SlideShare a Scribd company logo
1 of 10
O carballo
Álex Ares Vázquez
1
Índice de contidos
Introdución
..............................................................................................................................................................2
Taxonomía............................................................................................................................................3
Etimoloxía............................................................................................................................................3
Hábitat..................................................................................................................................................3
Descrición.............................................................................................................................................4
Subespecies
Fálase de cinco subespecies:................................................................................................................5
Cultivares ............................................................................................................................................6
Doenzas................................................................................................................................................6
Praga.....................................................................................................................................................7
Simbolismo e cultura popular...............................................................................................................8
Introdución
O Quercus robur L. (ás veces considerado Quercus pedunculata) coñécese normalmente como
carballo común, carballo veriño, carballo bravo ou simplemente carballo.
O carballo é unha árbore anxiosperma da familia das fagáceas, caducifolia, que pode chegar aos 15-
20 metros de altura. O carballo esténdese tanto por zonas de clima atlántico en calquera tipo de
terreo, tanto en chairas como en ladeiras rochosas, dende o nivel do mar ata os 1.000 metros de
altitude.
É unha árbore robusta, que pode vivir varios séculos e acadar os 40 metros de altura con pólas que
comezan xa desde a parte inferior
Cando a formación é monoespecífica, só de carballos, o bosque é denoninado carballeira. Se se
mesturan outras especies de clima atlántico chamámolo fraga. Foi a especie máis abundante e
dominante na Europa atlántica e segue a ser predominante no interior de Galicia.
2
A madeira do carballo é de excelente calidade, foi moi empregada na construción (embarcacións,
trabes e estruturas das casas (cubertas, forxados), travesas do camiño de ferro etc.), na fabricación
de mobles e toneis. Tamén foi e segue a ser o principal combustíbel das lareiras e cociñas galegas.
O carballo tamén tivo uso ornamental nos lugares públicos de Galicia : parques, feiras, arboredas.
Algúns exemplares moi vellos (carballas) acadan dimensións importantes.
É a árbore por excelencia de Galicia. A toponimia galega está chea de referencias a esta árbore
(fitotoponimia): Carballal, Carballedo, O Carballiño, A Carballa etc. Aparece tamén en moitos
apelidos: Carballo, Carballedo, Carbajal etc.
Ademais a cultura e as lendas galegas artéllanse arredor desta árbore, chea de espiritualidade e
pasado sagrado, sempre vencellado á forza (rexo ou forte coma un carballo).
Tamén é a árbore sagrada do País Vasco, de Alemaña e en xeral da cultura celta.[Cómpre referencia]
O termo carballo en Galicia acolle outras especies ademais do Quercus robur L., como o carballo
cerquiño (Quercus pyrenaica), a sobreira (Quercus suber), a aciñeira (Quercus ilex), o carballo
branco ou albar (Quercus petraea) ou máis recentemente o carballo americano (Quercus rubra).
Taxonomía
Quercus robur (do latín quercus 'carballo' + robur 'forte, de madeira resistente'). Comparte xénero
coas sobreiras e aciñeiras entre outras especies. A especie máis achegada é o carballo albar
(Quercus petraea),moi semellante, que tamén atopamos no leste de Galicia. Q. robur distínguese
deste por ter un pecíolo máis curto e un porte máis torto. Ás veces hibrídanse dando o Quercus ×
rosacea.
Etimoloxía
A orixe da verba carballo é incerta. O que está claro é que é anterior ao latín. Podería ser de orixe
celta pola raíz kar- (pedra), ou máis ben dunha orixe preindoeuropea (galaico). En asturiano
denomínase carbayu, en portugués carvalho, ambas as dúas coa mesma orixe. En castelán non ten
3
un nome xeneralizado, polo que se lle chama: roble común, roble inglés, roble pedunculado,
carvajo ou roble carvallo. En inglés chámanlle English oak (carballo inglés).
Hábitat
É autóctono da Europa atlántica e continental, aparecendo tamén na Anatolia, no Cáucaso e
nalgunhas partes do norte de África. Na Península Ibérica esténdese dende o norte de Portugal ata
os Pireneos. En Galicia foi a especie principal durante séculos. A súa extensión veuse en regresión
por mor á actividade humana e á substitución das zonas onde había carballeiras por especies
alóctonas, principalmente piñeiros, mimosas e eucaliptos; con todo, tense incrementado a extensión
das carballeiras nos últimos anos, especialmente no interior do país a causa da perda de poboación,
recolonizando terreo agrícola. Segundo un estudo realizado en 2003, esta especie é dominante en
195 028 hectáreas no territorio galego.
Descrición
O Quercus robur é unha árbore monoica de grande envergadura e folla caduca (ás veces no sur de
Galicia marcescente) duns 15-20 metros de alto (excepcionalmente acada os 40 m) A circunferencia
vai dos 4 aos 12 m nas carballas máis vellas de Galicia, Asturias ou das Illas Británicas. O carballo
de Kaive na Letonia cunha circunferencia de 10,2 m é a árbore máis grosa de Europa. O tronco é
groso e curto, a casca cincenta ou acastañada, crebada. A copa é ampla, ovada ou irregular. Adoitan
darse as formas tortas e bugallos.
Follas: o Q. robur ten as follas de 7-14 cm de longo, alternas, simples, caedizas, pecíolo curto de 2-
7 mm longo, e lámina obovada, glabra, pinnatilobada, con 4-6 pares de lóbulos desiguais, anchos,
ovado-oblongos, redondeados no ápice. Nalgúns exemplares, especialmente no sur de Galicia onde
o clima é máis temperado, a folla non chega a caer no inverno aínda que si cambia a cor
(marcescencia).
Flores: unisexuais, as masculinas en candeas penduradas e amarelas, pequenas, con cálice 5-7
lobado e 5-10 estames. Flores femininas subsésiles, en grupos de 2(3) penduradas no extremo dun
longo pedúnculo, cada unha con invólucro basal ou cúpula formada por numerosas brácteas
escuamiformes soldadas entre si, cálice moi reducido e un xineceo tricarpelar sincárpico de ovario
ínfero e 3 estilos.
Froito: de tipo noz (landra) oblongo, duns 2 cm de longo, de pericarpo liso, verde-pardo, apiculado,
con cúpula endurecida a xeito de carapucho, pouco áspera, denominada cascabullo.
Floración: florece na primavera, ao mesmo tempo que agroman as follas (rebentos vermellos); as
landras maduran a finais do verán e caen a principios do outono.
4
É unha árbore moi lonxeva, o carballo de Stelmužė na Lituania crese que ten uns 1.500 anos, sendo
a árbore máis vella de Europa; outro exemplar ao que lle chaman Kongeegen ('Carballo dos Reis'),
pénsase que ten 1200 anos e fica en Jaegerspris, Dinamarca. Tamén hai bos exemplares en
Alemaña e nas Illas Británicas.
En España hai bos exemplares no País Vasco, a venerada árbore de Gernika pertence á esta especie.
En Asturias na Reserva Natural Integral de Muniellos, atópase o Carballo de San Valentín de 11 m
de circunferencia. Ten uns 750-850 anos.
En Galicia atopamos exemplares salientábeis en todos os concellos. Na entrada da vila de Taboada
existe o Carballo de Ramos, que dá nome á parroquia San Tomé do Carballo. En Silleda hai un bo
exemplar a carón do Pazo de Taboada. No Incio tamén hai bos exemplares de castiñeiros e carballos
na parroquia de San Pedro, e na parroquia de Val de Mao hai unha vella carballa catalogada entre as
de maior porte de Galicia.
Subespecies
Fálase de cinco subespecies:
Q. robur subsp. broteroana Schwarz 1936, podería ser un híbrido entre o carballo común Quercus
robur e a carbia Quercus petraea. É principalmente o que aparece en Galicia, norte de Portugal e
noroeste de España en xeral, cos lóbulos das follas menos profundos, face das follas lustrosa e
cúpulas maiores (18-23 mm).
Q. robur subsp. robur, que comprendería as poboacións orientais, chegando por occidente até a raia
de Galicia.
Q. robur subsp. estremadurensis (O. Schwarz) Camus, 1950, do norte e centro de Portugal,
chegando ó extremo occidental de Serra Morena, con follas máis delgadas, lustrosas pola face, as de
primavera, de nerviación secundaria regular, desprovista de nervios intercalares.
Q. robur subsp. brutia (Ten.) O.Schwarz 1936 = ver Quercus brutia.
Q. robur subsp. imeretina (Stev. ex Woronow) Menitsky 1968 = ver Quercus imeretina.
Q. robur subsp. pedunculifolia (K.Koch) Menitsky 1967 = ver Quercus pedunculiflora.
Importancia ecolóxica
No seu hábitat é de salientar a importancia ecolóxica do carballo pola cantidade de especies
asociadas ao mesmo, especialmente insectos. Numerosas especias moran nas follas, gromos,
bugallos e landras. O carballo comporta máis biodiversidade de insectos herbívoros que ningunha
outra especie en Galicia, máis de 400 especies. As landras son unha boa fonte de alimento para
moitos mamíferos pequenos e paxaros. Os mamíferos, especialmente os esquíos, que tenden a
apañar landras e outras noces e agochalas, soterrándoas, acotío favorecen a reprodución do carballo.
Moitas carballeiras foron substituídas, especialmente na costa galega, por especies alóctonas
5
(eucaliptos, piñeiros e acacias). Isto diminuíu moito a biodiversidade, ademais de aumentar o risco
de incendios, e polo tanto a erosión e a perda dos solos.
Nos últimos anos a perda de poboación nas zonas interiores de Galicia, especialmente das
provincias de Lugo e Ourense fixo que as carballeiras recuperaran moito solo agrícola. Outras veces
os carballos fican relegados a un estrato inferior, case arbustivo, en piñeirais e eucaliptais. Co tempo
o carballo remata por dominar a piñeiros e eucaliptos, xa que está máis adaptado.
Industria forestal
O Quercus robur plántase tamén cun fin forestal pola súa madeira resistente e de alta calidade,
especialmente o cerne, moi demandado para a industria do moble e da fabricación de bocois. Cando
se fala de carballo francés trátase da mesma especie. As quendas son moi longas (uns 80 anos), polo
que en Galicia o aproveitamento industrial da madeira de carballo é mínimo e foi totalmente
substituído polo de eucalipto e piñeiro. A silvicultura require de podas para enderezar o tronco e
evitar árbores tortas, deformidades, forquillas etc. A madeira de Quercus robur identifícase grazas a
un exame detallado da sección transversal, perpendicular ás fibras. A madeira caracterízase polos
aneis de crecemento, anchos e marróns escuros e claros. A madeira de primavera amosa un gran
número de vasos(~ 0,5 mm de diámetro). Tamén son moi visíbeis os raios leñosos (~ 0,1 mm) que
atravesan os aneis de crecemento. Ten unha densidade arredor de 720 kg por metro cúbico.
Cultivo
O Quercus robur tamén aparece como árbore ornamental nas rexións temperadas de todos os
continentes. Un gran número de cultivares e híbridos medran en xardíns, parques, arboredos e
xardíns botánicos. Hai subespecies de follas douradas ou encarnadas, porte columnar etc. O uso
ornamental do carballo en Galicia tampouco é novo. Os campos de feira adoitaban sombrearse con
carballos. Atopamos bos exemplos en Caldas de Reis ou Lugo.
Cultivares
Quercus robur 'Fastigiata' (carballo cipreste), o máis común, árbore alta e estreita con porte
columnar.
Quercus robur 'Concordia' (carballo dourado), carballo pequeno de lento crecemento coas follas
douradas e brillantes durante a primavera e o verán. Conseguiuse por vez primeira no viveiro de
Van Geert (Ghent) en 1843.
Quercus robur 'Pendula' (carballo chorón), un carballo de talle medio coas pólas penduradas.
Quercus robur 'Purpurea' outro cultivar duns 10 m de altura mais coas follas encarnadas.
Quercus robur 'Filicifolia' (carballo de follas cortadas), cultivar coas follas máis lobuladas.
6
Doenzas
Oídio, especificamente o oídio do carballo, moi común en Galicia. A superficie das follas cúbrese
cunha peluxe de cor cincenta (mofo ou balor) que torna amarelas ou grises as follas e provoca que
caian antes do outono. Vén producida por un fungo hóspede nas follas chamado Microsphaera
alphitoides (ou Erysiphe alphitoides) na súa fase teleomorfa e coma Oidium quercinum na súa fase
anamorfa.
Phytophthora ramorum. É un protista da clase dos oomicetos que produce unha infección
denominada morte repentina do carballo.
Antracnose.
Cancro.
Outras enfermidades causadas por bacterias e fungos.
Praga
Lepidópteros. Moitas larvas de bolboretas aliméntanse dos gromos ou xemas desta árbore.
Avespa de bugallos. Os bugallos dos carballos, tamén chamados carrabouxos, cocas ou,
tecnicamente, cecidios, son unha reacción de defensa da árbore fronte a determinados insectos
véspidos que depositan os seus ovos baixo a casca nos gromos novos dos carballos.
Exemplares senlleiros en
Coma árbore de Galiza, atopamos por toda a xeografía árbores monumentais, moitas delas incluídas
no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia, elaborado pola Xunta de Galiza:
Carballo do Pazo de Vilardefrancos, Carballo (A Coruña);
Carballo de Ramos, Taboada (Lugo);
Carballo do Viño ou Carballo do Pelete , A Lama (Pontevedra);
Carballo da Capela de Santa Margarida, Pontevedra (Pontevedra);
Carballa da Rocha, Rairiz de Veiga (Ourense);
Carballo do Pazo de Cartelos, Carballedo (Lugo);
Carballo Grande de Bustelo de Abaixo, Carballedo (Lugo);
Carballo da Casa do Herdeiro, Carballedo (Lugo);
Carballos do Campo de Golf,
Carballo de Mede, Xermade (Lugo);
Carballo da Casa Grande, Carballedo (Lugo);
Carballo Grande do Mestre, Carballedo (Lugo);
Carballo grande de Reboreda, Porqueira (Ourense);
Carballo da Portela, Mondariz (Pontevedra);
Carballo de Portacal, Sobrado (A Coruña);
7
Carballo de Freán, Xermade (Lugo);
Carballo de Vilatuxe, Lalín (Pontevedra);
Carballo de Soutolongo, Lalín (Pontevedra);
Pai dos Rebolos, Viana do Bolo, (Ourense);
Carballo de Luxís, Castro de Rei (Lugo);
allo de Cabanavella-I, Cervantes (Lugo);
Carballo de Cabanavella-II, Cervantes (Lugo);
Carballo fastixiado do Pazo de Santa Cruz (Quercus robur var. Fastigiata) , Vedra (A Coruña);
Carballo fastixiado do Xardín botánico de Padrón (Quercus robur var. Fastigiata), Padrón (A
Coruña).
Simbolismo e cultura popular
O carballo vén rodeado de lendas e considérase unha árbore sagrada en moitas zonas de Europa
asociada aos mitos celtas. Acostuma ser a árbore por excelencia, a principal, a raíña e asociada á
horizontalidade e á forza. O freixo simbolizaría a delicadeza e a verticalidade. Para Alemaña é todo
un símbolo do romanticismo. Ademais é o símbolo da forza e a estabilidade do país. As follas e as
landras do carballo aparecen na moeda de 5 céntimos de euro alemá. En Inglaterra o carballo é un
dos emblemas do país. En Irlanda o carballo aparece como claro símbolo celta. No castelo de Birr
Castle, un exemplar duns 400 anos acada 6,5m de circunferencia. Coñécese como o carballo de
Carroll, referíndose ao alcalde ou xefe da vila Ely O'Carroll quen gobernou antes da ocupación
normanda. No País Vasco a árbore de Gernika, coñecida en éuscaro como Gernikako Arbola é un
carballo situado ante diante da Casa de Xuntas, na localidade biscaíña de Gernika. Simboliza as
liberdades tradicionais de Biscaia e os biscaíños, e por extensión as dos vascos. O Señor de Biscaia
e posteriormente os reis de Castela, xuraban respectar as liberdades biscaíñas baixo este carballo, e
o lugar no cal se localiza é o lugar onde o Lehendakari do País Vasco promete cumprir co seu cargo
ao comezo de cada novo mandato.
En Galicia existen numerosas lendas e carballos sagrados, moitas veces ritos pagáns e outras
cristianizados. Xa para os celtas era unha árbore sagrada, polo que as súas follas non faltaban nas
súas cerimonias. As follas de carballo empréganse acotío como herbas de San Xoán. Os romanos
outorgábanlle tamén un valor sagrado pola súa fortaleza, e aqueles lugares onde existían grandes
carballeiras eran nomeados como Lucus, o nome latino da cidade de Lugo, polo que se supón que
Lugo era antes un bosque sagrado. O último representante do bosque sagrado lugués foi o chamado
Carballo de San Vicente, talado en 1680 para facer as obras do claustro do convento de Santo
Domingo.
Algúns carballos están consagrados a santos como é o caso do carballo de Santa Mariña de Augas
Santas, Allariz ou o carballo de Santo Antonio no Pazo de Vilar de Francos en Carballo. Os dous
8
teñen unha lenda en común que di que cando se lle produce unha ferida no tronco botan sangue.
Nos dous casos atribúen este feito aos milagres dos respectivos santos. A Carballa da Rocha é un
carballo situado no concello de Rairiz de Veiga (provincia de Ourense), Monumento Natural dende
o ano 2007. Estímase que ten uns 500 anos; ten 8,2 m de perímetro e 33 m de altura. Na carballeira
do pazo de Cartelos no concello de Carballedo (Lugo), subsiste un exemplar, pouco coñecido, que
pode ser o máis vello do mundo desta especie. A súa idade non se coñece con exactitude, pero o
feito de que unha das pólas derrubadas polo ciclón Hortensia en 1984 tivera 800 anos, danos unha
estima da súa idade, que podería rondar os 1500. Todo nel é espectacular: 11,5 m de perímetro, 34
m de altura e 614 m2 de copa. O seu competidor inmediato é un carballo na Suíza de 930 anos.
Todo isto fai que sexa o ser vivo máis vello de Galicia xunto co castiñeiro de Pumariños en
Manzaneda (Ourense).
9
teñen unha lenda en común que di que cando se lle produce unha ferida no tronco botan sangue.
Nos dous casos atribúen este feito aos milagres dos respectivos santos. A Carballa da Rocha é un
carballo situado no concello de Rairiz de Veiga (provincia de Ourense), Monumento Natural dende
o ano 2007. Estímase que ten uns 500 anos; ten 8,2 m de perímetro e 33 m de altura. Na carballeira
do pazo de Cartelos no concello de Carballedo (Lugo), subsiste un exemplar, pouco coñecido, que
pode ser o máis vello do mundo desta especie. A súa idade non se coñece con exactitude, pero o
feito de que unha das pólas derrubadas polo ciclón Hortensia en 1984 tivera 800 anos, danos unha
estima da súa idade, que podería rondar os 1500. Todo nel é espectacular: 11,5 m de perímetro, 34
m de altura e 614 m2 de copa. O seu competidor inmediato é un carballo na Suíza de 930 anos.
Todo isto fai que sexa o ser vivo máis vello de Galicia xunto co castiñeiro de Pumariños en
Manzaneda (Ourense).
9

More Related Content

Similar to O caballo, de Alejandro Ares

Charla o ramo día da árbore2011
Charla o ramo día da árbore2011Charla o ramo día da árbore2011
Charla o ramo día da árbore2011rebkblanco
 
árbores senlleiras da Terra Cha
árbores senlleiras da Terra Chaárbores senlleiras da Terra Cha
árbores senlleiras da Terra Chamonadela
 
O CARBALLO TRABALLO
O CARBALLO TRABALLOO CARBALLO TRABALLO
O CARBALLO TRABALLObiblionova
 
Aciñeira (Quercus ilex)
Aciñeira (Quercus ilex)Aciñeira (Quercus ilex)
Aciñeira (Quercus ilex)monadela
 
Lourizán, Xardín Botánico
Lourizán, Xardín BotánicoLourizán, Xardín Botánico
Lourizán, Xardín Botánicomonadela
 
Ecosistemasgalegos1 130409151835-phpapp02
Ecosistemasgalegos1 130409151835-phpapp02Ecosistemasgalegos1 130409151835-phpapp02
Ecosistemasgalegos1 130409151835-phpapp02LOPEZMOURENZA
 
Ecosistemas galegos
Ecosistemas galegosEcosistemas galegos
Ecosistemas galegosmonadela
 
Ecosistemas galegos
Ecosistemas galegosEcosistemas galegos
Ecosistemas galegosmxcamba
 
Árbores ornamentais (Galiza)
Árbores ornamentais (Galiza)Árbores ornamentais (Galiza)
Árbores ornamentais (Galiza)monadela
 
Serra de Enciña da Lastra
Serra de Enciña da LastraSerra de Enciña da Lastra
Serra de Enciña da Lastramonadela
 
Monumento Natural Fraga de Catasós
Monumento Natural Fraga de CatasósMonumento Natural Fraga de Catasós
Monumento Natural Fraga de Catasósmonadela
 
LIC Pena Veidosa
LIC Pena VeidosaLIC Pena Veidosa
LIC Pena Veidosamonadela
 
O bosque de ribeira do Río Miño
O bosque de ribeira do Río MiñoO bosque de ribeira do Río Miño
O bosque de ribeira do Río MiñoPilar
 
Rebolo, cerquiño (Quercus pyrenaica)
Rebolo, cerquiño (Quercus pyrenaica)Rebolo, cerquiño (Quercus pyrenaica)
Rebolo, cerquiño (Quercus pyrenaica)monadela
 
As paisaxes naturais e as súas interaccións natureza-sociedade en España
As paisaxes naturais e as súas interaccións natureza-sociedade en EspañaAs paisaxes naturais e as súas interaccións natureza-sociedade en España
As paisaxes naturais e as súas interaccións natureza-sociedade en EspañaAgrela Elvixeo
 
Araucarias
AraucariasAraucarias
Araucariasmonadela
 
árbores de cambados
árbores de cambadosárbores de cambados
árbores de cambadosiesasorey
 

Similar to O caballo, de Alejandro Ares (20)

Charla o ramo día da árbore2011
Charla o ramo día da árbore2011Charla o ramo día da árbore2011
Charla o ramo día da árbore2011
 
Traballo ecosistema
Traballo ecosistemaTraballo ecosistema
Traballo ecosistema
 
árbores senlleiras da Terra Cha
árbores senlleiras da Terra Chaárbores senlleiras da Terra Cha
árbores senlleiras da Terra Cha
 
O CARBALLO TRABALLO
O CARBALLO TRABALLOO CARBALLO TRABALLO
O CARBALLO TRABALLO
 
Aciñeira (Quercus ilex)
Aciñeira (Quercus ilex)Aciñeira (Quercus ilex)
Aciñeira (Quercus ilex)
 
Os bosques
Os bosquesOs bosques
Os bosques
 
Lourizán, Xardín Botánico
Lourizán, Xardín BotánicoLourizán, Xardín Botánico
Lourizán, Xardín Botánico
 
Ecosistemasgalegos1 130409151835-phpapp02
Ecosistemasgalegos1 130409151835-phpapp02Ecosistemasgalegos1 130409151835-phpapp02
Ecosistemasgalegos1 130409151835-phpapp02
 
Ecosistemas galegos
Ecosistemas galegosEcosistemas galegos
Ecosistemas galegos
 
Ecosistemas galegos
Ecosistemas galegosEcosistemas galegos
Ecosistemas galegos
 
Árbores ornamentais (Galiza)
Árbores ornamentais (Galiza)Árbores ornamentais (Galiza)
Árbores ornamentais (Galiza)
 
Serra de Enciña da Lastra
Serra de Enciña da LastraSerra de Enciña da Lastra
Serra de Enciña da Lastra
 
Monumento Natural Fraga de Catasós
Monumento Natural Fraga de CatasósMonumento Natural Fraga de Catasós
Monumento Natural Fraga de Catasós
 
LIC Pena Veidosa
LIC Pena VeidosaLIC Pena Veidosa
LIC Pena Veidosa
 
O bosque de ribeira do Río Miño
O bosque de ribeira do Río MiñoO bosque de ribeira do Río Miño
O bosque de ribeira do Río Miño
 
Rebolo, cerquiño (Quercus pyrenaica)
Rebolo, cerquiño (Quercus pyrenaica)Rebolo, cerquiño (Quercus pyrenaica)
Rebolo, cerquiño (Quercus pyrenaica)
 
As paisaxes naturais e as súas interaccións natureza-sociedade en España
As paisaxes naturais e as súas interaccións natureza-sociedade en EspañaAs paisaxes naturais e as súas interaccións natureza-sociedade en España
As paisaxes naturais e as súas interaccións natureza-sociedade en España
 
Araucarias
AraucariasAraucarias
Araucarias
 
Tempo de castañas2
Tempo de castañas2Tempo de castañas2
Tempo de castañas2
 
árbores de cambados
árbores de cambadosárbores de cambados
árbores de cambados
 

More from Tino Grandio

Angiospermas, de Rubén Rodríguez
Angiospermas, de Rubén RodríguezAngiospermas, de Rubén Rodríguez
Angiospermas, de Rubén RodríguezTino Grandio
 
O carballo, Traballo de Alba Prado
O carballo, Traballo de Alba PradoO carballo, Traballo de Alba Prado
O carballo, Traballo de Alba PradoTino Grandio
 
O carballo, traballo de Adrián Rodríguez
O carballo, traballo de Adrián RodríguezO carballo, traballo de Adrián Rodríguez
O carballo, traballo de Adrián RodríguezTino Grandio
 
Angiospermas, de Lorena Castro
Angiospermas, de Lorena CastroAngiospermas, de Lorena Castro
Angiospermas, de Lorena CastroTino Grandio
 
Anxiospermas, de Joel Paz
Anxiospermas, de Joel PazAnxiospermas, de Joel Paz
Anxiospermas, de Joel PazTino Grandio
 
Anxiospermas, de Nerea Novo
Anxiospermas, de Nerea NovoAnxiospermas, de Nerea Novo
Anxiospermas, de Nerea NovoTino Grandio
 
How to Write an Essay
How to Write an EssayHow to Write an Essay
How to Write an EssayTino Grandio
 
How to Write an Essay
How to Write an EssayHow to Write an Essay
How to Write an EssayTino Grandio
 
Essay topics eso 4
Essay topics eso 4Essay topics eso 4
Essay topics eso 4Tino Grandio
 
Essay topics eso 3
Essay topics eso 3Essay topics eso 3
Essay topics eso 3Tino Grandio
 
Martin luther king's speech
Martin luther king's speechMartin luther king's speech
Martin luther king's speechTino Grandio
 
Martin Luther King Day
Martin Luther King DayMartin Luther King Day
Martin Luther King DayTino Grandio
 
Everyday activities
Everyday activitiesEveryday activities
Everyday activitiesTino Grandio
 
Neiu3 0-summary of tenses
Neiu3 0-summary of tensesNeiu3 0-summary of tenses
Neiu3 0-summary of tensesTino Grandio
 
First thanksgiving
First thanksgivingFirst thanksgiving
First thanksgivingTino Grandio
 
Pallares xvi 2016 06_20
Pallares xvi 2016 06_20Pallares xvi 2016 06_20
Pallares xvi 2016 06_20Tino Grandio
 

More from Tino Grandio (20)

Lagoa
LagoaLagoa
Lagoa
 
Angiospermas, de Rubén Rodríguez
Angiospermas, de Rubén RodríguezAngiospermas, de Rubén Rodríguez
Angiospermas, de Rubén Rodríguez
 
O carballo, Traballo de Alba Prado
O carballo, Traballo de Alba PradoO carballo, Traballo de Alba Prado
O carballo, Traballo de Alba Prado
 
O carballo, traballo de Adrián Rodríguez
O carballo, traballo de Adrián RodríguezO carballo, traballo de Adrián Rodríguez
O carballo, traballo de Adrián Rodríguez
 
Angiospermas, de Lorena Castro
Angiospermas, de Lorena CastroAngiospermas, de Lorena Castro
Angiospermas, de Lorena Castro
 
Anxiospermas, de Joel Paz
Anxiospermas, de Joel PazAnxiospermas, de Joel Paz
Anxiospermas, de Joel Paz
 
Anxiospermas, de Nerea Novo
Anxiospermas, de Nerea NovoAnxiospermas, de Nerea Novo
Anxiospermas, de Nerea Novo
 
How to Write an Essay
How to Write an EssayHow to Write an Essay
How to Write an Essay
 
How to Write an Essay
How to Write an EssayHow to Write an Essay
How to Write an Essay
 
Essay topics eso 4
Essay topics eso 4Essay topics eso 4
Essay topics eso 4
 
Essay topics eso 3
Essay topics eso 3Essay topics eso 3
Essay topics eso 3
 
At the restaurant
At the restaurantAt the restaurant
At the restaurant
 
Martin luther king's speech
Martin luther king's speechMartin luther king's speech
Martin luther king's speech
 
Martin Luther King Day
Martin Luther King DayMartin Luther King Day
Martin Luther King Day
 
Boxing day
Boxing dayBoxing day
Boxing day
 
exam 3º ESO
exam 3º ESOexam 3º ESO
exam 3º ESO
 
Everyday activities
Everyday activitiesEveryday activities
Everyday activities
 
Neiu3 0-summary of tenses
Neiu3 0-summary of tensesNeiu3 0-summary of tenses
Neiu3 0-summary of tenses
 
First thanksgiving
First thanksgivingFirst thanksgiving
First thanksgiving
 
Pallares xvi 2016 06_20
Pallares xvi 2016 06_20Pallares xvi 2016 06_20
Pallares xvi 2016 06_20
 

O caballo, de Alejandro Ares

  • 2. Índice de contidos Introdución ..............................................................................................................................................................2 Taxonomía............................................................................................................................................3 Etimoloxía............................................................................................................................................3 Hábitat..................................................................................................................................................3 Descrición.............................................................................................................................................4 Subespecies Fálase de cinco subespecies:................................................................................................................5 Cultivares ............................................................................................................................................6 Doenzas................................................................................................................................................6 Praga.....................................................................................................................................................7 Simbolismo e cultura popular...............................................................................................................8 Introdución O Quercus robur L. (ás veces considerado Quercus pedunculata) coñécese normalmente como carballo común, carballo veriño, carballo bravo ou simplemente carballo. O carballo é unha árbore anxiosperma da familia das fagáceas, caducifolia, que pode chegar aos 15- 20 metros de altura. O carballo esténdese tanto por zonas de clima atlántico en calquera tipo de terreo, tanto en chairas como en ladeiras rochosas, dende o nivel do mar ata os 1.000 metros de altitude. É unha árbore robusta, que pode vivir varios séculos e acadar os 40 metros de altura con pólas que comezan xa desde a parte inferior Cando a formación é monoespecífica, só de carballos, o bosque é denoninado carballeira. Se se mesturan outras especies de clima atlántico chamámolo fraga. Foi a especie máis abundante e dominante na Europa atlántica e segue a ser predominante no interior de Galicia. 2
  • 3. A madeira do carballo é de excelente calidade, foi moi empregada na construción (embarcacións, trabes e estruturas das casas (cubertas, forxados), travesas do camiño de ferro etc.), na fabricación de mobles e toneis. Tamén foi e segue a ser o principal combustíbel das lareiras e cociñas galegas. O carballo tamén tivo uso ornamental nos lugares públicos de Galicia : parques, feiras, arboredas. Algúns exemplares moi vellos (carballas) acadan dimensións importantes. É a árbore por excelencia de Galicia. A toponimia galega está chea de referencias a esta árbore (fitotoponimia): Carballal, Carballedo, O Carballiño, A Carballa etc. Aparece tamén en moitos apelidos: Carballo, Carballedo, Carbajal etc. Ademais a cultura e as lendas galegas artéllanse arredor desta árbore, chea de espiritualidade e pasado sagrado, sempre vencellado á forza (rexo ou forte coma un carballo). Tamén é a árbore sagrada do País Vasco, de Alemaña e en xeral da cultura celta.[Cómpre referencia] O termo carballo en Galicia acolle outras especies ademais do Quercus robur L., como o carballo cerquiño (Quercus pyrenaica), a sobreira (Quercus suber), a aciñeira (Quercus ilex), o carballo branco ou albar (Quercus petraea) ou máis recentemente o carballo americano (Quercus rubra). Taxonomía Quercus robur (do latín quercus 'carballo' + robur 'forte, de madeira resistente'). Comparte xénero coas sobreiras e aciñeiras entre outras especies. A especie máis achegada é o carballo albar (Quercus petraea),moi semellante, que tamén atopamos no leste de Galicia. Q. robur distínguese deste por ter un pecíolo máis curto e un porte máis torto. Ás veces hibrídanse dando o Quercus × rosacea. Etimoloxía A orixe da verba carballo é incerta. O que está claro é que é anterior ao latín. Podería ser de orixe celta pola raíz kar- (pedra), ou máis ben dunha orixe preindoeuropea (galaico). En asturiano denomínase carbayu, en portugués carvalho, ambas as dúas coa mesma orixe. En castelán non ten 3
  • 4. un nome xeneralizado, polo que se lle chama: roble común, roble inglés, roble pedunculado, carvajo ou roble carvallo. En inglés chámanlle English oak (carballo inglés). Hábitat É autóctono da Europa atlántica e continental, aparecendo tamén na Anatolia, no Cáucaso e nalgunhas partes do norte de África. Na Península Ibérica esténdese dende o norte de Portugal ata os Pireneos. En Galicia foi a especie principal durante séculos. A súa extensión veuse en regresión por mor á actividade humana e á substitución das zonas onde había carballeiras por especies alóctonas, principalmente piñeiros, mimosas e eucaliptos; con todo, tense incrementado a extensión das carballeiras nos últimos anos, especialmente no interior do país a causa da perda de poboación, recolonizando terreo agrícola. Segundo un estudo realizado en 2003, esta especie é dominante en 195 028 hectáreas no territorio galego. Descrición O Quercus robur é unha árbore monoica de grande envergadura e folla caduca (ás veces no sur de Galicia marcescente) duns 15-20 metros de alto (excepcionalmente acada os 40 m) A circunferencia vai dos 4 aos 12 m nas carballas máis vellas de Galicia, Asturias ou das Illas Británicas. O carballo de Kaive na Letonia cunha circunferencia de 10,2 m é a árbore máis grosa de Europa. O tronco é groso e curto, a casca cincenta ou acastañada, crebada. A copa é ampla, ovada ou irregular. Adoitan darse as formas tortas e bugallos. Follas: o Q. robur ten as follas de 7-14 cm de longo, alternas, simples, caedizas, pecíolo curto de 2- 7 mm longo, e lámina obovada, glabra, pinnatilobada, con 4-6 pares de lóbulos desiguais, anchos, ovado-oblongos, redondeados no ápice. Nalgúns exemplares, especialmente no sur de Galicia onde o clima é máis temperado, a folla non chega a caer no inverno aínda que si cambia a cor (marcescencia). Flores: unisexuais, as masculinas en candeas penduradas e amarelas, pequenas, con cálice 5-7 lobado e 5-10 estames. Flores femininas subsésiles, en grupos de 2(3) penduradas no extremo dun longo pedúnculo, cada unha con invólucro basal ou cúpula formada por numerosas brácteas escuamiformes soldadas entre si, cálice moi reducido e un xineceo tricarpelar sincárpico de ovario ínfero e 3 estilos. Froito: de tipo noz (landra) oblongo, duns 2 cm de longo, de pericarpo liso, verde-pardo, apiculado, con cúpula endurecida a xeito de carapucho, pouco áspera, denominada cascabullo. Floración: florece na primavera, ao mesmo tempo que agroman as follas (rebentos vermellos); as landras maduran a finais do verán e caen a principios do outono. 4
  • 5. É unha árbore moi lonxeva, o carballo de Stelmužė na Lituania crese que ten uns 1.500 anos, sendo a árbore máis vella de Europa; outro exemplar ao que lle chaman Kongeegen ('Carballo dos Reis'), pénsase que ten 1200 anos e fica en Jaegerspris, Dinamarca. Tamén hai bos exemplares en Alemaña e nas Illas Británicas. En España hai bos exemplares no País Vasco, a venerada árbore de Gernika pertence á esta especie. En Asturias na Reserva Natural Integral de Muniellos, atópase o Carballo de San Valentín de 11 m de circunferencia. Ten uns 750-850 anos. En Galicia atopamos exemplares salientábeis en todos os concellos. Na entrada da vila de Taboada existe o Carballo de Ramos, que dá nome á parroquia San Tomé do Carballo. En Silleda hai un bo exemplar a carón do Pazo de Taboada. No Incio tamén hai bos exemplares de castiñeiros e carballos na parroquia de San Pedro, e na parroquia de Val de Mao hai unha vella carballa catalogada entre as de maior porte de Galicia. Subespecies Fálase de cinco subespecies: Q. robur subsp. broteroana Schwarz 1936, podería ser un híbrido entre o carballo común Quercus robur e a carbia Quercus petraea. É principalmente o que aparece en Galicia, norte de Portugal e noroeste de España en xeral, cos lóbulos das follas menos profundos, face das follas lustrosa e cúpulas maiores (18-23 mm). Q. robur subsp. robur, que comprendería as poboacións orientais, chegando por occidente até a raia de Galicia. Q. robur subsp. estremadurensis (O. Schwarz) Camus, 1950, do norte e centro de Portugal, chegando ó extremo occidental de Serra Morena, con follas máis delgadas, lustrosas pola face, as de primavera, de nerviación secundaria regular, desprovista de nervios intercalares. Q. robur subsp. brutia (Ten.) O.Schwarz 1936 = ver Quercus brutia. Q. robur subsp. imeretina (Stev. ex Woronow) Menitsky 1968 = ver Quercus imeretina. Q. robur subsp. pedunculifolia (K.Koch) Menitsky 1967 = ver Quercus pedunculiflora. Importancia ecolóxica No seu hábitat é de salientar a importancia ecolóxica do carballo pola cantidade de especies asociadas ao mesmo, especialmente insectos. Numerosas especias moran nas follas, gromos, bugallos e landras. O carballo comporta máis biodiversidade de insectos herbívoros que ningunha outra especie en Galicia, máis de 400 especies. As landras son unha boa fonte de alimento para moitos mamíferos pequenos e paxaros. Os mamíferos, especialmente os esquíos, que tenden a apañar landras e outras noces e agochalas, soterrándoas, acotío favorecen a reprodución do carballo. Moitas carballeiras foron substituídas, especialmente na costa galega, por especies alóctonas 5
  • 6. (eucaliptos, piñeiros e acacias). Isto diminuíu moito a biodiversidade, ademais de aumentar o risco de incendios, e polo tanto a erosión e a perda dos solos. Nos últimos anos a perda de poboación nas zonas interiores de Galicia, especialmente das provincias de Lugo e Ourense fixo que as carballeiras recuperaran moito solo agrícola. Outras veces os carballos fican relegados a un estrato inferior, case arbustivo, en piñeirais e eucaliptais. Co tempo o carballo remata por dominar a piñeiros e eucaliptos, xa que está máis adaptado. Industria forestal O Quercus robur plántase tamén cun fin forestal pola súa madeira resistente e de alta calidade, especialmente o cerne, moi demandado para a industria do moble e da fabricación de bocois. Cando se fala de carballo francés trátase da mesma especie. As quendas son moi longas (uns 80 anos), polo que en Galicia o aproveitamento industrial da madeira de carballo é mínimo e foi totalmente substituído polo de eucalipto e piñeiro. A silvicultura require de podas para enderezar o tronco e evitar árbores tortas, deformidades, forquillas etc. A madeira de Quercus robur identifícase grazas a un exame detallado da sección transversal, perpendicular ás fibras. A madeira caracterízase polos aneis de crecemento, anchos e marróns escuros e claros. A madeira de primavera amosa un gran número de vasos(~ 0,5 mm de diámetro). Tamén son moi visíbeis os raios leñosos (~ 0,1 mm) que atravesan os aneis de crecemento. Ten unha densidade arredor de 720 kg por metro cúbico. Cultivo O Quercus robur tamén aparece como árbore ornamental nas rexións temperadas de todos os continentes. Un gran número de cultivares e híbridos medran en xardíns, parques, arboredos e xardíns botánicos. Hai subespecies de follas douradas ou encarnadas, porte columnar etc. O uso ornamental do carballo en Galicia tampouco é novo. Os campos de feira adoitaban sombrearse con carballos. Atopamos bos exemplos en Caldas de Reis ou Lugo. Cultivares Quercus robur 'Fastigiata' (carballo cipreste), o máis común, árbore alta e estreita con porte columnar. Quercus robur 'Concordia' (carballo dourado), carballo pequeno de lento crecemento coas follas douradas e brillantes durante a primavera e o verán. Conseguiuse por vez primeira no viveiro de Van Geert (Ghent) en 1843. Quercus robur 'Pendula' (carballo chorón), un carballo de talle medio coas pólas penduradas. Quercus robur 'Purpurea' outro cultivar duns 10 m de altura mais coas follas encarnadas. Quercus robur 'Filicifolia' (carballo de follas cortadas), cultivar coas follas máis lobuladas. 6
  • 7. Doenzas Oídio, especificamente o oídio do carballo, moi común en Galicia. A superficie das follas cúbrese cunha peluxe de cor cincenta (mofo ou balor) que torna amarelas ou grises as follas e provoca que caian antes do outono. Vén producida por un fungo hóspede nas follas chamado Microsphaera alphitoides (ou Erysiphe alphitoides) na súa fase teleomorfa e coma Oidium quercinum na súa fase anamorfa. Phytophthora ramorum. É un protista da clase dos oomicetos que produce unha infección denominada morte repentina do carballo. Antracnose. Cancro. Outras enfermidades causadas por bacterias e fungos. Praga Lepidópteros. Moitas larvas de bolboretas aliméntanse dos gromos ou xemas desta árbore. Avespa de bugallos. Os bugallos dos carballos, tamén chamados carrabouxos, cocas ou, tecnicamente, cecidios, son unha reacción de defensa da árbore fronte a determinados insectos véspidos que depositan os seus ovos baixo a casca nos gromos novos dos carballos. Exemplares senlleiros en Coma árbore de Galiza, atopamos por toda a xeografía árbores monumentais, moitas delas incluídas no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia, elaborado pola Xunta de Galiza: Carballo do Pazo de Vilardefrancos, Carballo (A Coruña); Carballo de Ramos, Taboada (Lugo); Carballo do Viño ou Carballo do Pelete , A Lama (Pontevedra); Carballo da Capela de Santa Margarida, Pontevedra (Pontevedra); Carballa da Rocha, Rairiz de Veiga (Ourense); Carballo do Pazo de Cartelos, Carballedo (Lugo); Carballo Grande de Bustelo de Abaixo, Carballedo (Lugo); Carballo da Casa do Herdeiro, Carballedo (Lugo); Carballos do Campo de Golf, Carballo de Mede, Xermade (Lugo); Carballo da Casa Grande, Carballedo (Lugo); Carballo Grande do Mestre, Carballedo (Lugo); Carballo grande de Reboreda, Porqueira (Ourense); Carballo da Portela, Mondariz (Pontevedra); Carballo de Portacal, Sobrado (A Coruña); 7
  • 8. Carballo de Freán, Xermade (Lugo); Carballo de Vilatuxe, Lalín (Pontevedra); Carballo de Soutolongo, Lalín (Pontevedra); Pai dos Rebolos, Viana do Bolo, (Ourense); Carballo de Luxís, Castro de Rei (Lugo); allo de Cabanavella-I, Cervantes (Lugo); Carballo de Cabanavella-II, Cervantes (Lugo); Carballo fastixiado do Pazo de Santa Cruz (Quercus robur var. Fastigiata) , Vedra (A Coruña); Carballo fastixiado do Xardín botánico de Padrón (Quercus robur var. Fastigiata), Padrón (A Coruña). Simbolismo e cultura popular O carballo vén rodeado de lendas e considérase unha árbore sagrada en moitas zonas de Europa asociada aos mitos celtas. Acostuma ser a árbore por excelencia, a principal, a raíña e asociada á horizontalidade e á forza. O freixo simbolizaría a delicadeza e a verticalidade. Para Alemaña é todo un símbolo do romanticismo. Ademais é o símbolo da forza e a estabilidade do país. As follas e as landras do carballo aparecen na moeda de 5 céntimos de euro alemá. En Inglaterra o carballo é un dos emblemas do país. En Irlanda o carballo aparece como claro símbolo celta. No castelo de Birr Castle, un exemplar duns 400 anos acada 6,5m de circunferencia. Coñécese como o carballo de Carroll, referíndose ao alcalde ou xefe da vila Ely O'Carroll quen gobernou antes da ocupación normanda. No País Vasco a árbore de Gernika, coñecida en éuscaro como Gernikako Arbola é un carballo situado ante diante da Casa de Xuntas, na localidade biscaíña de Gernika. Simboliza as liberdades tradicionais de Biscaia e os biscaíños, e por extensión as dos vascos. O Señor de Biscaia e posteriormente os reis de Castela, xuraban respectar as liberdades biscaíñas baixo este carballo, e o lugar no cal se localiza é o lugar onde o Lehendakari do País Vasco promete cumprir co seu cargo ao comezo de cada novo mandato. En Galicia existen numerosas lendas e carballos sagrados, moitas veces ritos pagáns e outras cristianizados. Xa para os celtas era unha árbore sagrada, polo que as súas follas non faltaban nas súas cerimonias. As follas de carballo empréganse acotío como herbas de San Xoán. Os romanos outorgábanlle tamén un valor sagrado pola súa fortaleza, e aqueles lugares onde existían grandes carballeiras eran nomeados como Lucus, o nome latino da cidade de Lugo, polo que se supón que Lugo era antes un bosque sagrado. O último representante do bosque sagrado lugués foi o chamado Carballo de San Vicente, talado en 1680 para facer as obras do claustro do convento de Santo Domingo. Algúns carballos están consagrados a santos como é o caso do carballo de Santa Mariña de Augas Santas, Allariz ou o carballo de Santo Antonio no Pazo de Vilar de Francos en Carballo. Os dous 8
  • 9. teñen unha lenda en común que di que cando se lle produce unha ferida no tronco botan sangue. Nos dous casos atribúen este feito aos milagres dos respectivos santos. A Carballa da Rocha é un carballo situado no concello de Rairiz de Veiga (provincia de Ourense), Monumento Natural dende o ano 2007. Estímase que ten uns 500 anos; ten 8,2 m de perímetro e 33 m de altura. Na carballeira do pazo de Cartelos no concello de Carballedo (Lugo), subsiste un exemplar, pouco coñecido, que pode ser o máis vello do mundo desta especie. A súa idade non se coñece con exactitude, pero o feito de que unha das pólas derrubadas polo ciclón Hortensia en 1984 tivera 800 anos, danos unha estima da súa idade, que podería rondar os 1500. Todo nel é espectacular: 11,5 m de perímetro, 34 m de altura e 614 m2 de copa. O seu competidor inmediato é un carballo na Suíza de 930 anos. Todo isto fai que sexa o ser vivo máis vello de Galicia xunto co castiñeiro de Pumariños en Manzaneda (Ourense). 9
  • 10. teñen unha lenda en común que di que cando se lle produce unha ferida no tronco botan sangue. Nos dous casos atribúen este feito aos milagres dos respectivos santos. A Carballa da Rocha é un carballo situado no concello de Rairiz de Veiga (provincia de Ourense), Monumento Natural dende o ano 2007. Estímase que ten uns 500 anos; ten 8,2 m de perímetro e 33 m de altura. Na carballeira do pazo de Cartelos no concello de Carballedo (Lugo), subsiste un exemplar, pouco coñecido, que pode ser o máis vello do mundo desta especie. A súa idade non se coñece con exactitude, pero o feito de que unha das pólas derrubadas polo ciclón Hortensia en 1984 tivera 800 anos, danos unha estima da súa idade, que podería rondar os 1500. Todo nel é espectacular: 11,5 m de perímetro, 34 m de altura e 614 m2 de copa. O seu competidor inmediato é un carballo na Suíza de 930 anos. Todo isto fai que sexa o ser vivo máis vello de Galicia xunto co castiñeiro de Pumariños en Manzaneda (Ourense). 9