1. DÍA DAS
BIBLIOTECAS
ESCOLARES
24 de outubro
“BIBLIOTECA ESCOLAR,
BASE DE EXPLORACIÓNS”
BIBLIOCERVO
http://
www.bibliocervo.blogspot.com/
CURSO 2015/2016Elixiron a un grupo de mozos e
animáronos a escoller un libro da primeira
árbore que crecera no pobo. Despois, enviá-
ronos a percorrer os camiños.
Eles repartíronse polo mundo, bus-
cando un fogar para a súa prezada carga, e
así, co tempo, cada un deixou o seu libro
nunha biblioteca diferente.
E conta a historia que alí seguen aín-
da. Que hai algunhas bibliotecas que gardan
entre os seus estantes un libro especial que
deixa caer palabras-semente. E que, se ate-
rran no lugar adecuado, cada unha desas pa-
labras crecerá ata converterse nunha árbore
que dará como froito novos libros.
Ninguén sabe en que bibliotecas se
atopan estes libros marabillosos. Descoñéce-
se tamén cales, de entre todos os seus volu-
mes, son os que proceden do pobo onde os
libros crecen nas árbores. Podería ser cal-
quera, e podería estar escondido en calquera
recuncho de calquera biblioteca do planeta.
Animádevos a entrar nelas e a explorar os
seus andeis, viaxeiros; porque quizá deades
por casualidade cun libro cuxas palabras
boten raíces no voso corazón e fagan cre-
cer unha magnífica árbore de historias
cuxas sementes poidan chegar a cambiar o
mundo.
Feliz día da biblioteca!
Lema elexido pola Consellería de Cultura, Edu-
cación e Ordenación Universitaria para este
curso 15/16
Deseño de Fran Bueno
2. Cada 24 de outubro realizamos moitas
actividades para celebrar este día, unha con-
memoración que se promove dende o ano 1997,
en recordo dun incendio que se produxo na Bi-
blioteca de Sarajevo durante o conflito dos
Balcáns no ano 1992. Tras este brutal ataque, o
médico e historiador croata Mirko D. Grmek
acuñou o termo de “memoricidio” para definir
a destrución da memoria e do tesouro cultural
que nela se albergaba.
Así, conmemoramos este día para im-
pulsar e favorecer a protección das BIBLIOTE-
CAS e dos seus tesouros.
Os mestres, pais, nais, alumnos e alum-
nas temos que ter en conta que a nosa BIBLIO-
TECA constitúe un pilar básico para o desenvol-
vemento sociocultural da nosa Comunidade
Educativa.
A continuación tedes un relato da escritora
Laura Gallego que ilustra moi ben o verdadei-
ro valor das bibliotecas e da lectura.
( Fonte: biblioasturias.com)
P O R Q U E C E L E B R A M O S
E S T E D Í A ?
LAURA GALLEGO
Érase unha vez un viaxeiro que chegou
desde un lugar afastado a un pobo no que non
había libros. sentou a descansar na praza
maior e sacou da súa carteira un vello volume
de contos. Cando empezou a ler en voz alta, os
nenos, que nunca viran nada semellante, sen-
taron ao seu ao redor para escoitalo.
O visitante relatou historias que fasci-
naron aos seus oíntes e fixéronlles soñar con
fantásticas aventuras en reinos marabillosos.
Cando rematou, pechou o libro para volver
gardalo na súa carteira. Ninguén se decatou de
que, ao facelo, escapaban de entre as súas páxi-
nas algunhas palabras soltas que caeron ao
chan.
O viaxeiro marchouse por onde viñera;
tempo despois, os habitantes do pobo descu-
briron o pequeno brote que elevaba as súas
temblorosas follas cara ao sol, no lugar no que
caeran as palabras perdidas.
Todos asistiron abraiados ao crecemento
dunha árbore como non se viu outra. Cando
chegou a primavera, a árbore exhibiu con or-
gullo unhas fermosas flores de pétalos de pa-
pel. E, cos primeiros compases do verán, deu
froito por primeira vez.
E as súas ramas cubríronse de libros de
todas clases. Libros de aventuras, de misterio,
de terror, de historias de tempos pasados,
presentes e futuros. Algúns atrevéronse a co-
ller eses froitos, e había un sabio no lugar que
lles ensinou a ler para poder gozalos.
Ás veces, a brisa sopraba e sacudía as
pólas da árbore. As follas dos libros axitában-
se e deixaban caer novas palabras. E pronto
houbo máis brotes por todo o pobo; e en ape-
nas un par de anos, as árbores-libro estaban
por todas partes.
Correuse a voz; moitos investigadores,
curiosos e turistas pasaron por alí para coñe-
cer o lugar onde os libros crecían nas árbores.
Os habitantes do pobo lían as súas páxinas
con fruición, e coidaban cada brote con gran
mimo. E así ían recollendo máis e máis histo-
rias con cada nova colleita de libros.
Un día, os máis sabios do lugar reuní-
ronse e acordaron compartir o seu tesouro co
resto do mundo.