ANTONIO NORIEGA
VARELA
TEMÁTICA
CRISTINA VILAS VÁZQUEZ
NURIA SUEIRO MARTÍNEZ 2ºBACH A
Ademais da época de escritor na revista ¡Guau... Guau!, Noriega
Varela é autor dun único libro: Montañesas (1904), que a partir
da 3ª edición cambia o seu título polo de Do ermo (1920).
COSTUMISMO
COSTUMISMO
O costumismo é o termo co que se alude a un
tipo de creación literaria desenvolta na
España do século XIX, sobre todo entre 1830
e 1850, e máis especificamente ao chamado o
“artigo de costumes”, texto breve que tiña por
obxecto o retrato filosófico, festivo ou satírico
dos costumes populares do seu tempo, nunha
peculiar fusión entre o ensaio e o conto
caracterizada por unha mínima acción, pola
escaseza do diálogo e polo seu descritivismo.
Porén, o costumismo esténdese a todas as
artes, podendo falar de pintura, relatos ou
novelas costumistas, sendo o folclore a miúdo
unha forma de costumismo.
Teño amores na montaña
teño moza montañesa,
que ma deparou un santo
no turreiro dunha festa.
Déronlle as rosas de maio
roxa color prás meixelas,
branca, ¡volainiña branca!,
seique inda é máis que as
folerpas,
e de folerpos de neve
penso que debeu ser feita,
xa que o sol i as nordesías
no ma logran ver morena.
Teño amores na montaña,
teño unha moza brañega,
que, si cos ollos feitiza,
o corazón me estonteia
c´aquelas palabras doces,
i aquelas surrisas meigas
das nenas repinicadas,
argullo das cumes ermas.
Miña santiña bonita,
¡Dios, que ma deu, ma defenda!,
pois pra min non hai ceio,
si no me caso con ela.
¡Heime casar!; os solteiros
sempre andan nas malas
lenguas,
i eu quero vivir con honra,
xa que non teña outra herencia.
Heime casar, ¡non que logo!,
i heime de casar na aldea,
¡miña nai!, por que alí moran
as poucas almas sinxelas,
que sacan o pan da boca
pra socorrer a probeza.
Despois buscarei casiña,
unha casiña tarrea
con cortello, pra criar
dous bacoriños da teta,
¡i a facer pares de zocas!,
que se me canga, abofellas,
millor que escribir en verso
na doce fala gallega.
LIRISMO DA NATUREZA
LIRISMO DA
NATUREZA
● Conta os aspectos máis humildes da
natureza. Son poemas caracterizados
pola ausencia de anécdota, neles
atópanse sós o poeta e a natureza.
● Noriega identificábase coa soidade do
ermo e denominábaa como unha
actitude de tenrura polas cousas máis
humildes da paisaxe de montaña.
As froliñas dos toxos.
¡Nin rosiñas brancas, nin
claveles roxos!
Eu venero as froliñas dos toxos.
Dos toxales as tenues froliñas,
que sorríen, a medo, entre
espiñas.
Entre espiñas que o ceio agasalla
con diamánte-las noites que
orballa.
¡Oh do iermo o preciado tesouro!:
as froliñas dos toxos son de ouro.
De ouro vello son, mai, as
froliñas
dos bravos toxales, ¡das devociós
miñas!...
POESÍA INTIMISTA→
franciscana
POESÍA
FRANCISCANA
● Formalmente estes poemas imitan
a poesía popular e Noriega fai
poemas a un penedo, ao orballo, á
flor do toxo...
● O eu do poeta aparece só e
mergullado no medio da paisaxe
na procura da estética do máis
sinxelo da natureza.
A brétema
A brétema, ¿tu sabes?, é ceguiña:
os piñeirales pouco a pouco explora,
e anda sempre descalza, e si se espiña,
sangrar, non sangra; pero chorar, chora...
Chora copiosamente a pobresiña,
como chorou Jesús, cal chora a aurora;
e en maus do sol é cada lagrimiña
derramada, unha estrela brilladora...
Lagrimiñas preciosas, recollelas
mil veces se me ocurre, pra con elas
facer... (si xa non soño, ¿que eu faría?)
¿Unha sarta me pides? Lograreina,
como un rei a quixera pra unha reina,
como nunca se veu na xoiería.
Tamén publicou unha recompilación de cantigas populares en honra da
Virxe María: A Virxe e a paisanaxe (1913) e unha colección de refráns e
cantares populares: Como falan os brañegos (1928).

Antonio Noriega Varela

  • 1.
    ANTONIO NORIEGA VARELA TEMÁTICA CRISTINA VILASVÁZQUEZ NURIA SUEIRO MARTÍNEZ 2ºBACH A
  • 2.
    Ademais da épocade escritor na revista ¡Guau... Guau!, Noriega Varela é autor dun único libro: Montañesas (1904), que a partir da 3ª edición cambia o seu título polo de Do ermo (1920).
  • 3.
  • 4.
    COSTUMISMO O costumismo éo termo co que se alude a un tipo de creación literaria desenvolta na España do século XIX, sobre todo entre 1830 e 1850, e máis especificamente ao chamado o “artigo de costumes”, texto breve que tiña por obxecto o retrato filosófico, festivo ou satírico dos costumes populares do seu tempo, nunha peculiar fusión entre o ensaio e o conto caracterizada por unha mínima acción, pola escaseza do diálogo e polo seu descritivismo. Porén, o costumismo esténdese a todas as artes, podendo falar de pintura, relatos ou novelas costumistas, sendo o folclore a miúdo unha forma de costumismo. Teño amores na montaña teño moza montañesa, que ma deparou un santo no turreiro dunha festa. Déronlle as rosas de maio roxa color prás meixelas, branca, ¡volainiña branca!, seique inda é máis que as folerpas, e de folerpos de neve penso que debeu ser feita, xa que o sol i as nordesías no ma logran ver morena. Teño amores na montaña, teño unha moza brañega, que, si cos ollos feitiza, o corazón me estonteia c´aquelas palabras doces, i aquelas surrisas meigas das nenas repinicadas, argullo das cumes ermas. Miña santiña bonita, ¡Dios, que ma deu, ma defenda!, pois pra min non hai ceio, si no me caso con ela. ¡Heime casar!; os solteiros sempre andan nas malas lenguas, i eu quero vivir con honra, xa que non teña outra herencia. Heime casar, ¡non que logo!, i heime de casar na aldea, ¡miña nai!, por que alí moran as poucas almas sinxelas, que sacan o pan da boca pra socorrer a probeza. Despois buscarei casiña, unha casiña tarrea con cortello, pra criar dous bacoriños da teta, ¡i a facer pares de zocas!, que se me canga, abofellas, millor que escribir en verso na doce fala gallega.
  • 5.
  • 6.
    LIRISMO DA NATUREZA ● Contaos aspectos máis humildes da natureza. Son poemas caracterizados pola ausencia de anécdota, neles atópanse sós o poeta e a natureza. ● Noriega identificábase coa soidade do ermo e denominábaa como unha actitude de tenrura polas cousas máis humildes da paisaxe de montaña. As froliñas dos toxos. ¡Nin rosiñas brancas, nin claveles roxos! Eu venero as froliñas dos toxos. Dos toxales as tenues froliñas, que sorríen, a medo, entre espiñas. Entre espiñas que o ceio agasalla con diamánte-las noites que orballa. ¡Oh do iermo o preciado tesouro!: as froliñas dos toxos son de ouro. De ouro vello son, mai, as froliñas dos bravos toxales, ¡das devociós miñas!...
  • 7.
  • 8.
    POESÍA FRANCISCANA ● Formalmente estespoemas imitan a poesía popular e Noriega fai poemas a un penedo, ao orballo, á flor do toxo... ● O eu do poeta aparece só e mergullado no medio da paisaxe na procura da estética do máis sinxelo da natureza. A brétema A brétema, ¿tu sabes?, é ceguiña: os piñeirales pouco a pouco explora, e anda sempre descalza, e si se espiña, sangrar, non sangra; pero chorar, chora... Chora copiosamente a pobresiña, como chorou Jesús, cal chora a aurora; e en maus do sol é cada lagrimiña derramada, unha estrela brilladora... Lagrimiñas preciosas, recollelas mil veces se me ocurre, pra con elas facer... (si xa non soño, ¿que eu faría?) ¿Unha sarta me pides? Lograreina, como un rei a quixera pra unha reina, como nunca se veu na xoiería.
  • 9.
    Tamén publicou unharecompilación de cantigas populares en honra da Virxe María: A Virxe e a paisanaxe (1913) e unha colección de refráns e cantares populares: Como falan os brañegos (1928).