Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Unidade 4 tempo e clima

6,290 views

Published on

• Be the first to comment

• Be the first to like this

Unidade 4 tempo e clima

1. 1. UNIDADE 4
2. 2. 1. A ATMÓSFERA

Atmósfera = capa de gases que rodea á Terra.

Composta fundamentalmente por nitróxeno e osíxeno.

Dividida en varias capas. As máis próximas á superficie son 2: troposfera e estratosfera

3. 5.

A atmosfera regula a temperatura terrestre de 2 formas:

a) Atrapando calor e impedindo que a Terra se arrefríe.

b) Permitindo a circulación de calor das zonas cálidas ás zonas frías a través das masas de aire.

4. 6. 2. TEMPO E CLIMA

Tempo e clima son termos diferentes: 

⌘ TEMPO: estado da atmósfera dun lugar e nun momento determinado (Ex: chove, fai sol, fai frío …).

⌘ CLIMA: estado carácterístico da atmosfera que se repite nun lugar. Para coñecer o clima dunha zona hai que analizar o tempo durante décadas (Ex: clima de Santiago = temperado e chuvioso)

Para coñecer tempo e clima recóllense datos de temperatura, precipitación, néboas…. nas estacións meteorolóxicas. Para predecir o tempo utilízanse imaxes tomadas por satélites meteorolóxicos

5. 7. Estación meteorolóxica Satélite meteosat Imaxe tomada polo Meteosat
6. 8.

O tempo e clima están moi determinados pola inclinación (23º) e movementos da Terra:

 Rotación : movemento da Terra xirando arredor do seu eixe. A Terra xira de oeste a este e tarda 24 horas en dar unha volta. Este xiro orixina a sucesión do día e a noite.

7. 9.

  Translación:

- movemento da Terra arredor do Sol.

- segue unha órbita elíptica .

- tarda 365 días e 6 horas.

Mentres a Terra xira arredor do Sol, está inclinada. Esto fai que os raios solares cheguen a cada hemisferio cun grado de inclinación diferente ao longo do ano. Así orixínanse as estacións:

 verán: cando os raios solares chegan pouco inclinados e ,por tanto, quentan máis.

 inverno: cando os raios solares chegan con moita inclinación e ,por tanto ,quentan menos.

8. 11. O Sol e a Terra en xuño En xuño, os raios do Sol chegan moi verticais ao trópico de Cáncer. Por iso, aínda que a Terra está máis afastada do Sol, é verán no hemisferio Norte. Solsticio de verán: 20/21 de xuño
9. 12. O Sol e a Terra en decembro. En decembro, os raios do Sol chegan moi verticais ao trópico de Capricornio. Por iso, é verán no hemisferio Sur. Solsticio de inverno: 21/22 de de decembro
10. 13. 3. AS TEMPERATURAS

Temperatura = cantidade de calor que ten o aire da atmosfera nun punto determinado.

Mídese co termómetro e exprésase en grados centígrados (º C).

Para estudar o clima dun lugar é preciso coñecer as temperaturas máximas, mínimas e medias (anuais, mensuais, diarias) ( ver definicións na páxina 42 )

11. 14.

As temperaturas non son as mesmas en todos os lugares da Terra, senón que varían dunhas zonas a outras, por causas:

✪ As temperaturas cambian coa altitude: a maior altitude temperaturas máis baixas. A temperatura descende unha media de 0,6º C cada 100 metros de altitude.

 ✪ As temperaturas cambian coa distancia ao mar: o mar suaviza as temperaturas. Así, as zonas interiores as temperaturas son máis extremas que nas zonas costeiras.

12. 15.

✪ As temperaturas cambian coa latitude: as temperaturas son máis elevadas cerca do Ecuador e máis baixas nos Polos, xa que entre os trópicos os raios solares chegan con menos inclinación á superficie que nos polos.

13. 19. Se os raios solares inciden perpendicularmente sobre un lugar, concéntranse nunha zona menos extensa, polo que o Sol é máis intenso e quenta máis (zona cálida). Se os raios solares inciden inclinados, a enerxía solar repártese nun territorio máis extenso, polo que perden intensidade (zonas temperadas e frías).
14. 20. 4. PRECIPITACIÓNS

Humidade = cantidade de vapor de auga que hai no aire.

Orixe na evaporación de auga de océnos, ríos, lagos,… A evaporación é maior canto maior é a temperatura.

Cando o vapor de auga da atmósfera arrefría condénsase (pasa a estado líquido) en millóns de gotas, formando as nubes.

15. 21.

Mentres as gotas son pequenas continúan suspendidas na atmósfera, pero se seguen arrefriando poden acadar peso suficiente para caer a superficie en forma de chuvia. Por iso chamámoslles precipitacións.

As precipitacións poden ser en tres formas:

 Chuvia (estado líquido).

 Sarabia e neve (estado sólido )

16. 22.

3 Tipos de precipitacións, por distintas causas:

a) Evaporación do solo (precipitación tipo tormentosa).

17. 23.

b) Polo relevo (precipitacións de barlovento).

18. 24.

c) Por contacto de masas de aire a distintas temperaturas (precipitación tipo fronte)

19. 25.

As precipitacións mídense cun pluviometro, e mídense en milímetros (mm) ou litros por m

Factores das precipitacións:

 Latitude: as precipitacións varían coa latitude. O Ecuador e as zonas temperadas reciben máis chuvias que os trópicos e as zonas frías.

 Altitude: as precipitacións aumentan coa altitude. Nas zonas elevadas chove máis que nas baixas.

 Proximidade ao mar: nas costas soe chover máis que no interior, xa que as masas de auga chegan cargadas de humidade do mar.

20. 27. 5. PRESIÓN ATMOSFÉRICA

Presión atmosférica = peso que exerce o aire sobre un punto determinado da superficie terretre.

A maior peso maior presión. A menor peso menor presión

A presión mídese co barómetroe exprésase en milibares (mb) ou hectopascales (hPa).

21. 28.

- A presión do aire varía por 2 causas:

 A presión decrece co altitude. Canto maior altura menor presión.

 A presión varía coa temperatura do aire. O aire cálido pesa menos que o frío.

A presión normal é de 1015 hPa.

As zonas cunha presión superior son os anticiclóns (A). Neles o aire descende das capas altas da atmósfera, por iso o peso do aire é maior. Nos anticiclóns hai tempo estable.

As zonas cunha presión inferior son as borrascas (B). Nelas o aire ascende a capas altas da atmosfera, por iso o peso do aire é menor. Nas borrascas o tempo é inestable.

22. 30.

Nas zonas de contacto entre A e B fórmanse frontes, que traen consigo precipitacións.

23. 31. 6. O VENTO.

O vento = movemento de aire orixinado por contrastes de presión. O vento viaxa das A ás B.

Arredor dos Anticiclóns o vento segue a dirección das agullas do reloxo.

Arredor das Borrascas o vento segue a dirección contrarias das agullas do reloxo.

Para coñecer a dirección do vento úsase o cataventos. Apa coñecer a súa velocidade úsase o anemómetro.

24. 33. Mapa de superficie Foto do satélite Meteosat
25. 34.

Tipos de vento:

 Ventos constantes: sempre sopran na mesma dirección. Exemplos: alisios (= ventos do leste, desde os trópicos ao Ecuador) ou westerlies (ventos do oeste, desde os trópicos a latitudes altas).

 Ventos estacionais: cambian de dirección segundo a estación. Ex: monzóns (Asia do S e SE).

 Ventos diarios: cambian de dirección ao longo do día. Ex: brisa mariña (sopla do mar hacia a costa polo día e ao revés pola noite)

 Ventos locais: sopran de vez en cando en algunhas rexións. Ex: cierzo (val do Ebro), tramuntana (illas Baleares)…

26. 35. Distribución mundial da presión e ventos
27. 36. O funcionamento dos monzóns Funcionamento das brisas mariñas