Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.
2
.- Le a seguinte composición e intenta deducir a súa autoría a partir das súas
características.A cal das tendencias poét...
A POESÍA DAS IRMANDADES DA FALA ACTIVIDADES
►► Caracterización do personaxe de Galahaz; en que aspectos se marca que é el ...
Upcoming SlideShare
Loading in …5
×

Tarefas. A poesía das Irmandades da Fala. Cabanillas

355 views

Published on

Tarefas para traballar a poesía deste período

Published in: Education
  • Você pode obter ajuda de ⇒ www.boaaluna.club ⇐ Sucesso e cumprimentos!
       Reply 
    Are you sure you want to  Yes  No
    Your message goes here
  • Be the first to like this

Tarefas. A poesía das Irmandades da Fala. Cabanillas

  1. 1. 2 .- Le a seguinte composición e intenta deducir a súa autoría a partir das súas características.A cal das tendencias poéticas deste autor a adscribirías? A POESÍA DAS IRMANDADES DA FALA ACTIVIDADES ►► Temática. Vinculación coa defensa do movemento agrarista ►► Valor simbólico do pazo e do personaxe do velliño ►► O poema pódese dividir en dúas partes (versos 1-25 e 26-39): na primeira descríbese a destrución do lume e a reacción da xente e a segunda reflexiona sobre a figura do vello. Observa o contraste métrico e estilístico entre ambas (sintaxe, recursos litera- rios, ritmo, uso de verbos/substantivos...) 1 1 ¡Nin rosiñas brancas, nin claveles roxos! Eu venero as froliñas dos toxos. Dos toxales as tenues froliñas, que sorríen, a medo, entre espiñas. Entre espiñas que o ceio agasalla con diamánte-las noites que orballa. ¡Oh do iermo o preciado tesouro!: as froliñas dos toxos son de ouro. De ouro vello son, mai, as froliñas dos bravos toxales, ¡das devociós miñas!... .-Busca na seguinte ligazón [BIBLIOTECA VIRTUAL GALEGA – CABANILLAS][BIBLIOTECA VIRTUAL GALEGA – CABANILLAS] un poema re- presentativo de cada unha das liñas temáticas da poesía lírica do autor 3 .- Le o poema “Lume no pazo” da páxina seguinte e comenta os seguintes aspectos: ►► Comenta o compoñente narrativo do poema
  2. 2. A POESÍA DAS IRMANDADES DA FALA ACTIVIDADES ►► Caracterización do personaxe de Galahaz; en que aspectos se marca que é el o caba- leiro “elixido”? ►► Comenta o contido; en que parte da historia se sitúa? 2 4 ►► Comenta os dous esquemas métricos diferentes do fragmento ““LUME NO PAZO”LUME NO PAZO” Prendeu lume no pazo. A roxa labarada alumea a campía. Atronan as campanas o val. Quentan o aire espesas bafaradas de fume. Corre a xente Berrando, atolondrada. E un velliño, moi vello, de guedelliñas brancas, que vive de milagre, xantando cando xanta, vestido de farrapos e durmindo onde cadra, —todo por mor dun preito de rendas atrasadas, no que os donos do pazo deixárono sin nada—, ollando cara ó lume, rise, barulla e fala ¡de ir busca-lo gaiteiro para que toque a gaita! Ó arde-lo cume, as tellas enroxecen e estalan. Caien, cruxindo, as vigas, e o lume ás catro bandas envolve a torre. Muxen de medo os bois nas coadras. A xente rube ó adro pra ver onde é a disgracia e ó mirar cara ó pazo detense amontoada. Érguense as mans ó ceo, e sanguiñenta, tráxica, refréxase nos ollos a roxa labarada. .- Le o fragmento entre os versos “Medianoite por filo, cando o galo cantaba” e “do ceo ten de baixar” de Na noite estrelecida que encontrarás nesta ligazón: “O cabaleiro do Sant Grial”“O cabaleiro do Sant Grial” (páx. 72) e responde ás seguintes cuestións:

×