2. Lois Sánchez Pereiro, máis coñecido como Lois Pereiro, naceu en Monforte de Lemos o 16 de febreiro de 1958. Foi un escritor e poeta en lingua galega ao que neste ano 2011 se lle adica o Día das Letras Galegas.
3. Estudou no colexio dos Escolapios, e comezou a escribir con 15 anos. Ao finalizar COU marchou a Madrid, onde estudou Ciencias Políticas e Socioloxía. Anos despois, nesa mesma cidade, estudou a lingua inglesa, francesa e alemá. Tamén foi en Madrid onde fundou a revista Loia con Antón Patiño, Manolo Rivas e o seu irmán, Xosé Manuel Pereiro.
4. En 1981 mudouse á Coruña onde se uniu á revista La Naval . Nesta época tamén participou en varias antoloxías como De amor e desamor e colaborou en revistas como Trilateral ou Luzes de Galiza . Esta última publicaría en 1997 os oito capítulos da novela corta Náufragos do Paradiso .
5. En 1983 e 1987 viaxou xunto con Fernando Saco por toda Europa. Nesta experiencia traballou como tradutor de alemán, francés e inglés, linguas que estudara anteriormente.
6. A imaxe de Lois Pereiro é reflexo da súa actitude fronte á vida: esgazada, crúa e espida coma os seus versos. Estes elementos determinaron o mito marxinal e cosmopolita que o poeta personifica. A autodestrución, a desolación, a morte, son os temas predominantes na súa poesía.
7. O seu primeiro libro publicado reflicte xa unha tendencia etiquetada como punk , moi presente na súa vida.
8. As características son unha actitude certamente existencialista, de sarcasmo esmagador e corrosivo, á autodestrución e á morte.
9. Lois Pereiro publicou unicamente dous poemarios en vida, Poemas 1981/1991 en 1992 e Poesía última de amor e enfermidade en 1995. En 1996, o ano da súa morte, saíu á luz Poemas para unha Loia , onde se recollen obras da época madrileña e que contén un ensaio.
10. Narcisismo Sigo os pasos do sangue no meu corpo e coa unlla do meu dedo máis firme abro un sulco vermello en media lúa na vea que me acolle tan azul.
11. Este poema identifica a sangue coa morte e coa dor. Nos poemas de Lois Pereiro, este sentimento, o decadentismo, é moi común.
12. En numerosas ocasións recompilouse toda a obra de Lois Pereiro por diferentes escritores e xornalistas para que toda a súa traxectoria non quedara esquecida.
13. Respecto ás causas da morte do célebre escritor, a pesar de padecer a sida, Lois tamén sufría unha insuficiencia hepática, e a súa morte foi causada por unha intoxicacción de aceite de colza desnaturalizado.
14.
15. AUTORA DO TRABALLO Nuria Bello Barral 3º ESO B Lingua e Literatura Galega Curso 2010-11 IES de Curtis