REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLO

Loading...

Flash Player 9 (or above) is needed to view presentations.
We have detected that you do not have it on your computer. To install it, go here.

0 comments

Post a comment

    Post a comment
    Embed Video
    Edit your comment Cancel

    1 Favorite

    REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLO - Presentation Transcript

    1. Gianluca Picardo, 4ºC ene García, 4º B Paula Pose, 4º C Sergio, 6ºB Samuel Lozano, 6ºB Ana Díaz, 2º A Cristina Fuentes, 5º A
    2. • EDITORIAL……………………………………….……páx 2 • 3 anos …………………………………………….….……páx 3-4 • 4 anos…………………………………………………..…..páx 5-6 • 5 anos………………………………………………....……páx 7-9 • 1º Ciclo…………………………….…………..…….páx 10-17 • 2º ciclo………………………………………………..páx 18-19 • Illas cíes………………………………………….páx 20-21 • Tíralle da lingua……………………….páx 22 • A pintura galega……………….pax. centrais • Creación literaria…………..pax 23- 25 • Banda deseñada……………………….…páx 26-33 • Cartas á directora……………..páx 34-35 • Chistes do bergantiños…………páx 36 • Pasatempos…………………………………….páx 37-40 • Vai de despedidas…………………….páx 41-44
    3. Remata xa o curso 2008-09 e ,coma sempre, este xornal quere ser espello onde se reflicta o acontecido no colexio. Moitas cousiñas fixemos desde aquel setembro do 2008 que xa nos queda ben atrás! Este ano traballamos varios proxectos integradores para toda a Comunidade Educativa. Un dos máis salientables foi “ A pintura galega “, ao redor do que xiraron multitude de propostas e actividades ao longo do percorrer dos meses, tamén as recomendacións de consumo responsable e saudable, coas saborosísimas e orixinais receitas que preparamos para a exposición. Comíanse cos ollos e que derroche de creatividade!! , xa lles gustaría a algúns larpeiros que coñecemos... A comisión de convivencia axudounos a sermos mellores compañeiros/as , a saudar cun sorriso amable ou unha mirada agarimosa e a resolver os nosos conflitos dialogando. Seguimos a traballar na nosa lingua, aprendéndoa, puíndoa , mimándoa, aínda que os tempos que corren parecen nos serlle favorables, sen descoidarmos o castelán e o inglés no que tamén fixemos moitas actividades novidosas. Xa temos ordenadores en todas as aulas e podemos navegar polo universo sen saír da clase. Este ano a páxina web do cole fica ateigada de contidos, non deixedes de visitala. Ademais dos blogs que se crearon : o de Normalización Lingüística , o de lingua inglesa e o da clase de 3ºA, todos eles cun miolo ben interesante e pedagóxico. Comemos castañas asadas no magosto, tallamos cabazas no Samaín, cantamos panxoliñas polo Nadal e recibimos os Reis Magos cun sorriso de orella a orella, celebramos con harmonía a paz, gozamos e rimos cos disfraces do Entroido, soubemos de canto traballou Ramón Piñeiro por dignificar a nosa lingua a carón da súa mesa camilla, narramos contos tradicionais no “ Tíralle da lingua “ e ata un compañeiro de 5º levou o primeiro premio na finalísima de Santiago , gozamos arreo da xanela aberta á imaxinación e ao coñecemento que é sempre un libro, durante o Proxecto Lector e coas propostas da biblioteca . Saímos de excursión a convivir e aprender outras realidades, a coñecer o noso territorio cos nosos compañeiros/-as e mestres /-as. Polas tardes, nas actividades extraescolares practicamos deporte, aprendemos a tocar instrumentos musicais, fixemos teatro...descubrimos cousas novas na nosa cultura e trouleamos canto quixemos. Todo iso ademais das matemáticas, as linguas, coñecemento do medio, educación física, música... Ben merecido temos un relanzo para repoñer folgos e cargar as pilas, pero antes imos botarlle un repaso ao ano escolar da man do noso alumnado e profesorado nas páxinas deste voceiro. Queremos rematar cunha lembranza moi especial para o alumnado de 6º que nos deixa para seguir medrando na súa cualificación na educación secundaria. Deixades un oco no corazón do Bergantiños e no do profesorado que vos acolleu curso a curso, pero sentímonos ledos/-as por termos colaborado na vosa formación e desexámosvos a maior das sortes no novo colexio e na vida. Lembrade que á sorte sempre hai que axudarlle estudando moito. Grazas a todos os membros da comunidade educativa pola laboriosa sementeira deste ano escolar, do que agardamos grandes froitos no futuro .
    4. Os nosos libros favoritos 4 anos B
    5. EDUCACIÓN INFANTIL: TEMPO DE ...
    6. PERO O QUE MÁIS NOS GUSTA FACER AOS MÁIS NENOS E NENAS DE INFANTIL É:
    7. ADEMAIS : Viaxamos ao país das ras Cociñamos Lemos contos Plantamos Coñecemos a obra de Laxeiro
    8. Así debuxaron algúns nenos e nenas de 2ºA a Ramón Piñeiro Borja
    9. Melody Rubén Ana Fernando Sara Iago Jesús
    10. Os nenos/as de 1º Ciclo fomos ver ao Pazo da Cultura a obra “Lío en la Granja”. Piñote e Calabacín contáronnos a historia.
    11. Visita a Marcelle Os nenos/as de 1º, 2º e 3º fixemos unha excursión a Marcelle. En 2º debuxamos os animais que máis nos gustaron e estivemos recordando algunhas das cousas que aprendimos durante a visita . Rubén Chelsea Daniel V.R. Lucía S.
    12. Eva Mario Héctor Fernando Arijón Aldara Borja
    13. Abecedario ACIO Arquipélago Arboredo Asociación Banco Banda BANDADA Biblioteca Bosque Camada Cardume COLONIA Constelación Conxunto Club Directiva Enxame Equipo Exército Familia Fato FLOTA Grupo Larada Leitegada Manchea Manda MANDO Matrimonio Móllo Multitude Niñada Orquestra Panada PARELLA Plumaxe Rabaño Ramo REUNIÓN Roga Rolada Roupa Tribo TROPEL Vaixela Xente Xentío
    14. CONTO DE NADAL Hai moito tempo, non moi lonxe de aquí, o pequeno Pepiño viviu unha aventura que lle cambiou a vida. Pepiño tiña oito anos e era o máis novo de catro irmáns; era un pouco trastiño e sempre andaba a facer falcatruadas. Cando non conseguía o que quería ameazaba con fuxir da casa, ata que un día de Nadal que non lle regalaron os xoguetes que el quería, cumpriu a súa ameaza e fuxiu da casa. Comezou a vagar polas rúas e despois de moito camiñar atopouse cun grupo de rapaces que lle preguntaron que facía tan só. El contoulles que escapara da súa casa porque non conseguira os xoguetes que pedira e os rapaces convidárono a súa casa para que se quentara a carón do lume e ceara algo, xa que desde o mediodía non probara bocado. Pepiño pasou a tarde con esa familia, que a pesar de non ter case agasallos, queríanse moito e estaban moi felices por estar todos xuntos en familia. Entón Pepiño deuse conta que tiña moita sorte de ter unha familia que o quixera tanto e decidiu regresar a casa pois seus pais estarían moi preocupados e asustados sen saber onde se atopaba o seu fillo pequeno. Cando chegou a casa, toda a familia o recibiu moi contenta e perdoáronlle esta última falcatruada, despois de que Pepiño prometera non volver a fuxir nunca máis. Ao final, reuníronse todos ao redor da mesa para cear e cantar unhas panxoliñas. Noa, 3ºA
    15. 6ºA PARELLAS QUE NON SON PARELLAS (Recreación do alumnado de 6ºA dunha poesía de David Chericián.) Parellas, parellas, que non son parellas. O banco e a banca, O barro e a barra, O bolso e a bolsa, O bombón e a bombona, O bote e a bota, O cano e a cana, O caro e a cara, O caso e a casa, O ceo e a cea, O coche e a cocha, O como e a coma, O conto e a conta, O copo e a copa, O dato e a data, O don e a dona, O fallo e a falla, O foco e a foca, O galo, a gala, O gato e a gata , O listo e a lista, O maio e a maia, O millo e a milla, O oco e a oca, O óso e a osa, O pano e a pana, O paso e a pasa, O pelo e a pela, O pero e a pera, O peso e a pesa, O porto e a porta, O prato e a prata, O preso e a présa, O raio e a raia, O tello e a tella, O tubo e a tuba, O punto e a punta, O boli e a bóla, O cero e a cera, O cole e a cola. O amor e a amora Parellas, parellas, que non son parellas.
    16. Un neno facendo os deberes: -Hadrián , a canto ferve a auga? -Papá, papá , onde están os Pirineos? -A 90 º -Pregúntalle a túa nai que é a que o garda todo. Interrompe Manoliño: -Que burro! O que ferve a 90º é o ángulo recto. mesmo neno: -Papá, papá , como se escribe campá? -Cal é o futuro do verbo bocexar? -Campá escríbese tal como soa. -Durmirei. -Entón, poño talán, talán? Xaimiño, que planeta vai despois de Dous nenos discuten: Marte? -Non se di: non sabo, dise:non sepo. -Mércore... -Non se di: non sepo, dise: non sabo. Unha señora que pasaba por alí dilles: -Papá , que é o eco? -Non se di de ningunha das dúas maneiras. -O único que se atreve a contestarlle á túa profe. -Entón, como se di? -Eu non sei. -Xoán, dime unha palabra que teña -Pois se non sabe para que se mete! varias oes. -Goloso. -Mamá , mamá, a miña redacción -Ben, agora Pablo. conmoveu á mestra. -Horroroso. -De verdade? -Moi ben, tócache Pepiño: -Si, díxome que daba pena. -Goooool !!!!! Pepiño, dime dous pronomes. Era unha vez unha sabia, tan boa , tan -Quen eu? boa, que non só adiviñaba o futuro, senón -Correcto. o pretérito de subxuntivo. Xaimiño, que é o A? -Señora, vostede non nada nada? -Unha vogal, profe. -“No, es que no traje, traje”. -E o k ? -Unha consoante que se pode repetir, profe. -Por que choras, David? -Porque me quitaron o pan -Presente do verbo nadar? -¿Con mala intención? Manoliño contesta gritando: -Non, con nocilla. -EU NADO, TI NADAS... -Por favor, Manoliño, máis baixo. -O “m” co “a”? -Eu buceo, ti buceas... -Ma -E se o repetimos? -Andrés, conxuga o verbo andar. -Ma-ma -Eu , eu...ando... ti... ti andas... -E se lle poñemos tilde? -Máis á présa! -Matilde. -El corre, nós corremos, vós corredes, eles corren. -Que tal o exame? -Teacher, que quere dicir “nothing”? -Moi, mal , quedeime en branco. -Nada Anda! Eu tamén, a ver se van pensar que -Algo quererá dicir, non ? copiamos. Teacher, que quere dicir “Why”? -O século XXI será o século dos -Por que? adiantos- di a mestra. -Por sabelo. -Entón, por que non se adiantan as vac
    17. Atopa neste barullo de números: 1 6 4 8 0 5 6 2 5 1.- Un número cinco veces maior que 120. 3 5 4 4 3 1 2 6 7 2.- Doce máis o triple de 100. 2 3 5 1 7 5 9 6 0 3.- 2x6x8 6 6 6 1 8 7 7 0 3 4.- 800-642 5.-Dúas ducias por 11. 4 4 0 5 5 3 2 4 7 6.- 657: 9 7.- O terzo de 894 3 7 0 8 1 2 0 5 1 8.- 1080x6 1 5 6 3 0 4 2 3 7 2 9 8 3 9 4 5 9 5 Encrucillados AULA DE 3ºA
    18. A ADIVIÑAR TOCA!-DÁLLE LUME AOS MIOLOS 6ºA 1.-Teño unha tía e a miña tía unha irmá que non é miña tía. Como é posible? 2.-Un avó conta: Teño seis fillos. Cada fillo ten unha irmá. Cantos fillos teño? 3.-Os pais do meu amigo Xaquín tiveron 5 fillos. Ao maior chamárono Tato, ao segundo :Teto, ao terceiro:Tito, ao cuarto:Toto. Como lle puxeron ao quinto? 4.- En que tipo de vivendas nunca hai moscas? 5.- Na oración: O home ten amarrado ao can. Cal é o suxeito? 6.- De que hai que encher un pucheiro para que pese menos que baleiro? 7.- Que cousa é que canto máis grande é, menos se ve? 8.-Ten dentes e non come, ten cabeza e non é home. Que é? 9.-Sabes o que nunca se pode tocar coa man esquerda ? 10.-Que é o que non podes manter aberto mentras esbirras? 11.-Cal é animal dá a luz aos seus fillos con máis dolor? 12.- Cal é o can máis barato? 13.-Estudante de letra miúda, que animal voa sen pluma? 14.-Que animal está no medio do purgatorio? 15.-Dúas vacas están pacendo se unha é máis grande cá outra, cal será o macho? 16.-Que dá unha vaca cando está fraca? 17.- Que é o primeiro que fai unha vaca cando sae o sol? 18.-Un parrulo e un neno nacen o mesmo día. Ao cabo dun ano , quen é maior? 19.- Cal é o animal que ten máis dentes? 20.-Cal é o animal que máis salta da terra? 21.-Que animal anda cunha pata? 22.-Que animal utiliza a cabeza para andar? 23.-Cal é o peixe máis falador? 24.-Cal é o animal que despois de morto dá máis voltas? 25.-Un cabalo branco entrou no mar Negro, como saíu?
    19. 1 6 4 8 0 5 6 2 5 3 5 4 4 3 1 2 6 7 SOLUCIÓNS 2 3 5 1 7 5 9 6 0 Atopa neste barullo de números: 6 6 6 1 8 7 7 0 3 4 4 0 5 5 3 2 4 7 1.- Un número cinco veces maior que 120 = 600 2.- Doce máis o triple de 100= 312 3 7 0 8 1 2 0 5 1 3.- 2x6x8=96 1 5 6 3 0 4 2 3 7 4.- 800-642=158 5.-Dúas ducias por 11=264 2 9 8 3 9 4 5 9 5 6.- 657: 9=73 7.- O terzo de 894=298 8.- 1080x6=6480 SOLUCIONARIO: A ADIVIÑAR TOCA.DÁLLE LUME AOS MIOLOS 1.-Porque é miña nai. 2.-O avó ten 7 fillos: 6 eran homes e a última, muller. 3.-Xa che dixen que era Xaquín 4.-Nun iglú. 5.-O suxeito é o can, mentras o home non o solte. 6.-De buratos. 7.-A Escuridade. 8.-O allo. 9.-O cóbado esquerdo. 10.-Os ollos. 12.-O candado. 13.-O morcego 14.-O gato. 15.-Ningunha, o macho da vaca é o touro. 16.-Dá pena. 17.-Fai sombra. 18.-O parrulo, porque ten ano e pico. 19.-O ratiño Pérez. 20.-A pulga. 21.-O pato. 22.-O piollo. 23.-O linguado. 24.-O polo asado. 25.-Mollado.
    20. RIMAS DE DESPEDIDA Non te marches Inés, Botarei de menos o teu acento inglés. Adeus, adeus Manuel, Marchas feito un pincel. Érik di: deica logo Bergantiños, logo veñen máis neniños. Se Irene marchara A festa no Bergan acaba. Ata logo -canta Andrea Bailando a Macarena Rosana di: abur Comendo un iogur. Aburiño, abur, Antía Verémonos outro día. Agustín: -Despídome dos profesores Ata sempre-di Manuel Brandón Con todos os honores. Con aire de inspiración. Aburiño-exclama Adrián Adeus, adeus, Javier, Que vai con seu irmán. Volverémonos a ver . Deica pronto-opina Tatiana Jeni vai estudar moito, Que sorrí toda a semana. quere sacar un oito. Débora despídese:bye-bye Chao-di Sofía, E para a ESO cantando vai. Saboreando unha sandía Carlos di:abur, aburiño, Carla exclama: cara ao insti imos amodiño. -Ata outro día Bergan Que para o Parga me levan. Carme tamén se quere despedir mais sen perder o sorriso, “Arrivederci”- di Mónica por canto,xuntos,vimos de compartir. Tocando a harmónica. -Meus faladores ruliños, Deica loguiño! Chámome Pablo Cotelo Saudádeme polo camiño. E marcho do cole con esmero. Sempre no meu corazón Vivirá a vosa visión. Adeus, adeus Adela E para o insti, mochila leva. Ángela di :abur, aburiño Despídome de todos con cariño. 6ºA Daniela ao cole adeus lle di E ao insti:xa estou aquí!
    21. VAI DE DESPEDIDAS As alumnas/os de 6ºC xa estamos a pensar que os nosos días neste colexio están contados. ¿Quen o diría?. O tempo non corre,¡VOA! Querémosvos deixar as nosas impresións e despedidas como recordo. ¡Velaí vos van! Gustoume do colexio o patio, a biblioteca, o gimnasio, as clases, o Magosto , o Nadal, o Día da Paz, os festivais, as actividades extraescolares… Pero sobre todo o que nunca esquecerei é a xente que tanto me axudou estes anos e aos compañeiros cos que xoguei nos recreos.(Veni • que máis vou votar en falta son as profesoras/es deste colexio, e especialmente os compañeiros/as, os xogos e ejercicios todos xuntos.(Yéssica) Xa falta pouco para que remate o curso. Eu teño ganas de que remate polas vacacións pero o malo é que rematamos primaria e temos que marchar. ¡Dame moita mágoa!(Javier B.) • que máis vou estrañar son os meus compañeiros e os profesores. ¡Unha forte aperta!(Miguel) Rapaces de primaria, paseino moi ben aquí pero chega o tempo da despedida, así que ¡Adeus!(Cristian R.) ¡Adeus! ¡Que desgraza marchar para o instituto! ¡Que vos vaia ben!(Sara) Vou botar de menos aos meus compañeiros, os berros e o xolgorio do patio. Tamén as profesoras/es. ¡Un saúdo e un bico grandísimo a todo o alumnado de colexio!(Marcos) Gustoume do colexio xogar cos amigos e os bos ratos na clase aínda que non me gustaba tanto cando me castigaron. ¡Deséxovos a todos/as moita sorte!(Cristian S.) Este ano teño que marchar do colexio. Vou estrañar moito aos meus compañeiros e, como non, as profesoras/es que me acompañaron nestes cursos. ¡ADEUS! (Espero que no instituto me traten tan ben como aquí) (Laura V.) Ímonos da escola tristes pero tamén contentos (algúns profes quedan aliviados). Vou ao instituto cun sorriso e un recordo xenial do meu colexio. (Jonatan) Voume este curso e vou botar moito de menos aos compañeiros.¡Sorte a todos! (Alejandro) Adeus de todo corazón. Adeus con todo agarimo. (Juan M.) Só estiven este curso no colexio pero levo un bo recordo(Rubén) Non Quero marchar nin pensar que non vou ver máis a algúns compañeiros e profesores. (Cristina) ¡Por fin remata o curso! Mais botaremos en falta aos profesores e compañeiros. (María) Este é o último curso e da un pouco de mágoa deixar o colexio. Sempre recordarei o que aquí vivín. (Lidia) Vou botar en falta aos compañeiros/as, aos profesores/as e a todo o colexio. (Uxía) Botarei de menos aos profes, aos compañeiros e a Nati, a mellor conxerse do mundo (merece un premio). ¡Adeus! (Leticia) Lembrarei sempre aos profes, aos compañeiros e ao Colexio.(Sheila) Remata o curso. Paseino xenial e seguro que vou chorar e nunca esquecerei este colexio. ¡Adeus CEIP Bergantiños!(Diego) Vou botar de menos a todos: profesores, compañeiros e a Natalia (a mellor conxerse do mundo) ¡Adeus, ata sempre! (Laura S.) Xa estamos rematando o curso. Xa cun pé no instituto. Eu quería agradecer a todo o centro, profesores… o ben que se portaron comigo, e aos meus compañeiros grazas polos bos momentos. Colexio Bergantiños, sempre estarás en min. (Álvaro) BICOS, BICOS E MÁIS BICOS… (e unha bágoa) 6º C
    22. VAI DE DESPEDIDAS Entrei a este colexio moi contenta e sairei con moita tristeza. Chega a hora da despedida dos alumnos de 6º curso. Aínda que este non é un adeus, senón un hasta ata logo. Cando retrocedemos ao pasado non podemos crer que medráramos tanto. Crecemos xuntos, superando non só os cursos, senón os obstáculos que con eles foron aparecendo. Esperamos que esta amizade non desapareza, senón que continúe fóra do colexio (Mónica). Os nenos e nenas de 6º fomos a moitas visitas, a que máis me gustou foi a de Ferrol. As saídas son moi divertidas e aprendes cousas novas que aínda non sabías que existían (Érik) En todos estes anos que levo no Bergantiños non podo decir nada feo do colexio . Sobre todo na clase, teño compañeiros desde os tres anos, a pesar de que nos peleamos quero que saiban que tamén os aprecio. Sempre temos días bos e días malos, pero aínda así seguímonos querendo. Espero e desexo que non nos olvidemos uns dos outros como compañeiros que somos (Andrea) Os anos neste colexio non van ser fáciles de olvidar xa que levo moitos recordos e amigos. Paseino moi ben: os magostos, samaíns, entroidos e festivais neste colexio son inolvidables . Encantoume sobre todo este Entroido iamos de famosos e pasámolo xenial, iso si as rapazas fartámonos dos tacóns e andabamos descalzas (Inés). Cando eramos máis pequenos en entroido acórdeme de cando Carmiña viña disfrazada “do home do saco” e eu e Lidia nos metemos debaixo das mesas porque tiñámoslle medo .Douvos unmha boa despedida con moito agarimo.(Antía). Cando entrei no colexio con tres aniños choraba moito e viñan unhas profes a axudarme. En 4 anos Carmiña víñamnos a asustar de bruxa... Eu unha vez metinme no caixón da máquina de escribir.Unha das cousas máis importantes nestes nove anos foron os compañeiros/-as, pasámolo super ben nas excursións, nas festas, no recreo...Estes anos no Bergantiños foron uns anos especialmente marabillosos para a miña vida, espero que no instituto sexan igual de vós que os que levo neste cole. (Manuel Brandón) Aínda me lembro de cando comecei con tres anos e medio e aqueles finais de curso nos que se xuntaban os pais e nenos para comer no campo do colexio, a festa da escuma... Tamén deste ano gardo moi bos momentos:o entroido cos compañeiros, as saídas a Coruña, Fragas do Eume, Correlingua... (Javier Caaamaño). Está a acabar o curso e marcharemos do colexio. Moitos chorarán, outros alegraranse porque é verán, pero ninguén quere quedar, xa que hai que seguir o camiño. Pasámolo moi ben todos xuntos. Temos uns profesores moi bos, aínda que todos non son iguais, teñen a suficiente paciencia para aguantarnos. Para o ano que vén daranvos clase a vós con tanto cariño e entrega como nos mostraron a nós. Botarémosvos de menos a todos ( Sofía). Ninguén ten ganas de marchar do cole, pero este ano significa que si aprobamos pasamos para o insti. Todas as profes son moi boas, tamén a directora anterior, Fina, era moi boa, porque cando alguén facía algunha trasnada sempre a perdoaba. Algún día volveremos a facerlles unha visita ás profes e aos compañeiros.(Carla) O meu paso polo colexio foi curto, xa que é o segundo ano que estou aquí. Aínda así levome moitas cousas boas e moitos amigos. O curso pasado foi moi divertido, as cousas que fixemos non se parecían demasiado ás do meu anterior cole, pero rápido me acostumei. Paseino moi ben, sobre todo no entroido cos nosos disfraces e os tacóns cos que case morremos...(Ángela)
    23. VAI DE DESPEDIDAS Este ano marchamos do colexio, non sei se nos botaredes de menos, pero nós a vós si. Acordarémosnos de Mª José Cambón que nos deixaba bailar as cancións de moda e foi a nosa primeira profesora, Lolita que marcou o noso paso de aprender a sumar e restar, de Rosa coa que fixemos unha obra de teatro que se chamaba : “os dedos da man”, de Carme, que nos ensina moito e ao mesmo tempo é graciosa, é a nosa última profesora do colexio. E tamén me acordo de Fina Rey, que nos trataba moi ben, ao entrar en tres ano tiñámoslle medo , pensabamos que era moi dura, pero pasou e tempo e eramos os seus preferidos. Moitas grazas a todas as profesoras e sobre todo, moitas grazas colexio Bergantiños.(Adela) Os nove anos que levo neste colexio non me van coller neste papel, en infantil xogamos, cantamos e contamos chistes, pasábamolo moi ben. Despois queriamos pasar a primeiro, pero non queriamos separarnos de Mª José Cambón. Despois estivemos con Pilar, que xa non está no cole,con Lolita, que tamén o pasamos moi ben, con Rosa que era moi boa e despois chegaches ti, profe , que nos gusta moito cando nos fas preguntas capciosas e fostes a única que nos dou dous cursos seguidos en primaria. Pasámolo moi ben todos xuntos. (Daniela) Os mellores anos da miña vida paseinos aquí no Bergan ou fóra , pero cos amigos que fixen aquí. Todos estes anos tiven uns profesores moi bos, este ano tamén con Bea, a profesora de relixión que foi marabillosa, e Mónica, a de medio tamén. Aínda que ás veces non me estraña que algúns profes se enfaden coa clase que somos. No instituto estarei cos amigos do Bergan, o meu irmán e todos. Botarei de menos o colexio, os profesores e os amigos. ( Manu Fuentes) A este colexio non hai ninguén que o olvide: os entroidos vestidas de famosas, a excursión a Ferrol , que me encantou e aprendemos moitas cousas...Dou grazas ás profes polos esforzos e traballos.(Rosana) Non levo moitos anos en España , o meu primeiro ano só estiven o último mes do curso en 4º, non sei se era pola novidade para min ou que foi, só podo dicir que foi un mes moi longo e difícil , era todo moi distinto do que viña acostumada. Agora xa son dous anos e pouco a pouco fun aprendendo como era a escola aquí. Neste tempo fixen amigos e gústame ser amiga de todos. Tivemos excursións que me divertín moitísimo. Levo moi bos recordos do colexio Bergantiños, a ver se no instituto teño a mesma sorte (Débora ). Este é o primeiro ano que estou aquí. Ao principio aos compañeiros parecía que non lles caía ben, agora a algún, pero a min cáenme ben todos porque todos somos amigos, non si? Grazas a eles estiven contento e feliz na clase.Todos estarán sempre no meu corazón, aínda que nos separemos. As profes son moi boas e divertidas. No recreo xogamos ao fútbol, eu son dianteiro, non meto moitos goles, pero inténtoo. Na clase falamos, facemos deberes e tamén xogamos, aínda que digan que 6º A é a peor clase é mentira, porque nos queremos uns aos outros por formarmos un equipo. Para min este foi o mellor colexio. Sempre vos levarei no corazón, por favor, nunca me esquezades (Carlos). Queremos ter un recordo especial para Nati, a mellor conserxe, por todo o que nos coidou e atendeu sempre , e para Fina Rey, que foi a nosa directora todos os anos menos este. Moitísimas grazas ás dúas, ALUMNADO DE 6º A BOTARÉMOSTE DE MENOS, BERGAN!
    SlideShare Zeitgeist 2009

    + guest530951guest530951 Nominate

    custom

    198 views, 1 favs, 1 embeds more stats

    More info about this document

    © All Rights Reserved

    Go to text version

    • Total Views 198
      • 194 on SlideShare
      • 4 from embeds
    • Comments 0
    • Favorites 1
    • Downloads 3
    Most viewed embeds
    • 4 views on http://endlbergantinhos.blogspot.com

    more

    All embeds
    • 4 views on http://endlbergantinhos.blogspot.com

    less

    Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
    Flag as inappropriate

    Select your reason for flagging this presentation as inappropriate. If needed, use the feedback form to let us know more details.

    Cancel
    File a copyright complaint
    Having problems? Go to our helpdesk?

    Categories