SlideShare a Scribd company logo
1 of 113
o vento
Mon
Daporta
COUSIÑAS FEITAS NA CASA
Anda un vento de medo e está Roque amolado
porque o ten pechado na casa. Non pode ir a ningún lado!
E cando non ten en que enlearse non lle dan pasado as horas.
Da voltas de aquí para alá coma paxaro en gaiola.
Dándolle voltas aos miolos atopou que facer... no vento.
Acordou saber máis del, coñecelo e comprendelo.
Aínda que de ventos sabe, e das cousas de voar...
Non lle fai mal a ninguén querer saber algo mais!
Púxose a ver e xuntou o que lle pareceu de interese,
e con todo o visto armou o que de aquí en diante segue.
O vento é o desprazamento do aire entre dúas zonas con diferente presión atmosférica.
O vento prodúcese porque
o aire, ao recibir a calor
que reflicte, ou desprende,
o terreo ou a auga, quece e
dilátase, faise máis lixeiro, e
desprázase cara arriba na
atmosfera deixando un
espazo que é ocupado por
aire máis frío procedente
dos arredores da zona
quente.
As diferencias de temperatura do aire son
provocadas polo movemento de rotación
da Terra, que crea zonas expostas ao sol, nas que
o aire quece, e zonas escuras, nas que o aire enfría.
polo movemento de translación, que fai
variar o tempo de exposición ao sol, a distancia, e o
ángulo de incidencia da radiación solar;
No verán a posición da terra fai que o sol incida durante
máis tempo e máis perpendicular no hemisferio norte e
aumenten as temperaturas, mentres que no inverno o
sol incide máis tempo no hemisferio sur, quedando o
norte máis tempo na sombra, polo que as temperaturas
son máis baixas.
pola distribución das masas de terra e de auga,
que quecen a velocidades diferentes e crean correntes entre as
zonas quentes e as frías;
e o relevo, que favorece, dificulta ou canaliza os
desprazamentos das correntes de aire.
Os ventos de baixa velocidade seguen as formas do
releve pero cando a velocidade aumenta producen
turbulencias nas zonas de sotavento
Os vales, os canóns e os pasos entre montañas canalizan o
vento e fanlle gañar velocidade
Para poder nomealos correctamente debemos usar a Rosa dos
ventos, un símbolo gráfico circular, creado a pratir dunha forma
de estrela, no que están representados os puntos cardinais e
varias divisións intermedias, as de 45º e as metades das
mesmas, que, coa orientación correcta, indican os lugares de
procedencia dos ventos e a súa denominación oficial.
Cada vento ten o seu nome
Os ventos noméanse segundo a dirección da que
veñen, co nome do punto cardinal do que
proceden (vento do norte, vento do sur) ou,
cando a dirección non coincide co punto
principal, con combinacións dos nomes dos
puntos cardinais próximos (vento do nordeste).
En áreas locais, moitas veces, noméanse facendo
referencia a puntos do relevo ou a localidades
próximas que se atopan na dirección da que
procede o vento (vento de terra, vento do mar...)
A direción do vento pódese determinar cos cataventos e coas mangas de vento.
Coas mangas de vento tamén se pode ter unha medida aproximada da velocidade
Algúnhas maneiras de averiguar a direción do vento:
Botando unhas herbas ao aire e ver cara a onde voan.
Humedecendo o dedo índice e expoñelo elevado, a parte que se enfría e seca antes é a que recibe o vento.
Acendendo un misto ou un mecheiro, a lapa inclinarase co empuxe do vento.
Xirando o corpo pouco a pouco para sentir na cara o frío que produce o vento ou a forza do vento na pel.
Ainda que tamén se pode averiguar de outras maneiras
Tamén serve para coñecer a dirección do vento mirar o desprazamento das ondas
na auga ou os movementos das follas das árbores ou as herbas.
A intensidade, a forza, ou a velocidade do vento mídese cos anemómetros
(en m/s, km/h, ou nos /h)
Anemómetro fixo, de cazos, e cataventos
dunha estación meteorolóxica
Anemómetros portátiles
Escala de Beaufort. Foi creada por Sir Francis Beaufort, oficial naval, a comezos do século XIX, para unificar as
informacións remitidas polos oficiais da mariña. A comezos do S. XX engadíronselle as observacións dos efectos en terra. Ao
longo do século XX fixéronselle algunhas modificacións e ampliacións para incluír no catálogo os grandes ciclóns tropicais.
Forza 0 Forza 1 Forza 2 Forza 3 Forza 4 Forza 5
Forza 6 Forza 7 Forza 8 Forza 9 Forza 10 Forza 11 Forza 12
Escala
Beaufort
Completa
Forza vento Forza 0 Forza 1 Forza 2 Forza 3 Forza 4 Forza 5 Forza 6 Forza 7 Forza 8 Forza 9 Forza 10 Forza 11 Forza 12
Representac
situación Calma Airexa Brisa
mainiña ou
vento
frouxiño
Brisa maina
ou vento
frouxo
Brisa
moderada ou
vento
moderado
Brisa fresca
ou vento
fresquiño
Vento fresco Vento forte Temporal Temporal
forte
Temporal
duro
Temporal moi
duro
Furacán
Velocidade
do vento
0 nos
0 m/s
0 km/h
1 a 3 nos
1 a 3 m/s
1 a 6 km/h
4 a 6 nos
4 a 7 m/s
7 a 11 km/h
7 a 10 nos
8 a 12 m/s
12 a 19 km/h
11 a 16 nos
13 a 18 m/s
20 a 29 km/h
17 a 21 nos
19 a 24 m/s
30 a 39 km/h
22 a 27 nos
25 a 31 m/s
40 a 50 km/h
30 a 40 nos
39 a 46 m/s
63 a 75 km/h
30 a 40 nos
39 a 46 m/s
63 a 75 km/h
41 a 47 nos
47 a 54 m/s
76 a 87 km/h
48 a 55 nos
55 a 63 m/s
88 a 102
km/h
56 a 63 nos
64 a 72 m/s
103 a 117
km/h
+ de 63 nos
+ de 72 m/s
+ de 117
km/h
Efectos en
terra
O fume
ascende
vertical
O fume
desvíase,
pero non se
moven os
cataventos
Móvense os
cataventos.
Soan as
follas.
Séntese o
vento na
cara.
Móvense as
polas
pequenas e
móvense as
bandeiras.
Voan os
papeis e as
areas
Móvense as
árbores
pequenas e
as bandeiras
están case
despregadas
Móvense as
polas grosas.
Asubían os
cables. É
difícil
manexar o
paraugas.
Móvense as
árbores
grosas. Non
se pode levar
paraugas. É
difícil
camiñar.
Arranca polas
das árbores
Levanta tellas
e tira
chemineas
Arranca
árbores
Danos
extensos
Áreas
devastadas
Efectos no
mar
Chan, como
espello
Rizado.
Ondas de ata
0,25 m de
altura
Ondiñas Mareiriña.
Ondas de
0,25 a 0,50 m
de altura nas
que aparece
algún
carneiro
Mareira.
Ondas
longas, de
0,50 a 1,25 m
de altura,
con
carneiros.
Forte
mareira.
Ondas
longas, de
1,25 a 2,5 m
de altura,
con moitos
carneiros.
Mar groso.
Ondas
grandes con
cristas, de
2,50 a 4 m de
altura.
Mar moi
groso.
Ondas de 4 a
6 m de altura,
con escuma
que voa.
Mar
arborado.
Ondas de 6 a
9 m de
altura.
Ceo gris con
mala
visibilidade
por pingas en
suspensión
(spray).
Mar
montañoso.
Con grandes
manchas de
escuma e
ondas de 10
a 14 m de
altura.
Mar cuberto
de escuma.
Mar enorme.
Mar branco
con moi mala
visibilidade.
Ondas de
máis de 14 m
de altura.
Pero, do que veu e atopou, o que a Roque lle gustou máis
foi o que ideou a xente para poñelo a traballar,
APROVEITAMENTOS DO VENTO
Aventar, para separar os grans da palla, debeu
ser un dos primeiros aproveitamentos das correntes
de aire.
E outra das primeiras aplicacións debeu ser airear para secar
e conservar, e a adaptación de lugares (eiras) e a construción
de estruturas (secadoiros) para facelo con máis comodidade
eira con millo e fabas a secar
Secadoiro de congros
en Muxía.
Ao longo da costa
galega era habitual o
secado de distintas
clases de peixe, e de
polbos
E cando os produtos están en condicións hai que almacenalos e protexelos e para esta función ideáronse os almacéns e
os hórreos que manteñen os produtos lonxe da humidade do chan, a salvo de ratos e de paxaros e cunha circulación
de aire que retira a humidade do interior e permite o intercambio de gases dos produtos almacenados.
unha situación axeitada, en
alto ou en espazo aberto
A forma dos
furados obriga ao
aire que entra a
gañar velocidade
o que obriga ao aire de
dentro a saír polos furados
de enfronte e arrastrar
para fóra a humidade que
producen, coa respiración
e a transpiración, os
froitos e as sementes que
se gardan nel.
Pés, de dúas
pezas, esteo e
capa. A capa
impide o
acceso de
animais desde
o chan
actuando como
tornarratos
Furados entre as pezas
dos claros para que o
aire poida circular
Elementos e condicións para o bo
funcionamento do hórreo
En Galiza temos un grande
número de hórreos e
dunha gran variedade,
case un tipo en cada
comarca
Pontedeume
A Merca
Valdoviño
Frades
Baralla
Barreiros
Salvaterra
Vimianzo Zas
Cambados
Vilalba
Piornedo
A Fonsagrada
Xallas, Negreira
Loiba, Ortigueira
Taboadela Porto do Son
e conviven formas primitivas, clásicas, clásicas
actualizadas e formas novas
Arnuide
Carracedo, Láncara
Ferrol
Doniños Ferrol
Antas de Ulla
San Sadurniño
O Salnés
Oia
Caldas de Reis
algúns de récord...
O máis coñecido. O de
Carnota, de 34,74 m de
longo e 1,90 m de largo
O de máis capacidade. O do mosteiro de
Poio de 36 m de longo e 3,36 m de largo.
O máis longo. O de Araño
(Rianxo) con 37 m.
e outros curiosos.
Con rodas
Con pombeiro
incorporado
En ángulo
Con soportal
Velas para impulsar embarcacións. O da vela foi un dos grandes descubrementos e un dos aproveitamentos
do vento máis antigos (coñécese desde hai máis de 5.000 anos). Facilitou o desenvolvemento en tamaño, e polo tanto
en capacidade de carga e transporte, das embarcacións e aumentou a súa autonomía.
Nos primeiros tempos só se navegaba a
favor de vento, pero coa introdución da
quilla, que aumentou a estabilidade das
embarcacións, e o leme, que premitiu
dirixilas, contrapesos para reducir a
inclinación das embarcación por efecto do
vento, e as velas móviles; conséguese
navegar case en calquera dirección.
Embarcación tradicional
(dorna) navegando
Embarcacións tradicionais e moderna con diferentes tipos
de vela e contrapesos para favorecer o equilibrio.
Embarcacións multicasco aumentan a estabilidade e permiten acadar
grandes velocidades.
Os últimos avances no deseño de embarcacións de vela inclúen quillas laterais móbiles que aumentan a
estabilidade, reducen a inclinación do barco, e permiten aumentar a velocidade reducindo a resistencia ao
diminuír o contacto coa auga
Embarcación da regata Copa América do ano 2021
Barco con velas como complemento para aforrar combustible
Embarcación da regata Copa América do ano 2021
O Royal Clipper e o barco veleiro máis grande do
mundo, o aparellado co maior número mastros (5)
e co maior número de velas (42).
As velas tamén teñen aplicación en outros aparellos movidos polo vento
Taboas de wind-surf
Carros de vela
Os papaventos (obxectos de forma variable que se sosteñen no aire levados
polas correntes de aire e controlados desde o chan por unha guía, corda ou cordel).
Naceron na China, onde arredor do 1200 a. C. xa se utilizaban como dispositivos de
sinais en accións militares. No século XII xa eran coñecidas como xoguete en Europa.
Na actualidade utilízanse como xoguete, como obxetos de competición (por tamaño,
orixinalidade, habilidade no seu manexo…) e como mecanismo de arrastre.
Papaventos sinxelo (forma
xeométrica simple e longo rabo
estabilizador)
Papaventos xigante con forma de polbo
Papaventos con elementos móbiles
Papaventos con dous fíos de control. Permiten
realizar maniobras e acrobacias
Festivais de papaventos
Festival de barriletes
(papaventos) xigantes en
Guatemala
Practicando o kite-surf.
Navegación en táboa
coa axuda de
papaventos
Os parapentes mantéñense no aire grazas ao
aproveitamento que fan das correntes.
Os globos
aerostáticos
desprázanse
grazas ao empuxe
do vento
O vento como motor de mecanismos xiratorios
os mais primitivos eran de eixo vertical
Antigo enxeño chinés para extraer auga Muiño dun enxeño de azucre do Caribe coñecido
como muíño portugués
Muíños persas. O modelo máis antigo
coñecido, teñen a súa orixe arredor do
século X. Son de eixo vertical. O vento
canalizado entre as paredes fai xirar as
pas que están conectadas directamente
á moa
Na Idade Media apareceron os muíños de eixo horizontal e
os mecanismos que permitían orientar o aparello ao vento
para poder aproveitar as correntes de calquera dirección
Deseño e
representacións
de muíños
medievais de
torre xiratoria
Rotores de torre orientable Rotores de torre fixa e cuberta orientable
Rotores con mecanismo de autoorientación
Ao longo do tempo fóronse modificando os modelos
para adaptalos aos espazos e para mellorar o seu
rendemento
Un caso especial: Os muíños da
contorna de Catoira. Son de torre e
cuberta fixas, e teñen un dobre sistema
de abanos para aproveitar os ventos de
calquera dirección
Nora para sacar auga accionada polo vento
Moitos dos coñecidos como muíños holandeses non son máis que bombas de achique que
accionan un torno sen fin para extraer auga e manteren en seco os prados e as zonas de cultivo
Serradoiro holandés accionado polo vento e deseño dunha estructura
semellante e os seus mecanismos.
Imaxe do antigo Muíño da pólvora
de Neda. Un sistema de pás movido
polo vento poñía en funcionamento
todos os aparellos dun taller de
foguetería (muíños e peneiras de
materiais para facer a pólvora,
bobinadoras...)
Rotores multipá autorientables que accionan bombas para extraer auga
Aeroxeradores ou xeradores eólicos. Son aparellos dotados de rotores que transforman a enerxía do
vento en enerxía eléctrica.
Hainos de numerosas formas e tamaños adaptados ás necesidades e aos lugares de produción e de
consumo. Os máis numerosos e os máis grandes forman parte de campos de produción industrial
Aeroxerador instalado nunha
embarcación.
Campo de aeroxeradores dunha industria
Tanto como é variable o seu
tamaño son as formas de
captar a enerxía do vento
Aínda que os máis
comúns son os de torre
con eixo horizontal e
tres pas
(os máis pequenos adoitan ter
habitualmente un número maior de pas)
... e as panémonas ou aroxeradores de eixo vertical
Extractores eólicos.
Ao xiraren crean unha
corrente de succión que
extrae os gases
Protectores de cheminea
orientables. Evitan a formación de
turbulencias que impiden a saída
do fume e, ao orientárense,
facilitan a saída do fume e o seu
arrastre polo vento
Enredos. Os
remuíños
mercábanse nas
festas como agasallo
para os rapaces.
Elementos decorativos.
Remuiños multipá, espirais colgantes
e faroliños de cores que xiran co
vento
cataventos animados. Un rotor
con eixo excéntrico produce movementos
de xiro ou de vaivén, accionando unha
biela, en figuras conectadas a el.
Móbiles de Alexander Calder, un escultor que creou numerosas obras nas
que o equilibrio e o movemento son unha parte fundamental
animador de obras de arte
“Juguetes del viento” obras do artista canario César Manrique. Son combinacións
de elementos de formas e cores diversos que se moven activadas polo vento
e as cousas que fumos armando
para producir vento e facer con el traballo
CREACIÓNS PARA PRODUCIR VENTO
As primeiras correntes de aire creadas polo ser humano deberon ser as producidas co seu propio corpo: os sopridos
(para avivar o lume, para separar cousas) e os abanos coas mans (para aliviar a calor ou apartar o fume ou os cheiros),
sen esquecer as producidas para a emisión de sons.
Os primeiros obxectos creados deberon ser os abanos,
primeiro ocasionais, unhas follas anchas, e logo
permanentes, trenzados de febras vexetais e outros
materiais ata acadar a enorme variedade que coñecemos na
actualidade.
Os Abanos crean correntes de
aire que serven para avivar o lume
ou para refrescarse.
Os abanos evolucionaron de forma diversa. Ao longo da historia atopámolos
pequenos, de manexo persoal, e grandes –portátiles (flabelos) e fixos (abanos)-
movidos por outras persoas; realizados con toda clase de materiais.
e curiosas creacións de distintas épocas
Abano accionado polo movemento dunha
mecedora
Abanos de pedal actual (arriba) e
antigo (á dereita)
Coñécense moitas formas de abanos, pero distínguense principalmente dúas: os
redondos, máis comúns nos países de oriente, e os semicirculares.
Poden ser fixos ou de encartar, e estar feitos de papel, de tea e de materiais diversos.
Os chinos crearon o abano pregable no século VII.
Co abano de man, que veu a ser un
obxecto imprescindible na vestimenta
das mulleres en tempos pasados,
chegouse a crear un sofisticado código
de comunicación entre persoas,
maiormente mulleres e homes.
Uns poucos exemplos da
linguaxe dos abanos
Coa mesma finalidade, producir correntes de aire que aliviaran a calor,
creáronse os ventiladores, dos que hai incontables modelos de
formas e tamaños variados, fixos e portátiles
Aspiradores. Aparellos que crean
unha corrente de aire cara ao seu
interior coa que arrastran obxectos
lixeiros
Sopradores. Producen unha
corrente de aire que se aproveita en
diversas aplicacións
Compresores. Aparellos que recollen aire para liberalo
despois con maior velocidade e a forza suficiente para producir
diversos efectos e activar numerosos mecanismos. Os antigos
son ferramentas simples e os modernos adoitan estar
formados por un motor, un grupo de compresión activado polo
motor, un depósito onde se almacena o aire comprimido e
diversos mecanismos de control (válvulas e anemómetros).
Foles ou barquíns, coñecidos desde moi
antigo, producen correntes de aire nun punto
ou nunha dirección determinada. Existen
numerosas variantes con múltiples aplicacións
Foles grandes,
accionados coas
mans, cos pés ou
coa axuda de
mecanismos; foron
utilizados para
avivar o lume en
fraguas e fundicións
desde antigo
Foles accionados coas mans e os pés
nunha fundición do antigo Exipto
Foles dunha ferrería
movidos coas mans
Fol movido por un mecanismo de rotación
Curiosa combinación de fol e un
contedor de produtos en po que a
corrente do fol esparexe e dispersa
Sopradores de turbina.
Recollen aire que unha turbina,
accionada con un torno,
comprime e unha boca dirixe ao
punto de interese
Pulverizadores. Collen aire e fan subir pola cánula o
produto, cando se tira do émbolo, e expúlsano cando se
empurra ao tempo que dispersan o produto pulverizado
O martelo neumático utiliza un chorro de aire
comprimido para empurrar alternativamente
un émbolo no que vai encaixada a punta
O torno do dentista xira grazas a un chorro de
aire a presión que move unha turbina que se
atopa no interior da cabeza do torno
As pistolas de pintar lanzan un chorro de aire comprimido que
arrastra e proxecta unha cantidade de pintura a unha certa distancia
O aerógrafo é un instrumento que, cunha corrente de
aire a presión, proxecta partículas de pintura para crear
ou colorear imaxes. É como unha pistola de pintar de
tamaño reducido.
Propulsores, reactores: esvaradores, avións e helicópteros
crean grandes correntes de aire e desprázanse por reacción ás
mesmas.
O helicóptero máis grande do mundo
As hélices empurran o aire cara atrás e, por
reacción, o avión avanza
O motor do esvarador produce unha forte corrente de aire que, por
reacción, provoca o desprazamento da embarcación
Os “hoverkraft” son uns esvaradores de
gran tamaño que se apoian nunha
cámara de aire que crean eles mesmos,
de maneira que case non tocan na auga
co que conseguen unha gran velocidade.
Están a deixar de usarse porque son moi
ruidosos e non moi seguros
Central eléctrica de ondas
na illa do Pico (Illas dos
Açores- Portugal)
Motor en centrais eléctricas. A auga, ao subir, empuxa o aire
que para saír activa a turbina, e, ao baixar, crea un baleiro que
arrastra aire do exterior, que tamén activa a turbina
Boia fondeada que
funciona como unha
minicentral de ondas
Lanzador de proxectís en armas de aire comprimido. Na
carga comprímese un resorte ou un depósito de gas conectado
a un embolo. Ao ser liberado, no disparo, proxecta o aire
contido nun cilindro para empuxar o proxectil.
Arma con depósito de gas comprimido
Emisores de sons. chifres, asubíos, instrumentos musicais.
Obxectos que producen un son cando pasa por eles unha corrente
de aire.
Calquera pequeno recipiente pode ser convertido
nun asubío.
Os máis sinxelos son tubos nos que se sopra
lateralmente para que o aire, xire dentro, e ao saír
produza son.
Tamén se poden converter en asubíos algúns
froitos secos e sementes baleiras, aos que se lle
practica un burato para soprar lateralmente ou
dous enfrontados para soprar de fronte
Outros obxectos sonoros sinxelos son as gaitas de
alcacén, canas de cereal verde espigado (centeo,
avea, orxo...), cun extremo fendido e aplanado
que vibra ao pasar o aire por el e produce son; as
gaitas de herba e as gaitas de folla, follas de
herbas ou de árbores, que metidas entre os beizos
vibran e soan cando se fai pasar o aire por elas
Asubíos con bola na cámara, que
ao xirar crea un efecto de vibración
que amplifica o son -como os
usados nos deportes-
Os asubíos son pequenos
obxectos formados por unha
embocadura, pola que se
sopra, unha cámara, na que
xira o aire, e un furado polo
que sae o aire que produce o
son. Hainos de moitas
formas e con diversas
aplicacións Esquema e modelo para
construir un asubío de cana
Asubíos de barro cocido
Asubíos de simulación ou
reclamos. Remedan sons,
maiormente de animais
considerados especies de
caza.
Asubíos de adestramento. Asubíos de
alta frecuencia, que son case inaudibles
para os humanos, pero que si escoitan
os animais.
Asubíos de auga. Levan auga na
cámara e emiten sons diferentes
segundo a intensidade da axitación
da auga que conteñen Asubíos ou chifres musicais teñen
un émbolo que fai variar a
lonxitude da cámara e con iso o
son que producen.
Tamén hai asubíos que emiten varias
notas.
Asubíos manuais, nos que non hai
que soprar, que son activados por un
fol flexible.
e os grandes asubíos das locomotoras,
que soan cando pasa por eles un
chorro de vapor
Asubío de locomotora
Asubíos manuais
Asubíos que dan máis de unha nota
As frautas de Pan, as zampoñas e outros
instrumentos semellantes. Son obxectos nos que se
agrupan unha serie de asubíos de distintos tamaños
que se sopran individualmente para que cada un
produza a súa nota. Constrúense de formas e
tamaños diferentes e con distintos materiais. As
tradicionais adoitan ser de cana.
Coa mesma estrutura
tamén se montan asubíos
de embocadura
Outros obxectos sonoros son as buguinas e os cornos, formas
tubulares cónicas polas que ao pasar unha corrente de aire
produce son.
Kazoo, asubío de membrana vibrante ou pito de
Carnaval. tubo sonoro no que a vibración dunha
membrana produce un son característico. Para que se
produza o son hai que cantaruxar a melodía
Pito de carnaval artesanal
Asubío de membrana caseiro.
Está feito cun tutelo de cana,
un anaco de plástico e unha
goma
As frautas son instrumentos, en
orixe dunha soa peza, que
producen notas diferentes
segundo a distancia que teña
que percorrer o aire polo seu
interior. A distancia pódese
variar abrindo ou tapando os
buratos que ten ao longo da
cana.
As frautas traveseiras actuais
están formadas por varias pezas,
están feitas de metal e teñen
chaves para abrir e pechar os
furados.
Variando a forma, a lonxitude do tubo, os
materiais de construción, as embocaduras
e os elementos vibrantes, e as maneiras de
sopralos, creáronse numerosos
instrumentos que transforman correntes
de aire en son. Con eles formáronse dous
grupos que se distinguen polos elementos
vibrantes: vento madeira, nos que o
elemento vibrante é a forma da
embocadura ou unha lámina vexetal, e
vento metal, nos que a vibración é
producida polos lábios do executante.
Instrumentos de vento madeira: frautas, clarinetes, oboes, fagotes, saxofóns,...
Instrumentos de vento metal: trompetas, trombóns, trompas, tubas,...
Embocaduras
de
instrumentos
de vento
madeira
Embocaduras
de
instrumentos
de vento metal
Outros instrumentos de sopro
armónica
Trompas dos
Alpes
ocarinas
Instrumentos de fol. Aproveitan o
aire contido nun recipiente para
produciren son ao expulsalo a
través de tubos sonoros ou
elementos vibrantes
armonio
acordeón
concertina
órgano
Fol para gaita que se acciona co brazo Fol para gaita que se acciona co pé
Gaitas
Outros obxectos que soan co vento
O músico xavier Lozano
convirte en tubos
sonoros numerosos e
variados obxectos
Un curioso invento de hai 2.000 anos
O órgano de vento, de Herón de Alexandría,
combinaba a acción das correntes de aire naturais (o
vento) para mover a turbina que, coa axuda dunha
leva e unha biela, activaba o funcionamento do fol, e
a corrente de aire que producía o fol para facer soar
os distintos tubos do órgano
As construcións ben orientadas regulan a entrada do sol e miotas, a maiores, inclúen
elementos que permiten e favorecen a circulación do aire: patios pequenos, sombrizos
e húmidos, con fontes ou estanques, que manteñen o aire fresco, e paredes cegas e
elevadas nas partes expostas ao sol que quecen, pero, ao estaren rematadas en
chemineas que permiten saír o aire quente, crean unha corrente que se alimenta co
aire fresco que hai no patio interior
OUTROS APROVEITAMENTOS
tamén ideamos a xeración de correntes de aire de forma pasiva, para crear
unha ventilación natural e refrescar o ambiente en zonas cálidas, facendo
unha disposición axeitada das construcións, ou dos elementos dunha
construción, para favorecer a circulación do aire e crear correntes que
contribúan a regular a temperatura...
As rúas estreitas son un recurso para impedir ou dificultar a
entrada de calor do sol co que se mantén o aire fresco ao nivel
do chan e crea correntes de aire frío cara as partes altas.
E ata aquí, á forza de darlle voltas,
chegou o que aprendeu Roque do vento e das súas cousas
As imaxes fotográficas foron collidas da internet e a información de fontes varias.
Agradézolle aos autores a súa dispoñibilidade, e agardo saiban disculpar o uso que fixen delas.
Mon Daporta

More Related Content

Similar to Morcego Roque, o vento

Similar to Morcego Roque, o vento (20)

A enerxía que nos chega do sol_Eva
A enerxía que nos chega do sol_EvaA enerxía que nos chega do sol_Eva
A enerxía que nos chega do sol_Eva
 
Capas fluidas da terra mugardos
Capas fluidas da terra mugardosCapas fluidas da terra mugardos
Capas fluidas da terra mugardos
 
A Terra. Características e estrutura do noso planeta.
A Terra. Características e estrutura do noso planeta.A Terra. Características e estrutura do noso planeta.
A Terra. Características e estrutura do noso planeta.
 
O tempo atmosférico
O tempo atmosféricoO tempo atmosférico
O tempo atmosférico
 
Unidade 4 tempo e clima
Unidade 4 tempo e climaUnidade 4 tempo e clima
Unidade 4 tempo e clima
 
Tema 5 Tempo e clima
Tema 5 Tempo e climaTema 5 Tempo e clima
Tema 5 Tempo e clima
 
Planeta Terra - Guillermo C e Carmen H
Planeta Terra - Guillermo C e Carmen HPlaneta Terra - Guillermo C e Carmen H
Planeta Terra - Guillermo C e Carmen H
 
Ciclo da auga
Ciclo da augaCiclo da auga
Ciclo da auga
 
02a clima intro
02a clima intro02a clima intro
02a clima intro
 
O medio mariño (Candea 1994)
O medio mariño (Candea 1994)O medio mariño (Candea 1994)
O medio mariño (Candea 1994)
 
Tema 2: “Factores xeográficos e termodinámicos que inflúen no clima de España”
Tema  2: “Factores xeográficos e termodinámicos que inflúen no clima de España”Tema  2: “Factores xeográficos e termodinámicos que inflúen no clima de España”
Tema 2: “Factores xeográficos e termodinámicos que inflúen no clima de España”
 
Comentar mapa do tempo en Galicia
Comentar mapa do tempo en GaliciaComentar mapa do tempo en Galicia
Comentar mapa do tempo en Galicia
 
Atmosfera
AtmosferaAtmosfera
Atmosfera
 
Enerxía eolica
Enerxía eolicaEnerxía eolica
Enerxía eolica
 
Tema 3 capas da terra e volcáns
Tema 3 capas da terra e volcánsTema 3 capas da terra e volcáns
Tema 3 capas da terra e volcáns
 
Tema 2
Tema 2Tema 2
Tema 2
 
Unidade 2 climas
Unidade 2 climasUnidade 2 climas
Unidade 2 climas
 
O clima e a paisaxe (1º ESO)
O clima e a paisaxe (1º ESO)O clima e a paisaxe (1º ESO)
O clima e a paisaxe (1º ESO)
 
Fianal3
Fianal3Fianal3
Fianal3
 
Comentario mapa do tempo
Comentario mapa do tempoComentario mapa do tempo
Comentario mapa do tempo
 

More from MonContos

publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfpublicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfMonContos
 
rata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxrata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxMonContos
 
Rata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxRata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxMonContos
 
rata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxrata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxMonContos
 
rata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxrata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxMonContos
 
que fan que.pptx
que fan que.pptxque fan que.pptx
que fan que.pptxMonContos
 
a rolada.pptx
a rolada.pptxa rolada.pptx
a rolada.pptxMonContos
 
cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxMonContos
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxMonContos
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxMonContos
 
voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptxMonContos
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaMonContos
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009MonContos
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IIMonContos
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)MonContos
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)MonContos
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelMonContos
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papelMonContos
 

More from MonContos (20)

publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfpublicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
 
rata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxrata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptx
 
Rata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxRata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptx
 
rata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxrata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptx
 
rata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxrata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptx
 
que fan que.pptx
que fan que.pptxque fan que.pptx
que fan que.pptx
 
a rolada.pptx
a rolada.pptxa rolada.pptx
a rolada.pptx
 
cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptx
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptx
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptx
 
voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptx
 
petos.pptx
petos.pptxpetos.pptx
petos.pptx
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didáctica
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
 
Paco Leiro
Paco LeiroPaco Leiro
Paco Leiro
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papel
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papel
 

Morcego Roque, o vento

  • 2. Anda un vento de medo e está Roque amolado porque o ten pechado na casa. Non pode ir a ningún lado!
  • 3. E cando non ten en que enlearse non lle dan pasado as horas. Da voltas de aquí para alá coma paxaro en gaiola.
  • 4. Dándolle voltas aos miolos atopou que facer... no vento. Acordou saber máis del, coñecelo e comprendelo.
  • 5. Aínda que de ventos sabe, e das cousas de voar... Non lle fai mal a ninguén querer saber algo mais!
  • 6. Púxose a ver e xuntou o que lle pareceu de interese, e con todo o visto armou o que de aquí en diante segue.
  • 7. O vento é o desprazamento do aire entre dúas zonas con diferente presión atmosférica. O vento prodúcese porque o aire, ao recibir a calor que reflicte, ou desprende, o terreo ou a auga, quece e dilátase, faise máis lixeiro, e desprázase cara arriba na atmosfera deixando un espazo que é ocupado por aire máis frío procedente dos arredores da zona quente.
  • 8. As diferencias de temperatura do aire son provocadas polo movemento de rotación da Terra, que crea zonas expostas ao sol, nas que o aire quece, e zonas escuras, nas que o aire enfría.
  • 9. polo movemento de translación, que fai variar o tempo de exposición ao sol, a distancia, e o ángulo de incidencia da radiación solar; No verán a posición da terra fai que o sol incida durante máis tempo e máis perpendicular no hemisferio norte e aumenten as temperaturas, mentres que no inverno o sol incide máis tempo no hemisferio sur, quedando o norte máis tempo na sombra, polo que as temperaturas son máis baixas.
  • 10. pola distribución das masas de terra e de auga, que quecen a velocidades diferentes e crean correntes entre as zonas quentes e as frías;
  • 11. e o relevo, que favorece, dificulta ou canaliza os desprazamentos das correntes de aire.
  • 12. Os ventos de baixa velocidade seguen as formas do releve pero cando a velocidade aumenta producen turbulencias nas zonas de sotavento Os vales, os canóns e os pasos entre montañas canalizan o vento e fanlle gañar velocidade
  • 13. Para poder nomealos correctamente debemos usar a Rosa dos ventos, un símbolo gráfico circular, creado a pratir dunha forma de estrela, no que están representados os puntos cardinais e varias divisións intermedias, as de 45º e as metades das mesmas, que, coa orientación correcta, indican os lugares de procedencia dos ventos e a súa denominación oficial. Cada vento ten o seu nome Os ventos noméanse segundo a dirección da que veñen, co nome do punto cardinal do que proceden (vento do norte, vento do sur) ou, cando a dirección non coincide co punto principal, con combinacións dos nomes dos puntos cardinais próximos (vento do nordeste). En áreas locais, moitas veces, noméanse facendo referencia a puntos do relevo ou a localidades próximas que se atopan na dirección da que procede o vento (vento de terra, vento do mar...)
  • 14. A direción do vento pódese determinar cos cataventos e coas mangas de vento. Coas mangas de vento tamén se pode ter unha medida aproximada da velocidade
  • 15. Algúnhas maneiras de averiguar a direción do vento: Botando unhas herbas ao aire e ver cara a onde voan. Humedecendo o dedo índice e expoñelo elevado, a parte que se enfría e seca antes é a que recibe o vento. Acendendo un misto ou un mecheiro, a lapa inclinarase co empuxe do vento. Xirando o corpo pouco a pouco para sentir na cara o frío que produce o vento ou a forza do vento na pel. Ainda que tamén se pode averiguar de outras maneiras
  • 16. Tamén serve para coñecer a dirección do vento mirar o desprazamento das ondas na auga ou os movementos das follas das árbores ou as herbas.
  • 17. A intensidade, a forza, ou a velocidade do vento mídese cos anemómetros (en m/s, km/h, ou nos /h) Anemómetro fixo, de cazos, e cataventos dunha estación meteorolóxica Anemómetros portátiles
  • 18. Escala de Beaufort. Foi creada por Sir Francis Beaufort, oficial naval, a comezos do século XIX, para unificar as informacións remitidas polos oficiais da mariña. A comezos do S. XX engadíronselle as observacións dos efectos en terra. Ao longo do século XX fixéronselle algunhas modificacións e ampliacións para incluír no catálogo os grandes ciclóns tropicais. Forza 0 Forza 1 Forza 2 Forza 3 Forza 4 Forza 5 Forza 6 Forza 7 Forza 8 Forza 9 Forza 10 Forza 11 Forza 12
  • 19. Escala Beaufort Completa Forza vento Forza 0 Forza 1 Forza 2 Forza 3 Forza 4 Forza 5 Forza 6 Forza 7 Forza 8 Forza 9 Forza 10 Forza 11 Forza 12 Representac situación Calma Airexa Brisa mainiña ou vento frouxiño Brisa maina ou vento frouxo Brisa moderada ou vento moderado Brisa fresca ou vento fresquiño Vento fresco Vento forte Temporal Temporal forte Temporal duro Temporal moi duro Furacán Velocidade do vento 0 nos 0 m/s 0 km/h 1 a 3 nos 1 a 3 m/s 1 a 6 km/h 4 a 6 nos 4 a 7 m/s 7 a 11 km/h 7 a 10 nos 8 a 12 m/s 12 a 19 km/h 11 a 16 nos 13 a 18 m/s 20 a 29 km/h 17 a 21 nos 19 a 24 m/s 30 a 39 km/h 22 a 27 nos 25 a 31 m/s 40 a 50 km/h 30 a 40 nos 39 a 46 m/s 63 a 75 km/h 30 a 40 nos 39 a 46 m/s 63 a 75 km/h 41 a 47 nos 47 a 54 m/s 76 a 87 km/h 48 a 55 nos 55 a 63 m/s 88 a 102 km/h 56 a 63 nos 64 a 72 m/s 103 a 117 km/h + de 63 nos + de 72 m/s + de 117 km/h Efectos en terra O fume ascende vertical O fume desvíase, pero non se moven os cataventos Móvense os cataventos. Soan as follas. Séntese o vento na cara. Móvense as polas pequenas e móvense as bandeiras. Voan os papeis e as areas Móvense as árbores pequenas e as bandeiras están case despregadas Móvense as polas grosas. Asubían os cables. É difícil manexar o paraugas. Móvense as árbores grosas. Non se pode levar paraugas. É difícil camiñar. Arranca polas das árbores Levanta tellas e tira chemineas Arranca árbores Danos extensos Áreas devastadas Efectos no mar Chan, como espello Rizado. Ondas de ata 0,25 m de altura Ondiñas Mareiriña. Ondas de 0,25 a 0,50 m de altura nas que aparece algún carneiro Mareira. Ondas longas, de 0,50 a 1,25 m de altura, con carneiros. Forte mareira. Ondas longas, de 1,25 a 2,5 m de altura, con moitos carneiros. Mar groso. Ondas grandes con cristas, de 2,50 a 4 m de altura. Mar moi groso. Ondas de 4 a 6 m de altura, con escuma que voa. Mar arborado. Ondas de 6 a 9 m de altura. Ceo gris con mala visibilidade por pingas en suspensión (spray). Mar montañoso. Con grandes manchas de escuma e ondas de 10 a 14 m de altura. Mar cuberto de escuma. Mar enorme. Mar branco con moi mala visibilidade. Ondas de máis de 14 m de altura.
  • 20. Pero, do que veu e atopou, o que a Roque lle gustou máis foi o que ideou a xente para poñelo a traballar, APROVEITAMENTOS DO VENTO
  • 21. Aventar, para separar os grans da palla, debeu ser un dos primeiros aproveitamentos das correntes de aire.
  • 22. E outra das primeiras aplicacións debeu ser airear para secar e conservar, e a adaptación de lugares (eiras) e a construción de estruturas (secadoiros) para facelo con máis comodidade
  • 23. eira con millo e fabas a secar
  • 24. Secadoiro de congros en Muxía. Ao longo da costa galega era habitual o secado de distintas clases de peixe, e de polbos
  • 25. E cando os produtos están en condicións hai que almacenalos e protexelos e para esta función ideáronse os almacéns e os hórreos que manteñen os produtos lonxe da humidade do chan, a salvo de ratos e de paxaros e cunha circulación de aire que retira a humidade do interior e permite o intercambio de gases dos produtos almacenados. unha situación axeitada, en alto ou en espazo aberto A forma dos furados obriga ao aire que entra a gañar velocidade o que obriga ao aire de dentro a saír polos furados de enfronte e arrastrar para fóra a humidade que producen, coa respiración e a transpiración, os froitos e as sementes que se gardan nel. Pés, de dúas pezas, esteo e capa. A capa impide o acceso de animais desde o chan actuando como tornarratos Furados entre as pezas dos claros para que o aire poida circular Elementos e condicións para o bo funcionamento do hórreo
  • 26. En Galiza temos un grande número de hórreos e dunha gran variedade, case un tipo en cada comarca Pontedeume A Merca Valdoviño Frades Baralla Barreiros Salvaterra Vimianzo Zas Cambados Vilalba Piornedo A Fonsagrada Xallas, Negreira Loiba, Ortigueira Taboadela Porto do Son
  • 27. e conviven formas primitivas, clásicas, clásicas actualizadas e formas novas Arnuide Carracedo, Láncara Ferrol Doniños Ferrol Antas de Ulla San Sadurniño O Salnés Oia Caldas de Reis
  • 28. algúns de récord... O máis coñecido. O de Carnota, de 34,74 m de longo e 1,90 m de largo O de máis capacidade. O do mosteiro de Poio de 36 m de longo e 3,36 m de largo. O máis longo. O de Araño (Rianxo) con 37 m.
  • 29. e outros curiosos. Con rodas Con pombeiro incorporado En ángulo Con soportal
  • 30. Velas para impulsar embarcacións. O da vela foi un dos grandes descubrementos e un dos aproveitamentos do vento máis antigos (coñécese desde hai máis de 5.000 anos). Facilitou o desenvolvemento en tamaño, e polo tanto en capacidade de carga e transporte, das embarcacións e aumentou a súa autonomía.
  • 31. Nos primeiros tempos só se navegaba a favor de vento, pero coa introdución da quilla, que aumentou a estabilidade das embarcacións, e o leme, que premitiu dirixilas, contrapesos para reducir a inclinación das embarcación por efecto do vento, e as velas móviles; conséguese navegar case en calquera dirección.
  • 33. Embarcacións tradicionais e moderna con diferentes tipos de vela e contrapesos para favorecer o equilibrio.
  • 34. Embarcacións multicasco aumentan a estabilidade e permiten acadar grandes velocidades.
  • 35. Os últimos avances no deseño de embarcacións de vela inclúen quillas laterais móbiles que aumentan a estabilidade, reducen a inclinación do barco, e permiten aumentar a velocidade reducindo a resistencia ao diminuír o contacto coa auga Embarcación da regata Copa América do ano 2021
  • 36. Barco con velas como complemento para aforrar combustible Embarcación da regata Copa América do ano 2021
  • 37. O Royal Clipper e o barco veleiro máis grande do mundo, o aparellado co maior número mastros (5) e co maior número de velas (42).
  • 38. As velas tamén teñen aplicación en outros aparellos movidos polo vento Taboas de wind-surf
  • 40. Os papaventos (obxectos de forma variable que se sosteñen no aire levados polas correntes de aire e controlados desde o chan por unha guía, corda ou cordel). Naceron na China, onde arredor do 1200 a. C. xa se utilizaban como dispositivos de sinais en accións militares. No século XII xa eran coñecidas como xoguete en Europa. Na actualidade utilízanse como xoguete, como obxetos de competición (por tamaño, orixinalidade, habilidade no seu manexo…) e como mecanismo de arrastre. Papaventos sinxelo (forma xeométrica simple e longo rabo estabilizador) Papaventos xigante con forma de polbo Papaventos con elementos móbiles Papaventos con dous fíos de control. Permiten realizar maniobras e acrobacias
  • 42. Festival de barriletes (papaventos) xigantes en Guatemala
  • 43. Practicando o kite-surf. Navegación en táboa coa axuda de papaventos
  • 44. Os parapentes mantéñense no aire grazas ao aproveitamento que fan das correntes.
  • 46. O vento como motor de mecanismos xiratorios os mais primitivos eran de eixo vertical Antigo enxeño chinés para extraer auga Muiño dun enxeño de azucre do Caribe coñecido como muíño portugués
  • 47. Muíños persas. O modelo máis antigo coñecido, teñen a súa orixe arredor do século X. Son de eixo vertical. O vento canalizado entre as paredes fai xirar as pas que están conectadas directamente á moa
  • 48. Na Idade Media apareceron os muíños de eixo horizontal e os mecanismos que permitían orientar o aparello ao vento para poder aproveitar as correntes de calquera dirección Deseño e representacións de muíños medievais de torre xiratoria
  • 49. Rotores de torre orientable Rotores de torre fixa e cuberta orientable Rotores con mecanismo de autoorientación Ao longo do tempo fóronse modificando os modelos para adaptalos aos espazos e para mellorar o seu rendemento
  • 50. Un caso especial: Os muíños da contorna de Catoira. Son de torre e cuberta fixas, e teñen un dobre sistema de abanos para aproveitar os ventos de calquera dirección
  • 51. Nora para sacar auga accionada polo vento
  • 52. Moitos dos coñecidos como muíños holandeses non son máis que bombas de achique que accionan un torno sen fin para extraer auga e manteren en seco os prados e as zonas de cultivo
  • 53. Serradoiro holandés accionado polo vento e deseño dunha estructura semellante e os seus mecanismos.
  • 54. Imaxe do antigo Muíño da pólvora de Neda. Un sistema de pás movido polo vento poñía en funcionamento todos os aparellos dun taller de foguetería (muíños e peneiras de materiais para facer a pólvora, bobinadoras...)
  • 55. Rotores multipá autorientables que accionan bombas para extraer auga
  • 56. Aeroxeradores ou xeradores eólicos. Son aparellos dotados de rotores que transforman a enerxía do vento en enerxía eléctrica. Hainos de numerosas formas e tamaños adaptados ás necesidades e aos lugares de produción e de consumo. Os máis numerosos e os máis grandes forman parte de campos de produción industrial Aeroxerador instalado nunha embarcación. Campo de aeroxeradores dunha industria
  • 57.
  • 58. Tanto como é variable o seu tamaño son as formas de captar a enerxía do vento
  • 59.
  • 60.
  • 61. Aínda que os máis comúns son os de torre con eixo horizontal e tres pas
  • 62. (os máis pequenos adoitan ter habitualmente un número maior de pas)
  • 63. ... e as panémonas ou aroxeradores de eixo vertical
  • 64.
  • 65. Extractores eólicos. Ao xiraren crean unha corrente de succión que extrae os gases
  • 66. Protectores de cheminea orientables. Evitan a formación de turbulencias que impiden a saída do fume e, ao orientárense, facilitan a saída do fume e o seu arrastre polo vento
  • 67. Enredos. Os remuíños mercábanse nas festas como agasallo para os rapaces.
  • 68. Elementos decorativos. Remuiños multipá, espirais colgantes e faroliños de cores que xiran co vento
  • 69. cataventos animados. Un rotor con eixo excéntrico produce movementos de xiro ou de vaivén, accionando unha biela, en figuras conectadas a el.
  • 70. Móbiles de Alexander Calder, un escultor que creou numerosas obras nas que o equilibrio e o movemento son unha parte fundamental animador de obras de arte
  • 71. “Juguetes del viento” obras do artista canario César Manrique. Son combinacións de elementos de formas e cores diversos que se moven activadas polo vento
  • 72. e as cousas que fumos armando para producir vento e facer con el traballo CREACIÓNS PARA PRODUCIR VENTO As primeiras correntes de aire creadas polo ser humano deberon ser as producidas co seu propio corpo: os sopridos (para avivar o lume, para separar cousas) e os abanos coas mans (para aliviar a calor ou apartar o fume ou os cheiros), sen esquecer as producidas para a emisión de sons.
  • 73. Os primeiros obxectos creados deberon ser os abanos, primeiro ocasionais, unhas follas anchas, e logo permanentes, trenzados de febras vexetais e outros materiais ata acadar a enorme variedade que coñecemos na actualidade. Os Abanos crean correntes de aire que serven para avivar o lume ou para refrescarse.
  • 74. Os abanos evolucionaron de forma diversa. Ao longo da historia atopámolos pequenos, de manexo persoal, e grandes –portátiles (flabelos) e fixos (abanos)- movidos por outras persoas; realizados con toda clase de materiais.
  • 75. e curiosas creacións de distintas épocas Abano accionado polo movemento dunha mecedora Abanos de pedal actual (arriba) e antigo (á dereita)
  • 76. Coñécense moitas formas de abanos, pero distínguense principalmente dúas: os redondos, máis comúns nos países de oriente, e os semicirculares. Poden ser fixos ou de encartar, e estar feitos de papel, de tea e de materiais diversos. Os chinos crearon o abano pregable no século VII.
  • 77.
  • 78. Co abano de man, que veu a ser un obxecto imprescindible na vestimenta das mulleres en tempos pasados, chegouse a crear un sofisticado código de comunicación entre persoas, maiormente mulleres e homes. Uns poucos exemplos da linguaxe dos abanos
  • 79. Coa mesma finalidade, producir correntes de aire que aliviaran a calor, creáronse os ventiladores, dos que hai incontables modelos de formas e tamaños variados, fixos e portátiles
  • 80. Aspiradores. Aparellos que crean unha corrente de aire cara ao seu interior coa que arrastran obxectos lixeiros
  • 81. Sopradores. Producen unha corrente de aire que se aproveita en diversas aplicacións
  • 82. Compresores. Aparellos que recollen aire para liberalo despois con maior velocidade e a forza suficiente para producir diversos efectos e activar numerosos mecanismos. Os antigos son ferramentas simples e os modernos adoitan estar formados por un motor, un grupo de compresión activado polo motor, un depósito onde se almacena o aire comprimido e diversos mecanismos de control (válvulas e anemómetros).
  • 83. Foles ou barquíns, coñecidos desde moi antigo, producen correntes de aire nun punto ou nunha dirección determinada. Existen numerosas variantes con múltiples aplicacións
  • 84. Foles grandes, accionados coas mans, cos pés ou coa axuda de mecanismos; foron utilizados para avivar o lume en fraguas e fundicións desde antigo Foles accionados coas mans e os pés nunha fundición do antigo Exipto Foles dunha ferrería movidos coas mans Fol movido por un mecanismo de rotación
  • 85. Curiosa combinación de fol e un contedor de produtos en po que a corrente do fol esparexe e dispersa
  • 86. Sopradores de turbina. Recollen aire que unha turbina, accionada con un torno, comprime e unha boca dirixe ao punto de interese
  • 87. Pulverizadores. Collen aire e fan subir pola cánula o produto, cando se tira do émbolo, e expúlsano cando se empurra ao tempo que dispersan o produto pulverizado
  • 88. O martelo neumático utiliza un chorro de aire comprimido para empurrar alternativamente un émbolo no que vai encaixada a punta
  • 89. O torno do dentista xira grazas a un chorro de aire a presión que move unha turbina que se atopa no interior da cabeza do torno
  • 90. As pistolas de pintar lanzan un chorro de aire comprimido que arrastra e proxecta unha cantidade de pintura a unha certa distancia
  • 91. O aerógrafo é un instrumento que, cunha corrente de aire a presión, proxecta partículas de pintura para crear ou colorear imaxes. É como unha pistola de pintar de tamaño reducido.
  • 92. Propulsores, reactores: esvaradores, avións e helicópteros crean grandes correntes de aire e desprázanse por reacción ás mesmas. O helicóptero máis grande do mundo
  • 93. As hélices empurran o aire cara atrás e, por reacción, o avión avanza
  • 94. O motor do esvarador produce unha forte corrente de aire que, por reacción, provoca o desprazamento da embarcación
  • 95. Os “hoverkraft” son uns esvaradores de gran tamaño que se apoian nunha cámara de aire que crean eles mesmos, de maneira que case non tocan na auga co que conseguen unha gran velocidade. Están a deixar de usarse porque son moi ruidosos e non moi seguros
  • 96. Central eléctrica de ondas na illa do Pico (Illas dos Açores- Portugal) Motor en centrais eléctricas. A auga, ao subir, empuxa o aire que para saír activa a turbina, e, ao baixar, crea un baleiro que arrastra aire do exterior, que tamén activa a turbina Boia fondeada que funciona como unha minicentral de ondas
  • 97. Lanzador de proxectís en armas de aire comprimido. Na carga comprímese un resorte ou un depósito de gas conectado a un embolo. Ao ser liberado, no disparo, proxecta o aire contido nun cilindro para empuxar o proxectil. Arma con depósito de gas comprimido
  • 98. Emisores de sons. chifres, asubíos, instrumentos musicais. Obxectos que producen un son cando pasa por eles unha corrente de aire. Calquera pequeno recipiente pode ser convertido nun asubío. Os máis sinxelos son tubos nos que se sopra lateralmente para que o aire, xire dentro, e ao saír produza son. Tamén se poden converter en asubíos algúns froitos secos e sementes baleiras, aos que se lle practica un burato para soprar lateralmente ou dous enfrontados para soprar de fronte Outros obxectos sonoros sinxelos son as gaitas de alcacén, canas de cereal verde espigado (centeo, avea, orxo...), cun extremo fendido e aplanado que vibra ao pasar o aire por el e produce son; as gaitas de herba e as gaitas de folla, follas de herbas ou de árbores, que metidas entre os beizos vibran e soan cando se fai pasar o aire por elas
  • 99. Asubíos con bola na cámara, que ao xirar crea un efecto de vibración que amplifica o son -como os usados nos deportes- Os asubíos son pequenos obxectos formados por unha embocadura, pola que se sopra, unha cámara, na que xira o aire, e un furado polo que sae o aire que produce o son. Hainos de moitas formas e con diversas aplicacións Esquema e modelo para construir un asubío de cana Asubíos de barro cocido
  • 100. Asubíos de simulación ou reclamos. Remedan sons, maiormente de animais considerados especies de caza. Asubíos de adestramento. Asubíos de alta frecuencia, que son case inaudibles para os humanos, pero que si escoitan os animais. Asubíos de auga. Levan auga na cámara e emiten sons diferentes segundo a intensidade da axitación da auga que conteñen Asubíos ou chifres musicais teñen un émbolo que fai variar a lonxitude da cámara e con iso o son que producen.
  • 101. Tamén hai asubíos que emiten varias notas. Asubíos manuais, nos que non hai que soprar, que son activados por un fol flexible. e os grandes asubíos das locomotoras, que soan cando pasa por eles un chorro de vapor Asubío de locomotora Asubíos manuais Asubíos que dan máis de unha nota
  • 102. As frautas de Pan, as zampoñas e outros instrumentos semellantes. Son obxectos nos que se agrupan unha serie de asubíos de distintos tamaños que se sopran individualmente para que cada un produza a súa nota. Constrúense de formas e tamaños diferentes e con distintos materiais. As tradicionais adoitan ser de cana. Coa mesma estrutura tamén se montan asubíos de embocadura
  • 103. Outros obxectos sonoros son as buguinas e os cornos, formas tubulares cónicas polas que ao pasar unha corrente de aire produce son.
  • 104. Kazoo, asubío de membrana vibrante ou pito de Carnaval. tubo sonoro no que a vibración dunha membrana produce un son característico. Para que se produza o son hai que cantaruxar a melodía Pito de carnaval artesanal Asubío de membrana caseiro. Está feito cun tutelo de cana, un anaco de plástico e unha goma
  • 105. As frautas son instrumentos, en orixe dunha soa peza, que producen notas diferentes segundo a distancia que teña que percorrer o aire polo seu interior. A distancia pódese variar abrindo ou tapando os buratos que ten ao longo da cana. As frautas traveseiras actuais están formadas por varias pezas, están feitas de metal e teñen chaves para abrir e pechar os furados.
  • 106. Variando a forma, a lonxitude do tubo, os materiais de construción, as embocaduras e os elementos vibrantes, e as maneiras de sopralos, creáronse numerosos instrumentos que transforman correntes de aire en son. Con eles formáronse dous grupos que se distinguen polos elementos vibrantes: vento madeira, nos que o elemento vibrante é a forma da embocadura ou unha lámina vexetal, e vento metal, nos que a vibración é producida polos lábios do executante. Instrumentos de vento madeira: frautas, clarinetes, oboes, fagotes, saxofóns,... Instrumentos de vento metal: trompetas, trombóns, trompas, tubas,... Embocaduras de instrumentos de vento madeira Embocaduras de instrumentos de vento metal
  • 107. Outros instrumentos de sopro armónica Trompas dos Alpes ocarinas
  • 108. Instrumentos de fol. Aproveitan o aire contido nun recipiente para produciren son ao expulsalo a través de tubos sonoros ou elementos vibrantes armonio acordeón concertina órgano
  • 109. Fol para gaita que se acciona co brazo Fol para gaita que se acciona co pé Gaitas
  • 110. Outros obxectos que soan co vento O músico xavier Lozano convirte en tubos sonoros numerosos e variados obxectos
  • 111. Un curioso invento de hai 2.000 anos O órgano de vento, de Herón de Alexandría, combinaba a acción das correntes de aire naturais (o vento) para mover a turbina que, coa axuda dunha leva e unha biela, activaba o funcionamento do fol, e a corrente de aire que producía o fol para facer soar os distintos tubos do órgano
  • 112. As construcións ben orientadas regulan a entrada do sol e miotas, a maiores, inclúen elementos que permiten e favorecen a circulación do aire: patios pequenos, sombrizos e húmidos, con fontes ou estanques, que manteñen o aire fresco, e paredes cegas e elevadas nas partes expostas ao sol que quecen, pero, ao estaren rematadas en chemineas que permiten saír o aire quente, crean unha corrente que se alimenta co aire fresco que hai no patio interior OUTROS APROVEITAMENTOS tamén ideamos a xeración de correntes de aire de forma pasiva, para crear unha ventilación natural e refrescar o ambiente en zonas cálidas, facendo unha disposición axeitada das construcións, ou dos elementos dunha construción, para favorecer a circulación do aire e crear correntes que contribúan a regular a temperatura... As rúas estreitas son un recurso para impedir ou dificultar a entrada de calor do sol co que se mantén o aire fresco ao nivel do chan e crea correntes de aire frío cara as partes altas.
  • 113. E ata aquí, á forza de darlle voltas, chegou o que aprendeu Roque do vento e das súas cousas As imaxes fotográficas foron collidas da internet e a información de fontes varias. Agradézolle aos autores a súa dispoñibilidade, e agardo saiban disculpar o uso que fixen delas. Mon Daporta