SlideShare a Scribd company logo
1 of 8
Download to read offline
OllOs
deaula

ANO II - Nº 11
Decembro 2013 - xaneiro 2014

Revista para as familias do alumnado

O Departamento de
Orientación
Como lle afecta ao
galego a lei Wert?
LOMCE: a nova lei de
educación
Tes todo o material
para gozar do
Nadal co teu fillo/a
(cartas, contos,
panxoliñas…) en
http://ir.gl/e69f64

Se che gustan a
ciencia e a tecnoloxía
deberías dar un
paseo por
http://gciencia.com/ e
http://galiloxia.com/

Un estudo revela que
os falantes de galés
adoitan estar máis
cualificados que os
que só falan inglés.
As linguas suman!

Feliz 2014 para ti
e para os teus

2

Buscas regalos
para este Nadal?
Visita
www.agasallo.eu

O portugués será un dos dez
idiomas máis demandados
en Inglaterra nos próximos
vinte anos. Toda unha
oportunidade para os/as que
falamos galego!

Revista editada pola CGENDL
www.coordinadoraendl.org
ollosdeaula@gmail.com
Deseño-maquetación:tallerDD.com
A preguntaQue vai supoñer a LOMCE para o ensino do galego?

?

Responde: Valentina Formoso Gosende
[Profesora de secundaria e coordinadora da CGENDL]

Vai supoñer un paso atrás moi importante. Por un lado, a súa filosofía fomenta os prexuízos cara ás linguas diferentes do castelán,
que pasan a ser “materias de terceira” (na lei chámaselles de “de
libre configuración autonómica” e quedan por detrás das “troncais” e das “específicas”). Con esta clasificación a materia de Lingua Galega queda detrás
da Lingua Estranxeira
(cualificada como troncal) e mesmo por detrás
da 2ª Lingua Estranxeira
ou da Relixión (materias
específicas).
Por outro lado, foméntase o ensino en castelán
e con contidos pensados
en castelán. Aínda que
permite que haxa materias que se ensinen en
galego, despois na lei
non hai ningunha medida de apoio, ó contrario, garántese o ensino só en castelán para
quen o queira, recollendo que se lle pode pagar un centro privado no caso de que no público non haxa tal oferta. Isto é abrirlle a
porta ao analfabetismo en galego das futuras xeracións e tirar ao
lixo co que establece a Lei de normalización lingüística.
Ademais vaise facer pasar a todo o alumnado pola criba dunhas
reválidas deseñadas en Madrid sobre uns contidos tamén fixados
polo goberno central. Iso non só limita a presenza da nosa lingua
nesas materias, senón que tamén fará que queden fóra os contidos que atenden á nosa realidade cultural. [Máis información en
http://ir.gl/e50cfb]

3
O tema
O pasado 28 de
novembro o Congreso
dos deputados
aprobaba a LOMCE,
que se converte na
sétima lei de educación
da etapa democrática
e na primeira que
é aprobada cos
votos dun único
partido. Unha vez
máis, perdeuse a
oportunidade para
acadar un consenso
sobre unha norma
básica para o noso
futuro e acabouse
aprobando unha
lei que é probable
que nunca chegue a
aplicarse. Estes son os
argumentos dos que a
defenden e dos que a
critican.

A nova lei de educación

Os que a defenden din que…
• É necesaria, xa que o sistema actual impide
a mellora da calidade educativa, como se
pode ver nos pobres resultados de probas
como a PISA.
• En España hai unhas taxas de abandono
escolar moi altas e a LOMCE vai “flexibilizar
a traxectoria” do alumnado evitando que
fracasen e abandonen o sistema.
• Coas reválidas vaise poder medir e comparar, o que permitirá mellorar o ensino.
• Vai garantir o ensino do español en todo o
Estado.
• A nova lei vai facer un sistema máis esixente, xa que agora moi poucos estudantes acadan a excelencia.
• Suprime as materias Educación para a cidadanía e Educación ético-cívica que, din,
tiñan como obxectivo o adoutrinamento do
alumnado.
• Coa LOMCE vaise formar o alumnado para
o emprego.
• Vai reforzar a figura do director/a.
• A materia de Relixión debe ter unha alternativa con contidos.

4
Os que a critican din que…
• É a lei de educación máis ideolóxica das sete que se
aprobaron na democracia.
• É unha lei baseada na competitividade e que pon a educación ao servizo da
economía.
• Acabará cun dos valores da educación española: a equidade. Ata agora, segundo os estudos, o contorno socioeconómico e cultural do alumnado influía,
pero non lle impedía a un alumno/a progresar nos seus resultados académicos.
• Os resultados das probas internacionais sitúan a España en valores similares
aos do resto dos países da OCDE. Incluso hai comunidades que están por riba
da media, o que indica que o problema está nas diferenzas internas, non no
sistema.
• No canto de apoiar a atención á diversidade, introduce as reválidas, que van
ir apartando do sistema a aquel alumnado con máis dificultades.
• Cando a lei fala de “flexibilizar a traxectoria”, o que se está facendo é desviar a FP os alumnos/as con menos talento, así as empresas terán unha man de
obra dócil e acrítica.
• A LOMCE elimina as competencias do Consello escolar, que pasa a ser un
órgano consultivo, e converten o director no “dono” do centro.
• Restaura unha visión centralista do Estado, asumindo o Goberno central o
cen por cen das competencias nas materias troncais e convertendo os idiomas
propios en materias de terceira.
• Promove o descoñecemento da lingua propia ao permitirlle ao alumnado
negarse a estudar no noso idioma.
• Acaba coas materias de valores sociais e éticos e coas que “ensinan a pensar” (desaparece Educación para a cidadanía e Educación ético-cívica, reduce
horas de Filosofía…).
• Reforza a materia de Relixión, que volve a ser avaliable e ten o mesmo valor
ca matemáticas ou lingua á hora de pedir unha bolsa.
• Privatizará o ensino, xa que amplía a duración dos concertos de catro a seis
anos e permite concertar centros que segregan o alumnado por razón de sexo.
Ademais, permite a construción de centros concertados en chan público.

5
Palabras do ensino
Lines Salgado

{DEPARTAMENTO DE O Departamento de Orientación está formado por un ou
		
ORIENTACIÓN} varios profesores especialistas
en Psicoloxía e Pedagoxía que
teñen como función principal asesorar o profesorado, o alumnado e as
familias sobre cuestións académicas, profesionais ou psicopedagóxicas. Traducido á vida diaria: quen peta na porta do Departamento de Orientación
cada día nun dos nosos centros? O rapaz que non sabe que opción escoller
en 4º de ESO para poder estudar un ciclo de Informática. A profesora que

quere traballar técnicas de estudo co seu grupo e necesita material. O pai
dunha nena de 1º de EP que non pronuncia ben o “r”. Os profesores dun
cativo de 5º que vai moi adiantado con respecto aos seus compañeiros. Os
pais dun neno de 3º de ESO desesperados porque non fai caso a ninguén
na casa e está empezando a pasar dos estudos. A familia rusa, ou marroquí,
ou colombiana que acaba de chegar e non sabe como funcionan as cousas
por estas terras. É unha lista practicamente infinita de problemas de todo
tipo e condición. Os orientadores e orientadoras son unha inspiración para
os creadores dos GPS!

6
CADENCIAS

Gracia Santorum

Para escoitar
A miña primeira Rosalía [Ed. Xerais]. Publica
Xerais este libro-disco que homenaxea unha Rosalía sempre viva, moderna e rebelde, unha muller
que puxo a súa voz ao servizo da dignificación da
nosa lingua e asemade das mulleres e dos desfavorecidos. Doce poemas musicados e cantados con
interpretacións de María Manuela, Mero, Mini
e Xiana Lastra; a propia María Manuela é tamén
ilustradora do libro. É tempo de gozar coa poesía
da nosa poeta máis internacional.

Para agasallar...
Neste mes de Nadal, no que temos costume de agasallar aos nosos pequenos e pequenas con moitos xoguetes que non necesitan, roupa –que
si necesitan- e moitas outras cousas, recomendámoslles agasallar libros. Porque agasallar libros é investir
en futuro, en crear persoas competentes e reflexivas,
en procurarlles un futuro máis digno e formado. Agasallar libros en galego é contribuír a enriquecer o uso
do noso idioma, a aprender novas palabras, a crear un
mundo propio en galego. Agasallar libros en galego é
axudar a que a economía do noso país avance.

Para ler
Mamá [M. Ruiz Johnson, Ed. Kalandraka]. Mariana Ruiz Johnson vén de gañar o VI Premio Internacional Compostela para álbums ilustrados que
publica Kalandraka. Unha alfaia visual de cores
vivas que é unha homenaxe á maternidade poética
e artística, ao amor e á vida, ao ser humano e á
súa natureza tenra. E sobre todo, é unha lembranza
á Nai Terra, Nai de todo e de todos/as.  Metáfora
e lirismo conxúganse nunha experiencia sensible
e conmovedora que nos leva ata un contido ornamental da arte popular latinoamericana.

7
Da lingua

Quen lle fala hoxe galego
a Shin Chan?

Nos institutos de toda Galicia existe unha xeración de adolescentes
que lembra con especial agarimo a Shinnosuke Nohara, máis coñecido
como Shin Chan, aquel simpático fedello que se fixo famoso nas emisións do Xabarín Club polo seu carácter descarado e falangueiro.
Aquelas nenas e nenos de principios do século XXI estableceron, grazas
á existencia dunha programación infantil estable
en lingua galega, unha relación afectiva
co idioma, ceibe de dogmas e prexuízos: o galego era un idioma como
outro calquera do mundo e,
por suposto, molaba escoitar as mellores series de
debuxos animados con
fonética do país. E ata o
xélido Terminator se fixo
mundialmente célebre
co seu enxebre Vai rañala, raparigo!
Pasaron algúns anos e
aquela Xeración Xabarín
perdeu a inocencia da
infancia: e cando agora
procuran nas canles audiovisuais unha programación
de ocio enfocada á mocidade,
apenas atopan referentes na nosa
lingua; máis ben sobreviven mergullados
nunha burbulla global onde todo aquilo que
semella minimamente fashion só se expresa a través do idioma cool por
excelencia (o inglés, of course).
E quizais vai sendo hora de que as mentes máis creativas dos medios
públicos, máis alá do universo Luar, cavilen en como atraer de novo a
todos aqueles seareiros de Shin Chan cara á nosa lingua, agora que se
están a facer adultos e precisan de estímulos culturais que resulten de
abondo atractivos para poder compartilos nun chío instantáneo pola
rede.

8

More Related Content

What's hot

Ollos de aula. nº 5 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)
Ollos de aula. nº 5 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)Ollos de aula. nº 5 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)
Ollos de aula. nº 5 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)Coordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. nº 13. versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 13. versión para imprimir en a4 a dobre caraOllos de aula. nº 13. versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 13. versión para imprimir en a4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. nº 4 (versión para imprimir en a4 a dobre cara)
Ollos de aula. nº 4 (versión para imprimir en a4 a dobre cara)Ollos de aula. nº 4 (versión para imprimir en a4 a dobre cara)
Ollos de aula. nº 4 (versión para imprimir en a4 a dobre cara)Coordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre caraOllos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimirOllos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimirCoordinadora Galega ENDL
 
Albares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista EscolarAlbares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista EscolarYolanda Castro
 
AS SMS E OUTROS SOPORTES COMUNICATIVOS. ESTEFANÍA MOSQUERA
AS SMS E OUTROS SOPORTES COMUNICATIVOS. ESTEFANÍA MOSQUERAAS SMS E OUTROS SOPORTES COMUNICATIVOS. ESTEFANÍA MOSQUERA
AS SMS E OUTROS SOPORTES COMUNICATIVOS. ESTEFANÍA MOSQUERACIGAENSINOCOMPOSTELA
 

What's hot (20)

Ollos de aula. nº 10
Ollos de aula. nº 10Ollos de aula. nº 10
Ollos de aula. nº 10
 
Ollos de Aula. Nº 18.
Ollos de Aula. Nº 18. Ollos de Aula. Nº 18.
Ollos de Aula. Nº 18.
 
Ollos de aula. Nº 21
Ollos de aula. Nº 21Ollos de aula. Nº 21
Ollos de aula. Nº 21
 
Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)
Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)
Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)
 
Ollos de aula. nº 5 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)
Ollos de aula. nº 5 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)Ollos de aula. nº 5 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)
Ollos de aula. nº 5 (versión para imprimir en A4 a dobre cara)
 
Ollos de aula. nº 13. versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 13. versión para imprimir en a4 a dobre caraOllos de aula. nº 13. versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 13. versión para imprimir en a4 a dobre cara
 
Ollos de aula. nº 4 (versión para imprimir en a4 a dobre cara)
Ollos de aula. nº 4 (versión para imprimir en a4 a dobre cara)Ollos de aula. nº 4 (versión para imprimir en a4 a dobre cara)
Ollos de aula. nº 4 (versión para imprimir en a4 a dobre cara)
 
Lajartiño13
Lajartiño13Lajartiño13
Lajartiño13
 
Ollos de aula, nº 12
Ollos de aula, nº 12Ollos de aula, nº 12
Ollos de aula, nº 12
 
Ollos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre caraOllos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. nº 10. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimirOllos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
 
Ollos de aula. Nº 13
Ollos de aula. Nº 13Ollos de aula. Nº 13
Ollos de aula. Nº 13
 
Albares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista EscolarAlbares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista Escolar
 
O sistema educativo de canadá
O sistema educativo de canadáO sistema educativo de canadá
O sistema educativo de canadá
 
Ollos de aula. nº 5
Ollos de aula. nº 5Ollos de aula. nº 5
Ollos de aula. nº 5
 
Ud correlingua secundaria 2012
Ud correlingua secundaria 2012 Ud correlingua secundaria 2012
Ud correlingua secundaria 2012
 
W.e. gowling public school
W.e. gowling public schoolW.e. gowling public school
W.e. gowling public school
 
AS SMS E OUTROS SOPORTES COMUNICATIVOS. ESTEFANÍA MOSQUERA
AS SMS E OUTROS SOPORTES COMUNICATIVOS. ESTEFANÍA MOSQUERAAS SMS E OUTROS SOPORTES COMUNICATIVOS. ESTEFANÍA MOSQUERA
AS SMS E OUTROS SOPORTES COMUNICATIVOS. ESTEFANÍA MOSQUERA
 

Viewers also liked

Actividades secundaria LETRAS GALEGAS 2015
Actividades secundaria LETRAS GALEGAS 2015Actividades secundaria LETRAS GALEGAS 2015
Actividades secundaria LETRAS GALEGAS 2015Cristina Martín
 
Bob Dylan, premio Nobel de literatura 2016
Bob Dylan, premio Nobel de literatura 2016Bob Dylan, premio Nobel de literatura 2016
Bob Dylan, premio Nobel de literatura 2016BibliotecaRevoltas
 
Científicas Galegas Pioneiras
Científicas Galegas Pioneiras Científicas Galegas Pioneiras
Científicas Galegas Pioneiras BibliotecaRevoltas
 
Recursos Letras Galegas 2016_EDLG e Biblioteca do CPI As Revoltas
Recursos Letras Galegas 2016_EDLG e Biblioteca do CPI As RevoltasRecursos Letras Galegas 2016_EDLG e Biblioteca do CPI As Revoltas
Recursos Letras Galegas 2016_EDLG e Biblioteca do CPI As RevoltasBibliotecaRevoltas
 
Lecturas para o Día da Ciencia en Galego 2016 CPI As Revoltas
Lecturas para o Día da Ciencia en Galego 2016 CPI As RevoltasLecturas para o Día da Ciencia en Galego 2016 CPI As Revoltas
Lecturas para o Día da Ciencia en Galego 2016 CPI As RevoltasBibliotecaRevoltas
 
Recomendacións no Samaín 2016 CPI As Revoltas
Recomendacións no Samaín 2016 CPI As RevoltasRecomendacións no Samaín 2016 CPI As Revoltas
Recomendacións no Samaín 2016 CPI As RevoltasBibliotecaRevoltas
 
Presentación a fume de carozo
Presentación a fume de carozoPresentación a fume de carozo
Presentación a fume de carozoBibliotecaRevoltas
 
Concurso postais infantil primaria
Concurso postais infantil primariaConcurso postais infantil primaria
Concurso postais infantil primariaBibliotecaRevoltas
 
Recomendacións de Lecturas para o Nadal
Recomendacións de Lecturas para o NadalRecomendacións de Lecturas para o Nadal
Recomendacións de Lecturas para o NadalBibliotecaRevoltas
 
Presentación Ano Internacional dos Legumes
Presentación Ano Internacional dos LegumesPresentación Ano Internacional dos Legumes
Presentación Ano Internacional dos LegumesBibliotecaRevoltas
 
Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns
Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razónsLecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns
Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razónsBibliotecaRevoltas
 

Viewers also liked (16)

Ollos de aula. nº 20
Ollos de aula. nº 20Ollos de aula. nº 20
Ollos de aula. nº 20
 
Actividades secundaria LETRAS GALEGAS 2015
Actividades secundaria LETRAS GALEGAS 2015Actividades secundaria LETRAS GALEGAS 2015
Actividades secundaria LETRAS GALEGAS 2015
 
Bob Dylan, premio Nobel de literatura 2016
Bob Dylan, premio Nobel de literatura 2016Bob Dylan, premio Nobel de literatura 2016
Bob Dylan, premio Nobel de literatura 2016
 
Científicas Galegas Pioneiras
Científicas Galegas Pioneiras Científicas Galegas Pioneiras
Científicas Galegas Pioneiras
 
Recursos Letras Galegas 2016_EDLG e Biblioteca do CPI As Revoltas
Recursos Letras Galegas 2016_EDLG e Biblioteca do CPI As RevoltasRecursos Letras Galegas 2016_EDLG e Biblioteca do CPI As Revoltas
Recursos Letras Galegas 2016_EDLG e Biblioteca do CPI As Revoltas
 
Lecturas para o Día da Ciencia en Galego 2016 CPI As Revoltas
Lecturas para o Día da Ciencia en Galego 2016 CPI As RevoltasLecturas para o Día da Ciencia en Galego 2016 CPI As Revoltas
Lecturas para o Día da Ciencia en Galego 2016 CPI As Revoltas
 
Recomendacións no Samaín 2016 CPI As Revoltas
Recomendacións no Samaín 2016 CPI As RevoltasRecomendacións no Samaín 2016 CPI As Revoltas
Recomendacións no Samaín 2016 CPI As Revoltas
 
Pdi Samaín Titorías.2016
Pdi Samaín Titorías.2016Pdi Samaín Titorías.2016
Pdi Samaín Titorías.2016
 
Concurso postais de Nadal ESO
Concurso postais de Nadal ESOConcurso postais de Nadal ESO
Concurso postais de Nadal ESO
 
Presentación a fume de carozo
Presentación a fume de carozoPresentación a fume de carozo
Presentación a fume de carozo
 
Concurso postais infantil primaria
Concurso postais infantil primariaConcurso postais infantil primaria
Concurso postais infantil primaria
 
Recomendacións de Lecturas para o Nadal
Recomendacións de Lecturas para o NadalRecomendacións de Lecturas para o Nadal
Recomendacións de Lecturas para o Nadal
 
Pdi 25 n_titorías (1) (1)
Pdi 25 n_titorías (1) (1)Pdi 25 n_titorías (1) (1)
Pdi 25 n_titorías (1) (1)
 
A LOMCE resta aínda máis galego
A LOMCE resta aínda máis galegoA LOMCE resta aínda máis galego
A LOMCE resta aínda máis galego
 
Presentación Ano Internacional dos Legumes
Presentación Ano Internacional dos LegumesPresentación Ano Internacional dos Legumes
Presentación Ano Internacional dos Legumes
 
Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns
Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razónsLecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns
Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns
 

Similar to Ollos de aula. Nº 11

Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
PNDL do IES Chano Piñeiro de Forcarei. Un posible modelo para un contexto gal...
PNDL do IES Chano Piñeiro de Forcarei. Un posible modelo para un contexto gal...PNDL do IES Chano Piñeiro de Forcarei. Un posible modelo para un contexto gal...
PNDL do IES Chano Piñeiro de Forcarei. Un posible modelo para un contexto gal...Román Landín
 
Dando moito que falar
Dando moito que falarDando moito que falar
Dando moito que falarsatelite1
 
O Fiadeiro 2007-2009 Proxecto Normalización EOI Ferrol
O Fiadeiro 2007-2009 Proxecto Normalización EOI FerrolO Fiadeiro 2007-2009 Proxecto Normalización EOI Ferrol
O Fiadeiro 2007-2009 Proxecto Normalización EOI FerrolCoordinadora Galega ENDL
 
Ruxe Ruxe nº 23
Ruxe Ruxe nº 23Ruxe Ruxe nº 23
Ruxe Ruxe nº 23Aquis Fala
 
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
A voz da escola. Curso 2011 2012
A voz da escola. Curso  2011 2012A voz da escola. Curso  2011 2012
A voz da escola. Curso 2011 2012Diana Sánchez
 
Mil Primaveras MáIs Para A Nosa Lingua Artigo De Corona
Mil Primaveras MáIs Para A Nosa Lingua   Artigo De CoronaMil Primaveras MáIs Para A Nosa Lingua   Artigo De Corona
Mil Primaveras MáIs Para A Nosa Lingua Artigo De Coronacenlf
 
Biblio Crocaio
Biblio CrocaioBiblio Crocaio
Biblio Crocaiocrocaio
 
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)Coordinadora Galega ENDL
 

Similar to Ollos de aula. Nº 11 (20)

Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nª 16 (outubro 2014)
Ollos de aula. Nª 16 (outubro 2014)Ollos de aula. Nª 16 (outubro 2014)
Ollos de aula. Nª 16 (outubro 2014)
 
PNDL do IES Chano Piñeiro de Forcarei. Un posible modelo para un contexto gal...
PNDL do IES Chano Piñeiro de Forcarei. Un posible modelo para un contexto gal...PNDL do IES Chano Piñeiro de Forcarei. Un posible modelo para un contexto gal...
PNDL do IES Chano Piñeiro de Forcarei. Un posible modelo para un contexto gal...
 
PNDL IES Chano Piñeiro Forcarei
PNDL IES Chano Piñeiro ForcareiPNDL IES Chano Piñeiro Forcarei
PNDL IES Chano Piñeiro Forcarei
 
Ollos de aula. Nº 9
Ollos de aula. Nº 9Ollos de aula. Nº 9
Ollos de aula. Nº 9
 
Ollos de aula. nº 4
Ollos de aula. nº 4Ollos de aula. nº 4
Ollos de aula. nº 4
 
Dando moito que falar
Dando moito que falarDando moito que falar
Dando moito que falar
 
Ollos de aula. nº 6
Ollos de aula. nº 6Ollos de aula. nº 6
Ollos de aula. nº 6
 
Ollos de aula (nº 1, outubro 2012)
Ollos de aula (nº 1, outubro 2012)Ollos de aula (nº 1, outubro 2012)
Ollos de aula (nº 1, outubro 2012)
 
Ollos de aula. nº 1
Ollos de aula. nº 1Ollos de aula. nº 1
Ollos de aula. nº 1
 
O Fiadeiro 2007-2009 Proxecto Normalización EOI Ferrol
O Fiadeiro 2007-2009 Proxecto Normalización EOI FerrolO Fiadeiro 2007-2009 Proxecto Normalización EOI Ferrol
O Fiadeiro 2007-2009 Proxecto Normalización EOI Ferrol
 
O Fiadeiro 2007
O Fiadeiro 2007O Fiadeiro 2007
O Fiadeiro 2007
 
Ruxe Ruxe nº 23
Ruxe Ruxe nº 23Ruxe Ruxe nº 23
Ruxe Ruxe nº 23
 
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
A voz da escola. Curso 2011 2012
A voz da escola. Curso  2011 2012A voz da escola. Curso  2011 2012
A voz da escola. Curso 2011 2012
 
Guia de apoio_ao_estudo
Guia de apoio_ao_estudoGuia de apoio_ao_estudo
Guia de apoio_ao_estudo
 
Mil Primaveras MáIs Para A Nosa Lingua Artigo De Corona
Mil Primaveras MáIs Para A Nosa Lingua   Artigo De CoronaMil Primaveras MáIs Para A Nosa Lingua   Artigo De Corona
Mil Primaveras MáIs Para A Nosa Lingua Artigo De Corona
 
Biblio Crocaio
Biblio CrocaioBiblio Crocaio
Biblio Crocaio
 
Ollos de aula. Nº 19 (febreiro 2015)
Ollos de aula. Nº 19 (febreiro 2015)Ollos de aula. Nº 19 (febreiro 2015)
Ollos de aula. Nº 19 (febreiro 2015)
 
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
 

More from Coordinadora Galega ENDL

Recursos TIC para a normalización lingüística
Recursos TIC para a normalización lingüísticaRecursos TIC para a normalización lingüística
Recursos TIC para a normalización lingüísticaCoordinadora Galega ENDL
 
Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015
Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015
Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015Coordinadora Galega ENDL
 
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Axenda Escolar Galega 2014-2015 Terra de Seu
Axenda Escolar Galega 2014-2015 Terra de SeuAxenda Escolar Galega 2014-2015 Terra de Seu
Axenda Escolar Galega 2014-2015 Terra de SeuCoordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. Nº 14. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 14. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 14. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 14. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 

More from Coordinadora Galega ENDL (12)

Recursos TIC para a normalización lingüística
Recursos TIC para a normalización lingüísticaRecursos TIC para a normalización lingüística
Recursos TIC para a normalización lingüística
 
Hoxe conñecín a Uxío Novoneyra
Hoxe conñecín a Uxío NovoneyraHoxe conñecín a Uxío Novoneyra
Hoxe conñecín a Uxío Novoneyra
 
Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015
Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015
Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015
 
Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)
 
17 cousas que podemos facer pola lingua
17 cousas que podemos facer pola lingua17 cousas que podemos facer pola lingua
17 cousas que podemos facer pola lingua
 
Melodías do noso para o Nadal
Melodías do noso para o NadalMelodías do noso para o Nadal
Melodías do noso para o Nadal
 
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
 
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
 
Axenda Escolar Galega 2014-2015 Terra de Seu
Axenda Escolar Galega 2014-2015 Terra de SeuAxenda Escolar Galega 2014-2015 Terra de Seu
Axenda Escolar Galega 2014-2015 Terra de Seu
 
Ollos de aula. Nº 15
Ollos de aula. Nº 15Ollos de aula. Nº 15
Ollos de aula. Nº 15
 
Ollos de aula. Nº 14. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 14. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 14. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 14. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 

Recently uploaded

O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaAgrela Elvixeo
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelcenlf
 

Recently uploaded (7)

O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 

Ollos de aula. Nº 11

  • 1. OllOs deaula ANO II - Nº 11 Decembro 2013 - xaneiro 2014 Revista para as familias do alumnado O Departamento de Orientación Como lle afecta ao galego a lei Wert? LOMCE: a nova lei de educación
  • 2. Tes todo o material para gozar do Nadal co teu fillo/a (cartas, contos, panxoliñas…) en http://ir.gl/e69f64 Se che gustan a ciencia e a tecnoloxía deberías dar un paseo por http://gciencia.com/ e http://galiloxia.com/ Un estudo revela que os falantes de galés adoitan estar máis cualificados que os que só falan inglés. As linguas suman! Feliz 2014 para ti e para os teus 2 Buscas regalos para este Nadal? Visita www.agasallo.eu O portugués será un dos dez idiomas máis demandados en Inglaterra nos próximos vinte anos. Toda unha oportunidade para os/as que falamos galego! Revista editada pola CGENDL www.coordinadoraendl.org ollosdeaula@gmail.com Deseño-maquetación:tallerDD.com
  • 3. A preguntaQue vai supoñer a LOMCE para o ensino do galego? ? Responde: Valentina Formoso Gosende [Profesora de secundaria e coordinadora da CGENDL] Vai supoñer un paso atrás moi importante. Por un lado, a súa filosofía fomenta os prexuízos cara ás linguas diferentes do castelán, que pasan a ser “materias de terceira” (na lei chámaselles de “de libre configuración autonómica” e quedan por detrás das “troncais” e das “específicas”). Con esta clasificación a materia de Lingua Galega queda detrás da Lingua Estranxeira (cualificada como troncal) e mesmo por detrás da 2ª Lingua Estranxeira ou da Relixión (materias específicas). Por outro lado, foméntase o ensino en castelán e con contidos pensados en castelán. Aínda que permite que haxa materias que se ensinen en galego, despois na lei non hai ningunha medida de apoio, ó contrario, garántese o ensino só en castelán para quen o queira, recollendo que se lle pode pagar un centro privado no caso de que no público non haxa tal oferta. Isto é abrirlle a porta ao analfabetismo en galego das futuras xeracións e tirar ao lixo co que establece a Lei de normalización lingüística. Ademais vaise facer pasar a todo o alumnado pola criba dunhas reválidas deseñadas en Madrid sobre uns contidos tamén fixados polo goberno central. Iso non só limita a presenza da nosa lingua nesas materias, senón que tamén fará que queden fóra os contidos que atenden á nosa realidade cultural. [Máis información en http://ir.gl/e50cfb] 3
  • 4. O tema O pasado 28 de novembro o Congreso dos deputados aprobaba a LOMCE, que se converte na sétima lei de educación da etapa democrática e na primeira que é aprobada cos votos dun único partido. Unha vez máis, perdeuse a oportunidade para acadar un consenso sobre unha norma básica para o noso futuro e acabouse aprobando unha lei que é probable que nunca chegue a aplicarse. Estes son os argumentos dos que a defenden e dos que a critican. A nova lei de educación Os que a defenden din que… • É necesaria, xa que o sistema actual impide a mellora da calidade educativa, como se pode ver nos pobres resultados de probas como a PISA. • En España hai unhas taxas de abandono escolar moi altas e a LOMCE vai “flexibilizar a traxectoria” do alumnado evitando que fracasen e abandonen o sistema. • Coas reválidas vaise poder medir e comparar, o que permitirá mellorar o ensino. • Vai garantir o ensino do español en todo o Estado. • A nova lei vai facer un sistema máis esixente, xa que agora moi poucos estudantes acadan a excelencia. • Suprime as materias Educación para a cidadanía e Educación ético-cívica que, din, tiñan como obxectivo o adoutrinamento do alumnado. • Coa LOMCE vaise formar o alumnado para o emprego. • Vai reforzar a figura do director/a. • A materia de Relixión debe ter unha alternativa con contidos. 4
  • 5. Os que a critican din que… • É a lei de educación máis ideolóxica das sete que se aprobaron na democracia. • É unha lei baseada na competitividade e que pon a educación ao servizo da economía. • Acabará cun dos valores da educación española: a equidade. Ata agora, segundo os estudos, o contorno socioeconómico e cultural do alumnado influía, pero non lle impedía a un alumno/a progresar nos seus resultados académicos. • Os resultados das probas internacionais sitúan a España en valores similares aos do resto dos países da OCDE. Incluso hai comunidades que están por riba da media, o que indica que o problema está nas diferenzas internas, non no sistema. • No canto de apoiar a atención á diversidade, introduce as reválidas, que van ir apartando do sistema a aquel alumnado con máis dificultades. • Cando a lei fala de “flexibilizar a traxectoria”, o que se está facendo é desviar a FP os alumnos/as con menos talento, así as empresas terán unha man de obra dócil e acrítica. • A LOMCE elimina as competencias do Consello escolar, que pasa a ser un órgano consultivo, e converten o director no “dono” do centro. • Restaura unha visión centralista do Estado, asumindo o Goberno central o cen por cen das competencias nas materias troncais e convertendo os idiomas propios en materias de terceira. • Promove o descoñecemento da lingua propia ao permitirlle ao alumnado negarse a estudar no noso idioma. • Acaba coas materias de valores sociais e éticos e coas que “ensinan a pensar” (desaparece Educación para a cidadanía e Educación ético-cívica, reduce horas de Filosofía…). • Reforza a materia de Relixión, que volve a ser avaliable e ten o mesmo valor ca matemáticas ou lingua á hora de pedir unha bolsa. • Privatizará o ensino, xa que amplía a duración dos concertos de catro a seis anos e permite concertar centros que segregan o alumnado por razón de sexo. Ademais, permite a construción de centros concertados en chan público. 5
  • 6. Palabras do ensino Lines Salgado {DEPARTAMENTO DE O Departamento de Orientación está formado por un ou ORIENTACIÓN} varios profesores especialistas en Psicoloxía e Pedagoxía que teñen como función principal asesorar o profesorado, o alumnado e as familias sobre cuestións académicas, profesionais ou psicopedagóxicas. Traducido á vida diaria: quen peta na porta do Departamento de Orientación cada día nun dos nosos centros? O rapaz que non sabe que opción escoller en 4º de ESO para poder estudar un ciclo de Informática. A profesora que quere traballar técnicas de estudo co seu grupo e necesita material. O pai dunha nena de 1º de EP que non pronuncia ben o “r”. Os profesores dun cativo de 5º que vai moi adiantado con respecto aos seus compañeiros. Os pais dun neno de 3º de ESO desesperados porque non fai caso a ninguén na casa e está empezando a pasar dos estudos. A familia rusa, ou marroquí, ou colombiana que acaba de chegar e non sabe como funcionan as cousas por estas terras. É unha lista practicamente infinita de problemas de todo tipo e condición. Os orientadores e orientadoras son unha inspiración para os creadores dos GPS! 6
  • 7. CADENCIAS Gracia Santorum Para escoitar A miña primeira Rosalía [Ed. Xerais]. Publica Xerais este libro-disco que homenaxea unha Rosalía sempre viva, moderna e rebelde, unha muller que puxo a súa voz ao servizo da dignificación da nosa lingua e asemade das mulleres e dos desfavorecidos. Doce poemas musicados e cantados con interpretacións de María Manuela, Mero, Mini e Xiana Lastra; a propia María Manuela é tamén ilustradora do libro. É tempo de gozar coa poesía da nosa poeta máis internacional. Para agasallar... Neste mes de Nadal, no que temos costume de agasallar aos nosos pequenos e pequenas con moitos xoguetes que non necesitan, roupa –que si necesitan- e moitas outras cousas, recomendámoslles agasallar libros. Porque agasallar libros é investir en futuro, en crear persoas competentes e reflexivas, en procurarlles un futuro máis digno e formado. Agasallar libros en galego é contribuír a enriquecer o uso do noso idioma, a aprender novas palabras, a crear un mundo propio en galego. Agasallar libros en galego é axudar a que a economía do noso país avance. Para ler Mamá [M. Ruiz Johnson, Ed. Kalandraka]. Mariana Ruiz Johnson vén de gañar o VI Premio Internacional Compostela para álbums ilustrados que publica Kalandraka. Unha alfaia visual de cores vivas que é unha homenaxe á maternidade poética e artística, ao amor e á vida, ao ser humano e á súa natureza tenra. E sobre todo, é unha lembranza á Nai Terra, Nai de todo e de todos/as.  Metáfora e lirismo conxúganse nunha experiencia sensible e conmovedora que nos leva ata un contido ornamental da arte popular latinoamericana. 7
  • 8. Da lingua Quen lle fala hoxe galego a Shin Chan? Nos institutos de toda Galicia existe unha xeración de adolescentes que lembra con especial agarimo a Shinnosuke Nohara, máis coñecido como Shin Chan, aquel simpático fedello que se fixo famoso nas emisións do Xabarín Club polo seu carácter descarado e falangueiro. Aquelas nenas e nenos de principios do século XXI estableceron, grazas á existencia dunha programación infantil estable en lingua galega, unha relación afectiva co idioma, ceibe de dogmas e prexuízos: o galego era un idioma como outro calquera do mundo e, por suposto, molaba escoitar as mellores series de debuxos animados con fonética do país. E ata o xélido Terminator se fixo mundialmente célebre co seu enxebre Vai rañala, raparigo! Pasaron algúns anos e aquela Xeración Xabarín perdeu a inocencia da infancia: e cando agora procuran nas canles audiovisuais unha programación de ocio enfocada á mocidade, apenas atopan referentes na nosa lingua; máis ben sobreviven mergullados nunha burbulla global onde todo aquilo que semella minimamente fashion só se expresa a través do idioma cool por excelencia (o inglés, of course). E quizais vai sendo hora de que as mentes máis creativas dos medios públicos, máis alá do universo Luar, cavilen en como atraer de novo a todos aqueles seareiros de Shin Chan cara á nosa lingua, agora que se están a facer adultos e precisan de estímulos culturais que resulten de abondo atractivos para poder compartilos nun chío instantáneo pola rede. 8