1. Federación de Comercio, Hostalaría, Turismo e Xogo
Comisions Obreiras de Galicia
r/ Miguel Ferro Caaveiro, 8 Tfnos.:981 958 230 - 981 551 818
15707 Santiago de Compostela Móbil: 626 100 310 - Fax.:981 958 201
fecohtgalicia.blogspot.com
www.fecoht.ccoo.es www.galicia.ccoo.es fecoht.sn@galicia.ccoo.es
Estimado compañeiro/a
do Sector de Comercio:
Comisións Obreiras vai celebrar o seu proceso congresual para elixir os distintos órganos
de dirección do Sindicato e aprobar as liñas de actuación sindical para o próximo período.
Este é un momento moi importante para ti, para o Sindicato e para os traballadores e as
traballadoras, xa que é moi importante que acertemos, tanto na política sindical a seguir nos
próximos catro anos como na elección das persoas que van a ter que dirixir a nosa organización.
Polo tanto pídoche que fagas un esforzo na lectura dos seguintes documentos que están a debate
e que teñen que ser aprobados nos respectivos Congresos, e que fagas as achegas que
consideres oportunas para melloralos:
– Relatorios da Confederación Sindical de CC.OO.
– Relatorios do Sindicato Nacional de CC.OO. De Galicia.
– Relatorios da Federación Estatal de Comercio, Hostalaría, Turismo e Xogo de CC.OO.
(FECOHT)
Estes documentos están dispoñibles no blog de Fecoht Galicia (fecohtgalicia.blogspot.com), e en
calquera caso, podes pasar polo Sindicato a recollelos.
Por isto, o próximo 3 de Setembro estás convocado/a a ASEMBLEA CONGRESUAL de I nivel
da FECOHT, que vai ter lugar na sede da Unión Comarcal da Coruña (Avda Alfonso Molina, km
2, 3.ª. Edificio de sindicatos 15008 - A Coruña), desde as 11:00 horas as 18:00 horas, co
seguinte Orde do Día:
– Debate relatorios Confederais.
– Debate relatorios Sindicato Nacional.
– Debate relatorios Federación Estatal Fecoht.
– Elección delegados e delegadas para a Asemblea Congresual Comarcal da Coruña.
A fase deliberativa será desde as 11:00 horas ás 14:00 horas.
A parte electiva da Asemblea será desde as 11:00 horas ás 18:00 horas.
Facer que o Sindicato sexa un mellor instrumento para a defensa dos intereses das
traballadoras e traballadores é responsabilidade de toda a afiliación, o 3 de Setembro é o
momento no que coa túa participación, colaborarás no futuro do Sindicato.
Compañeira/o, recibe un saúdo,
Santiago de Compostela, a 27 de Xullo do 2,012
2. Federación de Comercio, Hostalaría, Turismo e Xogo
Comisions Obreiras de Galicia
r/ Miguel Ferro Caaveiro, 8 Tfnos.:981 958 230 - 981 551 818
15707 Santiago de Compostela Móbil: 626 100 310 - Fax.:981 958 201
fecohtgalicia.blogspot.com
www.fecoht.ccoo.es www.galicia.ccoo.es fecoht.sn@galicia.ccoo.es
Asdo. Isabel Castaño Becerra
Secretaria Xeral Fecoht-Galicia CC.OO.