Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística
CEIP de Randufe Nº 52 febreiro de 2015
Mentira 10: “O galego normativo, o que nos impo-
ñen, non é o que nós falamos. É un galego artifi-
cial, aportuguesado, é un neogalego que ninguén
fala”.
APELIDOS GALEGOS NA ESCOLA (I)
Os apelidos (tamén chamados sobrenomes), xunto co nome, son o principal sinal identificador dunha
persoa e (re)preséntana socialmente. Polo nome e os apelidos podemos saber detalles da procedencia e
identidade cultural, xeográfica e lingüística de cada persoa. Hoxe en día mestúranse nomes e apelidos de
procedencias moi diversas xunto con nomes e apelidos autóctonos.
Comecemos por algúns dos apelidos que aparecen na nosa escola e que teñen unha indubidábel ori-
xe galega. Neste boletín ímonos referir aos que comezan co A.
Acuña, é un apelido toponímico, porque fai referencia a un lugar (ou lugares) que ten esta denomina-
ción. O mesmo que Alborés, Alén, Araújo, Areal ou Armesto.
Algúns dos anteriores teñen ademais un significado propio; así Areal é un areeiro ou praia, ou sinxela-
mente algo relacionado coa area. Alén significa máis alá, máis lonxe, do outro lado.
Araújo é o mesmo apelido que Araúxo. O “J” (iota) no canto do “X” (xe) pode responder á castelaniza-
ción do apelido ou tamén ao mantemento da grafía histórica medieval, como é o caso do Araújo portugués
que manten o “J”. Segundo o web apelidosgalicia.org a orixe dos máis deste apelido “está na antiga terra ou
xurisdición de Araúxo, na zona do actual concello ourensán de Lobios e na raia seca do Xurés/Gerês”. Por
ser de evidente orixe galega ben podemos, lexitimamente, pronuncialo Araúxo.
Alfaya é outro caso inequívoco de apelido galego, practicamente só existe en Galiza e concentrado
na metade sur da provincia de Pontevedra. A palabra, de orixe árabe, ten o significado de xoia ou utensilio
de adorno, e por extensión e en sentido figurado, alfaia é unha cousa ou persoa de moito valor. A grafía
“Y” (i grego) corresponde co actual “I” (i latino).
Alfonso, Alonso e Antón son apelidos patronímicos, que
proceden do nome do pai e tamén son nomes propios. Alfonso e
Alonso son de orixe xermánica, os dous están relacionados e en ori-
xe eran o mesmo. Inequivocamente galegos están moi estendidos
fóra de Galiza. A forma Alfonso é a castelanización da forma orixina-
ria galega medieval Afonso.
Álvarez tamén é patronímico formado coa sufixación en –ez,
hai rexistros deste apelido en Galiza desde o século XI.

Nº 52 febreiro 2015 en galego,.

  • 1.
    Boletín do Equipode Normalización e Dinamización Lingüística CEIP de Randufe Nº 52 febreiro de 2015 Mentira 10: “O galego normativo, o que nos impo- ñen, non é o que nós falamos. É un galego artifi- cial, aportuguesado, é un neogalego que ninguén fala”.
  • 2.
    APELIDOS GALEGOS NAESCOLA (I) Os apelidos (tamén chamados sobrenomes), xunto co nome, son o principal sinal identificador dunha persoa e (re)preséntana socialmente. Polo nome e os apelidos podemos saber detalles da procedencia e identidade cultural, xeográfica e lingüística de cada persoa. Hoxe en día mestúranse nomes e apelidos de procedencias moi diversas xunto con nomes e apelidos autóctonos. Comecemos por algúns dos apelidos que aparecen na nosa escola e que teñen unha indubidábel ori- xe galega. Neste boletín ímonos referir aos que comezan co A. Acuña, é un apelido toponímico, porque fai referencia a un lugar (ou lugares) que ten esta denomina- ción. O mesmo que Alborés, Alén, Araújo, Areal ou Armesto. Algúns dos anteriores teñen ademais un significado propio; así Areal é un areeiro ou praia, ou sinxela- mente algo relacionado coa area. Alén significa máis alá, máis lonxe, do outro lado. Araújo é o mesmo apelido que Araúxo. O “J” (iota) no canto do “X” (xe) pode responder á castelaniza- ción do apelido ou tamén ao mantemento da grafía histórica medieval, como é o caso do Araújo portugués que manten o “J”. Segundo o web apelidosgalicia.org a orixe dos máis deste apelido “está na antiga terra ou xurisdición de Araúxo, na zona do actual concello ourensán de Lobios e na raia seca do Xurés/Gerês”. Por ser de evidente orixe galega ben podemos, lexitimamente, pronuncialo Araúxo. Alfaya é outro caso inequívoco de apelido galego, practicamente só existe en Galiza e concentrado na metade sur da provincia de Pontevedra. A palabra, de orixe árabe, ten o significado de xoia ou utensilio de adorno, e por extensión e en sentido figurado, alfaia é unha cousa ou persoa de moito valor. A grafía “Y” (i grego) corresponde co actual “I” (i latino). Alfonso, Alonso e Antón son apelidos patronímicos, que proceden do nome do pai e tamén son nomes propios. Alfonso e Alonso son de orixe xermánica, os dous están relacionados e en ori- xe eran o mesmo. Inequivocamente galegos están moi estendidos fóra de Galiza. A forma Alfonso é a castelanización da forma orixina- ria galega medieval Afonso. Álvarez tamén é patronímico formado coa sufixación en –ez, hai rexistros deste apelido en Galiza desde o século XI.