SlideShare a Scribd company logo
1 of 2
Download to read offline
Anova para o Día das Letras Galegas 2013
A lingua non é unha peza da alma nin un accesorio superfluo en tempos de crise.
Non é un adorno nin só unha marca de identidade. A lingua é algo moito máis grande. É
un instrumento de vida e, por tanto, de intervención e relación social. É un ser vivo que se
desenvolve entre nós, con nós e en nós, que expresa e crea a realidade en que existimos.
A lingua dálle sentido ao tempo.
A lingua é unha patria, pero non unha patria esencial, inmutable, allea á
intervención humana; é a patria que constrúe a cidadanía republicana, o tapiz no que se
tece o desexo colectivo de liberdade, irmandade, fraternidade e xustiza social. Por iso, os
ataques contra a lingua, e máis se a lingua sofre adversidade, son violencia contra a
liberdade e contra a cidadanía do común.
No Día das Letras Galegas, a lingua tamén é símbolo. Porque nunha nación
subalterna e prohibida a lingua asume representacións que en condicións normais non lle
corresponderían. Por iso, cando falamos de normalización, proxectamos devolver a lingua
á súa dimensión social e liberala do peso de certas representacións simbólicas.
As políticas lingüísticas dos últimos trinta anos foron un fracaso, non lograron
sequera iniciar a inversión das tendencias de substitución. Tampouco o pretenderon. O
marco xurídico político nacido da Restauración monárquica que dá orixe á Constitución
Española de 1978 non é suficiente. A legalidade vixente é un teito que cómpre atravesar.
Non nos permite exercer os nosos dereitos como usuarios normais dunha lingua normal.
Precisamos novas políticas normalizadoras que transcendan o marco legal e así o
impugnen. A política lingüística dos gobernos de Núñez Feijóo, radicalmente agresiva
contra a lingua, obríganos a resistir na protección de vellas conquistas, mais esa fixación
na defensa de políticas anteriores é tamén un evidente éxito do discurso negacionista e
unificador. Por iso nos cómpre dar un paso adiante e tomar a iniciativa social que supere
as restricións legais e institucionais. É o compromiso de Anova nun día de celebración
cívica e reivindicación. As institucións terán os seus ritmos e a elas lles esixiremos en
cada momento políticas de defensa dos nosos dereitos lingüísticos, que reforcen a
lealdade na transición da lingua de pais e nais a fillos e fillas, que abran ámbitos de uso
para todos, que interveñan nos espazos sociais dos que a lingua foi desaloxada ou aos
que aínda non accedeu. E cumprirán iniciativas de base que estendan de feito, colectiva e
invasivamente, a galeguización, que se adianten á intervención institucional, que cubran
as súas deficiencias, que a forcen coa potencia dos feitos.
A lingua galega é unha lingua viva. Eis a nosa capacidade colectiva para producir
comunicación de toda clase: privada, social, cultural, artística, literaria, etc. Non
acudiremos, por tanto, a discursos de derrota. A posesión da lingua galega é
extraordinariamente enriquecedora. Non o é, todo o contrario, a renuncia a ela, aos seus
usos, á súa aprendizaxe, á transmisión, a que os fillos e fillas a dominen e poidan usala
en calquera actividade. Competencia plena en lingua galega e posibilidade de usala en
calquera actividade humana e social. Velaí unha idea de normalización. Normalización é
democratización, un proceso que implica a cidadanía do común, suxeito de dereitos sobre
a lingua, sobre os seus usos, sobre as súas formas, sobre a súa necesidade de extensión
social. Porque a lingua é de todos e de todas. Mesmo de quen non a falando, enténdea,
escríbea, lea, recibe mensaxes, participa con ela en actos comunicativos.
Os dereitos non se solicitan nin se conceden; conquístanse. Tamén os lingüísticos.
Ese é o labor normalizador que nos reclama. A conquista do dereito a vivirmos a
totalidade das nosas vidas na nosa lingua. Sen necesidade de emigración forzosa a
outras linguas nin a outros territorios. No Día das Letras Galegas deste 2013, expresamos
a nosa intención de conquistar ese dereito a sermos usuarios dunha lingua viva, rica, con
longa e brillante tradición cultural, con abertas e infindas posibilidades expresivas,
comunicativas, artísticas, cunha gran capacidade creativa. A lingua que nos constitúe e
coa que configuramos o mundo. A lingua galega.
Como a soñou e a viviu Roberto Vidal Bolaño.
Galicia, 17 de maio de 2013, Día das Letras Galegas
Ano de Rosalía de Castro e Roberto Vidal Bolaño

More Related Content

What's hot

Os prexuízos lingüísticos
Os prexuízos lingüísticosOs prexuízos lingüísticos
Os prexuízos lingüísticosnoagaliza
 
Sociolingüística 1(as funcións da lingua. conflito e diglosia. estereotipos e...
Sociolingüística 1(as funcións da lingua. conflito e diglosia. estereotipos e...Sociolingüística 1(as funcións da lingua. conflito e diglosia. estereotipos e...
Sociolingüística 1(as funcións da lingua. conflito e diglosia. estereotipos e...IreneSeara
 
Prexuízos lingüísticos
Prexuízos lingüísticosPrexuízos lingüísticos
Prexuízos lingüísticosInma xove
 
A situación lingüística mundial
A situación lingüística mundialA situación lingüística mundial
A situación lingüística mundialSusana Ferreiro
 
Comunicado ConstitucióN Queremos Galego
Comunicado ConstitucióN Queremos GalegoComunicado ConstitucióN Queremos Galego
Comunicado ConstitucióN Queremos Galegocenlf
 
Sociolingüística: Conflito e diglosia
Sociolingüística: Conflito e diglosiaSociolingüística: Conflito e diglosia
Sociolingüística: Conflito e diglosiaLucia Tilve
 
As funcións sociais da lingua
As funcións sociais da linguaAs funcións sociais da lingua
As funcións sociais da linguaxenevra
 
O galego hoxe
O galego hoxeO galego hoxe
O galego hoxeMarlou
 

What's hot (10)

Os prexuízos lingüísticos
Os prexuízos lingüísticosOs prexuízos lingüísticos
Os prexuízos lingüísticos
 
Sociolingüística 1(as funcións da lingua. conflito e diglosia. estereotipos e...
Sociolingüística 1(as funcións da lingua. conflito e diglosia. estereotipos e...Sociolingüística 1(as funcións da lingua. conflito e diglosia. estereotipos e...
Sociolingüística 1(as funcións da lingua. conflito e diglosia. estereotipos e...
 
Prexuízos lingüísticos
Prexuízos lingüísticosPrexuízos lingüísticos
Prexuízos lingüísticos
 
A situación lingüística mundial
A situación lingüística mundialA situación lingüística mundial
A situación lingüística mundial
 
Léxico
LéxicoLéxico
Léxico
 
Comunicado ConstitucióN Queremos Galego
Comunicado ConstitucióN Queremos GalegoComunicado ConstitucióN Queremos Galego
Comunicado ConstitucióN Queremos Galego
 
Sociolingüística: Conflito e diglosia
Sociolingüística: Conflito e diglosiaSociolingüística: Conflito e diglosia
Sociolingüística: Conflito e diglosia
 
As funcións sociais da lingua
As funcións sociais da linguaAs funcións sociais da lingua
As funcións sociais da lingua
 
O galego hoxe
O galego hoxeO galego hoxe
O galego hoxe
 
Galego finais sec xx
Galego finais sec xxGalego finais sec xx
Galego finais sec xx
 

Viewers also liked

Viewers also liked (7)

Día da paz 2017 CPI As Mirandas
Día  da paz 2017 CPI As MirandasDía  da paz 2017 CPI As Mirandas
Día da paz 2017 CPI As Mirandas
 
Nombra1
Nombra1Nombra1
Nombra1
 
Ni ogros ni princesas
Ni ogros ni princesasNi ogros ni princesas
Ni ogros ni princesas
 
Día de Rosalía 2017
Día de Rosalía 2017Día de Rosalía 2017
Día de Rosalía 2017
 
Aportacións das mulleres
Aportacións das mulleres Aportacións das mulleres
Aportacións das mulleres
 
Albares 2016
Albares 2016Albares 2016
Albares 2016
 
Calendario2017 en galego
Calendario2017 en galegoCalendario2017 en galego
Calendario2017 en galego
 

Similar to A lingua-galega-e-unha-lingua-viva-manifesto-de-anova-polo-dia-das-letras-galegas

Manifesto Rag
Manifesto RagManifesto Rag
Manifesto Ragcenlf
 
Lingua, sociedade e cultura.
Lingua, sociedade e cultura.Lingua, sociedade e cultura.
Lingua, sociedade e cultura.Marlou
 
Apuntes lingua
Apuntes linguaApuntes lingua
Apuntes linguaxenevra
 
Os prexuízos lingüísticos
Os prexuízos lingüísticosOs prexuízos lingüísticos
Os prexuízos lingüísticosnoagaliza
 
tema3_09
tema3_09tema3_09
tema3_09xenevra
 
A NORMALIZACIÓN E A UNIVERSALIDADE DO GALEGO
A NORMALIZACIÓN E A UNIVERSALIDADE DO GALEGO A NORMALIZACIÓN E A UNIVERSALIDADE DO GALEGO
A NORMALIZACIÓN E A UNIVERSALIDADE DO GALEGO cenlf
 
Manifesto do colexio oficial de psicólogos
Manifesto do colexio oficial de psicólogosManifesto do colexio oficial de psicólogos
Manifesto do colexio oficial de psicólogoscenlf
 
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre caraOllos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
[Decálogo pola lingua] Para situar a nosa lingua no futuro desde os concellos
[Decálogo pola lingua] Para situar a nosa lingua no futuro desde os concellos[Decálogo pola lingua] Para situar a nosa lingua no futuro desde os concellos
[Decálogo pola lingua] Para situar a nosa lingua no futuro desde os concellosBNG - Bloque Nacionalista Galego
 
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdf
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdfPROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdf
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdfEncarna Lago
 
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Mil Primaveras MáIs Para A Nosa Lingua Artigo De Corona
Mil Primaveras MáIs Para A Nosa Lingua   Artigo De CoronaMil Primaveras MáIs Para A Nosa Lingua   Artigo De Corona
Mil Primaveras MáIs Para A Nosa Lingua Artigo De Coronacenlf
 
Intervencion Xabier P. Igrexas
Intervencion Xabier P. IgrexasIntervencion Xabier P. Igrexas
Intervencion Xabier P. Igrexasguest05aad1
 
Visita relator onu
Visita relator onuVisita relator onu
Visita relator onusatelite1
 
Mediación social intercultural desde a perspectiva da convivencia nos centros...
Mediación social intercultural desde a perspectiva da convivencia nos centros...Mediación social intercultural desde a perspectiva da convivencia nos centros...
Mediación social intercultural desde a perspectiva da convivencia nos centros...galiciaacolle
 
Idioma En Sol Maior
Idioma En Sol MaiorIdioma En Sol Maior
Idioma En Sol Maiorcenlf
 
As funcions sociais da lingua
As funcions sociais da linguaAs funcions sociais da lingua
As funcions sociais da linguaolgaamigodevesa
 

Similar to A lingua-galega-e-unha-lingua-viva-manifesto-de-anova-polo-dia-das-letras-galegas (20)

Manifesto Rag
Manifesto RagManifesto Rag
Manifesto Rag
 
Lingua, sociedade e cultura.
Lingua, sociedade e cultura.Lingua, sociedade e cultura.
Lingua, sociedade e cultura.
 
Galego
GalegoGalego
Galego
 
Apuntes lingua
Apuntes linguaApuntes lingua
Apuntes lingua
 
Os prexuízos lingüísticos
Os prexuízos lingüísticosOs prexuízos lingüísticos
Os prexuízos lingüísticos
 
tema3_09
tema3_09tema3_09
tema3_09
 
A NORMALIZACIÓN E A UNIVERSALIDADE DO GALEGO
A NORMALIZACIÓN E A UNIVERSALIDADE DO GALEGO A NORMALIZACIÓN E A UNIVERSALIDADE DO GALEGO
A NORMALIZACIÓN E A UNIVERSALIDADE DO GALEGO
 
Manifesto do colexio oficial de psicólogos
Manifesto do colexio oficial de psicólogosManifesto do colexio oficial de psicólogos
Manifesto do colexio oficial de psicólogos
 
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre caraOllos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
 
[Decálogo pola lingua] Para situar a nosa lingua no futuro desde os concellos
[Decálogo pola lingua] Para situar a nosa lingua no futuro desde os concellos[Decálogo pola lingua] Para situar a nosa lingua no futuro desde os concellos
[Decálogo pola lingua] Para situar a nosa lingua no futuro desde os concellos
 
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdf
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdfPROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdf
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdf
 
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Mil Primaveras MáIs Para A Nosa Lingua Artigo De Corona
Mil Primaveras MáIs Para A Nosa Lingua   Artigo De CoronaMil Primaveras MáIs Para A Nosa Lingua   Artigo De Corona
Mil Primaveras MáIs Para A Nosa Lingua Artigo De Corona
 
Intervencion Xabier P. Igrexas
Intervencion Xabier P. IgrexasIntervencion Xabier P. Igrexas
Intervencion Xabier P. Igrexas
 
Ollos de aula. nº 4
Ollos de aula. nº 4Ollos de aula. nº 4
Ollos de aula. nº 4
 
Visita relator onu
Visita relator onuVisita relator onu
Visita relator onu
 
Mediación social intercultural desde a perspectiva da convivencia nos centros...
Mediación social intercultural desde a perspectiva da convivencia nos centros...Mediación social intercultural desde a perspectiva da convivencia nos centros...
Mediación social intercultural desde a perspectiva da convivencia nos centros...
 
Idioma En Sol Maior
Idioma En Sol MaiorIdioma En Sol Maior
Idioma En Sol Maior
 
As funcions sociais da lingua
As funcions sociais da linguaAs funcions sociais da lingua
As funcions sociais da lingua
 
Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)
Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)
Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)
 

More from cenlf

XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelcenlf
 
Actividades 2023-24.pdf
Actividades 2023-24.pdfActividades 2023-24.pdf
Actividades 2023-24.pdfcenlf
 
POESIA E IMAXE 2023 - Cartaz
POESIA E IMAXE 2023 - CartazPOESIA E IMAXE 2023 - Cartaz
POESIA E IMAXE 2023 - Cartazcenlf
 
Teatro con G 2023.pdf
Teatro con G 2023.pdfTeatro con G 2023.pdf
Teatro con G 2023.pdfcenlf
 
MODELO DECLARACIÓN RESPONSABLE_MENORES.pdf
MODELO DECLARACIÓN RESPONSABLE_MENORES.pdfMODELO DECLARACIÓN RESPONSABLE_MENORES.pdf
MODELO DECLARACIÓN RESPONSABLE_MENORES.pdfcenlf
 
Bases xerais para todas as edicións.pdf
Bases xerais  para todas as edicións.pdfBases xerais  para todas as edicións.pdf
Bases xerais para todas as edicións.pdfcenlf
 
bases especifcas 2023 Certamee literario.pdf
bases especifcas   2023 Certamee literario.pdfbases especifcas   2023 Certamee literario.pdf
bases especifcas 2023 Certamee literario.pdfcenlf
 
poemas certame 20222023.pdf
poemas certame 20222023.pdfpoemas certame 20222023.pdf
poemas certame 20222023.pdfcenlf
 
Normas XXIII Certame Poesía e Imaxe 2023.pdf
Normas XXIII Certame Poesía e Imaxe 2023.pdfNormas XXIII Certame Poesía e Imaxe 2023.pdf
Normas XXIII Certame Poesía e Imaxe 2023.pdfcenlf
 
MOCIDADE COA LINGUA 2023 - BASES
 MOCIDADE COA LINGUA 2023 - BASES MOCIDADE COA LINGUA 2023 - BASES
MOCIDADE COA LINGUA 2023 - BASEScenlf
 
Bases reguladoras do Certame literario Carmela Loureiro
Bases reguladoras do Certame literario Carmela LoureiroBases reguladoras do Certame literario Carmela Loureiro
Bases reguladoras do Certame literario Carmela Loureirocenlf
 
Poemas 2022
Poemas 2022Poemas 2022
Poemas 2022cenlf
 
Regulamento de participación no XXI Certame de Poesía e Imaxe
Regulamento de participación no XXI Certame de Poesía e ImaxeRegulamento de participación no XXI Certame de Poesía e Imaxe
Regulamento de participación no XXI Certame de Poesía e Imaxecenlf
 
Bases certame literario Carmela Loureiro
Bases certame literario Carmela LoureiroBases certame literario Carmela Loureiro
Bases certame literario Carmela Loureirocenlf
 
XXI Certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro: Bases
XXI Certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro: BasesXXI Certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro: Bases
XXI Certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro: Basescenlf
 
XXI certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro": Poemas
XXI certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro": PoemasXXI certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro": Poemas
XXI certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro": Poemascenlf
 
Bases certame literario Carmela Loureiro
Bases certame literario Carmela LoureiroBases certame literario Carmela Loureiro
Bases certame literario Carmela Loureirocenlf
 
Bases XX Certame poesia e imaxe
Bases XX Certame poesia e imaxeBases XX Certame poesia e imaxe
Bases XX Certame poesia e imaxecenlf
 
Poemas xx en galego sen filtro
Poemas xx en galego sen filtroPoemas xx en galego sen filtro
Poemas xx en galego sen filtrocenlf
 
Poemas XX en galego sen filtro
Poemas XX en galego sen filtroPoemas XX en galego sen filtro
Poemas XX en galego sen filtrocenlf
 

More from cenlf (20)

XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
Actividades 2023-24.pdf
Actividades 2023-24.pdfActividades 2023-24.pdf
Actividades 2023-24.pdf
 
POESIA E IMAXE 2023 - Cartaz
POESIA E IMAXE 2023 - CartazPOESIA E IMAXE 2023 - Cartaz
POESIA E IMAXE 2023 - Cartaz
 
Teatro con G 2023.pdf
Teatro con G 2023.pdfTeatro con G 2023.pdf
Teatro con G 2023.pdf
 
MODELO DECLARACIÓN RESPONSABLE_MENORES.pdf
MODELO DECLARACIÓN RESPONSABLE_MENORES.pdfMODELO DECLARACIÓN RESPONSABLE_MENORES.pdf
MODELO DECLARACIÓN RESPONSABLE_MENORES.pdf
 
Bases xerais para todas as edicións.pdf
Bases xerais  para todas as edicións.pdfBases xerais  para todas as edicións.pdf
Bases xerais para todas as edicións.pdf
 
bases especifcas 2023 Certamee literario.pdf
bases especifcas   2023 Certamee literario.pdfbases especifcas   2023 Certamee literario.pdf
bases especifcas 2023 Certamee literario.pdf
 
poemas certame 20222023.pdf
poemas certame 20222023.pdfpoemas certame 20222023.pdf
poemas certame 20222023.pdf
 
Normas XXIII Certame Poesía e Imaxe 2023.pdf
Normas XXIII Certame Poesía e Imaxe 2023.pdfNormas XXIII Certame Poesía e Imaxe 2023.pdf
Normas XXIII Certame Poesía e Imaxe 2023.pdf
 
MOCIDADE COA LINGUA 2023 - BASES
 MOCIDADE COA LINGUA 2023 - BASES MOCIDADE COA LINGUA 2023 - BASES
MOCIDADE COA LINGUA 2023 - BASES
 
Bases reguladoras do Certame literario Carmela Loureiro
Bases reguladoras do Certame literario Carmela LoureiroBases reguladoras do Certame literario Carmela Loureiro
Bases reguladoras do Certame literario Carmela Loureiro
 
Poemas 2022
Poemas 2022Poemas 2022
Poemas 2022
 
Regulamento de participación no XXI Certame de Poesía e Imaxe
Regulamento de participación no XXI Certame de Poesía e ImaxeRegulamento de participación no XXI Certame de Poesía e Imaxe
Regulamento de participación no XXI Certame de Poesía e Imaxe
 
Bases certame literario Carmela Loureiro
Bases certame literario Carmela LoureiroBases certame literario Carmela Loureiro
Bases certame literario Carmela Loureiro
 
XXI Certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro: Bases
XXI Certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro: BasesXXI Certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro: Bases
XXI Certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro: Bases
 
XXI certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro": Poemas
XXI certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro": PoemasXXI certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro": Poemas
XXI certame de poesía e imaxe "En galego, sen filtro": Poemas
 
Bases certame literario Carmela Loureiro
Bases certame literario Carmela LoureiroBases certame literario Carmela Loureiro
Bases certame literario Carmela Loureiro
 
Bases XX Certame poesia e imaxe
Bases XX Certame poesia e imaxeBases XX Certame poesia e imaxe
Bases XX Certame poesia e imaxe
 
Poemas xx en galego sen filtro
Poemas xx en galego sen filtroPoemas xx en galego sen filtro
Poemas xx en galego sen filtro
 
Poemas XX en galego sen filtro
Poemas XX en galego sen filtroPoemas XX en galego sen filtro
Poemas XX en galego sen filtro
 

A lingua-galega-e-unha-lingua-viva-manifesto-de-anova-polo-dia-das-letras-galegas

  • 1. Anova para o Día das Letras Galegas 2013 A lingua non é unha peza da alma nin un accesorio superfluo en tempos de crise. Non é un adorno nin só unha marca de identidade. A lingua é algo moito máis grande. É un instrumento de vida e, por tanto, de intervención e relación social. É un ser vivo que se desenvolve entre nós, con nós e en nós, que expresa e crea a realidade en que existimos. A lingua dálle sentido ao tempo. A lingua é unha patria, pero non unha patria esencial, inmutable, allea á intervención humana; é a patria que constrúe a cidadanía republicana, o tapiz no que se tece o desexo colectivo de liberdade, irmandade, fraternidade e xustiza social. Por iso, os ataques contra a lingua, e máis se a lingua sofre adversidade, son violencia contra a liberdade e contra a cidadanía do común. No Día das Letras Galegas, a lingua tamén é símbolo. Porque nunha nación subalterna e prohibida a lingua asume representacións que en condicións normais non lle corresponderían. Por iso, cando falamos de normalización, proxectamos devolver a lingua á súa dimensión social e liberala do peso de certas representacións simbólicas. As políticas lingüísticas dos últimos trinta anos foron un fracaso, non lograron sequera iniciar a inversión das tendencias de substitución. Tampouco o pretenderon. O marco xurídico político nacido da Restauración monárquica que dá orixe á Constitución Española de 1978 non é suficiente. A legalidade vixente é un teito que cómpre atravesar. Non nos permite exercer os nosos dereitos como usuarios normais dunha lingua normal. Precisamos novas políticas normalizadoras que transcendan o marco legal e así o impugnen. A política lingüística dos gobernos de Núñez Feijóo, radicalmente agresiva contra a lingua, obríganos a resistir na protección de vellas conquistas, mais esa fixación na defensa de políticas anteriores é tamén un evidente éxito do discurso negacionista e unificador. Por iso nos cómpre dar un paso adiante e tomar a iniciativa social que supere as restricións legais e institucionais. É o compromiso de Anova nun día de celebración cívica e reivindicación. As institucións terán os seus ritmos e a elas lles esixiremos en cada momento políticas de defensa dos nosos dereitos lingüísticos, que reforcen a lealdade na transición da lingua de pais e nais a fillos e fillas, que abran ámbitos de uso para todos, que interveñan nos espazos sociais dos que a lingua foi desaloxada ou aos que aínda non accedeu. E cumprirán iniciativas de base que estendan de feito, colectiva e invasivamente, a galeguización, que se adianten á intervención institucional, que cubran
  • 2. as súas deficiencias, que a forcen coa potencia dos feitos. A lingua galega é unha lingua viva. Eis a nosa capacidade colectiva para producir comunicación de toda clase: privada, social, cultural, artística, literaria, etc. Non acudiremos, por tanto, a discursos de derrota. A posesión da lingua galega é extraordinariamente enriquecedora. Non o é, todo o contrario, a renuncia a ela, aos seus usos, á súa aprendizaxe, á transmisión, a que os fillos e fillas a dominen e poidan usala en calquera actividade. Competencia plena en lingua galega e posibilidade de usala en calquera actividade humana e social. Velaí unha idea de normalización. Normalización é democratización, un proceso que implica a cidadanía do común, suxeito de dereitos sobre a lingua, sobre os seus usos, sobre as súas formas, sobre a súa necesidade de extensión social. Porque a lingua é de todos e de todas. Mesmo de quen non a falando, enténdea, escríbea, lea, recibe mensaxes, participa con ela en actos comunicativos. Os dereitos non se solicitan nin se conceden; conquístanse. Tamén os lingüísticos. Ese é o labor normalizador que nos reclama. A conquista do dereito a vivirmos a totalidade das nosas vidas na nosa lingua. Sen necesidade de emigración forzosa a outras linguas nin a outros territorios. No Día das Letras Galegas deste 2013, expresamos a nosa intención de conquistar ese dereito a sermos usuarios dunha lingua viva, rica, con longa e brillante tradición cultural, con abertas e infindas posibilidades expresivas, comunicativas, artísticas, cunha gran capacidade creativa. A lingua que nos constitúe e coa que configuramos o mundo. A lingua galega. Como a soñou e a viviu Roberto Vidal Bolaño. Galicia, 17 de maio de 2013, Día das Letras Galegas Ano de Rosalía de Castro e Roberto Vidal Bolaño