1. UN BREVE PASEO POLA POESÍA DE LOIS PEREIRO Monforte de Lemos, 1958 A Coruña, 1996
2.
3. Esta xeración fixo vivir a poesía galega unha etapa de esplendor, modernización e renovación, rompendo con certas características e inercias do período inmediatamente anterior.
4. O afán de renovación formal, a ruptura co socialrealismo prosaico, a apertura a outras manifestacións artísticas (música, pintura...), a exploración de referentes e vivencias do mundo urbano e moderno, a forte presenza da temática erótica e amorosa e a pegada culturalista son algúns dos seus trazos xerais máis destacados.
5.
6. En Madrid, onde estuda na Escola Oficial de Idiomas, promove a revista a fotocopia ou fanzine LOIA, da que saíron catro números. Viaxa por diversos países europeos e frecuenta o trato doutros mozos galegos con inquedanzas: Manuel Rivas, Antón Losada, Fermín Bouza, Menchu Lamas, Antón Patiño, Vicente Araguas...
7. En 1981 resulta envelenado pola inxesta de aceite de colza adulterado e enferma gravisimamente. Ten que regresar a Galiza e padecer un auténtico calvario médico-sanitario.
8.
9. Participa tamén nos volumes colectivos De amor e desamor I e II (1984 e 1985), como moitos outros membros da súa xeración.
10. En 1992 aparece, da man de Edicións Positivas, o seu primeiro libro: Poemas 1981/1991 , que reúne 42 composicións.
11. Manuel Rivas define o libro do seu amigo como “mestura de video-clip, haiku, destello, pregaria e cantiga de escarnio”.
12. O segundo e definitivo poemario Cando en 1994 a SIDA o coloca ao bordo da morte, Lois Pereiro ponse a escribir a súa obra definitiva e un dos grandes libros da nosa literatura contemporánea: Poesía última de amor e enfermidade (1995). O Amor, a Enfermidade e a Morte son os tres eixos centrais duns poemas escritos con radical sinceridade, cheos de furia, de vitalismo, de lucidez e de paradoxal esperanza. O impacto desta obra é inmediato e intenso nos poetas da chamada Xeración dos 90.
14. Unha morte prematura O 24 de maio de 1996, no cuarto 627 da Residencia sanitaria da Coruña, apágase a vida de Lois Pereiro.
15. Poderíano escoller como epitafio Cuspídeme enriba cando pasedes por diante do lugar no que eu repouse enviándome unha húmida mensaxe de vida e de furia necesaria
16. O DÍA DAS LETRAS 2011: UN BON PRETEXTO PARA ACHEGARSE Á POESÍA DE LOIS PEREIRO