SlideShare a Scribd company logo
1 of 8
 
Unha vez proclamado re¡ de Britania, Artur saíu a explorar o seu reino levando a Merlín como única compañía. Viaxaron por todas partes, e correron xuntos moitas perigosas aventuras. Nas súas viaxes Artur viuse envolto de mala maneira nun duelo cun cabaleiro chamado Pellinore, quen xurara desafiar a todo aquel que trepase a súa terra. Pellinore era violento e forte, e acabaría por matar a Artur se Merlín non lle botase un encantamento que o sumiu nun profundo sono. «¿Que fixeches?", berrou Artur. "¡Acabas de matar un home coa túa maxia! "
"Non te apures, está tan enteiro coma ti e espertará de aquí a unha hora", contestou Merlín. "Se non estivese eu aquí estarías morto por el, pero despois disto aínda che ha facer un bo servizo". Entón Merlín levou a Artur onda un ermitán que era un habelencioso curandeiro, e en tres días as súas feridas, estiveron curadas. Ao marcharen, Artur decatouse de que perdera a espada. “ Iso non é problema", dixo Merlín, "Hai por aquí cerca unha que será para ti".
Despois de certo tempo chegaron a un lago grande e cristalino, Xurdindo do medio das augas estaba un brazo vestido de branco que sostiña unha espada magnífica. "Velaí", dixo Merlín, "está a espada que che prometera”. Cando deixou de falar, viron unha fermosa muller que emerxía do lago. "Esta é a Dama do Lago", dixo Merlín. "No lago hai un gran penedo, e dentro del un precioso pazo debaixo da auga. Cando se achegue a ti, fálalle con cortesía e entregarache a espada".
"Señora", dixo, "¿que espada é esa que sobrancea das augas? Desexaría que fose miña, porque non teño espada ningunha". "Artur", respondeu ela, "é a espada Excalibur e é miña. Pero se me dás un agasallo, cando cho pida, daquela será túa". "Miña señora", contestou Artur, “dareiche todo o que me pedires".
" Logo vai no bote e voga ata a espada. Cóllea, xunto coa vaíña, e eu volverei no momento oportuno a pedirche o meu regalo". Os dous homes ataron os cabalos a unha árbore e vogaron ata chegaren xunto a espada. Artur agarrouna pola empuñadura, e cando a man que a sostiña afrouxou o apertón, tanto a man coma o brazo desapareceron baixo a superficie das augas. Artur examinouna, impaciente, sorprendido polo elaborado traballo da espada.
"¿Que prefires, a espada ou a vaíña?", preguntou Merlín. "A espada, sen dúbida", contestou Artur. "Entón es un imprudente", replicou Merlín, "porque a vaíña ten poderes máxicos. Mentres estea contigo, nunca poderás resultar mal ferido. Ao final alguén ha de arrebatarcha, pero deica aquela mantena sempre ao teu carón", Armado con Excalibur, o rei Artur e mais Merlín internáronse cabalgando na fraga.
 

More Related Content

More from xenevra

Postal dos correios.pdf
Postal dos correios.pdfPostal dos correios.pdf
Postal dos correios.pdfxenevra
 
Finssec XX
Finssec XXFinssec XX
Finssec XXxenevra
 
A prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XXA prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XXxenevra
 
A poesía de finais do XX
A poesía de finais do XXA poesía de finais do XX
A poesía de finais do XXxenevra
 
Literatura do exilio.
Literatura do exilio.Literatura do exilio.
Literatura do exilio.xenevra
 
Apuntes sintaxe
Apuntes sintaxe Apuntes sintaxe
Apuntes sintaxe xenevra
 
A poesía de vangarda
A poesía de vangardaA poesía de vangarda
A poesía de vangardaxenevra
 
Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21xenevra
 
Xeracion nos 21
Xeracion nos 21Xeracion nos 21
Xeracion nos 21xenevra
 
A prosa do primeiro terzo do século XX
A prosa do primeiro terzo do século XXA prosa do primeiro terzo do século XX
A prosa do primeiro terzo do século XXxenevra
 
Tema6 20
Tema6 20Tema6 20
Tema6 20xenevra
 
Tema5 lite20
Tema5 lite20Tema5 lite20
Tema5 lite20xenevra
 
primeiro terzo lingua
primeiro terzo linguaprimeiro terzo lingua
primeiro terzo linguaxenevra
 
Xeracion Nós
Xeracion NósXeracion Nós
Xeracion Nósxenevra
 
Prexuizos
PrexuizosPrexuizos
Prexuizosxenevra
 
A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75xenevra
 
Era uma vez 25 de abril
Era uma vez 25 de abrilEra uma vez 25 de abril
Era uma vez 25 de abrilxenevra
 
Primeiro terzo lingua
Primeiro terzo linguaPrimeiro terzo lingua
Primeiro terzo linguaxenevra
 

More from xenevra (20)

Postal dos correios.pdf
Postal dos correios.pdfPostal dos correios.pdf
Postal dos correios.pdf
 
Tema 7
Tema 7Tema 7
Tema 7
 
Finssec XX
Finssec XXFinssec XX
Finssec XX
 
A prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XXA prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XX
 
A poesía de finais do XX
A poesía de finais do XXA poesía de finais do XX
A poesía de finais do XX
 
Literatura do exilio.
Literatura do exilio.Literatura do exilio.
Literatura do exilio.
 
Apuntes sintaxe
Apuntes sintaxe Apuntes sintaxe
Apuntes sintaxe
 
A poesía de vangarda
A poesía de vangardaA poesía de vangarda
A poesía de vangarda
 
Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21Poesia das irmandades 21
Poesia das irmandades 21
 
Xeracion nos 21
Xeracion nos 21Xeracion nos 21
Xeracion nos 21
 
A prosa do primeiro terzo do século XX
A prosa do primeiro terzo do século XXA prosa do primeiro terzo do século XX
A prosa do primeiro terzo do século XX
 
Tema6 20
Tema6 20Tema6 20
Tema6 20
 
Tema5 lite20
Tema5 lite20Tema5 lite20
Tema5 lite20
 
primeiro terzo lingua
primeiro terzo linguaprimeiro terzo lingua
primeiro terzo lingua
 
Xeracion Nós
Xeracion NósXeracion Nós
Xeracion Nós
 
Prexuizos
PrexuizosPrexuizos
Prexuizos
 
A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75A prosa do 36 ao 75
A prosa do 36 ao 75
 
Carta
CartaCarta
Carta
 
Era uma vez 25 de abril
Era uma vez 25 de abrilEra uma vez 25 de abril
Era uma vez 25 de abril
 
Primeiro terzo lingua
Primeiro terzo linguaPrimeiro terzo lingua
Primeiro terzo lingua
 

Excalibur

  • 1.  
  • 2. Unha vez proclamado re¡ de Britania, Artur saíu a explorar o seu reino levando a Merlín como única compañía. Viaxaron por todas partes, e correron xuntos moitas perigosas aventuras. Nas súas viaxes Artur viuse envolto de mala maneira nun duelo cun cabaleiro chamado Pellinore, quen xurara desafiar a todo aquel que trepase a súa terra. Pellinore era violento e forte, e acabaría por matar a Artur se Merlín non lle botase un encantamento que o sumiu nun profundo sono. «¿Que fixeches?", berrou Artur. "¡Acabas de matar un home coa túa maxia! "
  • 3. "Non te apures, está tan enteiro coma ti e espertará de aquí a unha hora", contestou Merlín. "Se non estivese eu aquí estarías morto por el, pero despois disto aínda che ha facer un bo servizo". Entón Merlín levou a Artur onda un ermitán que era un habelencioso curandeiro, e en tres días as súas feridas, estiveron curadas. Ao marcharen, Artur decatouse de que perdera a espada. “ Iso non é problema", dixo Merlín, "Hai por aquí cerca unha que será para ti".
  • 4. Despois de certo tempo chegaron a un lago grande e cristalino, Xurdindo do medio das augas estaba un brazo vestido de branco que sostiña unha espada magnífica. "Velaí", dixo Merlín, "está a espada que che prometera”. Cando deixou de falar, viron unha fermosa muller que emerxía do lago. "Esta é a Dama do Lago", dixo Merlín. "No lago hai un gran penedo, e dentro del un precioso pazo debaixo da auga. Cando se achegue a ti, fálalle con cortesía e entregarache a espada".
  • 5. "Señora", dixo, "¿que espada é esa que sobrancea das augas? Desexaría que fose miña, porque non teño espada ningunha". "Artur", respondeu ela, "é a espada Excalibur e é miña. Pero se me dás un agasallo, cando cho pida, daquela será túa". "Miña señora", contestou Artur, “dareiche todo o que me pedires".
  • 6. " Logo vai no bote e voga ata a espada. Cóllea, xunto coa vaíña, e eu volverei no momento oportuno a pedirche o meu regalo". Os dous homes ataron os cabalos a unha árbore e vogaron ata chegaren xunto a espada. Artur agarrouna pola empuñadura, e cando a man que a sostiña afrouxou o apertón, tanto a man coma o brazo desapareceron baixo a superficie das augas. Artur examinouna, impaciente, sorprendido polo elaborado traballo da espada.
  • 7. "¿Que prefires, a espada ou a vaíña?", preguntou Merlín. "A espada, sen dúbida", contestou Artur. "Entón es un imprudente", replicou Merlín, "porque a vaíña ten poderes máxicos. Mentres estea contigo, nunca poderás resultar mal ferido. Ao final alguén ha de arrebatarcha, pero deica aquela mantena sempre ao teu carón", Armado con Excalibur, o rei Artur e mais Merlín internáronse cabalgando na fraga.
  • 8.