SlideShare a Scribd company logo
1 of 5
Download to read offline
CARRIL E A HISTORIA DA SÚA
INDUSTRIA METALÚRXICA E
MADEREIRA
(LOAIRA MARÍA MIGUÉNS PÉREZ)
1. UN POUCO DE HISTORIA.
Carril fundouse aproximadamente no ano 1500 como vila, e no ano 1512 xa tiña
porto, este, foi un dos portos máis importantes de Galicia cara o ano 1750, e, un dos
primeiros portos habilitados en Galicia para o comercio exterior. O ascendente
tráfico marítimo fará que Carril sexa dotada dunha alfandega de segunda clase no ano
1801. Como consecuencia desta actividade comercial establecéronse aquí, e con
carácter fixo grandes compañías marítimas, este establecemento contribuíu a crear a
nivel local unha pequena burguesía (os Buhigas, Carrasco, Guillán, Bravo, Garcia...) que
se adicará a actividades mercantís e industriais.
No ano 1873 inagurase o primeiro tramo de ferrocarril de Galicia, Carril-
Cornes, e esto, xunto co seu porto convirte a Carril no foco de atracción de moitos
emprendedores. A finais do século XVIII, Carril xa non é tan só, unha pequena vila de
pescadores senón que é unha vila que coñece ao mesmo tempo a presencia da industria
coma a de fundicións Alemparte, o ferrocarril e a navegación a vapor. Tal é a
actividade comercial na nosa vila, que no ano 1866 formouse unha Cámara de Comercio
propia, nela estaban representados os sectores económicos locais máis importantes e
os seus membros representaban as empresas aquí establecidas. D. Ricardo Urioste, en
calidade de presidente, D. Salvador Buhigas y Prat naquel momento alcalde da vila, e D.
Pedro Ferreirós, D. Antonio Alemparte e D. José Carrasco formaban parte do grupo
de persoas que participaban na directiva cameral.
2. A FUNDICIÓN DE ALEMPARTE
Antonio Gregorio Alemparte Fernández é un lucensce que se casou en Carril con
Esclavitud Vieytes Castromán. En febreiro de 1868 funda, xunto co seu cuñado Ramón
Vieytes, a Fábrica de Fundición San Jaime, sendo ésta o xerme da empresa que logo
poría en solitario no 1875 éste lucense e a que lle dou o seu apelido: “Fundicións
Alemparte”. En 1885 chega a un acordo con George Willian Halpin, de Fundición de
Carril, e ambas as dúas empresas unen as súas forzas. Esta fábrica foi un capitulo moi
importante para a economía da vila, nos seus talleres constueuse o primeiro barco
galego a vapor con casco de ferro. No ano 1960 pechou as súas portas esta importante
industria que estaba situada case enfrente do noso instituto.
Talleres Alemparte. Fotografía sacada do Diario de Arousa.
Solar de Talleres Alemparte na actualidade
3. A MENSA (METALURXICA DO NOROESTE S.A.)
Empezou a funcionar en Carril en 1945 e pertenecia a unha sociedade formada por
Joaquín Otero Goyanes, Marqués de Revilla, e Jose Luis Uriarte Rejo e adicábase a
fundición de estaño, casiterita e bronce. Esta fábrica pechou definitivamente o 30 de
Xuño de 1989. Nela traballou o meu tio avó Luis Miguéns Barcala e sempre contaba que
o traballo era moi duro e para aguantar o calor dos fornos levavan moita auga e leite
da casa para beber. Nun dos fornos caeu un traballador veciño de Guillán que foi
levado o hospital Povisa e alí morreu debido as graves queimaduras, a súa dona cando
soubo que ía morrer suicidouse tirandose dende unha fiestra do hospital, deixando así
orfa de pai e nai a súa filla de curta idade.
Neste solar atopabase antigamente A MENSA
4. ALMUSO-MEQUINSA.
O edificio que albergaba esta fábrica comenzouse a construir no ano 1945 e
rematouse no ano 1947, estaba situada mais ou menos nos terreos que hoxe ocupa o
IES MIGUEL ANGEL GONZALEZ ESTEVEZ, e os chalés que agora estan arredor
deste centro, dende a rúa Veiga de Lamas ata a Av. Nosa Señora dos Anxos. Ainda
hoxe se poden ver algúns restos do valado da fábrica e dalgún almacen aquí preto do
noso instituto. Pechou na década dos 60.
Restos dos almacens e valado exterior da fábrica
ALMUNSO adicabase a ó wolframio e os seus derivados, e a MEQUINSA ó
estaño. A materia prima procedía das minas que o Grupo Fierros propietario das
mesmas, tiñan en Santa Comba e en San Fix en Noia. O producto de estaño
semielaborado era utilizado polas conserveiras e o wolframio era exportado a Centro
Europa, principalmente a Alemaña e a EE.UU.
5. A FÁBRICA DE MISTOS.
Fundada en Carril en 1861, máis ou menos por onde se atopa agora o Churrasco a Ría,
o seu fundador foi Ulpiniano Buhigas Prat. Ó frente desta fábrica estivo Carlos
Lessner, un químico inglés, afillado de Carlos Marx que logo se casou cunha
vilagarciana. Esta fábrica exportaba fósforos a toda España.
6. A FÁBRICA DE GIL.
Este foi un dos aserradeiros máis importantes de Vilagarcia, estaba situada nos
terreos que ocupa hoxe o edificio Ribainsa e enfrente dende o Churrasco a Ría ata o
que hoxe son as casas da Renfe. Esta fábrica tiña un peirao de madeira sobre o mar,
con vías sobre as que circulaban as vagonetas do tren para transportar as mercadorias,
este aserradoiro facía tamén tacos e serrín para as cociñas económicas. Aquí
traballaban tanto homes coma mulleres en distintos turnos.
No ano 1951 esta fábrica sufriu un incendio que o pobo de Carril axudou a
extinguir, e no 1955 foi vendida a Carbonell e Compañia, S.A. De Cordoba.
Solar que ocupaba a antiga fábrica de Gil e despois Carbonell, na actualidade.
7. BIBLIOGRAFÍA.
– LA CIUDAD DE AROSA. Autor: Manuel Villaronga
– DIARIO DE AROUSA.
– WWW. PATRIMONIODEVILAGARCIA.COM apuntes de D. Daniel Garrido Castromán
– Entrevista a Benedicta Miguéns e Luis Miguez.
– VILAGARCIA Y EL MAR. Autores: Marcelino Abuín e Manuel Villaronga.
AUTOR: LOAIRA MARÍA MIGUÉNS PÉREZ. 1º ESO B.

More Related Content

Similar to HISTORIA DO CARRIL

Presentación sargadelos
Presentación sargadelosPresentación sargadelos
Presentación sargadelosesperanzavd3
 
Presentación sargadelos
Presentación sargadelosPresentación sargadelos
Presentación sargadelosesperanzavd3
 
Presentación sargadelos
Presentación sargadelosPresentación sargadelos
Presentación sargadelosesperanzavd3
 
Presentación sargadelos
Presentación sargadelosPresentación sargadelos
Presentación sargadelosesperanzavd3
 
Tema 5 industrialización en españa s xix
Tema 5 industrialización en españa s xixTema 5 industrialización en españa s xix
Tema 5 industrialización en españa s xixagreloroberto
 
A granxa experimental de Monelos
A granxa experimental de MonelosA granxa experimental de Monelos
A granxa experimental de MonelosAgrela Elvixeo
 
A granxa experimental de Monelos
A granxa experimental de MonelosA granxa experimental de Monelos
A granxa experimental de MonelosAgrela Elvixeo
 
Trabajo fragas do eume (copia)andrea
Trabajo fragas do eume (copia)andreaTrabajo fragas do eume (copia)andrea
Trabajo fragas do eume (copia)andreaceipdeandrade4
 
Día da ciencia en galego 2017 CPI As Revoltas
Día da ciencia en galego 2017 CPI As RevoltasDía da ciencia en galego 2017 CPI As Revoltas
Día da ciencia en galego 2017 CPI As RevoltasBibliotecaRevoltas
 
Historia de Caldas de Reis
Historia de Caldas de ReisHistoria de Caldas de Reis
Historia de Caldas de Reisrexinaortigueira
 
Caldas de reis
Caldas de reisCaldas de reis
Caldas de reisAquis Fala
 
Mulleres traballadoras
Mulleres traballadorasMulleres traballadoras
Mulleres traballadorasirene-alvarez
 
Muíños de marea
Muíños de mareaMuíños de marea
Muíños de mareamonadela
 

Similar to HISTORIA DO CARRIL (20)

Presentación sargadelos
Presentación sargadelosPresentación sargadelos
Presentación sargadelos
 
Presentación sargadelos
Presentación sargadelosPresentación sargadelos
Presentación sargadelos
 
Presentación sargadelos
Presentación sargadelosPresentación sargadelos
Presentación sargadelos
 
Presentación sargadelos
Presentación sargadelosPresentación sargadelos
Presentación sargadelos
 
Presentación sargadelos
Presentación sargadelosPresentación sargadelos
Presentación sargadelos
 
Presentación sargadelos
Presentación sargadelosPresentación sargadelos
Presentación sargadelos
 
AS MINAS
AS MINAS AS MINAS
AS MINAS
 
Tema 5 industrialización en españa s xix
Tema 5 industrialización en españa s xixTema 5 industrialización en españa s xix
Tema 5 industrialización en españa s xix
 
A granxa experimental de Monelos
A granxa experimental de MonelosA granxa experimental de Monelos
A granxa experimental de Monelos
 
A granxa experimental de Monelos
A granxa experimental de MonelosA granxa experimental de Monelos
A granxa experimental de Monelos
 
Trabajo fragas do eume (copia)andrea
Trabajo fragas do eume (copia)andreaTrabajo fragas do eume (copia)andrea
Trabajo fragas do eume (copia)andrea
 
Día da ciencia en galego 2017 CPI As Revoltas
Día da ciencia en galego 2017 CPI As RevoltasDía da ciencia en galego 2017 CPI As Revoltas
Día da ciencia en galego 2017 CPI As Revoltas
 
Historia de Caldas de Reis
Historia de Caldas de ReisHistoria de Caldas de Reis
Historia de Caldas de Reis
 
Caldas de reis
Caldas de reisCaldas de reis
Caldas de reis
 
Tema 5
Tema 5Tema 5
Tema 5
 
Tema 5
Tema 5Tema 5
Tema 5
 
Mulleres traballadoras
Mulleres traballadorasMulleres traballadoras
Mulleres traballadoras
 
Muíños de marea
Muíños de mareaMuíños de marea
Muíños de marea
 
Tema 5
Tema 5Tema 5
Tema 5
 
Tema 5
Tema 5Tema 5
Tema 5
 

More from micaelagonzalezcarril

Modelo de examen de LCL para ABAU 2018
Modelo de examen de LCL para ABAU 2018Modelo de examen de LCL para ABAU 2018
Modelo de examen de LCL para ABAU 2018micaelagonzalezcarril
 
Modelo de exame ABAU de LINGUA CASTELÁ E LITERATURA 2017
Modelo de exame ABAU de LINGUA CASTELÁ E LITERATURA 2017Modelo de exame ABAU de LINGUA CASTELÁ E LITERATURA 2017
Modelo de exame ABAU de LINGUA CASTELÁ E LITERATURA 2017micaelagonzalezcarril
 
Desinencias verbales de los tiempos simples
Desinencias verbales de los tiempos simplesDesinencias verbales de los tiempos simples
Desinencias verbales de los tiempos simplesmicaelagonzalezcarril
 
Sobre o cruceiro da igrexa do carril
Sobre o cruceiro da igrexa do carrilSobre o cruceiro da igrexa do carril
Sobre o cruceiro da igrexa do carrilmicaelagonzalezcarril
 
Recomendación de fermosas lecturas de xuño
Recomendación de fermosas lecturas de xuñoRecomendación de fermosas lecturas de xuño
Recomendación de fermosas lecturas de xuñomicaelagonzalezcarril
 
Criterios de corrección de Lengua Castellana PAU SEPTIEMBRE 2013
Criterios de corrección de Lengua Castellana PAU SEPTIEMBRE 2013Criterios de corrección de Lengua Castellana PAU SEPTIEMBRE 2013
Criterios de corrección de Lengua Castellana PAU SEPTIEMBRE 2013micaelagonzalezcarril
 
Desinencias verbales de los tiempos simples
Desinencias verbales de los tiempos simplesDesinencias verbales de los tiempos simples
Desinencias verbales de los tiempos simplesmicaelagonzalezcarril
 

More from micaelagonzalezcarril (20)

Mis oraciones bipolares
Mis oraciones bipolaresMis oraciones bipolares
Mis oraciones bipolares
 
Exames abau 2017 lingua castela
Exames abau 2017 lingua castelaExames abau 2017 lingua castela
Exames abau 2017 lingua castela
 
Modelo de examen de LCL para ABAU 2018
Modelo de examen de LCL para ABAU 2018Modelo de examen de LCL para ABAU 2018
Modelo de examen de LCL para ABAU 2018
 
Modelo de exame ABAU de LINGUA CASTELÁ E LITERATURA 2017
Modelo de exame ABAU de LINGUA CASTELÁ E LITERATURA 2017Modelo de exame ABAU de LINGUA CASTELÁ E LITERATURA 2017
Modelo de exame ABAU de LINGUA CASTELÁ E LITERATURA 2017
 
Arosa SC
Arosa SCArosa SC
Arosa SC
 
Praias do Carril
Praias do CarrilPraias do Carril
Praias do Carril
 
Cortegada
CortegadaCortegada
Cortegada
 
Desinencias verbales de los tiempos simples
Desinencias verbales de los tiempos simplesDesinencias verbales de los tiempos simples
Desinencias verbales de los tiempos simples
 
Sobre o cruceiro da igrexa do carril
Sobre o cruceiro da igrexa do carrilSobre o cruceiro da igrexa do carril
Sobre o cruceiro da igrexa do carril
 
Recomendación de fermosas lecturas de xuño
Recomendación de fermosas lecturas de xuñoRecomendación de fermosas lecturas de xuño
Recomendación de fermosas lecturas de xuño
 
Esquema y resumen pau 2013
Esquema y resumen pau 2013Esquema y resumen pau 2013
Esquema y resumen pau 2013
 
Criterios de corrección de Lengua Castellana PAU SEPTIEMBRE 2013
Criterios de corrección de Lengua Castellana PAU SEPTIEMBRE 2013Criterios de corrección de Lengua Castellana PAU SEPTIEMBRE 2013
Criterios de corrección de Lengua Castellana PAU SEPTIEMBRE 2013
 
Critlcastelax2013
Critlcastelax2013Critlcastelax2013
Critlcastelax2013
 
Pau 2013 lingua_castela-1
Pau 2013 lingua_castela-1Pau 2013 lingua_castela-1
Pau 2013 lingua_castela-1
 
Noticia d. arousa
Noticia d. arousaNoticia d. arousa
Noticia d. arousa
 
Modelo examen lcl ciug 2013
Modelo examen lcl ciug 2013Modelo examen lcl ciug 2013
Modelo examen lcl ciug 2013
 
Desinencias verbales de los tiempos simples
Desinencias verbales de los tiempos simplesDesinencias verbales de los tiempos simples
Desinencias verbales de los tiempos simples
 
Día de fomento_da_lectura_lúdica
Día de fomento_da_lectura_lúdicaDía de fomento_da_lectura_lúdica
Día de fomento_da_lectura_lúdica
 
Lista libros filosofía
Lista libros filosofíaLista libros filosofía
Lista libros filosofía
 
Poemas para comentar en clase
Poemas para comentar en clasePoemas para comentar en clase
Poemas para comentar en clase
 

HISTORIA DO CARRIL

  • 1. CARRIL E A HISTORIA DA SÚA INDUSTRIA METALÚRXICA E MADEREIRA (LOAIRA MARÍA MIGUÉNS PÉREZ) 1. UN POUCO DE HISTORIA. Carril fundouse aproximadamente no ano 1500 como vila, e no ano 1512 xa tiña porto, este, foi un dos portos máis importantes de Galicia cara o ano 1750, e, un dos primeiros portos habilitados en Galicia para o comercio exterior. O ascendente tráfico marítimo fará que Carril sexa dotada dunha alfandega de segunda clase no ano 1801. Como consecuencia desta actividade comercial establecéronse aquí, e con carácter fixo grandes compañías marítimas, este establecemento contribuíu a crear a nivel local unha pequena burguesía (os Buhigas, Carrasco, Guillán, Bravo, Garcia...) que se adicará a actividades mercantís e industriais. No ano 1873 inagurase o primeiro tramo de ferrocarril de Galicia, Carril- Cornes, e esto, xunto co seu porto convirte a Carril no foco de atracción de moitos emprendedores. A finais do século XVIII, Carril xa non é tan só, unha pequena vila de pescadores senón que é unha vila que coñece ao mesmo tempo a presencia da industria coma a de fundicións Alemparte, o ferrocarril e a navegación a vapor. Tal é a actividade comercial na nosa vila, que no ano 1866 formouse unha Cámara de Comercio propia, nela estaban representados os sectores económicos locais máis importantes e os seus membros representaban as empresas aquí establecidas. D. Ricardo Urioste, en calidade de presidente, D. Salvador Buhigas y Prat naquel momento alcalde da vila, e D. Pedro Ferreirós, D. Antonio Alemparte e D. José Carrasco formaban parte do grupo de persoas que participaban na directiva cameral. 2. A FUNDICIÓN DE ALEMPARTE Antonio Gregorio Alemparte Fernández é un lucensce que se casou en Carril con Esclavitud Vieytes Castromán. En febreiro de 1868 funda, xunto co seu cuñado Ramón Vieytes, a Fábrica de Fundición San Jaime, sendo ésta o xerme da empresa que logo poría en solitario no 1875 éste lucense e a que lle dou o seu apelido: “Fundicións Alemparte”. En 1885 chega a un acordo con George Willian Halpin, de Fundición de Carril, e ambas as dúas empresas unen as súas forzas. Esta fábrica foi un capitulo moi importante para a economía da vila, nos seus talleres constueuse o primeiro barco galego a vapor con casco de ferro. No ano 1960 pechou as súas portas esta importante industria que estaba situada case enfrente do noso instituto.
  • 2. Talleres Alemparte. Fotografía sacada do Diario de Arousa. Solar de Talleres Alemparte na actualidade 3. A MENSA (METALURXICA DO NOROESTE S.A.) Empezou a funcionar en Carril en 1945 e pertenecia a unha sociedade formada por Joaquín Otero Goyanes, Marqués de Revilla, e Jose Luis Uriarte Rejo e adicábase a fundición de estaño, casiterita e bronce. Esta fábrica pechou definitivamente o 30 de Xuño de 1989. Nela traballou o meu tio avó Luis Miguéns Barcala e sempre contaba que o traballo era moi duro e para aguantar o calor dos fornos levavan moita auga e leite da casa para beber. Nun dos fornos caeu un traballador veciño de Guillán que foi levado o hospital Povisa e alí morreu debido as graves queimaduras, a súa dona cando
  • 3. soubo que ía morrer suicidouse tirandose dende unha fiestra do hospital, deixando así orfa de pai e nai a súa filla de curta idade. Neste solar atopabase antigamente A MENSA 4. ALMUSO-MEQUINSA. O edificio que albergaba esta fábrica comenzouse a construir no ano 1945 e rematouse no ano 1947, estaba situada mais ou menos nos terreos que hoxe ocupa o IES MIGUEL ANGEL GONZALEZ ESTEVEZ, e os chalés que agora estan arredor deste centro, dende a rúa Veiga de Lamas ata a Av. Nosa Señora dos Anxos. Ainda hoxe se poden ver algúns restos do valado da fábrica e dalgún almacen aquí preto do noso instituto. Pechou na década dos 60. Restos dos almacens e valado exterior da fábrica ALMUNSO adicabase a ó wolframio e os seus derivados, e a MEQUINSA ó estaño. A materia prima procedía das minas que o Grupo Fierros propietario das mesmas, tiñan en Santa Comba e en San Fix en Noia. O producto de estaño semielaborado era utilizado polas conserveiras e o wolframio era exportado a Centro Europa, principalmente a Alemaña e a EE.UU.
  • 4. 5. A FÁBRICA DE MISTOS. Fundada en Carril en 1861, máis ou menos por onde se atopa agora o Churrasco a Ría, o seu fundador foi Ulpiniano Buhigas Prat. Ó frente desta fábrica estivo Carlos Lessner, un químico inglés, afillado de Carlos Marx que logo se casou cunha vilagarciana. Esta fábrica exportaba fósforos a toda España. 6. A FÁBRICA DE GIL. Este foi un dos aserradeiros máis importantes de Vilagarcia, estaba situada nos terreos que ocupa hoxe o edificio Ribainsa e enfrente dende o Churrasco a Ría ata o que hoxe son as casas da Renfe. Esta fábrica tiña un peirao de madeira sobre o mar, con vías sobre as que circulaban as vagonetas do tren para transportar as mercadorias, este aserradoiro facía tamén tacos e serrín para as cociñas económicas. Aquí traballaban tanto homes coma mulleres en distintos turnos. No ano 1951 esta fábrica sufriu un incendio que o pobo de Carril axudou a extinguir, e no 1955 foi vendida a Carbonell e Compañia, S.A. De Cordoba. Solar que ocupaba a antiga fábrica de Gil e despois Carbonell, na actualidade.
  • 5. 7. BIBLIOGRAFÍA. – LA CIUDAD DE AROSA. Autor: Manuel Villaronga – DIARIO DE AROUSA. – WWW. PATRIMONIODEVILAGARCIA.COM apuntes de D. Daniel Garrido Castromán – Entrevista a Benedicta Miguéns e Luis Miguez. – VILAGARCIA Y EL MAR. Autores: Marcelino Abuín e Manuel Villaronga. AUTOR: LOAIRA MARÍA MIGUÉNS PÉREZ. 1º ESO B.