SlideShare a Scribd company logo
1 of 2
Cervo, 1de MARZO de 2018
Ola de novo, amigas e amigos!
Menudas FESTAS DO ANTROIDO tan divertidas pasamos!! Canto traballastes e que
marabillosos disfraces lucístedes no desfile! Quedei EMOCIONADA!
Quero agradecer especialmente o voso esforzo nos obradoiros creativos, ben sei o
traballo que vos dan, pero tamén… o ben que o pasades e todo o que aprendedes!
Cada un dos vosos traballo compoñía en si mesmo unha verdadeira OBRA DE ARTE!
Noraboa a todos e todas, pequenos e maiores!
Tamén o pasamos moi ben no KARAOKE DE AMOR, non si? Xa esto pensando en que
cancións propoñervos para o ano que vén!!
Por certo…Estades preparados para comezar coas actividades do mes de marzo?
Ala imos!
En MARZO, un mes no que xa recende á primavera, nós celebramos O MES DA
POESÍA!
Durante estes meses, marzo e abril, na biblioteca teredes os RECREOS DE POESÍA,
nos que como cada ano poderedes anotarvos para vir preparar e recitar poesías
conmigo. Pero non só iso, senón que como recordaredes tamén deberedes anunciar a
vosa actuación creando unha campaña publicitaria, que pode incluir algún chío á hora
do patio, co #poesía! A novidade deste ano é que durante este mes realizaremos unha
homenaxe a poetas como Álvaro Cunqueiro, Manuel Antonio ou Espronceda ( por
facer 210 anos do seu nacemento), serán deles os poemas que elixiremos para os
nosos recitais. En breve teredes unha exposición de libros e poesías xa preparada!
-QUEDA EXPOSTA A LISTAXE PARA APUNTARNOS NA CORTIZA DA BIBLIO!
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR! Como peche a esta actividade, no mes de abril
xuntarémonos para homenaxear a Manuel Antonio, con motivo do 90º aniversario da
súa obra “ De catro a catro” cantando todos xuntos unha peza musical de Ses, do
mesmo nome.
Tamén durante este mes, e concretamente na semana do 5 ao 9 de marzo
conmemoraremos a SEMANA DA PRENSA EUROPEA, contaremos cunha exposición
temporal de xornais e revistas de moitas partes do noso continente, escritos en moi
diversas linguas! Xa sabedes que podedes levalos para traballar nas aulas
apuntándovos na listaxe que atoparedes na exposición!
MARZO E ABRIL
Ademais vouvos propor unha actividade do máis interesante… que vos parecería crear
o noso propio noticieiro de televisión, Cervo Alén de Europa? Trataríase de que
cada clase elaborase dúas noticias sobre diferentes temáticas axeitadas ás diferentes
seccións que traballemos para logo presentar as novas no noso programa. O estudo de
grabación atoparase nas instalacións do Departamento de Orientación. Que vos
parece?
Por outra banda, o oito deste mes conmemórase o Día Internacional da Muller
Traballadora, e para tal ocasión queda ao voso dispor un pequeño traballo de
investigación que podedes vir facer durante os recreos, en grupo. Trátase dun PUCA
QUERE SABER SOBRE… MULLERES GALEGAS NA HISTORIA! Animádevos, se
ademais de aprender queredes conseguir algunha estreliña máis!
En relación con esta mesma temática, este ano a ACTIVIDADE COLABORATIVA da
MICRORREDE DA MARIÑA levará por título: A MARIÑA EN FEMININO: AS NOSAS
SUPERHEROÍNAS. Xa sabedes que os vosos traballos serán expostos no cole e tamén
en Viveiro. En breve recibiredes unha carta explicativa nas vosas casas e agradézovos
de antemán a vosa colaboración como todos os anos!
Xa no mes de abril, MES DOS LIBROS, ademais de continuar con todos estes traballos
que xa temos iniciados, así como co traballo dos CONTOS DE FADAS e dos diferentes
PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN sobre os nosos países amigos que estamos a
desenvolver nas clase; preséntasenos unha data moi importante para nós… o 23 de
abril faremos o noso MARATÓN ANUAL DE LECTURA DO QUIXOTE e máis o
APADRIÑAMENTO LECTOR, para conmemorar o DÍA DO LIBRO.
Xa para despedirme, quero anunciarvos que imos recibir unhas visitas moi importantes
no noso fogar, bibliocervo, nos próximos días.
An Alfaya, escritora de libros tales como “A ánfora egipcia”, “Zoa e Azor”, “Una ventana
para Cecilia”, “Sireno, Sireno!” Ou “Down” virá a vernos o día 16 de marzo. Atoparedes
todos estes libros na biblioteca, non perdades a oportunidade de lelos!
Tamén, Marcos Calveiro, autor de libros como “Raro”, “El cartero de Bagdad”,
“Palabras de agua”, “O canto dos peixes”, “Unha casiña branca” e “Fontán” entre moitos
outros virá vernos o día 9 de abril. Poderedes atopar os seus libros na biblio!
Alucinante, non si? Pois quen sabe… igual ainda temos algunha sorpresiña máis… xa
vos contarei!!
Biquiños e ata pronto. PUCA

More Related Content

What's hot

Carta puca 1
Carta puca 1Carta puca 1
Carta puca 1maria
 
Abril, mes-dos-libros 2015
Abril, mes-dos-libros 2015Abril, mes-dos-libros 2015
Abril, mes-dos-libros 2015Encarna
 
Contido mochilas 2015-16
Contido mochilas 2015-16Contido mochilas 2015-16
Contido mochilas 2015-16Encarna
 
Letras galegas 2016
Letras galegas 2016Letras galegas 2016
Letras galegas 2016Encarna
 
Muller, Poesía e Manuel María
Muller, Poesía e Manuel MaríaMuller, Poesía e Manuel María
Muller, Poesía e Manuel MaríaEncarna
 
Lecturas lgl 4ºeso
Lecturas lgl 4ºesoLecturas lgl 4ºeso
Lecturas lgl 4ºesoArabier
 
Tripando poemas
Tripando poemasTripando poemas
Tripando poemasFiz
 

What's hot (10)

FICHAS MÚSICA E BIBLIO
FICHAS MÚSICA E BIBLIOFICHAS MÚSICA E BIBLIO
FICHAS MÚSICA E BIBLIO
 
Carta puca 1
Carta puca 1Carta puca 1
Carta puca 1
 
Abril, mes-dos-libros 2015
Abril, mes-dos-libros 2015Abril, mes-dos-libros 2015
Abril, mes-dos-libros 2015
 
Contido mochilas 2015-16
Contido mochilas 2015-16Contido mochilas 2015-16
Contido mochilas 2015-16
 
Martín, juan
Martín, juanMartín, juan
Martín, juan
 
Letras galegas 2016
Letras galegas 2016Letras galegas 2016
Letras galegas 2016
 
Muller, Poesía e Manuel María
Muller, Poesía e Manuel MaríaMuller, Poesía e Manuel María
Muller, Poesía e Manuel María
 
Lecturas lgl 4ºeso
Lecturas lgl 4ºesoLecturas lgl 4ºeso
Lecturas lgl 4ºeso
 
Cultural news
Cultural newsCultural news
Cultural news
 
Tripando poemas
Tripando poemasTripando poemas
Tripando poemas
 

Similar to Carta puca3

Similar to Carta puca3 (20)

Carta de puca 3
Carta de puca 3Carta de puca 3
Carta de puca 3
 
Carta puca5
Carta puca5Carta puca5
Carta puca5
 
Triptico biblioteca escolar cee a barcia
Triptico biblioteca escolar cee a barciaTriptico biblioteca escolar cee a barcia
Triptico biblioteca escolar cee a barcia
 
Invitacionfestadolibro
InvitacionfestadolibroInvitacionfestadolibro
Invitacionfestadolibro
 
Nadal
Nadal Nadal
Nadal
 
Biblio4
Biblio4Biblio4
Biblio4
 
Biblio contorna 3.pub
Biblio contorna 3.pubBiblio contorna 3.pub
Biblio contorna 3.pub
 
Carta De RamóN áS Clases
Carta De RamóN áS ClasesCarta De RamóN áS Clases
Carta De RamóN áS Clases
 
Biblioletín
BiblioletínBiblioletín
Biblioletín
 
Boletín 2014_12
Boletín 2014_12Boletín 2014_12
Boletín 2014_12
 
Revista xslr 2019
Revista xslr 2019Revista xslr 2019
Revista xslr 2019
 
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40
 
Primavera das letras
Primavera das letrasPrimavera das letras
Primavera das letras
 
Rosalia 2013
Rosalia 2013Rosalia 2013
Rosalia 2013
 
Díptico biblio
Díptico biblioDíptico biblio
Díptico biblio
 
Chorimas nº 14- 2020
Chorimas nº 14- 2020Chorimas nº 14- 2020
Chorimas nº 14- 2020
 
A Mariña con mita arte 2017
A Mariña con mita arte 2017A Mariña con mita arte 2017
A Mariña con mita arte 2017
 
Revista 2014 15
Revista 2014 15Revista 2014 15
Revista 2014 15
 
Programa abril
Programa abrilPrograma abril
Programa abril
 
Rabuñando novos Cantares
Rabuñando novos CantaresRabuñando novos Cantares
Rabuñando novos Cantares
 

More from maria

Antroido entre bambolinas
Antroido entre bambolinasAntroido entre bambolinas
Antroido entre bambolinasmaria
 
O libro da paz en galego
O libro da paz en galegoO libro da paz en galego
O libro da paz en galegomaria
 
Bingo da paz
Bingo da pazBingo da paz
Bingo da pazmaria
 
Cancións para o karaoke
Cancións para o karaokeCancións para o karaoke
Cancións para o karaokemaria
 
Tríptico día da paz 2018
Tríptico día da paz 2018Tríptico día da paz 2018
Tríptico día da paz 2018maria
 
Calendario cervo edlg 2108
Calendario cervo edlg 2108Calendario cervo edlg 2108
Calendario cervo edlg 2108maria
 
Guía de lectura nadal 17
Guía de lectura nadal 17Guía de lectura nadal 17
Guía de lectura nadal 17maria
 
Puca quere xogar en galego
Puca quere xogar en galegoPuca quere xogar en galego
Puca quere xogar en galegomaria
 
Está ben ser diferente galego pictos
Está ben ser diferente galego pictosEstá ben ser diferente galego pictos
Está ben ser diferente galego pictosmaria
 
Caderno lego
Caderno lego Caderno lego
Caderno lego maria
 
Caderno lego
Caderno legoCaderno lego
Caderno legomaria
 
Torre eiffel adaptado
Torre eiffel adaptadoTorre eiffel adaptado
Torre eiffel adaptadomaria
 
Tarefa torre eiffel
Tarefa torre eiffelTarefa torre eiffel
Tarefa torre eiffelmaria
 
Puca quere saber sobre o big ben
Puca quere saber sobre o big benPuca quere saber sobre o big ben
Puca quere saber sobre o big benmaria
 
Puca quere saber arco do triunfo
Puca quere saber arco do triunfoPuca quere saber arco do triunfo
Puca quere saber arco do triunfomaria
 
Conto día da biblioteca
Conto día da bibliotecaConto día da biblioteca
Conto día da bibliotecamaria
 
Día da biblioteca 2017
Día da biblioteca 2017Día da biblioteca 2017
Día da biblioteca 2017maria
 
As nosas lendas. os biosbardos
As nosas lendas. os biosbardosAs nosas lendas. os biosbardos
As nosas lendas. os biosbardosmaria
 
As nosas lendas. a lavandeira.
As nosas lendas. a lavandeira.As nosas lendas. a lavandeira.
As nosas lendas. a lavandeira.maria
 
As nosas lendas alén de europa (1)
As nosas lendas alén de europa (1)As nosas lendas alén de europa (1)
As nosas lendas alén de europa (1)maria
 

More from maria (20)

Antroido entre bambolinas
Antroido entre bambolinasAntroido entre bambolinas
Antroido entre bambolinas
 
O libro da paz en galego
O libro da paz en galegoO libro da paz en galego
O libro da paz en galego
 
Bingo da paz
Bingo da pazBingo da paz
Bingo da paz
 
Cancións para o karaoke
Cancións para o karaokeCancións para o karaoke
Cancións para o karaoke
 
Tríptico día da paz 2018
Tríptico día da paz 2018Tríptico día da paz 2018
Tríptico día da paz 2018
 
Calendario cervo edlg 2108
Calendario cervo edlg 2108Calendario cervo edlg 2108
Calendario cervo edlg 2108
 
Guía de lectura nadal 17
Guía de lectura nadal 17Guía de lectura nadal 17
Guía de lectura nadal 17
 
Puca quere xogar en galego
Puca quere xogar en galegoPuca quere xogar en galego
Puca quere xogar en galego
 
Está ben ser diferente galego pictos
Está ben ser diferente galego pictosEstá ben ser diferente galego pictos
Está ben ser diferente galego pictos
 
Caderno lego
Caderno lego Caderno lego
Caderno lego
 
Caderno lego
Caderno legoCaderno lego
Caderno lego
 
Torre eiffel adaptado
Torre eiffel adaptadoTorre eiffel adaptado
Torre eiffel adaptado
 
Tarefa torre eiffel
Tarefa torre eiffelTarefa torre eiffel
Tarefa torre eiffel
 
Puca quere saber sobre o big ben
Puca quere saber sobre o big benPuca quere saber sobre o big ben
Puca quere saber sobre o big ben
 
Puca quere saber arco do triunfo
Puca quere saber arco do triunfoPuca quere saber arco do triunfo
Puca quere saber arco do triunfo
 
Conto día da biblioteca
Conto día da bibliotecaConto día da biblioteca
Conto día da biblioteca
 
Día da biblioteca 2017
Día da biblioteca 2017Día da biblioteca 2017
Día da biblioteca 2017
 
As nosas lendas. os biosbardos
As nosas lendas. os biosbardosAs nosas lendas. os biosbardos
As nosas lendas. os biosbardos
 
As nosas lendas. a lavandeira.
As nosas lendas. a lavandeira.As nosas lendas. a lavandeira.
As nosas lendas. a lavandeira.
 
As nosas lendas alén de europa (1)
As nosas lendas alén de europa (1)As nosas lendas alén de europa (1)
As nosas lendas alén de europa (1)
 

Carta puca3

  • 1. Cervo, 1de MARZO de 2018 Ola de novo, amigas e amigos! Menudas FESTAS DO ANTROIDO tan divertidas pasamos!! Canto traballastes e que marabillosos disfraces lucístedes no desfile! Quedei EMOCIONADA! Quero agradecer especialmente o voso esforzo nos obradoiros creativos, ben sei o traballo que vos dan, pero tamén… o ben que o pasades e todo o que aprendedes! Cada un dos vosos traballo compoñía en si mesmo unha verdadeira OBRA DE ARTE! Noraboa a todos e todas, pequenos e maiores! Tamén o pasamos moi ben no KARAOKE DE AMOR, non si? Xa esto pensando en que cancións propoñervos para o ano que vén!! Por certo…Estades preparados para comezar coas actividades do mes de marzo? Ala imos! En MARZO, un mes no que xa recende á primavera, nós celebramos O MES DA POESÍA! Durante estes meses, marzo e abril, na biblioteca teredes os RECREOS DE POESÍA, nos que como cada ano poderedes anotarvos para vir preparar e recitar poesías conmigo. Pero non só iso, senón que como recordaredes tamén deberedes anunciar a vosa actuación creando unha campaña publicitaria, que pode incluir algún chío á hora do patio, co #poesía! A novidade deste ano é que durante este mes realizaremos unha homenaxe a poetas como Álvaro Cunqueiro, Manuel Antonio ou Espronceda ( por facer 210 anos do seu nacemento), serán deles os poemas que elixiremos para os nosos recitais. En breve teredes unha exposición de libros e poesías xa preparada! -QUEDA EXPOSTA A LISTAXE PARA APUNTARNOS NA CORTIZA DA BIBLIO! ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR! Como peche a esta actividade, no mes de abril xuntarémonos para homenaxear a Manuel Antonio, con motivo do 90º aniversario da súa obra “ De catro a catro” cantando todos xuntos unha peza musical de Ses, do mesmo nome. Tamén durante este mes, e concretamente na semana do 5 ao 9 de marzo conmemoraremos a SEMANA DA PRENSA EUROPEA, contaremos cunha exposición temporal de xornais e revistas de moitas partes do noso continente, escritos en moi diversas linguas! Xa sabedes que podedes levalos para traballar nas aulas apuntándovos na listaxe que atoparedes na exposición! MARZO E ABRIL
  • 2. Ademais vouvos propor unha actividade do máis interesante… que vos parecería crear o noso propio noticieiro de televisión, Cervo Alén de Europa? Trataríase de que cada clase elaborase dúas noticias sobre diferentes temáticas axeitadas ás diferentes seccións que traballemos para logo presentar as novas no noso programa. O estudo de grabación atoparase nas instalacións do Departamento de Orientación. Que vos parece? Por outra banda, o oito deste mes conmemórase o Día Internacional da Muller Traballadora, e para tal ocasión queda ao voso dispor un pequeño traballo de investigación que podedes vir facer durante os recreos, en grupo. Trátase dun PUCA QUERE SABER SOBRE… MULLERES GALEGAS NA HISTORIA! Animádevos, se ademais de aprender queredes conseguir algunha estreliña máis! En relación con esta mesma temática, este ano a ACTIVIDADE COLABORATIVA da MICRORREDE DA MARIÑA levará por título: A MARIÑA EN FEMININO: AS NOSAS SUPERHEROÍNAS. Xa sabedes que os vosos traballos serán expostos no cole e tamén en Viveiro. En breve recibiredes unha carta explicativa nas vosas casas e agradézovos de antemán a vosa colaboración como todos os anos! Xa no mes de abril, MES DOS LIBROS, ademais de continuar con todos estes traballos que xa temos iniciados, así como co traballo dos CONTOS DE FADAS e dos diferentes PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN sobre os nosos países amigos que estamos a desenvolver nas clase; preséntasenos unha data moi importante para nós… o 23 de abril faremos o noso MARATÓN ANUAL DE LECTURA DO QUIXOTE e máis o APADRIÑAMENTO LECTOR, para conmemorar o DÍA DO LIBRO. Xa para despedirme, quero anunciarvos que imos recibir unhas visitas moi importantes no noso fogar, bibliocervo, nos próximos días. An Alfaya, escritora de libros tales como “A ánfora egipcia”, “Zoa e Azor”, “Una ventana para Cecilia”, “Sireno, Sireno!” Ou “Down” virá a vernos o día 16 de marzo. Atoparedes todos estes libros na biblioteca, non perdades a oportunidade de lelos! Tamén, Marcos Calveiro, autor de libros como “Raro”, “El cartero de Bagdad”, “Palabras de agua”, “O canto dos peixes”, “Unha casiña branca” e “Fontán” entre moitos outros virá vernos o día 9 de abril. Poderedes atopar os seus libros na biblio! Alucinante, non si? Pois quen sabe… igual ainda temos algunha sorpresiña máis… xa vos contarei!! Biquiños e ata pronto. PUCA