SlideShare a Scribd company logo
1 of 65
O rato
pequeno
COUSIÑAS FEITAS NA CASA
MonDaporta
Todos os ratos son pequenos!- diredes, e con razón.
Sí, todos os ratos
son pequenos,
pero o rato deste
conto era
pequeno
pequeno, ata
pequeno de máis
para ser un rato
pequeno.
Era tan pequeniño que usaba como bañeira o tapón dunha
botella de auga, e non cheo de todo por aquelo de non pasar
medo ao non facer pé
Era tan pequeno que a súa nai cando saía con el de paseo para non
perdelo metíao dentro do sombreiro. Un sombreiro con furados que
lle servían ao ratiño de ventás polas que mirar o mundo.
Un día que a nai iba con el no sombreiro paseando pola rúa, un
refacho de vento levoulle o sombreiro e con el ao ratiño.
A rata correu e correu detrás do sombreiro, que se elevaba e
alonxaba máis alá de onde ela puido seguilo…, pero non puido
facer nada para recuperalo.
Por máis que buscou e preguntou, non tivo resposta.
E non tivo resposta porque o sombreiro, co ratiño dentro, voou e
voou máis alá dos montes que había detrás dos montes que se
vían desde a casa dos ratos e máis alá do mar, do que oíra falar e
que só vira unha vez, hai xa anos, nunha excursión da escola.
Durante a viaxe o ratiño asustouse moito, de primeiras ao ver o
alto que voaba pensando no batacazo que se iba dar cando o aire
perdera forza, e logo ao non saber que podería facer nin como iba
volver cando veu que sobrevoaba o mar.
Pero a súa sorte non rematara, alá polo horizonte apareceu unha
mancha escura que moi pronto foi tomando corpo para converterse
nunha masa de terra firme… unha illa!
Á que o sombreiro se dirixeu como si o guiase un piloto
experimentado, para pousar mainamente na area dunha praia.
O ratiño respirou aliviado pola boa sorte que tivera coa aterraxe
pero, case no mesmo intre, volveu a preocuparse ao verse só e
tan lonxe da súa casa.
Pero co ousado, entrometido e aventureiro que é –sempre era o
primeiro en facer o que ninguén ousaba facer – sempre se
axudaba, e sacaba proveito, do seu pequeno tamaño que lle
permitía agocharse en calquera sitio e pasar desapercibido case en
calquera parte…
Sen pensalo moito botouse a explorar os arredores do lugar no que
aterrara.
Desde os primeiros pasos decatouse, polo olfacto, de que alí había
ratos. Estaba a salvo!
Aterrara nun país de ratos, e aínda que as familias de ratos non
adoitan levárense moi ben avanzou decidido a encontralos, porque
aínda que de primeiras non fora demasiado ben recibido, sempre
era mellor estar acompañado que só, e el xa atoparía a maneira de
facerse querer.
Achegouse aos primeiros que veu, aos que ademais de darlle un bo
susto deixou sorprendidos polo seu pequeño tamaño. Mentras
falaban notou que estaban preocupados e bastante asustados.
En canto lle contou o que lle pasara ofrecéronlle compaña e
acobillo, que aceptou encantado, e eles contáronlle a súa historia.
Por eles soupo que ata facía pouco tempo aquel era o reino dos ratos
felices. Alí vivían os ratos máis grandes e máis gordos que se
coñeceran, e os máis tranquilos dos que se tivera noticia. Comían
canto querían e durmían máis do que precisaban, e en calquera sitio
con tal de que fora mol e non estivera castigado polo sol ou polo
vento.
Pero todo cambiara despois dun temporal, cando, entre as
moitas cousas que o mar botara á praia, chegou, agarrado a unha
táboa e medio morto de fame e de frío, un gato, que desde o
mesmo día da súa chegada, sementou o pánico entre a
poboación de ratos do lugar.
O medo que lles metera fora tal que permaneceran agochados, sen
atreverse a saír, durante varios días ata que a fame os obrigou á
expoñerse a ser cazados.
Aqueles ratos que nunca tiveran que soportar a presencia dun
enemigo de tal ferocidade e polo tanto non sabían defenderse,
caían por ducias nas gadoupas do gato que non facía máis que
darse enchenta detrás de enchenta.
Cando o número de baixas empezou a ser demasiado grande
decidiron organizarse e adoptar medidas para protexerse.
De primeiras acordaron saír só de noite, pero de pouco lles sirveu
porque o gato víaos como se fora de día e cazaba neles coa mesma
facilidade que se tivera luz, ou mellor porque vía mellor que eles.
Logo acordaron montar un servicio de vixiancia para que mentras
uns saían a comer outros permanecían á espreita para dar aviso e
así todos puideran poñerse a salvo.
Este método funcionou bastante ben o tempo que durou a
comida que había preto dos refuxios,
pero logo, cando había que ir buscala máis lonxe, fixeron falta
máis vixiantes, ata o punto de que había máis ratos vixiando
que comendo e moi logo aínda tiveron que alonxarse máis e
máis cada día ata que foi imposible manter unha distancia
segura entre os puntos de alimentación e os refuxios.
Logo acordaron saír en grupos e, si os descubría o gato, saír cada
un nunha dirección para despistalo, pero deste xeito era raro o
día que volvían á casa todos os que saían… e tiveron que cambiar
de novo.
Pensaron que o mellor sería ter ao gato vixiado para saber sempre
donde estaba e aproveitar para saír só cando estivera lonxe, pero
ningún se atrevía a facer de vixiante e tiveron que facelo por sortes.
Pero ter o gato vixiado non era nada fácil porque se agochaba moi
ben a non ser que tivera o bandullo cheo, que nese caso era
corrente velo tumbado, grande como era e gordo como estaba, no
sitio donde máis batera o sol, como se quixera cocer nas tripas o
que co mía crú, e de noite era imposible de descubrir.
Cos ratos a piques da desesperación, nunha das case contínuas
xuntanzas que facían para buscar solucións, un dixo que o único
que funcionaba tanto de día como de noite era o son, e conseguir
colgarlle ao gato algo que soara iba a ser a única solución para os
seus problemas.
-Entonces con poñerlle unha campaíña asunto arranxado- dixo un.
-Non- dixo outro- unha campaíña non é seguro porque se o gato
agarra o badal a campá non soa e xa non podemos saber onde está.
-Pois si a campá non sirve haberá que pensar en outra cousa- dixo un
terceiro.
Todos pensaron ata que un dixo –un axóuxere! Un axóuxere está
case pechado e non se pode evitar que soe porque non se pode
parar a peza de dentro, e ao ser de forma esférica soa con calquera
movemento.
Xa! A idea é ben boa pero agora haberá que atopar ao valente
que ouse colgarllo- dixo un dos máis vellos matando case
antes de que agromara a ilusión que fixera xurdir en todos nós
a idea do compañeiro…
E desde aquela nesas estamos. Desde aquela seguimos buscando
ao valente que ouse colgarlle o axóuxere ao gato. Ofrecéronse
honras, galanos e recompensas, pero ninguén se sinteu tan valente
como para enfrentarse ao caso.
O ratiño, despois de pensalo un pouco e vendo o mal que o
estaban a pasar aqueles seus semellantes que tan ben o
acolleran, ofreceuse voluntario para levar a cabo a arriscada
tarefa de poñerlle o axóuxere ao gato.
Todos aplaudiron o seu valor menos os seus primeiros amigos que
tentaron convencelo para que non o fixera porque o gato era
moito gato e el aínda moi novo para enfrontarse con semellante
El díxolles que estivesen tranquilos, que no sitio do que el viña si
había algo eran gatos, e que el e toda a súa xente xa pasaran
moitas veces por experiencias duras e impresións fortes.
Mandou buscar algunhas cousas que lle eran necesarias e
agardou á hora da sesta porque sabía, de boa lei, que se hai
algo que non perdoa un gato, ademais de unha enchenta de
ratos, é unha boa sesta.
Antes de saír encheu o axóuxere de area para que non soase e
enleouno nun trapo para que non lle caera a area de dentro
(pensara enchelo de algodón porque pesara menos pero tamén
temeu que ao sacar o algodón, despois de amarralo ao pescozo
do gato, poidese soar accidentalmente e poñelo en perigo),
deuse unha untura para disimular o olor a rato, puxo uns patucos
de la para amortecer o ruído, porque o gato se tiña bo olfacto
aínda tiña mellor oído; logo camuflouse o mellor que puido
cunhas follas secas aproveitando que estaban no tempo;
e chegado o momento botou o axóuxere ao lombo e empezou a
achegarse ao gato, procurando levar sempre o vento en contra
para que non lle levara ao gato olor nin ruído ningún.
Cando chegou ao pé do gato pousou o axóuxere, metéuselle por
debaixo do pescozo, arrastrando consigo unha punta do cordel co
que iba a amarralo, e unha vez alí, gañando antes o fío necesario,
lanzou o cordel por enriba do gato para o outro lado, agardou logo
un intre para comprobar que todo sucedía sen que o gato se enterara
e despois deu a volta arredor, pasando por detrás do gato
(pasarlle por diante dos fuciños podía ser atrevido demais
porque nunca se sabe cando, ou por que, un gato pode abrir un
ollo) atou ben as dúas puntas do cordel, desenleou o axóuxere
e, coas mesmas precaucións coas que se achegara e traballara,
volveu a lugar seguro.
Os ratos celebraron a volta, san e salvo, do ratiño valente con
grandes, pero silenciosas, mostras de alegría (silenciosas porque,
desde a chegada do gato, case non se atrevían nin a falar entre
eles máis que por señas para non delatar a súa presencia),
e logo puxéronse a agardar impacientes para ver se a cousa
funcionaba e para ver a reacción do gato.
Cando o gato espertou o primeiro que fixo foi estricarse e logo
sacudir a cabeza e con ese xesto esparexer a area que tiña
dentro o axóuxere.
O susto que lle deu o primeiro son do axóuxere púxolle os ollos
como platos e fíxolle dar un pincho no aire
co que repiteu e aumentou o ruído e o susto primeiro… e saeu
fuxindo. Canto máis corría máis ruído sentía, ata que canso, case
sen folgos para dar un paso, parou e ao parar el tamén deixou de
soar o axóuxere
e foi entonces cando se decatou de que lavaba algo colgado ao
pescozo e que soaba só cando el se movía. Sacudeu con forza
a cabeza para descolgalo sen éxito. Deulle uns gadoupazos e…
tampouco consigueu desfacerse del. Estaba incómodo pero
foise afacendo e ás poucas horas xa case non lle molestaba
levar aquelo colgado.
Os ratos celebraron o susto que lle meteran ao gato, o éxito
da operación e o ben que soaba o axóuxere.
Aos dous días ao gato ata lle facía gracia aquel “tintín” que
soaba maino ou cantareiro según camiñaba ou toleirón e con
forza cando corría. E aínda chegaba a usalo como enredo:
camiñar a modiño para ser quen de andar sen que soara ou
mudar o ritmo cambiando os pasos.
Pero tamén empezou a decatarse de que estaba a pasar máis
fame da que acostumaba. El sabía, decíallo a experiencia, que
eso da comida iba por tempadas, que había épocas nas que era
máis doado comer e días nos que tiña que amañarse moi ben
para poder pasalos coas tripas caladas…
Pero o que máis lle extrañaba xa non era que non pillara ningún
rato… o máis raro era que nin os vira, e non era porque non os
houbera, que os había, decíallo o seu nariz porque seguía a cheirar
a rato por todas partes, nin era que lle fuxiran aínda que
ultimamente xa empezaban a estar bastante áxiles, era que para el
fixéranse invisibles.
E, aínda que non era moi afeizoado, púxose a botar contas e,
poñendo e quitando polos dedos, chegou á conclusión de que non
vía un rato desde que levaba o axóuxere colgado.
Para comprobar si había relación entre os casos decideu facer
unha proba.
Agochouse a un burato de ratos, sin que o viran, e púxose a vixiar.
Agardou ata que saeu un, e cando estaba fóra abaneou o axóuxere.
Sentir o rato o “tintín” e desaparecer como un lóstrego polo mesmo
burato polo que acababa de saír foi case un, co que conclueu que si
tiña que ver o axóuxere coa fame que estaba a pasar e que, polo
tanto, si quería comer tiña que desfacerse de aquel colgarello.
Tentou sacalo pola cabeza pero o lazo estaba axustado e non lle
pasaba, quixo levar o coredel á boca para rillalo pero tampouco
lle foi posible, probou a arrincalo enganchándoo coas unllas e
case as deixou no intento,
fregou o pescozo contra canto duro atopou no seu camiño ata
case deixalo pelado… pero nin por esas.
Os días pasaban e a fame era cada veaz máis grande, xa case
desesperada, e a perda de peso máis que evidente,
cando a casualidade fixo que unha tarde fondeara preto da illa,
que por certo non era moi gran cousa, un barco, e os mariñeiros
por curiosidade achegáronse para recoñecela.
Un deles atopouse co gato e,
ao velo co axóuxere ao
pescozo e en aquel estado
tan lamentable, sinteu
magoa del ao pensar que era
un pobre gato náufrago e
decideu levalo consigo para
liberalo de aquela situación
tan triste.
A marcha do gato fixo felices, outra volta, aos ratos que
non paraban de celebralo pensando que de novo, en
pouco tempo volverían a esquecerse del para volver a
vivir sen medos nin preocupacións.
Ao rato pequeno, que ata o de aquela estivera atarefado
(primeiro resolvendo o problema e logo aguantando as
celebracións), fóiselle o tempo sen decatarse en homenaxes,
títulos e honras, autógrafos e fotos de recordo…
pero rematadas as
festas, a pesar de que
estaba moi ben naquel
lugar, empezou a
botar de menos á súa
familia e cada día que
pasaba tamén pasaba
máis tempo argallando
a forma de volver a
vela.
O rato pequeno, que era de ánimo alegre e amigo da troula,
pasaba horas sentado, desganado e sen facer cousa ningunha,
pensando sempre na maneira de volver.
Uns días despois déronlle unha sorpresa. Fixeron unha gran festa,
e ao rematala, despois dos discursos, a música, as fotos, os bicos e
os abrazos; apareceron uns morcegos, medios curmáns dos ratos,
aos que lle pediran o favor e, entre catro, collendo cada un pola
súa esquina, un pano do peto, iniciaron a longa viaxe para
devolver o rato pequeno á súa casa donde a súa nai o seguía
Unha viaxe que, despois dunhas horas de voo, rematou felizmente.
E… larailo lalailo, laliro lalá.
O rato pequeno

More Related Content

Similar to O rato pequeno

O corvo e a castaña
O corvo e a castañaO corvo e a castaña
O corvo e a castañaMonContos
 
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIASCREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIASFlorenotero
 
Historia dunha castaña
Historia dunha castañaHistoria dunha castaña
Historia dunha castañaMonContos
 
A bruxa catuxa (1)
A bruxa catuxa (1)A bruxa catuxa (1)
A bruxa catuxa (1)albinonunez
 
A voz da escola. Curso 2014-2015
A voz da escola. Curso 2014-2015A voz da escola. Curso 2014-2015
A voz da escola. Curso 2014-2015Diana Sánchez
 
O rato de papel
O rato de papelO rato de papel
O rato de papelMonContos
 
Papagaio7 abril 2020 dixital
Papagaio7  abril 2020 dixitalPapagaio7  abril 2020 dixital
Papagaio7 abril 2020 dixitalbibliotecadocole
 
Papagaio7 abril 2020 dixital
Papagaio7  abril 2020 dixitalPapagaio7  abril 2020 dixital
Papagaio7 abril 2020 dixitalmarichoni
 
Papagaio7 abril 2020 dixital
Papagaio7  abril 2020 dixitalPapagaio7  abril 2020 dixital
Papagaio7 abril 2020 dixitalCarmela Garcia
 
XVII Certame "En galego, sen filtro". Poemas
XVII Certame "En galego, sen filtro". PoemasXVII Certame "En galego, sen filtro". Poemas
XVII Certame "En galego, sen filtro". Poemascenlf
 
Lecturas verano 2016
Lecturas verano 2016Lecturas verano 2016
Lecturas verano 2016bibliobrozos
 

Similar to O rato pequeno (14)

O corvo e a castaña
O corvo e a castañaO corvo e a castaña
O corvo e a castaña
 
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIASCREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
 
Historia dunha castaña
Historia dunha castañaHistoria dunha castaña
Historia dunha castaña
 
Contos con clase 3
Contos con clase 3Contos con clase 3
Contos con clase 3
 
A bruxa catuxa (1)
A bruxa catuxa (1)A bruxa catuxa (1)
A bruxa catuxa (1)
 
A voz da escola. Curso 2014-2015
A voz da escola. Curso 2014-2015A voz da escola. Curso 2014-2015
A voz da escola. Curso 2014-2015
 
O rato de papel
O rato de papelO rato de papel
O rato de papel
 
Papagaio7 abril 2020 dixital
Papagaio7  abril 2020 dixitalPapagaio7  abril 2020 dixital
Papagaio7 abril 2020 dixital
 
Papagaio7 abril 2020 dixital
Papagaio7  abril 2020 dixitalPapagaio7  abril 2020 dixital
Papagaio7 abril 2020 dixital
 
Papagaio7 abril 2020 dixital
Papagaio7  abril 2020 dixitalPapagaio7  abril 2020 dixital
Papagaio7 abril 2020 dixital
 
Papagaio7 abril 2020 dixital
Papagaio7  abril 2020 dixitalPapagaio7  abril 2020 dixital
Papagaio7 abril 2020 dixital
 
XVII Certame "En galego, sen filtro". Poemas
XVII Certame "En galego, sen filtro". PoemasXVII Certame "En galego, sen filtro". Poemas
XVII Certame "En galego, sen filtro". Poemas
 
Lecturas verano 2016
Lecturas verano 2016Lecturas verano 2016
Lecturas verano 2016
 
O Axóuxere
O AxóuxereO Axóuxere
O Axóuxere
 

More from MonContos

publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfpublicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfMonContos
 
rata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxrata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxMonContos
 
Rata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxRata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxMonContos
 
rata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxrata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxMonContos
 
rata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxrata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxMonContos
 
que fan que.pptx
que fan que.pptxque fan que.pptx
que fan que.pptxMonContos
 
a rolada.pptx
a rolada.pptxa rolada.pptx
a rolada.pptxMonContos
 
cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxMonContos
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxMonContos
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxMonContos
 
voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptxMonContos
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaMonContos
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009MonContos
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IIMonContos
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)MonContos
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)MonContos
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelMonContos
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papelMonContos
 

More from MonContos (20)

publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfpublicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
 
rata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxrata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptx
 
Rata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxRata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptx
 
rata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxrata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptx
 
rata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxrata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptx
 
que fan que.pptx
que fan que.pptxque fan que.pptx
que fan que.pptx
 
a rolada.pptx
a rolada.pptxa rolada.pptx
a rolada.pptx
 
cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptx
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptx
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptx
 
voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptx
 
petos.pptx
petos.pptxpetos.pptx
petos.pptx
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didáctica
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
 
Paco Leiro
Paco LeiroPaco Leiro
Paco Leiro
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papel
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papel
 

O rato pequeno

  • 1. O rato pequeno COUSIÑAS FEITAS NA CASA MonDaporta
  • 2. Todos os ratos son pequenos!- diredes, e con razón.
  • 3. Sí, todos os ratos son pequenos, pero o rato deste conto era pequeno pequeno, ata pequeno de máis para ser un rato pequeno.
  • 4. Era tan pequeniño que usaba como bañeira o tapón dunha botella de auga, e non cheo de todo por aquelo de non pasar medo ao non facer pé
  • 5. Era tan pequeno que a súa nai cando saía con el de paseo para non perdelo metíao dentro do sombreiro. Un sombreiro con furados que lle servían ao ratiño de ventás polas que mirar o mundo.
  • 6. Un día que a nai iba con el no sombreiro paseando pola rúa, un refacho de vento levoulle o sombreiro e con el ao ratiño.
  • 7. A rata correu e correu detrás do sombreiro, que se elevaba e alonxaba máis alá de onde ela puido seguilo…, pero non puido facer nada para recuperalo.
  • 8. Por máis que buscou e preguntou, non tivo resposta.
  • 9. E non tivo resposta porque o sombreiro, co ratiño dentro, voou e voou máis alá dos montes que había detrás dos montes que se vían desde a casa dos ratos e máis alá do mar, do que oíra falar e que só vira unha vez, hai xa anos, nunha excursión da escola.
  • 10. Durante a viaxe o ratiño asustouse moito, de primeiras ao ver o alto que voaba pensando no batacazo que se iba dar cando o aire perdera forza, e logo ao non saber que podería facer nin como iba volver cando veu que sobrevoaba o mar.
  • 11. Pero a súa sorte non rematara, alá polo horizonte apareceu unha mancha escura que moi pronto foi tomando corpo para converterse nunha masa de terra firme… unha illa!
  • 12. Á que o sombreiro se dirixeu como si o guiase un piloto experimentado, para pousar mainamente na area dunha praia. O ratiño respirou aliviado pola boa sorte que tivera coa aterraxe pero, case no mesmo intre, volveu a preocuparse ao verse só e tan lonxe da súa casa.
  • 13. Pero co ousado, entrometido e aventureiro que é –sempre era o primeiro en facer o que ninguén ousaba facer – sempre se axudaba, e sacaba proveito, do seu pequeno tamaño que lle permitía agocharse en calquera sitio e pasar desapercibido case en calquera parte…
  • 14. Sen pensalo moito botouse a explorar os arredores do lugar no que aterrara. Desde os primeiros pasos decatouse, polo olfacto, de que alí había ratos. Estaba a salvo!
  • 15. Aterrara nun país de ratos, e aínda que as familias de ratos non adoitan levárense moi ben avanzou decidido a encontralos, porque aínda que de primeiras non fora demasiado ben recibido, sempre era mellor estar acompañado que só, e el xa atoparía a maneira de facerse querer.
  • 16. Achegouse aos primeiros que veu, aos que ademais de darlle un bo susto deixou sorprendidos polo seu pequeño tamaño. Mentras falaban notou que estaban preocupados e bastante asustados. En canto lle contou o que lle pasara ofrecéronlle compaña e acobillo, que aceptou encantado, e eles contáronlle a súa historia.
  • 17. Por eles soupo que ata facía pouco tempo aquel era o reino dos ratos felices. Alí vivían os ratos máis grandes e máis gordos que se coñeceran, e os máis tranquilos dos que se tivera noticia. Comían canto querían e durmían máis do que precisaban, e en calquera sitio con tal de que fora mol e non estivera castigado polo sol ou polo vento.
  • 18. Pero todo cambiara despois dun temporal, cando, entre as moitas cousas que o mar botara á praia, chegou, agarrado a unha táboa e medio morto de fame e de frío, un gato, que desde o mesmo día da súa chegada, sementou o pánico entre a poboación de ratos do lugar.
  • 19. O medo que lles metera fora tal que permaneceran agochados, sen atreverse a saír, durante varios días ata que a fame os obrigou á expoñerse a ser cazados.
  • 20. Aqueles ratos que nunca tiveran que soportar a presencia dun enemigo de tal ferocidade e polo tanto non sabían defenderse, caían por ducias nas gadoupas do gato que non facía máis que darse enchenta detrás de enchenta.
  • 21. Cando o número de baixas empezou a ser demasiado grande decidiron organizarse e adoptar medidas para protexerse. De primeiras acordaron saír só de noite, pero de pouco lles sirveu porque o gato víaos como se fora de día e cazaba neles coa mesma facilidade que se tivera luz, ou mellor porque vía mellor que eles.
  • 22. Logo acordaron montar un servicio de vixiancia para que mentras uns saían a comer outros permanecían á espreita para dar aviso e así todos puideran poñerse a salvo. Este método funcionou bastante ben o tempo que durou a comida que había preto dos refuxios,
  • 23. pero logo, cando había que ir buscala máis lonxe, fixeron falta máis vixiantes, ata o punto de que había máis ratos vixiando que comendo e moi logo aínda tiveron que alonxarse máis e máis cada día ata que foi imposible manter unha distancia segura entre os puntos de alimentación e os refuxios.
  • 24. Logo acordaron saír en grupos e, si os descubría o gato, saír cada un nunha dirección para despistalo, pero deste xeito era raro o día que volvían á casa todos os que saían… e tiveron que cambiar de novo.
  • 25. Pensaron que o mellor sería ter ao gato vixiado para saber sempre donde estaba e aproveitar para saír só cando estivera lonxe, pero ningún se atrevía a facer de vixiante e tiveron que facelo por sortes.
  • 26. Pero ter o gato vixiado non era nada fácil porque se agochaba moi ben a non ser que tivera o bandullo cheo, que nese caso era corrente velo tumbado, grande como era e gordo como estaba, no sitio donde máis batera o sol, como se quixera cocer nas tripas o que co mía crú, e de noite era imposible de descubrir.
  • 27. Cos ratos a piques da desesperación, nunha das case contínuas xuntanzas que facían para buscar solucións, un dixo que o único que funcionaba tanto de día como de noite era o son, e conseguir colgarlle ao gato algo que soara iba a ser a única solución para os seus problemas.
  • 28. -Entonces con poñerlle unha campaíña asunto arranxado- dixo un. -Non- dixo outro- unha campaíña non é seguro porque se o gato agarra o badal a campá non soa e xa non podemos saber onde está. -Pois si a campá non sirve haberá que pensar en outra cousa- dixo un terceiro.
  • 29. Todos pensaron ata que un dixo –un axóuxere! Un axóuxere está case pechado e non se pode evitar que soe porque non se pode parar a peza de dentro, e ao ser de forma esférica soa con calquera movemento.
  • 30. Xa! A idea é ben boa pero agora haberá que atopar ao valente que ouse colgarllo- dixo un dos máis vellos matando case antes de que agromara a ilusión que fixera xurdir en todos nós a idea do compañeiro…
  • 31. E desde aquela nesas estamos. Desde aquela seguimos buscando ao valente que ouse colgarlle o axóuxere ao gato. Ofrecéronse honras, galanos e recompensas, pero ninguén se sinteu tan valente como para enfrentarse ao caso.
  • 32. O ratiño, despois de pensalo un pouco e vendo o mal que o estaban a pasar aqueles seus semellantes que tan ben o acolleran, ofreceuse voluntario para levar a cabo a arriscada tarefa de poñerlle o axóuxere ao gato.
  • 33. Todos aplaudiron o seu valor menos os seus primeiros amigos que tentaron convencelo para que non o fixera porque o gato era moito gato e el aínda moi novo para enfrontarse con semellante
  • 34. El díxolles que estivesen tranquilos, que no sitio do que el viña si había algo eran gatos, e que el e toda a súa xente xa pasaran moitas veces por experiencias duras e impresións fortes.
  • 35. Mandou buscar algunhas cousas que lle eran necesarias e agardou á hora da sesta porque sabía, de boa lei, que se hai algo que non perdoa un gato, ademais de unha enchenta de ratos, é unha boa sesta.
  • 36. Antes de saír encheu o axóuxere de area para que non soase e enleouno nun trapo para que non lle caera a area de dentro (pensara enchelo de algodón porque pesara menos pero tamén temeu que ao sacar o algodón, despois de amarralo ao pescozo do gato, poidese soar accidentalmente e poñelo en perigo),
  • 37. deuse unha untura para disimular o olor a rato, puxo uns patucos de la para amortecer o ruído, porque o gato se tiña bo olfacto aínda tiña mellor oído; logo camuflouse o mellor que puido cunhas follas secas aproveitando que estaban no tempo;
  • 38. e chegado o momento botou o axóuxere ao lombo e empezou a achegarse ao gato, procurando levar sempre o vento en contra para que non lle levara ao gato olor nin ruído ningún.
  • 39. Cando chegou ao pé do gato pousou o axóuxere, metéuselle por debaixo do pescozo, arrastrando consigo unha punta do cordel co que iba a amarralo, e unha vez alí, gañando antes o fío necesario, lanzou o cordel por enriba do gato para o outro lado, agardou logo un intre para comprobar que todo sucedía sen que o gato se enterara
  • 40. e despois deu a volta arredor, pasando por detrás do gato (pasarlle por diante dos fuciños podía ser atrevido demais porque nunca se sabe cando, ou por que, un gato pode abrir un ollo) atou ben as dúas puntas do cordel, desenleou o axóuxere
  • 41. e, coas mesmas precaucións coas que se achegara e traballara, volveu a lugar seguro.
  • 42. Os ratos celebraron a volta, san e salvo, do ratiño valente con grandes, pero silenciosas, mostras de alegría (silenciosas porque, desde a chegada do gato, case non se atrevían nin a falar entre eles máis que por señas para non delatar a súa presencia),
  • 43. e logo puxéronse a agardar impacientes para ver se a cousa funcionaba e para ver a reacción do gato.
  • 44. Cando o gato espertou o primeiro que fixo foi estricarse e logo sacudir a cabeza e con ese xesto esparexer a area que tiña dentro o axóuxere.
  • 45. O susto que lle deu o primeiro son do axóuxere púxolle os ollos como platos e fíxolle dar un pincho no aire
  • 46. co que repiteu e aumentou o ruído e o susto primeiro… e saeu fuxindo. Canto máis corría máis ruído sentía, ata que canso, case sen folgos para dar un paso, parou e ao parar el tamén deixou de soar o axóuxere
  • 47. e foi entonces cando se decatou de que lavaba algo colgado ao pescozo e que soaba só cando el se movía. Sacudeu con forza a cabeza para descolgalo sen éxito. Deulle uns gadoupazos e… tampouco consigueu desfacerse del. Estaba incómodo pero foise afacendo e ás poucas horas xa case non lle molestaba levar aquelo colgado.
  • 48. Os ratos celebraron o susto que lle meteran ao gato, o éxito da operación e o ben que soaba o axóuxere.
  • 49. Aos dous días ao gato ata lle facía gracia aquel “tintín” que soaba maino ou cantareiro según camiñaba ou toleirón e con forza cando corría. E aínda chegaba a usalo como enredo: camiñar a modiño para ser quen de andar sen que soara ou mudar o ritmo cambiando os pasos.
  • 50. Pero tamén empezou a decatarse de que estaba a pasar máis fame da que acostumaba. El sabía, decíallo a experiencia, que eso da comida iba por tempadas, que había épocas nas que era máis doado comer e días nos que tiña que amañarse moi ben para poder pasalos coas tripas caladas…
  • 51. Pero o que máis lle extrañaba xa non era que non pillara ningún rato… o máis raro era que nin os vira, e non era porque non os houbera, que os había, decíallo o seu nariz porque seguía a cheirar a rato por todas partes, nin era que lle fuxiran aínda que ultimamente xa empezaban a estar bastante áxiles, era que para el fixéranse invisibles.
  • 52. E, aínda que non era moi afeizoado, púxose a botar contas e, poñendo e quitando polos dedos, chegou á conclusión de que non vía un rato desde que levaba o axóuxere colgado. Para comprobar si había relación entre os casos decideu facer unha proba.
  • 53. Agochouse a un burato de ratos, sin que o viran, e púxose a vixiar. Agardou ata que saeu un, e cando estaba fóra abaneou o axóuxere. Sentir o rato o “tintín” e desaparecer como un lóstrego polo mesmo burato polo que acababa de saír foi case un, co que conclueu que si tiña que ver o axóuxere coa fame que estaba a pasar e que, polo tanto, si quería comer tiña que desfacerse de aquel colgarello.
  • 54. Tentou sacalo pola cabeza pero o lazo estaba axustado e non lle pasaba, quixo levar o coredel á boca para rillalo pero tampouco lle foi posible, probou a arrincalo enganchándoo coas unllas e case as deixou no intento,
  • 55. fregou o pescozo contra canto duro atopou no seu camiño ata case deixalo pelado… pero nin por esas.
  • 56. Os días pasaban e a fame era cada veaz máis grande, xa case desesperada, e a perda de peso máis que evidente,
  • 57. cando a casualidade fixo que unha tarde fondeara preto da illa, que por certo non era moi gran cousa, un barco, e os mariñeiros por curiosidade achegáronse para recoñecela.
  • 58. Un deles atopouse co gato e, ao velo co axóuxere ao pescozo e en aquel estado tan lamentable, sinteu magoa del ao pensar que era un pobre gato náufrago e decideu levalo consigo para liberalo de aquela situación tan triste.
  • 59. A marcha do gato fixo felices, outra volta, aos ratos que non paraban de celebralo pensando que de novo, en pouco tempo volverían a esquecerse del para volver a vivir sen medos nin preocupacións.
  • 60. Ao rato pequeno, que ata o de aquela estivera atarefado (primeiro resolvendo o problema e logo aguantando as celebracións), fóiselle o tempo sen decatarse en homenaxes, títulos e honras, autógrafos e fotos de recordo…
  • 61. pero rematadas as festas, a pesar de que estaba moi ben naquel lugar, empezou a botar de menos á súa familia e cada día que pasaba tamén pasaba máis tempo argallando a forma de volver a vela.
  • 62. O rato pequeno, que era de ánimo alegre e amigo da troula, pasaba horas sentado, desganado e sen facer cousa ningunha, pensando sempre na maneira de volver.
  • 63. Uns días despois déronlle unha sorpresa. Fixeron unha gran festa, e ao rematala, despois dos discursos, a música, as fotos, os bicos e os abrazos; apareceron uns morcegos, medios curmáns dos ratos, aos que lle pediran o favor e, entre catro, collendo cada un pola súa esquina, un pano do peto, iniciaron a longa viaxe para devolver o rato pequeno á súa casa donde a súa nai o seguía
  • 64. Unha viaxe que, despois dunhas horas de voo, rematou felizmente. E… larailo lalailo, laliro lalá.