países da OCDE (Org. De Cooperación e Desenvolvemento económico)
adoptaron políticas de reestructuración para atallar a crise, que en España
tiveron efectos na década dos 80.
Ten dúas vertentes: a reconversión industrial e a reindustrialización.
a) Reconversión: pretendía ter efectos intensivos nun curto prazo, para
asegurar a viabilidade a medio prazo de industrias en crise, adaptaandoas ó
nivel tecnolóxico e para ser competitivas no mercado. Adaptándose á lei do
mercado e eliminando o exceso de capacidade, regulacións de persoal,
saneamento financieiro e especialización en productos de maior demanda.
Afectou fundamentalmente aos sectores maduros.
b) Reindustrialización das zonas afectadas pola reconversión:
Tivo dúas bases diferentes: a modernización tecnolóxica dos sectores que
presentasen unha viabilidade e creación de novas actividades de futuro para a
diversificación de zonas moi especializadas, e que absorvan a os excedentes
de man de obra da reconversión. Creáronse as zonas ZUR (Zonas de urxente
Reindustrialización, 1983) e as zonas ZID (Zonas Industrializadas en Declive).
A reindustrialización estimulou o investimento e a diversificación industrial de
zonas antes moi especializadas, pero xerou menos emprego do previsto, as
axudas centráronse nas grandes empresas fundamentalmente e acentuáronse
desequilibrios rexionais.
A TERCEIRA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL.(Industria actual)
Nova fase marcada polos cambios baseados na innovación (def: aplicación de novos
coñecementos proporcionados pola investigación á mellora dos procesos
productivos, á obtención de novos productos e mellora da xestión. Os cambios
xerados tiveron relevancia na localización e na estructura industrial.
Cambios na estructura industrial:
- Nova xerarquía de sectores industriais. Crecemento dos sectores intensivos
próximos a alta tecnoloxía e as súas aplicacións na industrias tradiocionais.
- Descentralización productiva. As novas tecnoloxías favorecen a división do
proceso en fases.Isto favorécese pola inmediatez nas comunicacións, a coordinación
e a automatización. A consecuencia deste proceso é a proliferación de PEME e a
reducción do tamaño medio das industrias. A descentralización pódese realizar de
diversas formas: Empresas multiplanta, subcontratas, redes de PEMEs con división
do traballo.
- Flexibilización productiva. Para responder a unha demanda cambiante e
diversificada.
- A innovación produce transformacións no emprego industrial: cualificación,
automatización das tarefas, precariedade laboral, temporalidade...
- A terciarización da industria: Informatización e automatización que reducen as
tarefas productivas. Demanda de servizos: seguridade, limpeza, comunicacións,
publicidade, asesoramento...
Os avances da terceira revolución industrial están permitindo a recuperación da
industria nos países desenvolvidos. Esta recuperación modifica as expectativas do
sector e revaloriza o seu papel no crecemento económico e urbano. En España
pódese falar de recuperación dende 1997 (ainda que se mantén a crise en moitos
sistemas maduros). As súas causas son a fase expansiva que atravesan as
economías industrializadas e a recuperación do consumo privado polo aumento do
ritmo na creación do emprego. Esta recuperación obsérvase no incremento da
demanda e reducción do stocks, aumento na producción e da capacidade
productiva, aceleración de import-export, a pesar do cal a balanza industrial segue a
ser deficitaria.
No ano 2008 tivo lugar un novo período recesivo marcado pola crise económico
financieira, que afectou a diferentes sectores e, de forma especial, ao sector da
construcción. As consecuencias foron a perda de empregos, un descenso
productivo e un aumento da taxa de desemprego no estado, e unha deceleración
nas actividades relacionadas directamente coa construcción. O goberno veuse
obrigado a tomar medidas de recorte e reestructuración económica (reforma das
pensión, recortes do gasto...).
A CONSTRUCCIÓN
Sector que transforma unha serie de materiais nunha edificación. Está en directa
relación co sector inmobiliario que estaría dentro do sector servizos.
Esta actividade experimentou un rápido crecemento no período 1998-2007
chegando a acadar un 18% no PIB (valorando tamén outros sectores asociados
a esta actividade esta porcentaxe aumentaría ate o 30%).
Aumentou nesta etapa a oferta das vivendas paralelamente o prezo. Con
isto a poboación activa que traballaba na construcción experimentou un
crecemento importante
As causas que explican o crecemento inmobiliario son varias:
 A expectativa irreal de que o prezo da vivenda continuaría subindo.
Enormes beneficios produto da especulación inmobiliaria,
 Os subsidios públicos destinados á adquisición de vivenda
Fácil acceso ao crédito con baixos xuros.

O boom da construcción afectou especialmente en zonas turísticas e
espazos costeiros.
A crise financieira mundial declarada no 2007
provocou o final da burbulla inmobiliaria e unha
desaceleración do sector da construcción.
O desemprego aumentou no sector, de forma
directa aos traballadores da construcción e
indirecta a todos os sectores relacionados con ela
(madeira, pintura, mobles, sanitarios,
fontanería…).
O paro e o alto endebedamento das familias
tivo repercusións en diferentes sectores e xerou
unha caída do consumo de bens, o comercio
presenciou unha caída nas vendas e os bancos o
aumento da morosidade (créditos e hipotecas.
Restricción do crédito).

A situación actual do sector.

- Alta taxa de desemprego.
- Stock de vivendas.
- Consecuencias empresas servizos
e actividades complementarias.
- Situación financieira.
- Prezos inmobles.
-Urbanización na costa /turismo.

More Related Content

What's hot

Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociaisTema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociaisrubempaul
 
3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundario3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundariorubempaul
 
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidadesrubempaul
 
Actividades e espazos industriais en España
Actividades e espazos industriais en EspañaActividades e espazos industriais en España
Actividades e espazos industriais en Españaprofesor historia
 
Tema 8. A organización e as actividades económicas en Europa
Tema 8. A organización e as actividades económicas en EuropaTema 8. A organización e as actividades económicas en Europa
Tema 8. A organización e as actividades económicas en EuropaDudas-Historia
 
Actividade económica da sociedade (ud1)
Actividade económica da sociedade (ud1)Actividade económica da sociedade (ud1)
Actividade económica da sociedade (ud1)masinisa
 
Tema 2 rev industrial
Tema 2 rev industrialTema 2 rev industrial
Tema 2 rev industrialcamposseijo
 
Tema 2 rev industrial
Tema 2 rev industrialTema 2 rev industrial
Tema 2 rev industrialcamposseijo
 
O sector primario no mundo
O sector primario no mundoO sector primario no mundo
O sector primario no mundomasinisa
 

What's hot (11)

Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociaisTema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
Tema 3. A revolución industrial e os cambios sociais
 
3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundario3º ESO. Tema 9: O sector secundario
3º ESO. Tema 9: O sector secundario
 
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
2º BAC. Tema teórico: Transformacións recentes na estrutura das cidades
 
Ud5 3eso
Ud5 3esoUd5 3eso
Ud5 3eso
 
Actividades e espazos industriais en España
Actividades e espazos industriais en EspañaActividades e espazos industriais en España
Actividades e espazos industriais en España
 
Tema 8. A organización e as actividades económicas en Europa
Tema 8. A organización e as actividades económicas en EuropaTema 8. A organización e as actividades económicas en Europa
Tema 8. A organización e as actividades económicas en Europa
 
Actividade económica da sociedade (ud1)
Actividade económica da sociedade (ud1)Actividade económica da sociedade (ud1)
Actividade económica da sociedade (ud1)
 
Tema 2 rev industrial
Tema 2 rev industrialTema 2 rev industrial
Tema 2 rev industrial
 
Tema 2 rev industrial
Tema 2 rev industrialTema 2 rev industrial
Tema 2 rev industrial
 
O sector primario no mundo
O sector primario no mundoO sector primario no mundo
O sector primario no mundo
 
Xeografia 3
Xeografia 3Xeografia 3
Xeografia 3
 

Similar to Xeo2 sector secundario.Contidos

Similar to Xeo2 sector secundario.Contidos (20)

Tema 6 os espazos industriais
Tema 6 os espazos industriaisTema 6 os espazos industriais
Tema 6 os espazos industriais
 
Tema 6 os espazos industriais
Tema 6 os espazos industriaisTema 6 os espazos industriais
Tema 6 os espazos industriais
 
Os espazos industriais en españa
Os espazos industriais en españaOs espazos industriais en españa
Os espazos industriais en españa
 
10. r. mineiros e enerxéticos.
10. r. mineiros e enerxéticos.10. r. mineiros e enerxéticos.
10. r. mineiros e enerxéticos.
 
Tema 9
Tema 9Tema 9
Tema 9
 
A economía en españa
A economía en españaA economía en españa
A economía en españa
 
Tema 9 traballo xeografía
Tema 9 traballo xeografíaTema 9 traballo xeografía
Tema 9 traballo xeografía
 
O sector secundario e terciario
O sector secundario e terciarioO sector secundario e terciario
O sector secundario e terciario
 
Xeografia
XeografiaXeografia
Xeografia
 
Tema 9
Tema 9Tema 9
Tema 9
 
Proxecto Interdisciplinar. A enerxía UE.
Proxecto Interdisciplinar. A enerxía UE.Proxecto Interdisciplinar. A enerxía UE.
Proxecto Interdisciplinar. A enerxía UE.
 
Tema 9.
Tema 9.Tema 9.
Tema 9.
 
Tema 11 traballo xeografía e historia
Tema 11 traballo xeografía e historiaTema 11 traballo xeografía e historia
Tema 11 traballo xeografía e historia
 
3 recursos e impacto
3 recursos e impacto3 recursos e impacto
3 recursos e impacto
 
A actividade industrial
A actividade industrialA actividade industrial
A actividade industrial
 
Enerxías renovables
Enerxías renovablesEnerxías renovables
Enerxías renovables
 
Recursos , impactos e riscos
Recursos , impactos e riscosRecursos , impactos e riscos
Recursos , impactos e riscos
 
Tema 11.
Tema 11.Tema 11.
Tema 11.
 
Tema 11
Tema 11Tema 11
Tema 11
 
Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía
Sector secundario. A industria. Fontes de enerxíaSector secundario. A industria. Fontes de enerxía
Sector secundario. A industria. Fontes de enerxía
 

More from aialo1

Franquismo parte1 Composición
Franquismo parte1 ComposiciónFranquismo parte1 Composición
Franquismo parte1 Composiciónaialo1
 
Exercicio paau1 II República
Exercicio paau1 II RepúblicaExercicio paau1 II República
Exercicio paau1 II Repúblicaaialo1
 
Piramides ficha
Piramides fichaPiramides ficha
Piramides fichaaialo1
 
Presentacion apoio-pt
Presentacion apoio-ptPresentacion apoio-pt
Presentacion apoio-ptaialo1
 
Servizos 3ESO
Servizos 3ESOServizos 3ESO
Servizos 3ESOaialo1
 
Espazos rurais
Espazos ruraisEspazos rurais
Espazos ruraisaialo1
 
Relevo galicia
Relevo galiciaRelevo galicia
Relevo galiciaaialo1
 
Estado
EstadoEstado
Estadoaialo1
 
Tema9 O Franquismo
Tema9 O FranquismoTema9 O Franquismo
Tema9 O Franquismoaialo1
 
Ud3 revol industrial
Ud3 revol industrialUd3 revol industrial
Ud3 revol industrialaialo1
 
Tema6 avirtual
Tema6 avirtualTema6 avirtual
Tema6 avirtualaialo1
 
Tema 7
Tema 7Tema 7
Tema 7aialo1
 
Tema4 av
Tema4 avTema4 av
Tema4 avaialo1
 
Tema Entreguerras- IIGM ESA
Tema Entreguerras- IIGM ESATema Entreguerras- IIGM ESA
Tema Entreguerras- IIGM ESAaialo1
 
U2 A Revolución Francesa
U2 A Revolución FrancesaU2 A Revolución Francesa
U2 A Revolución Francesaaialo1
 
Tema4 Crise do Antigo Réxime España
Tema4 Crise do Antigo Réxime EspañaTema4 Crise do Antigo Réxime España
Tema4 Crise do Antigo Réxime Españaaialo1
 
Tema7- II República e Guerra Civil
Tema7- II República e Guerra CivilTema7- II República e Guerra Civil
Tema7- II República e Guerra Civilaialo1
 
Imperialismo e I GM ESA
Imperialismo e I GM ESAImperialismo e I GM ESA
Imperialismo e I GM ESAaialo1
 

More from aialo1 (20)

Franquismo parte1 Composición
Franquismo parte1 ComposiciónFranquismo parte1 Composición
Franquismo parte1 Composición
 
Exercicio paau1 II República
Exercicio paau1 II RepúblicaExercicio paau1 II República
Exercicio paau1 II República
 
Piramides ficha
Piramides fichaPiramides ficha
Piramides ficha
 
Presentacion apoio-pt
Presentacion apoio-ptPresentacion apoio-pt
Presentacion apoio-pt
 
Servizos 3ESO
Servizos 3ESOServizos 3ESO
Servizos 3ESO
 
Espazos rurais
Espazos ruraisEspazos rurais
Espazos rurais
 
Relevo galicia
Relevo galiciaRelevo galicia
Relevo galicia
 
Estado
EstadoEstado
Estado
 
Tema9 O Franquismo
Tema9 O FranquismoTema9 O Franquismo
Tema9 O Franquismo
 
Ud3 revol industrial
Ud3 revol industrialUd3 revol industrial
Ud3 revol industrial
 
U2 av
U2 avU2 av
U2 av
 
Tema6 avirtual
Tema6 avirtualTema6 avirtual
Tema6 avirtual
 
Tema5
Tema5Tema5
Tema5
 
Tema 7
Tema 7Tema 7
Tema 7
 
Tema4 av
Tema4 avTema4 av
Tema4 av
 
Tema Entreguerras- IIGM ESA
Tema Entreguerras- IIGM ESATema Entreguerras- IIGM ESA
Tema Entreguerras- IIGM ESA
 
U2 A Revolución Francesa
U2 A Revolución FrancesaU2 A Revolución Francesa
U2 A Revolución Francesa
 
Tema4 Crise do Antigo Réxime España
Tema4 Crise do Antigo Réxime EspañaTema4 Crise do Antigo Réxime España
Tema4 Crise do Antigo Réxime España
 
Tema7- II República e Guerra Civil
Tema7- II República e Guerra CivilTema7- II República e Guerra Civil
Tema7- II República e Guerra Civil
 
Imperialismo e I GM ESA
Imperialismo e I GM ESAImperialismo e I GM ESA
Imperialismo e I GM ESA
 

Xeo2 sector secundario.Contidos

  • 1. Sector Secundario As materias primas A enerxía A localización industrial As etapas da industrialización en España A construcción.
  • 2. Contidos de apoio para o desenvolvemento dos prácticos da unidade.  Mapas ou planos : Factores de localización industrial. Mapas e gráficos sobre a producción mineira industrial ou enerxética Mapas ou gráficos da poboación ocupada nas actividades mineiras e industriais.
  • 3. AS MATERIAS PRIMAS Son recursos a partires dos cales se obteñen produtos elaborados ou semielaborados. Poden ser: De orixe orgánica: Procedentes das actividades agrarias, forestais ou gandeira De orixe mineral: Xacementos. España é unha zona productora de minerais tradicionalmente pero se enfronta a problemas como o esgotamento de recursos, a calidade dos minerais e a rendibilidade das explotacións. A producción mineral é insuficiente polo que hai que recorrer ao comercio exterior. Sí xeran excedente as rochas industriais que satisfan a demanda interna.  A cuestión non é a DISPOSICIÓN DE RECURSOS minerais, senón o PREZO MÁXIMO ao que se poden adquirir.
  • 4. Os obxectivos da UE con respecto á mineiría son: Incrementar a competitividade nacional Fomentar a investigación Mellorar o medio mineiro Fomentar o desenvolvemento tecnolóxico
  • 5. Clasifícanse atendendo a: RENOVABLES O seu proceso de formación: NON RENOVABLES PRIMARIA Necesitan un proceso de transformación Grao de aproveitamento: SECUNDARIA OU FINAL (obtida da transformación)
  • 6.
  • 7. Ilustracións: U.Didácticas de Climántica A enerxía en España
  • 9. PRINCIPAIS FONTES DE ENERXÍA: CARBÓN: A calidade e o poder calorífico dependen da antigüidade (Antracita e hulla /lignito). Importante papel na Revolución industrial e aumento da producción ate a postguerra (proteccionismo), despois foise substituindo polo petróleo, o que ocasionou o peche de minas. Coa crise do petróleo en 1975 volveuse a impulsar o seu consumo para reducir a dependencia do ouro negro. Dende mediados dos 80 a súa producción foi en descenso, dados os problemas de explotación. Cal é a situación? -Esgotamento dos xacemenos e baixa calidade. -Dificultades de explotación (extracción e custos). -Minifundismo empresarial: baixa rendibilidade -Diminución da demanda doméstica e industrial. -Liberalización dos prezos coa entrada na UE. Ilustracións: U.Didácticas de Climántica
  • 10. A producción localízase nas trece grandes concas (zona asturiana, leonesa e palentina), pero non abastece a demanda, polo que é necesario importar carbón. A qué se destina? - Producción de electricidade en centrais térmicas (80%). A súa ubicación está determinada pola existencia de carbón e a disposición de auga para refrigerar ( Contaminación dado o alto contido en xofre). - Industria siderúrxica e cemento.
  • 11. PETRÓLEO: Primeiro lugar no consumo enerxético español. O desenvolvemento industrial dos 60 adoptouno como fonte principal dado o seu baixo custo. Nos anos setenta (crise enerxética) diminuiu notablemente o seu consumo. Nos anos oitenta o custo tivo unha tendencia descendente dada a liberalización do prezo da OPEP. O seu prezo presenta oscilacións en base a súa producción. A producción do petróleo é escasa (Costa mediterránea e algúns puntos do interior, Burgos), polo que non permite o autoabastecemento. O grande volumen de importación supón unha dependencia enerxética externa moi forte. Aplicacións: INDUSTRIA + TRANSPORTE.  Refinerías: están suxeitas ao cambio da demanda ( produtos lixeiros). O sector restructurouse para adaptarse ao mercado (Plan de reconversión Refinerías, 1980) e coordinado por empresas do sector público (creación de Repsol, que se privatiza con posterioridade).
  • 12. GAS NATURAL: mestura de hidrocarburos gaseosos (predominio do metano) de xacementos suterráneos. Hai que sometelo a un proceso de licuefacción. O gas natural ten un alto poder calorífico, baixo prezo e é o combustible fósil que menos contamina. É unha fonte de consumo recente (a partires dos anos 70) ainda que está a aumentar notablemente ( ampliáronse as infraestructuras para responder a un aumento na demanda). A producción española é insuficiente importase dándose tamén unha dependencia externa. Obtéñense del o propano, butano e a naftas, con diferentes aplicacións (industriais, electricidade, consumo doméstico...).
  • 13. NUCLEAR: Obtense por fisión (separación de átomos pesados de uranio) ainda que tamén pode obterse por fusión (de isótopos de hidróxeno produce helio). A súa aparición en España estivo relacionada coa necesidade de diminuir a dependencia do petróleo (anos 70). Dende 1985 paralizouse a súa expansión dada a oposición da opinión pública ante o perigo, riscos e a cuestión aberta dos residuos radioactivos. A súa aplicación fundamental é producir electricidade, ainda que pode ter outros usos (como a menciña nuclear). Problemas que presenta a enerxía nuclear: Dependencia externa no enriquecemento do uranio e na tecnoloxía. Os riscos. O almacenamento dos residuos. En 1998 púxose a andar unha instalación experimental de fusión nuclear en Madrid (concebida para a investigación sobre as formas de obtención de enerxía). Ilustracións: U.Didácticas de Climántica
  • 14. Ilustracións: U.Didácticas de Climántica ENERXÍA HIDRÁULICA. É unha fonte de enerxía renovable: auga embalsada. Esta enerxía tivo unha grande importancia entre 1940-1972, ainda que a partires de mediados dos 70 sufriu un estancamento (termoelectricidade). A producción céntrase no norte peninsular dadas as características topográficas e hidrolóxicas (caudais abundantes). Abastece o 100% das necesidades nacionais e a súa aplicación principal é a producción eléctrica. É renovable, limpa e instantánea, pero presenta cambios productivos cada ano e conflictos con outros usos da auga.
  • 15. AS FONTES RENOVABLES: A producción de enerxía a partires de fontes renovables en España ten potencialidade pola diversidade do seu medio natural e posuir un nivel tecnolóxico axeitado. Pero o abastecemento enerxético ainda é escaso, xa que ainda non houbo un grao de desenvolvemento tecnolóxico para facelas máis competitivas con respect as fontes de enerxía tradicionais. A súa aplicación principal é proporcionar enerxía térmica, eléctrica ou mecánica. MINICENTRAIS ENERXÍA SOLAR /FOTOVOLTAICA  Ten unha aplicación térmica e fotovoltaica. As comunidades productoras son Andalucía, Baleares e Canarias. ENERXÍA EÓLICA  En poucos anos medrou un 40% e reduciu notablemente os seus custo. Ten un crecemento importante nos últimos anos. BIOMASA Obtense de residuos biolóxicos agrícolas, gandeiros e forestais. Proporcionan enerxía por combustión directa ou por transformación (biogás ou tranformación). A rexións productoras son Andalucía ou as dúas Castelas. XEOTÉRMICA  Usa o vapor ou a auga quente subterránea. Aplícase para calefacción de invernadoiros, vivendas ou obtención de electricidade.
  • 16.
  • 18. A PRODUCCIÓN DE ELECTRICIDADE: - Máis da metade da producción eléctrica obtense de centrais térmicas (utilizan o carbón), gas natural e petróleo. En porcentaxe dun 57,82% no ano 2004. - As centrais nucleares de fisión producen un 28,61% (ano 2004) - As centrais hidroeléctricas producen un 13,57% (no 2004). A producción eléctrica foi medrando dende os anos 60, co desenvolvemento económico e o aumento da demanda.
  • 19. A POLÍTICA ENERXÉTICA - Trala crise enerxética (1975) constituiuse a AIE (Axencia internacional da Enerxía) que marca as directrices principais para as políticas enerxéticas: Aforro. Substitución do petróleo por novas fontes de enerxía. Fomento da investigación. - A politica enerxética española iníciase tarde con respecto ao contexto europeo. Tralo franquismo sí se iniciaron medidas como o Plan Enerxético Nacional, para reducir a dependencia do petróleo. Programouse o primeiro desenvolvemento da enerxía nuclear, que se paralizou máis tarde ante o rexeitamento da opinión pública. Tempo despois potenciouse o carbón e o gas. Púxose tamén en marcha o plan de enerxía renovables (PER) para fomentar estas enerxías. Actualmente a política enerxética esta marcada polas directrices da UE, polo novo PEN (2001) e o Plan de fomento de Enerxías Renovables (1999).
  • 20. Cales son os obxectivos da Política enerxética da UE: 1.Garantir o abastecemento seguro, diversificando as fontes de aprovisionamento e diálogo cos proveedores. 2.Incentivar o aforro enerxético e as fontes de enerxía renovables (a previsión aspira a ter un 12% da producción electrica veña de fontes renovables) 3.Culminar o mercado interior da enerxía. Liberalización do mercado enerxético europeo. Aspirase a que a libre circulación de enerxía facilite a competencia e reduza custes. 4.Evitar o impacto ambiental negativo (transporte, comercialización e usos da enerxía). Poténciase a I+D de tecnoloxías sostibles e compatibles co medio. 5.Novo PEN (ate o 2010) Aumenta o consumo de gas, de enerxías renovables, mantén a producción nuclear e reduce o carbón. Incide nos obxectivos ambientais e na optimización enerxética. 6. Plan de fomento de Enerxías Renovables (1999-2006). Propón acadar o obxectivo do 12% que plantea a UE. Propón a concesión de primas á venta de Enerxía Verde.
  • 21.
  • 22.
  • 23.
  • 24.
  • 25. OS FACTORES DE LOCALIZACIÓN INDUSTRIAL: ENTRE 1855-1975: Os factores clásicos eran: Proximidade ás materias primas. Existencia dun mercado de consumo amplo. Man de obra abundante e barata. Sistemas de transporte Disponibilidade de capital ou capacidade de atracción. A importancia de cada ún varia segundo o sector. Isto xerou localizacións como: áreas de base extractiva (próximas e recursos naturais), áreas de base portuaria e núcleos urbanos. A política industrial do Estado pode favorecer a implantación industrial a través de incentivos.  Tendencia á concentración industrial en grandes aglomeracións urbano-industrais para beneficiarse dunha acumulación de vantaxes ou economías externas (abastecemento, transporte, man de obra, servicios de xestión, equipamentos, etc...).
  • 26. A LOCALIZACIÓN NA INDUSTRIA ACTUAL -Os factores clásicos perderon importancia trala crise (anos 70) e os cambios da terceira revolución industrial. -Diminúe a importancia da proximidade aos recursos naturais (polo abaratamento do transporte de materias primas e fontes de enerxía). -Ampliación das áreas de venda (menor dependencia dos mercados locais). -Mellora de transportes e comunicacións (diminúe a importancia da distancia). -Man de obra (factor importante. Cualificación e remuneración). -O factor principal é o acceso á innovación e a información (en directa relación coas novas tecnoloxías).  Tendencias: Difusión industrial cara espazos periféricos.
  • 27. Cales son os motivos? Problemas das grandes concentracións industriais e a saturación. Melloras tecnolóxicas, que permiten separar labouras de dirección e xestión dos puntos de producción. Distancia dos centros de decisión.Novas estratexias capitalistas para aumentar beneficios (=reducir custos). Desenvolvemento da industrialización endóxena (baseada nos recursos de cada zona). Desconcentración en sectores maduros en crise. É un proceso a escala mundial ( multinacionais), nacional (decadencia das vellas rexións industrializadas  movemento cara outras rexións) e a escala interrexional. 1Proceso xeralizado na nova economía. Mantense o tirón dos espazos centrais. Localización preferida dos sectores de novas tecnoloxías, as sedes centrais sociais e de xestión empresarial e dos servizo á producción. 2 Concentración a escala mundial, nacional (nas áreas máis dinámicas) e a escala interrexional. A situación actual é complexa dadas as dúas tendencias.
  • 29. ETAPAS DAS INDUSTRIALIZACIÓN ESPAÑOLA. O INICIO DA INDUSTRIALIZACIÓN 1855-1900 España incorpórase á primeira revolución industrial tarde con respecto ao contexto europeo. As causas que determinaron isto foron: - Disposición de recursos minerais, pero tiña unha escaseza doutras materias primas e productos enerxéticos básicos. - Non había un espírito emprendedor. - Escaseza de Capital para a creación de industrias. - Atraso tecnolóxico notable, as máquinas novas importábanse. - Demanda de productos industriais baixa dada a situación económica. - Contexto exterior desfavorable: Guerra da Independencia e a cuestión cubana. - Política industrial pouco axeitada: Lei de bases da mineiría (1868), establecendo concesións. Na Restauración imponse o proteccionismo, o que supuxo unha perda de modernización e competitividade. Na segunda metade do século XIX creáronse algunhas industrias en España, cunha estructura caracterizada por: Predominio dos sectores de base (siderometalúrxia) ou de consumo (téxtil) e o déficil de bens de equipo (maquinaria) dado o atraso tecnolóxico. Tecnoloxía atrasada, dependencia exterior e escasa capacidade de innovación. Dependencia do capital extranxeiro. Minifundismo empresarial: empresas pequenas de baixos investimentos e tecnoloxía simple. España continuou a ser un país centrado no sector primario, cunha posición mundial periférica e cun desenvolvemento tardío.
  • 30. A localización industrial: - Creación dun foco industrial en Andalucía (riqueza mineral). Os primeiros altos fornos estaban en Málaga, que despois decaeu por outros foco máis competitivos. -Predominio de puntos costeiros próximos a materias primas e fontes de enerxía con portos. Asturias e o País Vasco especialízanse en siderometalúrxia e Cataluña na industria téxtil. - Focos industriais aillados no interior. Madrid é o primeiro centro financieiro e administativo (atrae poboación polo que desenrola a industria de bens de consumo). Os focos aillados do interior céntranse na producción tradicional (normalmente de orixe agraria). - Concentración en cidades, que dotan ó mercado de man de obra e contan con infraestructuras de transporte (mobilidade e producción).
  • 31.
  • 38.  O CRECEMENTO NO PRIMEIRO TERCIO DO SÉCULO XX. Causas do crecemento industrial: 1. Decadencia das exportacións de minerais por esgotamento. 2.Auxe da minería do carbón (Contexto da I Guerra Mundial). 3. Aumento dos investimentos nacionais pola repatriación de capitais tra-la perda das colonias (1898), e os beneficios das exportacións a Europa coa guerra. Isto trae parello o nacemento de Bancos e industrias de capital español. 3. Impulso de obras públicas durante a ditadura de Primo de Rivera (actividades de construcción e materiais). 4. Proteccionismo industrial que elimina a competencia externa. 5. Avances da segunda revolución industrial (A electricidade). Este período caracterizouse polo asentamento da industria básica (siderurxia na franxa canábrica e Mediterráneo). Diversificación coa aparición de novos sectores e crecemento das industrias de consumo, dado o aumento de nivel de vida e a demanda. Localización: Hexemonía de Cataluña, País Vasco, Asturias, Valencia e Madrid. Nestas áreas efectúase un proceso de diversificación productiva. Mentres o foco andaluz experimenta unha decadencia e as industrias do interior non poden competir coas da periferia.
  • 39.  A REGRESIÓN: GUERRA CIVIL E POSTGUERRA (1936-1959) As causas son a destrucción da guerra e a política autárquica da postguerra. Cales eran as bases da política autárquica? Forte intrvención do Estado. Creación do INI (en 1941) que actuaba como substituto da empresa privada en actividades que requerían fortes investimentos como a industria básica. Explotación de recursos propios. Restriccións de investimentos extranxeiros e as importacións. Fomentouse a industria por falta de competencia e freo da súa expansión pola escaseza de capitais, fontes de enerxía, materias primas e maquinaria. Consolidouse unha estructura industrial caracterizada pola existencia de grandes empresas controladas polo Estado e pequenas fábricas de localización dispersa. Os sectores básicos impulsados polo INI (a siderúrxia, a petroquímica e a construcción naval) concentráronse nas costas cantábrica e mediterránea. Madrid tamén vai a reforzar a súa posición industrial dada a política centralista do franquismo. Na década dos anos 40 continuaba a ser un país fundamentalmente agrario e acentuou a diferencia co contexto internacional de forma notable. Nos anos 50 deuse un certo aperturismo económico froito dos acordos con Estados Unidos (contexto da Guerra Fría). Intensificáronse as importacións e isto xerou un aumento considerable do déficit, o que levou un abandono definitivo da autarquía (1959).
  • 40. DESENVOLVEMENTO INDUSTRIAL (1960-1975). Etapa de desenvolvemento industrial debido a: •Expansión da economía capitalista mundial. As empresas multinacionais deciden investir en novas áreas: España resultaba unha boa localización polo crecemento do seu mercado, os baixos custos de producción, disponibilidade de man de obra, baixa conflictividade laboral, posicionamento político favorable. •Chegada de capital procedente da actividade turística e divisas procedentes da emigración. •Baixo custo da enerxía + liberalización das importacións. * Fomento da actividade industrial por parte do Estado.
  • 41. A estructura industrial española experimentou unha melloría importante, pero ainda contaba con certos inconvintes: a) Aumentou a fabricación de semielaborados, de bens de equipo e de artigos de consumo duradeiro con maior valor engadido, pero seguen dominando os sectores maduros, de tecnoloxía simple e consumidores de grande cantidade de traballo e enerxía. b) Mellora do nivel tecnolóxico e modernización de procesos, o que permitiu aumentar producción, competitividade e calidade, pero tamén hai unha forte dependencia externa tecnolóxica, financieira e enerxética. c) Persistencia de pequenas empresas anticuadas, dunha baixa productividade en comparanza coa de outros países europeas. d) Forte dependencia comercial dada a necesidade de importar bens de equipo e tecnoloxía, isto contribúe a unha balanza comercial deficitaria. España industrializouse, pero consolidou tamén a súa posición periférica dentro do contexto internacional. Na localización industrial obsérvase unha tendencia á concentración industrial en grandes aglomeracións urbano-industrais para beneficiarse dunha acumulación de vantaxes ou economías externas (abastecemento, transporte, man de obra, servicios de xestión, equipamentos, etc...).
  • 42.  A CRISE E A REESTRUCTURACIÓN INDUSTRIAL. (1975-1985) A crise afectou a todos os países dende 1975, ten fortes consecuencias na estructura industrial. Pero cales foron os motivos que levaron a esta situación? 1. Causas externas: - Encarecemento da enerxía pola forte suba de prezos de 1973. - Esgotamento do ciclo tecnolóxico anterior e comezo dun novo (terceira revolución industrial), a aparición de novos sectores industriais, as novas tecnoloxías, aparición de novas demandas, novas esixencias, novos sistemas de producción. - Mundialización económica e a competencia dos novos NPI (novos países industrializados), isto altera enormemente a localización industrial (tendencia á deslocalización empresarial) e a división do traballo.
  • 43. 2. Causas internas: -Deficiencias estructurais da industria española: especialización en factores maduros (consumidores de enerxía e traballo) moi afectados pola crise, insuficiente modernización tecnolóxica, elevada dependencia externa, elevado endebedamento (escaso autofinanciamento). -A coxuntura política xerou incerteza e, ó tempo, reduciu o investimento e atrasou política para afrontar este período. Moitas empresas pecharon, descendeu a producción, baixaron moito os beneficios e aumentaron o paro e o endebedamento. Consolidouse a posición periférica española a nivel mundial.
  • 44. A REESTRUCTURACIÓN: Os países da OCDE (Org. De Cooperación e Desenvolvemento económico) adoptaron políticas de reestructuración para atallar a crise, que en España tiveron efectos na década dos 80. Ten dúas vertentes: a reconversión industrial e a reindustrialización. a) Reconversión: pretendía ter efectos intensivos nun curto prazo, para asegurar a viabilidade a medio prazo de industrias en crise, adaptaandoas ó nivel tecnolóxico e para ser competitivas no mercado. Adaptándose á lei do mercado e eliminando o exceso de capacidade, regulacións de persoal, saneamento financieiro e especialización en productos de maior demanda. Afectou fundamentalmente aos sectores maduros.
  • 45. b) Reindustrialización das zonas afectadas pola reconversión: Tivo dúas bases diferentes: a modernización tecnolóxica dos sectores que presentasen unha viabilidade e creación de novas actividades de futuro para a diversificación de zonas moi especializadas, e que absorvan a os excedentes de man de obra da reconversión. Creáronse as zonas ZUR (Zonas de urxente Reindustrialización, 1983) e as zonas ZID (Zonas Industrializadas en Declive). A reindustrialización estimulou o investimento e a diversificación industrial de zonas antes moi especializadas, pero xerou menos emprego do previsto, as axudas centráronse nas grandes empresas fundamentalmente e acentuáronse desequilibrios rexionais.
  • 46.
  • 47. A TERCEIRA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL.(Industria actual) Nova fase marcada polos cambios baseados na innovación (def: aplicación de novos coñecementos proporcionados pola investigación á mellora dos procesos productivos, á obtención de novos productos e mellora da xestión. Os cambios xerados tiveron relevancia na localización e na estructura industrial. Cambios na estructura industrial: - Nova xerarquía de sectores industriais. Crecemento dos sectores intensivos próximos a alta tecnoloxía e as súas aplicacións na industrias tradiocionais. - Descentralización productiva. As novas tecnoloxías favorecen a división do proceso en fases.Isto favorécese pola inmediatez nas comunicacións, a coordinación e a automatización. A consecuencia deste proceso é a proliferación de PEME e a reducción do tamaño medio das industrias. A descentralización pódese realizar de diversas formas: Empresas multiplanta, subcontratas, redes de PEMEs con división do traballo. - Flexibilización productiva. Para responder a unha demanda cambiante e diversificada. - A innovación produce transformacións no emprego industrial: cualificación, automatización das tarefas, precariedade laboral, temporalidade... - A terciarización da industria: Informatización e automatización que reducen as tarefas productivas. Demanda de servizos: seguridade, limpeza, comunicacións, publicidade, asesoramento...
  • 48. Os avances da terceira revolución industrial están permitindo a recuperación da industria nos países desenvolvidos. Esta recuperación modifica as expectativas do sector e revaloriza o seu papel no crecemento económico e urbano. En España pódese falar de recuperación dende 1997 (ainda que se mantén a crise en moitos sistemas maduros). As súas causas son a fase expansiva que atravesan as economías industrializadas e a recuperación do consumo privado polo aumento do ritmo na creación do emprego. Esta recuperación obsérvase no incremento da demanda e reducción do stocks, aumento na producción e da capacidade productiva, aceleración de import-export, a pesar do cal a balanza industrial segue a ser deficitaria. No ano 2008 tivo lugar un novo período recesivo marcado pola crise económico financieira, que afectou a diferentes sectores e, de forma especial, ao sector da construcción. As consecuencias foron a perda de empregos, un descenso productivo e un aumento da taxa de desemprego no estado, e unha deceleración nas actividades relacionadas directamente coa construcción. O goberno veuse obrigado a tomar medidas de recorte e reestructuración económica (reforma das pensión, recortes do gasto...).
  • 49. A CONSTRUCCIÓN Sector que transforma unha serie de materiais nunha edificación. Está en directa relación co sector inmobiliario que estaría dentro do sector servizos. Esta actividade experimentou un rápido crecemento no período 1998-2007 chegando a acadar un 18% no PIB (valorando tamén outros sectores asociados a esta actividade esta porcentaxe aumentaría ate o 30%). Aumentou nesta etapa a oferta das vivendas paralelamente o prezo. Con isto a poboación activa que traballaba na construcción experimentou un crecemento importante As causas que explican o crecemento inmobiliario son varias:  A expectativa irreal de que o prezo da vivenda continuaría subindo. Enormes beneficios produto da especulación inmobiliaria,  Os subsidios públicos destinados á adquisición de vivenda Fácil acceso ao crédito con baixos xuros. O boom da construcción afectou especialmente en zonas turísticas e espazos costeiros.
  • 50. A crise financieira mundial declarada no 2007 provocou o final da burbulla inmobiliaria e unha desaceleración do sector da construcción. O desemprego aumentou no sector, de forma directa aos traballadores da construcción e indirecta a todos os sectores relacionados con ela (madeira, pintura, mobles, sanitarios, fontanería…). O paro e o alto endebedamento das familias tivo repercusións en diferentes sectores e xerou unha caída do consumo de bens, o comercio presenciou unha caída nas vendas e os bancos o aumento da morosidade (créditos e hipotecas. Restricción do crédito). A situación actual do sector. - Alta taxa de desemprego. - Stock de vivendas. - Consecuencias empresas servizos e actividades complementarias. - Situación financieira. - Prezos inmobles. -Urbanización na costa /turismo.