Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Carta puca5.marzo

ACTIVIDADES MARZO

  • Login to see the comments

  • Be the first to like this

Carta puca5.marzo

  1. 1. Cervo, 6 de MARZO de 2017 Ola de novo, amigas e amigos! Menudas FESTAS DO ANTROIDO tan divertidas pasamos!! Canto traballastes e que marabillosos disfraces lucístedes no desfile! Quedei EMOCIONADA! Quero agradecer especialmente o esforzo e a creatividade dos nenos e nenas de infantil que souberon disfrazar aos escornabots con moita arte! Encantoume como quedaron!! Si, si, eu xa os vin… os demáis teredes que esperar para ver a exposición de ROBOESTÉTICA á volta destas vacacións!! ;) Paciencia, que pagará a pena!! Por certo…Estades preparados para comezar coas actividades do mes de marzo? Ala imos! En MARZO, un mes no que xa recende á primavera, nós celebramos O MES DA POESÍA! Durante este mes, na biblioteca teredes os RECREOS DE POESÍA, nos que como cada ano poderedes anotarvos para vir preparar e recitar poesías conmigo. Pero non só iso, senón que como recordaredes tamén deberedes anunciar a vosa actuación creando unha campaña publicitaria, que pode incluir algún chío á hora do patio, co #poesía! A novidade deste ano é que durante este mes realizaremos unha homenaxe á poetisa GLORIA FUERTES, serán dela os poemas que elixiremos para os nosos recitais. Tedes unha exposición de libros xa preparada! -QUEDA EXPOSTA A LISTAXE PARA APUNTARNOS NA CORTIZA DA BIBLIO! ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR! Tamén durante este mes, e concretamente na semana do 6 ao 10 de marzo conmemoraremos a SEMANA DA PRENSA NACIONAL E INTERNACIONAL, contaremos cunha exposición temporal de xornais e revistas de moitas partes do mundo, escritos en moi diversas lenguas! Xa sabedes que podedes levalos para traballar nas aulas apuntándovos na listaxe que atoparedes na exposición! Para a conmemoración destas datas recibiremos importantes visitas na nosa Biblioteca de xornalistas como Paloma Abad, que xa se adiantou ao mes de febreiro e escritores como David Sifres, Chambers, etc. que virán vernos nos próximos días. Ide preparando preguntas para facerlles! Xa para despedirme, quero anunciavos que ao logo deste mes as miñas axudantes vos mandarán unha carta para as casas onde explicarei con todo detalle en que vai consistir a actividade colaborativa cos centros da MICRORREDE DA MARIÑA, que facemos todos os anos. Xa vos dou un adianto! O título deste ano é A MARIÑA CON MOITO ARTE. Sona ben, non sí? Pois non digo máis… xa imaxino os traballos tan impresionantes que ides facer! Biquiños e ata pronto amiguitos. PUCA

×