ADEGA
                      Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza

                                                             Monfero, 10 de outubro de 2012

    Durante a segunda sesión de clase do día de onte, un colaborador coa asociación ecoloxista
ADEGA, Paco Bañobre, visitou o centro e impartiunos unha charla ó alumnado da ESO onde
nos falou da labor ou do campo de actuación xeral da asociación; mais centrándose no que
certamente era o “punto do día”, presentounos e afondou sobre o “Proxecto Ríos” que a
asociación leva realizando dende o 2005 nos ríos de Galicia coa colaboración e participación de
persoas voluntarias e de alumnos/as de centros de ensino varios.

        Dentro da charla falounos dos obxectivos principais que pretende conseguir o proxecto
e da labor xeral de ADEGA, falándonos do concepto de Educación Ambiental, da conciencia
ecolóxica e da importancia de salvagardar o noso entorno natural, mais en especial os nosos ríos
e o resto das augas de todo o planeta polo feito de ser a auga un elemento indispensable para a
vida.

        Como parte da introdución do proxecto, falounos sobre a abundancia da auga na Terra,
onde había maior abundancia e onde non había tanta. Tras esta introdución, mencionáronse os
obxectivos do proxecto como achegar a poboación ao entorno natural, concienciar da
importancia de adoptar actitudes encamiñadas a protexer e mellorar o medio ambiente, traballar
para mellorar a calidade dos ríos e algúns outros.

         Dous elementos básicos que conforman a liña de actuación do proxecto son a
“inspección de ríos” e a “adopción de ríos”. A primeira actividade consiste no que fixeron
alumnos e alumnas de 1o de ESO trala charla; que é o feito de observar e de tomar mostras do
río co fin de saber o estado de saúde do río, atendendo ó nivel de contaminación, á fauna que
habita nel e nas súas inmediacións e ó bosque de ribeira, contemplando o tipo de especies que o
compoñen e se son autóctonas ou foráneas. Na presentación mostráronse unhas fichas de fauna
e flora onde se distinguían diferentes especies vexetais e animais e as súas orixes. Asemade,
vimos os diferentes instrumentos que utilizarían para levar a cabo a inspección do río, tales
como discos para analiza-la cor, útiles para determina-lo nivel de “ph” na auga, a temperatura
(para saber a cantidade de O2 disolvido) e o estado no referente á presenza de vertidos no caudal
do río. Tamén se fixo a distinción de flora e de fauna (de pequenos invertebrados).

        En nome de ADEGA, Paco Bañobre chamou a nosa atención e fixo amago de espertar a
nosa conciencia ecolóxica facendo referencia á grave ameaza que os ríos galegos sofren de man
do home coa contaminación agraria, a sobrepesca e a modificación dos caudais coa construción
de encoros e coa incorporación de centrais hidroeléctricas nos ríos que non acatan un nivel
adecuado de integración no río e que deterioran o estado do mesmo afectando á biodiversidade,
pois hai ocasións nas que especies de peixes ven impedida a súa supervivencia en determinados
ríos a causa dos encoros por ser estas especies de tipo migrador e ver imposible o seu
desprazamento ó longo do río para atopar alimento ou para atopar un lugar idóneo de
reprodución.

                                  Antonio González López, Revista Xesteira 2012/2013

Crónica antonio gonzález a d e g a

  • 1.
    ADEGA Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza Monfero, 10 de outubro de 2012 Durante a segunda sesión de clase do día de onte, un colaborador coa asociación ecoloxista ADEGA, Paco Bañobre, visitou o centro e impartiunos unha charla ó alumnado da ESO onde nos falou da labor ou do campo de actuación xeral da asociación; mais centrándose no que certamente era o “punto do día”, presentounos e afondou sobre o “Proxecto Ríos” que a asociación leva realizando dende o 2005 nos ríos de Galicia coa colaboración e participación de persoas voluntarias e de alumnos/as de centros de ensino varios. Dentro da charla falounos dos obxectivos principais que pretende conseguir o proxecto e da labor xeral de ADEGA, falándonos do concepto de Educación Ambiental, da conciencia ecolóxica e da importancia de salvagardar o noso entorno natural, mais en especial os nosos ríos e o resto das augas de todo o planeta polo feito de ser a auga un elemento indispensable para a vida. Como parte da introdución do proxecto, falounos sobre a abundancia da auga na Terra, onde había maior abundancia e onde non había tanta. Tras esta introdución, mencionáronse os obxectivos do proxecto como achegar a poboación ao entorno natural, concienciar da importancia de adoptar actitudes encamiñadas a protexer e mellorar o medio ambiente, traballar para mellorar a calidade dos ríos e algúns outros. Dous elementos básicos que conforman a liña de actuación do proxecto son a “inspección de ríos” e a “adopción de ríos”. A primeira actividade consiste no que fixeron alumnos e alumnas de 1o de ESO trala charla; que é o feito de observar e de tomar mostras do río co fin de saber o estado de saúde do río, atendendo ó nivel de contaminación, á fauna que habita nel e nas súas inmediacións e ó bosque de ribeira, contemplando o tipo de especies que o compoñen e se son autóctonas ou foráneas. Na presentación mostráronse unhas fichas de fauna e flora onde se distinguían diferentes especies vexetais e animais e as súas orixes. Asemade, vimos os diferentes instrumentos que utilizarían para levar a cabo a inspección do río, tales como discos para analiza-la cor, útiles para determina-lo nivel de “ph” na auga, a temperatura (para saber a cantidade de O2 disolvido) e o estado no referente á presenza de vertidos no caudal do río. Tamén se fixo a distinción de flora e de fauna (de pequenos invertebrados). En nome de ADEGA, Paco Bañobre chamou a nosa atención e fixo amago de espertar a nosa conciencia ecolóxica facendo referencia á grave ameaza que os ríos galegos sofren de man do home coa contaminación agraria, a sobrepesca e a modificación dos caudais coa construción de encoros e coa incorporación de centrais hidroeléctricas nos ríos que non acatan un nivel adecuado de integración no río e que deterioran o estado do mesmo afectando á biodiversidade, pois hai ocasións nas que especies de peixes ven impedida a súa supervivencia en determinados ríos a causa dos encoros por ser estas especies de tipo migrador e ver imposible o seu desprazamento ó longo do río para atopar alimento ou para atopar un lugar idóneo de reprodución. Antonio González López, Revista Xesteira 2012/2013